Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV)...

29
0 2018 Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e animais INFORME REGAVIVEC 2018

Transcript of Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV)...

Page 1: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

0

2018

Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades

humanas e animais

INFORME REGAVIVEC 2018

Page 2: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

1

En cumprimento do acordo de informar periodicamente á Dirección Xeral de Saúde Pública

(CONSELLERÍA DE SANIDADE), e á DXGAIA, ao amparo do convenio de colaboración para a

“Vixilancia das carrachas, vectores de Enfermidade Humana e Animal” subscrito entre as

Consellerías de Sanidade e do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de

Compostela, o Grupo de Investigación COPAR (GI-2120; USC) presenta o seguinte informe

técnico, no que se pormenorizan os resultados obtidos ata a data, relacionados coa cláusula

terceira do devandito convenio e que versa sobre:

Protocolos de captura de carrachas.

Localización de puntos de interese para o período de mostraxe.

Traslado e identificación das especies capturadas no laboratorio de Zoonoses e Saúde

Pública da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela

Se describen os resultados da toma de mostras realizada durante o ano 2018.

Page 3: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

2

Índice

1.- Importancia sanitaria das carrachas e ciclo biolóxico .............................................................. 3

2.- Plan de traballo do primeiro ano ............................................................................................. 7

2.1. Métodos de captura de carrachas no ambiente ................................................................ 7

2.2. Recollida de carrachas nos hospedeiros .......................................................................... 11

2.3. Clínicas veterinarias.......................................................................................................... 11

2.4. Centros de Saúde ............................................................................................................. 12

2.5. Centros de Recuperación de Fauna Silvestre ................................................................... 12

3.- Resultados da captura de carrachas ...................................................................................... 13

3.1. No ambiente ..................................................................................................................... 13

3.2. En campamentos xuvenís ................................................................................................. 17

3.3. En hospedeiros ................................................................................................................. 19

4.- Conclusións ............................................................................................................................ 24

5.- Bibliografía ............................................................................................................................. 25

6.- Anexos .................................................................................................................................... 27

Page 4: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

3

1.- Importancia sanitaria das carrachas e ciclo biolóxico

As carrachas constitúen un grupo de artrópodos de suma importancia; son parasitos obrigados

e a súa picadura ocasiona directa e indirectamente graves problemas, xa que á acción

hematófaga hai que engadir a súa participación como vectores que transmiten virus, bacterias

ou protozoos. O principal obxectivo do presente traballo consiste no estudo das especies de

carrachas de Galicia e da súa intervención na transmisión de zoonoses, coa perspectiva de

achegar información á Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC).

Existe unha gran diversidade de carrachas que se clasifican como Ixódidos ou carrachas duras

e Argásidos ou carrachas brandas. Na familia Ixodidae inclúense a meirande parte das

carrachas de interese en medicina humana e animal, que presentan un ciclo biolóxico longo e

complexo, con tres hospedeiros. As larvas emerxen dos ovos depositados no chan e

aliméntanse sobre o primeiro hospedeiro, normalmente micromamíferos, caen ó chan e

mudan a ninfas que se alimentan dun segundo hospedeiro. Finalmente, voltan a caer ó medio

e convértense en adultos que buscan un terceiro hospedeiro para inxerir sangue e realizar a

posta de ovos en gretas, fendiduras, follaxe… A partir deste momento, as femias poden vivir

algúns días e despois morren. Os principais hospedeiros das carrachas adultas son animais de

maior tamaño (ovellas, vacas, corzos, cabalos, cans, raposos). Este ciclo condiciona a aparición

de brotes das enfermidades que transmiten, correspondéndose cos períodos de alimentación

das carrachas. Na Figura 1 amósase un esquema do ciclo.

Fig. 1. Ciclo biolóxico das carrachas. (1: Ovos; 2: Larva; 3: Ninfa; 4: Adulto).

1

4

2

3

Page 5: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

4

Actualmente estase a pensar que as carrachas superan a outros artrópodos en canto á

variedade de axentes infecciosos que poden transmitir (Sonenshine et al., 2014). Entre as máis

importantes atópanse a Enfermidade de Lyme, Febre botonosa do mediterráneo,

Anaplasmosis, Babesiosis, Encefalite infecciosa transmitida por carrachas, Tularemia e

Ehrlichiosis, entre outras. Todas estas enfermidades son transmisibles tanto a home como a

animais.

