VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A...

12
VIGO 1972 A Hora da Verdade A longametraxe documental Un proxecto escrito e dirixido por Roi Cagiao

Transcript of VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A...

Page 1: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

VIGO 1972A Hora da VerdadeA longametraxe documenta

l

Un proxecto escrito

e dirixido por Roi Cagiao

Page 2: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

ÍNDICE>> Lenda de produción>> Memoria proxecto documental

· Introducción e breve descripción dos acontecentos do 72 · Obxectivo do proxecto documental · Sinopse argumental · Estrutura e contidos: Entrevistas, material gráfico e referencias

>> Perfil profesional do creador e productor>> Contacto

Page 3: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

LENDA DE PRODUCIÓNTítulo provisional / Vigo 1972. A hora da verdade

Xénero / Longametraxe documental histórico social

Formato gravación / HD

Proxecto documental de / Roi Cagiao

Producido por /Emilio J. Fernández

Productora /Arthur Gordon Agencia

Asesores históricos /José Gómez Alén e Alberto Alonso Gallego

Duración aprox. / 55’

Valores artísticos / Recreacións de época

Imaxes de arquivo fotográficase documentais da época

6 entrevistas a testemuños dosacontementos e a expertos

Más info: www.vigo1972.com

Page 4: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

MEMORIA PROXECTO DOCUMENTAL

Introducción e breve descripcióndos acontecementos

A cidade de Vigo protagonizou en setembro de 1972, tres anos antes da morte de Francisco Franco, unha folga xeral que durou máis de dúas semanas e convocou a miles de traballadores. As consecuencias máis inmediatas desta folga foi o despido de catro mil traballadores, aínda que ao final quedaron en catro-centos.

A folga de Vigo do 72 forma parte do suconsciente colectivo da sociedade viguesa e galega e que constituiu, xunto co 10 de marzo ferrolá, o fito principal na loita do pobo galego polas liberdades democráticas e os dereitos sociais no tramo final da ditadura, e na mesma participaron máis de corenta mil traballa-dores e traballadoras da bisbarra de Vigo.

A pertinencia dunha obra audiovisual en formato documental sobre estes feitos ven dada polo interese histórico e social dese momento. Unha historia moi interesante que analiza e des-enrola os datos e testemuños do acontecido apoiándonos en entrevistas de persoeiros que recordan esos acontecementos e de expertos que analizarán os feitos, ademáis de material audiovi-sual e fotográfico. Hoxe en día temos a posibilidade de contar con testemuñas reais deses días, aproveitando a experiencia en primeira persoa desta xente e achegando os acontecementos con veracidade para que esta historia a coñezan as xeracións máis novas e a recoñezan as xeracións máis maiores.

En definitiva, o feito de contar con a maioría dos protagonis-tas directos da folga constitue unha fonte documental de pri-meira orde. Existe ademáis unha considerable cantidade de mate-rial de arquivo: xornais nacionais e estranxeiros, emisións televisivas, documentación fotográfica, octavillas, etc.

Page 5: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

MEMORIA PROXECTO DOCUMENTAL

Introducción e breve descripcióndos acontecementos

A cidade de Vigo protagonizou en setembro de 1972, tres anos antes da morte de Francisco Franco, unha folga xeral que durou máis de dúas semanas e convocou a miles de traballadores. As consecuencias máis inmediatas desta folga foi o despido de catro mil traballadores, aínda que ao final quedaron en catro-centos.

A folga de Vigo do 72 forma parte do suconsciente colectivo da sociedade viguesa e galega e que constituiu, xunto co 10 de marzo ferrolá, o fito principal na loita do pobo galego polas liberdades democráticas e os dereitos sociais no tramo final da ditadura, e na mesma participaron máis de corenta mil traballa-dores e traballadoras da bisbarra de Vigo.

A pertinencia dunha obra audiovisual en formato documental sobre estes feitos ven dada polo interese histórico e social dese momento. Unha historia moi interesante que analiza e des-enrola os datos e testemuños do acontecido apoiándonos en entrevistas de persoeiros que recordan esos acontecementos e de expertos que analizarán os feitos, ademáis de material audiovi-sual e fotográfico. Hoxe en día temos a posibilidade de contar con testemuñas reais deses días, aproveitando a experiencia en primeira persoa desta xente e achegando os acontecementos con veracidade para que esta historia a coñezan as xeracións máis novas e a recoñezan as xeracións máis maiores.

