UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE...

9
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL. Estación científica do Courel Os cogomelos dos soutos de castiñeiros. Micorrización de plantas en viveiro e de árbores adultas. 20 de xullo de 2016 Julián Alonso Díaz. Veterinario e doutor en Ciencias Biolóxicas. Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus de Lugo. Resumo: Nesta charla descríbense as principais especies de macromicetos que conforman a micobiota (flora micolóxica) dos soutos de castiñeiro, as súas características, tipos e importancia ecolóxica e económica. Coméntanse, finalmente, algúns aspectos relativos á micorrización do castiñeiro en plantas novas en viveiro e en árbores adultas INTRODUCIÓN Os soutos de castiñeiro constitúen un dos principais ecosistemas forestais de Galicia pola súa importancia ecolóxica, económica, paisaxística e cultural. Neles podemos atopar unha importante flora micolóxica de fungos macromicetos (aqueles que producen esporocarpos ou corpos frutíferos visibles, comunmente chamados setas ou cogomelos) entre os que podemos atopar especies representativas dos diferentes tipos ecolóxicos: saprófitos, simbiontes e parasitos, que desenvolven funcións fundamentais para o funcionamento e equilibrio destes ecosistemas tan importantes como a descomposición de materia orgánica, a reciclaxe de nutrientes, o establecemento de relacións simbiontes básicas como as micorrizas, e outros producen efectos aparentemente negativos como a parasitación e produción de enfermidades arbóreas, pero que tamén son importantes para a destrución e eliminación de árbores envellecidas ou debilitadas, sempre que estes fungos parasitos representen unha pequena proporción en equilibrio no ecosistema. Ademais destes aspectos ecolóxicos, desde o punto de vista económico, algunhas especies producen cogomelos cun alto valor gastronómico e comercial que achegan un valor engadido ás producións dos soutos, aínda que existen tamén diferentes especies tóxicas e mesmo mortais que deben terse moi en conta desde o punto de vista da seguridade alimentaria. PRINCIPAIS ESPECIES DE MACROMICETOS NOS SOUTOS DE CASTIÑEIRO Imos describir só algunhas das moitas especies que poden atoparse nos soutos, seguindo o esquema do seu tipo ecolóxico: micorrícicas, saprófitas e parasitas, aínda que a separación entre estes tipos non sempre é clara e definitiva e así moitas especies parasitas poden actuar

Transcript of UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE...

Page 1: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL.

Estación científica do Courel

Os cogomelos dos soutos de castiñeiros. Micorrización de plantas en viveiro e de árbores adultas. 20 de xullo de 2016 Julián Alonso Díaz. Veterinario e doutor en Ciencias Biolóxicas. Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus de Lugo.

Resumo: Nesta charla descríbense as principais especies de macromicetos que conforman a micobiota (flora micolóxica) dos soutos de castiñeiro, as súas características, tipos e importancia ecolóxica e económica. Coméntanse, finalmente, algúns aspectos relativos á micorrización do castiñeiro en plantas novas en viveiro e en árbores adultas

INTRODUCIÓN

Os soutos de castiñeiro constitúen un dos principais ecosistemas forestais de Galicia pola súa importancia ecolóxica, económica, paisaxística e cultural. Neles podemos atopar unha importante flora micolóxica de fungos macromicetos (aqueles que producen esporocarpos ou corpos frutíferos visibles, comunmente chamados setas ou cogomelos) entre os que podemos atopar especies representativas dos diferentes tipos ecolóxicos: saprófitos, simbiontes e parasitos, que desenvolven funcións fundamentais para o funcionamento e equilibrio destes ecosistemas tan importantes como a descomposición de materia orgánica, a reciclaxe de nutrientes, o establecemento de relacións simbiontes básicas como as micorrizas, e outros producen efectos aparentemente negativos como a parasitación e produción de enfermidades arbóreas, pero que tamén son importantes para a destrución e eliminación de árbores envellecidas ou debilitadas, sempre que estes fungos parasitos representen unha pequena proporción en equilibrio no ecosistema.

Ademais destes aspectos ecolóxicos, desde o punto de vista económico, algunhas especies producen cogomelos cun alto valor gastronómico e comercial que achegan un valor engadido ás producións dos soutos, aínda que existen tamén diferentes especies tóxicas e mesmo mortais que deben terse moi en conta desde o punto de vista da seguridade alimentaria.

PRINCIPAIS ESPECIES DE MACROMICETOS NOS SOUTOS DE CASTIÑEIRO

Imos describir só algunhas das moitas especies que poden atoparse nos soutos, seguindo o esquema do seu tipo ecolóxico: micorrícicas, saprófitas e parasitas, aínda que a separación entre estes tipos non sempre é clara e definitiva e así moitas especies parasitas poden actuar

Page 2: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

tamén como saprófitas ou viceversa ou algunhas especies micorrícicos poden tamén comportarse, en determinadas circunstancias, como saprófitas.

