Upp pediátrica

17
UPP en Pediatría Definición e prevención

Transcript of Upp pediátrica

Page 1: Upp pediátrica

UPP en Pediatría

Definición e prevención

Page 2: Upp pediátrica

• A miúdo pensamos que é un problema propio das persoas anciás, pero calquera persoa exposta a unha presión prolongada, xa sexa por inmobilidade ou por dispositivos terapéuticos, está exposta ó desenvolvemento dunha UPP.

• Os nenos que padecen problemas neurolóxicos e os que están ingresados en Unidades de Coidados Intensivos Pediátricos (UCIP) e/ou neonatais (UCIN) teñen maior risco de desenvolver UPP ca poboación pediátrica xeral.

Page 3: Upp pediátrica

PARA RECORDAR…: -Unha UPP é calquera lesión da pel e dos tecidos subxacentes orixinada por un proceso isquémico producido pola presión, fricción, cizallamento ou unha combinación dos mesmos.

AUMENTO DA PRESIÓN

Oclusión dos vasos sanguíneos e linfáticos Hiperemia

Isquemia endotelial (+ acidose)

Aumento da permeabilidade capilar

Edema

Difusión ós tecidos subcutáneos Hemorraxia + + Detritus tóxicos

Céls. Inflamatorias + + BacteriasNecrose de tecidos subcutáneos

NECROSE DA PEL

Page 4: Upp pediátrica

FACTORES RELACIONADOS COA APARICIÓN DA UPP:

-EXTRÍNSECOS: Factores externos ó neno que inciden sobre el. Presión: Forza que actúa perpendicularmente á pel coma

consecuencia da gravidade, provocando aplastamento tisular entre dous planos: O plano óseo e o plano externo. A presión capilar oscila entre 16-32 mmHg. Unha presión superior a 17 mmHg ocluirá o fluxo sanguíneo capilar nos tecidos brandos, o que provocará hipoxia e, se non se alivia, necrose dos mesmos. A formación da UPP depende tanto da presión exercida sobre unha zona da pel coma do tempo que se manten esta presión.

Fricción: É unha forza tanxencial que actúa paralelamente á pel, producindo roces por movementos ou arrastres.

Cizallamento ou forza externa de pinzamento vascular: Combina os efectos de presión e fricción. Trátase de forzas paralelas que se producen cando dúas superficies adxacentes deslízanse unha sobre a outra.

Page 5: Upp pediátrica

-INTRÍNSECOS: Aqueles factores do neno que poden ter un efecto perxudicial sobre a súa pel. Os máis importantes son:

Idade: Os menores de 36 meses teñen maior risco de desenvolver UPP. Na poboación pediátrica, a cabeza ten un especial risco de aparición de UPP.

Prematuridade e baixo peso ó nacemento: Os recén nacidos pretérmino e os de baixo peso, con pel fina e seca e tamén sistemas orgánicos inmaduros son especialmente susceptibles ós efectos da presión e o cizallamento.

Dependendo da idade do neno, nos casos de incontinencia, os ouriños e as feces poden trocar o pH da pel causando posibles alteracíóns na integridade da mesma

Page 6: Upp pediátrica

-PREDISPOÑENTES: Son outros factores de risco coadxuvantes para a aparición das UPP.

-Diminución da sensibilidade, mobilidade e/ou actividade. -As lesións neurolóxicas, incluíndo mielomeningocele, lesión

medular e dano cerebral traumático. -Os dispositivos terapéuticos (SNG, escaiolas, traccións,

sondas de saturación de O2 etc.)-Inestabilidade hemodinámica.-Fármacos: Sedantes, anestésicos, relaxantes musculares,

drogas vasoactivas. -A diminución do nivel de conciencia.-A dor.

Page 7: Upp pediátrica

ESTADIAXE DAS UPP: Empregamos o sistema recomendado por GNEAUPP.

Estadío I: Alteración observable en pel íntegra (relacionada coa presión): Eritema cutáneo que non palidece coa presión.

Estadío II: Perda parcial do grosor da pel que afecta á epiderme, á derme ou a amba-las dúas. Úlcera superficial que ten aspecto de abrasión, ampolla ou cráter superficial.

