V. PROGRAMA DE PMAR 3º ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO · 2020-04-18 · V. PROGRAMA DE PMAR 3º...

26
V. PROGRAMA DE PMAR 3º ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO I CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVES Se as Ciencias Naturais e as Matemáticas contribúen por si mesmas á adquisición das diferentes competencias, dende logo o concepto de ámbito científico-tecnolóxico permitirá un tratamento para a adquisición das mesmas moito máis contundente posto que non recibirán un tratamento illado senón que irán sendo adquiridas dun xeito máis integrado. Os centros de interés que trataremos de buscar e desenvolver para acadar obxectivos e contidos servirán para que as competencias se vaian interiorizando dun xeito intuitivo. . Competencia matemática e competenci básica en ciencia e tecnoloxía Xa que todo o coñecemento científico se cuantifica grazas á linguaxe matemática será fundamental lograr o seu desenvolvemento para lograr os coñecementos propios deste ámbito. Na realización de investigacións sinxelas, prácticas de laboratorio, resolución de problemas, organizar e representar datos, interpretar gráficas...serán as ferramentas para De todas as competencias a desenvolver será esta a que dalgún xeito sexa a máis próxima e inmediata para o noso ámbito. Xa que o medio que nos rodea será o principal recurso que nos permita introducir conceptos, desenvolver procedementos e valores que serán materia a traballar. . Competencia en comunicación lingüística Tanto a expresión como a comprensión, nos seus aspectos oral e escrito son fundamentais en todo proceso de ensinanza-aprendizaxe e neste ámbito teremos que facer especial atención nas particularidades da linguaxe científica que nos é propia, a busca da coherencia e precisión, a formulación de hipótese, a contrastación de ideas a claridade dos conceptos, a argumentación, análise e interpretación de gráficas... . Competencia dixital Un dos xeitos de motivar ao alumnado deste ámbito será empregar todos os recursos informáticos que o centro poña á nosa disposición. A busca de información sobre temas relacionados, a análise e interpretación de dita información, a elaboración de traballos e presentacións...permitirá un desenvolvemento simultáneo de varias competencias; entre elas estará a dixital. . Competencia social e cidadá

Transcript of V. PROGRAMA DE PMAR 3º ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO · 2020-04-18 · V. PROGRAMA DE PMAR 3º...

V. PROGRAMA DE PMAR 3º ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO

I

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVES

Se as Ciencias Naturais e as Matemáticas contribúen por si mesmas á adquisición das

diferentes competencias, dende logo o concepto de ámbito científico-tecnolóxico

permitirá un tratamento para a adquisición das mesmas moito máis contundente posto

que non recibirán un tratamento illado senón que irán sendo adquiridas dun xeito máis

integrado. Os centros de interés que trataremos de buscar e desenvolver para acadar

obxectivos e contidos servirán para que as competencias se vaian interiorizando dun

xeito intuitivo.

. Competencia matemática e competenci básica en ciencia e tecnoloxía

Xa que todo o coñecemento científico se cuantifica grazas á linguaxe matemática será

fundamental lograr o seu desenvolvemento para lograr os coñecementos propios deste

ámbito.

Na realización de investigacións sinxelas, prácticas de laboratorio, resolución de

problemas, organizar e representar datos, interpretar gráficas...serán as ferramentas

para

De todas as competencias a desenvolver será esta a que dalgún xeito sexa a máis

próxima e inmediata para o noso ámbito. Xa que o medio que nos rodea será o principal

recurso que nos permita introducir conceptos, desenvolver procedementos e valores que

serán materia a traballar.

. Competencia en comunicación lingüística

Tanto a expresión como a comprensión, nos seus aspectos oral e escrito son

fundamentais en todo proceso de ensinanza-aprendizaxe e neste ámbito teremos que

facer especial atención nas particularidades da linguaxe científica que nos é propia, a

busca da coherencia e precisión, a formulación de hipótese, a contrastación de ideas a

claridade dos conceptos, a argumentación, análise e interpretación de gráficas...

. Competencia dixital

Un dos xeitos de motivar ao alumnado deste ámbito será empregar todos os recursos

informáticos que o centro poña á nosa disposición. A busca de información sobre temas

relacionados, a análise e interpretación de dita información, a elaboración de traballos e

presentacións...permitirá un desenvolvemento simultáneo de varias competencias;

entre elas estará a dixital.

. Competencia social e cidadá

Imos ser un grupo pequeno que, durante moitas horas ao día terá que convivir. Teremos

que aprender que as nosas peculiaridades enriquecerán ao grupo pero todos teremos

que ceder e desenvolver habilidades sociais para chegar a ser un grupo sólido.

A adquisición de coñecementos sobre nós mesmos que nos proporciona este ámbito

permitirá entender as particularidades de cada individuo e aceptar aos demais.

.

. Competencia para aprender a aprender

Os rapaces cos que se vai a traballar son relativamente maiores e resultará complexo

ensinarlles conceptos que hai moitos anos que terían que ter adquirido.

Será importante facerlles ver que cando un quere seguro que pode aprender, que

sempre estamos a tempo de adquirir novos coñecementos e que ao longo da vida

precisamos seguir formándonos constantemente. De aí a importancia desta competencia.

O como buscar información, seleccionala, analizala e logo interiorizala lograrémolo co

traballo diario, a análise do método científico, pequenos traballos de investigación

teórico-prácticos...

. Competencia do sentido da iniciativa persoal e espíritu emprendedor

Coa idade que teñen posúen a capacidade que lles é propia de buscar a súa propia

identidade, cada vez maior autonomía...hai que relacionar todo ese potencial coa

necesidade de encauzar toda esa enerxía cara a obxectivos positivos e que nos

interesan.

Competencia conciencia e expresións culturais

Todo o desenvolvemento da ciencia ao longo da historia está fortemente vinculado coa

época en que aconteceu cada logro. Valorar e comprender o contexto de cada

acontecemento será o mellor xeito de entender a situación en que xurden esas ideas e

como se concretan.

Para entender o presente precisamos coñecer o pasado e relacionalo co contexto que

tivo lugar.

OBXECTIVOS

1. Utilizalos conceptos básicos das Ciencias da Natureza e as distintas linguaxes

matemáticas (numérica, estatística, gráfica, alxebraica, xeométrica...) para interpretar

cientificamente feitos e fenómenos do contorno e para comprender e producir mensaxes

científicas.

2. Obter e seleccionar información, tratala de forma crítica cunha finalidade e transmitila

dunha maneira organizada, valorando as aportacións dos elementos matemáticos para

unha mellor comprensión e comunicación das mensaxes.

3. Aplicar recursos e estratexias coherentes cos procedementos da Ciencia para a

resolución de problemas e participar na realización en equipo de actividades científicas

asumindo responsabilidades no desenvolvemento das tarefas.

4. Recoñecer e valoralas aportacións da Ciencia para a mellora das condicións de vida

dos seres humanos.

5. Utilizalos propios coñecementos sobre os elementos físicos e os seres vivos para

gozar do medio natural, así como propoñer e valorar iniciativas para conservalo medio

ambiente.

6. Identificalas formas e relacións espaciais que se presentan na realidade, analizando as

propiedades e relacións xeométricas implicadas e sendo sensible á beleza que xeran.

7. Utilizalos propios coñecementos sobre o funcionamento do corpo humano para

desenvolver hábitos que propicien a saúde persoal e social.

