UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas...

16
CANIDO PROGRAMA URBAN FERROL FERROL VELLO A MAGDALENA

Transcript of UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas...

Page 1: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

CANIDO

PROGRAMA

URBANFERROL

FERROL VELLOA MAGDALENA

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1

Page 2: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

ÍNDICE

• QUE É O PROGRAMA URBAN?

• A ELECCIÓN DA ZONA URBAN

• CAL É A ZONA URBAN FERROL?

• ESTRATEXIAS

• OBXECTIVOS E ACTUACIÓNS

• EIXO 1ESPAZO PÚBLICO URBANO

• EIXO 2DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E EMPREGO

• EIXO 3ACCIÓN SOCIAL

• EIXO 4TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS

• EIXO 5MEDIO AMBIENTE URBANO

• EIXO 6TECNOLOXÍAS

• EIXO 7XESTIÓN, CONTROL E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 2

Page 3: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

FERROL URBAN 3

QUE É O PROGRAMA URBAN?O “Proxecto para a rexeneración urbana dos barrioshistóricos de orixe da cidade marítima de Ferrol”promovido polo Concello de Ferrol,e aprobado porunanimidade en sesión plenaria da CorporaciónMunicipal, é xa unha realidade trala inclusión desteproxecto dentro da Iniciativa Urbana (URBAN), cofi-nanciada nun 70% polo Fondo Europeo de Desen-volvemento Rexional (FEDER) para o período deprogramación de fondos comunitarios 2007-2013,cun orzamento total de 11.433.590 euros.

O obxectivo da iniciativa comunitaria URBAN é a re-xeneración social e económica das cidades e dos ba-rrios co fin de promover un desenvolvemento urbanosostible a través de modelos innovadores, conce-dendo unha forte énfase ao proceso de cooperacióne á participación dos axentes locais.

As actuacións do URBAN FERROL destínanse a:• facilitar a integración física, funcional, social e eco-nómica dos barrios• mellorar a empregabilidade da poboación femi-nina e da mocidade• apoiar a rexeneración do tecido económico e fo-mentar a iniciativa empresarial e comercial• incrementar o nivel de servizos á poboación co finde mellorar as súas condicións de vida e atraer novapoboación que rexenere demograficamente estesbarrios• desenvolver accións de mellora ambiental,de pro-moción da mobilidade sostible e de incremento deinfraestruturas

• renovar edificios e espazos públicos• promover iniciativas locais en favor do emprego• mellorar os sistemas de educación e formación enbeneficio das persoas desfavorecidas• desenvolver sistemas máis eficaces de xestión dosrecursos enerxéticos e do uso de enerxías renovables• aproveitar o potencial que ofrecen as tecnoloxíasda sociedade da información.

COORDINACIÓN COS INTERLOCUTORES LOCAIS

A Iniciativa Urbana conta co apoio das entidades ci-dadás representativas dos diferentes intereses.

CARÁCTER INNOVADOR

O Proxecto nace cunha filosofía innovadora, paradesenvolver novos métodos, ferramentas e enfoquese abordar melloras dos métodos existentes.

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Na zona URBAN o predominio da poboación femi-nina sobre amasculina constitúe unha especial cha-mada de atención ás políticas de xénero eigualdade en todas as accións que se executen.Ademais, nas actuacións a desenvolver terán unhaespecial consideración aqueles aspectos que inci-dan nunhamellora da calidade de vida das persoascon algún tipo de discapacidade ou minusvalía.

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 3

Page 4: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

A cidade de Ferrol está inmersa nun proceso de xe-ración e atracción de iniciativas múltiples dirixidas apropiciar un proceso de desenvolvemento local eurbano sostible, capaz de alonxar a cidade do de-caemento económico, demográfico e social oca-sionado polas sucesivas reconversións sufridas polaindustria naval e polas estruturas da defensa nacio-nal, sectores ambos que sustentaron historicamenteboa parte da súa base económica e da súa reali-dade social.

A recuperación do imprescindible papel que co-rresponde á cidade como dinamizadora do crece-mento e do emprego, preséntase no caso de Ferrolcomo unha prioridade inexcusable, por canto a ci-dade se atopa nun proceso de recesión e perda depeso económico e demográfico no conxunto rexio-nal, arrastrando na súa caída á súa ampla zona deinfluencia.

Neste contexto, a concorrencia de Ferrol á convo-catoria da INICIATIVA URBANA (URBAN), por riba desupoñer unha oportunidade para avanzar na cohe-sión social e urbana nunha determinada zona, con-cíbese como unha peza estratéxica no conxunto deaccións dirixidas á recuperación urbana da cidade.

