Xacementos Romanos En Galicia

14
XACEMENTOS ROMANOS EN GALICIA Vilas romanas, mansiones, castros romanizados, campamentos, termas, murallas e santuarios. foto: http://www.aaviladonga.es/

description

Percorrido por varios exemplos escollidos de xacementos arqueolóxicos de época romana en Galicia

Transcript of Xacementos Romanos En Galicia

Page 1: Xacementos Romanos En Galicia

XACEMENTOS ROMANOS EN GALICIA

Vilas romanas, mansiones, castros romanizados, campamentos, termas, murallas e santuarios.

 foto: http://www.aaviladonga.es/

Page 2: Xacementos Romanos En Galicia

1. Vilas romanasSon casas de campo con funcións residenciais e productivas (explotacion dos recursos do mar ou do campo). As mellor conservadas son de época baixoimperial ou tardorromana.

Un bó exemplo é TORALLA (S.III-IV d.C.), sita nun extremo da praia viguesa do Vao, formada por dous edificios, o productivo e o residencial.Nas sucesivas excavacións apareceron basas de columnas, cerámica decorada, mosaicos, vidros e moedas. Existe un proxecto de inminente museización.

foto: C. Fernández (AGN)

Page 3: Xacementos Romanos En Galicia

VILA ROMANA DE CAMBRE,de tipo rural, asentada nos diferentes niveis dunha terraza fluvial, conservounos a piscina cuberta ou balneum (esquerda), as letrinae, e as pinturas murais de temas mariños e motivos xeométricos e vexetais (dereita)

                                              Foto: "Lansbricae", Flickr foto: Wikipedia

Page 4: Xacementos Romanos En Galicia

2. Mansiones

Eran as paradas oficiais nunha calzada romana, mantidas polo estado e dotadas normalmente de baños, cociña, habitacións, establos etc. Na de AQUIS ORIGINIS, na Baixa Limia, apréciase o hipocaustum.

Page 5: Xacementos Romanos En Galicia

3. Castros romanizadosPoboados fortificados característicos de todo o noroeste, moitos habitados xa antes do s.VI a.C. e moitos tamén romanizados, como corrobora a presencia de casas con esquinas, tellado (tegulae e imbrices) etc. É o xacemento estrela en Galicia. O mellor estudiado e tamén museizado é

 O CASTRO DE VILADONGAocupado desde o s. II ao V dC. conta con numerosos foxos e murallas, que albergan dous antecastros e unha acrópolis.Ata agora descubríronse nel vivendas, currais, almacéns e un edificio de uso comunal, artellado todo en torno a dúas rúas centrais e unha ronda paralela á muralla principal. foto:  http://galiciaromana.blogspot.com/

Page 6: Xacementos Romanos En Galicia

SAN CIBRÁN DE LÁS (LANSBRICAE, segundo tres inscricións atopadas),situado entre Punxín e San Amaro, Ourense,estivo ocupado entre os séculos II a.C e II d.C., é un castro de grandes dimensións estruturado en dous recintos amurallados de forma elíptica e presenta un trazado case ortogonal, é dicir, romanizado.

foto: FreeCat/ José Antonio Gil Martínez (Flickr)

Page 7: Xacementos Romanos En Galicia

SAN TOMÉ (Ourense)                MONTE DO CASTRO (Vigo) Neste emprazamento a 3 km da cidade, castro e vila romana conviviron no tempo (s.I d.C.); no s.II ambos foron abandoados e un século máis tarde o lugar volveu ser ocupado cun asentamento típico romano.

 Na súa aba norte atopáronse 45 construcións do período II a.C-III d.C, tanto do hábitat prerromano (circulares) como xa romanizado (cuadrangulares). Entre os achados do castro figuran: fusaiolas (foto) e pondus, moldes e escorias de fundición, lucernas, terra sigilatta...

foto: www.ourensenet.com foto: http://vigoarqueologico.blogspot.com

Page 8: Xacementos Romanos En Galicia

ELVIÑA (A Coruña)                        CASTROMAO (Celanova)  A parte baixa deste castro da

idade de Ferro rexistra unha intensa presenza romana nos s. I e II d.C. Nel atopáronse unha Tessera Hospitalis do 132d.C. e unha ola de cerámica con máis de 60 moedas do s.I

foto: Wikipedia

 Sofre unha progresiva romanización entre I e I d.C o que atestigua a presenza de cerámica de importación, a pesar de manterse as casas circulares. Destacan a Casa da Exedra (probable forno), o Templo do Ídolo Fálico, a Fonte-Alxibe e a Casa do Tesouro.