Ademais do importante papel que desenrolan as carrachas como vectores, as súas picaduras

poden producir reaccións tóxicas severas, reaccións alérxicas graves e mesmo parálises por

picadura de carrachas (Pienaar et al., 2018)

As zoonoses relacionadas coas picaduras de carrachas están en aumento en toda Europa,

incluída España, o que pode deberse á subida gradual das temperaturas a causa do cambio

climático (Gray et al., 2009). Os vectores artrópodos, como os mosquitos e as carrachas, non

posúen mecanismos de termorregulación e a súa supervivencia está estreitamente ligada ás

variacións de temperaturas (JPatz et al. 2005), sendo especialmente sensibles ós cambios

ambientais do seu entorno. Un exemplo atópase no cambio de distribución xeográfica de

Ixodes ricinus en Europa, a cal se espera que nuns anos chegue a alcanzar zonas do centro e

norte onde non existían datos sobre a súa presenza (Alkishe et al., 2017). En Galicia, a

presenza de I. ricinus atópase asociada a zonas Atlánticas atenuadas, onde os veráns son

tépedos e os invernos húmidos (Estrada-Peña et al., 1992), condicións que poden verse

afectadas polo cambio climático, debido a unha previsión de aumento da temperatura ao

redor de 2-3ºC (Álvarez et al., 2011), que podería favorecerá unha maior presenza deste

vector. Situación parecida ocorre con Dermacentor reticulatus. Diversos estudos suxiren que

durante estas tres últimas décadas o seu rango de distribución aumentou particularmente en

Alemaña, que era un dos puntos cara ao norte onde se freaba a distribución desta especie

(Gray et al., 2009). Estes cambios de distribución parecen afectar a máis especies de carrachas

presentes en España, como é Hyalomma marginatum, principal vector da Febre hemorráxica

de Crimea-Congo, cuxa distribución se espera que se estenda a áreas onde non se coñecía esta

especie (Portillo et al., 2018).

Do mesmo xeito que existe unha tendencia cara o aumento da distribución destas especies de

carrachas, tamén hai un aumento progresivo de enfermidades que vehiculan, como se

comentaba anteriormente. Con respecto á enfermidade de Lyme, enfermidade causada polo

patóxeno Borrelia burgdorferi é transmitida por I. ricinus, esta tendencia crecente apréciase no

aumento da casuística da enfermidade no territorio galego (Treviño et al., 2018). Diferentes

Page 6: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

5

estudos conclúen que no futuro o cambio climático ademais de facilitar a dispersión de este

patóxeno, fará mais frecuente os casos en áreas que xa se atopan afectadas (Lindgren et al.,

2006). Cómpre mencionar que a aparición de enfermidades transmitidas polas carrachas está

influenciada pola globalización, que fai que as viaxes, as migracións, os transportes de

mercadorías, etc. sexan interaccións complexas que contribúen á aparición de enfermidades

en zonas onde non existían (Tabachnick, 2010). Como se coñece, na península ibérica é

endémica a presenza da especie Hyalomma marginatum, non así a do nairovirus causante da

Febre hemorráxica Crimea-Congo; malia todo, rexistráronse casos de mortes en humanos que

non saíran de España, o último caso no verán de 2018.

Aínda que non sexa o único, un determinante necesario para a existencia da enfermidade é a

presenza da especie de carracha capaz de portar o patóxeno (Semenza et al., 2018). É por isto

que resulta de especial interese a vixilancia da distribución dos diferentes xéneros e especies

de carrachas para así poder establecer plans de prevención fronte a estas enfermidades.

Nestre primeiro ano realizáronse recollidas de mostras para identificar e establecer una

distribución das especies destes vectores en Galicia.

Existen achados no norte de España sobre a presenza de Anaplasma phagocytophilum,

Borrelia burgdorferi, y Babesia microti (Portillo et al., 2011; Vanhomwegen et al., 2017).

Ademais, detectouse recentemente a circulación do virus da Encefalite Equina Transmitida por

Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante

esta situación, preténdese neste ano en curso continuar coa recollida e identificación de

carrachas, e ademais investigar a vehiculación de patóxenos. Nunha primeira fase utilizaranse

kits para a detección de anticorpos fronte a A. phagocytophilum, B. microti, Borrelia

burgdorferi e TBEV en sotos de cabalos e cans (animais centinela), e posteriormente en

carrachas recollidas en zonas identificadas como positivas en función dos resultados obtidos

nos animais centinela.

Page 7: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

6

Na seguinte táboa (Táboa 1) resúmense as especies de carrachas máis abundantes e as enfermidades que poden vehicular.

Táboa 1. Especies de carrachas e súa capacidade vectorial.

Page 8: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

7

2.- Plan de traballo do primeiro ano

Recolléronse exemplares do ambiente nas catro provincias galegas, prestando especial

atención ás localizacións indicadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública (Campamentos

xuvenís e áreas recreativas) e ao Camiño de Santiago. Ademais, recolléronse carrachas

directamente dos hospedeiros (animais e persoas) coa colaboración de diversos centros (Fig.

2).

