Vanesa Trasponte

13
TRASPONTE Vanessa Aboy (3º A)

Transcript of Vanesa Trasponte

Page 1: Vanesa Trasponte

TRASPONTE

Vanessa Aboy (3º A)

Page 2: Vanesa Trasponte

Esta é a aldea de Trasponte, onde vive moi pouca xente. A aldea ten casas non moi modernas, a maioría delas foron restauradas fai pouco, só hai unha que está feita unha ruína.Na aldea de Trasponte hai un río pequeno e unha ponte, tamén hai un parque onde se fai a misa da Virxe do Carme.A aldea é pequena pero silenciosa e cómoda. A maioría da xente que vive nela é maior de 65 anos, case non hai ningún rapaz e a xente de menos de 30 anos é moi pouca.Tampouco hai moitos animais, só uns poucos vecinos teñen cabras e ovellas.Nesta pequena aldea hai moitas veigas onde a xente cultiva: millo, tomates, repolos, cabazos, cenorias, cebolas…Todo tipo de hortalizas.Os veciños desta aldea, algunas veces, reúnense en concello para ver como poder mellorar a aldea.

A ALDEA DE TRASPONTE

Page 3: Vanesa Trasponte

Isto é no parque de

Trasponte, aquí é onde se fai a

misa do Carme o día 16 de xullo. A

mesa que está enfronte da estatua

da Virxe do Carme, é o altar onde o

cura di a misa. Nesta misa

reunímonos todos os veciños de

Trasponte e máis xente dos

arredores.

Neste parque hai varios

bancos para que toda a xente se

poida sentar.. Despois da misa,

poñen uns mexilóns, unhas

empanadas e uns refrescos para

que a xente os coma.

Todos os anos á Virxe do

Carme lle poñen unas velas

acendidas, tamén se lle poñen

unas flores. Nesta misa o cura

ponlle ao altar un mantel onde pon

o cáliz e as ostias sagradas.

A MISA DA VIRXE DO CARMEN

Page 4: Vanesa Trasponte

Esta é a estatua da Virxe do Carme á

que todos os anos se lle fai unha misa no

parque onde está, para que os veciños

nos acordemos dela.

Esta estatua está feita de pedra e

representa á Virxe co neno Xesús nos

seus brazos. A estatua é moi visitada

polos turistas que veñen dar paseos por

Trasponte..

O día anterior ao día da Misa pola

tarde, os veciños de Trasponte reúnense

para lavar o altar e a estatua da Virxe para

a misa. Á estatua sopórtaa unha columna

grande de pedra. A estatua non é moi

grande, pero é moi bonita.

A VIRXE DO CARME

Page 5: Vanesa Trasponte

Éste é o parque de Trasponte onde hai varias cousas para que os nenos poidan xogar. Os tobogáns e os columpios puxéronse fai pouco porque os outros xa estaban moi oxidados e feos.O parque está ao carón dun río pequeno. Este parque ten árbores e plantas, aínda que non todas son de Galicia. Hai dúas árbores pequeniñas con pinchos e unha que é grande que parece unha oliveira.O parque está construído case onde remata a aldea de Trasponte. O parque está moi ben coidado, cando a herba crece demasiado, hai un encargado de cortala, de regar as plantas e de limpalo.

O PARQUE

Page 6: Vanesa Trasponte

Esta é a fonte de Trasponte que foi

construída en 2003. Esta fonte bota auga

grazas a un pozo grande que hai no

monte. Está enfronte do parque de

Trasponte. A fonte esta feita de pedra, é

moi sinxela, xa que non ten ningún

adorno.

Cando é a festa dos cabalos na

Ran, beben nesta fonte. A auga é

potable.

O río de Trasponte é pequeno, case

un regato. O río non ten unha auga limpa,

non é potable, está moi contaminada. O

río está cheo de herbas e de

desperdicios.

Antes, o río usábase para que os

veciños puidesen lavar a súa roupa ou

en verán para refrescarse cando facía

moita calor. Ó lado del tiña unha especie

de lavadoiro do que agora só se pode ver

unha parte pequena.

A FONTE E O RÍO

Page 7: Vanesa Trasponte

Este é o monte de Trasponte, non é un monte moi grande, pero ten moitas árbores: carballos, castiñeiros, algún piñeiro e demasiados eucaliptos. Nel habitan animais como o esquiu e moitas aves.O monte está moi limpiño, cada certo tempo curtan as silvas, os toxos secos, etc., por se hai incendios, para que non se avive moito.