SECUENCIA DE CONTIDOS

Características dos contidos:

a)Axeitados aos intereses e características do alumnado

b)Necesarios para o seu desenvolvemento persoal, cognitivo e social, facilitándolle a súa

incorporación nos estudios superiores ou no mundo laboral

c)Funcionais, de xeito que poida contextualizados da forma máis inmediata posible

Os contidos aparecen desglosados en unidades didácticas, xa que consideramos que ó

estaren xuntos os contidos de matemáticas, física e química e biología e xeoloxía non

sería moi práctico facer un mero listado destes. En cada unidade aparecen detallados os

obxectivos que se queren acadar:

Biología e xeoloxía 3º PMAR

UNIDADE 1:Procesos Xeolóxicos Externos

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Comprender o papel dos axentes xeolóxicos externos no modelado do relevo

2. Interpretar a información recollida en mapas topográficos e xeolóxicos

3. Coñecer a acción xeolóxica das augas salvaxes, ríos, glaciares, vento e mar pola súa

importancia na nosa zona

4. Entender as repercusións da inxerencia das actividades humanas nos ciclos naturais

de erosión-sedimentación

CONTIDOS DA UNIDADE

1 O modelado do relevo. Meteorización, erosión, transporte e sedimentación

2. Axentes xeolóxicos externos e a súa acción

3. Augas salvaxes, glaciares, vento e ríos. A paisaxe fluvial

4. Acción xeolóxica do mar. A paisaxe costeira

5. Observación de imaxes que amosen a acción dos diferentes axentes de erosión,

transporte e sedimentación.

6. Mesturar e axitar auga, arxila e area e deixar reposar: observala sedimentación

diferencial.

7. Manexo e interpretación de mapas topográficos e xeolóxicos da zona

8. Realización de perfís topográficos

9. Recoñecemento sobre o terreo de formas de modelaxe dos axentes xeolóxicos

externos

10. Visita a un espazo natural de interese xeolóxico

11. Respecto polo poder erosivo do mar e pola súa beleza e inmensidade.

12. Valoración da auga como recurso

13. Tomar conciencia da existencia da erosión e dos riscos da desertización cando falta a

cuberta vexetal.

14. Valorala dinámica do ecosistema como algo positivo en contra da idea destructiva

que nos poidese facer crer.

15. Actitude crítica ante as actuacións humanas e as súas repercusións

UNIDADE 2: O Corpo Humano: A Nutrición

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Coñecer os compoñentes da materia viva, as súas funcións e alimentos nos que se

atopan

2. Diferenciar dieta equilibrada da que non o é. Ser capaz de elaborar unha dieta

equilibrada

3. Identificar os aparellos que interveñen na nutrición e o seu papel na mesma

4. Coñecer as partes dos aparellos dixestivo, respiratorio e urinario e os procesos que

teñen lugar nelas

5. Describir a dobre circulación sanguínea

6. Facer unha lista de hábitos beneficiosos para a saúde dos aparellos implicados na

nutrición

7.Fomentar os hábitos alimentarios saudables, independentes das prácticas consumistas

e de patróns estéticos impostos.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Niveis de organización. Células, tecidos, órganos e aparellos

2. Funcións vitais: nutrición, relación e reproducción. Coordinación dos aparellos no

funcionamento do organismo.

3. A nutrición. Necesidades de materia e enerxía. Alimentos e nutrientes

4. Compoñentes dos alimentos: inorgánicos (auga e sales minerais) e orgánicos (glícidos,

lípidos, proteínas)

5. Dieta alimentaria equilibrada. Roda dos alimentos. Problemas relacionados coa dieta

6. A dixestión dos alimentos. O aparello dixestivo e o seu funcionamento

7. Transporte de nutrientes polo sangue e a súa utilización polas células

8. Aparello respiratorio. Intercambio de gases

9. Aparello urinario. Eliminación de refugallos

10. Sistema circulatorio. O sangue: composición e funcións dos seus compoñentes.

Circulación sanguínea. Enfermidades relacionadas co sangue e coa circulación

11. Probas sinxelas para detectar determinados principios inmediatos nos alimentos

12. Elaboración dunha dieta equilibrada

13. Sinalar sobre debuxos dos aparatos dixestivo, urinario, respiratorio, circulatorio, as

súas partes. Situar os principais procesos de nutrición onde acontecen

14. Realización de esquemas sobre compoñentes dos alimentos e anatomía e fisioloxía

dos aparellos implicados na nutrición

15. Investigación sobre o tabaco: os seus efectos sobre a saúde

16. Interese por levar unha alimentación sá mediante unha dieta completa e equilibrada.

17. Solidariedade coas personas que pasan fame por falta de recursos.

18 .Razoamento da importancia dos hábitos saudables e dos efectos doutros negativos

sobre a saúde

19. Actitude crítica ante as mensaxes publicitarias fomentadoras dunha alimentación

incorrecta

20. Orde, limpeza e claridade na presentación dos traballos

UNIDADE 3: Reproducción e Sexualidade Humana

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Diferenciar reproducción sexual de asexual

2. Describir as etapas do proceso de reproducción sexual: formación de gametos,

fecundación e desenvolvemento embrionario

3. Diferenciar sexualidade de reproducción

4. Coñecer os principais métodos anticonceptivos

5. Coñecer os medios de prevención de enfermidades de transmisión sexual

6. Respectar ás persoas doutro sexo ou doutras orientacións sexuais.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Reprodución nos seres vivos: sexual e asexual

2. Hormonas e a súa función

3. Anatomía dos aparellos reproductores masculino e feminino

4. Fisioloxía dos aparellos reproductores masculino e feminino. Fecundación e

desenvolvemento embrionario.

5. Sexualidade humana. Pautas de comportamento sexual. Sexismo e discriminación

sexual

6. Anticoncepción. Métodos anticonceptivos

7. Hixiene e prevención de ETS

8. Sinalar sobre debuxos dos aparatos reproductores masculino e feminino as súas

partes, así como as partes onde se forman os gametos e ten lugar a fecundación e a

xestación.

9. Representación esquemática dos acontecementos do ciclo uterino e ovárico

10. Coñecer preservativos e outros métodos anticonceptivos e explicar o seu manexo.

11. Consulta de fontes de información escrita ou audiovisual para a análise e

comparación de métodos anticonceptivos

12. Realización dun cadro sinóptico sobre ETS, sinalando axente causante e síntomas

13. Realización dun traballo sobre o sexismo na publicidade

14. Respeto polas persoas do outro sexo e polas distintas formas de expresar a

sexualidade.

15. Despertar confianza nun mesmo e nos demais para evitar situacións de angustia que

provoca certa publicidade.

16. Responsabilidade ante as prosibles consecuencias dos propios actos

17Orde, coidado, limpeza e claridade na presentación dos traballos.

18

UNIDADE 4: Relación e coordinación

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Ser capaz de explicar os procesos que teñen lugar cando se reciben estímulos

2. Diferenciar resposta reflexa de voluntaria

3. Coñecer os sistemas implicados na relación e coordinación: a súa anatomía e fisioloxía

4Coñecer os efectos das drogas sobre a saúde.

5

CONTIDOS DA UNIDADE

Sistema Nervioso

1. Neuronas. Neuronas sentivas e neuronas motoras. Transmisión do impulso nervioso.

Actos reflexos.

2. Receptores de estímulos. Órganos dos sentidos

3. Compoñentes do sistema nervioso: nervios, ganglios, Sistema Nervioso Central e

Periférico. O encéfalo e a médula espiñal

4. Enfermidades que afectan ó sistema nervioso: dexenerativas (Parkinson, esclerose

múltiple, Alzheimer), infecciosas (meninxite, poliomielite, sífilis) , traumáticas e

cardiovasculares (infartos cerebrais, tromboses, apoplexias,...)

5. Drogas e drogadicción. Sustancias que afectan ó funcionamento do sistema nervioso.

Problemática derivada do consumo de tabaco, alcohol, opiáceos, cocaína , derivados do

cannabis e drogas de síntese.