Fig. 2. Métodos de obtención das mostras.

Tendo en conta que as condicións climáticas inflúen no ciclo vital da maioría das especies,

neste traballo tívose en conta o mes no que se realizou a toma de mostras, para establecer a

época do ano na que se detectaban as distintas fases evolutivas das carrachas atopadas.

2.1. Métodos de captura de carrachas no ambiente

Os métodos máis empregados para colleitar carrachas do ambiente son o da bandeira e o do

arrastre de manta; o seu fundamento é o mesmo e a elección depende da altura da

vexetación. A bandeira utilízase cando a herba está alta (Fig. 3), e se o terreo permíteo, resulta

máis cómodo e eficaz arrastrar a tea. En ambos os casos débese revisar a tea de maneira

•Mostras do ambiente das catro provincias Galegas

•Campamentos xuvenís

Captura de carrachas por contacto directo coa

vexetación

•Centros de Saúde

•Clínicas veterinarias

•Veterinarios de campo

•Centros de Recuperación de Fauna Silvestre

•Particulares

Recollida de carrachas nos hospedeiros

Page 9: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

8

sistemática cada 20 metros, aproximadamente (se na zona hai moita densidade de carrachas é

mellor revisar cada 5 metros).

Normalmente, as carrachas sitúanse entre a herba

e a maleza das marxes dos camiños, en espera dun

posible hospedeiro, polo que as mostraxes

realizáronse en carreiros onde se sospeita da

presenza de animais silvestres, áreas recreativas de

mascotas ou prados con animais en pastoreo.

Para que estos métodos de captura sexan eficaces,

o terreo debe estar seco, xa que se se molla ou

arrefría a manta, as carrachas non se engancharán

a ela.

Por iso elixíronse días nos que non chovese e horas de captura na vexetación nas que a herba

non estivese mollada.

Para recuperar as carrachas utilízanse pinzas, e os exemplares introdúcense en tubos

identificados coa data da mostraxe e a localización. A estes tubos asígnaselles un código, que

debe coincidir co da ficha de campo (Anexo 1). Ao finalizar, a tea se garda nunha bolsa de

plástico debidamente pechada xunto co tubo que contén as carrachas e conxélanse, xa que o

frio extremo mata as carrachas sen estragalas, permitindo a súa posterior identificación.

En función das dimensións da tea, a superficie a mostrear e do tempo empregado na

mostraxe, pódese determinar a densidade de carrachas na zona seleccionada. Por iso, é

importante fixar un tempo determinado de arrastre de tea, dependendo da superficie total

disponible. Estes datos indicaranse nas fichas de campo. Tamén é necesario proporcionar

datos sobre:

• Zona de recollida (Termo municipal, provincia e coordenadas).

• Temperatura.

• Tipo de vexetación.

• Humidade relativa.

• Hora de chegada.

• Tempo dedicado á mostraxe.

Fig. 3. Método da bandeira.

Page 10: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

9

En total, tomáronse mostras do ambiente en 24 puntos. No seguinte mapa (Fig. 4) figuran as

zonas de captura de carrachas na vexetación co método de arrastre. Antes de comezar coa

mostraxe nestas zonas, cubríanse unas fichas con todos os datos relacionados coa contorna

que poderían suscitar interese (Anexo 1).

Fig. 4. Mostraxes nas catro provincias galegas e localización dos campamentos seleccionados.

Campamentos

Zonas de interese

Page 11: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

10

Na seguinte táboa resúmense todos os puntos de recollida. Prestouse especial atención ás zonas recreativas utilizadas por persoas que pasean con cans e é

por iso que se mostran resaltadas en negriña (Táboa 2).

Táboa 2. Puntos de mostraxe.

Lugo Ourense Pontevedra A Coruña

Lugo

(Campus universitario)

Cortegada

(Balneario e

arredores)

Vilanova de Arousa

(Albergue As Sinas)

Betanzos

(Monte de Caraña)

Lugo

(Paseo Rio Rato)

Bande

(Embalse das

Conchas)

Forcarei

(Campamento

Pontemaril)

Arteixo

(Villarrodris)

O Cádavo (Camiño de Santiago

Primitivo)

Celanova

(Matadeiro

municipal)

Arbo

(Paseo fluvial Miño)

Sada

(Regato de Fontoira)

Castroverde

(Camiño de Santiago

Primitivo)

Celanova

(AG-31)

As Neves

(Praia fluvial do Sela)

Frades

(Ponte Carreira)

Muras

(Viveiró)

Ridabavia

(Área fluvial de

recreo)

Ponteareas

(Rañe de abaixo)

Portomarín

(Embalse de Belesar)

Ponteareas

(Ponte das Partidas)

Sarria

(Rio Sarria)

Fillaboa

(Ponte de Fillaboa)

Monforte

(Parque dos Condes)

Page 12: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

11

2.2. Recollida de carrachas nos hospedeiros

Tendo en conta que as carrachas necesitan inxerir sangue para poder mudar de estadio,

recolléronse exemplares coa axuda de:

Centros de Saúde.

