Unidad didactica salud

11
Unidade Didáctica Saúde 1 TÍTULO A nosa unidade didáctica chamarase: Xogamos Seguros. COMPETENCIAS As competencias que traballamos nesta unidade didáctica son as seguintes: Coñecemento e interacción co mundo físico. Competencia dixital e do tratamento da información Competencia social Competencia para aprender a aprender Competencia autonomía e iniciativa persoal Competencia cultural CICLO Ó QUE VAI DIRIXIDA A nosa unidade didáctica vai dirixida ós nenos de educación infantil do ciclo de 3 a 6 anos. ACTIVDADES 1. ¡Axuda a Beto e Pati! Escribe un tick nas situacións seguras e unha cruz nas situacións perigosas.

Transcript of Unidad didactica salud

Page 1: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

1

TÍTULO

A nosa unidade didáctica chamarase: “Xogamos Seguros”.

COMPETENCIAS

As competencias que traballamos nesta unidade didáctica son as seguintes:

Coñecemento e interacción co mundo físico.

Competencia dixital e do tratamento da información

Competencia social

Competencia para aprender a aprender

Competencia autonomía e iniciativa persoal

Competencia cultural

CICLO Ó QUE VAI DIRIXIDA

A nosa unidade didáctica vai dirixida ós nenos de educación infantil do ciclo de

3 a 6 anos.

ACTIVDADES

1. ¡Axuda a Beto e Pati! Escribe un tick ✓ nas situacións seguras e unha cruz ✘ nas situacións perigosas.

Page 2: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

2

2. Rodea aquilo co que podes xogar:

3. Pinta os debuxos que che poden facer dano:

4. Sinala na seguinte imaxe as situacións que poderían causar

accidentes ou danos para ti:

Page 3: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

3

5. Conto “Todolotoco”:

http://www.youtube.com/watch?v=F1r1PN0RU9s&list=HL1351373474&feature=mh_l

olz

6. Canción do Seguriño

http://www.youtube.com/watch?v=XDTil3ZkiSg

7. Axuda a Teo e Bea a evitar todos os perigos na casa (xogo

interactivo).

http://www.consumo-inc.gob.es/juegos/teo_y_bea/

Page 4: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

4

8. Di que elementos deben estar dentro dun botiquín:

9. Circuíto de sinais de tráfico

Page 5: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

5

10. Autorización para realizar unha excusión/ sobre seguridade vial:

Page 6: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

6

INDICACIÓNS PARA O PROFESORADO

TEMPORALIZACIÓN

Luns Martes Mércores Xoves venres

Actividade 1

Teoría sobre os

accidentes

Excursión á cociña

do colexio para

coñecer os perigos que hai

nela

Contar o conto de

“Todolotoco”

Teoría sobre que

debe conter un botiquín

Teoría sinais de

tráfico

Actividade 2

Contar a súa propia

experiencia

Asamblea

Ficha: sinalar que

debe conter un botiquín

Circuíto de sinais de

tráfico

Actividade 3

Marcar con ✓ o con ✘ as

imaxes

¿Qué pasa se...?

Xogo interactivo en internet

sobre seguridade

no fogar

Excursión seguridade

vial

Actividade 4

Rodear aquilo co que

se pode xogar

Sinalar na ficha as

situacións perigosas que hai nesta cociña

Canción “Isto está mal” do

Seguriño

Actividade 5

Pintar aquilo que che

pode facer dano

METODOLOXÍA:

Esta unidade didáctica seguirá os seguintes principios metodolóxicos:

No substitución: isto provoca unha educación individualizada, o profesor

coñece, a nivel evolutivo, a cada alumno e a partir de aí daráselle unha

aprendizaxe que se adapte ó seu nivel de desenvolvemento.

Page 7: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

7

Motivación: a aprendizaxe farase con actividades atractivas para o neno,

para así chamar a súa atención e que desta forma teñan interese por

aprender.

Globalización: a aprendizaxe que recibirá estará organizada partindo da

forma que ten o neno de percibir la realidade. Desta forma favorecese a

construción do coñecemento.

Actividade lúdica: é unha das estratexias máis adecuadas e completas

para traballar nos primeiros anos escolares, ademais o neno desenvolve

capacidades cognitivas, motrices, sociais, de comunicación e de

relación social.

Rutinas: coas rutinas, o alumno obtén información sobre as actividades

que van sucedendo día a día e así evita o nerviosismo e o desconcerto

que lle poden ocasionar o non saber que ten que facer nun ambiente

que non sexa a familia.

Socialización: con ela tratamos de fomentar as relacións sociais cos

seus iguais ou os seus familiares. Neste apartado debemos mostrar

especial atención ó alumno con NEE.

Individualización: coñecerse como suxeito individual, analizando e

descubrindo as súas diferenzas así como as súas semellanzas cos

outros.

COMO REALIZAR AS ACTIVIDADES

Circuíto sinais de tráfico (Actividade nº 9): os alumnos farán un circuíto

con axuda da profesora no chan da clase, pegarán debuxos no chan que

anteriormente entregáralle a profesora e con cinta illante iremos facendo

algo parecido a unha estrada.

Nos debuxos que lles entregará a profesora estarán as sinais de tráfico

esenciais: un semáforo en vermello, un en verde e outro en ámbar; un

stop, tres pasos de peóns e un sinal de prohibido entrar persoas alleas a

empresa.

Page 8: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

8

Os nenos poranse por parellas e intentarán imitar ós coches algunhas

das parellas, e outras serán persoas que van paseando pola rúa. A

profesora iralles indicando porque se deben parar, por exemplo cando o

semáforo está en vermello, ata que os nenos capten como vai o xogo e

interioricen eses sinais.