Aparato locomotor:

6- Funcionamento dos músculos. A fibra nerviosa. Musculatura xeral

7. Os ósos como soporte do organismo . Estructura e composición dos ósos. Función da

médula ósea

8. Realización de esquemas ou debuxos esquemáticos sobre a recepción de estímulos,

transmisión do impulso nervioso e resposta a ditos estímulos

9. Esquematizar os compoñentes do sistema nervioso

10. Facer unha lista de hábitos saudables para os órganos dos sentidos, sistema

nervioso e aparello locomotor

11. Realización dunha enquisa sobre consumo de drogas, adicando especial atención ó

alcohol. Búsca de información sobre as mesmas e os seus efectos sobre a saúde

12. Valoración da importancia dos hábitos de vida saudables

13. Actitude crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación que invitan ó consumo

de drogas

14. Respecto e comprensión cara ás persoas que consumen drogas

15. Orde, coidado, limpeza e claridade na presentación dos traballos.

UNIDADE 5: Saúde e Prevención das Enfermidades

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Utilizar os coñecementos sobre o corpo humano e as causas de enfermidade para

desenvolver hábitos de coidado e saúde corporal

2. Coñecer algunhas medidas de prevención dalgunhas enfermidades

3. Coñecer as características das enfermidades infectocontaxiosas, as defensas do noso

organismo fronte ós xermes e as formas artificiais de prevención e curación

4Concienciarse da importancia da prevención de accidentes.

5

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Definicións de saúde e enfermidade

2. Causas das enfermidades: hábitos inadecuados, sustancias contaminantes,

enfermidades infecciosas, accidentes, enfermidades dexenerativas

3. Prevención das enfermidades. Hábitos de vida saudables

4. Buscar -usando fontes biblilográficas e multimedia- os axentes causantes e a forma de

transmisión dunha lista ampla de enfermidades infecciosas

5. Facer unha lista de hábitos ou comportamentos beneficiosos para a saúde e a

prevención de enfermidades

6. Reflexionar- diante de lecturas sobre o tema- acerca da importancia e as

consecuencias de actos como non levar casco ó ir en moto, conducir baixo os efectos do

alcohol, chapuzóns na praia sen as precaucións necesarias...

7. Recibir información sobre a doazón de sangue e transplante de órganos

8. Práctica de normas elementais de primeiros auxilios

9. Análise da información dos prospectos dos medicamentos e reflexión sobre a

automedicación e a importancia das revisións médicas preventivas

10. Reflexión e responsabilidade sobre os propios actos, con sentido crítico, rigor e

honestidade

11. Interese polos factores de que depende a saúde

12Colaboración na mellora das condicións de saúde do entorno máis próximo

13.Recoñecemento da necesidade de cumplir as normas que poden contribuír á boa

saúde de todos.

Matemáticas 3º PMAR

UNIDADE 6: Números e Operacións

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Que o alumno comprenda o sistema de notación decimal.

2. Aprender a manexar os símbolos matemáticos básicos e a realizar operacións

elementais.

3. Coñecer o significado das potencias e as raíces cadradas.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. O sistema de numeración decimal: órdenes de unidades. Equivalencias. Valor de

posición das cifras. Orde dos números

2. Significado das operacións aritméticas.

3. Potencias de exponente natural. Convencionalismos: Notación e nomenclatura.

4. Radicación. Significado das raíces.

5. Convencionalismos: Notación e nomenclatura. Algoritmo da raíz cadrada.

6. Diferenciación do valor das cifras segúndo a posición que ocupan.

7. Observación do comportamiento das cifras dos números nas operacións. Extacción de

conclusiones. Comprensión do proceso operativo.

8. Ordenación dos números. Representación na recta numérica.

9. Asociación de gamas de valores numéricos a magnitudes habituais.

10. Estimación do error cometido e do error tolerable en cada situación.

11. Uso das potencias: Asociación das potencias a situaciones axeitadas.

12. Asociación das raíces a situaciones axeitadas.

13. Resolución de problemas de aplicación.

14. Gusto pola precisión no cálculo.

15. Valoración positiva do habito de memorizar relaciones numéricas sinxelas de uso

corriente.

15. Tendencia á utilización do método axeitado segundo o tipo de operación que se

realice

UNIDADE 7: Números Enteiros

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Repasar operacions elementais.

2. Exercitarse no cálculo.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Números con signos.

2. Operacións con números enteiros: suma, resta, multiplicación, división.

3. Utilizar a recta numérica para representar números enteiros.

4. Calcular e situar sobre a recta numérica números opostos.

5. Realizar sumas e restas de números enteiros, utilizando coma soporte a recta

numérica.

6. Realizar mecanicamente sumas, restas, multiplicacións e divisións de números

enteiros.

7. Realizar operacións combinadas.

8. Valoración do cálculo mental.

9. Gusto pola precisión.

UNIDADE 8: Potencias e Raíces

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Aprender o significado das potencias e raíces de calquer índice.

2Adquirir destreza nas operaciones con potencias e raíces..

3

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Potencias de exponente natural. Significado.

2. Potencias: Convenciones, Nomenclatura y Notaciones.

3. Raíces: significado.

4. Raíces: Convenciones sobre Nomenclatura y Notación.

5. Uso das potencias

6. Cálculo rápido de potencias.

7. Cálculo mental e aproximado das raíces.

8. Cálculo por aproximacións sucesivas de raíces.

9. Beleza pola estilización nos cálculos.

10Valorar a importancia da nomenclatura axeitada.

UNIDADE 9: Fraccións e Divisibilidade 1

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Comprender o concepto de fracción.

2. Coñecer o concepto e utilidade de múltiplos e divisores.

3. Aprender o procedemento do producto de fraccións.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. A fracción coma parte dun todo.

2. A fracción coma operador.

3. A fracción coma cociente.

4. Fraccións equivalentes.

5. Múltiplos e divisores.

6. Criterios de divisibilidade.

7. Máximo común divisor e mínimo común múltiplo.

8. Cálculo da cantidad parcial que corresponde a unha fracción dunha cantidade total.

9. Cálculo da fracción que corresponde a unha cantidade parcial respecto de un total.

10. Cálculo da fracción dun número.

11. Identificación dunha fracción co cociente de dividir seu numerador entre seu

denominador.

12. Identificación automática de fraccións sinxelas de uso corriente, co seu valor na

forma decimal e viceversa.

13. Observación e descubrimiento das variacións que sufre o valor dunha fracción cando

se multiplica ou divide por un número o numerador, o denominador ou ambos.

14. Elaboración das estratexias propias para a identificación de fraccions equivalentes.

15. Obtención de fracciones equivalentes a unha dada.

16. Descomposición dun número en factores.

17. Automátización do máximo común divisor e do mínimo común múltiplo.

18. Automatismo aplicado do cálculo do mínimo común múltiplo á reducción de fraccións

a común denominador.

19. Identificación de situacións de producto de fracciones con outras semellantes de

producto de naturaís.

20. Automatización do cálculo do producto de fraccións.

21. Cálculo do valor de unha fracción de fraccións.

22. Identificación do concepto de fracción dunha fracción co producto de dúas fraccións.

23. Automatización do cálculo do cociente de dúas fraccións.

24. Valoración da forma de expresión decimal como a mais sinxella para estimar e

comparar números.

25. Recoñecemiento e valoración da utilidade das fraccións como vía para resolver

problemas da vida cotidiá.

UNIDADE 10: Fraccións e Divisibilidade 2

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1.Saber facer operacións con fraccións: suma, resta, multiplicación e división.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Reducir a común denominador para comparar, sumar o restar fraccións.

2. Producto de fraccións.

3. Inverso dun número.

4. Cociente de fraccións.

5. Transformación dun enteiro en fracción e viceversa.

6. Transformación dunha fracción maior que uno na suma dun enteiro e unha fracción

menor que uno e viceversa.

