Xasón e os Argonautas

13
XASÓN E OS ARGONAUTAS Ao igual que outros heroes, Xasón foi educado polo centauro Quirón. Regresou a súa patria, Iolcos, para reclamar o trono, que ocupaba ilexitimamente o seu tío Pelias. Pelias envíao a unha misión imposible: recuperar o vélaro de ouro que estaba na lexana Cólquide.

description

Resumo da viaxe de Xasón e os Argonautas con mapas e imaxes

Transcript of Xasón e os Argonautas

Page 1: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

Ao igual que outros heroes, Xasón

foi educado polo centauro Quirón. •

Regresou a súa patria, Iolcos, para reclamar o trono, que ocupaba ilexitimamente

o seu tío Pelias.

Pelias

envíao a unha misión imposible: recuperar o vélaro de ouro que estaba na lexana Cólquide.

Page 2: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

O vélaro de ouro era unha prezada pel dun carneiro, que levara polos

aires aos irmáns Frixo e Hele, fillos do rei Atamante, para libralos da morte pola súa madrastra.

No traxecto Hele

caeu ao mar dando nome ao Helesponto

(hoxe mar de Mármara). Frixo conseguiu chegar á

Cólquide

onde sacrificou o carneiro a

Zeus, colgando a súa la de ouro dunha árbore custodiada por un dragón.

Page 3: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS•

A viaxe á

Cólquide

era toda

unha aventura, xa que nesa época os gregos a penas coñecían a navegación ne

o

Mar Negro.•

Xasón

construíu unha nave á

que puxo por nome Argo, en honor ao fillo de Frixo que se chamaba Argos.

A nave construíse baixo a protección de Atenea, que lles entregou unha pola de carballo sagrado de Dodona, que tiña o don da profecía.

O tripulantes recibiron o nome de Argonautas.

Page 4: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

Para a tripulación Xasón

recrutou a

heroes famosos entre os destacaban Teseo, Heracles, Néstor, o xemeos

Cástor

e

Pólux, e Orfeo, que coa súa música marcaba o ritmo dos remeiros.

Page 5: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

Tras facer un sacrificio a Apolo, os Argonautas partiron rumbo ao Mar Negro.

Unha das primeiras paradas foi en Misia, onde as Náiades, ninfas das fontes, raptaron a Hilas, o amigo de Heracles. Heracles

non continuou a

viaxe por buscalo.

Page 6: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

Cando pasaron por Salmideso, reino de Fineo axudáronlle a librase das Harpías, seres metade paxaro, metade muller que lle roubaban e emporcaban a comida.

A cambio Fineo, que quedara cego por saber demasiados segredos dos deuses avisoulles dos perigos do camiño.

Page 7: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

Un dos peores perigos foi pasar entre as Rochas Simplégades, que entrechocaban.

Seguindo os consellos de Fineo, soltaron unha pomba, que consegue pasar perdendo so plumas da cola. A continuación pasa o Argos, perdendo so un madeiro da popa.

No sucesivo as rochas quedaron fixas.

Page 8: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS•

Por fin chegaron a Eea, capital da Cólquide, onde Xasón se presenta ao rei Eetes e exponlle o seu propósito.

Eetes esíxelle duras probas para desfacerse del.

Medea, filla de Eetes, namórse de Xasón e axúdao e lle facilita uns filtros máxicos para superar as probas, a cambio pídelle a Xasón que case con ela.

Page 9: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

A proba consistía e xunguir a uns touros que vomitaban lume, arar un campo e sementar os dentes de dragón que lle dera Eetes.

Dos dentes nacían xigantes armados. Para vencelos, Xasón, por consello de Medea, lanzou unha pedra e se mataron entre eles.

Page 10: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

Aínda que Xasón

superou a proba, Eetes

negoulle o vélaro de ouro.

Coa axuda de Medea, Xasón

consegue adormecer o dragón que gardaba o vélaro e apoderarse del.

Xasón

e Medea

fuxen

rumbo á

Iolcos.

Page 11: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

A viaxe de volta é

moi complexa, e o Argos fuxe perseguido polos soldados de Eetes.

Navegan polo Ister

(hoxe Danubio) e logo a nave é

levada por terra ate chegar as costas de Italia. Despois a nave desviarase á

costa Libia, a Creta e finalmente

chegará

a Iolcos.

Page 12: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

Unha vez en Iolcos, Pelias, o tío de Xasón, négalle o trono.

Medea

engana a Pelias

prometendo

rexuvenecelo e mátao.

Xasón

e Medea

son desterrados a Corinto, onde os acolle o rei, son felices e teñen fillos.

Page 13: Xasón e os Argonautas

XASÓN E OS ARGONAUTAS

Pasado un tempo, o rei de Corinto ofrece a Xasón

a man da súa

filla coa condición de que repudie a Medea.

Medea

síntese traizoada e regala a prometida de Xasón

unha túnica que a queima viva.

Para facer un maior dano a Xasón

, Medea

mata aos seus propios fillos.

Medea

fuxe nun carro de lume e refúxiase en Atenas, na corte do rei Exeo.