Un mundo desigual e violento

27

description

Presentacion feita por tres membros da Asociacion Sinenomine para introducir unha charla sobre Cine e actualidade no CEFORE de Lalin

Transcript of Un mundo desigual e violento

Page 1: Un mundo desigual e violento
Page 2: Un mundo desigual e violento

No  canto  de  u+lizar  os  seus  recursos técnicos  e  materiais,  que  experimentaran un  incremento  extraordinario,  para construír  unha  cidade  marabillosa,  os homes  do  sécu lo  X IX  constru í ron suburbios  deprimentes  [...]  [que] segundo  os  criterios  da  empresa  privada eran  <<rendibles>>,  mentres  que  a  cidade marabi l losa,  pensaban,  sería  unha extravagancia  que,  na  estúpida  xerga  da moda financeira, hipotecaría o futuro>>… A  mesma  regra  de  cálculo  autodestru+vo goberna  todos  os  ámbitos  da  vida. Destruímos  a  beleza  da  paisaxe  porque  os esplendores  da  natureza,  dos  que  ninguén se  apropiou,  carecen  de  valor  económico. Seriamos capaces de apagar o sol e as estrelas porque non dan dividendos.  John  Maynard  Keynes  (1883‐1946),  citado en Algo va mal, pax. 151,152 

De todos os fins [...] que podamos perseguir, o  prioritario  é  sen  dúbida  reducir  a desigualdade.  [...]  Sexa  en  Delhi  ou  en Detroit, os pobres e os desvalidos non poden esperar xus+za. [...] Neste  sen+do, o  acceso  desigual  a  todo 6po de recursos, desde os dereitos até a  auga,  é  o  punto  de  par6da  de  toda crí6ca  verdadeiramente  progresista  do mundo.  Pero  a  desigualdade  non  é  só  un problema técnico. Ilustra e agrava a perda de cohesión  social,  a  sensación  de  vivir  en comunidades  pechadas  cuxa  principal función  é  manter  fóra  ás  demais persoas  (menos  afortunadas  que  nós)  e confinar  as  nosas  vantaxes  a  nós mesmos  e as  nosas  familias:  a  patoloxía  da  época  e  a maior ameaza para a saúde democrá+ca.  Algo  va  mal,  Tony  Judt,  Taurus  2010  (pax. 175, 176) 

Page 3: Un mundo desigual e violento
Page 4: Un mundo desigual e violento
Page 5: Un mundo desigual e violento
Page 6: Un mundo desigual e violento
Page 7: Un mundo desigual e violento
Page 8: Un mundo desigual e violento
Page 9: Un mundo desigual e violento
Page 10: Un mundo desigual e violento
Page 11: Un mundo desigual e violento
Page 12: Un mundo desigual e violento
Page 13: Un mundo desigual e violento
Page 14: Un mundo desigual e violento
Page 15: Un mundo desigual e violento
Page 16: Un mundo desigual e violento
Page 17: Un mundo desigual e violento
Page 18: Un mundo desigual e violento
Page 19: Un mundo desigual e violento
Page 20: Un mundo desigual e violento
Page 21: Un mundo desigual e violento
Page 22: Un mundo desigual e violento
Page 23: Un mundo desigual e violento
Page 24: Un mundo desigual e violento

"Tendemos  a  pensar  que  o  que  vemos  no  presente  é  eterno. Esquecemos  o  moito  que  nos  sorprendeu  a  repenMna desintegración  dalgunhas  insMtucións,  o  cambio  extraordinario que  sufriu a  forma de pensar da  xente,  as  inesperadas  rebelións contra algunhas Mranías,  o brusco derrubamento de  sistemas de poder que parecían invencibles. Ter  esperanza  nos malos  tempos  non  é  un  simple  romanMcismo absurdo. É algo que  se basea no  feito de que a historia humana non  é  só  unha  historia  de  crueldades  senón  unha  historia  de compaixón, sacrificio, valor e bondade. Se recordamos todos  isos momentos  e  lugares,  e  son  tantos nos que a  xente  se portou de forma admirable, daranos enerxías para actuar. A esperanza é a enerxía do cambio.   O  futuro  é  unha  sucesión  infinita  de  presentes  e  vivir  como cremos que deben os seres humanos, pese a todo o malo que nos rodea, é unha vitoria marabillosa." 