Propietarios particulares de animais.

Clínicas Veterinarias.

Veterinarios de Campo (grandes animais).

Centros de Recuperación de Fauna Silvestre.

Alumnos da Facultade de Veterinaria de Lugo.

2.3. Clínicas veterinarias

No seguinte mapa (Fig. 5) mostrase a localización das clínicas veterinarias galegas que

colaboran neste estudo.

Fig. 5. Localización das clínicas veterinarias.

Page 13: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

12

As carrachas obtivéronse sobre todo de cans e en menor medida de gatos, cabalos, vacas,

animais silvestres e coellos. As mostras das clínicas foron recollidas polos membros do equipo

de investigación.

2.4. Centros de Saúde

A Dirección Xeral de Saúde Pública contactou con diferentes centros de saúde solicitando a súa

colaboración e ofrecendo axuda na identificación das carrachas. Deste xeito clasificáronse 25

exemplares remitidos ao laboratorio de Zoonoses e Saúde Pública da Facultade de Veterinaria

de Lugo polos seguintes centros:

Centro de Saúde de Ortigueira (A Coruña).

Centro de Saúde de Abadín (Lugo).

2.5. Centros de Recuperación de Fauna Silvestre

Os Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Galicia son instalacións habilitadas pola

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para a rehabilitación de animais

silvestres que son atopados feridos. Neste traballo contamos coa colaboración de:

CRFS O Veral (Lugo).

CRFS Oleiros (A Coruña).

CRFS Cotorredondo (Pontevedra).

Os técnicos encargados do coidado dos animais realizaron una revisión coidadosa en busca de

carrachas. Para a súa extracción utilizaron pinzas que non estragan o aparello bucal, clave para

a identificación. As carrachas posteriormente gárdanse en tubos cun código que leva asociada

una ficha con todos os datos necesarios para a realización deste estudo, e conxélanse.

Periodicamente un traballador do centro levou as carrachas ao laboratorio (Anexo 2).

Page 14: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

13

15

110

R. sanguineus I. ricinus

3.- Resultados da captura de carrachas

3.1. No ambiente

Recolléronse un total de 125 carrachas, atopándose os seguintes estadios do ciclo biolóxico:

ninfas e adultos (machos e femias). Identificáronse 2 xéneros e especies:

- Riphicephalus sanguineus

- Ixodes ricinus

Fig. 6. Número total de carrachas atopadas no medio.

Estudos recentes realizados no noroeste da Península Ibérica indican I. ricinus é a carracha

máis abundante (Remesar et al., 2019). Despois de ver a suma das recollidas, pódese observar

que a especie máis prevalente foi I. ricinus. A continuación, reflíctese en táboas a presenza das

especies de carrachas segundo a súa localización (Táboas 3 e 4).

Page 15: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

14

Táboa 4. Número total de carrachas atopadas no medio en Ourense e Pontevedra.

Provincia Ourense Pontevedra

Localidade Cortegada Bande Celanova Ribadavia As

Neves Vilanova de Arousa Arbo Ponteareas

Resultado mostraxe √ X √ X X X X

Especies atopadas

R. sanguineus: 3 femias 2 machos TOTAL: 5

R. sanguineus: 3 femias I. ricinus: 1 femia 1 macho 10 ninfas

TOTAL: 15

Estrada-Peña et al. (2017), describiron que as carrachas máis abundantes nas zonas húmidas do norte de España son D. reticulatus e I. ricinus, sendo esta

última asociada a zonas de maior humidade,mentres que R. sanguineus pódese atopar ao longo de todo o país. Os datos achegados neste informe indican a

mesma tendencia na distribución, xa que mostraron una maior prevalencia I. ricinus na provincia de Lugo (máis húmida e fría), mentres que R. sanguineus

observouse con maior frecuencia na provincia de Ourense (máis cálida).

Táboa 3. Número total de carrachas atopadas no medio en A Coruña e Lugo.

