Viaxe a Londres 2017

20
LONDRES 2017 10 – 14 FEBREIRO Alumnado de 3º ESO - A e B Departamento de Inglés IES Praia Barraña - Boiro

Transcript of Viaxe a Londres 2017

Page 1: Viaxe a Londres 2017

LONDRES 201710 – 14 FEBREIRO

Alumnado de 3º ESO - A e BDepartamento de InglésIES Praia Barraña - Boiro

Page 2: Viaxe a Londres 2017

ORGANIZACIÓN DA EXCURSIÓN Anos 2011, 2012, 2013 e 2014:

Departamentos de Historia e Tecnoloxía

Anos 2015, 2016 e 2017:Departamento de Inglés

Page 3: Viaxe a Londres 2017

CRITERIOS DE ELECCIÓN Datas:

o Época do ano máis barata (meses de xaneiro-febreiro)o Datas que encaixan ben dentro do calendario escolaro Maior dispoñibilidade de prazas á hora de reservar

Axencia de viaxes:o Especializada en excursións escolares o Fiable, bos prezos, rifas incluídas

Saída desde Oporto:o Gañamos dous días en Londreso Máis baratoo Autobús incluído ata o aeroporto

Page 4: Viaxe a Londres 2017

GUÍA DE VIAXE

Aconsellable levala cada día ao saír do hotel

Contidos:o Programa diario de actividadeso Información básica sobre Londreso Teléfonos e enderezos de emerxenciao Descrición dos lugares a visitar

Pais/nais: Repasar con eles as normas na casa, especialmente as referentes ao uso do metro, vías públicas e estancia no hotel

Page 5: Viaxe a Londres 2017

PROGRAMA DE ACTIVIDADES• Saída:

o Venres día 10: En bus desde o instituto ás 3:00 (puntualidade)o Saída do voo desde Oporto ás 6:30 (hora portuguesa)o Chegada a Londres aproximadamente ás 9:05 (hora británica)

• Visitas programadas en Londres:o Consultar programa entregado ou guía de viaxeo Entradas ao London Dungeon e St. Paul’s previamente abonadaso Entradas gratuítas a todos os museoso Salvo imprevistos, procuraremos seguir fielmente o programa

• Chegada:o A Oporto, o martes día 14, sobre as 23:20 (hora portuguesa)o Ao instituto, na madrugada do día 15, sobre as 3:45 (hora española)

Page 6: Viaxe a Londres 2017

DIVISIÓN EN 3 GRUPOS

Grupos de 9 ou 10 alumnos por cada profe:o Dous grupos de 10 alumnoso Un grupo de 9 alumnoso Mesturados alumnos de 3º ESO – A e B por orde alfabética

Finalidade:o Facer un reconto cada vez que chegamos a un sitioo Transmitir ordes ou información de forma máis directao Distribuírnos por vagóns en horas punta

Os tres grupos estarán xuntos nas visitas

Page 7: Viaxe a Londres 2017

RECOMENDACIÓNS SOBRE A COMIDA• Día de saída:

o Levar algo para almorzar: magdalenas, galletas, zume…o Lembrar que as bebidas non pasan o control de aduanaso Opcional: Levar un bocata para tomar a media mañá

• Alérxicos:o Extremar as precaucións á hora de pedir comida nun localo Posibilidade de levar alimentos especiais desde España

• Almorzos:o Incluídos no prezo da viaxeo Ollo!: O almorzo continental ten sobrecargo no hotel

• Habituarse aos horarios de comidas no Reino Unido:o Almorzo: entre as 7:00 e as 9:00 da mañáo Xantar: arredor das 12:00 – 13:00 horaso Cea: entre as 18:30 e as 20:00 horas

Page 8: Viaxe a Londres 2017

RECOMENDACIÓNS SOBRE O DIÑEIRO Calcular un máximo de 100 £ para comida:

o Prato medio nun restaurante: 10 £ / Comida rápida algo menoso Xantar + cea = 20 £ diarias, máximo

Gastos persoais variables:o Compras: Oxford & Carnaby Street, Harrods, Hard Rock Café, The

Harry Potter Shop, Camden Towno Imprevistos, snacks, caprichos…

Devolucións do último día:o Moi probable: 20 £ fianza do hotel a cada uno Diñeiro útil para gastar en Camden Town

Cambio de euros a libras preferentemente no hotel

Page 9: Viaxe a Londres 2017

RECOMENDACIÓNS SOBRE OBXECTOS PERSOAIS• Maleta pechada con chave no hotel e despois de pasar a aduana

• Repartir cartos/documentos/tarxetas por distintos lugares: petos, bolso e maleta

• Coidado cos carteiristas nos lugares máis turísticos

• Vixiar bolsos/móbiles en vagóns de metro, autobús, avión, aeroporto e lavabos

Page 10: Viaxe a Londres 2017

RECOMENDACIÓNS SOBRE A ROUPA• Un abrigo impermeable con capucha para a chuvia

o Levalo posto (pouco espazo na maleta)o Se non ten capucha, levar paraugas ou gorro impermeable

• Tipo de calzado:o Quente e cómodo para andaro Se é novo, probalo varios días antes