Una historia popular del Imperio Americano, pax, 274‐275 Howard Zinn, sins en+do 2010 

Page 25: Un mundo desigual e violento

Se hai unha palabra que define ao mundo na actualidade, esa é desigualdade. Desigualdade económica, por suposto, entre os territorios,  e dentro deles,  entre dis+ntos  grupos  sociais. Desigualdade  tamén entre  ví6mas e  verdugos,  uns poucos países  e grupos monopolizan o  uso  da  violencia,  convertendo  a millóns  de persoas  en  ví+mas  inocentes  de  conflitos  dos  que non  son responsables. Desigualdade de xénero, tamén. Non hai ningún lugar do mundo, na que as mulleres, homosexuais e transexuais non sufran a discriminación e a violencia. Nacer nun  lugar ou outro, pertencer a unha clase  social ou outra, determina de  forma  radical a  calidade de vida das persoas. Nacer nun país ou outro  implica poder vivir  sen sufrir os estragos da guerra ou estar condenados a  loita diaria por sobrevivir. Nacer cunha condición sexual dis+nta á oficial supón enfrontarse a un es+gma brutal que impide desenvolver libre e plenamente a personalidade. Quen  pensa  aínda  que  a  globalización  é  un  fenómeno  novo?  Para  os  que  estamos  preto  dos  grandes  centros  económicos mundiais;  globalización,  transnacionalización,  mundialización  ou  internacionalización  son  conceptos  que  resoan  cunha  certa familiaridade pero non se toman coma explicacións realmente sa+sfactorias sobre o mundo actual. Para todos os demais –nós ou outros‐ para a periferia, a globalización resulta aínda máis  familiar e moito máis significa+va. Podemos dicir que na periferia a historia nunca foi outra cousa que non fose iso mesmo: globalización (explotación). Todo xira, incluso o tempo da historia, en torno a ese espazo informe que hoxe a globalización encerra cos únicos instrumentos de delimitación válidos: o comercio e a inmigración. En lugar de buscar a igualdade económica, ese grande espazo do mundo que xurdiu do soño neoliberal da globalización veu en dar en mundos pechados: Nós e os Outros. Os que teñen e os que non. Os que están en crise hoxe e os que es6veron sempre. A aspiración de xus+za e de igualdade, a fraternidade humana, non ar+cula, logo, o mundo e é a forza quen garante esta delimitación entre o centro e periferia, entre uns poucos privilexiados e todos aqueles que compoñen  ese  Outro  que  asoma  ao  outro  lado  dos  muros  que  gardan  as  nosas  luminosas  cidades.  Si,  estamos  nun  mundo globalizado, pero o único que circula son as mercadorías e o capital. A civilización occidental (a civilización global) é quen de manter unha guerra en Afganistán, pero carece de vontade real de axudar ás ví+mas do terremoto e do empobrecemento en Haic. Gasta as súas enerxías en levantar valados para intentar frear a chegada dos inmigrantes, iso si, despois de ter cuberto a cota de man de obra barata, en vez de procurar unha maior igualdade. Consume unha can+dade inxente de produtos innecesarios, a maioría deles elaboradas por traballadores escravizados, sen importarlle ás consecuencias  medio  ambientais,  nin  cues+onarse  as  condicións  laborais.  Confunde  o  progreso  coa  capacidade  de  compra, amosando un grao infinito de cinismo para autoxus+carse.  