Provincia A Coruña Lugo

Localidade Betanzos Arteixo Sada Frades Lugo O Cádavo Castroverde Muras Sarria Monforte Portomarín

Resultado mostraxe X X X X X √ √ X X √ X

Especies atopadas

I. ricinus: 47 femias 5 machos TOTAL: 52

I. ricinus: 2 femias 44 ninfas

TOTAL: 46

R. sanguineus: 5 femias 2 machos TOTAL: 7

Page 16: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

15

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

100

110

120

Mai'18 Xun Xull Ago Sep Out Nov Dec

Nº carrachas

R. sanguineus I. ricinus

A pesar de que I. ricinus parece ser a máis prevalente en Galicia, as especies Dermacentor

marginatus y D. reticulatus detéctanse de maneira esporádica cando se eralizan mostraxes do

medio mediante o método do arrastre de manta (Remesar et al., 2019). No noso caso,

utilizando este método de captura, non puidemos atopar exemplares de D. reticulatus en

ningunha das provincias, aínda que constatamos a súa presenza nas mostras recollidas

directamente dos hospedeiros, onde D. reticulatus ocupa o segundo posto en abundancia,

como se reflicte máis adiante. Isto pode deberse ás condicións climatolóxicas de 2018, onde

nos atopamos cun outono e inverno máis cálidos e menos húmidos do habitual en Galicia

(Meteogalicia, 2018-2019).

No seguinte gráfico represéntanse as especies atopadas durante os meses de mostraxe (Fig. 7).

Fig. 7. Número total de carrachas atopadas no medio durante os meses de recollida.

É importante coñecer o estadio no que se atopan os exemplares obtidos. Desta maneira

poderanse coñecer os ciclos biolóxicos ao longo do tempo. Noutros estudos levados a cabo no

medio co uso do método de bandeira ou de arrastre de manta obtivéronse maior cantidade de

estadios inmaduros (larvas e ninfas) que de carrachas adultas (machos ou femias) como

Barandika et al. (2010). No noso caso, obtivéronse un total de 54 ninfas e 71 adultos (10

machos e 61 femias), e non se atoparon larvas.

Page 17: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

16

43%

8%

49%

57%

Ninfas Adultos Machos Femias

Fig. 8. Porcentaxe de ninfas e adultos atopados no medio.

Fig. 9. Macho (esquerda) e femia (dereita) de I. ricinus. Vistas dorsal (1) e ventral (2).

Fig. 10. Macho (esquerda) e femia (dereita) de R. sanguineus. Vistas dorsal (1) e ventral (2).

1 2

1 2

Page 18: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

17

3.2. En campamentos xuvenís

“Campamento Xuvenil Pontemaril”

Data da mostraxe: 22 de agosto de 2018.

Fig. 11. Ubicación do “Campamento Xuvenil Pontemaril”. (Fonte: Google Maps).

O campamento atópase no concello de Forcarei (Pontevedra), situado nunha zona boscosa na

que viven animais silvestres. O exterior desta contorna reúne características idóneas para que

se completen os ciclos biolóxicos das carrachas, grazas á súa abundante vexetación. No recinto

interno a vexetación atópase moi pisada e recotada. Dado que se realizan actividades dentro e

fóra do recinto, a mostraxe por arrastre fíxose por ambas zonas, dedicándolle máis tempo á

zona exterior debido á súa extensión e á maior probabilidade de atopar carrachas.

Resultados da mostraxe. Observacions

Os resultados desta mostraxe resultaron negativos, o que corrobora a información dos últimos

anos acerca da ausencia de parasitación por carrachas nos nenos que acoden ao campamento,

nos monitores ou no persoal. Con todo, tendo en conta a súa idoneidade para o

desenvolvemento das carrachas, sería interesante realizar futuras mostraxes nunha época

onde as temperaturas non fosen tan altas.

Page 19: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

18

“Albergue Xuvenil As Sinas”

Data da mostraxe: 18 de agosto de 2018.

Fig. 12. Ubicación do “Albergue Xuvenil As Sinas”. (Fonte: Google Maps).

Trátase dun albergue localizado nunha zona urbana, polo que a vexetación non é adecuada

para o ciclo das carrachas. Ademais, o centro atópase entre o mar e a estrada, polo que

tampoco é habitual a presenza de animais. No interior do recinto as tarefas de xardinería e o

continuo paso de persoas impiden que a vexetación medre.

Resultados da mostraxe. Observacions

Os resultados desta mostraxe resultaron negativos. A técnica empregada para a captura de

carrachas foi de arrastre con tea branca. Percorreuse toda a zona interior do campamento do

mesmo xeito realizou mostraxe nunha área lindeira con abundante vexetación.

En base ás condicións que presenta este albergue, non parece probable a infestación por

carrachas neste campamento, o que unido á falta de denuncias en anos previos, leva a

considerar de pouco interese volver a realizar mostraxes de novo nesta zona.

Page 20: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

19

3.3. En hospedeiros

Grazas á colaboración de hospitais, clínicas veterinarias e particulares, obtivéronse un total de

1539 carrachas procedentes de Galicia. As especies atopadas foron as seguintes (Fig. 13):

- Ixodes ricinus

- Dermacentor reticulatus

- Rhipicephalus sanguineus

- Rhipicephalus bursa

- Rhipicephalus (Boophilus) annulatus

- Dermacentor marginatus

- Rhipicephalus (Boophilus) microplus

- Haemaphysalis spp.