A integralidade propia dos proxectos URBAN orientoua atención do Concello de Ferrol cara á zona da ci-dade na que a crise urbana se manifesta con maiorcomplexidade, xa que no conxunto formado polosbarrios históricos de orixe da cidade preséntase nonsó unha crise demográfica, social e económicasenón tamén unha crise ambiental, patrimonial, fun-cional, cultural e identitaria,que se expresa no aban-dono, a deterioraciónmaterial de edificios e espazospúblicos, a precarización crecente da habitabili-dade, o baleiramento residencial e das actividadeseconómicas,etc.

Recuperar o pulso dos barrios históricos constitúenos termos da Carta de Leipzig sobre cidades eu-ropeas sostibles, 2007, un factor de localizaciónpara atraer negocios, man de obra cualificada ecreativa, turismo urbano sostible; en definitiva, re-presenta unha panca potente para a recuperaciónurbana de Ferrol e para a revitalización do corazónda cidade chamado a dinamizar, cos seus valoresurbanos, a nova fase de desenvolvemento econó-mico e progreso social de Ferrol e a súa comarca.

FERROL URBAN4

A ELECCIÓN DA ZONA URBAN

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 4

Page 5: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

A zona URBAN FERROL está integrada polo conxuntoformado polos barrios de Ferrol Vello, Canido e AMagdalena que constitúen os barrios de orixe da ci-dade de Ferrol que chegaron ata nós en condiciónsde integridade suficientes como para recoñeceraínda, nos seus trazados urbanísticos e mesmo enboa parte das súas arquitecturas, o legado culturalda cidade histórica, implantada na marxe norte daría á que lle dá nome.

Estes barrios atópanse situados no extremo occi-dental da cidade, ocupando os terreos que desdeo Alto de Canido caen cara ao Arsenal da Mariñae cara ao Porto de Ferrol,colonizando así a parte surdunha semipenínsula formada entre a Ría de Ferrole a Enseada da Malata.

Así, a zona URBAN atópase delimitada do seguintexeito: o Porto de Ferrol limítaa polo oeste; o Arsenal

polo sur; polo leste e o nordeste as trazas urbanasdeixadas pola muralla de terra, que a separan degrandes instalacións militares e dos novos ensanchesda cidade do século XX; polo norte limita cos Altosde Canido coa súa caída cara á Enseada da Ma-lata, como espazos aínda vacantes e en lento pro-ceso de urbanización.

A localización costeira estratéxica deste lugar, pro-texido e próximo á estreita boca dunha ría de ópti-mas condicións para o refuxio, está na orixe mesmada cidade de Ferrol e destes barrios.Primeiro para aimplantación medieval da poboación mariñeira deFerrol Vello e o seu porto, despois para a implanta-ción dos Reais Estaleiros, do Grande Arsenal e danova poboación da Magdalena que constitúe noseu conxunto un brillante exemplo do urbanismo ilus-trado do seculo XVIII español.

FERROL URBAN 5

CAL É A ZONA URBAN FERROL?

CONXUNTO HISTÓRICODA MAGDALENA

BARRIO DEFERROL VELLO

BARRIO DE CANIDO

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 5

Page 6: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

O Proxecto de rexeneración constituído polo URBANFERROL diríxese a un espazo urbano -os barrios his-tóricos de Ferrol- que suman á expresión dunha criseurbana de carácter xeral que se pode entendercomo común a moitas cidades históricas,a singula-ridade dunha crise propia do decaemento urbanode Ferrol no conxunto metropolitano e en particulardo debilitamento de funcións centrais representati-vas, da deterioración material e social,da perda dareferenciación cultural e patrimonial para a comu-nidade urbana tan propia dos barrios históricos.

Así pois,a natureza da recuperación urbana que sepretende para estes barrios está chamada a tras-cender, nos seus efectos,do ámbito local ao que serefire e isto, nun dobre sentido:

• Porque a acción de recuperación na que se in-serta o URBAN FERROL pretende acadar efectos so-ciais, económicos, ambientais e funcionais quereforcen toda a complexa realidade urbana propia

do espazo rico e diverso da cidade histórica, pre-tendendo reinsertalo como peza clave -diriamosque ineludible- do proxecto de recuperación ur-bana da cidade de Ferrol.

• Porque este Programa de rexeneración urbanacomplementa e é complementado por unha boacantidade de accións de distinto carácter,en cursoou recén realizadas, dirixidas todas elas ao mesmoobxectivo xeral,en áreas tan diversas como a plani-ficación para a protección e rehabilitación dos ba-rrios históricos,o desenvolvemento de Programas derehabilitación dos Plans Estatais de Vivenda,a reno-vación das infraestruturas urbanísticas e a rexenera-ción do espazo público nos ámbitos centrais destesbarrios, as iniciativas empresariais de dinamizacióndo Centro Comercial Aberto, a implantación naszonas centrais de equipamentos culturais de nivel(Teatro Jofre, Centro Cultural Caixa Galicia, MuseoNaval de Herrerías no Arsenal, Centro Torrente Ba-llester), etc.

