VOU CRECENDO E XA ESTOU EN PRIMARIA

4
Vou crecendo…… E xa estou en primaria De Educación Primaria Primeiro ciclo DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN E EQUIPO DE TITORES As- pectos básicos do desenvolve- mento do neno -a. Pautas de traba- llo co fillo/a. Como colaborar co Centro PODERAS COÑECER

description

CARACteristicas 1º ciclo de EP

Transcript of VOU CRECENDO E XA ESTOU EN PRIMARIA

Page 1: VOU CRECENDO E XA ESTOU EN PRIMARIA

Vou crecendo…… E xa estou en primaria

De Educación Primaria

Primeiro ciclo

DEPARTAMENTO DE

ORIENTACIÓN E EQUIPO DE

TITORES

As-

pectos básicos

do desenvolve-

mento do neno-a.

Pautas de traba-

llo co fillo/a.

Como colaborar

co Centro

PODERAS C

OÑECER

Page 2: VOU CRECENDO E XA ESTOU EN PRIMARIA

Aprende e emprega novos codigos que lle conducen á lecto-escritura como medio de comunicación, aínda que teñan algúns erros.

Inicia novos usos da linguaxe: Cambia a súa forma de falar, en función do en-torno no que se atope. É capaz de crear e usar conceptos con precisión A conversación e o dialogo pasan a ser o eixe da súa aprendizaxe.

Pouco a pouco vai centrándose na realidade, distinguíndoa da fantasía Aprende a partir de experiencias concretas e ben definidas sobre todo median-

te a manipulación de obxectos. É capaz de organizar, relacionar, clasificar iguales-diferentes, sempre entre ob-

xectos e situacións da súa realidade mais habitual. Pensa en termos de feitos-consecuencias, analiza os cambios que se producen no

seu entorno. Comezan a definir os seus rasgos persoais: aficións, gustos, etc.. É capaz de pensar e de expresarse mediante símbolos, o que lle permite poder

adquirir a lectoescritura e o cálculo.

VOU CRECENDO…… Página 2

Ao longo deste ciclo mellora o seu equilibrio e coordinación de movementos.

Mellora o control da súa manipulación, o que lle permita afianzar as actividades gráficas: escritura, pintura, debuxo.

Disfruta manipulando obxectos; atráenlle as actividades que fan coas mans (pinturas, plastilinas, tixeiras, construcións, etc) e afianza a precisión na súa realización.

É capaz de estar longo rato sentado/a ante a actividade.

Sentate con el ou con ela: lede xuntos e par-

ticipa nas súas conversacións

ENSINALLE A OB-SERVAR E RESPON-DE AS SÚAS PRE-GUNTAS.

Page 3: VOU CRECENDO E XA ESTOU EN PRIMARIA

PRIMEIRO CICLO

Ríspeta o seu ritmo de aprendizaxe: cada neno/a aprende de maneira diferen-te.

Fomenta a comunicación en ambientes diferentes para que poida entender as diferentes situacións sociais.

Educa nos valores fundamentais de tolerancia, ríspeto, solidari-dade.

Darlle responsabilidades con normas concretas nas que saiba cla-ramente que esperamos de el.

Iníciao/a en hábitos e rutinas domésticas: dedicar un tempo a letura, ordear os seus materiais

Axúdalle a ter a autoestima adecuada valorando as súas posibili-dades e ofrecéndolle a oportunidade de demostrar os seus lo-gros.

Foméntalle o gusto pola letura. Dálle pautas para ver os programas de TV e control de videoxogos. Ensínalle a razoar mediante xogos: “Vexo-Vexo”, Adiviña quen é”, etc.

A familia segue sendo o punto de apoio básico para desenvolverse.

A escola proporcionalle novas situacións sociais por isto asume novos papeis, deixa de ser o centro e volvese mais responsable, aprende a poñerse no lugar dos outros.

Aprende a percibir e respetar as diferenzas individuais.

Interesase pola realidade social.

Os pais e nais sodes os principias pilares educativos, evitade deixar e s t a responsabil idade en outras persoas.

Página 3

Faille participar nas diferentes situacións sociais.

Page 4: VOU CRECENDO E XA ESTOU EN PRIMARIA

Mantede coherencia educativa entre os pais: Consesuade as vosas normas, que deberán ser claras, firmes e dialogadas con el/ela.

Debe ser capaz de asumir as responsabilidades que lles asignemos, por isto debedes esforzaros para que as cumpra.

Axudalle a crear rutinas que desenvolvan os seus hábitos de traballo escolar.

Evitade comparacións cos irmáns ou con outros nenos ou nenas: Todos son distintos, e alcanzan as mesmas etapas en momentos diferentes.

Segue as orientacións dos titores, para mello-rar o seu aprendizaxe.

Acode ás reunións de pais e nais

Segue as normas que o Centro estableza

CPI DE PANXÓN Camiño dos lagos nº 1 36340 Panxón-Nigrán

Teléfono: 986365963/64 Fax: 986366313 Correo: [email protected]

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

E EQUIPO DE TITORES

O r g a n i z a c i ó n