Page 8: Upp pediátrica

Estadío III: Perda total do grosor da pel que implica lesión ou necrose do tecido subcutáneo , que pode extenderse cara abaixo pero non pola fascia subxacente.

Estadío IV: Perda total do grosor da pel con destrucción extensa, necrose do tecido ou lesión no músculo, óso ou estruturas de sosten coma tendóns, cápsula articular, etc. Neste estadío, coma no estadío III, poden presentarse lesións con cavernas, tunelizacións ou traxectos sinuosos.

Page 9: Upp pediátrica

Nenos menores de 3 anos: Rexión occipital: Protuberancia occipital externaOrellas

Nenos maiores de 3 anos: Zona sacra Talóns

Outras localizacións frecuentes: Cóbado MaléolosTrocánteresIsquionTórax Cóxis

LOCALIZACIÓNS MÁIS FRECUENTES:

Page 10: Upp pediátrica

Está visto que na poboación pediátrica ingresada nas UCIP e UCIN, este tipo de lesións desenvólvense nos primeiros días de ingreso.

INSTAURACIÓN INMEDIATA DE MEDIDAS PREVENTIVAS

Para valorar o risco de aparición das UPP empregaremos as denominadas Escalas de Valoración do Risco en UPP (EVRUPP):

-Braden Q Scale: É a mellor ferramenta para a poboación pediátrica menor de 5 anos.

-Escala de Braden: A mellor ferramenta para maiores de 5 anos de idade.

En amba-las dúas escalas, canto máis baixa é a puntuación, maior é o risco de desenvolver UPP. Seguimos as seguintes indicacións:

-Braden Q: -Braden: -P. total: ≤ 16 Alto risco -P.total: ≤ 12 Alto Risco -P.total: 17-22 Risco moderado -P.total: 13-14 Risco moderado-P.total: ≥ 23 Baixo Risco -P.total: ≥ 15 Baixo risco

PREVENCIÓN

Page 11: Upp pediátrica

Pel: Examinar o estado da pel polo menos unha vez ó día. Manter a pel do neno limpa e seca en todo momento. Actividades:

– Secar a pel sen fricción. – Non aplicar ningún tipo de alcohol (colonias)– Manter ben hidratada.– Aplicar ácidos graxos hiperosixenados (Corpitol, Mepentol

etc.) nas zonas de risco de UPP. Importante aplicalos na zona occipital en nenos menores de 3 anos.

– Atención especial ás zonas onde houbo lesión previa polo risco de recurrencia.

Exceso de humidade, incontinencia, transpiración: Deberemos valorar e tratar os procesos que orixinen humidade na pel do neno, como a incontinencia, suoracíón profusa . Actividades:

-Realizar frecuentes trocos de cueiro-Usar sabas de algodón se é posible.

COIDADOS ESPECÍFICOS:

Page 12: Upp pediátrica

Manexo da presión: Para minimizar o efecto da presión temos en conta 4 elementos:

-Mobilización: Mellorar a mobilidade mediante os cambios posturais.

- Se non é posible realizalos de todo o corpo, polo menos da cabeza; en función do risco:

-Alto risco: cada 2h-Risco moderado: cada 3h-Baixo risco: Cada 4h

- Nos nenos preescolares (3-6 anos), escolares (6-12) e adolecentes (12-18) e sempre que sexa posible, deberanse erguer á cadeira durante 2h/día. En nenos menores de 3 anos, fomentar que os pais o collan no colo.

- Durante os cambios posturais temos que manter o aliñamento corporal e evitar que o neno apoie sobre as súas lesións.

-Evitar o arrastre. Levar a cabo as mobilizacións reducindo as forzas tanxenciais e a fricción.

Page 13: Upp pediátrica

-Establecer as seguintes posturas en nenos de 3 anos e escolares:

>Decúbito Prono : Caderas e xeonllos dobrados, brazos flexionados coas mans preto da boca e almofadiña escapular debaixo dos hombros.

>Decúbito Lateral: Caderas e xeonllos flexionados, brazos suavemente flexionados cara os hombros, cabeza en liña co corpo ou lixeiramente flexionada.

