Xabier lópez

9
Xabier López López Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Xabier López López (Bergondo, Galicia, 1974) é un escritor galego que se deu a coñecer coa súa obra Biff, Bang, pow! (novela case negra). No ano 2003, a súa obra A vida que nos mata resultou gañadora do “Premio de Novela García Barros” e, no 2013, a obra Cadeas gañou o “Premio Xerais”. lunes 5 de diciembre de 2016

Transcript of Xabier lópez

Xabier López López

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Xabier López López (Bergondo, Galicia, 1974) é un escritor galego que se deu a coñecer coa súa obra Biff, Bang, pow! (novela case negra). No ano 2003, a súa obra A vida que nos mata resultou gañadora do “Premio de Novela García Barros” e, no 2013, a obra Cadeas gañou o “Premio Xerais”.

lunes 5 de diciembre de 2016

Xabier López

1. Cando un escritor ou unha escritora comeza a súa andaina creativa soe ser por cualidades e interese innato e outras veces por diferentes influxos... Cal foi a súa partida? E de paso, onde soe beber a narrativa de Xabier López?

Entendo que aquí non son demasiado orixinal: se “decidín” escribir, só foi por completar un enunciado que antes incluía o verbo “ler” (e, xa que logo, a palabra lectura). Que eu lembre, leo dende ben pequeno. Sentado isto, chega un momento na vida dun lector no que adoita preguntarse se sería quen de poñerse do “outro lado”: iso é todo. A partir desa decisión, un intenta facelo o mellor posible. No tocante ás fontes da miña narrativa... Fun un mozo que leu de todo: Mark Twain, Salinger, Italo Calvino, Kafka, Thomas Mann, Jardiel Poncela, Eduardo Mendoza, Umberto Eco… Pódese en verdade sacar algo en limpo dunha lista así?

2. A súa primeira publicación foi Biff, Bang, pow! (novela case negra)... E iso de “novela case negra” para lectores/-as de idades temperás? A miña intención non era a de publicar un libro dirixido especificamente ao público mozo. O que sucedeu é que tiña vinte e dous anos e se cadra a miña idea do que era un texto para todos os públicos estaba bastante influída polo que me pasaba pola cabeza a esa idade. Non: Biff, Bang, Pow! non era una novela para mozos. Ou si. Era para mozos porque a escribira un mozo! O subtítulo, por certo, obedece a unha “homenaxe” (chamémola así) a un dos autores que lía daquela e que xa citei aí atrás, pai de títulos verdadeiramente divertidos: Jardiel Poncela, o responsable de Amor se escribe sin hache, subtitulada “Novela casi cosmopolita”.

lunes 5 de diciembre de 2016

Xabier López

3. O mundo da xustiza foi nalgún momento base ou axuda para a súa narrativa? Houbo algún tema que o novelase a partir de determinados feitos xulgados?

A miña relación co mundo do Dereito é eminentemente circunstancial. Con outras palabras: se exerzo a avogacía é porque a literatura (non descubro nada) non é, que se diga, o negocio máis rendible no que un poida andar envolto. Brincadeiras á marxe (aínda que non estou certo de que isto sexa unha brincadeira) non creo que o mundo dos xulgados ou dos recursos contencioso-administrativos (que aí é onde perdo boa parte do meu tempo) brinde a día de hoxe algún elemento literario máis alá do xa bastante visto “edificio-kafkiano-burocrático” no que se perden os que buscan obter algunha cousa das administracións, sexa a de Xustiza ou calquera outra. Asunto distinto é que, con certa frecuencia, se me dea por mergullarme no Código Civil (que é de 1889) para marabillarme do ben escrito que está. Hai partes del que son una autentica obra literaria! “El que encontrare una cosa mueble, que no sea tesoro, debe restituirla a su anterior poseedor. Si éste no fuere conocido, deberá consignarla inmediatamente en poder del Alcalde del pueblo donde se hubiese verificado el hallazgo”. Abofé que xa non se escribe así.

4. Moita da súa narrativa tamén figura traducida ao castelán e tamén ao portugués... e o paso a outros idiomas como unha maior universalización da súa obra literaria? Non cre Vostede que o da tradución da nosa literatura é unha eiva aínda moi presente?

Sei que é un lugar común, pero o desexo de todo autor, cando escribe (e ten sorte de que o publiquen) é chegar ao meirande número de lectores posibles e as traducións, obviamente, axudan bastante a iso. Outra cousa é que estas (e non só dende o galego) respondan a circunstancias bastante azarosas as máis das veces. Nin se traduce o mellor nin a tradución obedece a causas obxectivas.