1. ESPECIES MICORRÍCICAS

Basicamente unha micorriza pódese definir como unha simbiose mutualista entre fungos e as raíces de plantas. Nesta relación as hifas do micelio do fungo únense ás raíces obtendo fontes de carbono procedentes da fotosíntese e o fungo achega á súa vez á planta os nutrientes que precisa para a elaboración de carbohidratos que lle serven de alimento. Ademais o micelio do fungo aumenta a superficie de absorción do vexetal, mellorando a captación de auga e minerais, e fortalece a súa capacidade de defensa fronte a diversos parasitos e patóxenos. Existen diversos tipos de micorrizas, pero non é o obxecto desta charla profundar neste tema, só indicar que as micorrizas que as especies de fungos macromicetos que imos describir establecen co castiñeiro (Castanea sativa Miller) e os seus híbridos son do tipo ectomicorrizas.

Aínda que o castiñeiro é unha planta que forma ectomicorrizas con gran número de fungos, as súas asociacións non son específicas, é dicir as especies de fungos micorrícicos que podemos atopar nun souto non son exclusivas deste hábitat e podemos tamén atopalas noutros bosques de frondosas, especialmente os de Quercus robur L. (carballeiras). Con todo, existe unha gran variedade de especies micorrícicas presentes nos soutos de xéneros como: Amanita, Boletus, Cantharellus, Craterellus, Cortinarius, Lactarius, Tricholoma, Russula, entre outros moitos.

1.1. MICORRÍCICAS COMESTIBLES

Algunhas destas especies teñen un alto valor gastronómico e comercial destacando especialmente as seguintes que imos describir na charla:

Amanita caesarea (Scop.) Pers. Raiña, amanita dos césares

Especie termófila, que aparece a finais de verán, principio outono. A pesar do seu gran valor comercial e gastronómico, en Galicia apenas se comercializa debido á súa escaseza e aparición puntual. Atópase en bosques de frondosas, especialmente en soutos de castiñeiro de zonas con microclima mediterráneo como no val do Sil (Quiroga, comarca de Valdeorras). Nestas zonas, algúns anos puntuais con fortes micetacións, as comercializadoras de cogomelos silvestres as recollen para exportación.

Page 3: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

Boletus sección Edules (ándoas, madeirudos, boletus de carne branca)

Son, sen dúbida, as especies máis importantes desde o punto de vista comercial en Galicia, sobre todo B. edulis e B. pinophilus que se atopan tanto en bosques de coníferas como de frondosas entre eles nos soutos, aínda que B. pinophilus é máis abundante en bosques de piñeiros. Aparecen especialmente no outono e principio de inverno (B. pinophilus presenta micetacións tamén na primavera). B. reticulatus e B. aereus son termófilos (verán, principio de outono) e atópanse só en bosques de frondosas. Aínda que en ocasións son moi abundantes nos soutos (especialmente B. reticulatus) comercialízanse moito menos que B. edulis e B. pinophilus, xa que pola súa aparición en épocas cálidas presentan moita maior parasitación que éstas.

Boletus edulis Bull B. pinophilus Pilát & Dermek (=B. pinicola)

Boletus reticulatus Schaeff. (=B. aestivalis) Boletus aereus Bull.

Page 4: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

Cantharellus cibarius Fr. e outras variedades e especies do “grupo” cibarius Cantarela, cacafina, perrachica, rebozuelo As cantarelas son, xunto cos Boletus do grupo edulis, os cogomelos comestibles mais importantes a nivel comercial que podemos atopar nos soutos de castiñeiro. Ademais de variedades, existen outras especies moi semellantes que imos describir nesta charla, e que forman o que podemos chamar o "grupo cibarius", cuxas confusións entre elas non son problemáticas a nivel de toxicidade xa que todas son bos comestibles e recollidas colectivamente baixo os nomes populares de "cantarelas",”cacafinas”, “perrachicas”, etc. Aparecen en diversos tipos de bosques, na primavera, verán e outono e nos soutos pódense atopar en abundancia. Magníficos comestibles, son moi aptas para comercializar xa que non adoitan estar parasitadas por insectos e aguantan ben a manipulación e conservación.

Cantharellus cibarius Fr. C. alborufescens (Malençon) Papetti & S. Alberti

Cantharellus subpruinosus Eyssart. & Buick Cantharellus amethysteus (Quél.) Sacc.

Cantharellus ferruginascens P.D. Orton Cantharellus melanoxeros Desm.

