Unidade 3 cor_e_as_harmonias

12
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 UNIDADE 3: A COR E AS HARMONÍAS. PROFESORA: Sara Estarque Moreno MATERIA: Educación Plástica e Visual CURSO: 3º da ESO email: [email protected] www.sanjosedelaguia.com

Transcript of Unidade 3 cor_e_as_harmonias

Page 1: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

UNIDADE 3:

A COR E AS HARMONÍAS.

PROFESORA: Sara Estarque Moreno

MATERIA: Educación Plástica e Visual

CURSO: 3º da ESO

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 2: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

OBXECTIVOS DA UNIDADE

• Comprender a natureza física da cor e saber explicalo proceso que permite a percepción

da cor aos humanos.

• Comprendela diferencia entre síntese aditiva e subtractiva.

• Diferenciar e recoñecer en obras de arte as relacións de harmonía existentes entre as

cores

• Apreciar as posibilidades expresivas da linguaxe cromática e as harmonías e saber

aplicala en creacións propias..

• Comprender e analizar o emprego da cor en movementos artísticos da pintura moderna,

sabendo extrapolar a composicións propias os aspectos principais destes.

COMPETENCIAS DA UNIDADE

• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.

◦ Identificar e recoñecer as harmonías en producións artísticas como recurso expresivo,

así como saber empregalas en producións propias.

◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e

culturas.

• AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.

◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma

de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.

◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de

avaliación do resultados

• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.

◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose

das habilidades sociais.

• COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER.

◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación.

• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 3: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo

discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.

◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de

ensinanza-aprendizaxe.

• COMPETENCIA MATEMÁTICA.

◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a

utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas.

• COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.

◦ Observar, experimentar e descubrir as cores e as formas na observación da contorna

a través da creación de pequenos exercicios de expresión gráfica.

◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e

mantendo o entorno limpo e ordenado.

• COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.

◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre a cor, as

harmonías e gamas, explicando as investigacións e traballos feitos aos compañeiros.

◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando a comunicación visual.

SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE

• Do 20 de xaneiro ao 2 de febreiro: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto.

• O 3 de febreiro: exame.

• O 17 de febreiro: recuperación se fose preciso.

• O PROXECTO COOPERATIVO DESTA UNIDADE FARASE DESPOIS DA SEGUINTE

UNIDADE PORQUE IMOS COMBINALAS NUN ÚNICO PROXECTO.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE

• Comprender e saber explicar o proceso de percepción da cor,

• Distinguir entre cores luz e pigmento.

• Recoñecer nunha obra plástica as harmonías, clasificalas correctamente e identificar que

expresan.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 4: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

• Elaborar unha análise comparativa sobre o emprego da cor entre movementos artístico

diversos.

• Elaborar composicións usando diferentes relaciones harmónicas.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 5: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

A COR E AS HARMONÍAS.Que suxiren as cores destas obras?, e como se traballa a cor en cada unha delas?

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Selfportrait with felt hat", Vincent Van Gogh,

1887-1888

"Houses at night", Karl Schmidt Rottluff, 1912

Page 6: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

A COR.

A cor non é unha calidade fixa das formas, posto que a aparencia de cor de calquera

cousa varia segundo o tipo de luz que a ilumine ou a hora do día. Por outra banda, a cor, dende

un punto de vista artístico, ten unha grande capacidade expresiva, permite expresar dende

sensacións ata emocións ou ideas.

A natureza da Cor.

Dende un punto de vista físico, a

cor é unha onda electromagnética igual que

o son as ondas das radios, os microondas, os

raios X ou os infravermellos (empréganse por

exemplo en tratamentos de fisioterapia).

Existe unha ampla variedade de ondas

electromagnéticas que cobren un amplo

rango de frecuencias, a todo este rango

completo se lle chama espectro

electromagnético.

Dentro de este amplo espectro existe unha pequena franxa a que se denomina espectro

visible no que se sitúan unha ondas de luces coloreadas as que coñecemos coma espectro

visible. O nome ven dado polo feito de que se corresponde có espectro de ondas que o ollo

humano é capaz de ver.

Se denomina luz branca a luz solar, que non é outra cousa que unha onda

electromagnética que cobre unha estreita franxa de todo o espectro, precisamente a franxa do

espectro visible. As luces coloreadas que contén este espectro visible son as que podemos

observar no arco da vella, e son, a súa vez, as responsables de vexamos os obxectos das cores

que os vemos.

