updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último...

55
CONCELLO DE LOBIOS Unhas pinceladas do Concello. Concello da provincia de Ourense, situado a 65 km ó sur da capital da provincia, 41º 54' 09'' N y 4º 23' 48'' O. Ten unha extensión de 168,77 km2. Enclavado na comarca da "Baixa Limia". Forma parte do Parque Natural "Baixa Limia Serra do Xurés". Limita ó N. con Lobeira, ó E. con Muíños, ó S. con Portugal e ó O. con Entrimo e con Portugal Desde Ourense tomar a OU-540 dirección Celanova - Portugal. Atópase a 67 km aproximadamente da cidade. Os accesos á zona son: Desde Ourense: O acceso máis rápido e cómodo é pola Ou - 540 Lugo - Portugal (estrada de Celanova), cun trazado modificado e renovado desde Bande. Con motivo da construción do encoro de Lindoso, realizáronse novos accesos a Lobios e á fronteira da Madalena (Lobios).

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

CONCELLO DE LOBIOS

Unhas pinceladas do Concello.

Concello da provincia de Ourense, situado a 65 km ó sur da capital da provincia, 41º 54' 09'' N y 4º 23' 48'' O. Ten unha extensión de 168,77 km2. Enclavado na comarca da "Baixa Limia". Forma parte do Parque Natural "Baixa Limia Serra do Xurés". Limita ó N. con Lobeira, ó E. con Muíños, ó S. con Portugal e ó O. con Entrimo e con Portugal

Desde Ourense tomar a OU-540 dirección Celanova - Portugal.Atópase a 67 km aproximadamente da cidade.

Os accesos á zona son:

Desde Ourense:  O acceso máis rápido e cómodo é pola Ou - 540 Lugo - Portugal (estrada de Celanova), cun trazado modificado e renovado desde Bande. Con motivo da construción do encoro de Lindoso, realizáronse novos accesos a Lobios e á fronteira da Madalena (Lobios).

Desde a Meseta:   Pola A - 52 (Autovía das Rías Baixas), a mellor opción é saír en Ourense capital e pola estrada de Celanova (Ou - 540), dirixirse en dirección a Portugal ata encontrar no km 62,100, o desvío cara a Lobios. En Xinzo de Limia existe a posibilidade de coller a estrada comarcal de Xinzo a Ponte Liñares, desde onde outra estrada local condúcenos ata Mugueimes (capitalidade de Muíños), desde alí, pasando por Cadós, enlázase á altura das Conchas coa N-540 que levará ata Lobios (son menos kilómetros pero non é recomendable polo mal estado e a cantidade de curvas que ten esta estrada).

Desde Portugal:   Pola Madalena, que desde Ponte da Barca accede a esta comarca da "Baixa Limia". Outro acceso é pola Portela Do Home, que comunica Lobios con Caldas do Gêres e Braga.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os Montes do Quinxo ó noroeste, e as Serras do Xurés e Santa Eufemia ó sur. Unha sucesión de vales estreitos, con vertentes de fortes pendentes, talladas polos ríos Caldo, Lobios, Vilameá e Cabaleiro, que dende o Xurés baixan ó Limia, confiren ó releve un aspecto fraccionado.

A rede fluvial organízase en torno a este río, principal arteria, á que verten os ríos Caldo, Lobios, Salas e onde se localizan os embalses das Conchas e Lindoso, este último de recente construción e que anegou en 1992 catro pobos da zona, dos que de vez en cando aínda se ven restos baixo as augas.

Como xa se mencionou nos parágrafos anteriores, entre os seus ríos figuran o Limia, despois de ser retidas as súas augas nas Conchas e o Salas, Cabaleiro, Lobios, Aldo e Grou desembocan no Limia. As alturas máis destacadas son “O Pico de Sobreiro” con 1542m e “As Albas” con 1463m.

O concello de Lobios forma parte do Parque Natural da Baixa Limia- Serra do Xurés xunto cos concellos de Muíños e Entrimo. Ten dous pasos fronteirizos con Portugal, o da Magdalena e o de Portela do Home. Os dous van a dar o

Parque Nacional Portugués de Peneda- Gêres, polo que é unha zona moi transitada polos turistas.

O máis destacable da comarca, é que por Decreto 29/1993 do 11 de febreiro foi declarado Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, unha superficie de 20920 hectáreas, pola súa grande importancia

natural, orográfica, paisaxística, etnográfica e arqueolóxica desta zona.

Lobios ten un total de sete parroquias, formadas por 72 pobos dos que hoxe só podemos salientar a existencia de 70 por seren inundados e polo tanto desaparecidos polo embalse de Lindoso, Aceredo (reconstruídos metros arriba das augas), Buscalque e o Bao non existen.

San Miguel de Lobios: Barreal, cimadevila, Cruces, Fábrica, Fondevila (capital do municipio), Ogos, Outeiro, Pazos, quintas, Rial, Rivas e Zapateiros.

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

San Salvador de Manín: Aceredo, Compostela, Cimadevila, Ludeiros, Manín e Quintela.

Santa María de Riocaldo: Os Baños, Bubaces, A Devesa, Padrendo, Torneiros e Vilameá.

San Mamede de Grou: esta é a parroquia con máis número de pobos do Concello de Lobios, con Carreira, Casardecima, Casardomato, Cimadevila, Coloño, Corgo, Cruz, As Quintas, Eido, Ferreiros, Foz, Marás, Pazos, Pedrosa, Pousa, Rasela, Reguengo, Requeixo, a Rúa, Silvares, Souto e Terradas.

San Martiño de Arauxo: Delas, Gustomeau, Portaxe, a Regada, Requeixo, San Martiño, Suigresia, Sa e a Vila.

San Antonio de Torno: Ganceiros, Herdadiña, Lama, Torno, Xeas e Xendive.

San Paio de Arauxo: Bouzas, Briñidelo, Esperanzo, Guende, Prencibe, Puxedo, Regengo, San Paio e a Cela.

Unha mirada atrás

Tralos resultados obtidos dos estudos feitos na zona, cóntase cun rico patrimonio arqueolóxico, legado que permite acercarse á evolución histórica do que hoxe é o Concello de Lobios. Coñécense indicios do primeiro asentamento humano de cazadores e recolectores do Paleolítico, na zona de Riocaldo. Pero sen dúbida a primeira ocupación efectiva tivo lugar a partir de mediados do IV milenio a.C. e levada a cabo polos primeiros pobos pastores e agricultores que levantaron numerosos Monumentos Megalíticos, aproximadamente entre o 3500 a.C e o 2000 a.C., polo momento, os únicos expoñentes chamados antas, arcas, mámoas, motas, dólmenes, etc. panteóns funerarios daquelas xentes, distribúense por toda a comarca, e concretamente en Lobios, xacementos como as necrópoles tumulares de San Bieito e a Anta do Couto.

Tamén nesta comarca estanse constatando progresivamente vestixios dos primeiros pobos metalúrxicos do cobre, integrados nunha época denominada arqueoloxicamente como Calcolítico. Primeiro, reflectidos nos asentamentos ó aire libre,  con materiais líticos e cerámicos do ámbito "Penha", que ocupan o Val do Limia, aproximadamente  a partir do 2500 a.C.Posteriormente, unha segunda manifestación da metalurxia do cobre, é a que deriva da localización das cerámicas "Campaniformes", aproximadamente entre o 2200/2000 a.C. e o 1800 a.C.. A Idade do Bronce é menos coñecida, limitándose polo momento a achados illados correspondentes coa súa fase inicial e localizados en megalitos existentes na comarca. Os máis nomeados

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

representantes da nosa Protohistoria son os xacementos denominados  castros, poboados construídos en lugares con defensas naturais, como outeiros elevados ou espolóns montañosos rodeados por meandros fluviais, ós que se engaden diferentes sistemas de fortificación (varios cinturóns de murallas, parapetos e fosos). A Cultura Castrexa, protagonizada polos pobos galaicos, esténdese cronoloxicamente desde o século VI/V a.C. ata o IV d.C.. É nesta época, máis concretamente no ano 215 antes de Cristo, cando por primeira vez, un exército romano invade o noroeste de la Península.

A conquista da Península Ibérica foi lenta, e arrítmica. O Noroeste da Península apenas entrou en conflito directo coas lexións romanas ata case un século despois, cando tivo lugar a incursión de Decimus Iunius Brutus , en 137 a. C. As forzas comandadas polo cónsul romano cruzaron o río Douro, penetraron na  Gallaecia  e chegaron a rebasar o río Limia.Trala  primeira incursión, aumentou a influencia do mundo romano no Noroeste Peninsular. Aínda así, novos movementos militares, dirixidos por  Licinius Crassus (en 96 a. C.), M. Perpena (en 74 a. C.) e por Lulius Caesar (en 61 a. C.), revelan que  Gallaecia  non estaba totalmente pacificada.  A integración formal dos Galaicos, Astures e Cántabros no Imperio Romano, só se terminou despois das campañas de Octavianus Augustus (27 a. C. - 14 d. C.), durante os anos de 26 a 19 a. C. Nos anos seguintes aínda se dan revoltas e combates entre Astures e Cántabros, por un lado, e lexións romanas por outro. Só na última década do século I a. C. o Noroeste parece estar definitivamente pacificado.  

Durante os primeiros anos do novo milenio, a anexión dos pobos sometidos procesase a un ritmo acelerado. Galaicos e Astures foron integrados na Hispania Citerior, dilatada provincia dependente do propio emperador Augusto. Hispania Citerior tiña capital en Tarraco, na costa mediterránea (actual Tarragona). O vasto espazo que se estendía do Mediterráneo ó cabo Fisterra, no Atlántico, estaba dividido en conventos, territorios que parecen haber tido unha función xurídica e relixiosa, na súa formación inicial. No Noroeste existían tres conventos, con sede en tres cidades: Astúrica Augusta; Lucus Augusti e Bracara Augusta. Os nomes atribuídos ás tres novas urbes demostran a influencia de Augusto na súa fundación e no seu desenvolvemento como centros urbanos. Á par da creación destas cidades a integración do Noroeste no imperio romano, baixo o reinado de Augusto, destacou pola apertura dun conxunto de vías, polo inicio da explotación das inmensas riquezas minerais dos territorios dos galaicos e astures, pola xeneralización dunha economía con novos valores e técnicas, nos que se destacan la policultura, o uso de moedas e o aumento da produtividade agrícola, testemuñada pola fundación de  villae e casas rurais.