>Decúbito Supino: Caderas e xeonllos un pouco flexionados cara o abdome, hombros dobrados coas mans sobre o peito ou o abdome, brazos e pernas simétricas, cabeza en liña media ou comodamente voltada cara un lado.

-Cos escolares de maior idade e cos adolescentes, procederemos do mesmo xeito que cos adultos.

-É posible que sexa precisa a axuda de leitos, barreiras ou almofadas para colocar ós nenos nestas posicións.

Page 14: Upp pediátrica

-Superficies especiais para o manexo da presión (SEMP): Conxunto de dispositivos que foron deseñados especificamente para reducir ou aliviar a presión de toda a zona do corpo que estea en contacto coa superficie do dispositivo.

-Existen SEMP para incubadoras, cunas niño, cunas e camas pediátricas (convencionais e de coidados intensivos) en forma de colchonetas-sobrecolchóns, colchóns de reemprazo e incluso cunas e camas con prestacións especiais. Existen dous tipos fundamentais.

-Superficies estáticas: Reducen a presión aumentando a área de contacto co paciente (axústanse ó contorno do corpo e distribuen o peso do mesmo sobre unha superficie maior) Recomendadas para pacientes con sospeita de lesión medular.

-Superficies dinámicas: Alivian a presión eliminando os niveis de presión nalgúns puntos de apoio do paciente, mantendo a presión noutros e variando durante o tempo.

-Asignaremos os colchóns en función do risco: • Alto risco: Superficies dinámicas (colchóns de aire con

celdiñas)• Risco moderado: Superficies dinámicas ou estáticas,

en función da valoración• Baixo risco: Superficies estáticas

Page 15: Upp pediátrica

-Protección local ante a presión: Medidas auxiliares que se utilizan a nivel local nas zonas de maior risco de desenvolver UPP. Teñen que cumplir os seguintes requisitos:

-Permitir a inspección da pel polo menos unha vez ó día de xeito rápido e doado.

-Ser compatible con outras medidas de coidado local.

-Non lesionar a pel nin durante a colocación nin durante a retirada do mesmo.

As recomendacións para a protección local ante a presión son as seguintes:

-Nenos cun peso <10kg, podemos protexer a zona occipital mediante un apósito de espuma.

-Nenos cun peso >10kg , podemos protexela con apósitos de silicona en xel.

-Non recomendados os sistemas tipo corona, posto que diminúen o aporte sanguíneo á zona.

-En escolares e adolescentes podemos protexer os talóns mediante diversos apósitos ou dispositivos especiais.

-Importante avaliar os dispositivos terapéuticos utilizados coma sondas, mascarillas, escaiolas etc, posto que poden provocar lesións relacionadas coa presión e co rozamento. Útil o emprego de ácidos graxos hiperosixenados.

Page 16: Upp pediátrica

• Na dieta do neno con risco de desenvolver UPP deberemos ter en conta as recomendacións dietéticas en función da idade e deberemos garantir un aporte mínimo de nutrientes.

• Recomendacións dietéticas:

NUTRICIÓN

0-1 ano

1-3 anos 4-6 anos 7-10 anos 11-14 anos

Calorías:Kcal/kg peso/día

108-96 102 90 70 47-55

Proteínas:g/kg peso/día

2´2-1´6 1´2 1´1 1 1

Minerais: Ferro, Calcio, Zinc, Iodo

Arxinina

Vitaminas: A, D, E, K, C, complexo B

Aporte hidrícoMl/día

700 1.300 1.800 2.000 3.000

Page 17: Upp pediátrica

• En pacientes de risco moderado-alto no que este aporte non estea garantido, o equipo asistencial debe considerar a administración de nutrición parenteral/enteral continua. (Pediasure, Pediasure plus, Isosource junior, Pentaset pediátrico… etc) Ou ben administrar suplementos nutricionais axeitados ás características e idade do neno para cubrir os requerimentos mínimos

• En nenos maiores de 6-7 anos pódense empregar as fórmulas para adultos.

Moitas gracias pola vosa atención