festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do...

11
BÖJ

Transcript of festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do...

Page 1: festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do país galego así como fora dela coa filosofía de facer pasar ó público un bo rato

BÖJDossier de grupo

Page 2: festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do país galego así como fora dela coa filosofía de facer pasar ó público un bo rato

1. Breve historia e descripción do grupoO grupo Boj nace no ano 2002 con so dous integrantes: Koke Folgueira (guitarra e Bouzuoki) e Xaime Villamor (Frauta e Gaita). O repertorio nesta época do grupo era moi variado, con pezas de diferentes tradicións e folklores como o galego, asturiano, irlandés, escocés e bretón, e as actuacións que facía o grupo eran xeralmente en pubs, festas e algún que outro festival. A finais de 2004 súmase a expedición Pablo Vergara (Bodharm) e o grupo segue conservando o seu repertorio habitual.

A forma, o repertorio e tipo de espetáculo que facemos actualmente, o cal consiste nunha viraxe hacia un estilo propiamente irlandés e escocés, comezou a fraguarse a principios do ano 2008 coa incorporación ó grupo de Fausto Escrigas (Whistles) e Hannah Kitts (Violín e baile irlandés). Dende ese intre ata agora fomos confeccionando un repertorio baseado na elección de temas da tradición irlandesa, arranxandoos e dándolles un toque e un son propio, con tintes de música galega de maneira que facemos música irlandesa e escocesa dun xeito persoal á que se suman temas propios que tamén forman parte do noso repertorio. Tamén neste treito engadimos a dous componentes máis para aportar unha mellor e maior sonoridaede ao grupo, no ano 2010 sumáronse á expedición Ricardo Mouriño tocando a gaita galega, e aportando con ela un son que achega máis a músca irlandesa ao terreo do son do país galego, este integrante tamén contribue co tin whistle e a frauta traveseira, e tamén Caitríona Ni Chatháin tocando a concertina, gracias a ela a nosa a línea melódica da nosa música acadou un gran brilo e riqueza tímbrica cun dos isntrumentos de máis raigame da tradición musical irlandesa. En 2010 Xaime Villamor abandoa o grupo seguido de Koke Folgueira en 2011 e Caitriona Ni Cathain en 2012, estes abandonos producíronse por causas de traslados por cuestión de traballo, o que deixou a banda tocada pero non Afundida. Coa entrada no grupo de Rubén Gómez en 2012 (guitarra) o grupo comezou case dende cero un novo repertorio respectando a liña do anterior pero tamén ampliando o número de composicións propias, por último en uniuse á banda en xaneiro do 2014 Matthew Ward (acordeón) aportando forza e riqueza tímbrica á sección melódica. Ó longo de todo este baile de compoñentes e repertorios o grupo participou en numerosos

Page 3: festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do país galego así como fora dela coa filosofía de facer pasar ó público un bo rato

concertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do país galego así como fora dela coa filosofía de facer pasar ó público un bo rato ofrecendo música tradicional e folk de calidade.

O primeiro nome que tivo o grupo foi “Boj”, en galego “buxo”, madeira coa que se fan moitos dos instrumentos da música tradicional utilizados en gran parte de países. Tempo máis tarde os membros do grupo crimos que era máis axeitado darlle un xiro novo ó nome do grupo e chegamos a pensar en cambiar de “boj” a “buxo” pero como tampouco quixemos romper coa sonoriedade do primeiro nome, logo dunha investigación cambiamos “boj” por “böj” que en linguas de Europa do leste significa “batalla”, de maneira que cambia o significado pero non a sonoriedade.