Con este xogo, intentaremos concienciar ós nenos para que respecten

os sinais, as coñezan e aprendan os perigos que poidan existir na

estrada tanto se vas andando como se vas no coche. Os nenos

aprenderán a mirar para os lados antes de cruzar polo paso de peóns e

a esperar a que o semáforo se poña en verde.

¿Qué é un accidente? (Actividade nº1): Un accidente é un suceso que

pode danar o teu corpo e poñer en perigo a túa vida, a dos teus seres

queridos ou a dos que están ao teu arredor.

Os accidentes poden ocorrer en calquera lugar, cando estamos na casa,

na escola ou na rúa. Moitos accidentes son ocasionados polos riscos

que existen no entorno e outros son provocados por nós mesmos, xa

que facemos cousas que sen querer poden danarnos. Con esta

actividade os nenos deberán discriminar que situacións son causantes

de accidentes e cales non.

Coñecendo un botiquín de primeiros auxilios (Actividade nº8): Un bo

botiquín de primeiros auxilios, gardado nun lugar de fácil acceso, con

temperatura e humidade pouco elevadas, e protexido da luz, é

imprescindible en todos os fogares. Contido:

MEDICAMENTOS: Analxésico (para a dor) e antitérmicos (para a febre)

como son o ácido acetilsacílico, paracetamol e ibuprofeno.

MATERIAL SANITARIO: Termómetro, tesoiras de punta redonda, pinzas de depilar

tiriñas de distintos tamaños, luvas de látex, xiringas para administración correcta de

medicamentos, xabón líquido, frasco de alcohol de 90º, auga osixenada, vendas de

gasa de diferentes medidas, esparadrapo, venda elástica, imperdibles e lanterna.

Despois de explicarlle isto ós nenos, realizarán a actividade que lles axudará a

diferenciar que cousas debe e non debe haber dentro dun botiquín.

Page 9: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

9

Cousas malas e cousas boas (Actividade nº2 e nº3): Esta actividade é

para que o neno/a aprenda a distinguir entre as cousas boas e as

cousas malas. Entre as que resulten perigosas para a súa saúde e coas

que pode tratar sen problema ningún. Deberá de colorear ou rodear

aquelas cousas coas que se pode xogar.

¿Qué é perigoso aquí? (Actividade nº4): As cousas da vida cotiá poden

resultar tremendamente prexudiciais para un neno/a, e neste caso

centrámonos nunha zona concreta do fogar, a cociña. A través desta

imaxe poderá distinguir os distintos perigos que se poden dar en

calquera situación: terá que rodear cousas como o morteiro, o batedor, a

tixola, a cazarola con auga, a lixivia, os coitelos, etc.

Ó rematar o conto (actividade nº5): para asegurarnos de que o

entenderon ben, na roda da asamblea farémoslles unhas preguntas

onde eles poidan explicarnos que é o que entenderon da historia:

¿Todolotoco portase ben cando vai tocando todo por aí?, ¿Por qué a

súa nai non quere que toque o lume cando o seu pai cociña?,¿Qué fixo

a nai de todolotoco para que este deixase de tocalo todo?

¿Que pasa se....? (actividade nº 5): Para reforzar o conto e as súas ideas,

cada un de nós, sentados aínda na alfombra en asamblea, imos contar a

historia de ¿Qué pasou cando tocamos algo que non debíamos tocar ?

Por exemplo: que pasou cando tocamos a prancha acesa e o forno

quente?, así entre todos contaremos as nosas experiencias.

Excursión á rúa: como circular pola vía pública (Actividade nº10): Faremos un

percorrido por algunhas das rúas da cidade para ensinar aos nenos

seguridade vial. Levarémolos desde o centro escolar ata o parque máis

preto e despois de deixalos xogar un rato, volveremos ao centro.

Page 10: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

10

"Teo e Bea - Un día na casa" (actividade nº7) é un xogo electrónico en

liña, dirixido a nenos de 3 a 6 anos, no que teñen que axudar a Teo e

Bea a evitar todos os perigos da casa, dende a habitación ó xardín,

pasando pola cociña, o baño, etc. Os pais e profesores encontrarán un

conxunto de fichas prácticas acompañadas de consellos para identificar

os riscos en todas as estancias da casa, como previlos e que facer en

caso de emerxencia.

CRITEROS DE AVALIACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN SI NO EN PROCESO

Comprende as historias orais

Distingue o perigoso do seguro

Coñece os perigos que hai na casa

Ten adquirida a idea de bo e malo.

Ten a capacidade de aportar ideas sobre o tema

Ten un bo dominio das TIC

Mostra un dominio dos conceptos relacionados

cos perigos e coa seguridade

É consciente das situacións de perigo presentes no

seu entorno

Posúe nocións básicas de cómo actuar en caso de

accidente

Deferencia as sinais de tráfico máis importantes

Page 11: Unidad didactica salud

Unidade Didáctica Saúde

11

FONTES DE DOCUMENTACIÓN

Youtube: Canción seguriño

http://www.youtube.com/watch?v=XDTil3ZkiSg

Ministerio de educación: Xogo interactivo

http://www.consumo-inc.gob.es/juegos/teo_y_bea/

Bacqués, M. “600 juegos para la educación infantil” (Actividades para favorecer la

lectura y la escritura). Editorial: ceac educación infantil.

Propuestas didácticas sobre seguridad y Prevención de accidentes para los libros de

texto gratuitos. Editorial: vivir mejor (2009).

Imágenes de google.