En definitiva, o feito de contar con a maioría dos protagonis-tas directos da folga constitue unha fonte documental de pri-meira orde. Existe ademáis unha considerable cantidade de mate-rial de arquivo: xornais nacionais e estranxeiros, emisións televisivas, documentación fotográfica, octavillas, etc.

Obxectivo do proxecto documental

Os obxectivo principal do proxecto é a creación dunha longame-traxe documental de corte histórico no que, a través dos teste-muños persoais dos protagonistas e da información documental que existe, se retrate a cidade de Vigo e a Galicia da época na que ocurriron os feitos, e se reivindique a súa aportación fundamental á consecución das liberdades e dereitos sociais no tramo final da ditadura.

A folga do 72 en Vigo, ao contrario que a loita guerrilleira en Galicia,ou o 10 de marzo ferrolá non foi narrada de forma espe-cífica en ningunha obra documental, polo que é previsible o interese do mundo da cultura e da historiagrafía do movemento sindical e político por un filme que ven cubrir o valeiro exis-tente actualmente en relación a un dos prinicipais fitos do antifranquismo no noso país. A pesares da cantidade de documen-tais relacionados coa memoria histórica en Galicia producidos nos últimos anos, aínda non hai unha revisión cinematográfica que aborde específicamente a folga do 72.

A meirande parte dos protagonistas dos acontecementos seguen vivos constituíndo unha fonte directa de primeira orde e fácil acceso.

Existe ademáis unha considerable cantidade de material de arquivo en relación á folga do 72: xornais, emisións televisi-vas, documentación e octavillas dos folguistas.

Page 6: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

Sinopse argumental

O 10 de marzo de 1972 dous traballadores morren por disparos da policía en Ferrol. A conseguinte folga xeral nesa comarca e as manifestacións de solidariedade en Vigo fan considerar ás forzas antifranquistas que a cidade está “madura” para a reali-zación dunha folga xeral. O obxectivo último desta, alén dos específicos, sería contribuir á consecución da Folga Nacional Pacífica, unha folga xeral estatal indefinida, que remate coa ditadura.

O sábado 9 de setembro dese ano, a raíz da reivindicación da xornada de corenta e catro horas en Citröen (o “sábado inglés”), algunhas naves da factoría paran a súa produción. Seis traballadores son despedidos. O paro exténdese entón ao setenta por cento da fábrica.

Ao día seguinte nunha asemblea no monte da Madroa acórdase non volver ao traballo ata a readmisión dos despedidos.

O luns 11 de setembro os folguistas de Citröen saen en manifes-tación. O asteleiro Vulcano secunda o paro. Ao longo do martes e o mércores únense á folga a práctica totalidade dos traballa-dores das grandes empresas viguesas, uns quince mil traballado-res.

Chegan á cidade vehículos de brigadas especiais da Policía Armada. As cargas e as tedencións sucédense.

Xoves 14 de setembro. Cando os traballadores negocian na sede do Sindicato Vertical a policía entra, carga e practica varias detencións. Os traballadores cortan o tráfico na Praza de España, Teis e o Calvario. Os veciños apóianos, lanzando pedras e macetas, montan barricadas, etc. Varios policías e traballa-dores resultan feridos. Hai novas detencións. O conflito da un novo salto cualitativo: os traballadores convocan á cidade de Vigo á Folga Xeral o venres 15 e sábado 16. A folga xeral é un éxito. É secundada por uns 30.000 traballadores. A pesares da presión da clase obreira, a empresa Citröen non cede.

Luns 18. A folga continúa. Vigo é unha cidade sitiada pola policía e a Garda Civil. Supéranse as 80 detencións. A patronal da un ultimátum: quen non se reincorpore o xoves 21 será despe-dido. Os traballadores responden: seguirase coa folga ata a liberación dos detidos e a readmisión dos despedidos.