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

A partir da Idade Media, as terras que a principios do século XIX pasarán a constituír o municipio de Lobios, quedan sometidas a diversas xurisdicións: o coto do val do río Caldo ó bispo de Ourense; o de San Mamede de Grou dependía, no século XVIII, do Mosteiro de Celanova; os cotos de Araúxo foron enaxenados ó duque de Sinde, nobre portugués pasando a ser dominio da Casa de Monterrei.

Durante a guerra da Independencia, os habitantes de Lobios participaron activamente na resistencia contra os franceses, acaudillados polos párrocos de San Mamede de Grou e San Martiño de Araúxo.

Onde perderse

Xoias naturais.

As Gralleiras- Fontefría. Atópanse no extremo sur- oriental do concello de Lobios. Dende Guende tómase una senda que leva cara San Pelaxio, Pala de Arno e Corral das Bestas, xa o pé mesmo do domo de Fontefría.

A paisaxe é unha sucesión de chanzos que aproveitan unha antiga superficie de arrasamento escalonada por grandes fracturas que, nesta zona, acada os 1400 m de altura e que se atopa como unha superficie gravada debido á erosión dos antigos sábregos que definían a súa primitiva chaira.

É precisamente esta fonda erosión a que hoxe nos desvela as formas maxestuosas das Gralleiras (1446m) e da Fontefría (1458m), dous grandes domos campaniformes e que aprecen sucados por unha inxente rede de diaclasas planas e curvas que conduciron a alteración do macizo.

A paisaxe aparece como unha sucesión de domos rodeados de vales pouco profundos. Xunto a estas grandes formas, aparecen outras menores na que destas as pías e os bolos de formas suxerentes.

Os bolos da Cela. No pobo da Cela poden verse algúns bos exemplos de morfoloxía granítica en forma de bolos e penedos de formas esferoidais e aspectos redondeados que son produto da alteración condicionada por liñas de fractura e

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

pola erosión posterior dos sábregos dos granitos biotíticos con grandes cristais de feldespato potásico que forman maioritariamente o sustrato xeolóxico da Serra do Xurés.

Máis aquí, na Cela , tamén pode verse como estes bolos se integran axeitadamente na arquitectura rural, sendo aproveitados polos veciños para levantar desde eles os muros das casas ou servir como partes dos peches das fincas.

Pegadas glaciares no Val de Vilameá. A gladiación cuaternaria deixou algunhas pegadas. Foi entón cando nos planaltos máis elevados destas serras se instalou unha capa de xeo de ata 50 m de grosor. Un destes glaciares asentouse no tramo superior do río Vilameá, deixando, unha topografía cun marcado perfil en “U”, e algunhas texturas e sedimentos típicos do fluxo daquela masa de xeo. Así, na divisoria entre o río Vilameá e a Corga da Fecha, perduran as morrenas alongadas constituídas por grandes blocos de granito entre os 1250 e 1110 m de altitude.

No fondo do río vense algunhas superficies rochosas pulidas nas que sobresaen as estrías deixadas polo fluxo do xeo.

A Corga da Fecha. Atópase na intersección da Corga da Fecha coa Vía Nova romana ou Vía XVIII. As fervenzas

da Corga da Fecha son unha serie de saltos no tramo final do rego dese nome, que superan, en conxunto, un desnivel de 200m na súa busca do encaixado Río Caldo. Entre cada salto, as augas remánsanse en pequenos pilóns onde a auga adquire unha bela cor azulada, dos cales, o máis baixo, foi cruzado na súa fronte pola via romana. Estas fervenzas prodúcense polo cambio de orientación do regato da

Fecha, que dificulta a incisión fluvial e a regularización do seu canle.

Miradoiro de San Rosendo. Seguindo a estrada que leva á Cela atópase este miradoiro onde se pode contemplar unha fermosa panorámica do Val do Maus.

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Os ríos que atravesan ó Concello de Lobios ofrecen unhas imaxes espectaculares dunhas fermosísimas paraxes como son as que ofrece o río Caldo, de camiño á corga da Fecha, tal e como se pode apreciar nas imaxes.

A carballeira termófila. Nas zonas do Parque Natural, onde a drenaxe e a insolación son maiores e polo tanto os solos máis secos, son comúns árbores e arbustos propios da

vexetación de tipo mediterráneo. Así, están presentes nesta zona silvardos, sobreiras e érbedos. Estes últimos chegan a compoñer pequenas masas monoespecíficas.

En torneiros, á beira do balneario, salienta a Praia fluvial e a área recreativa en torno o mencionado río, onde os habitantes do Concello e visitantes acoden a bañarse, tal e como se pode apreciar nas imaxes.

As fontes de augas termais do Río Caldo, brotan no mesmo río, polo que só se utilizan no verán cando quedan ó descuberto os mananciais. As augas saen a temperaturas de máis de 50 ºC e empréganse sobre todo para enfermidades da pel. Os mananciais son intermitentes polo que a xente os asocia co movemento e as correntes da auga.

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Pozas temais nos baños de Riocaldo. Tras pasar o pobo de Vilameá e antes de cruzar unha ponte sobre o río Caldo, a esquerda seguindo unha pista asfaltada atópanse as pozas termais. Estas pozas son naturais, públicas e gratuítas sitas ó borde do río Caldo.

Son augas bicarbonatadas sódicas, fluoradas, oligometálicas e hipertermais que manan a unha temperatura entre 55 e 67 ºC.

Indicadas do aparello locomotor e reumatolóxicos, dermatolóxicos, estética e cura de estrés.

Outras áreas recreativas ou miradoiros.

- “San Rosendo” na Cela.- “Os Portos” en Sampaio, situada dentro do Parque Natural. - “San Roque” en Cimadevila de Lobios.- “Espendelo” en riocaldo, a carón do pobo da Devesa.

Conta, entre outras cousas, con parque infantil e con parque para maiores.

- “Fonte Rouco- Os Miliarios”, a carón da Vía Nova, en Riocaldo.

- “A Madalena” sita a carón dopostofronteirizo da estrada OU- 540.

- “Sa Lourenzo” en Quintela.- “A Escusalla” en Compostela.- “San Pedro” en Ludeiros.- “San Santiago” en Aceredo- Novo.- “San Bieito” en Grou, a carón da Ermida de San Bieito.- “O Cruceiro” en Xendive.

Tamén hai piscinas e zonas de baño. As piscinas municipais están situadas a carón do pabellón de deportes e, a menos de 100 metros da sede do Parque natural.. permanecen abertas nos meses de xullo, agosto e setembro.

Os ríos do concello gozan dunhas augas cristalinas polo que recomendamos o baño neles, sobre todo en Baños de Riocaldo (conta cunha piscina termal), no río Mao en Compostela e Manín, no río Macaco en Sampaio e no río

Grou en Marcos.

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Inicio: Casa da

Escusalla.

Fin: Casa da Escusalla.

Recorrido: Circular.

Dificultade: Media.

Interese: Etnográfico,

RUTAS DE SENDEIRISMO

Ruta do río Mao.- Os que forman esta ruta –dez- pertencen ós veciños de Ludeiros e Compostela.

Xunto o primeiro muíño pódense observar uns campos á beira do río. Se se ten en conta que o pobo máis próximo se atopa a 3 Km e que os medios e os camiños non son os máis idóneos, conclúese que traballar estas terras resultaba un grande sacrificio. O mesmo ocorría á hora de ir ó muíño; estes ó atoparse lonxe, facían da travesía unha auténtica loita pola supervivencia. En ocasións, moitos veciños non dispuñan de burros, mulas ou cabalos para transportar o gran e a fariña, o que lles obrigaba a facer a travesía dende as súas casas cos sacos a costas.

Estes muíños tiñan uns camiños de acceso que cada un deles difire do veciño. Acceder a algúns resultaba perigoso, outros tiñan mellor entrada e polo tanto facilitaban o traballo.

A forza motriz que impulsa a maquinaria necesaria para moer dáselle a auga cristalina deste río virxe, onde en inverno o caudal é moi elevado e resulta perigoso acercarse as súas inmediacións.

As épocas ideais para visitar e facer a ruta son a primavera, o verán e o outono, resultando pouco recomendable intentalo en época de choiva, debido as fontes correntes e ó resbaladizo do terreo.

Descrición do recorrido. Dende o primeiro muíño “do Flores” iníciase o camiño pola marxe dereita do río, subindo un pequeno muro que pon sobre un sendeiro difícil de apreciar, ou ben seguindo pola “levada da auga”. A uns 200m atópase o muíño do “Domingos do Flores” con tella como cuberta e levantando parte del sobre o leito do río. O camiño continúa subindo e a poucos metros vislúmbrase o muíño “do Gaiteiro”, construído nunha zona de difícil acceso e aproveitando a marxe do río.

Continúa a subida e recorridos uns centos de metros atópase un pequeno descampado que permite observar ó lonxe o viaduto, e en fronte a abundante vexetación e o seguinte muíño “o do Carixa”. Este non pasará desapercibido, pois o seu cubo é distinto ó dos outros, sobresae ó lado do muíño un torreón por onde a auga chega “o rodicio” e a canle que trae o fluxo

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

tamén resalta xunto a esta construción. Aprovéitase da canle de traída para subir ó seguinte muíño do “Cé Martíns” (un dos maiores e mellor conservados). A súa estrutura de pedra cortada con grandes lousas como tellado é unha mostra da súa beleza.

Continuando co recorrido atópase ó muíño “Novo” situado nunha pequena chaira. A continuación, o muíño do “Moscas” (ben conservado e de boa planta). Máis adiante, o muíño da “Estrela” tamén en toda a súa planta e cuberta de pedra. Estes últimos atópanse nunha especie de recinto amurallado, máis ben un muro de mampostería no que se delimita o terreo que lles pertence. Para chegar os muíños da “Estrela, Maranteira e Ferreira” abunda a vexetación que o envolve todo.

Dende aquí xa só queda volver, contemplando e observando o esplendor da natureza, non perder de vista o curso do río, que amosa a través das súas augas cristalinas algúns pozos dignos para o baño e, como non apreciar os lagartos, cobras de auga e un sen fin de seres vivos que fan deste lugar o seu medio de vida, recorrer o camiño por un monte despoboado de árbores que nos adentra nas “Touzas” de carballos que cubriran o paseo ata acabar polo río Mao na Escusalla.

Ruta do pan e do viño. Padrendo é unha aldea situada na ladeira dunha montaña das moitas que conforman a serra do Xurés. Xunto coa Devesa, Vilameá, Bubaces e Torneiros compoñen a parroquia de Santa María do Val de Riocaldo, pertencendo administrativamente ó Concello de Lobios. A moderna política medioambiental quixo situala xusto no centro xeográfico de dous espazos naturais protexidos: O Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés e o Parque Nacional Peneda- Geres.