7. Reducción de dos o mais fraccións a común denominador.

8. Elección por métodos intuitivos do denominador común a varias fraccións.

9. Identificación dos divisores dun número empregando os criterios de divisibilidade.

10. Interpretación da simplificación de fraccións coma a división simultánea de seus

términos por un divisor común.

11. Identificación dunha suma repetida de fracciones iguais como o producto dunha

fracción por un enteiro.

12. Automatización do producto dun enteiro por unha fracción.

13. Valoración da forma de expresión decimal coma a mais sinxela para estimar e

comparar números.

14. Recoñecemento e valoración da utilidade das fracciones coma vía para resolver

problemas da vida cotiá.

UNIDADE 11: Proporcionalidade

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Coñecer o significado da proporcionalidade directa e inversa.

2. Entender o significado e relación da proporcionalidade lineal e a regla de tres.

3Comprender o significado da porcentaxe e saber calculalo.

4

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Magnitudes proporcionais.

2. Razóns e proporcións.

3. Coeficiente de proporcionalidade

4. Tanto por cento.

5. Identificación de magnitudes proporcionais e non proporcionais.

6. Diferenciación de magnitudes directa e inversamente proporcionais.

7. Construcción e interpretación de táboas de valores.

8. Cálculo do termo descoñecido dunha proporción.

9. Cálculo da razón.

10. Resolución de problemas de proporcionalidade.

11. Cálculo de porcentaxes mediante a utilización da regla de tres

12. Disposición favorable a utilizar táboas de valores para expresar magnitudes.

13Recoñecemento da utilidade da proporcionalidade para resolver problemas cotiáns.

UNIDADE 12: Expresións Alxebráicas Ecuacións

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Entender o que significa unha expresión alxebraica.

2. Coñecer a utilización das expresións alxebraicas.

3. Ser capaz de traducir á linguaxe matemático enunciados elementais.

4. Resolver ecuacións de primeiro grao.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Expresión alxebraica.

2. Valor numérico dunha expresión alxebraica.

3. Ecuacións: Incógnita, solución.

4. Calcular o valor numérico dunha expresión alxebraica.

5. Comprobación de si un valor numérico é ou non é solución dunha ecuación.

6. Desenvolvemento de estratexias propias para a resolución das ecuacións.

7. Traducción á linguaxe alxebraico de situaciones, expresións e relacións susceptibles

de ser cuantificadas numericamente.

8. Resolución de problemas.

9. Recoñecemento da utilidade da linguaxe alxebraica para representar situacións,

expresións e relacións.

10Valorar a importancia das ecuacións á hora de resolver problemas da vida cotiá.

11

Física e Química 3º PMAR

UNIDADE 13: O Traballo Científico

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Identificar o proceso de medida como un recurso para alcanzar a precisión propia da

Ciencia.

2. Identificar os resultados das medidas como nexo de unión entre o entorno, obxecto de

estudio da Ciencia, e o cálculo como instrumento de traballo.

3. Estimar e calcular medidas de lonxitude, tempo, masa e temperatura

4. Coñecer o sistema métrico decimal.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Clasificación da materia.

2. Métodos de separación de mesturas heteroxéneas.

3. As disolucións.

4. Concentración das disolucións: tanto por cen en masa, tanto por cen en volume(grao

alcohólico) e concentración en masas. Problemas de aplicación directa, proporcións e

factores de conversión

5. Solubilidade.

6. Curvas de solubilidade.

7. Métodos de separación de disolucións.

8. Diferenciar os distintos tipos de sistemas materiais mediante a súa visualización.

9. Realización de problemas sinxelos de cálculo de concentracións dunha disolucións.

10. Utilización de procedementos físicos baseados nas propiedades características das

substancias puras para separalas mesturas.

11. Interpretación molecular da clasificación da materia

12. Preparación de disolucións, expresións da concentración e importancia que xogan na

vida diaria.

13. Análise de curvas de solubilidade.

14. Cooperación e corresponsabilidade nas distintas fases do traballo en grupo.

15. Interese na realización das experiencias, recollida de datos confección de informes...

16. Coidado e respecto polo material e instrumentos do laboratorio.

17. Valoración dos contidos que a ciencia utiliza e que pasa a nosa vida cotiá.

UNIDADE 14: Clasificación da Materia

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Explicar e empreñar as técnicas de separación e purificación de mesturas.

2. Enumerar as diferencias que existen entre unha mestura e unha disolución, e entre un

elemento e un composto.

3. Recoñecer e facer representacións, utilizando as partículas, de elementos, compostos

e disolucións.

4. Describir as disolucións e resolver problemas sinxelos de cálculo das súas

concentracións.

5. Describir a relación entre solubilidade e temperatura.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Clasificación da materia.

2. Métodos de separación de mesturas heteroxéneas.

3. As disolucións.

4. Concentración das disolucións: tanto por cento en masa, tanto por cento en

volume(grao alcohólico) e concentración en masas. Problemas de aplicación directa,

proporcións e factores de conversión

5. Solubilidade.

6. Curvas de solubilidade.

7. Métodos de separación de disolucións.

8. Diferenciar os distintos tipos de sistemas materiais mediante a súa visualización.

9. Realización de problemas sinxelos de cálculo de concentracións dunha disolución.

10. Utilización de procedementos físicos baseados nas propiedades características das

substancias puras para separalas mesturas.

11. Interpretación molecular da clasificación da materia

12. Preparación de disolucións, expresións da concentración e importancia que xogan na

vida diaria.

13. Análise de curvas de solubilidade.

14. Cooperación e corresponsabilidade nas distintas fases do traballo en grupo.

15. Interese na realización correcta das experiencias, recollida de datos, confección de

informes, etc.

16. Coidado e respecto polo material e instrumentos do laboratorio.

17. Valoración dos contidos que a ciencia utiliza e que pasa a nosa vida cotiá.

UNIDADE 15: Os Estados de Agregación da Materia

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Comprender que todos os materiais están formados por partículas .

2. Utilizar a teoría cinética da materia para explicar os estados de agregación, cambios

de estado e temperatura.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Discontinuidade da materia. Aproximación á teoría atómico-molecular.

2. Estados de agregación: propiedades macroscópicas dos tres estados e aproximación

as súas diferencias estruturais.

3. A temperatura e a teoría cinética.

4. As propiedades dos gases.

5. Os cambios de estado: explicación coa teoría cinética

6. Propiedades características das sustancias: puntos de fusión e ebullición, calores

latentes.

7. Curvas de quencenmento e arrefriamento.

8. Identificación das sustancias mediantes as súas temperaturas de fusión e ebulición.

Determinación experimental.

9. Determinación experimental da curva de quencemento dalgunha sustancia.

Representación e análise.

10. Análise de curvas de quencemento e arrefriamento.

11. Utilización da teoría cinética da materia na explicación dos fenómenos.

12. Sensibilización pola orde e as normas de seguridade no laboratorio.

13. Valoración positiva das medidas minuciosas tomadas no laboratorio.

14. Potenciar o traballo en grupo no laboratorio, reparto igualitaro das tarefas.

UNIDADE 16: A Reacción Química

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Establecer a diferencia entre fenómeno físico e fenómeno químico.

2. Intrepetar a nivel atómico molecular a reacción química

3. Ler a información contida nunha ecuación química.

4. Clasificar as reacciones químicas atendendo ás súas peculiaridades.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Cambios físicos e cambios químicos.

2. Reacción química: Interpretación das reaccións químicas coa teoría atómica de Dalton.

3. Lei de conservación da masa: Interpretación coa teoría atómica.

4. Ecuación química. Axuste da ecuación química.

5. Reaccións químicas de interese.

6. Desenvolvemento da capacidade para discernir entre transformacións físicas e

químicas.