Un mundo desigual e violento 

Page 26: Un mundo desigual e violento

A polarización social é cada vez maior tamén dentro do mundo rico. Uns poucos (os mercados) impóñense, no seu insaciable afán de lucro, aos Estados e ao interese xeral. Mesmo a mal chamada sociedade do benestar de Europa corre un serio perigo de desmontarse no contexto actual de crise. O discurso polí+co cínguese aos índices da Bolsa, e a aspiración dunha maior xus6za social deixou de formar parte da axenda, aínda que só fose retoricamente. Xa non está claro que as xeracións futuras poidan vivir mellor ca nosa. A solidariedade co+za á baixa some+da ás condicións do único espazo público posible: o propio consumo. Temerosos  de  perder  status,  os  'cidadáns'  deixamos  que  o  peso  da  crise  caia  nos máis  desfavorecidos:  recortamos  axudas sociais e financiamos as engrenaxes do capitalismo salvaxe. Ao igual que levantamos muros entre territorios, tamén son cada vez máis evidentes as fronteiras, dentro das comunidades, entre as clases sociais. A desigualdade camiña da man da violencia. O comercio de armas (a maioría fabricadas nos países occidentais) é cada vez máis boiante, alimentando as máis de 40 guerras que existen hoxe no mundo. Guerras que provocan un sufrimento inxente a millóns de  persoas  inocentes  atrapadas  na  rede  tecida  polos  intereses  económicos  e  xeo‐estratéxicos  occidentais  xunto  ás  elites corruptas  do  seu  propio  país.  Outros moitos  conflitos  armados  esténdense  polo  globo,  a maioría  no  Terceiro Mundo,  pero tamén no mundo rico a crise agudiza os enfrontamentos violentos, amosando a incapacidade da sociedade para dar unha saída pacífica as causas que os provocan. Vivimos nun réxime de inseguridade global que atenta contra as liberdades e os dereitos humanos  máis  básicos,  incapaces  de  vencer  o  medo mediante  a  transformación  do modelo  polí+co  e  económico  que  nos conduciu ata aquí, recorremos á forza (bruta). Neste  estado  das  cousas  a  responsabilidade  maior  é  das  potencias  que  dominan  o  mundo.  Potencias  que  foron  quen  de ar+cular  na  segunda metade  do  s.  XX  un  sistema que,  a  pesar  de  estar  lonxe  de  ser  igualitario,  permi+u  ca maioría  da  súa poboación  teña  as  necesidades  básicas  cubertas  e  poida  desenvolver  os  seus  dereitos  con  rela+va  liberdade.  Pero  estes principios son papel mollado nas relacións internacionais e a hipocrisía e a men6ra parecen inherentes á linguaxe diplomá+ca. Cando  do  que  se  trata  de  controlar  recursos  e  territorios  fálase  de  expandir  a  democracia  e  os  dereitos  humanos  (Iraq, Afganistán),  esmagándoos nese mesmo proceso  (Guantánamo) e provocando un desastre humanitario enorme. Cando  só  se trata de beneficiar ás empresas e  intereses occidentais véndese como un mal menor a axuda económica e militar a  réximes ditatoriais que +ranizan á poboación  (Tunisia,  Israel). Cando só  se  trata de negocios e poder ameázase a algunhas ditaduras (Cuba, Irán) e edulcóranse outras igual de execrables (China, Arabia Saudita). Os exemplos son incontables. Os medios  de  comunicación  xogan  tamén  un  papel  nesta  comedia.  Focalizan  a  atención  da  opinión  pública  nun  ou  noutro conflito  en  función  de  intereses  espurios,  e  u+lizan  a  dor  das  ví+mas  para manipular  os  nosos  sen+mentos.  Pero  isto  non xus+fica a pasividade das nosas sociedades. Somos capaces de decatarnos como funcionan as cousas. Hai que tomar conciencia de  que  detrás  de  cada  un  deses  actos  violentos  hai  millóns  de  persoas,  coma  nós,  que  morren,  resultan  feridas  e  sofren, carecendo de todo dereito humano, sen que nada o xus+fique. A nosa indignación debe vencer ao noso egoísmo. 

Page 27: Un mundo desigual e violento

Como facerlle entender ao alumnado os aspectos fundamentais do estado mundo e que se indignen? É obvio comezar pola  importancia do coñecemento do presente. Se queremos educar cidadáns hai que darlle prioridade á análise na aula dos conflitos actuais, rachando cos  límites curriculares. Por outra banda hai que procurar non crear unha visión apocalíp+ca ou monolí+ca. Sempre hai alterna+vas, sempre é posible actuar, sempre é posible crer noutra perspec+va. A desigualdade, a violencia, non son unha condena irrevogable da humanidade, e así o demostra a Historia. Foron, e son, moitas as persoas, organizacións e ideoloxías que conseguiron, e conseguen, mellorar este mundo. Que os nosos alumnos  sexan  quen  de  percibir  as  inxus+zas  e  loitar  contra  elas,  debe  ser  o  noso  obxec+vo  primordial,  o  único irrenunciable. O  cine  é  unha  ferramenta  moi  ú+l,  neste  sen+do.  Son  numerosos  os  filmes  (moitos  deles  de  calidade)  que  nos permiten estudar dis+ntos aspectos das heteroxéneas realidades do mundo globalizado. Ademais dos aspectos lúdicos, ver  unha  película  debe  engadir  unha  planificación  das  sesións  que  nos  permita  a  reflexión  e  a  crí+ca.  É  dicir,  unha verdadeira  aprendizaxe  dos  feitos  narrados  e  dos  valores  transmi+dos.  Unha  selección  rigorosa  das  películas,  uns obxec+vos claros e alcanzables, e unhas ac+vidades significa+vas serían, en principio, os instrumentos máis ú+les. Os filmes teñen grandes vantaxes fronte a outras fontes de coñecemento: a súa linguaxe acostuma a ser atrac+va para o alumnado e preséntanos os conflitos desde o prisma dos protagonistas, de persoas –de ficción ou non‐ que os viven. Isto  é moi  importante,  porque  permite  traballar  a  empaca,  fundamental  para  iden+ficarse  ‘co  outro’.  Só  se  somos capaces de entender o que senten as persoas poderemos asumir a necesidade de cambiar a sociedade, para mellorar.