Fig. 13. Número total de carrachas atopadas nos hospedeiros.

319

567

248

2 317 21

1

D. reticulatus

I. ricinus

R. sanguineus

D. marginatus

Haemaphysalis

R. bursa

R. annulatus

R. microplus

Page 21: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

20

Ao ter en conta a provincia de procedencia das (Fig. 14), os resultados reafirman os obtidos na

mostraxe por arrastre de manta, e a presenza de I. ricinus é máis abundante nas provincias do

norte, Lugo e A Coruña. Hai que destacar que nestas dúas provincias diagnostícanse máis casos

de enfermidade de Lyme en persoas, e que o vector de Borrelia burgdorferi sensu lato é I.

ricinus (Pazos Ferro et al., 2010). Na Rioxa atopouse una porcentaxe de vectores infectados

entre o 11 y el 28%, similar ao atopado en zonas de alta endemicidad de Centroeuropa (2-30,3

garrapatas/100 m2) infectadas por Borrelia (B. garinii, B. burgdorferi sensu estricto, B. afzelii, B.

valaisiana y B. lusitaniae), existindo correlación entre a densidade de carrachas e a densidade

de carrachas infectadas.

Fig. 14. Representación das carrachas atopadas nos hospedeiros según a súa provincia.

Segundo a European Network for Surveillance of Tick-Borne Diseases. Unité des Rickettsies, a

ecoepidemiología de B. burgdorferi sensu lato é moi complexa e constitúe un exemplo claro da

dificultade que supón a loita fronte ás enfermedades transmisibles por carrachas, debido

principalmente ao gran número de vertebrados aos que pode parasitar o seu vector, ás

diferentes especies de Borrelia e á presenza de carrachas que actúan como vectores. A

humidade constitúe un factor limitante, polo que é abundante na zona norte da Península

Ibérca e esporádica no resto, limitándose os seur requirimentos, como é o norte de Galicia.

0

20

40

60

80

100

120

140

160

180

200

220

240

Lugo Ourense Pontevedra A Coruña

Nº de carrachas

D. reticulatus I. ricinus R. sanguineus

D. marginatus Haemaphysalis R. bursa

Page 22: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

21

0

20

40

60

80

100

120

140

Mai'18 Xun Xull Ago Sep Out Nov Dec

Nº de carrachas

I. ricinus D. reticulatus R. sanguineus

D. marginatus R. microplus R. annulatus

Haemaphysalis R. bursa

Con respecto á presenza de R. sanguineus, observouse que a súa prevalencia aumenta nas

provincias do sur de Galicia (Pontevedra y Ourense).

As mostras achadas das especies Dermacentor marginatus, Haemaphysalis spp. y

Rhipicephalus bursa foron puntuais, atopándose una mostra representativa na provincia de

Lugo.

Na Fig. 15 reperséntase a fenoloxía das carrachas atopadas, observándose una clara

dominancia da especie I. ricinus seguida de D. reticulatus, en coincidencia cun estudo pervio de

infestación por carrachas en corzos en Galicia (Vázquez et al., 2011). Pola contra, no sur da

península, Estrada-Peña et al. (2017) comprobaron que a carracha máis frecuente en cans era

R. sanguineus.

Fig. 15. Fenoloxía das carrachas atopadas nos hospedeiros ao longo dos meses.

Page 23: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

22

En relación coas especies identificadas, establecéronse diferentes picos de actividade:

-D. reticulatus: presenta unha diminución da súa actividade durante os meses máis calorosos

(xullo e agosto), aumentando a súa prevalencia no outono (outubro e novembro).

-I. ricinus: atopouse ao longo de todo o ano, pero o seu período de maior actividade coincide

coa diminución da presenza de D. reticulatus. Isto parece indicar que os períodos de actividade

das devanditas especies son inversamente proporcionais.

-R. sanguineus: ao contrario que as outras especies mencionadas parece presentar una maior

pervalencia nos meses de setembro e novembro (finais de verán e durante o outono),

decaendo a súa prensenza no inverno.

En estudos anteriores comprobouse que os cans, corzos e cabalos en Galicia sufrían

infestaciones por Ixodes spp. y Dermacentor spp. especialmente no outono-inverno. Postos en

comunicación con veterinarios clínicos de pequeos animais, indicaron que ata fai un-dous anos

a babesiosis canina alcanzaba una incidencia anual en Galicia do 17%, apreciándose dous

máximos ao longo do ano, o primeiro nos meses de marzo-abril e o segundo en novembro, que

coinciden cos períodos de máxima actividade de Dermacentor e Rhipicephalus. Estes clínicos

sinalan que este ano detectaron casos de babesiosis canina ao longo de todo o ano.