FERROL URBAN6

ESTRATEXIAS

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 6

Page 7: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

Dentro desta estratexia xeral de recuperación urbanados barrios históricos de Ferrol, xa en curso, o PRO-GRAMA URBAN está dirixido a producir as accións ne-cesarias para: facilitar a integración física, funcional,social e económica dos barrios; fomentar a cohesiónsocial e a integración laboral dos sectores excluídos;mellorar a empregabilidade da poboación femininae da mocidade; apoiar a rexeneración do tecidoeconómico e fomentar a iniciativa empresarial eatraer novos emprendedores e novas actividades, fa-vorecendo un contorno de valor patrimonial propicioá innovación e á creatividade; mellorar o nivel de ser-vizos á poboación que permita elevar as condiciónsde vida para fixar a poboación residente e atraernova poboación que rexenere demograficamenteos barrios; impulsar unha acción de dinamización cul-tural baseada na valorización dun patrimonio urbanoe histórico para o que a cidade aspira ao seu reco-ñecemento como Patrimonio Mundial; desenvolveraccións de mellora ambiental no relativo á recupe-ración da presenza da natureza na cidade histórica,a promoción da mobilidade sostible, a eficienciaenerxética,amellora de infraestruturas,o fomento da

rehabilitación lixeira e da utilización e reutilización demateriais locais de construción e de tecnoloxías in-novadoras.

Todo isto nun proceso marcado pola implicaciónactiva dos distintos axentes sociais e económicosen presenza, incorporados ao debate de identifi-cación de programas, de discusión de proxectos,de participación na súa execución e de compro-miso duradeiro co seu mantemento,conservación eenriquecemento.

O Programa artéllase en torno a sete EIXOS ESTRA-TÉXICOS que desenvolvemos a seguir:

1. Espazo Público Urbano2. Desenvolvemento Económico e Emprego3. Accion Social4. Transporte e Comunicacións5. Medio Ambiente Urbano6. Tecnoloxías7. Xestión, Control e Participación Cidadá

FERROL URBAN 7

OBXECTIVOS E ACTUACIÓNS

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 7

Page 8: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

OBXECTIVOS

• Fomentar a cohesión interna a través de medi-das que melloren os barrios máis desfavorecidos,rehabilitando o contorno físico, os espazos públi-cos, buscando un medio urbano de calidade,para os cidadáns e cidadás e a posta en marchade novas oportunidades de emprego e crece-mento económico.

•Abordar actuacións dirixidas á protección do patri-monio histórico e cultural, favorecendo o desenvol-vemento socioeconómico e valorizando o territorio.

ORZAMENTO: 1.173.262 €

ACTUACIÓNS

Reacondicionamento dos espazos públicos de arti-culación interna dos barrios.Reurbanización da Praza Cruceiro de Canido e asrúas Alonso López,Estrela,Miramar,Paseo daMariña eoutros,como espazos públicos de articulación internada zona URBAN, de maneira que se mellore a cali-dade urbana e os tránsitos dentro de cada barrio.

FERROL URBAN8

EIXO 1 II ESPAZO PÚBLICO URBANO

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 8

Page 9: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

OBXECTIVOS

• Promover a mellora da competitividade, fomen-tando novas actividades na zona URBAN.

• Identificar os factores clave para crear un climaen que poidan prosperar a iniciativa e as activida-des empresariais, mellorando o nivel do espírito em-presarial.

ORZAMENTO: 938.800 €

ACTUACIÓNS

Realización de estudos e plans de revitalización co-mercial.Coa finalidade de orientar as accións de apoio aopequeno comercio e hostalería, para que, nunhaperspectiva de medio prazo, se poida acadar amellora da competitividade destes sectores de ac-tividade.

Programa de axudas ás pequenas empresas, anovos emprendedores e a iniciativas innovadoras.Establecemento dun réxime de axudas económicasdirectas dirixidas aos pequenos negocios da zona ea novas empresas que queiran implantarse nela, cofin de incentivar os procesos de modernización queo conxunto empresarial debe afrontar para garantira súa supervivencia e desenvolvemento.

Parque Arqueolóxico do Baluarte de Canido.Recuperación deste Baluarte para valorizar a súasignificación histórica e arqueolóxica.

Programa de apoio específico a emprendedoresdentro do sector turístico, mellora de instalacións defomento da náutica recreativa.Trátase de apoiar a iniciativa emprendedora, pro-porcionando información, formación, titorización,acompañamiento e seguimento e establecendoaxudas económicas directas, así como difundindoas instalacións e servizos portuarios a través de pro-gramas de información local.Crearase tamén unha Aula Náutica e Programas defomento da náutica recreativa.