Page 5: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

Craterellus cornucopioides (L.) Pers. Trompeta dos mortos, cantarela moura

Trátase dunha especie da familia das Cantareláceas de doada identificación frecuente e abundante nalgúns soutos no outono e principios de inverno. É unha especie comercial que se conserva facilmente en seco e cuxa única confusión factible é Cantharellus cinereus (=Craterellus cinereus) tamén comestible.

Hydnum repandum L. Lingua de vaca Esta especie pode atoparse en diversos tipos de bosque, tanto de coníferas como de frondosas, durante o outono e principios de inverno. É un bo comestible que polas súas características é de fácil identificación, só confundible con outras especies parecidas tamén comestibles do mesmo xénero como Hydnum albidum ou Hydnum rufescens. Consérvase ben en fresco e raramente está parasitada por insectos, sendo óptima para comercialización.

Russula cyanoxantha (Schaeff.) Fr. Especie bo comestible moi apreciada noutras comunidades como o País Vasco. É abundante en bosques de frondosas como os soutos en primavera, verán e outono. Apenas se comercializa en Galicia, sendo ademais unha especie facilmente parasitada por insectos, polo que o seu consumo adoita ser a nivel particular. Pode confundirse especialmente con outras especies do xénero Russula pola que describiremos en detalle.

Page 6: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

Amanita phalloides (Vaill. ex Fr.) Link Cacaforra

Cortinarius orellanus Fr.

Ademais destas, existen outras moitas especies micorrícicas comestibles que podemos atopar nos soutos como: Boletus appendiculatus, Boletus erythropus, Boletus regius, Clitopilus prunulus, Imleria badia (Boletus badius), Laccaria amethystina, Lactarius volemus, Russula vesca, Russula virescens, etc. das que veremos algunhas imaxes.

1.2. MICORRÍCICAS TÓXICAS

Nos soutos tamén podemos atopar especies micorrícicas tóxicas moi perigosas, destacando especialmente Amanita phalloides, especie relativamente frecuente no outono cuxo consumo produce unha intoxicación hepatotóxica potencialmente mortal e que debe coñecerse moi ben polos afeccionados. Máis raras e de aparición primaveral, pero igualmente moi tóxicas son A. verna e A. virosa. Tamén é moi perigosa, aínda que moito máis rara e esporádica, a especie Cortinarius orellanus, que provoca unha intoxicación que afecta especialmente os riles, tamén potencialmente mortal.

Menos perigosas, pero que poden provocar intoxicacións doutros tipos e podemos atopar en soutos son: Amanita pantherina, Amanita muscaria, Boletus rhodoxanthus, Paxillus involutus (especie potencialmente mortal), etc. Veremos e describeremos algunhas delas na charla.

1.3. OUTRAS ESPECIES MICORRÍCICAS Na charlas veremos tamén imaxes dalgunhas especies micorrícicas que non teñen interese comestible ou apenas, nin tampouco son tóxicas sendo simplemente algo picantes, amargas ou de escasa calidade , pero que tamén podemos atopar nos soutos como: Caloboletus calopus, Lactarius piperatus, Russula fragilis, Xerocomellus chrysenteron, etc, etc.

Page 7: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

Lepista nuda Bull. Cooke Pé azul, pistonuda

Agaricus sylvicola (Vittad.) Peck

Lepiota brunneoincarnata Chodat & C. Martin

Clitocybe phyllophila (Pers.) P. Kumm.

2. ESPECIES SAPRÓFITASEspecies descompoñedoras que dependendo do sustrato poden ser humícolas (descomponen a capa de humus do bosque), lignícolas ou epixílicas (sobre madeira), ou sobre outros sustratos moi diversos (ourizos, castañas, etc.)

2.1 ESPECIES SAPRÓFITAS COMESTIBLES Entre elas destacamos nos soutos pola súa calidade especies como Agaricus

sylvícola e Lepista nuda

2.2 ESPECIES SAPRÓFITAS TÓXICAS Aínda que non típicas de bosques como os soutos, non se pode descartar nos marxes o unas zonas herbosas dos mesmos a presenza de especies moi perigosas como distintas especies do xénero Lepiota como Lepiota brunneoincarnata, potencialmente mortal polo seu contido en amatoxinas. Outras menos perigosas, pero tamén a ter en conta son algunhas especies de hábitat forestal do xénero Clitocybe que conteñen

muscarina como: Clitocybe phylophila. Outras especies saprófitas que poden provocar algúns trastornos gastrointestinais de escasa entidade e que se poden atopar en soutos son: diversas especies do xénero Hebeloma, Clitocybe nebularis, Hypholoma fasciculare sobre madeira, etc.