O xoves 21 de setembreo, catro mil traballadores son despedi-dos. Na dirección da folga dase entón un forte debate: seguir coa folga ou iniciar un replegamento organizado que minimice o dano, xa que os obxectivos acadáronse parcialmente (repercusión internacional, aumento da capacidade organizativa dos traballa-dores, deslexitimación do franquismo, etc..) Imponse esta última tese . Os traballadores incorpóranse progresivamente ao traballo, negociando a readmisión.

O mércores 23 de setembro a folga remata.

Page 7: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

ESTRUTURA E CONTIDOS

Entrevistas, recreacións e material gráfico.

Sen prexuízo da referencia a outros feitos acaecidos na xeogra-fía galega durante ese ano (nomeadamente o 10 de marzo ferró-lá), a folga xeral de Vigo de setembro de 1972 constituirá o groso temático do documental. A película abordará:

> Os antecedentes: contexto social e político; finalidade e natureza do movemento. > O desenvolvemento dos feitos: inicio e evolu- ción do conflito. > A resolución: finalización da folga e conse- cuencias da mesma; os seus efectos a medio e longo prazo e a súa pervivencia (ou non) na memoria colectiva.

A estrutura do filme na montaxe final non será necesariamente liñal cronolóxicamente. Entre os temas que pola propia natureza dos feitos serán tratados están os seguintes:

> Contexto social e político na Galicia dos 60-70. > O Vigo do ano 72: morfoloxía da cidade, valores e estilo de vida dos vigueses e viguesas. Idiosincracia da cidade de Vigo. > Grao de organización do movemento sindical e político antifranquista en Vigo durante os 60-70. Os distintos suxeitos polítos e sindi- cais na folga do 72. > A clase traballadora e o movemento sindical como motor da historia. > Estratexia, sistemas organizativos e de traba- llo na clandestinidade. > Os intelectuais e o movemento obreiro. > A aportación da muller no 1972 e na oposición á ditadura. > A conciliación do activismo político e sindical coa vida familiar. > Estratexia, sistemas organizativos e de traba- llo das forzas represivas franquistas. > Modalidades de represión: o cárcere, os despi- dos, as listas negras, a tortura. > Significado do acontecido en Vigo e Galicia na loita pola conquista dos dereitos democráticos e sociais no último tramo da dita- dura. Impacto estatal e europeo dos acontece- mentos de 1972

Page 8: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

A idea narrativa

A trama avanzará a través, cando menos, de catro fíos narrati-vos que se desenvolverán en paralelo ao longo da película.

> A versión das autoridades franquistas sobre os feitos (a través de gravacións cinematográficas e televisivas da época, emisións radiofónicas, xornais, etc...) > A visión das forzas políticas e sindicais que fomentaban a folga a través dos documentos e octavillas redactadas polas mesmas). > Un fío narrativo de carácter “obxectivo”a través da voz en off dun narrador. > A narración dos feitos a través do testimonio dos protagonistas (entre 6 e 8).

Cada un dos intervintes contaranos a súa “historia persoal” (cun principio, nó e desenlace) en relación ao 1972, consti-tuíndo así subtramas dentro da trama principal do desenvolve-mento da folga. A narración destes persoaxes “principais” verase complementada coas intervencións de persoaxes de menor relevancia dentro da trama.

“Galicia 1972. A hora da verdade” desenvolve a narración a través dun punto de vista múltiple, concatenando a interpreta-ción dos feitos dos disitintos axentes implicados nos acontece-mentos contrapoñendo e enfrentado uns aos outros.

A película, ademáis de divulgar uns feitos relevantes prentende captar a vivencia subxectiva dos mesmos polos seus protagonis-tas, os seus medos, as súas aspiracións e motivacións... Con esta finalidade alternaranse secuencias de tipo expositivo con outras de participativo e observacional, ou de carácter pura-mente musical e visual.