O Parque etnográfico do pan e do viño esténdese ó longo dun recorrido de 900 metros pola parte alta da aldea e os seus arrabais. O medio confórmano a propia aldea e unha paisaxe agrícola de especial beleza dominado polos cumios da Serra do Xurés e da de Santa Eufemia.

Descrición e contido: trátase dun espazo moi ben conservado cunha elevada concentración de elementos arquitectónicos de agricultura tradicional os cales foron restaurados coa finalidade primordial de recuperar parte da memoria histórica da aldea, pero a beleza do medio natural, e a estética dos

Inicio: Padrendo

Fin: Padrendo

Recorrido: lineal

Dificultade: baixa

Interese: etnográfico

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

elementos arquitectónicos que o compoñen e o valor cultural de todo o conxunto convérteno nun espazo lúdico fora do normal: ó longo da ruta sinalizada móstranse ó visitante as edificacións e os utensilios de labranza que se utilizaban no cultivo, almacenamento e transformación e transformacións dos que o resultado final eran o pan e o viño, ofrecéndose unha visión integral destes procesos.

Os elementos que compoñen este parque temático, seguindo a orde en que se atopan situados ó longo da ruta, son os seguintes:

O forno, construído en 1836, no que se cocía o pan de millo ou de centeo. Era un espazo comunitario e, como tal, un lugar de encontro dos veciños, servindo tamén de cobizo para os mendigos, especialmente nas noites de moito frío.

Nas proximidades do forno, sobre un alto de terra, na parte máis alta da aldea, ben aireada, atópase a “eira dos Hórreos”. Un total de 15 hórreos forman un conxunto arquitectónico de gran beleza, tanto pola propia destas edificacións como polo paisaxe que o rodea. A súa función era o almacenamento das espigas de millo, principalmente durante todo o inverno. Foron construídos en diferentes épocas, sendo os máis antigos de 1756.

Os utís de labranza expóñense nunha edificación “antiga palleira” restaurado para o efecto. Ó final da aldea nun camiño que vai en dirección á igrexa parroquial polo que continúa a ruta, a partir de aquí xa entre terras de cultivo.

Acabado o tramo que discorre cuberto de parras, ó final dunha pequena pendente, despois de pasar tres pozas que se atopan na marxe esquerda do camiño, atópase a “adega do Boga”, nun ambiente de aire medieval. É unha construción tradicional cuberta de palla, lagar e pilo de pedra, presa de trabe e fuso de madeira con prensa de pedra, que aínda se utiliza.

Continuando por un antiquísimo camiño entre carballos e castiñeiros, pasadas as ruínas do “outeiro”- noutro tempo proendo- e subindo unha pequena costa por un sendeiro, chégase ós muíños de rodicio, de reducidas dimensións, que funciona coa enerxía que lle acercaba a escasa canle do río.

Trala súa viaxe ó longo dos 900m, e moitos séculos de historia, o visitante poderá tomarse un merecido descanso nunha pequena área recreativa que alí foi construída. Poderá tamén, acordarse, de todo o que viron os seus ollos e imaxinar como era a vida da xente do lugar noutros tempos, que facían o mesmo recorrido moi a miúdo… coa diferenza de que levaban nos seus ombros un saco de millo.

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Ruta do río Vilameá. Esta ruta ten dúas posibilidades, xa que ó tratarse dunha ruta circular, o punto de inicio e fin é o mesmo. No pobo de Vilameá hai numerosos carteis que indican o lugar onde comeza a ruta. Unha vez na ponte que marca o punto de inicio, un pode emprender o camiño pola marxe dereita do río Vilameá ou pola esquerda.

A guía editada pola Xunta de Galicia recomenda comezar a ruta pola marxe esquerda. Pero tamén se pode comezar pola marxe dereita, aínda que se trata dunha ruta moi curta, a marxe dereita ten máis dificultade que a esquerda, e xa se sabe cano un empeza a andar sempre se ten máis enerxía ó principio.

Nesta ruta hai un total de doce muíños, e en todos eles consta o nome, ó igual que na guía Xunta, o que facilita a súa localización. Agora ben resulta case imposible atopar o número doce, chamado Muíño do Pé de Luz.

Hai muíños en perfecto estado de conservación e outros máis deteriorados, pero sen dúbida merece a pena curiosear un pouco. Na marxe dereita do río atópanse sete muíños en total: Muíño do Pé de Luz, Muíño da Laixiña, Muíño da Sela I, Muíño da Sela II, Muíño do Cubo de Baixo, Muíño do Cubo do Meo e o Muíño do Cubo de Riba.

Antes de chegar a unha preciosa ponte de madeira que cruza o río, hai un desvío que leva a unha albariza. O camiño que conduce ata a albariza é de dificultade alta, pero se se fai a ruta da Ermida do Xurés pódese ver a albariza con menor dificultade.

Unha vez pasada a ponte atópase o Muíño de Fulgueira do Meo, e subindo por un camiño ó lado deste muíño atópase o Muíño da Fulgueira de Riba.

Ó longo do camiño hai muíños sen tellado ou con tellado de pedra, pero este muíño de Fulgueira de Riba ten o tellado de centeo, e é con toda a seguridade o máis bonito de todos e se vos acercades ata a súa levada poderase comprobar que é totalmente redonda.

Continuando o traxecto encóntrase o Muíño Novo, sendo máis complicado o achado dos dous últimos muíños, Muíño do Tenro e Muíño da Ponte Nova, e así chégase ó final da ruta.

Inicio- fin: Vilameá

Distancia: 1600m

Recorrido: circular

Dificultade: Baixa-

media

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Pero o camiño discorre ó longo do río, onde se atopa unha fonte e numerosas pozas de auga cristalina que invitan ó baño, e que sen dúbida se se vai no verán se atopará a algún bañista disfrutando das súas augas.

Ruta do Padrendo. Recorrido: dende Padrendo por unha pista en dirección Costa do Santo. Este ascenso é moi pronunciado, cruza un pequeno regueiro e, seguindo a subida, alcanzase unha pequena chaira de vexetación de monte baixo que se estende ó pé da Serra de Santa Eufemia, cunha altura de 1107m de altura.

O ascenso segue o seu curso a través do regato Costegaza. A partir de aquí, e logo dun pronunciado descenso, chégase a Torneiros. A paisaxe cambia radicalmente, o monte baixo e as suaves formas dan paso a formacións rochosas. Durante esta baixada bordéase o regato de Toucedo, cun pequeno cachón visible na marxe dereita da pista.

Despois de recorrer 3350m dende o inicio da ruta, continúase por unha pista asfaltada situada á esquerda do camiño que chega a Torneiros, a uns 300m. Neste pobo destácase os hórreos construídos totalmente en pedra – incluso no tellado- empregando pezas de granito planas. Este pobo é o último núcleo de poboación antes da fronteira con Portugal.

A saída do pobo tómase un camiño á dereita que se adentra no bosque de encinas, carballos, pinos, albedros e outras especies como acacias e algún que outro eucalipto.

A 4500 m do inicio do recorrido tómase un camiño pedregoso que aparece pola esquerda. Seguindo este camiño, atópase un colmear no que moitas das colmeas son de elaboración tradicional (feitas co corcho das encinas e co tellado de palla). Nas súas proximidades existe unha mina de auga.

Continuando a ruta, ós 5350m chegase a unha estrada asfaltada, a súa esquerda a igrexa parroquial, adicada a Santa María do Val de Riocaldo (1818), onde salientan o retablo, as esculturas e a orfebrería (o incensiario e a naveta de estilo rococó). A casa reitoral anexa á igrexa está totalmente abandonada. A parroquia comprende os pobos de Padrendo, Vilameá, a Devesa, Bubaces e Torneiros.

Inicio: Padrendo

Fin: Padrendo

Recorrido: circular

Dificultade: Media-

alta.

Interese: paisaxístico

e etnográfico

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

100 m máis adiante atópase o outeiro – antigamente Proendo- que na actualidade está en ruínas, se ben aínda se poden ver as súas adegas coas súas vellas prensas para o viño feitas de pedra. O proceso consistía en botar o bagazo das uvas e logo prensalo deixando saír o resto do viño que contiña e recolléndose este nun depósito de pedra.

Saíndo de Outerio, soamente separan 600m do fin da ruta en Padrendo.

Ruta das Minas das Sombras. Recorrido: Esta ruta discorre na súa totalidade pola zona de montaña, recorrido pola cara septentrional da Serra do Xurés e sen atravesar ningún núcleo de poboación. Este é un recorrido eminentemente paisaxístico.

A ruta iníciase a 700 m de altitude e discorre ata unha altura de 940m.

No transcurso do recorrido poden contemplarse os grandes bloques graníticos con formas naturais máis variadas.

A vexetación que se atopará será fundamentalmente o monte baixo, acompañado da aparición ocasional de conxuntos de árbores de acivro, albedros, pinos, eucaliptos, etc.

Recorridos uns 4 Km dende o inicio da ruta, tómase un camiño á esquerda da pista central e empeza o descenso.

Despois de 1,5 Km alcánzase unha cabana de pastores, onde se poden observar os restos dun curro, recinto de pedra onde se pechaba o gando mentres os pastores durmían.

Avanzando un pouco máis e desviándose á esquerda atopase co leito do regato Corgo do Carballón, con grandes pedras irregulares nas marxes e ó lado esténdese un piñeiral.

Continuando o sendeiro chégase á ruta principal, é dicir, á pista forestal das Sombras, que nos leva outra vez cara a dereita e dende aquí a estrada de Lobios coa Portela do Home.

Tesouros arquitectónicos

Inicio: Vilameá

Fin: Mina das sombras.

Distancia: 9 Km

Dificultade: alta

Interese: etnográfico,

paisaxístico e

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Igrexa de San Miguel de Lobios. Destaca por dous elementos singulares, a súa monumental torre do campanario e a cuberta do presbiterio. A robusta torre en posición central álzase avanzando da fachada, creando de tal maneira un espazo cuberto a modo de pórtico sostido por fortes piastras. A tipoloxía en alzado responde á empregada polos mestres canteiros de Terra de Montes, e á súa vez ó modelo de Domingo de Andrade, no primeiro terzo de s. XVIII, isto é, tres corpos decrecentes con elevado zócalo sobre o que se dispón unha potente balaustrada para o corpo das campás. Coróase cunha pequena cúpula sobre un

tambor cego adornada con profusión de pináculos.