O monte está xusto ó lado dun campo onde se fai a festa dos cabalos. Na festa a xente deixa os seus cabalos atados a unhas árbores e monta tendas de campaña. Á festa veñen persoas de toda Galicia para competir cos seus cabalosAlgunhas persoas veñen ó monte á durmir e fan unha fogueira, rodeada cun círculo de pedras, para cociñar.No monte, cando é inverno, os únicos froitos que se vén polo chan son as piñas, as landras e as castañas.

O MONTE

Page 8: Vanesa Trasponte

Esta é a casa que me gusta. Está feita de pedra e ten un porche pola parte de atrás bastante amplo.

Por dentro está feita tamén de pedra pero ten algunhas partes rústicas, como a cociña e o salón. O salón ten uns sofás de coiro, coma os de antes, e cadeiras de mimbre e con mesas de madeira normais.

A cociña está feita de pedra e o teito de madeira, tamén ten cadeiras de mimbre coma no salón.

As habitacións son normais, as paredes e o teito pintados de branco, e as camas de madeira e os colchóns moi brandiños e suaves.

Ten dous cuartos de baño, catro habitacións, duas cociñas e un salón.

Non e a casa que está mellor situada pero é moi bonita e está moi ben restaurada.

Ten un xardín moi grande con moitas flores de cores e unha pexegueira.

A CASA QUE ME GUSTA

Page 9: Vanesa Trasponte

Esta é a outra casa me gusta, aínda está en obras, pero por dentro xa está rematada e está moi ben feita. Está feita de pedra tanto por dentro coma por fora. Ten dous pisos: no primeiro é onde están as habitacións, un cuarto de baño e unha pequena sala.

O piso de abaixo é onde está a cociña, o salón, e un cuarto de baño. A cociña é normal, cunha mesa de mármore e unha vitrocerámica, tamén ten unha televisión e varios mobles para gardar os alimentos, unha neveira, un lavavaixelas, un conxelador pequeño e unha despensa.

Esta casa tamén ten un pequeño porche coma a outra, as portas son de madeira e as ventás son pequenas e cos bordes de madeira.

Esta casa non ten xardín.

A CASA QUE ME GUSTA

Page 10: Vanesa Trasponte

Esta é a casa que non me gusta, está feita de pedra, tanto por dentro coma por fóra. A porta é de madeira e o tellado está moi deteriorado.

Por dentro, tamén está feita de pedra, ten dous pisos. No piso de arriba están as habitacións e un cuarto de baño. Nas habitacións os mobles están moi mollados e moi deteriorados, as patas das camas están rotas. O cuarto de baño ten moitísima humidade.

No piso de abaixo só hai unha cociña e un salón que non se sabe que é un salón, as paredes da cociña están moi negras.

A CASA QUE NON ME GUSTA

Page 11: Vanesa Trasponte

Nesta casa antes traballaba

un ferreiro que amañaba

cousas, coma por exemplo

algunha cancela ou calquera

material de ferro.

O home chámase Manolo

pero xa non segue

traballando como ferreiro.

Esta casa, como se pode

aprezar na foto non está en

bo estado, o tellado está

caendo e as pedras teñen

ocos, a porta é de madeira e a

madeira xa está empezando a

apodrecer.

A CASA DO FERREIRO

Page 12: Vanesa Trasponte

Este é o meu recuncho favorito, un sitio moi tranquilo e alegre, e aquí podes pensar sen que ninguén te moleste.Aquí veño cos meus amigos a pasalo ben e a divertirme, tamén veño para pensar e estar tranquila ou cando estou aburrida ou non teño que facer .Este lugar está moi cerca do monte, como se pode apreZar na imaxe é un lugar que ten árbores, é unha especie de campo, é un lugar moi bonito e agradable, sobre todo en verán. Neste lugar hai unha especie de mesa e unha especie de banquiño pequeno onde se pode esta... tan tranquila!!

O MEU RECUNCHO FAVORITO

Page 13: Vanesa Trasponte

Aquí viven as monxas nun réxime de clausura, dúas delas son da India. Este convento está feito de pedra, como ben se pode observar na imaxe. Está xusto ao lado da casa do cura que se chama Don Manuel.O convento componse de dúas partes: a igrexa e as habitacións das monxas.O convento ten un xardín moi bonito, pero só se pode ver desde fóra.As muralllas son moi altas e anchas, arrodeando todo o recinto do convento e vense desde todo o val do río Gallo.

O CONVENTO