Con respecto ás outras especies atopadas (D. marginatus, R. microplus, R. annulatus,

Haemaphysalis spp. y R. bursa) non se dispuxo de suficientes exemplares para poder

establecer una prevalencia ao longo do tempo.

Se falamos sobre os estadios recolleitos durante as mostraxes en hospedeiros, atopámonos

ante un total de 227 estadios inmaduros (7 larvas e 270 ninfas) e 1262 individuos (808 femias e

454 machos). Neste caso, as cifras atopadas (Fig. 16) son comparables a outros estudos de

campo, como Vázquez et al 2011, obtiveron altas porcentaxes de exemplares adultos (82,2%),

cifras similares ás obtidas neste estudo (82%).

Page 24: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

23

0,5%

17,5% 29,5%

52,5%

82%

Larvas Ninfas Adultos Machos Femias

Fig. 17. Macho (esquerda) e femia (dereita) de D. reticulatus. Vistas dorsal (1) e ventral (2).

Fig. 16. Porcentaxe de larvas, ninfas e adultos atopados nos hospedeiros

2 1

Page 25: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

24

4.- Conclusións

Dacordo cos resultados obtidos neste estudo, queda demostrada a presenza en Galicia de

carrachas I. ricinus, D. reticulatus, R. sanguineus, R. bursa, R. (Boophilus) annulatus, D.

marginatus, Haemaphysalis spp y R. (Boophilus) microplus.

Todas as especies atopadas son vectores de enfermedades con gran potencial zoonótico e de

gran importancia en Salúde Pública, como Anaplasmosis, Enfermidade de Lyme, TBEV e

Babesiosis, todas elas con presenza demostrada no noso país.

Por iso deben ser obxecto dunha vixilancia epidemiolóxica constante, que permita coñecer a

súa distribución na nosa comunidade, avaliar o risco existente e establecer programas de

vixilancia adecuados fronte a vectores e axentes etiolóxicos implicados.

Page 26: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

25

5.- Bibliografía

Alkishe AA., Peterson AT., Samy AM. 2017. Climate change influences on the potential

geographic distribution of the disease vector tick Ixodes ricinus. PLoS One. 12 (12): e0189092.

Álvarez V., Taboada JJ., Lorenzo MN. 2011. Cambio climático en Galicia en el siglo XXI:

Tendencias y variabilidad en temperaturas y precipitaciones. ACT 2, 65-85.

Barandika JF., Hurtado A., Juste RA., García-Pérez AL. 2010. Seasonal dynamics of Ixodes ricinus

in a 3-year period in northern Spain: first survey on the presence of tick-borne encephalitis

virus. Vector Borne Zoonotic Dis. 10(10): 1027-35.

Estrada-Peña A., Osácar JJ., Gortázar C., Calvete C., Lucientes J. 1992. An account of the ticks of

the northeastern of Spain (Acarina: Ixodidae). Ann Parasitol Hum Comp. 67 (2): 42-9.

Estrada-Peña A., Roura X., Sainz A., Miró G., Solano-Gallego L. 2017. Species of ticks and

carried pathogens in own dogs in Spain: results of a one-year national survey. Ticks Tick Borne

Dis. 8(4): 443-452.

García-Bocanegra I., Jurado-Tarifa E., Cano-Terriza D., Martínez R., Pérez-Marín JE., Lecollinet

S. 2018. Exposure to West Nile virus and tick-borne encephalitis virus in dogs in Spain.

Transbound Emerg Dis. 65(3): 765-772.

Gray JS., Dautel H., Estrada-Peña A., Kahl O., Lindgren E. 2009. Effects of Climate Change on

Ticks and Tick-Borne Diseases in Europe. Interdiscip Perspect Infect Dis. 2009: 593232

Lindgren E., Jaenson T. 2006. Lyme Borreliosis in Europe: Influences of Climate and Climate

Change, Epidemiology, Ecology and Adaptation Measures.

Meteogalicia. Informe climatolóxico inverno 2018-2019. Xunta de Galicia, consellería de medio

ambiente e ordenación do territorio.

Meteogalicia. Informe climatolóxico outono 2018-2019. Xunta de Galicia, consellería de medio

ambiente e ordenación do territorio.

Patz JA., Campbell-Lendrum D., Holloway T., Foley JA. 2005. Impact of regional climate change

on human health. Nature. 438 (7066): 310-7.

Page 27: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

26

Pazos Ferro A., Matesanz Fernández M., Rubal Bran D., Iñiguez Vázquez I., Rabuñal Rey R.,

Monte Secades R. 2010. Enfermedad de Lyme en el área sanitaria de Lugo. Galicia Clin. 71(1):

7-14.