2. Composición do grupoO grupo está composto por seis integrantes de maneira fixa. As/os compoñentes son os seguintes:

Fausto Escrigas (Ferrol 1984) : Low Whistle e Bouzouki. Criado na tradición gaiteira ferrolá, na “Banda Ferrol” e no “Real Coro Toxos e Froles”, dende neno tocou en varias agrupacións tradicionais como a Banda de gaitas “Terra de Trasancos” coa que colaborou co gaiteiro asturiano Jose Angel Hevia, AFC. “Terra Meiga” AC. “Arume” de Santa Mariña e a Banda de Gaitas “Cidade de Ferrol”, estas agrupacións o levaron por gran parte da xeografia galega, española e en ocasións ó estranxeiro e tamén nelas alcanzou a categoría de gaiteiro solista ós 15

anos de idade. Tamén foi integrante de grupos folk como “El Rincón de Morgan” que fundou en 2002, e tamén fixo moitas colaboracións con grupos folk da zona de Vigo e Trasancos, Interesouse pola música

Page 4: festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do país galego así como fora dela coa filosofía de facer pasar ó público un bo rato

irlandesa a partires do ano 2002 tocando o tin whsitle, pasando en 2004 a tocar o low whistle, instrumento que estudiou a fondo e co que ten participado en sesións con grandes artistas da escea folk galega, asturiana e irlandesa. Forma parte tamén do grupo folk “Alén de Ancos. En 2011 comeza a tocar o bouzouki da man de Koke Folgueira e neste último ano o inclúe no repertorio das bandas folk onde toca así como en sesións e pequenas colaboracións. Desenvolve gran actividade musical paralela á da área tradicional como saxofonista en bandas dedicadas a varios estilos como o reggae, jazz, blues etc. Tamén exerce a docencia musical na “Escola da Vaca” de Ferrol encargándose da área de música tradicional, saxofón, frauta, orientación musical para nenos e os seminarios de limguaxe musical. Tamén ten realizado numerosas masterclass e seminarios de low whistle para distintas asociacións como os “Cursos Folk Ferrolterra” e “Amics de la Gaita de Valencia” entre outras. É diplomado en Educación musical pola U.S.C e licenciado en Historia e Ciencias da Música pola universidade de Oviedo.

Hannah Kitts(Irlanda 1985) Violín e baile irlandés. Empezou có ‘fiddle’ cando tiña 9 anos e dende aquela ten participado en sesións coa súa familia en bares da zona e festas familiares. Leva bailando o baile tradicional de Irlanda dende os 7 anos. Neste papel de bailarina formou parte dos “Yetminster Irish Dancers” e bailaba en público a miúdo en fiestas e concertos. Tivo a oportunidade de bailar en festivais en Escocia, Irlanda, Inglaterra, Gales e Bélxica. Cando foi á universidade en Leeds participou no Centro de Cultura Irlandesa

en sesións e festas tocando e bailando. Participou no espectáculo anual do ‘Comhaltas Ceoltóirí Éireann’. Mudouse a Galicia en Septembro do 2007 e pouco despuoís coñeceu ós membros de Böj. Leva 4 anos tocando e bailando con eles.

Page 5: festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do país galego así como fora dela coa filosofía de facer pasar ó público un bo rato

Rubén Gómez(Ferrol 1986) Guitarra. Iniciouse no mundo da música dende moi novo (ós 6 anos) no seo da agrupación "Banda Ferrol" onde despois de tempo en outros instrumentos inclinouse cara ó folk cando empezóu a tocar a gaita galega nesta mesma agrupación. Como gaiteiro formou parte doutras agrupacións como a A.F.C "Terra Meiga", "Caraveleiras" ou a banda de gaitas "Cidade de Ferrol" cheegando a facer colaboracións con outras bandas así como participar en espectáculos có gaiteiro asturiano Hevia e ser gaiteiro solista. Tamén

forma parte do cuarteto/quinteto de música tradicional galega "Lumieira". En 2007 comenzou a tocar a guitarra tentando fusiona-la coa música tradicional da que viña e mergullouse no estudio das técnicas, afinacións e xiros propios das músicas de outras culturas como a asturiana,escocesa e bretona pero centrándose principalmente na irlandesa. Gracias a todo este traballo forma parte de grupos como "Alén de Ancos", grupo folk "fusión" do que é compoñente como guitarrista dende o seu inicio en 2008; e máis tarde entrou a formar parte en 2012 de "Böj".