Empregaranse os seguintes contidos e recursos:

> Documentos, fotografías, publicacións e grava- cións cinematográficas e radiofónicas da época (as principais fontes de documentación a este respecto serán os arquivos da Fundación 10 de Marzo, CGAI e TVE en Galicia, xornais da época e publicacións dos folguistas). > Entrevista cun experto na materia. > Entrevistas con protagonistas dos feitos no lugar no que aconteceron, ou en lugares nos que desenvolven a súa vida cotía e que consecuente- mente os retratan. > Secuencias de recreación dos feitos que reco- llan aos protagonistas dos feitos realizando accións que contribúan a ilustrar os acontece- mentos narrados, ou a retratar a súa esencia. > Voz en off que axuda desenrolar certos datos apuntados polos entrevistados e para apoiar a narración audiovisual. > A música contemporánea aos acontecementos terá un papel crucial tanto á hora de evocar a época e os valores dos protagonistas dos feitos como de reforzar o carácter emocional de determina das secuencias. > Os efectos sonoros buscarán así mesmo recoller o ambiente sonoro da cidade, da época e dos acontecementos narrados funcionando en ocasións como reforzo dramático.

Page 9: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

As entrevistas

Os entrevistados para o documental posúen perfís diversos que tiveron certo protagonismo na folga, abordando así de forma natural unha gran multiplicidade de aspectos de xeito que a película gañe en dimensión.

Os intervintes son os seguintes: - Juan Bacariza e Francisco Lores. Dirixentes sindicais de Citroën na época. Bacariza era militante do PCG e un dos primeiros despedidos o 9 de setembro de 1972 e Lores naquel momento tamén na UPG, foi dos poucos non readmitidos na amnistia do 77. - Margarita Rodríguez e Pilar Pérez. Dirixentes sindicais da empresa de cerámica Álvarez. - Camilo Nogueira. Cofundador de Galicia Socia-lista que no 72 estaba integrada na UPG. Esasdatas era enxeñeiro da factoría Citroën. - Elvira Landín. Constitue en Vigo, xunto con Fernando Randulfe, o despacho de avogadosque defendería a maioría dos traballadores represaliados nas loitas sindicais dos 70 e aosdespedidos na folga do 72. - Carlos Barros. Responsable do Movemento Obreiro do Comité Local do PCG, quen redactouredactou moitas das octavillas asinadas polo Comité de Folga. - Juan Benavides. Dirixente sindical no sector do Naval na época da folga. - Waldino Varela. Dirixente sindical en Vulcano nese momento no que tiveron lugar osacontecementos. Gran relevancia como negociador no conflicto. - Carlos Núñez. Secretario do Consello Comarcal do PCG. Representa o significado político dos acontecementos. - Rafael Pillado. Dirixente sindical en Ferrol, foi testemuña directa dos feitos acontecidos no ’10 de marzo ferrolá’ en 1972.

O tratamento estético e a inspiración

A película artellarase principalmente a traves do material de arquivo (publicación, imaxes televisivas e fotográficas) e as gravacións realizadas exprofeso para o documental.

En relación ás das imaxes de arquivo, non se buscará exclusiva-mente o carácter narrativo e testinomial das mesmas senón explotar o seu valor simbólico e evocador. Acompañadas de música, utilizándoas por riba da voz en off dos intervintes, a través da montaxe, etc...

A gravación dos intervintes realizarase cunha iluminación pouco artificiosa pero coidada, atendendo ao clima emocional das secuencias e á valor connotativo das localizacións, das accións gravadas dos fenómemos metereolóxicos e do momento do día no que teñan lugar: a intimidade da noite no fogar, a mañá como momento de incertidume esperanza, a fábrica en ruínas coma signo do final dunha época, un chaparrón tras a disolución da manisfestación por parte da policía, etc...

No relativo á inspiración, temos que destacar unha serie de obras documentais como referencia tanto no desenrolo da escrita de guión como na posta en escena e realización dos contidos do documental. Temos que destacar a trioloxía titulada “La batalla de Chile” (Patricio Guzmán, 1972-79) e o documental “Harlan County” (Barbara Kopple, 1976) que narra o desenvolvemento dunha folga mineira nesa vila de Kentuchy.

En menor medida películas de ficción como “La batalla de Argel“ (Guillo Pontecorvo, 1965), “Z” (Costa Gavras, 1969) ou a recen-te “Infancia Clandestina” (Benjamín Ávila, 2011) constituirán tamén unha fonte de inspiración en relación ao enfoque, estru-tra e recursos narrativos a empregar.