7. Realización dalgunha experiencia de reacción química.

8. Interpretación da reacción química utilizando a teoría atómica de Dalton.

9. Axuste de ecuacións químicas sinxelas.

10. Recoñecemento da importancia dos modelos científicos para explicar a realidade

observada.

11. Sensibilidade pola orde e a limpeza do lugar de traballo e do material utilizado.

12. Disposición para o plantexamento de interrogantes ante feitos e fenómenos que

ocorren o noso redor.

13. Valorar a influencia da química na nosa vida.

UNIDADE 17: A Estructura do Átomo

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Utilizar algúns modelos da teoría atómica para explicar o comportamento eléctrico da

materia.

2· Indicar as características das partículas compoñentes dos átomos.

3. Calcular as partículas compoñentes de átomos, ións e isótopos.

4. Describir a estructura electrónica dos primeiros elementos mediante a súa

configuración.

5. Recoñecer o número atómico e másico dun elemento

6. Explicar os fenómenos de electrización e formación de ións mediante a ganancia ou

perda de electróns

7.Describir o átomo segundo o modelo de Rutherford.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Teoría atómica de Dalton.

2. Natureza eléctrica da materia: electróns e protóns.

3. Estructura interna do átomo. Modelo atómico de Rutherford. Formación de ións

4. Identificación dos átomos.

4a. Elemento químico: número másico, número atómico.

4b. Isótopos

4c. Masa atómica. Uma. Masa atómica relativa

5. Modelo atómico de Borh. Configuracións electrónicas

6. Establecer a natureza eléctrica da materia e distinguir as partículas constituíntes do

átomo empregando o modelo atómico de Rutherford.

7. Resolver problemas relacionados coa estrutura da materia, de número atómico e

másico, para calcular o número e tipo de partículas compoñentes de isótopos e ións.

8. Localizar na táboa periódica o número atómico e masa atómica dun elemento

9. Construír configuracións electrónicas segundo o modelo de Borh para os elementos

dos 3 primeiros períodos

10. Razoar a formación de ións segundo o número de electróns cedidos ou gañados

11. Inquedanza por atopar explicacións e solucións para todos os fenómenos.

12. Valorar a argumentación como base de avance no coñecemento.

13. Valorar a ciencia como medio de coñecemento non dogmático do noso entorno e a

súa provisionalidade.

14. Interese por coñecer os avances científicos.

Matemáticas 3º(PMAR)

UNIDADE 18: Interpretación de Funcións a Función de Proporcionalidade

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Familiarizarse co concepto de función.

2. Buscar relacións entre a proporcionalidade e a función correspondente.

3. Representar a función afín e saber ler a súa gráfica.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. Gráficas e funcións.

2. As funcións lineais e afín.

3. Elaboración da gráfica dunha función dada polo enunciado.

4. Utilización da función lineal para expresar relacións de proporcionalidade.

5. Representación das funciones lineal e afín.

6. Afición a interpretar fenómenos descritos mediante gráficas.

7. Gusto pola simplificación.

UNIDADE 19: Interpretación de Gráficas

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Familiarizarse coas gráficas de funcións.

2. Ser capaz, en casos elementales, de deducir unha función pola súa gráfica e

viceversa.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. As gráficas das funcións coma representación dun fenómeno. Relación gráfica-

enunciado.

2. Interpretación de funcións e distribucións estatísticas dadas, mediante unha gráfica.

3. Descripción dos seus principais rasgos.

4. Elaboración da gráfica dada por un enunciado.

5.Afición a interpretar fenómenos e relacións descritas mediante gráficas.

UNIDADE 20: Aproximación Experimental as leis do Azar

OBXECTIVOS DA UNIDADE

1. Distinguir experimento aleatorio de experimento determinista.

2. Familiarizarse co concepto de probabilidade.

CONTIDOS DA UNIDADE

1. O acontecemento aleatorio. Suceso. Tipos de sucesos.

2. Frecuencia absoluta e relativa.

3. A Lei dos grandes números o da estabilidade da frecuencia relativa adquirida por vía

experimental.

4. Lei de Laplace.

5. Identificación dos sucesos pertencentes a un experimento ou acontecemiento de tipo

aleatorio.

6. Diferenciación de sucesos.

7. Formulación e conxetura sobre experimentos aleatorios sinxelos.

8. Estimación da probabilidade dun suceso a partir da frecuencia relativa extraída dun

número suficiente de experiencias.

9. Obtención del número de casos posibles ante un experimento e do número de casos

favorables a un suceso.

10. Cálculo da probabilidade teórica nos casos sinxelos.

11. Simulación de situacións aleatorias mediante a realización de experiencias

asequibles, con sucesos equiprobables aos que se pretende estudiar.

12. Valoración do traballo en equipo como forma eficaz de realizar actividades

experimentais relacionadas con as leis do azar.

13. Admiración pola potencia das conxeturas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN RELACIÓN COAS COMPETENCIAS BÁSICAS

1. Medir con precisión suficiente as magnitudes básicas e aplicar algoritmos axeitados

para determinar as magnitudes derivadas. Competencia matemática e aprender a

aprender

2. Coñecer e utilizar correctamente as unidades do Sistema Internacional

correspondentes a distintas magnitudes e empregar os factores de conversión nos

cambios de unidades. Competencia matemática e aprender a aprender

3. Recoñecer a densidade como unha propiedade característica da materia e resolver

exercicios de calculos de masa, densidade e volume. Competencia matemática e

coñecemento e interacción co mundo físico

4. Coñecer os instrumentos adecuados para medir as magnitudes básicas. Coñecer o

significado de precisión e sensibilidade dun instrumento de medida. Competencia

matemática, aprender a aprender e coñecemento e interacción co mundo físico

5. Utilizar o coñecemento das cualidades da enerxía (conservación, transformación...)

para explicar algúns fenómenos naturais e cotidiás. Coñecemento e interacción co mundo

físico e aprender a aprender.

6. Diseñar e realizar montajes experimentales para observar os cambios realizados polo

calor nos corpos. Valorar as aplicacións destes fenómenos. Coñecemento e interacción

co mundo físico, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

7. Coñecer os aspectos básicos da teoría cinética da materia e justificar as

características dos estados de agregación , a T e a P dos gases e os cambio de estado

de acordo coa teoría cinética da materia. Coñecemento e interacción co mundo físico

8. Recoñecer os diferentes cambios de estado da auga e as temperaturas ás que estes

se producen. Coñecemento e interacción co mundo físico e aprender a aprender

9. Interpretar gráficas de quecemento e de arrefriamento de substancias, identificando

nelas os cambios de estado que puideron producirse. Competencia lingüística,

matemática, coñecemento e interacción co medio físico, aprender a aprender e

autonomía e iniciativa persoal.

10. Utilizar algúns modelos da teoría atómica para explicar o comportamento eléctrico da

materia. Describir o átomo segundo o modelo de Rutherford. Coñecemento e interacción

co mundo físico

11. Indicar as características das partículas compoñentes dos átomos e calcular as

partículas compoñentes de átomos, ións e isótopos. Coñecemento e interacción co

mundo físico

12. Describir a estructura electrónica dos primeiros elementos mediante a súa

configuración. Coñecemento e interacción co mundo físico

13. Recoñecer que o número atómico é o número de protóns nun átomo e recoñecer que

o número másico é o número de protóns mailo número de neutróns. Coñecemento e

interacción co mundo físico

14. Explicar o fenómeno da formación de ións mediante a ganancia ou perda de

electróns. Coñecemento e interacción co mundo físico

15. ·Coñecer a estructura da táboa periódica e situar os elementos mais importantes.