• Outra roupa de abrigo: bufanda/colo, luvas, gorro

• Opcional: Paraugas pregable de bolso

Page 11: Viaxe a Londres 2017

CLIMA DE LONDRES

• Temperatura media en febreiro: 7°CoMáxima: 9°C / Mínima: 5°C

• Precipitacións en febreiro: 39 mmo Media de 16 días de chuvia o Mes máis seco do ano xunto con marzo

• Horas de luz (previsión do día 12-2-2017):o Saída do sol: 07:25 horaso Posta do sol: 17:06 horas

• Previsión do tempo para a semana do 10-2 ao 14-2:

Page 12: Viaxe a Londres 2017

EQUIPAXE • Normativa de Ryanair:

o Unha maleta de peso máx. 10 kg e dimensións 55x40x20 cmo Un bolso pequeno de dimensións máximas de 35x20x20 cm

• Consellos:o Levar menos de 10 kg á ida para non exceder tope á voltao Bolso de man flexible para adaptalo ao moldeo Levar só roupa e obxectos imprescindibles

Page 13: Viaxe a Londres 2017

DOCUMENTACIÓN

• Documentos que levan os alumnos:o Billetes de avión / tarxetas de embarqueo Pasaporteso Tarxetas do metro

• Documentos que levan os profes:o Tarxetas sanitarias europeaso Permisos da policíao DNIs e NIEso Autorización da Dirección do institutoo Reservas do hotel o Bonos de transporte o Entradas

Page 14: Viaxe a Londres 2017

ARTIGOS DE ASEO E BAÑO• Bolsa ou neceser transparente en lugar accesible da equipaxe

• Frascos transparentes de 100 ml. para líquidos (máximo 1 litro)

• Non é preciso levar toallas nin xabón ou xel (xa os hai no hotel)

• Compartir obxectos de uso común

Page 15: Viaxe a Londres 2017

MEDICINAS• Recomendable levar algún antigripal, analxésico, protector labial,

anti inflamatorio e apósito adhesivo

• Prohibido levar xaropes (líquidos), agás con prescrición médica

• Consultar se precisades levar prescrición médica para tratamentos doutras doenzas

Page 16: Viaxe a Londres 2017

TELÉFONO

• Consultar coa compañía telefónica se tedes que activar o roaming

• IMPORTANTE: Levar adaptador para cargador e enchufes

• Anotar números de teléfono:o Tfno. dos profes: 00 34 639 078 560 (en caso de emerxencia)o Tfno. do hotel: 00 44 20 7637 2488

• Wifi do hotel:o Na zona do comedor, detrás de recepcióno Na cafetería que hai a carón do hotel (pecha ás 22:00 h.)o Escasa cobertura nas habitaciónso Hora máis propicia para chamar: entre as 21:00-23:00 hora española

Page 17: Viaxe a Londres 2017

NORMAS NO HOTEL• Nas habitacións:

o Prohibidas as festas/reunións en grupoo Prohibido gritar coas ventás abertaso Prohibido durmir en cuartos distintoso Ollo co consumo de bebidas da neveira: non son gratis

• Nos corredores:o Prohibido correr, falar en voz alta ou acceder a outras zonaso Prohibido golpear ou petar nas portaso Non saír sen a tarxeta que serve de chave

• Lugares idóneos para reunións en grupo: comedor ou cafetería

• Hora máxima para volver ás habitacións para durmir: 11:30 h.

Page 18: Viaxe a Londres 2017

NORMAS NO METRO• Prestar atención, non quedar atrás falando ou distraído para evitar perder

de vista ao grupo nos corredores• Entrar rápido no tren, pois as portas pechan automaticamente• Manter a distancia de seguridade coas vías ("Please stay behind the yellow

lines")• Ter coidado coa distancia entre a plataforma e o vagón ("Mind the gap")• Fixarse en que cada liña de metro ten unha cor distinta e que a dirección do

destino está marcada cos puntos cardinais: southbound, northbound, eastbound ou westbound

• Dentro dos vagóns, intentar ser amable, non falar en voz moi alta, ceder o asento a persoas maiores, discapacitadas e mulleres embarazadas ou con nenos, e non ocupar os asentos reservados para estas persoas

• Deixar baixar á xente antes de entrar no vagón. Una vez dentro, ir cara o interior e non bloquear a porta

• Nas escaleiras mecánicas, manterse á dereita para permitir pasar a outros pasaxeiros que van con máis présa

Page 19: Viaxe a Londres 2017

OUTRAS NORMAS• Nas vías públicas:

o Prestar atención á circulación de vehículos pola esquerdao Non usar cascos ou móbiles que poidan aillar e distraero Mirar sempre en ambas direccións ("Look both ways") ou nas direccións

escritas nas estradas ("Look right" ou "Look left")o Cruzar sempre polos pasos de peóns e cando o semáforo estea en verde

• Nos lugares de visita: museos, catedrais, etc.o Atención á prohibición de facer fotos ou de usar flasho Non tocar os obxectos en exposición o Gardar as mesmas normas de educación e cortesía que nos vagóns do

metro ou no hotel

Page 20: Viaxe a Londres 2017

GRAZAS POLA ATENCIÓN