Visita de escritores

2
Esta poesía é de Antonio García Teijeiro. Fai unha ilustración tan fermosa coma ela. No mar plantei flores e nubes, e brillos de moitas colores. E o sol deu solpores e a lúa, raiolas de centos de cores. E as ondas maiores cos peixes pequenos falaban de amores. Amores de seda amores de cal escritos na area con verbas de sal.

description

Díptico informativo sobre Antonio García Teijeiro. Biblioteca E EDLG do CEIP ADR Castelao Rianxo.

Transcript of Visita de escritores

Esta poesía é de Antonio García Teijeiro.

Fai unha ilustración tan fermosa coma ela.

No mar plantei flores

e nubes, e brillos

de moitas colores.

E o sol deu solpores

e a lúa, raiolas

de centos de cores.

E as ondas maiores

cos peixes pequenos

falaban de amores.

Amores de seda

amores de cal

escritos na area

con verbas de sal.

Antonio García Teijeiro

naceu en Vigo no ano

1952. É un sentimental.

Un tolo con sombreiro

que quixera vivir á

marxe de moitas cousas,

pero preto da xente.

Ama o cine, en especial o cine no que todo

o mundo leva chapeu. A música é outra

das súas paixóns. Tanto lle ten a música

clásica, o jazz, ou o rock. Este home de

sombreiro tamén sente paixón pola

literatura de sentimentos. Acéndenselle os

ollos cando fala de poesía. Estaría

escribindo poesía cada hora, cada minuto,

se non fose porque ten que dedicarlle

tempo á escola, ós seus alumnos, un día si e

outro tamén. Enche de versos a súa

carteira, as súas clases e o seu corazón.

Os peixes de cores Honorato, o rato

namorado.

Lueiro de papel

Verbas de sal Ventos Recendos de aire

sonoro.

O cabalo de

cartón

Chove nos versos Na fogueira

dos versos