Competencia ligüística, coñecemento e interacción co mundo físico, competencia cultural

e artística

16. Dada unha serie de elementos, diferenciar entre metais e non metais e coñecer as

propiedades máis xerais. Coñecemento e interacción co medio físico

17. Asociar a estructura electrónica dun elemento co seu comportamento e con algunhas

das súas propiedades químicas. Coñecemento e interacción co medio físico, tratamento

da información e competencia dixital, aprender a aprender.

18. Comprender cómo se forman as moléculas. Competencia lingüística, coñecemento e

interacción co mundo físico e aprender a aprender.

19. Comprender que é un enlace químico. Coñecemento e interacción co mundo físico e

autonomía e iniciativa persoal

20. Diferenciar entre elemento, átomo, molécula e cristal. Coñecemento e interacción co

mundo físico

21. Recoñecer o tipo de enlace dunha sustancia e as propiedades a partir dos elementos

que forman parte. Coñecemento e interacción co mundo físico

22. Formulación de compostos binarios. Coñecemento e interacción co mundo físico,

aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

23. Obter sustancias puras a partires das súas mesturas utilizando procedementos

físicos (filtración, destilación, decantación e cristalización) basados nas propiedades

características das sustancias puras. Valorar a aplicación práctica destas técnicas.

Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da

información e competencia dixital, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

24. .Enumerar as diferencias que existen entre unha mestura e unha disolución, e entre

un elemento e un composto.Competencia lingüística, coñecemento e interacción co

mundo físico, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

25. Describir as disolucións e resolver problemas sinxelos de cálculo das súas

concentracións.Competencia lingüística e matemática

26. Discernir entre cambio físico e químico en exemplos cotiáns. Competencia lingüística,

coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a aprender e autonomía e iniciativa

persoal

27. Distinguir entre reaccións exotérmicas e endotérmicas. Competencia lingüística e

coñecemento e interacción co mundo físico

28. Escribir e axustar correctamente algunhas ecuacións químicas correspondentes a

reaccións químicas habituais na natureza.Competencia matemática, coñecemento e

interacción co mundo físico, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

29. Utilizala teoría atómica para explicar en qué consiste a reacción química e a

conservación da masa. Competencia lingüística e coñecemento e interacción co mundo

físico

30. Identificar movementos sinxelos caracterizándoos pola súa traxectoria, velocidade e

aceleración. Competencia lingüística, matemática, coñecemento e interacción co mundo

físico, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.

31. Extraer informacióndos movementos a partir das súas gráficasdas gráficas.

Competencia lingüística, matemática, coñecemento e interacción co mundo físico,

aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.

32. Resolver problemas relativos ós movementos nos que se utilicen ecuacións de

primeiro grado ou sistemas de ecuacións sinxelos. Competencia lingüística, matemática,

coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a aprender e autonomía e iniciativa

persoal.

33. Describir en situacións sinxelas as forzas que actúan sobre os obxectos.

Competencia matemática e coñecemento e interacción co mundo físico

34. Describir as propiedades mais importantes dos líquidos. Competencia lingüística e

coñecemento e interacción co mundo físico

35. Recoñecer a existencia da presión hidrostática as súas implicacións.Cálculos.

Competencia matemática, coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a

aprender e autonomía e iniciativa persoal

36. Resolver problemas para os que se precise a utilización das catro operacións, as

potencias e as raíces cuadradas, valorando a adecuación do resultado ó contexto.

Competencia matemática e lingüística

37. Interpretar relacións funcionais dadas en forma de táboa e representalas usando

gráficas cartesianas. Competencia lingüística, matemática, aprender a aprender e

autonomía e iniciativa persoal.

38. Saber manexar as porcentaxes e cálculo de razóns proporcionais. Competencia

matemática

39. Resolver e plantexar problemas nos que haxa que utilizar ecuacións de primeiro grao

e de segundo grao. Competencia lingüística, matemática, aprender a aprender e

autonomía e iniciativa persoal.

40. Saber interpretar planos. Poder utilizar escalas distintas. Competencia lingüística,

matemática, coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a aprender e

autonomía e iniciativa persoal.

41. Identificar corpos xeométricos sinxelos e a súa vinculación con rectas e planos.

Competencia matemática, aprender a aprender, competencia cultural e artística

42. Resolver problemas elementais de probabilidade. Competencia lingüística e

matemática

43. Representar datos mediante gráficas estatísticas e calcular a media aritmética.

Competencia lingüística e matemática

44. Describir as células como unidades estruturais e funcionais dos seres vivos e a súa

organización en tecidos, órganos, aparatos e sistemas. Coñecemento e interacción co

mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, aprender a aprender,

autonomía e iniciativa persoal

45. Describir os órganos e aparatos humanos implicados nas distintas funcións vitais,

establecendo as relacións entre eles e os hábitos de hixiene e saúde. Competencia

lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da información e

competencia dixital, aprender a aprender.

46. Explicar os procesos fundamentais de dixestión e asimilación dos alimentos.

Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, aprender aprender

e autonomía e iniciativa persoal

47. Ser capaz de elaborar unha dieta equilibrada e razoar as posibles deficiencias

doutras dietas inadecuadas. Competencia matemática, coñecemento e interacción co

mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e

cidada´, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

48. Describir o percorrido do osíxeno no corpo humano. Competencia lingüística,

coñecemento e interacción do mundo físico

49. Explicar a eliminación de productos de refugallo do metabolismo celular. Competencia

lingüística, coñecemento e interacción do mundo físico

50. Distinguir entre alimento e nutriente; clasificar os compoñentes dos alimentos

segundo as súas funcións. Competencia lingüística, coñecemento e interacción do

mundo físico

51. Explicar os conceptos de reproducción asexual e sexual, gametos, gónadas,

hormonas, fecundación, cigoto. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co

mundo físico, competencia social e cidadá, cultural e artística, aprender a aprender e

autonomía e iniciativa persoal

52. Recoñecer as partes dos aparellos reproductores e as súas funcións. Coñecemento e

interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital,

competencia social e cidadá, cultural e artística, aprender a aprender e autonomía e

iniciativa persoal.

53. Explicar os procesos que teñen lugar ó longo do ciclo menstrual. Competencia

lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da información e

competencia dixital, competencia social e cidadá, aprender a aprender e autonomía e

iniciativa persoal.

54. Describir o percorrido dos espermatozoides dende o seu lugar de formación ata o

lugar onde ocorre a fecundación. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co

mundo físico, aprender a aprender, autonomía e iniciativa persoal.

55. Coñecer os métodos de control da reproducción e de prevención de enfermidades de

transmisión sexual. Coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da

información e competencia dixital, social e cidadá, cultural e artística, aprender a aprender

e autonomía e iniciativa persoal.

56. Explicar os procesos que teñen lugar cande se reciben estímulos e distinguir resposta

voluntaria e acto reflexo. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo

físico, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.

