Viaxe a un pasado milagreiro

13

Transcript of Viaxe a un pasado milagreiro

Imos realizar unha viaxe ao pasado a través da arquitectura do espírito e da paisaxe natural que a envolve, trazando unha liña recta que nos obrigue a atravesar vales e ríos; e a ascender os montes de Monfero, Aranga, Sobrado e Toques. Son lugares tan fermosos como ocultos. Están entre o misterio da néboa, das lendas e do silencio roto pola canción das árbores onde se pousan os paxaros cantores.

PRIMEIRO MILAGRE: MONFERO. A APARICIÓN DA VIRXE

O Mosteiro de Monfero é un dos grandes monumentos relixiosos de Galicia. Para empezar, posúe unha igrexa con fachada barroca, que rematou de construírse no ano 1656. A fachada é única polo axedrezado dos seus sillares, nos que se alterna a lousa e o granito. Catro enormes columnas e dúas pilastras con capiteis corintios elévanse ata a cornisa superior. Os muros laterais están adornados tamén con pilastras que sustentan unha cornisa que percorre toda a igrexa.

Segundo as tradicións populares, apareceuse a Virxe da Cela nun monte próximo, onde xermolou unha fonte.

No encontro da nave principal coa do cruceiro álzase unha gran bóveda octogonal de gran perfección de estilo e trazado. No fondo do brazo norte do cruceiro está o retablo pétreo da Virxe.

SEGUNDO MILAGRE: ARANGA. A FONTE MILAGROSA

Seguindo o curso do Mandeo, río arriba,

chégase a ponte Aranga, de onde toma nome

este pequeno concello, onde sucede o segundo

Milagre, vinculado á auga dunha fonte.

Cando é Maio, de domingo a domingo,

primeiro e segundo do mes, concorren en

Aranga dúas romaxes: A Santa Cruz Grande

e a Santa Cruz Pequena. Isto é o tradicional

dende hai máis de tres séculos e todo xira en

torno á auga da fonte da Milagrosa Santa

Cruz. A fonte pode verse xunto á estrada que

conduce a ponte Aranga, pouco antes de

chegar a esta parroquia.

E a súa auga, é rica e saudable, como toda a que nace na Serra que chaman dá Loba. Din deste auga que é milagrosa porque ten estraños poderes que serven para escorrentar os insectos e as alimañas; poderes que tamén son protectores fronte ás enfermidades do gando e ás pragas que sofren aos campos... Esa é a razón pola que, cada Maio, cando é a Santa Cruz Grande ou a Santa Cruz Pequena, se verte auga da Fonte Milagrosa en todos os campos e prados de Aranga.

Ponte Aranga

TERCEIRO MILAGRE: CAAVEIRO. O ANEL DE SAN ROSENDO

E chegamos Eume arriba, buscando a fermosura da paisaxe. Escóndense aquí,

tras as pedras, nas que están escritas as pegadas deste vello mosteiro, almas

de néboa e sombra que nos confunden entre a lenda e o espírito de San

Rosendo que presiden todo este territorio, ao que chegou polo Eume.

O de Caaveiro foi un dos primeiros mosteiros de Galicia de cóengos regulares.

As súas edificacións adaptábanse ás desigualdades do terreo e á falta de

espazo, con dependencias subterráneas e muros de contención.

O conxunto contaba con dúas igrexas

románicas dunha planta e de ábsida

semicircular, dúas portarías, unha

casa do forno, seis celas, un cabido e

outras dependencias comúns. Fóra do

recinto estaban as casas dos criados,

as cortes e o muíño.

San Rosendo

Conta a lenda que a San Rosendo o río

devolveulle o seu anel no estómago dunha

troita. Disque nun momento de gran

desespero, lanzouno á auga porque se sentía

un mortal pecador, pedíndolle a Cristo que

llo devolvese cando os seus pecados lle fosen

perdoados. Sete anos máis tarde foi cando

San Rosendo se sentiu feliz ao achar o anel

no ventre da troita e partiu entón a predicar

o evanxeo e a fundar outros mosteiros.

CUARTO MILAGRE: SOBRADO DOS MONXES

O Mosteiro de Sobrado dos Monxes é a principal sinal de identidade deste lugar. Por fóra é fermosa a fachada medieval da Igrexa na que destaca a capela de San Juan. Por dentro, o mosteiro ten espazos moi singulares, como a sala capitular e a cociña, ou a sancristía de Juan de Herrera ou o claustro dos peregrinos. Toda unha xoia que ofrece albergue ao camiñante e que a pesar das súas necesarias reconstrucións, conserva algúns dos elementos iniciais, do século XII, como a capela da Madalena. Aquí sucede o Cuarto Milagre do noso traxecto: A Madalena é quen cicatriza as feridas do peregrino a Compostela, para o que simplemente terá que rezar ante o seu pequeno retablo a máis sinxela oración que coñeza. Deseguida verá como desaparecen a dor e as súas feridas.

QUINTO MILAGRE: TOQUES. A CHUVIA DE CRAVOS

En San Antoniño, da vella igrexa non se sabe a súa idade, nin se recorda cando formou parte do cenobio beneditino; pero está escrito que foi o rei de Galicia, Alfonso VII, o que concede todos os poderes ao seu abade, alá polo século XII. Foi pois cenobio poderoso, con dereito a nomear xuíz e a cobrar impostos. Ademais de pagar os tributos habituais, os veciños desta xurisdición estaban obrigados a plantar cada ano dous carballos na carballeira da Capela. E a esta iniciativa debemos hoxe un dos máis fermosos bosques autóctonos da Galicia natural.

O antigo mosteiro e detrás a carballeira

O cenobio foi quedándose só no medio desta ensoñadora paisaxe e xa no século XVIII, San Antoniño estaba habitado tan só por un monxe e catro criados. Coa Desamortización, chega a decadencia e o Quinto Milagre: O convento fora adquirido para instalar unha fábrica de cravos, cuxos restos aínda se aprecian xunto ao río. Contan que o dono da fábrica non cumpría o cristián precepto dominical e molestaba cos seus ruídos ás celebracións relixiosas da igrexa. Un domingo, a fábrica enteira saltou polo aire tras unha inexplicable explosión e produciuse unha chuvia de cravos. Daquel cenobio consérvase hoxe, unicamente, a igrexa, cuxa orixe prerrománica nótase nos muros que a rodean. É especialmente interesante o arco triunfal que dá acceso á ábsida. Sobre el podemos apreciar un talle románico dun calvario coas imaxes de Cristo, a Virxe Dolorosa e San Juan, unha peza de gran valor escultórico, do século XIII...

Despois desta pequena viaxe a unha parte do pasado milagreiro

dá nosa contorna, voltamos á realidade para comprender que ás

lendas, os mitos, os contos... son tamén unha pista da nosa

cultura, das nosas tradicións. Nelas descubrimos paisaxes,

montañas, vales...emprendemos unha viaxe que nos perde no

tempo para encontrarnos cos nosos antepasados, con deuses case

esquecidos, con santos, heroes, ritos sorprendentes, narracións

dignas de ser oídas.

A nosa tradición é a nosa historia, e a nosa historia é parte

importante de nós. Todos os pobos parten nos seus inicios, dunha

historia que é mais lenda que verdadeira testemuña fiel, pero non

por iso esta deixa de ser menos valida, mais ben todo o contrario,

en canto un pobo toma como propio un mito ou unha lenda, pasa

a integrar a súa realidade e configurar parte da súa historia.

TRABALLO REALIZADO

NA MATERIA DE RELIXIÓN

EN 1º DA ESO

CPI “VIRXE DA CELA”

CURSO 2014-2015