Pienaar R., Neitz AWH., Mans BJ. 2018. Tick Paralysis: Solving an Enigma. Vet Sci. 5(2).

Portillo A., Pérez-Martínez L., Santibañez P., Palomar AM., Oteo JA. 2011. Anaplasma spp. in

wild mammals and Ixodes ricinus from the north of Spain. Vector Borne Zoonotic Dis. 11(1): 3-

8.

Portillo A., Ruiz-Arrondo I., Oteo JA. 2018. Artrópodos vectores en España y sus enfermedades

transmisibles. Medicina Clínica (English edition). 151 (11): 450-459.

Remesar S., Fernández PD., Venzal JM., Pérez-Creo A., Prieto A., Estada-Peña A., López CM.,

Panadero R., Fernández G., Díez-Baños P., Morrondo P. 2019. Tick species diversity and

population dynamics of Ixodes ricinus in Galicia (noth-western Spain). Ticks Tick Borne Dis.

10(1): 132-137.

Semenza JC., Suk JE. Vector-borne diseases and climate change: a European perspective. 2018.

FEMS Microbiol Lett. 365 (2).

Sonenshine DE., Roe RM. 2014. Biology of ticks, volume 1.

Tabachnick WJ. Challenges in predicting climate and environmental effects on vector-borne

disease episystems in a changing world. J Exp Biol. 213:946–54.

Treviño Castellano M., Navarro de la Cruz D., Trastoy Pena R. 2018. Serología de Borrelia

burgdorferi y diagnóstico de la enfermedad de Lyme en el área sanitaria de Santiago de

Compostela (Galicia, Spain): 2006-2016. Med Clin (Barc). 151 (4): 162-163.

Vanhomwegen J., Beck C., Desprès P., Figuerola A., García R., Lecollinet S., López-Roig M.,

Manuguerra JC., Serra-Coba J. 2017. Circulation of zoonotic arboviruses in equine populations

of Mallorca Island (Spain). Vector Borne Zoonotic Dis. 17(5): 340-346.

Vázquez L., Panadero R., Dacal V., Pato FJ., López C., Díaz P., Arias MS., Fernández G. Díez-

Baños P., Morrondo P. 2011. Tick infestation (Acari: Ixodidae) in roe deer (Capreolus capreolus)

from northwestern Spain: population dynamics and risk stratification. Exp Appl Acarol. 53(4):

399-409.

Page 28: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

27

6.- Anexos

MUESTREO EN EL MEDIO

Fecha de recogida de garrapatas:

Nº de garrapatas:

1- DATOS ZONA DE RECOGIDA:

Término municipal: Provincia:

Coordenadas:

2- DATOS AMBIENTALES:

Temperatura: Tipo de vegetación:

Humedad:

3- DATOS DE MUESTREO:

Hora de llegada:

Tiempo de muestreo:

4- CLASIFICACIÓN DE GARRAPATAS:

Género Especie Machos Hembras Ninfas Larvas

Amblyomma

Boophilus

Dermacentor

Haemaphysalis

Hyalomma

Ixodes

Rhipicephalus

Anexo 1

Page 29: Vixilancia de carrachas vectores de enfermidades humanas e … · 2019-04-23 · Carrachas (TBEV) en España, a través dun estudo en cans (García-Bocanegra et al., 2018). Ante esta

INFORME ReGaViVec-2019

28

1.- DATOS DEL PROPIETARIO:

NOMBRE:………….………..…………………..…..…..…………………TELÉFONO:………………………………..

TÉRMINO MUNICIPAL: ……………..…..…...……………………..PROVINCIA: ……………………………..

2- DESCRIPCIÓN DEL ANIMAL:

RAZA:…………………………………………………………………… CAPA/PELAJE:………………………………….

SEXO: Macho Hembra EDAD:……………..

APTITUD: Compañía Granja Otros

ESTADO CORPORAL:

Muy delgado Delgado Normal Gordo Muy gordo

LESIONES CUTÁNEAS:………………………………………………..

DESPARASITACIONES:…………………………………………..

3.- DESCRIPCIÓN DEL ENTORNO EN QUE VIVE EL ANIMAL:

FECHA: …………………….LOCALIDAD: …………………………………………………..

TÉRMINO MUNICIPAL: ……………...…..…...……………………………PROVINCIA: …..…….………………………..

AMBIENTE:

Urbano Rural Semirrural

4.- CLASIFICACIÓN GARRAPATAS:

GÉNERO ESPECIE ADULTOS NINFAS LARVAS HEMBRAS MACHOS

Amblyomma

Boophilus

Dermacentor

Haemaphysalis

Hyalomma

Ixodes

Rhipicephalus

PERRO Nº: ……

Anexo 2