5. Literatura “case negra” (Biff, Bang, pow! (novela case negra), literatura fantástica (O caderno)... por que esta iniciación antes de se mergullar na súa narrativa posterior?

Non creo que a escolla de “xénero” fose algo deliberado para cubrir una etapa da miña carreira. De feito, un dos meus libros máis recentes, Olympia Ring, 1934 é una novela negra case diría que “canónica”. Quedemos en que –a risco de non “fidelizar” lectores- sempre escribín o que me apeteceu e seguindo unha especie de norma: mudar, non repetirme (demasiado), xogar, mesmo, a non facerme recoñecible…

lunes 5 de diciembre de 2016

Xabier López

6. A vida que nos mata recibiu premios abondos (“García Barros”, “Crítica española”...). Unha novela policíaca en plena República... Cre Vostede que puido ser esta estudada mestura a que enganchase ao público e á crítica ou ao mellor o suspense até o seu desenvolvemento?

O meu propósito era facer unha novela de xénero pero que ao mesmo tempo, se era posible, non se axustase a un “molde”, de aí a escolla da época e o tratamento que se fai desta. Os resumos editoriais da segunda entrega da serie protagonizada por Sebastián Faraldo, Olympia ring, 1934, creo que acertaron bastante á hora de definir o produto como un texto a medio camiño da novela negra e da novela histórica. Penso que aí poden estar as claves: intriga, historia (cun achegamento a un período tremendamente atractivo) e, adicionalmente, un territorio bastante próximo ao lector: Pontevedra, Vigo, Mondariz-Balneario…

7. E falando desta anterior obra, por que o mundo da alta sociedade daquela época? Pode que detrás disto tamén houbese certa crítica daquela sociedade un tanto distante cos tempos que corrían?

Un dos propósitos da novela era tratar o xornalismo (e a súa ambivalente relación coa verdade) e, conectado con este, o auxe dun xénero que, baixo certas variacións, aínda segue vixente: a crónica rosa. Por entón, o obxecto desta, a diferenza do que acontece hoxe en día, era inescusablemente a alta sociedade. E a alta sociedade, nun tempo no que se lexislaba ou se intentaba lexislar en clave igualitaria, aparecía, efectivamente, como un “ente” –permítaseme a expresión- anacrónico, contraditorio cos tempos e, baixo certo punto de vista, contraditorio tamén consigo mesmo.

8. Ten Vostede narrativa enfocada cara un público infantil e xuvenil e narrativa digamos para “maiores”... Ten preferencia por algunha das dúas ou máis ben iso depende do momento ou das circunstancias?

Xa dixen que antes ca escritor “son” e “fun” lector. E, como lector, tamén fun neno, adolescente, mozo… Na fin de contas, creo que todo se trata de dar o que se recibiu. Con todo, creo que sería inxusto que se me tomase por un autor de LIX, un sector de enorme calidade, con extraordinarios autores e –afortunadamente- un dos máis “profesionalizados”. Digamos que, respecto a esta, non paso de ser un autor afeccionado ao que lle saíron medianamente ben un par de cousiñas.

lunes 5 de diciembre de 2016

Xabier lópez

9. Outra obra súa moi recoñecida foi Cadeas (“Premio Xerais”, “Fervenzas literarias” ao mellor autor e á mellor obra...) Por que o motivo foi a propia literatura?

Non sei. Se cadra porque tarde ou cedo chegou o momento de “reflexionar” sobre algo que, volvendo a vista atrás, se non ocupou a metade da miña vida, pouco lle falta. Sería a mesma persoa sen dedicarlle horas e horas e horas dos meus anos á lectura e mais á escrita (as dúas caras dunha mesma moeda)? Entendería o mundo do mesmo modo?

10. Nesta obra achamos un apartado que soe enganchar na lectura: a ironía. Por que o emprego da ironía: para enganchar, para satirizar...?

11. Vostede ten gañado os máis importantes premios de narrativa a nivel galego... Que importancia lles atribúe a estes premios e cal cre que á a importancia que conlevan para a nosa literatura? Non deberiamos contar cun maior abano de premios literarios?

Poida, non o sei a ciencia certa. Aínda que, por riba de todo, para non “sucumbir” perante a realidade. O humor –con todas as súas gradacións e matices-, como dixo Celestino Fernández de la Vega, é froito da desesperanza. Froito dela e mesmo o seu antídoto, engadiría eu, como acontece cos velenos.