Pero, por que vemos as cousas como as vemos?

O sol, ou calquera fonte de luz, emite a

luz branca que chega á superficie dos obxectos,

estes, á súa vez, absorben parte de esta radiación

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Espectro electromagnético

Page 7: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

e reflicten o resto das ondas que reciben, así, as ondas reflectidas polos obxectos serán as que

cheguen aos nosos ollos. O ollo humano, pola súa banda, é un órgano complexo que, a grandes

trazos, contén: un iris que regula a entrada de luz no ollo, un líquido transparente chamado

humor acuoso basicamente formado por auga, e unha retina no fondo do ollo (existen máis

capas pero non imos entrar tan polo miúdo). A retina é como unha tea que está recuberta

dunha serie de células fotosensibles unha a luz (os bastóns) e outras á cor (os conos). Estas

pequenas células son as responsables de enviar os estímulos correspondentes ao cerebro para

que xere a sensación de luz e cor que nos permiten ver as cousas tal e como as coñecemos. Pero

á percepción das cores non é unha mera clasificación das lonxitudes de ondas que o cerebro

percibe por medio do ollo, senón que o cerebro interpreta a cor das cousas en función das

experiencias previas ou da contorna que rodea ao obxecto.

O estudo das cores na historia.

Xa en tempos da Grecia clásica Aristóteles (384-322 a. C.) definiu que todas as cores se

conformaban coa mestura de catro cores elementais que se corresponden con cato elementos

fundamentais do noso planeta dentro do pensamento clásico que son: terra, auga, fogo e ceo, e

tamén determinou a importancia da incidencia da luz sobre os obxectos y como percibimos a

cor destes. Ata Leonardo da Vinci (1452-1519), máis de dez séculos despois, non volveu xurdir

unha nova teoría sobre as cores fundamentais e a súa orixe. Para Leonardo definiu unha escala

de cores fundamentais dos que derivar todos os demais cores que ían dende o branco, cor

principal, o amarela para a terra, o verde para a auga, o azul do ceo, o vermello para o fogo, e o

negro para a escuridade. Leonardo tamén intuíu a existencia dunha relación entre a luz e a cor

pero non puido explicala.

Non será ata o s. XVII en que por fin Isaac

Newton conseguiu determinar i principio

fundamental que explica que a luz é unha cor. Ao

facer pasar un feixe de luz por un prisma de vidro

observou coma este de descompuña no arco da

vella conformando o espectro de luz visible que

hoxe coñecemos e no que se atopan as seis cores

fundamentais da luz. E foi o seu discípulo Thomas

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Disco YoungEspectroscopio de

Newton

Page 8: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

Young quen continuou co seu estudo e fixou as tres cores fundamentais da luz nas que hoxe

coñecemos: o verde, o vermello e o azul-violeta.

A Síntese Aditiva, as cores primarias e secundarias luz.

Coma xa sabemos a descomposición da luz branca da

coma resultado as cores luz e as tres fundamentais ou primarias

da luz son a verde a vermella e a azul-violeta. A mestura a igual

proporción destas tres cores primarias da como resultado as tres

secundarias luz que son o maxenta, o azul-ciano e o amarelo. A

esta mestura se lle coñece có nome de síntese aditiva e o nome

ven dado do feito de que a medida que engadimos máis cores a

unha mestura de luces obtemos sempre coma resultado unha luz

máis clara. De feito a mestura das tres cores fundamentais a igual intensidade da coma

resultado a luz branca.

As cores complementarias luz.

Dúas cores son complementarias cando se sitúan enfrontadas

no círculo cromático, ademais a súa mestura da coma resultado a luz

branca posto que é a mestura dunha cor luz primaria e máis unha

secundaria que non contén esta primaria.

A Síntese Subtractiva: cores primarias e secundarias.

Os pigmentos son substancias colorantes que, mesturadas

con diferentes aditivos permítennos obter dende óleos ou témperas a

lapis de cores. No caso das cores pigmento as cores fundamentais ou

primarias son o amarelo o maxenta e o azul-ciano, que son as

secundarias luz. E da mestura destas cores a igual proporción

obtemos as secundarias luz: verde, vermello e azul-violeta. A esta

mestura de cores pigmento se lle chama mestura subtractiva de

cores e o seu nome deriva do feito de que cada vez que engadimos cores a unha mestura

obtemos unha cor máis escura ou menos luminosa que a anterior. De feito a mestura das tres

cores primarias pigmento en igual proporción da coma resultado unha cor próxima ao negro.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Síntese Aditiva

Cores complementarias

Síntese subtractiva

Page 9: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

As cores complementarias pigmento.