Page 8: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

Fistulina hepatica (Schaeff.) Witt. Lingua de boi. Fígado de boi

Armillaria mellea (Vahl.) P. Kumm. Laetiporus sulphureus (Bull.) Murril

2.3. OUTRAS ESPECIES SAPRÓFITAS Nos soutos tamén se poden atopar moitas outras especies saprófitas importantes ecolóxicamente pero sen interese comestible nin tóxico como Lycoperdon perlatum ou na madeira e polas diversas especies do xénero Trametes, Stereum, Gymnopus fusipes, etc., algunhas especies saprófitas son curiosas polo seu hábitat como Lanzia echinophila sobre ourizos caídos no solo, ou Ciboria batschiana sobre castañas en descomposición.

3. ESPECIES PARÁSITAS

Neste grupo destacamos algunhas especies parasitas do castiñeiro, que tamén, segundo as circunstancias, poden actuar como saprófitas, algunhas afectan debilmente a árbore, como Fistulina hepática ou Laetiporus sulphureus, e outras que actúan como parasitos mais potentes e daniños como as especies do xénero Armillaria.

Dentro destas especies, algunhas producen cogomelos que se consideran bos comestibles destacando Fistulina hepática

Page 9: UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE …...UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016: OS SOUTOS DE CASTIÑEIROS DA SERRA DO COUREL E A SÚA IMPORTANCIA ECONÓMICA, ECOLÓXICA E CULTURAL . Estación

MICORRIZACIÓN DE PLANTAS EN VIVEIRO E DE ÁRBORES ADULTAS

Nesta parte final da charla comentaremos algún aspectos relativos a micorrización do castiñeiro, técnicas empregadas, especies utilizadas e resultados potenciais obtidos.

Como xa comentamos unha micorriza é unha simbiose mutualista entre planta e fungo na que ambos obteñen beneficio. As árbores con micorrizas activamente establecidas nas súas raíces, desenvólvense e crecen mellor sendo máis resistentes, por iso a aplicación de técnicas de inoculación con fungos ectomicorrícicos en plantas en viveiro ten un primeiro enfoque en conseguir plantas resistentes e viables, Ademais, cunha adecuada selección dos fungos ectomicorrícicos inoculados que sexan adecuados e compatibles coa planta e ademais produtores de cogomelos comestibles de alto valor gastronómico, podemos conseguir tras a plantación, e cando as árbores cheguen a un determinado tamaño (por exemplo, a partir dos 4-6 anos con Boletus do grupo edulis) empezar a obter producións de cogomelos que supoñen un importante valor económico engadido.

En relación ao castiñeiro, se han feito diversas investigacións de micorrización con diversos fungos ectomicorricicos de asociación habitual con esta planta e con produción de cogomelos de calidade como: Boletus edulis, Boletus pinophilus, Boletus erythropus, Russula cyanoxantha, Russula virescens, etc., recomendándose normalmente as especies de Boletus do grupo edulis, debido aos bos resultados de produción obtidos e o alto valor económico e demanda comercial destas especies. Con Cantharellus cibarius, unha das especies a priori máis interesantes, de momento non se obtiveron bos resultados.

Segundo os datos que achegan algunhas empresas do sector, en Galicia recoméndase utilizar plantas de castiñeiro híbrido (máis resistentes ao ataque de enfermidades como a tinta ou o chancro) micorrizadas con Boletus do grupo edulis. Os datos que se achegan nalgunhas publicacións fálannos de producións que poden chegar ao 200 kg/ha/ano en parcelas de 10-20 anos. Con todo, estes datos deben tomarse con cautela, xa que as plantacións con árbores micorrizados poden presentar resultados moi dispares xa que inflúen moitas aspectos como: a calidade e adecuada selección da planta micorrizada e do inóculo, as condicións e características edafolóxicas do chan, a competencia e interaccións coa flora microbiana fúnxica e bacteriana do terreo, etc.

A outra posibilidade é realizar micorrizacións controladas en plantacións xa existentes, empregando inóculo de especies de interese comercial en planta xa adulta. A maioría das especies de cogomelos de valor son producidos por fungos micorrícicos que se asocian a árbores de máis de 8-10 anos de idade. As inoculacións fanse en primavera ou outono engadindo o inóculo (esporal ou miceliar) directamente sobre as raíces da zona exterior de proxección da copa da árbore, procedendo a cubrir con terra tomada dunha maior profundidade para evitar no posible a presenza de moitos microorganismos, e logo a unha rega lixeira sen encharcar. A aparición dos cogomelos, dependendo das condicións ambientais, varían normalmente entre seis meses e dous anos, pero con resultados e producións incertas e dispares pola influencia e variabilidade de moitos dos aspectos anteriormente mencionados.