57. Explicar as funcións dos centros nerviosos. Competencia lingüística, coñecemento e

interacción co mundo físico, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

58. Coñecer os efectos das drogas sobre a saúde. Competencia lingüística, coñecemento

e interacción co mundo físico,tratamento da información e competencia dixital, aprender a

aprender e autonomía e iniciativa persoal

59. Definir o concepto de saúde e identificar as principais causas das enfermidades.

Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a

aprender e autonomía e iniciativa persoal

60. Recoñecer as formas de transmisión das enfermidades infecciosas. Competencia

lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico,tratamento da información e

competencia dixital, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

61. Describir as barreiras defensivas do corpo fronte ós microbios. Competencia

lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da información e

competencia dixital, competencia social e cidadá, cultural e artística, aprender a aprender

e autonomía e iniciativa persoal

62. Explicar os principais métodos de loita contra as enfermidades infecciosas.

Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da

información e competencia dixital, competencia social e cidadá, cultural e artística,

aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

63. Razoar, ante un exemplo de comportamento, se é saudable ou non e, no seu caso,

cómo se podería mellorar. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo

físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá,

cultural e artística, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

64. Distinguir os diferentes compoñentes dun ecosistema dado. Competencia lingüística,

coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a aprender, autonomía e iniciativa

persoal

65. Coñecer os factores abióticos que inflúen nos ecosistemas, especialmente a

humidade, luz e temperatura. Saber de que xeito poden influir neles. Competencia

lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a aprender, autonomía e

iniciativa persoal

66. Coñecer as relacións intraespecíficas máis importantes: competencia, parentesco,

gregaria, colonial. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico,

aprender a aprender, autonomía e iniciativa persoal

67. Coñecelas relacións interespecíficas máis importantes: competencia, depredación,

parasitismo, simbiose, mutualismo e comensalismo. Competencia lingüística,

coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a aprender, autonomía e iniciativa

persoal

68. Explicar a fotosíntese e produtos que xera. Citar a vantaxes que aporta a súa acción

ó ecosistema. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico,

tratamento da información e competencia dixital, aprender a aprender

69. Explicar as diferenzas entre recursos renovables e non renovables. Competencia

lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da información e

competencia dixital, aprender a aprender

70. Coñecelas vías de contaminación máis habituais: do aire, das augas e a xeración de

residuos sólidos. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico,

tratamento da información e competencia dixital, aprender a aprender, autonomía e

iniciativa persoal

71. Explicar os distintos métodos de tratamento de RSU e as súas vantaxes e

inconvenientes. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico,

tratamento da información e competencia dixital, aprender a aprender, autonomía e

iniciativa persoal

72. Resolver problemas de xenética, empregando termos axeitados no razoamento das

respostas. Competencia lingüística, matemática, coñecemento e interacción co mundo

físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá,

cultural e artística, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal

73. Saber explicalo feito de evolución dos seres vivos, incidindo no papel da mutación, a

variabilidade genética e a selección natural. Competencia lingüística, matemática,

coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia

dixital, competencia social e cidadá, cultural e artística, aprender a aprender e autonomía

e iniciativa persoal

74. Levantar un perfil do relevo a partires dun mapa topográfico sinxelo. Competencia

matemática, coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a aprender e

autonomía e iniciativa persoal

75. Diferenciar os conceptos de erosión, transporte e sedimentación e saber aplicalos a

algún caso concreto. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo

físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá,

competencia social e artística, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.

76. Coñecer os accidentes xeográficos que atopamos nas zonas costeiras e no interior.

Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da

información e competencia dixital, competencia social e cidadá, competencia social e

artística, aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.

77. Explicar o ciclo de Wilson, comentando os procesos que interveñen na tectónica de

placas. Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico

78. Elaborar correctamente informes sinxelos das actividades prácticas realizadas.

Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a

aprender, e autonomía e iniciativa persoal.

70. Recoller nun caderno de traballo as actividades desenvolvidas ó longo das clases.

Competencia lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a

aprender, e autonomía e iniciativa persoal.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

Por tratarse dun Programa de Diversificación Curricular os contidos traballados xa

son “os mínimos”. Non obstante, considéranse especialmente mínimos imprescindibles

todolos puntos do listado anterior que versen sobre contidos da área de Matemáticas, xa

que é importantísimo para o desenvolvemento na incorporación dos alumnos á vida

cotidiá. Nesta línea tamén se velará por conseguir alcanzar os obxectivos da área de

Natureza referente ó relacionado coa nutrición, reproducción e o coñecemento dos

efectos negativos do consumo de drogas. No que respecta ás actitudes, é mínimo

comportarse respetuosamente ante os compañeiros, profesores e adultos en xeral.

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Tendo en conta que se trata dunha medida de reforzo e apoio para alumnos con

dificultades e que os obxectivos mínimos son os mínimos de 3º e 4º ESO tratarase de

que todo o alumnado titule cando rematen ambos cursos.

Non se trata de avanzar segundo a programación senón de que os contido e as

competencias acaden de xeito correcto.

Haberá unha avaliación inicial da que falarei no seguinte epígrafe a a partir da cal

determinarei pautas para o futuro desenvolvemento do curso.

Ao longo dos trimestres faranse probas escritas, recolleranse traballos, analizaranse e

correxiranse libretas de aula e de laboratorio, tomarase nota da actitude e do traballo

tanto de cada alumno e alumna de xeito individual coma en equipo que porporcionarán

unha nota trimestral e unha información esencial para adaptar a programación ao ritmo

que os educandos requiran. Esta nota tamén será resultado da participación do propio

alumnado que poderá modificar resultados numéricos de traballos, prácticas e traballo

de aula de xeito que se vexa implicado nos seus propios resultados.

Ao remate de cada curso emitirase unha única nota do curso que tratará de reflictir o

traballo realizado ao longo do ano, verase a evolución persoal de cada individuo e

valorarase o nivel de logro dos obxectivos propostos

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Os principais serán:

- Caderno de aula na que se analizará a presentación, a recopilación de todo o dado, a

secuenciación e a orde.

-Informes de prácticas e traballos de iniciación á investigación propostos na que se

valorará a información aportada, a presentación, a idoneidade e veracidade dos

contidos...

- Observación do traballo na aula, tanto en grupo como individualmente

- Probas orais e escritas

- Participación nas sesións, prácticas, saídas...

PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL

O primeiro día de clase, logo de presentarse e presentar o ámbito científico tecnolóxico

farase unha avaliación inicial dividida en tres partes nas que se pretenderá analizar o

nivel de desenvolvemento das competencias ata este momento. Será unha parte de

análise de texto, probas de cálculo e resolución de problemas da vida cotiá e unha serie

de cuestións sobre as ciencias naturais. Ao principio de cada unidade do ámbito farase

unha actividade para “sondear” os conceptos previos que o alumnado ten con tres

finalidades: saber o que saben, percibir errores en preconceptos e como actividade de

motivación cando o que saben é útil para o desenvolvemento da unidade.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Para acadar a superación deste ámbito en cada un dos seus cursos a nota final terá que

ser 5 ou superior (obténdose esta nota facendo a media das tres avaliacións). No caso de

supender unha avaliación con menos de catro recuperase no seguinte trimestre,

mediante probas escritas ou a realización de diversas tarefas, traballos, exercicios. A nota

de cada avaliación sairá do cálculo da media ponderada das probas escritas, o traballo

de aula (onde se incluirán datos como o correcto “estado” dos cadernos de aula e

laboratorio, a participación, o comportamento, a realización de tarefas na casa e na

aula....)e a presentación de traballos escritos ou orais. A ponderación das tres categorías

será o seguinte: obterase das probas escritas (un 50% da nota), traballo de aula (un

30%)presentación de traballos escritos e orais (un 20%).

O profesor, no seu caderno irá anotando datos positivos e negativos sobre o traballo na

aula e o comportamento. Nos casos de reiterado mal comportamento, a nota final (ou de

avaliación) poderá baixar ata 2 puntos. PLANS DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS

PENDENTES

Farase un seguimento das materias que teñen pendentes con traballos ou probas

individualizados que terán que presentar periódicamente. Estes traballos estarán

acordados polos diferentes departamentos implicados e segundo as pautas de

recuperación de ditos departamentos.

No caso das materias relacionadas co noso departamento tratarase de boletíns de

actividades que teñen que presentar en cada trimestre. Senon os entregan ou o traballo

está mal terán dereito á proba de maio. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

Dado que estes alumnos presentan dificultade no proceso de aprendizaxe, o profesor

terá en conta esta situación e procurará unha didáctica que favorezca a motivación e

participación do alumnado. Esta didáctica basearase na medida do posible na integración

dos contidos teóricos xunto con actividades prácticas que axuden por unha banda a

reforzar aqueles contidos e, por outra, a evitar a excesiva carga teórica e acumulación de

conceptos que desbordan a este tipo de alumnado.