A capela maior actual edificouse en 1755 sendo abade Don Manuel de la Llana, segundo pode lerse na inscrición colocada na ábsida. Posiblemente por falla de recursos para cubrir a obra cunha bóveda de pedra optouse pola madeira o que propiciou unha obra orixinal. Así, solucionouse a cuberta cun octógono no que os paneis se pintaron dentro dun estilo popular en cores moi vivas, con representación de apóstolos, a Trindade e a cruz co ceo estrelado no centro. Merece a pena destacar as dúas fermosas portadas de entrada ó adro que culminan sendas escalinatas con pasamáns que salvan o desnivel co terreo circundante.

Realizada en 1755, a torre do campanario, ubicase diante da súa nave, separada do corpo da mesma e no centro. Ó atrio accédese a través de dous laterais mostrando así un criterio moi barroco, a torre divídese en varios corpos, con balaustrada e pináculos rematados en bolas. Similar a de San Salvador de Manín (1764); parece que iso débese a que ambos templos foron patrocinados polo mesmo abade; Don Manuel de la Llana. No interior retablos e imaxinería.

A Igrexa Parroquial de San Miguel de Lobios, é un fermoso monumento situado no lugar de Fondevila.

De estilo barroco, século  XVIII, destaca o seu enorme campanario,  colocado sobre unha torre de estilo románico que se ergue desde o chan e descansa sobre catro piares, dous deles cuadrangulares, facendo un pórtico e entrada principal ó templo, maxestuoso, que sobresae moi estilizado  do  corpo  rectangular do templo. Precisamente esa característica, a súa  planta rectangular, contrasta coa maioría das  Igrexas Parroquiais  da Baixa Limia, con  planta en forma de cruz latina. De aí a súa  singularidade.

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Xa no interior, hai dúas pilas bautismais, a da entrada, de estilo románico e a que está ó lado do altar maior, de estilo gótico. Dirixíndose cara ó altar maior, obsérvanse dous retablos con imaxes de Santa Teresa, o da dereita, e San Antonio, o da esquerda.

É tamén de salientar o fermoso retablo do altar maior, realizado en madeira policromada, formando tres corpos nos que se atopan as imaxes dos santos: San Miguel (patrón da parroquia), San Sebastián e San Xoán Bautista. 

Nos laterais do altar maior, en simetría con el, hai dúas imaxes.  O artesonado, en madeira policromada, representa imaxes dos apóstolos.

Igrexa de San Mamede de Grou. A renovación da igrexa de San Mamede de Grou comézase a xestar nada máis iniciado o

s. XVIII. Así en 1710 concértase con Sebastián García de Celanova a obra dunha nova capela maior. Sen embargo, a igrexa continuaba sendo de reducidas dimensións polo cal se adxudicou a Santiago Sarrapio, veciño de Cotobarde e membro dunha liñaxe de artistas, a construción dun novo corpo, dándolle practicamente a forma actual, xa que, a esvelta

espadana en dous corpos débeselle atribuír a Manuel Durán nos anos 30 do s. XIX. É no mesmo momento cando se realiza a fermosa entrada do adro, exemplo paradigmático deste tipo de obras en Galicia.

A relación desta igrexa co Mosteiro de Celanova propiciará que os encargos de escultura sexan a artistas desa vila e incluso a pintura dos retablos se encomenda a frei Pablo Ares, monxe no mesmo. De entre os numerosos retablos é salientable o retablo maior obra saída da man de varios artistas en 1746. Obra en dous corpos e tres rúas con columnas corintias.

De moito mérito é a cruz procesional confeccionada polo prateiro ourensán Gaspar Rodríguez no século XVII.

A construción da igrexa parroquial data de 1729, sendo un bo exemplar do barroco rural, con planta de cruz latina. A fachada é o máis salientable, concentrando a ornamentación no eixo central. Portada con marcos de orelleiras, sobre a clave motivo sogueado, e por riba fornecina avieirada, decorada con ovas, contendo no seu interior a talla pétrea do titular. A espadana, de esvelta traza, consta de dous corpos decrecentes. A abundancia de retablos proporciona a riqueza da imaxinería do templo. O maior, de dous

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

corpos e tres rúas con columnas corintias, presenta a inscrición “ESTA OBRA DONOUSE SENDO ABADE DON MANUEL ANTONIO BOYLES ANO DE 1772”.

Ocupan os seus ocos o sagrario a modo de tabernáculo, Santa Eufemia, e Santa Teresa; no corpo superior, San Mamede, entre San Roque e o Anxo da garda; no ático o Pai Eterno.

No muro do Evanxelio, retablo dun corpo con cornixa de perfil mixtilíneo, enmarcado por columnas salomónicas, e estípites nos extremos. Está presidido por Cristo na cruz, sobre fondo de pintura de Xerusalén. No muro da Epístola, retablo rococó dunha altura, organizado por columnas, decoradas con teas colgantes no primeiro terzo do fuste, e o resto con rocallas.

Igrexa de San Martiño de Araúxo en Requeixo. O templo parroquial constrúese no ano 1781 no lugar de Requeixo. A fachada poténciase con porta adintelada, ornamentada con molduras apoiadas nos ángulos e fornecina avenerada no frontispicio, sobre ménsula galonada. Remata con espadana de dous corpos e

frontón. No lado do evanxelio constrúese en 1828 unha capela para os “Beati Mortui Qui in Domino Moriuntur”, segundo indica un epígrafe no exterior.

No interior salienta o retablo maior e colaterais, do século XVIII, estando representados no santoral a imaxe do titular, San Antonio, San roque, San Bieito Preto, San Martiño, Santa Bárbara, e releves da Anunciación e Visitación.

Igrexa de San Paio de Araúxo. A construción desta igrexa realízase no ano 1743, segundo a inscrición do frontispicio “Esta obra fíxose sendo abade Don Antonio Ares e Mouronte no ano de 1743”. A fachada concentra a decoración no eixo central, mediante portada con encadres de orelleiras, fornecina decorada con ovas contendo a imaxe pétrea de San Paio e óculo. Remata o conxunto una espadana de arcos peraltados coroada por frontón.

No seu interior salienta o retablo maior, con dous corpos e tres rúas organizadas por columnas salomónicas. O sagrario acada gran monumentalidade, a talla plana e dourada recobre toda a superficie.

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Igrexa de San Salvador de Manín. A igrexa parroquial é un dos mellores expoñentes da arquitectura barroca da comarca. A súa

construción, segundo testemuña una inscrición no brazo dereito do cruceiro, fíxose sendo abade Damián Vélez de la Llana, no ano 1764. A plana da igrexa é de cruz latina con nave única de tres tramos e cruceiro; o trasepto emerxe en altura ó exterior, cubrindo con bóveda de aristas a lanterna. A torre queda integrada na fachada ós pés do templo, substituíndo aquí a base aberta por un arco de triunfo apuntado sustentado por

columnas. As esquinas do corpo inferior da torre aparecen destacadas por piastras pseudodóricas, marcando a balaustrada

o inicio do corpo das campás, con arcos abertos en cada fronte. Como remate aparece una lanterna sobre tambor.

De gran interese é o retablo maior, con predominio da escultura en releve sobre o vulto redondo. A ambos lados do altar ábrense as portas da sancristía, situada tras o retablo, esculpíndose nelas os releves de Adán e Eva entre nenos atlantes que finxen soster sobre si o peso da estrutura de madeira. O sagrario resólvese de forma monumental.

Coñecida como a igrexa de Aceredo.

Este monumento conta con unha singular historia. Conseguindo salvarse da inundación pola construción do Embalse de Lindoso, foi traslada ás inmediacións de Ludeiros e Compostela, onde se erixe maxestuosa e impasible ós avatares da historia. Ninguén se atreve a afirmar que esta será a súa última ubicación, pois resulta difícil pensar que descansará para sempre aquí cando xa foi traslada en dúas ocasións: 1.769 e en 1.992. a súa primeira ubicación en Manín foi onde se construíu.

Igrexa de San Salvador do Torno. O edificio parroquial está formado por unha sinxela pranta de nave única e presbiterio

rectangular, acusando este maior altura ó exterior. Na fachada a decoración concéntrase na portada, resolta con arco de medio punto moldurado por

baquetóns, recorrendo toda a traxectoria, e decoración na clave. Nas dovelas unha inscrición de

grandes carácteres proclama que a igrexa é de refuxio sagrada. Sobre a porta, nicho avieirado con decoración de ovas, contendo a imaxe pétrea do Salvador. A espadana desenvolve un corpo con ocos peraltados e aletóns nos flancos,

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

rematada por un frontón. No interior salienta a Virxe co Neno, obra do século XVII, e Inmaculada seguindo o modelo iconográfico de Gregorio Fernández.

Igrexa de Santa María do val de Riocaldo. A igrexa parroquial constitúe un bo exemplo do barroco local. A planta da igrexa debuxa unha cruz latina, con sancristía adosada ó presbiterio. A nave, de tres tramos, artéllase mediante piastras, servindo tamén de apoio ó arco toural de acceso á cabeceira do templo. A nave cóbrese con bóveda de canón e arista no trasepto do cruceiro. A fachada poténciase con piastras pseudodóricas nos extremos, que enlazan coas ramplas curvas da cornixa, servindo de asento ós pináculos. A portada aparece realzada

con marcos de orelleiras, fornecina superposta, contendo a imaxe pétrea da Inmaculada e fiestra moldurada. A espadana consta de dous corpos decrecentes con ocos para as campás. Conserva no seu interior un retablo maior de gran interese, organizado en dous corpos decrecentes e compartimentado en tres rúas. A peza do sagrario, de estrutura torreiforme, logra certa monumentalidade, figurando cos releves da Anunciación, fuxida a Exipto e Adoración dos pastores.

Igrexa de San Pedro de Manín. Igrexa fundada anteriormente á existencia da vila. Conserva toques góticos. Destaca no seu interior unha sepultura prateresca dun matrimonio nobre. Tamén alberga unha enorme pila bautismal na que foi bautizado o que sería gran patriarca de Santiago de compostela, o Cardeal Quiroga Palacios. Exterior sinxelo salientando a espadana que monta sobre a parede lateral norte. Interior con pequeno retablo de pedra.

O Concello de Lobios ademais de igrexas tamén conta coa existencia de capelas. Unha  capela  é un templo relixioso, xeralmente de menor tamaño que unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha  igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.

