Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
-
Upload
ceipcoiron -
Category
Education
-
view
78 -
download
1
Transcript of Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
UNHA VIAXE
CON MOITAS
SORPRESAS
Era un día caluroso de verán e Tedy estaba
ordenando o faiado, como lle mandara a súa
avoa. Cando remexía nunhas caixas, atopouse
cunha que poñía “recordos lexanos”. Abríuna e
encontrou entre todas as fotografías unha onde
aparecía unha persoa vestida de vikingo. Tería
que ver algo esta fotografía coa súa avoa?
Tedy foi correndo a preguntarlle á avoa por
aquel home. A avoa dixo que non o coñecía,
pero ante a insistencia de rapaza, ela tivo que
decirlle a verdade.
- Teu avó tiña unha obsesión cos vikingos –
díxolle a súa avoa. Disfrazábase moitas veces e
chegou un momento en que non quitaba nunca
o seu disfrace. Incluso chegou a facer
investigacións por aqueles lugares por onde
andaban. Nunha desas viaxes o teu avó non
volveu –contoulle a súa avoa con tristura.
Tedy sentíase triste porque non coñecera ao avó
e deulle pena e curiosidade a razón pola que
desaparecera. Entón decidiu chegar ata o fondo
do misterio e encontrar o avó Ramón, que era
así como lle chamaban na aldea.
Tedy para averiguar, como primeiro paso,
foi pensar a onde iría o avó a buscar
información sobre os vikingos. Ela tamén
tivo que informarse lendo historias de
vikingos, libros da súa procedencia, lugares
aos que ían…E como o avó Ramón non
podía ir moi lexos, decatouse de que este
pobo salvaxe andivera moi preto da súa
aldea non faia moitos anos.
Pensando e pensando, ao fin decatouse. A praia!
Seguro que alí hai unha proba de onde pode
estar meu avó. A rapaza foi á praia, e depois de
camiñar bastante, pisou unha pedra rara,
estraña, misteriosa.
De repente abriuse un portal a outra dimensión.
Tedy debería entrar? Que habería alí dentro?
Decidiu entrar. Cando só abanzara dous pasos,
apareceron uns homes moi raros, que iban
vestidos con roupas coma a que vira na fotografía.
Eran os vikingos. Ao vela puxéronse moi nerviosos
e atacaron a Tedy. Despos levárona ata o xefe
vikingo.
Tedy que era moi aventureira, que lle gustaban as
películas de terror, que nunca tiña medo de nadie
nin de nada, naquel momento tremaba coma o
máis medoñento e pensaba que daquel lugar non
saería máis. Nunca estivera nunha aventura tan
arriscada.
Pobre de min! –dicía Tedy. Desta non sei si saldrei!
A sala onde estaba o xefe vikingo era moi
ampla e alta. No momento que viu ao xefe
vikingo, a rapaza sorprendeuse moito
porque aquel home vikingo era o que
estaba na foto da casa da avoa.
Foise acercando e mirouno ben e…Era o
avó Ramón!
Tedy díxolle contenta:
- Ola! Son a túa neta Tedy e vin para
buscarte e levarte á casa da avoa.
Pero o xefe vikingo, poñendo caras raras, parecía
que non entendía nada. Chamou a un de aqueles
homes e mandouna encerrar nun lugar moi
oscuro e frío.
Alí dentro Tedy pesou que nunca máis ía a sair,
porque ningún sabía onde estaba.
Pero, de repente, chegou Gunter! Gunter era o
can de Tedy que nunca se separaba dela e
ademais era moi inlixente e bo cazador, por iso a
encontrou, seguindo o seu rastro.
O can axudou á rapaza a sair daquel cuarto
escuro despois de darlle unhas boas mordeduras
ao garda vikingo e de sacarlle as chaves para
darllas a Tedy.
Cando intentaba sair encontrouse cun vikingo.
Tedy asustouse moito, tanto que case non era
capaz de falar. Mirouno ben e decatouse que
non era un home adulto, senón un neno, pero de
moito corpo. O vikinkiño acercouse e díxolle que
se chamaba Gabrium e pareceulle que a nena
era moi simpática e axudouna.
Gabrium tiña doce anos e como todos os nenos
gustáballe moito xogar. Parecíase a todos os
vikingos, cos seus pelos loiros, ollos azuis e cara
ancha. Era moi simpático e divertido.
O rapaz levou a Tedy ao salón onde se
encontraba o rei daqueles salvaxes e
salteadores, que non era outro que o seu avó.
Naqueles momentos o rei estaba só mirando uns
mapas de navegación.
A aventureira explicoulle porque estaba alí.
Quería coñecelo e ademais contoulle que a avoa
estaba moi triste desde que el se decidiu a
marchar e porque nunca máis recibira noticias
del.
Ao escoitar aquelas palabras tal dulces e con tanta tristura da súa neta o avó decidiu volver.Non era fácil sair de aquel lugar. Tiveron que
ter moito coidado e sair rápido porque pronto se decatarían da fuxida de Tedy. Ademais, de collelos, esta vez non ían a andar con bromas.
A Tedy custoulle moito despedirse de Gabrium e ao neno tamén.
Cando estaban fuxindo de aquel poboado por unha porta secreta que só sabía o xefe, Tedy
acordouse do seu can.- Gunter, onde estás? Gunter !!!!
Tiveron que volver por el. Pero todo foi ben porque Gabrium xa os estaba esperando con
Gunter.Despois de asegurarse de estar todos xuntos puxéronse de camino á casa. Chegaron moi
cansados ao día seguinte.
Cando entraron pola porta a avoa de Tedy
recoñeceu ao seu home ao instante. Deulle un
abrazo forte e longo e tamén uns bicos moi
cariñosos. Aquel día foi un dos máis felices da
avoa Herminia, recuperara ao seu amor.
Herminia agradeceulle mil veces a Tedy que o
seu home estivera de volta na casa.
Que bonita historia, que final tan feliz, non?
E con vikingos ou non este conto acabou.
FIN