Os principios básicos nos que me apoiarei serán:

. As secuencias de ensinanza-aprendizaxe deben:

. Respetar os principios da ciencia

Respetar a capacidade de aprender dos alumnos que depende de: a natureza

cognitiva, e o xeito en que se lle presentan os contido

O enfoque globalizador coa posibilidade de organizar os contidos (establecer relacións

e construir esquemas de coñecemento

A relación coa realidade que se establece mediante o enfoque globalizador facilita a

comprensión da funcionalidade dos contidos de aprendizaxe

A motivación

A riqueza dos significados que conforman os esquemas cognitivos

Toda situación de ensinanza-aprendizaxe debe partir dunha situación próxima á

realidae, debe resultarlle máis interesante e crearlle a necesidade de formular cuestións

e problemas aos que lle debe dar resposta.

Este tipo de alumno so aprenderá significativamente se os coñecementos adquiridos

son funcionais e lle proporcionan un rendemento inmediato aceptable en relación co seu

esforzo persoal.

Evitar o aburrimento

Esta didáctica teórico-práctica basearase na utilización de procedimentos tipo

“actividades” tales como:

a) Exercicios prácticos sobre a materia en estudio.

b) Resolución de problemas sinxelos .

c) Exercicios e problemas que especialmente pretendan relacionalo aprendido na clase

co plantexado na vida cotidiá.

d) Traballos prácticos de laboratorio.

e) Recursos audiovisuais, (imaxes de ordenador, vídeo, presentacións...

f) Traballos baseados na búsqueda de información.

g) Actividades que ensinen a resumir, esquematizar.

Nalgúns casos o alumno traballará a partir do material impreso ou apuntes que se lle

proporcionará ó comenzo de cada unidade didáctica, este consistirá en nunha

introducción teórica e actividades a desenvolver polo alumno tales como contestar

preguntas, nomear esquemas mudos, colorear debuxos de forma selectiva, resolver

problemas ou exercicios. Este material copiado, cuidado, numerado e ordenado polo

alumno constituirá o seu caderno de clase.

Noutros temas seguirase empregaranse os libros de texto de 3º ESO facendo o alumno

os resumos e esquemas e exercicios no seu caderno.

Procurarase ter unha biblioteca de aula o máis completa posible.

Ó comenzo de cada unidade didáctica, faranse actividades para evaluar os

coñecementos previos do alumno para adecuar as explicacións posteriores.

Faranse traballos en grupo en determinades tarefas para que colaboren, para conseguir

un clima de traballo agradable.

Como principio xeral trataranse de buscar centros de interés sobre os que poder

desenvolver os contidos das tres materias de xeito integrado. Non sempre será posible e

teremos que ir intercalando as unidades segundo as necesidades que vaian xurdindo.

No relativo á busca deses centros de interés tratarei de desenvolver, xunto coa persoa

que imparta o ámbito socio-lingüístico un traballo por proxectos en cada trimestre.

Tamén se empregará de xeito regular e con fins motivadores a metodoloxía da

“controversia” coa que se tratará de analizar todos os puntos de vista que unha noticia

pode provocar nun lector cun traballo individual e en equipo.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A colaboración co departamento de Orientación será fundamental. A aportación dos seus

datos xunto cos recollidos na avaliación inicial permitirán tratar de localizar dificultades

para poder solventalas coas medidas de apoio, reforzo ou mesmo ampliación precisas

para cada alumno na unidade didáctica que a precisen. Serán actividades

especialmente intuitivas e cunha curva de aprendizaxe moi liviana polo que están

dirixidas aos alumnos con maior dificultade de aprendizaxe.

PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES

Trátase dun grupo reducido, os problemas de convivencia, en principio deberían ser

pouco significativos pero non debemos esquecer:

O fomento das normas mínimas de convivencia para que calquer grupo funcione:

solicitar o uso da palabra, falar por orde, chegar a acordos, repetar aos compañeiros...

A interiorización de valores e actitudes positivos que lles permitan non so o éxito

académico senón un desenvolvemento integrado da súa persoa que lles permita medrar

como persoas ben a nivel laboral ou formativo (en ciclos ou bacharelato) e, co tempo os

convirta en adultos sanos e responsables.

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN Ó PROXECTO LECTOR

As pautas xerais deste plan lector serán asimiladas polo grupo. As relacións que se

deberán establecer co docente do ámbito socio-lingüístico permitirá un traballo

conxunto.

Asimesmo os textos e a metodoloxía de traballo da “controversia” permitiramos o acceso

a unha serie de recursos que nos permitirán fomentar o hábito á lectura.

Tamén ser proporán libros de lectura que serán comentados na aula en pequenos

fragmentos seleccionados. Por exemplo:

El curioso incidente del perro a medianoche. Mark Haddon. Salamandra. 2006

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC

Nas propostas de traballos de iniciación á investigación os alumnos deberán aprender a

desenvolver habilidades TIC: busca de información, selección, análise, comprensión,

elaboración de traballos de texto, de gráficas...e logo posta en común aos seus

compañeiros con presentacións, anacos de videos, gifs...

Trátase de que as novas tecnoloxías supoñan unha vantaxe para rapaces que teñen

dificultades coa lecto-escritura ou co cálculo pero non co medio que os rodea onde,

normalmente son moi hábiles.

A aportación e uso destes recursos ao curso dependerá en gran medida da realidade do

propio grupo de alumnos.

Algunhas das webs de interés:

http://fai.unne.edu.ar/biologia

http://ibiblio.org/virtualcell/tour/cell/cellsp.htm

http://genetics.utah.edu/es/

http://biomodel.uah.é/model4/dna/index.htm

http://mendelweb.org

http://bioinformatica.uab.es/genomica/swf/genotipo.swf

http://medgen.genetics.utah.edu/thumbnails.htm

http://www.fosil.cl/evolución00.html

http://educastur.princast.es/proyectos

http://faunaiberica.org

http://www.practiciencia.com.ar/ctierrayesp/tierra.htm

http://w3.cnice.mec.es

http://recursos.cnice.mec.es

http://volcano.und.edu/

http://portalciencia.net

http://bioxeo.com

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

Aparece detallado no anexo.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

O primeiro material empregado é o libro de texto (das diferentes materias do ámbito)

acompañado do encerado.

Diversas fotocopias, modelos, mapas, pequenos videos ou imaxes significativas

Canón de proxección, presentacións en PowerPoint e DVDs.

Documentais

Coleccións de rochas e minerais

Guías e claves taxonómicas

Laboratorio e material preciso para a elaboración de prácticas relativas ao ámbito

Plastilina, cartulinas de cores...ou calquer outro recurso que facilite a adquisición dos

obxectivos plantexados nesta programación.

O medio que nos rodea

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Como mínimo, poderán ir ás saídas que os diferentes departamentos das tres materias

fagan tanto en 3º ESO. Na asignatura da nosa materia:

Outras saídas serán para empregar o medio que nos rodea como recurso directo: visita

ao castro, visita a un bosque...

PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN E A PROPIA

ACTIVIDADE DOCENTE

Ao longo dos trimestres faremos un repaso do que levamos feito e proporanse cambios

para mellorar o proceso ensino-aprendizaxe pero, será cando remate cada curso cando

se pasará unha enquisa detallada cun resumo de todos os recursos, actividades,

saídas...que levamos a cabo para que este traballo sexa avaliado de xeito explícito e

anónimo.

Esta profesora analizará as respostas obtidas en cada trimestre e a final de cada curso

xa que o obxectivo é a mellora continua no meu traballo.

Mos, 28 setembro 2018

Asdo: Lucio Palacios Pool