Pablo Vergara(Ferrol 1979) Bodhram. Iniciase na percusión de man de maneira autodidacta nos anos 90 e no ano 2002 funda xunto a outros tres compañeiros o grupo de Folk “El Rincón de Morgan”. Non foi ata o 2004 cando descubriu a posibilidades que lle brindaba o bodhran cando entróu a formar parte do grupo “Böj” onde estudou e perfeccionou a técnica e os recursos necesarios para executar os diferentes ritmos das músicas tradicionais. O interés que suscitóu en él este instrumento fixo que desenrolara o estilo que agora posee tocando noutros grupos folk como “Sete raposos mortos” e “saldos negativos”, participando

Page 6: festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do país galego así como fora dela coa filosofía de facer pasar ó público un bo rato

activamente como profesor en diferentes talleres ( Amics de la Gaita de Valencia e nas dúas edicións dos cursos Folk Ferrolterra) e como colaborador en diferentes agrupacións que o levaron a formar parte do cartel en festivais de Galicia ,Extremadura ,País de Gales, Bretaña y Holanda. Desenrola tamén paralelmente actividade como percusionista especialista en percusión de man e pequena percusión en bandas de reggae como Natural Green.

Ricardo Mouriño(Ferrol 1991) Gaita Galega,tin whistle e frauta traveseira. Comeza a tocar a gaita e a frauta a idade de 7 anos en diversas agrupacións. O seus primeiros mestres foron Marcos García e Manuel García “Lolete”. O seu talento coa gaita fíxose notorio dende que era moi pequeno, gañando o seu primer concurso de gaiteiros solistas no 2001, ano no que tamén comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, en 2003 pasa a formar parte da banda de gaitas “Cidade de Ferrol” e Fernando Dopico pasa a ser ó seu

mestre, foi finalista do prestixioso concurso internacional de gaiteiros solistas “Constantino Bellón” nas edicións de 2007, 2008 e 2009. Quedou campión don concurso de gaiteiros solistas de Arteixo no ano 2007 e en 2010 gañou o concurso de solistas de bandas de gaitas, neste mesmo ano pasa a formar parte do grupo Böj e tamén é escollido polo Ateneo Ferrolán para interpretar as pezas gañadoras do concurso internacional de composición para gaita “Constantino Bellón”. Desenvolve de maneira paralela actividade como vocalista e flautista na escea do reggae, en grupos como Natural Green, que fundou en 2009, e tamén Zamaramandi e Meninhos Carentes. Exerceu de mestre de gaita e frauta travesera na escola de música de Foz no curso 2010/2011. Posee o títulos de grao profesional en frauta traveseira e gaita galega, nesta última foi o primeiro titulado na provincia de A Coruña. Na actualidade cursa estudos artísticos

Page 7: festivaldeortigueira.com · Web viewconcertos en pubs, salas e festivais dentro da xeografía do país galego así como fora dela coa filosofía de facer pasar ó público un bo rato

superiores no Conservatorio Superior de Música de Vigo, na especialidade de Instrumentos da Música Popular e Tradicional.

Matthew Ward(Irlanda 1986) Acordeón e voz. Leva tocando dende os 8 anos o acordeón e recibiu a súa primeira formación da parte do seu pai e avó, os dous tamén músicos. Na escola empezou a tocar en grupos de música tradicional irlandesa e uniuse a “The Emerald Ceili Band” con 16 anos. Pasou cinco anos nesa formación, tocando para bailarines de música tradicional en toda a illa de Irlanda e nalgunha ocasión Inglaterra e os Estados Unidos. Con 20 anos mudouse a Belfast e formou parte da escea das sesións de música irlandesa durante 5 años. Dende a súa

chegada a Galicia no 2008 uniuse á tradición de música folk do país e mantén a tradición da música irlandesa en vivo nos bares tocando na Coruña cada semana. Aparte de acordeón tamén toca a guitarra e canta.

3.Datos do grupo e contactoDireccón Postal: C/ Cuntis 52, 4º, 15403 Ferrol (A Coruña)

Enderezo elécronico: [email protected]

Teléfonos de contacto: Fausto – 686 286 278, Pablo – 625 358 985