foto: Brigantino e Bicho 

Page 9: Xacementos Romanos En Galicia

4. Campamentos romanos CIDADELA (Sobrado dos Monxes, A Coruña): grazas ás tellas atopadas coa inscrición COHIP, CPC e CIC, pénsase que corresponde a Cohors I

Celtiberorum, asentado alí desde principios do s. II s.C. ata ben entrado o s. IV en que é trasladada a Iulóbriga. O recinto mide 142x170m e ocupa 2,40 Ha.Entre os achados figura cerámica común romana, Sigilatta Hispanica, lucernas, vidros, moedas...

foto: celtiberia.net

Page 10: Xacementos Romanos En Galicia

AQUIS QUERQUENNIS (Bande, Ourense)

   Ao Carón da vía XVIII ou Vía Nova, contaba tamén cunha mansión e unha estación balnearia.O Campamento estivo activo entre o 75 a. C e o 30 d.C, pero a mansión viaria e a poboacion que xurdiu ao rredor sobreviviu ata época medieval. Os 500 lexionarios que o habitaban pertencían seguramente á Legio VII Gemina. Ocupa unha extensión de 2,5 ha.  

     Como se aprecia na foto (panoramio), permanece mergullado varios meses ao ano polo embalse das Conchas

Page 11: Xacementos Romanos En Galicia

5. Termas de Lugo  Situadas á beira do río,nos baixos do actual balneario e datadas entre os séculos I e II d.C.Os restos conservados pódense dividir en dous núcleos:  - o vestiario ou apodyterium,constituído por dúas salas colindantes con vestíbulo común e con hornacinas nas paredes.-unha segunda habitación, pequena, con bóveda de cañón corrida  probablemente é o caldarium ou baños quentes, que sería posteriormente convertida en capela cristiá. foto: Freecat, Flickr

Page 12: Xacementos Romanos En Galicia

6. Murallas de Lugo 

foto: Daniel Lagoa. Flickr

É a muralla romana mellor conservada da Península Ibérica. Data do s. III d.C. e ten un perímetro de 2.117 m. A anchura dos muros oscila entre 4,20 e 7 m. Das 85 ou 86 torres orixinais consérvanse 71, 60 de planta circular e 11, cuadrangular. Na chamada A Mosqueira apréciase unha estructura de dous pisos e ventanais.  

A muralla contaba con 5 portas que correspondían ás vías principais do trazado urbano. A estructura defensiva que conformaba a muralla constaba de foso (20x4 m. do que só quedan vestixios), a propia muralla e o intervallum (hoxe invadido polos edificios adheridos á muralla.

Page 13: Xacementos Romanos En Galicia

7. Santuarios SANTA EULALIA DE BÓVEDA

 

 

 Singular edificio de época tardorromana, de planta cuadrangular, cunha pequena piscina no centro e bóveda de cañón decorada con frescos, que fan deste lugar o máis importante exponente da arte pictórica romana en Galicia. No exterior, ten un pequeno adro con dúa columnas "in antis"e unha porta con arco de ferradura. Foi interpretado como lugar de baños, ninfeo, templo dedicado a Prisciliano e santuario da deusa Cibeles.

foto: santaeulaliaboveda.blogspot.com

Page 14: Xacementos Romanos En Galicia

 SANTUARIO DO DEUS BEROBREO (MONTE DO FACHO, HÍO, CANGAS)

http://turismodepontevedra.blogspot.com/2008/08/o-facho-en-ho-culto-al-dios-berobreo.html

 No emprazamento dun castro previamente habitado, mantívose un santuario que acabou convertíndose nun centro de peregrinación de primeira magnitude no noroeste peninsular durante os séculos III-V d.C. Estaba dedicado ao deus lar Berobreo, a quen se lle pedía saúde.

Atopáronse unhas 174 aras votivas, algunhas coa inscrición: "deo lari Berobreo aram posui pro salute"

foto: mcouselof Flickr