Componse esencialmente dun  retablo, ou  altar  e  columnas  ou piares pequenos. O teito non adoita rematar cunha cúpula ou  bóveda.

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Capela de Santa Lucía en Vilameá. Capela de sinxela arquitectura, cunha soa nave e cubrición de madeira. No interior salienta a Virxe co Neno, procedente da capela do Xurés. Nesta ermida ten lugar unha popular romaría, trasladándose a imaxe da Nosa Señora en procesión, subindo ó monte, esta subida aparece balizada por pequenas capelas, calvarios ou pasos, de estruturas cúbicas e cubertas piramidais.

Capela de San Bieito- A Carreira- Grou. Unha das devocións máis importantes da comarca da Limia é a dedicada a San Bieito venerado no lugar de Carreira. A importancia de dita devoción ó santo reflíctese na monumentalidade da súa capela, con nave cuberta por bóveda de canón e arcos faxóns, presbiterio elevado en altura con sancristía, e pórtico ós pés. A fachada mostra portada

con orelleiras e fornecina avariada decorada con ovas no extradorso, decoración de grampas e placa. Contén a imaxe pétrea de San bieito, reproducida tamén en madeira no interior.

Salienta a súa cúpula interior e unha espadana de tres corposna que sobre o arco das campás figura a data de 1828.

Aberta tódolos días de romaría.

Capela da Reguenga, en San Paio de Araúxo. Preciosa ermida no lugar de Puxedo onde se venera a imaxe da Reguenga, advocación mariana da realeza de María, o 15 de agosto. Dominando a marabillosa paisaxe das terras de Salas e Limia, nas que nos seus vales se cultivan oliveiras e laranxeiras nun suave microclima que

se beneficia da moi próxima influencia atlántica.

Capela de San Paio. No lugar de San Paio da mesma parroquia existe unha capela xemelga da de Reguenga, rodeada por unha prazoleta na cal hai varios cruceiros dun viacrucis e un curioso palco de música.

Page 21: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Capela do Xurés de Riocaldo. Monte do mesmo nome en Vilameá dominando todo o val de Riocaldo. Di a tradición que a Virxe se apareceu sobre unha peneda onde hoxe se ergue a ermida e que pediu que alí se levantase un santuario. Enterado, en 1454, o bispo frei Pedro de Silva que os veciños comezaran a edificar un oratorio sen o seu permiso, acorda realizar unha averiguación sobre os feitos , resolvendo a continuación da obra e que as dádivas que percibise a ermida se dividisen en tres partes: unha para as reliquias de Santa Eufemia, outra para a fábrica da ermida e outra para o ermitán que se había facer cargo. A esta primeira época pode pertencer o corpo da igrexa, modificado nos séculos posteriores, aínda que será a construción do denominado “camarín” do s. XVIII a obra máis importante. Unha inscrición funeraria altomedieval aparecida no adro, onde se pode ver, é testemuño da antigüidade do lugar.

Ermida situada no monte entre Torneiros e Vilameá, sendo moi venerada na comarca. A capela moi sinxela atópase situada entre boa vexetación e fantásticas formacións pétreas que fan supoñer que sexa lugar de cultos anteriores, cristianizada.

Outras construcións importantes de antano son os pazos rurais galegos definidos como tipos de casas solariegas tradicionais galegas, de carácter señorial, que teñen o seu apoxeo nos séculos XVII ó XIX, normalmente ubicados no campo, antigamente residencia de persoas importantes da comunidade.

No concello de estudo salientan entre outros:

A casa do Curro en Pazos. Edificio pequeno de dous pisos con planta de escadra, completado cun edificio de recente construción que comunica co vello por medio dunha solana. No murallón que pecha o conxunto destaca a figura dun guerreiro.

No patio, entre as dúas cruxías, presenta unha gran escaleira de pedra con barandilla maciza decorada con elementos vexetais. Na finca atópanse os dous hórreos e a “aira”. Está rodeada por un pequeno muro no cal se abre un artístico portalón cunha pedra de armas.

Page 22: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Este pazo suponse edificado onde estivo o castelo do duque de Sinde que, como solar dos Araúxo, seguiu na súa propiedade e vinculado á familia portuguesa.

Pazo de Lobios en San Miguel de Lobios. Casa de planta en U, cunha torre pequena de sección cadrada nun extremo, e pechada por un muro con portalón: patio exterior inscrito entre as tres cruxías, a torre e o muro. As tres cruxías están recorridas interiormente por unha solana de madeira e cuberta pola prolongación do tellado da casa. A cara E tamén está percorrida totalmente por unha solana de pedra sostida con ménsulas. Tivo capela na torre, pero xa non existe.

Actualmente a casa está moi transformada e dividida.

Edificio en forma de escadra de pequenas dimensións composto de planta baixa e un piso. Unido por unha solana a outro de posterior construción. Un muro que prolonga dúas fachadas conforma un patio.

Propiedade privada non visitable.

A casa da Escusalla en Compostela. No primeiro terzo do século XVIII, don José Martínez e Parga, párroco de San Salvador de Manín e Lobios, debido a que o seu curado non tiña casa reitoral, edifica no lugar da Escusalla a súa residencia.

Compostas cunha parte principal con planta en U de alto e baixo con tres cuartos de habitación, un deles adicado a cuarto de seguridade ou refuxio e outro probablemente a latrina. Ás estancias accederíase por un corredor de madeira sobre seis piastras pétreas, ó cal se accedía por

sendas escadas do mesmo material, ben traballadas, en cada ala do edificio. Mirando ó río Limia unha solaina interior

que conduce á balconada sobre catro canzorros moldurados. Os baixos funcionaban como cortes e lagar, mentres que as construcións ó redor do patio faríano como adega – paneira e cociña. Na capela adicada a San Xosé destaca o retablo pétreo.

Sobre esta casa e máis propiedades fúndase en 1739 unha capelanía colativa para clérigos ata que no s. XIX pasa a mans de particulares.o que nun principio foi residencia e despois fundación piadosa, co paso do tempo e o

Page 23: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

abandono, foise envolvendo de misterio e lendas case que ó mesmo ritmo que avanzaba a ruína do edificio.

Coméntase que pertenceu á Inquisición, e que nese lugar era habitual a práctica de bruxería, torturas…..

No Concello de Lobios tamén existen antigas casas reitorais (popularmente chamadas a casa do cura), é o nome co que se coñece a vivenda asignada ó sacerdote cristiá dunha parroquia. A casa non lle pertence a el, senón que é titularidade da Igrexa, que lla asigna mentres oficia o sacerdocio nese lugar.

En Galicia, as casas reitorais están construídas ó carón das igrexas, sendo frecuente atopar na mesma zona a igrexa, a casa reitoral e o campo da festa, formando o punto de encontro tradicional nas vilas e pobos galegos. Co despoboamento do rural a asignación de varias parroquias a un sacerdote, moitas casas reitorais atópanse a día de hoxe en estado de abandono.

En San Mamede de Grou, xusto nas inmediacións da igrexa parroquial, salienta unha antiga casa reitoral reedificada no século XVII.

Outra das mostras da arquitectura relixiosa son os petos das ánimas (mostra da cultura popular e da tradición), que son manifestacións materiais do culto ós  mortos e da devoción polas ánimas. No concello de Lobios salientan os de Esperanzo, Grou, Puxedo, Rasela e o Torno.

Peto de ánimas de Esperanzo. Pequeno monumento anexado a un cruceiro, formado por un só bloque de pedra cuadrangular, cuberto por un tellado de tendidas vertentes no que no vértice conserva o pedestal dunha cruz. A fornecina presenta un medio releve en pedra, que representa a dúas ánimas xemelgas de esquemáticos rasgos en actitude de oración, quedando a metade reservada a caixa de esmolas.

Peto de ánimas de Puxedo. Monumento de notables dimensións concibido como un arco de triunfo adovelado; aparece enmarcado por piastras de escaso resalte sen función sustentante, sinaladas nos laterais polas molduras dos capiteis dóricos. Remata con cornixa sobre a que asentan pináculos piramidais flanqueando unha cruz de desenvolvido pedestal

Page 24: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

formado por volutas contrapostas, no que figuran esculpidos diversos motivos alusivos á Paixón. No interior do arco aparece unha fornecina sobre repisa; preside a composición o Espírito Santo e a Virxe do Carme acompañada de monxes franciscanos. O monumento presenta gravada a data da súa construción: ano de 1798.

Peto de ánimas da Rasela. Peto de ánimas practicado en bloque monolítico, presenta fornecina avenerada de efectos calaroescuristas, enmarcada por piastras ornamentais, que sosteñen un dintel sobre o que figuran pináculos con bolas flanqueando unha cruz central, en medio releve.

Peto de ánimas de torno. Presenta tres gradas de acceso para salvar o desnivel do terro; o corpo principal formado por aparello a soga e tizón, aparece encaixado polo avance dos paramentos laterais, nel ábrese a fornecina sobre repisa de cuarto bocel. Remata o monumento con cuberta plana

que se prolonga formando un pórtico adintelado sustentado por piares caxeados con pedestais. Sobre a cuberta descansa o

pedestal dunha cruz.

A fornecina contén un deteriorado medio releve de madeira, a pesar do seu popularismo presenta a particularidade de mostrar unha ambientación do Purgatorio peculiar, concibido como unha caverna de aspecto rochoso, onde dúas ánimas purgan as súas penas entre tumultuosas chamas.

Peto de ánimas de Grou. Peto de ánimas practicando un bloque monolítico, alisado só no fronte; presenta fornecina de medio punto e remata en forma semicircular con festóns nos perfís e cruz en releve frontal.

O Concello de Lobios conta tamén coa existencia de cruceiros. Un  cruceiro  é un monumento  relixioso  constituído por unha cruz de  pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha  columna  asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de  camiños, adros de  igrexas,  etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos  pagáns  á  natureza.

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura  galegas, intimamente vencellado á  paisaxe  rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e Cruc.

Page 25: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en  prazas,  xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis.

Existen varios cruceiros distribuídos polo concello, en Cimadevila, Vilameá, Grou, Esperanzo ou na Portaxe.

Cruceiro de Cimadevila. Cruceiro de pedra situado nun cruce de camiños, pero fóra do seu emprazamento inicial. Trátase dunha sinxela cruz, sen ningún tipo de representación, sobre un basamento.

Cruceiro da Portaxe. Cruceiro disposto sobre catro gradas; nunha das caras do pedestal escávase a fornecina no medio punto para o peto de ánimas, gravándose na xamba unha inscrición alusiva e a data da súa construción na outra das caras: ÁNIMAS, ANO 1743. O fuste do cruceiro presenta o primeiro terzo liso, labrándose o resto con acanaladuras, remata con capitel xónico decorado con sogueado e anxotes, servindo de apoio unha cruz co Crucificado e a Dolorosa.