Dúas cores son complementarias cando se sitúan

enfrontadas no círculo cromático, ademais a súa mestura da coma

resultado o negro posto que é a mestura dunha cor luz primaria e

máis unha secundaria que non contén esta primaria.

As Harmonías Cromáticas.

Unha harmonía cromática é unha relación equilibrada entre dous ou máis cores, é dicir,

o emprego de cores tendo en conta o peso visual de cada un deles para determinar a cantidade

que se pode empregar de cada un deles. As harmonías poden ser de dous tipos:

Harmonía de cores complementarias.

É aquela harmonía na que se traballa con cores complementarias. Neste caso teremos

que ter en conta coma de contrastadas sexan as cores para ter en conta que cantidade de cada

un deles empregamos. Para sabelo teremos que observar, en primeiro lugar

a luminosidade das cores, así as cores máis contrastadas son o amarelo e o

violeta e terán que empregarse en

diferente proporción de xeito que a

luminosidade do amarelo se vexa

compensada pola presenza escura do

violeta. Para elo empregaremos, máis ou menos un 20% de

amarelo, fronte un 80% de violeta. Se seguimos xirando no

círculo cromático atoparemos diferentes combinacións de

complementarios de tal xeito que a medida que nos achegamos

ao verde e o vermello cós que poderemos traballar na mesma

proporción.

O emprego de cores complementarias ou contrastadas

favorece a obras máis expresivas, con forza visual. Son pezas

nas que a mirada do observador móvese con axilidade pola composición de un estímulo ao

seguinte. Concentran nun punto a acción por ser o que concentra as cores máis fortes

afastándoo do fondo, normalmente en cores menos vivos.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Cores complementarias

"Fränzi ante unha cadeira", Ernst

Ludwig Kirchner

Page 10: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

Harmonía de cores afíns.

É aquela harmonía na que as cores que empregamos sitúanse

próximas no círculo cromático, non máis aló dun cuarto de

circunferencia do círculo. Se os afíns que empregamos son de valores

contrastados estamos ante unha

harmonía de afíns contrastados e

se son afíns pero de valores

próximos estamos nunha harmonía de cores

homoxéneos. Neste caso as cantidades de cada cor que

teñamos que empregar é análogo ao anterior, canto máis

contrastadas sexan as cores máis diferencia nas

cantidades que empreguemos.

As harmonías de cores afíns son composicións onde a mirada do espectador observa a

obra con detemento, relaxadamente paseando a mirada por toda a superficie porque non hai

ningún punto concreto que centre a tensión visual.

Harmonías de grises complementarias e de grises afíns.

As harmonías de grises son composicións nas que se

traballa con cores grises ou con tons grises lixeiramente

mesturadas con outras cores coa fin de atenuar a forza das cores

relaxando a expresión destas, pero sen perder totalmente a

capacidade expresiva das cores coas que se combinen.

Harmonía de grises complementarios: son

composicións onde as cores complementarias, perden parte da

súa forza por verse mesturadas con grises.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Le lac d'Annecy", Paul Cezanne, 1896

"The pitcher", Braque, 1909

Page 11: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

Harmonía de grises afíns: son composicións onde

as cores afíns, están mesturadas con grises, neste caso, a

suavidade e serenidade propias das cores afíns homoxéneas

vese non se perde cós tons grises.

Valores expresivas das cores.

Como falamos no comezo da unidade as cores teñen unha grande capacidade expresiva

polas sensacións visuais que producen. Así os tons cálidos son cores activos, próximos e

dinámicos e as cores frías expresan afastamento, quietude e tranquilidade.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 12: Unidade 3 cor_e_as_harmonias

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

CRÉDITOS DAS IMAXES

“Selfportrait with felt hat”, Vincent Van Gogh, 1887-1888:

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:WLANL_-_h3m3ls_-_Vincent_van_Gogh_Self-

portrait.jpg

Espectro electromagnético:

http://www.mimagnetoterapia.com/espectro-electromagnetico

Percepción da cor:

http://www.fotonostra.com/digital/ojohumano.htm

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com