Usar o blog climantica

9
Usar o BLOG: http://ies.davidbujan.climantica.org 1.- Escribir un artigo. Pasos a seguir: 1. Accede á páxina de usuarios do blog. Á esquerda atópase a sección de artigos. Facer clic en “engadir novo” Tamén podemos usar a opción “artigo novo”. 2. Aparecerá unha fiestra similar á dun procesador de texto. Empezamos escribindo o título: 3. Asegurámonos de que a pestana corresponde a “visual” o que nos permite escribir o texto como se empregásemos un procesador de texto. Podemos escoller o tamaño, cor, tipo e forma do texto. 4. Unha vez escrito o texto, hai que indicar a categoría onde o queremos integrar. Para iso empregamos o menú “categorías”.

Transcript of Usar o blog climantica

Page 1: Usar o blog climantica

Usar o BLOG: http://ies.davidbujan.climantica.org

1.- Escribir un artigo. Pasos a seguir:

1. Accede á páxina de usuarios do blog. Á esquerda atópase a sección de artigos. Facer clic en “engadir

novo” Tamén podemos usar a opción “artigo novo”.

2. Aparecerá unha fiestra similar á dun procesador de texto. Empezamos escribindo o título:

3. Asegurámonos de que a pestana corresponde a “visual” o que nos permite escribir o texto como se

empregásemos un procesador de texto. Podemos escoller o tamaño, cor, tipo e forma do texto.

4. Unha vez escrito o texto, hai que indicar a categoría onde o queremos integrar. Para iso empregamos

o menú “categorías”.

Page 2: Usar o blog climantica

5. Podemos crear unha nova categoría facendo clic en “Engadir nova categoría”

6. Agora podes:

• Gardar o traballo como borrador para seguir traballando nel agora ou noutro momento.

• Publicalo no blogue. Para iso facer clic en “publicar”.

• Ver o artigo despois de publicalo facendo clic en “vista previa”.

7. Despois de publicalo o teu artigo aparecerá asociado á categoría especificada listo para ser revisado

he comentado.

2. Inserir un vídeo de You Tube.

1. Logo de acceder á pantalla de administración, prememos en Artigo novo...

Page 3: Usar o blog climantica

2. Escribimos o título do post e seleccionamos unha Categoría...

3. Escribimos o post que desexemos e situamos o cursor no lugar onde queremos poñer o vídeo e

facemos clic no botón Engadir Recursos...

4. Prememos sobre o campo Portal e seleccionamos YouTube...

5. No campo ID debemos de escribir a identificación do recurso dentro do portal (neste caso YouTube).

Page 4: Usar o blog climantica

6. Para atopar o ID, abrimos unha nova ventá no navegador e imos á páxina do recurso e buscamos o

campo Insertar ou Embed (no caso de que houbera opción, buscaríamos o campo referido a Wordpress).

7. Seleccionamos o texto, prememos o botón dereito do rato e seleccionamos Copiar...

8. Voltamos á pantalla de Administración e situámonos sobre o campo Buscar id por la url o el código

(embedded). Facemos clic co botón dereito do rato e seleccionamos Pegar...

9. Automaticamente aparece o ID do noso vídeo. Para rematar prememos Insert...

Page 5: Usar o blog climantica

10. Vemos como o vídeo queda representado por unhas etiquetas que inclúen a súa ID. Podemos

continuar escribindo debaixo do obxecto (neste caso un vídeo), movelo de lugar, etc. Logo prememos en

Gardar como borrador.

11. Prememos en Previsualizar o artigo para ver o post, e xa podemos ver o vídeo...

12. Finalmente, voltamos á pantalla de Administración e Publicamos o post, seguindo os pasos habituais...

Podemos incluír vídeos de outros portais e tamén outros obxectos multimedia.

3.- Subir unha presentación Power Point empregando Slideshare.

Slideshare é un sitio web onde podes aloxar as túas presentacións e compartilas con outros.

1. Escribe http://www.slideshare.net na barra de enderezos

2. Se non eres membro, tes que rexistrarte. Se xa estás rexistrado fai clic en “login”.

Page 6: Usar o blog climantica

3. Escribe os teus datos: - usuario (Username or Email) and contrasinal (Password). Fai clic en Login

para entrar

4. Para subir a túa presentación fai clic en Upload ...

5. Verás unha nova ventá onde buscar a túa presentación. Fai clic en browse, selecciona o arquivo e fai

clic en Open...

8. Podes engadir detalles á túa presentación… etiquetas, categoría, descrición…

Page 7: Usar o blog climantica

9. Cando a presentación está publicada a podemos ver usando as frechas.

3.1 Para subir a presentación ao blogue:

1. Seleccionar a opción “wordpress” e copiar o código “wordpress embed”

2. Accede á páxina de usuarios do blogue, abrir un novo artigo e facer clic no botón “Embedded video

plugin”.

3. No menú “Select video portal” escoller “slideshare”...

Page 8: Usar o blog climantica

4. Na ventá “Embed video” fai clic no botón dereito do rato e selecciona pegar.

5. Fai clic en Insert ...

6. O código asociado coa presentación aparece na pantalla. Podemos engadir texto ou calquera outro

recurso.

Facemos clic en gardar como borrrador e previsualizar.

17. Agora podemos ver a presentación e publicala.

Con SlideShare pódense subir moitos tipos de documentos: ppt, pps, pot (PowerPoint), pdf, odp

(OpenOffice), doc (MSWord), xls (MSExcel), rtf.

Page 9: Usar o blog climantica

3.2 Se a presentación e un arquivo prezi

1. Desde a páxina de prezi selecciona a opción “embed” e copiar o código “embed”.

2. Accede á páxina de usuarios do blogue, abrir un novo artigo e facer clic no botón “Embedded video

plugin”, no menú “Select video portal” escoller “climantica (embedded)”

3. Pega o código na ventá “buscar id por la url o el código (embed) e fai clic en Insert ...

4. O código asociado coa presentación aparece na pantalla. Podemos engadir texto ou calquera outro

recurso. Para ver o resultado facemos clic en gardar como borrrador e previsualizar.