Serei conciso: os premios conceden máis visibilidade e aportan unas “compensacións” que moi dificilmente se poden acadar a través dos dereitos de autor: a xente le e merca moi poucos libros. Si, deberiamos contar con máis premios literarios, pero non só con iso: bótase en falta unha Oficina Pública de Promoción Exterior da Literatura Galega, un meirande espazo na radiotelevisión pública para o mundo do libro, lugares para a literatura de noso nos nosos xornais (e ao mesmo nivel ca outras “literaturas”)…

lunes 5 de diciembre de 2016

13. Vostede foi un asiduo colaborador en diferentes revistas e xornais galegos... claro que nestes intres ese apartado non está precisamente nun bo momento para a nosa lingua e para a nosa literatura... Será iso unha mostra máis da nosa situación cultural actual?

Xabier López

Ben, non se pode dicir que sexa (nin que fose nunca) un asiduo colaborador en prensa. Deixemos a cousa en esporádico: postos a escribir, creo que son un deses escritores dados a buscar o longo percorrido e sen demasiado dominio dos elementos que hai que manexar nos textos xornalísticos, de opinión ou de divulgación. Con todo, e se completamos a miña experiencia “autorial” coa perspectiva que do asunto podo ter como lector, estou completamente de acordo: o panorama, dende o punto da vista da lingua, e salvo honrosas excepcións, é completamente desolador.

14. E aproveitando, podería adiantarnos algo verbo de futuras publicacións súas?

Ben, polo de pronto, a cita máis inmediata co prelo vai ser a saída da tradución ao castelán de Cadeas, na editorial “Hoja de Lata”. Polo que respecta ás novidades, prefiro non botar a lingua a pacer antes de pechar definitivamente o asunto. E non. Non me considero demasiado supersticioso.Aínda que nunca se sabe.

12. Nunha das súas últimas novelas publicadas (Olimpia Ring, 1934) o seu personaxe de A vida que nos mata (Sebastián Faraldo) volve a cobrar vida... Por que de novo darlle vida a un personaxe literario?

Ben; non lle dei vida de novo. Sebastián Faraldo non morreu (como si lle aconteceu a Sherlock Holmes, por exemplo, e salvando todas as distancias). O noso amigo seguiu vivindo en Pontevedra e traballando en “O Matutino” ata que foi protagonista dunha nova aventura digna que contar. Algo parecido ao que lle sucede á meirande parte dos detectives ou investigadores da literatura, non si?

lunes 5 de diciembre de 2016

CUESTIONARIO

lunes 5 de diciembre de 2016

Se valen paisaxes,

quédome co monte en

outono (calquera).

Un monumento

salientábel?

Manuel Antonio. “De

catro a catro”

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Manuel Antonio, e, postos a falar de “navegantes” aos que se lles deu por escribir algunha cousa algunha vez na vida, Joseph Conrad.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Hans Castorp

Un personaxe literario co que

se identifique?

Ver un novo libro meu nunha libraría.

Cal é a súa fonte de inspiración?

“Excalibur” de John Boorman,“Bring it up, Baby” Howard Hawks,

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

“Morte accidental dun anarquista” de Darío Fo

Thomas Mann, “Der Zauberberg”(“A montaña máxica”)

Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros?

lunes 5 de diciembre de 2016

Nunca me marquei metas

explícitas: facelo acaba

sendo como deixar

testemuño dos fracasoss.

Un anceio por realizar?

As vilas (polo común) xuntan o mellor do mundo rural e mais do urbano. Polo demais... Praia en verán e montaña en inverno (e sobre todo no outono!).

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Calquera bar tranquilo en boa compaña. E para descansar tamén, o mesmo. Non hai que ir moi lonxe para desconectar de todo aínda que só sexa durante un anaco.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A Revolución Francesa

Un feito histórico?

A utopía é algo inalcanzable

por definición. Se vencello

calquera dos meus devezos a

e s a p a l a b r a e s t a r e i

declarándoos irrealizables e iso

sería renderse.

Unha utopía?

Calquera lugar é bo para ler

se tes que (e con quen).

Un lugar axeitado para a lectura?

O r&b, o beat, o pop… Porén, a

canción que máis me emociona, e

coa que quedo, non se pode dicir que

responda a estes estilos: “Palabras

para Julia”, de Paco Ibáñez. É un

tema que sempre me pon un nó na gorxa.

Un tipo de música? Unha canción?

Rafael Dieste

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

O baloncesto

Outro entretemento ademais da lectura?

lunes 5 de diciembre de 2016