Page 10: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

Roi Cagiao(guionista e director)

Roi Cagiao é o guionista e director do documental ’Vigo 1972. A hora da verdade’. A súas inquietudes co mundo da cinematografía levárono a formarse en estudos cinematográficos na EGACI, o que lle permitiu afrontar diferentes proxectos documentais e curta-metraxes. tanto nas tarefas de dirección como de guionización.

Ademáis destaca a súa experiencia como humorista gráfico. Foi o creador da serie de tiras satíricas “Cousas de Galicia e do mundo” publicada entre 2004 e 2006 no semanario galego “A Nosa Terra”, tarefa artística pola que foi premiado en varias oca-sións na ‘Bienal da Caricatura de Ourense`.

A continuación vai a listraxe dos últimos traballos realizados como director e guionista:

‘ERICH & SEBASTIAN’ (2007) / Curtametraxe de ficción. GUIÓN E DIRECCIÓN.

‘GRAN CURVA’ (2008) / Curtametraxe de ficción. GUIÓN E DIRECCIÓN.

‘O MEU NOME É LUIS FERREIRO’ (2010) / Longametraxe documental biográfico e histórico sobre o militan-te comunista durante o franquismo Luis González ‘Ferreiro’.Este documental aborda as cuestión relativas á loita antifran-quista en Galicia, como o período da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración. Proxecto que foi seleccionado en varios festivais com II Mostra Documental Docutopatía en 2011 ou o IX KO & Digital (Festival Internacional de Cine Solidario) en 2012. CODIRECTOR / COGUIONISTA.

Page 11: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

Emilio J. Fernández(productor audiovisual)Emilio J. Fernández ten unha ampla experiencia nas tarefas profesionais de produción, ademáis de guión e dirección de distintos traballos para televisión. A súa formación académica en Ciencias Empresariais permítenlle afrontar a xefatura de produción de distintos programas de televisión, ficción, documental e outros formatos audiovisuais.

O formato documental consta dos seguintes proxectos e tarefas desenroladas:

‘MALFADADO: O ALÉN DA LENDA’ (2004-2005) / Desenrolo de produción e escrita de guión para a serie de tele-visión de ficción coas lendas galegas como inspiración das historias. Subvencionado por la Xunta de Galicia.

JOSÉ GIL,FOTÓGRAFO E PIONEIRO DO CINE’ (2014) / PRODUTOR Documental biográfico e histórico sobre o fotógrafo José Gil.

‘O MEU NOME É CAMBA’ (2013) / Documental biográfico e histórico sobre o escritor e xornalista Julio Camba. DIRECTOR DE PRODUCCTOR / CODIRECTOR / COGUIONISTA.

‘A PAIXÓN DE MARÍA’ (2012) / Longametraxe de ficción e documental histórico sobre a Inquisi-ción Española e a persecución da bruxería en Galicia e España. Foi estrenada nos cines en Galicia en outubro de 2012. (www.-santainquisicion.com) PRODUTOR EXECUTIVO / CODIRECTOR / COGUIO-NISTA

‘A Illa de Don Didio’ (2008) / Documental histórico sobre as Illas Ons. PRODUTOR

‘A Arañeira’ (2008) / Documental histórico sobre a Segunda Guerra Mundial e a rede de espías que había en España e, sobre todo, en Galicia. PRODUTOR E DOCUMENTALISTA.

‘A Luz dos Ollos’ (2007) / Narra a vida e traballo do fotógrafo Pacheco. PRODUTOR

‘San Salvador’ (2007) / Documental histórico sobre o cárcere de Celanova na Guerra Civil. PRODUTOR

Page 12: VIGO 1972 A Hora da VerdadePRENSA+-VIGO...LENDA DE PRODUCIÓN Título provisional / Vigo 1972. A hora da verdade Xénero / Longametraxe documental histórico social Formato gravación

CONTACTO

Email:[email protected]

Teléfonos contacto: Roi Cagiao > 606275130 Emilio J. Fdez > 691580916