Cruceiro de San Mamede de Grou. Atópase nas inmediacións da igrexa de San Mamede, e dátase no s. XVII.

Cruceiro de Vilameá. Data de 1626. O varal reempregando o remate dunha solaina, o dado con incrición de ruda factura (ESTE CRUCEIRO

PUXO GºAºVºDESTE LUG. Aº1626), a sinxela cruz con imaxes e a situación á beira dun antigo camiño lousado, fan que haxa que consideralo como unha peza curiosa e notablemente antiga.

Cruceiro do Esperanzo. Atópase anexado ó peto de ánimas.

Riqueza histórico cultural.

Page 26: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Mansio Aquis Originis. Ó carón da Vía Nova (na marxe oriental do río Caldo) asoma hoxe un edificio de índole civil no que as escavacións nel realizadas permiten distinguir dous ámbitos funcionais ben diferenciados de cronoloxía baixoimperial (s. III- IV dC): una instalación termal e un ambiente de cociña.

A estrutura e disposición formal do edificio corresponde a una villa ou casa de campo dun terratenente. Sen embargo a súa localización tanto ó pé da

propia vía –hoxe destruída polo camiño actual- como nunha zona na que os investigadores sitúan a Mansio Aquis Originis – identificada co entorno de Baños de Riocaldo-, fan pensar que este edificio prestase tamén os servizos de índole pública correspondentes a esa estación de `posta romana ou mansio denominada

Aquis Originis.

O ámbito termal corresponde a unhas instalacións de tipo hixiénico e lúdico, pero tamén cabe sospeitar un aproveitamento estacional ó aire libre do nacente de augas quentes próximo, e que por estar inmediato ó río quedaría moitas veces anegado no inverno. Neste caso, fronte ás termas hixiénicas, estaríamos xa ante un balneario termal con virtudes terapeutico- relixiosas das que a aparición recente dunha ara dedicada ás ninfas é unha boa mostra.

O ambiente termal desta mansio está composto por un corpo rectangular, estruturado á súa vez de acordo cun largo pórtico ou corredor de acceso. A disposición e caracterización das distintas estancias e a súa proximidade ó centro emisor de calor móstrannos a circulación dentro do edificio, de acordo cun esquema de sa fría, sa temperada e sa quente, regresando en sentido inverso.

Dátase entre os séculos / e IV dC. Os restos da villa están formados por varias dependencias entre as que salienta unha vivenda de clase alta, que dispuña dunha tecnoloxía peculiar para regular a temperatura interior, o denominado hipocausto. Este era un sistema de calefacción consistente nunha cámara de aire construída baixo a casa, que se sostiña por piastras de ladrillo, e que se quentaba por medio de fornos adosados á edificación. O teito desta cámara coincide co chan da estancia, irradiando calor dende o sótano cara a vivenda. Podería ser a mansión “Aquis Originis”.

Page 27: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

A Trincheira. Sita na marxe oriental do río Caldo ó sur da súa intersección coa Corga da Fecha. “A Trincheira” é a testemuña dun sistema defensivo de tipo lineal construído para restrinxir e controlar o paso no val do río Caldo.

Consta dunha estrutura en pedra seca formada por un lenzo de muro en ángulo moi aberto ofrecendo o lado convexo cara o inimigo que se complementa cun pequeno foxo natural aproveitando a canle

dun rego. Dado o seu emprazamento entre ladeiras de forte pendente e a imposibilidade de rodear o pequeno val, a estrutura permitía o peche efectivo do camiño que discorría as veces paralelo e outras superposto á antiga vía romana.

Cronoloxicamente sitúase esta fortificación a finais do século XVII durante as guerras mantidas con Portugal.

Mámoa de San Bieito de Grou. No entorno da Ermida de San Bieito, consérvase unha necrópole tumular onde se poden establecer dous sectores ben diferenciados: o sector sur ó que corresponden as mámoas m1, m2 e m3; e o sector norte, onde se localizan as mámoas m4, m5 e

m6.

As mámoas son sepulturas de carácter colectivo conformadas por un túmulo de terra en forma de casquete semiesférico que xeralmente contiñan no seu interior unha cámara funeraria chamada dolmen, construída a base de grandes pedras fincadas na terra e cunha ou varias laxes dispostas sobre as anteriores a xeito de cuberta. O apoxeo do megalitismo galego cabe situalo entre o 4000 e o 2500 aC. A este momento parece corresponder a mámoa m1 da necrópole do San Bieito.

A mámoa m1, co seu característico cráter central de violación (igual que as restantes), fora xa obxecto de numerosos saqueos coas conseguintes fochancas o que motivou a deslocalización dos ortostatos da súa cámara funeraria e ad dispersión dos restos do enxoval e das ofrendas que acompañaban ós defuntos.

Mámoa da Anta do Couto. Localizada o pé dunha portela de paso natural aproveitada polo decurso da Vía Nova, esa condición de fito mesmo vai acompañada por un valado superposto a ela, que ademais facilita a súa

Page 28: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

localización, dado que o valado non fai senón retratar a topografía da antiga mámoa, co seu tamén moi común cráter de violación.

Castelo da Vila. As hoxe ruínas do Castelo de Araúxo son unha boa mostra do poder exercido pola Igrexa Auriense sobre estas terras, cando menos dende o ano 1176 en que o rei Fernando II doa ó bispo de Ourense don Alfonso este castelo como pago polos moitos servizos prestados á

monarquía.

O castelo asenta sobre un pequeno cabezo con grandes penedos no seu cumio – ó que se adaptarías as murallas, os cubos e a torre da homenaxe- dende o que garantía así un perfecto control das terras que dominaba, exercendo sobre elas a autoridade política, eclesiástica e militar. Ó seu carón discorría a Vía Nova e outras vías de comunicación co nacente reino de Portugal – xurdido no século XII-. Por iso o castelo non só tería como fin protexer os dominios da Sé Auriense, senón tamén a defensa contra os inimigos exteriores, entre os cales estaba o reino de Portugal.

O Castelo foi obxecto de intervencións arqueolóxicas e os materiais procedentes delas sitúan a súa vida entre o século XII e a segunda metade do século XV cando coñece a súa destrución violenta. Estes materiais son variados e diversificados, representados a nivel de formas cerámicas: olas, tarteiras… numerosos son tamén os achados numismáticos correspondentes ós últimos momentos de vida do castelo, con moeda castelá e portuguesa. Este é o caso dos reais brancos e dos medios reais de vellón de Joao I de Portugal como moedas máis antigas, mentres que entre as máis recentes están os ceitís de cobre de Alfonso V de Portugal e os diñeiros e cuartillos de vellón de Enrique IV de Castela.

As ruínas do “Castelo” mostran unha tipoloxía dun castelo de rocha levantado nunha zona con boas defensas naturais, reforzados con murallas, torreóns e un foso escavado na rocha. A súa existencia parece ser que data do século XII e a súa destrución tamén con tódalas cautelas parece coincidir coa segunda guerra irmandiña (finais do século XV). Xogou un importante papel no curso das guerras da primeira independencia de Portugal. Ten ademais unhas magníficas vistas dende a parte máis elevada.

Ponte Ganceiros. Próxima ó Castelo localízase a, hoxe asolagada, Ponte de Ganceiros, sobre o río Salas nas que o intradós do arco presenta numerosas marcas de canteiro. A súa orixe probablemente deba vincularse a

Page 29: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

ese momento de bonanza económica da Diocese Auriense na segunda metade do século XII.

Necrópole de Manín. Dende o século XII as reliquias de Santa Eufemia son veneradas na Catedral Auriense. Múñoz de la Cueba, bispo no s. XVIII, sitúa o martirio da Santa na serra que leva o nome da Virxe. Narra o relato haxiográfico, a aparición do corpo no lugar do Campelo. Descuberto por unha pastora, foi inmediatamente trasladado á ermida próxima de Manín. Alí permaneceu durante un tempo ata que o bispo de Ourense quixo trasladalo a Sé. Isto contou coa oposición do prelado de Braga, que visto a veneración que recibía, queríao para a súa diocese. Para dirimir o preito acordaron que o corpo se colocase sobre un carro de bois salvaxes e estes decidisen a dirección; dirixíronse cara a cidade de Ourense. Xunto ó corpo, as reliquias da saba en que foi envolto e o anel que portaba, foron reclamo de peregrinación cara a sé auriense, onde é copatroa con San Martiño.

No ano 1990, desenvolveuse unha escavación na Capela de Santa Eufemia e no lugar do Campelo, por riba desta, deixando ó descuberto dúas necrópoles cunha secuencia de enterramentos que iría dende a etapa prerrománica da ermida, ss. IX-X, ata que parte da construción da igrexa é trasladada ó veciño Aceredo no s. XVIII. No interior da ermida gárdase unha estela discoidea da época medieval con decoración xeométrica.

A Vía Nova. Na marxe oriental da bacía do río Caldo. Un dos máis grandes monumentos construídos polo Imperio Romano foi o conxunto de calzadas coas que os romanos conectaron a maior parte do mundo entón coñecido. A Vía Nova é unha calzada de orixe romana que tivo un papel fundamental na vertebración territorial da Galicia romana ó

complementar a pinza viaria que ata entón conformaban as vías XVII e XIX, construídas baixo o mandato do emperador Augusto a comezos do século I dC. Por iso, fronte a estas calzadas máis antigas, recibiu tamén no seu momento a denominación de nova en canto que foi rematada no ano 80 (co emperador Tito) coincidindo co forte pulo romanizador da dinastía flavia. A Vía Nova e un extenso xacemento arqueolóxico de traza lineal.

Salienta pola súa amplitude, a súa escasa pendente e a comodidade e rapidez do percorrido convértena nunha obra mestra da enxeñería romana. Por iso, nesta difícil zona de montaña foi construída “rañando” a ladeira e xerando o

Page 30: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

menor volume de obra posible, de tal xeito que a vía se converte en canteira de si mesma: media vía se explana na ladeira e a outra media se aterraplena cos materiais procedentes da explanación amparándose nun muro de contención ou de acompañamento, que se ben chega ata nós xa moi destruído, nalgúns puntos mesmo sobrepasaría os 2 m de altura.

