sociais1314.files.wordpress.com€¦  · Web viewA BAIXA IDADE MEDIA. WEBQUEST UNHA VIAXE NO...

5
A BAIXA IDADE MEDIA WEBQUEST UNHA VIAXE NO TEMPO. A BAIXA IDADE MEDIA Ciencias Sociais. 2º ESO Autor: José Otón Mallo IES “Monte das Moas”. A Coruña INTRODUCIÓN Un famoso investigador sobre a Idade Media proponnos a posibilidade de realizar unha viaxe no tempo co fin de que lle proporcionemos algunha información sobre determinados aspectos desta época de cambios. Especialmente interésalle solicitar datos sobre un grupo social novo que vive nas cidades e que se dedica ao comercio e a artesanía. Pero, ademais, quere saber por que os nobres están a abandonar os seus castelos e substituíndo as súas vellas prácticas de caza ou guerra para bailar e ouvir música e, por que un grupo de canteiros experimentados teñen moito, pero que moito traballo, nunha nova construción relixiosa: a catedral. Por onde empezar? Temos moito traballo pero as claves están na cidade.

Transcript of sociais1314.files.wordpress.com€¦  · Web viewA BAIXA IDADE MEDIA. WEBQUEST UNHA VIAXE NO...

Page 1: sociais1314.files.wordpress.com€¦  · Web viewA BAIXA IDADE MEDIA. WEBQUEST UNHA VIAXE NO TEMPO. A BAIXA IDADE MEDIA Ciencias Sociais. 2º ESO Autor: José Otón Mallo IES “Monte

A BAIXA IDADE MEDIAWEBQUEST

UNHA VIAXE NO TEMPO. A BAIXA IDADE MEDIA

Ciencias Sociais. 2º ESO

Autor: José Otón Mallo

IES “Monte das Moas”. A Coruña

INTRODUCIÓN

Un famoso investigador sobre a Idade Media proponnos a posibilidade de realizar unha viaxe no tempo co fin de que lle proporcionemos algunha información sobre determinados aspectos desta época de cambios. Especialmente interésalle solicitar datos sobre un grupo social novo que vive nas cidades e que se dedica ao comercio e a artesanía. Pero, ademais, quere saber por que os nobres están a abandonar os seus castelos e substituíndo as súas vellas prácticas de caza ou guerra para bailar e ouvir música e, por que un grupo de canteiros experimentados teñen moito, pero que moito traballo, nunha nova construción relixiosa: a catedral.

Por onde empezar? Temos moito traballo pero as claves están na cidade.

Mesturarémonos no bulicio da cidade, hoxe é día de mercado.

Page 2: sociais1314.files.wordpress.com€¦  · Web viewA BAIXA IDADE MEDIA. WEBQUEST UNHA VIAXE NO TEMPO. A BAIXA IDADE MEDIA Ciencias Sociais. 2º ESO Autor: José Otón Mallo IES “Monte

A TAREFA E O PROCESO

Individual ou en grupos. No caso de facer o traballo en grupos, unificar criterios para elaboración e presentación e distribuír axeitadamente as tarefas

ACTIVIDADES

1._ DO FEUDO Á CIDADE. DA ALTA Á BAIXA IDADE MEDIA

Entrar na páxina que se ofrece como recurso e realizar as actividades da páxina (son moi curtas pero aclaran bastante). A continuación elaborar un pequeno texto coas características xerais da Baixa Idade Media

http://http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1213

2.- ACTIVIDADES ECONÓMICAS NA BAIXA IDADE MEDIA.

Debes coñecer as novas técnicas agrícolas que favoreceron, entre outros factores, a existencia de excedentes de produción. Os excedentes favoreceron o comercio e o comercio fixo rexurdir as cidades.

Hai que elaborar un informe sobre a organización dos gremios. Debes engadir un mapa coas rutas comerciais e as principais cidades

http://www.omerique.net/~matd/edadmedia/bem/economia1.html

Page 3: sociais1314.files.wordpress.com€¦  · Web viewA BAIXA IDADE MEDIA. WEBQUEST UNHA VIAXE NO TEMPO. A BAIXA IDADE MEDIA Ciencias Sociais. 2º ESO Autor: José Otón Mallo IES “Monte

3.- A SOCIEDADE

Realiza un cadro comparativo da sociedade da alta e baixa idade media indicando os grupos que pertencen aos distintos estamentos.

http://www.pastranec.net/historia/media/sociedad.htmhttp://www.webhistoria.com.ar/articulos/184.html

4.- A ÉPOCA DAS CATEDRAIS

Nestas páxinas atoparás información sobre as catedrais góticas. Elabora un esquema ilustrado coas principais características do estilo gótico

Elabora unha presentación Power Point coas catedrais máis representativas de Españahttp://www.artehistoria.jcyl.es/historia/contextos/1360.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Arquitectura_g%C3%B3tica_en_Espa%C3%B1a

Page 4: sociais1314.files.wordpress.com€¦  · Web viewA BAIXA IDADE MEDIA. WEBQUEST UNHA VIAXE NO TEMPO. A BAIXA IDADE MEDIA Ciencias Sociais. 2º ESO Autor: José Otón Mallo IES “Monte

5.- A CRISE DO SÉCULO XIV

No século XIV prodúcense unha serie de acontecementos que provocan unha crise económica, social e relixiosa.

Realiza un informe cos máis relevantes.

http://www.laguia2000.com/europa/la-crisis-del-siglo-xivhttp://es.wikipedia.org/wiki/Crisis_del_siglo_XIV

CONCLUSIÓN

Terminamos a nosa viaxe cara ás cidades da baixa Idade Media e entregámos a documentación recompilada ao noso famoso investigador. Se está satisfeito co noso traballo quizais conte connosco para próximas aventuras!

GUÍA DIDÁCTICA

Unha viaxe no tempo: a Baixa Idade Media

José otón Mallo. [email protected]

IES "Monte das Moas” – A CoruñaCiencias Sociales. 2º de ESO

Page 5: sociais1314.files.wordpress.com€¦  · Web viewA BAIXA IDADE MEDIA. WEBQUEST UNHA VIAXE NO TEMPO. A BAIXA IDADE MEDIA Ciencias Sociais. 2º ESO Autor: José Otón Mallo IES “Monte

Setembro 2013