Os restos arqueolóxicos da calzada, con mellor ou peor estado de conservación segundo as zonas, pódense percorrer hoxe o Concello de Lobios nunha distancia de case 12 quilómetros, ban na súa totalidade, ben mediante itinerarios parciais que, ademais, nos permiten coñecer outros patrimonios, distintos do arqueolóxico, como son, fundamentalmente, o natural, o arquitectónico, o etnográfico e mesmo o inmaterial. A visita debe levar, en todo caso, a paraxes tan significativas como a Lama do Picón, As Mouruás, O Chan dos Pasteroques, A Ponte Nova, A Pala Falsa, A Trincheira, A Corga da Fecha, a mansio Aquis Originis, A Baraceira, A Xeira, O Chan do Muíño, A Laixiña, A Portela de María ou O Chao das Quintás.

Restos do muro de acompañamento na Corga da Fecha.

A Portela do Home. Trátase de fitos construídos na época dos romanos, situados na fronteira con Portugal, que servían para sinalar as distancias ó longo da Vía XVIII. Pedras cilíndricas que serven para marcar as distancias (cada milla había un miliario), e moitos deles teñen inscricións nas que se rendía culto ás divindades e ás autoridades. O estudo destas inscricións permite comprender o grao de simbiose entre as divindades locais e as romanas. A

existencia de numerosos miliarias nesta zona dea lugar a discusión entre numerosos arqueólogos.mentres uns consideran que se debe a que nas proximidades no que se elaboraban, outros achacan a súa existencia ó feito de que ó tratarse dunha zona non moi habitada non houbo a necesidade de reutilizalos en obras posteriores.

Na Portela do Home compréndese moi ben a importancia estratéxica da Vía Nova e a súa condición de verdadeira obra de enxeñaría en canto que cruza unha zona montañosa polo punto que mellor podía facelo: o paso da Portela, situado entre as Serras do Xurés ó este e Santa Eufemia ó Oeste ó tempo que comunica dúas bacías – a dos ríos Homen, en Portugal e a do río Calo en Galicia- no cal as súas augas termais foron tamén aproveitadas polos propios romanos.

Page 31: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Muíños en Lobios.- Un  muíño  é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o  trigo  e o millo, para obter  fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ó xirar segue

a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase  moa.

Para mover a pedra utilizábase neste concello fundamentalmente a enerxía hidráulica.

No Concello de Lobios, salientan os muíños ás marxes dos ríos Vilameá, Mao e tamén do río Caldo.

Muíños do río Vilameá, pertencente á conca hidrográfica do Río Limia. No seu percorrido, pódense  contemplar doce muíños distribuídos do seguinte xeito: cinco ó longo da marxe esquerda do río e os sete restantes na marxe dereita, todos eles restaurados. Entre o conxunto dos muíños hai dous con tellado de pedra, outro deles é de madeira con palla de centeo (colmo) e o resto son de madeira e tella. Os muíños son os seguintes:

1. Muíño da Ponte Nova.2. Muíño do Tenro.3. Muíño Novo.4. Muíño da Filgueira do Meio.5. Muíño da Filgueira de Riba.6. Muíño do cubo de Riba (o que aparece na imaxe).7. Muíño do Cubo do Meio.8. Muíño do Cubo de Baixo.9. Muíño da Sela I.10.Muíño da Sela II.11.Muíño da Laixiña.12.Muíño ó pé da luz.

Muíños do río Mao. Atópanse na parroquia de Manín. Este río, que desemboca no Limia, discorre polas ladeiras da Serra de Santa Eufemia, e os muíños construídos ó longo do seu curso (uns vinte) moían o grao dos pobos de Manín, Ludeiros, Compostela e Aceredo. Os muíños que pertencían á aldea

Page 32: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

de Aceredo quedaron case todos baixo as augas do embalse de Lindoso (uns oito).

Este muíños recuperados co esforzo dos veciños, deixaron fai anos de moer. Moitos deles aínda se atopan en condicións para de poder facer fariña, para outros, o tempo transcorrido xa lles pasou factura. De calquera xeito, son un vivo exemplo do que supuxeron para a subsistencia das xentes destes lugares.

Todos eles están construídos con materiais propios da zona, sendo o granito o gran aliado, incluso se pode atopar algúns exemplares con toda a súa estrutura de pedra (teito incluído). Tamén son todos eles de rodicio dadas as características da zona.

Os muíños deste río incluídos na ruta son:

1. Muíño do Flores (reflectido na imaxe).2. Muíño do Domingo do Flores.3. Muíño do Gaiteiro.4. Muíño do Carixa.5. Muíño do Cé Martíns.6. Muíño Novo.7. Muíño do Moscas.8. Muíño da Estrela.9. Muíño da Maranteira.10.Muíño da Ferreira.

Muíños no río Caldo. Neste río tamén se atopan varios muíños:

- Os muíños do Freixeiro, semiescondidos entre un monte de ribeira, son dous muíños de rodicio, de reducidas dimensións.

- O muíño do crego, na confluencia do rego da Corga da Fecha e o río Caldo, tal e como se aprecia na imaxe da dereita.

Chivana do Chan da Vella. No tramo medio- alto do val do río Vilameá. Dende o Neolítico o pastoreo de rabaños foi un dos piares da economía rural nas áreas de montaña, esta actividade deu lugar a aparición de edificacións especializadas vencelladas ó gando. Entre as construcións

Page 33: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

que se poden atopar nas serras destacan pola súa curiosidade e interese os refuxios para os pastores e o gando. No Xurés chámanse chivanas e curros a estas estruturas de carácter austero e sinxelo destinadas a resgardar os rabaños das alimañas e ós pigureiros das inclemencias do tempo. Son polo xeral recintos de pedra cunha ou máis cabanas de forma circular e teito de terróns ou en falsa bóveda, de grosos muros e un único e cativo acceso arquitrabado. A desaparición das formas tradicionais de gandería converten a estes espazos en auténticos “fósiles” da arquitectura tradicional.

Canastros de Padrendo. A elaboración do pan é un ciclo moi complexo que da lugar a tipos de construcións moi especializadas. Na localidade de Padrendo salientan as eiras que son espazos abertos moitas veces lousados que se empregan para mallar e aventar o grao. Pero sobre todo destacan os canastros, vencellados a miúdo coas eiras en lugares altos e ventilados, serven aínda hoxe de almacén de grao e resgardo da humidade e dos ratos.

Fornos. É de mencionar o forno de Padrendo, construído en 1836, no que se cocía o pan de millo ou de centeo. Era un espazo comunitario e, como tal, un lugar de encontro dos veciños. Nestes fornos péchase o ciclo da elaboración do pan, que tanto privados como comunais, sempre foron lugar de reunión dos veciños e escenarios de

contos e cantigas.

Adegas de Vilameá. O cultivo das cepas xunto coa elaboración do viño deixou importantes pegadas na paisaxe de Lobios. Os socalcos, adegas, os lagares e máis os emparrados caracterizan en gran medida os núcleos rurais do Concello. Vilameá acolle unha boa mostra desta arquitectura especializadas de adegas escavadas na rocha que conservan o viño a temperatura constante, tamén algúns lagares de pedra, hoxe practicamente en desuso que caracterizaban ás áreas vitivinícolas de Galicia. Espazos nos que se aproveitan ás veces antigos marcos miliarios romanos da Vía Nova como pesas para as prensas ou piares de portas, bancos ou mesas.

Page 34: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Socalcos de Gustomeau. Os socalcos son unha técnica agrícola moi estendida en Galicia en xeral e no municipio de Lobios en particular dado que con ela se conseguen gañar nas pronunciadas pendentes novos eidos de cultivo. Os socalcos consisten nunha técnica mixta de escavación e aterraplanamento a favor duns muriños de contención que terminan ofrecendo unha paisaxe de chanzos, máis a súa construción esixe un enorme traballo, non só para facelos, senón tamén para o seu correcto mantemento pois como estruturas lábiles tenden a esborrallarse cedo se non se velan a cotío.

En Gustomeau pódense ver bos exemplos desta técnica agrícola, coa que os veciños conseguiron roubar ás fortes pendentes da vertente meridional do río Cabaleiro algunhas hectáreas de terras chás que as máis das veces se usan como pequenas hortas, pero nas que tampouco fallan algunhas vides.

Outras cousas que ver

Colección etnográfica da Casa de Padrendo. No pobo de Padrendo existen diversas ofertas da iniciativa privada relacionadas co patrimonio

etnográfico entre as que se inclúen unha casa, unha adega e un forno restaurados a modo de museo etnográficos. De entre todos eles , destaca a casa xa que nela, se ten a posibilidade de viaxar ó pasado e

ver os apeiros que usaban os nosos avós. A casa conta con dous andares nos cales pódense ver as ferramentas que usaban os nosos avós para traballar os campos, como sachos (formada por un mango de madeira moi longo rematado nun extremo cunha peza de metal de catro dentes), o mallo (utensilio formado por dous paus, un longo, a mangueira, e outro máis curto, a pértega, unidos por unha correa. Usábase para mallar os cereais ou os legumes), angazo (consta dun mango longo e unha travesa con dentes. Pode ser de madeira ou de ferro. Serve para xuntar ou espallar a herba, tamén a palla, as follas, o estrume… nalgunhas zonas recibe o nome de engazo), gadaña, fouciñas, arados, rastrillos, cestos,… así como utensilios usados para a elaboración do pan como a peneira (instrumento circular de madeira. O seu fondo consiste nunha trama de metal ou seda, pola que pasan os cereais para separar a parte aproveitable da que non o é… tamén se pode ver unha desgranadora do millo e o carro (usado para levar esterco, ir á herba para os animais, ó toxo, á leña, para levar os aparellos de labranza para as terras,… era o medio de transporte dos nosos avós), o xugo (peza de madeira que se coloca no pescozo dos animais de tiro para enganchar o carro). A visita é máis que recomendada.

Page 35: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Museo Numismático de Lobios. Está situado no baixo da Casa do Concello de Lobios. A idea de crear un Museo Numismático permanente no concello de Lobios, xurdiu no verán de 1993 de D. Xaime Paz, veciño de Compostela – Lobios, coleccionista e numismático, co gallo dunha

exposición temática de moedas de Galicia, feita no que hoxe é o local do Museo Numismático. O seu desexo viuse cumprido o día 30 de xullo de 1996, data na que D. Manuel Fraga Iribarne, o Presidente naqueles momentos da Xunta de Galicia, inaugura oficialmente o Museo Numismático de Lobios.

Nel pódese atopar dende moedas da Grecia antiga (AL 22), século III a. C., da República Romana (TRIENTE) do 211 a. C., Moeda Ibérica (AS de bronce) do 180 a 20 a.C., moeda Ibérica (DENARIO de prata) do 120- 30 a. C. ata a actualidade, cronoloxicamente ordenadas.

O horario de visita é de luns a venres de 9 a 14 horas.

A Mina das Sombras. Na cabeceira do río Vilameá, cerca da fronteira con Portugal existen antigas minas de wolframio, nas que a mineralización se atopa asociada a extensos diques de cuarzo. Activas ata a década dos 70 do pasado século, as labouras mineiras comezaron cara a 1936 con grandes calicatas a ceo aberto que perseguían a mineralización a favor de diques de cuarzo, para pasar despois cara 1952 a unha minaría subterránea da que aínda pode

verse a bocamina (hoxe pechada). Xunto a esta destacan o ruinoso barracón dos obreiros e máis as oficinas administrativas. Nos refugallos poden atoparse cristais de wolframita, casiterita, molibdenita, bismuto nativo e berilo, ás veces azulado aínda que sen chegar a producir a variedade de augamariña.

Centro de Visitantes do Parque Natural Baixa- Limia Serra do Xurés. O Centro de Interpretación atopase situado na Sede do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, Lugar Estrada de Portugal, S/N.

Las fotografías expuestas en estas páginas y sacadas en el Centro de Interpretación del Parque Natural te enseñarán este fabuloso lugar, sin moverte de casa.

Aquí pódense observar os pobos que forman parte desta zona protexida, os Concellos que o compoñen, así como as diversas zonas do Parque

Page 36: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

destacadas segundo o seu valor ecolóxico. Todo elo axudado dun panel de botóns que ó ser activados indican ó lugar que buscamos cunha luz na maqueta.

O Centro de Interpretación ofrece la oportunidade de familiarizarse co Parque, coñecelo a través de imaxes, sonidos ou cheiros; recopilando a información precisa para adentrarse logo nos seus rincóns cheos de vida e cor. Despois chega a hora de dar renda solta ós sentidos.

O Balneario de Lobios. Atópase xunto á marxe oriental do río Caldo, inmediatamente ó norte da localidade de Torneiros.

As augas destes mananciais xorden a unha temperatura media de 66,7ª e con un caudal de 10 l/s.. Por iso, non pasaron inadvertidas ós viaxeiros da cercana Vía Nova romana ou Vía XVIII que deberon utilizalas e malia que non hai datos de que construíran unha grande instalación termal, no ano 2002, coincidindo coas obras do balneario actual, si se atopou nelas unha ara dedicada ás ninfas.

As augas termais xorden a favor dunha gran fractura que corta a un macizo de granitos biotíticos con grandes cristais de feldespato potásico. Esta falla é aproveitada polo río Caldo para encaixar na súa canle, o que explica o seu trazado rectilíneo dende a Portela do Home ata o

sur de Vilameá, e a súa continuación no lado portugués orixina outras importantes termas na localidade de Caldas do Geres.

Composicionalmente son augas bicarbonatadas sódicas, fluoradas e de mineralización moderada na que destaca o seu alto contido en sílice. A análise dos seus xeotermómetros mostra que a súa temperatura en profundidade alcanza os 135 ºC, o que supón que o seu almacén se atopa entre os 3 e os 4 Km de profundidade.

O balneario actual está dotado das máis modernas instalacións e conta con 86 habitacións sen ningún tipo de barreiras arquitectónicas. Posúe, ademais, restaurante, cafetería, sala de lectura, sala de xogos, garaxe e parque infantil.

O Balneario, aínda que está unido ó hotel, ten dúas entradas, unha exterior e outra interior.

Contan cun manancial de augas bicarbonatadas sódicas que se poden administrar por vía tópica ou oral tras ser sometidas a un proceso de enfriamento. As augas de Riocaldo están especialmente indicadas para

Page 37: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

procesos crónicos dixestivos, respiratorios, reumatolóxicos e curas de diuresis. Ademais, as características das augas, fanas idóneas para o desenvolvemento de tratamentos estéticos e curas de estrés.

O Balneario está dividido en dúas plantas: na primeira planta aplicanse técncias de hidroterapia. Para incentivar a comunicación entre os asistentes diseñouse o Termarium, un espazo no que se poden desenvolver diferentes técncias en grupo: termas de calor seco e húmido, duchas aromáticas. Masaxes tonificantes, jacuzzi, piscina termal de relax e sillóns térmicos. No Termarium reprodúcense técnicas que soían utilizar antigamente os romanos nos seus balnearios. Nesta planta tamén se atopa a piscina termal interior, equipada con chorros de pescozo de cisne, chorros subacuáticos, e con unha maravillosas vistas á montaña do Xurés.

Na planta baixa o cliente pode disfrutar dun ambiente máis sosegado para unha correcta aplicación de técnicas de masoterapia e estética. Ademais das cabinas de masaxes e estética, este espazo tamén conta cun ximnasio no que se poden desenvolver técnicas de fisioterapia, así como táboas de exercizo físico (bicicleta, cintas mecánicas, etc.)

Albarizas. Trátanse dunhas construcións de pedra de forma circular, realizadas co fin de resgardar as colmeas, que se atopan no seu interior, de posibles ataques de animais). As da imaxe situadas no camiño que nos conduce ata a Corga da Fecha, preto do muíño.

Xurés activo. Situado na Portaxe,9 con nº de telf: 697689635. Actividades: piragüismo, sendeirismo, rutas a cabalo, parque aventura, paintball, rutas todoterreo…

Cabras do Xurés. Gandería ecolóxica situada en Vilameá connº de telf: 605080015. O produto consiste en queixo de cabra elaborado con leite cru e de maneira artesá.

As actividades consisten en visitas guiadas da explotación e charlas explicativas do proceso de elaboración do queixo.

Page 38: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Cooperativa ecolóxica Serra do Xurés. Mel do Xurés. Está localizada na estrada de Portugal S/N en Lobios. O nº de telf é 666854945 e o produto consiste na elaboración de mel de produción ecolóxica.

Un alto no camiño

Unha mostra da cultura dos pobos son as súas festas. Co cal sería moi interesante visitar o municipio e facer unha parada nalgunha destas festas populares.

No concello de Lobios tódalas localidades teñen o seu día grande, no que salientan entre outras as de:

O 5 de xaneiro, a Cabalgata de Reis. Finais de febreiro ou principios de marzo celébrase o entroido. En

Lobios, é festivo o martes de Entroido. O primeiro domingo de pascua – Virxe da Reguenga en San Paio e

San Bieito en Grou. O segundo domingo de Pascua – Virxe do Pilar en Ganceiros. O 24 de xuño – San Xoán de Xendive. O 11 de xullo – Romaría de San Bieito en Grou. 22 de xullo ou domingo seguinte celébrase a Feira da Magdalena. 26 de xullo – Sampaio. 29 de xullo- Santa Marta en Grou. 6 de agosto – Ardenoite en Grou. 7 e 8 de agosto, festa do San Mamede en Grou. 13 de agosto, a Carretada en Lobios. 15 de agosto, a romaría da Virxe en Riocaldo. 16 e 17 de agosto, Romaría de San Roque en Cimadevila de Lobios. Penúltimo domingo de agosto- Festa dos callos.

En novembro, celébranse os magostos. Festa popular galega, na que se celebra o outono. O viño novo, os produtos da matanza e as castañan son un bo pretexto para facer unha festa cos amigos e veciños.

Existen varios lugares para repostar forzas:

Page 39: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

Onde durmir

- Lobios Caldaria. Hotel de 4 estrelas situado en Riocaldo S/N. Telfs: 902492401/ 988448440

- Hotel Lusitano. Hotel de 1 estrela en Cruces, 47. Telfs: 988448028/ 658829405

- Hotel AV. Hotel apartamento de 2 estrelas, na estrada de Portugal, 61 en Lobios.

- Apartamentos turísticos Vía Nova. Apartamentos dunha chave nas Pedreiras: Telfs: 988448413/ 693831639

- Casa rural da Barreira en Padrendo. Telf: 988448573- Casa rural Samartiño en Vilameá. Telf: 625471202- Casa rural Rosalía en Pazos. Telfs: 988448407/ 659187690- Casa rural Baralló en Casal do Souto. Telf: 988434566/ 607459200- Pensión as Termas. Pensión residencial de dúas estrelas nos Baños.

Onde comer

- Restaurante Vía Nova. Restaurante 2ª categoría de tres garfos, nos Baños de Riocaldo. Telf: 988448440

- Restaurante Lusitano. Restaurante de 4ª categoría de 1 garfo en Cruces 47. Telfs: 988448028/ 658829405

- Restaurante Casa do Aceite na Portaxe 9. Telf: 988448138- Mesón Riocaldo. Resaturante de 4” categoría de 1 garfo en Bubaces de

Riocaldo, 1. Telfs: 988448137/ 608521387- Restaurante Grill Luma. Cafetería de 1 taza en Cruces. Telf: 988448119- Pizzería- hamburguesería- pastelería “O cubano” na Estrada de Portugal

82, en San Miguel de Lobios. Telf: 988448002- Restaurante a Madalena. Restaurante de 4ª categoría de 1 garfo na

Madalena 1. Telfs: 988302941/ 653536594- Casa rural Rosalía. Restaurante de 1ª categoría de 4 garfos en pazos.

Telfs: 988448407/ 659187690

Onde tapear

- Bar SAN- BAR- TOLO-MEU, na estrada de Portugal, 74 en Lobios. Telf: 988448184

- Bar- cafetería- cyber “Frayma”, na estrada de Portugal,29 en Lobios. Telf: 988448102

- Bar “Stop” en Ferreiros de Grou. Telf: 626816881

Page 40: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view2010. 12. 30. · Por Lobios discorre o último tramo do río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra de Leboreiro e os

No Concello de Lobios existen varios bares e cafeterías, entre eles:

- Bar “Chispa”, na estrada de Portugal 67, en Lobios. Telf: 988448070- Cafetería- pub Lusitano, na estrada de Portugal 65, en Lobios. Telf: - Cafetería- pub Barivan, na Carreira de Grou. Telf: 988434310- Bar Recreativa, na Carreira de Grou, 1. Telf: 988434303- Bar Lamela, en Ganceiros. Telf: 988448280- Bar Os Cazadores, nos Baños de riocaldo. Telf: 609471236- Bar Freiro, en Sampaio. Telf: 988407655- Bar- tenda Emi, en Sampaio. Telf: 988407655- Bar “O Valoiro” no Valoiro. Telf: 663141263