Programa de apoio á creación de novas formas dexestión do comercio tradicional.Desenvolvendo un plan de actuación que procurea mellora na xestión do comercio tradicional, a tra-vés do intercambio de experiencias con expertos,visitas a outros centros comerciais abertos e o apoioá implantación de novos sistemas de xestión.

Centro de interpretación da cidade histórica no Ba-luarte de San Xoán.Recuperación do Baluarte de San Xoán, parte daantiga muralla defensiva, para a creación dun Cen-tro de interpretación da cidade histórica.

Creación de percorridos turísticos e actividadesculturaisPrograma dirixido a persoas novas e desemprega-das da zona, cun nivel medio de formación, intere-sadas en desenvolver unha actividade empresarial.Prestarase formación especializada no ámbito doturismo e a xestión e actividades culturais, así comona xestión de empresas na zona.

FERROL URBAN 9

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E EMPREGO II EIXO 2

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 9

Page 10: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

OBXECTIVOS

• Integrar aos grupos desfavorecidos, alentando ácidadanía a participar na planificación e prestaciónde servizos, potenciando a implicación da socie-dade civil no goberno e mellora dos servizos sociais.

• Promocionar a conciliación familiar e a cohesiónsocial, apoiando a creación e acceso aos servizosde atención a persoas dependentes así como á in-tegración de persoas con risco de exclusión social,destinando recursos aos colectivos máis desfavore-cidos, que redunden nunha mellora global da cali-dade de vida a través da inclusión, a igualdade e aconciliación.

ORZAMENTO: 2.698.670 €

ACTUACIÓNS

Programas de formación para coidadores formais einformais.Dirixidos ás persoas que queiran desenvolverse neseámbito, así como á información, formación e apoiopara as persoas que coidan de familiares depen-dentes.

Programa de formación en oficios e traballos de re-paración e intervención social en vivendas.Este programa baséase na formación de equipos deintervención que os capacitará para que actúen enreparacións urxentes en cubertas, cociñas e bañosde vivendas da zona URBAN ocupadas por familiasen situación de emerxencia social.

Centro de día para as personas maiores.Habilitación e equipamento dun Centro diurno deatención a persoas maiores e/ou dependentes, conprogramas preventivos e de estimulación, de orien-tación e apoio a familiares.

Programas de formación para a reinserción de co-lectivos desfavorecidos.Deseñaranse diversas actividades formativas paraos distintos colectivos de poboación desempregadada zona, relacionadas coas actuacións que se des-envolverán no Programa URBAN, tales como: Cons-trución, Enerxías alternativas, Reciclaxe de Residuos,Xardinería, Atención á dependencia, Atención á in-fancia, etc.

Centro de atención infantil.Habilitación e equipamiento dun Centro diurno deatención a nenos, con programas de estimulación,orientación e entretemento, fóra do horario escolar.

Centro de recursos para as asociacións.Creación dun Centro de formación e asesoramentopara servizo das entidades sociais da zona URBANprestando asesoramento xurídico, fiscal e financeiro,así como información e formación en planificacióne xestión.

Creación de Centro Cívico. Rehabilitación do velloHospicio.Adecuación e habilitación dun espazo dentro doedificio histórico que ocupou o Hospicio para o seuuso como espazo de reunión, información e lecerdos habitantes que residen na zona URBAN.

FERROL URBAN10

EIXO 3 II ACCIÓN SOCIAL

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 10

Page 11: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

OBXECTIVOS

• Promocionar e sensibilizar á poboación no uso desistemas de transporte urbano sostible.

• Mellorar as conexións e as condicións de accesi-bilidade e mobilidade, entre os distintos barrios dacidade.

ORZAMENTO: 3.266.726 €

ACTUACIÓNS

Implantación do carril bici, conectando Esteiro copaseo da Malata.Coa finalidade de conseguir un percorrido continuoe atractivo duns sete quilómetros no perímetro da ci-dadedad, formulase a habilitación deste espazoapto para a circulación de bicicletas que una os tra-mos existentes, ao suroeste da zona URBAN, co paseoda Malata, ao norte.

Promoción da mobilidade peonil e ciclística, do per-corrido a pé do centro e do uso de medios alterna-tivos ao vehículo privado.Esta actuación pretende crear hábitos respecto dautilización habitual de medios de transporte alter-nativos na cidade.

Reacondicionamiento de eixos de comunicaciónentre barrios históricos.Reurbanización das rúas Alegre, Atocha, MáximoRamos, Zurbano, San Diego e a comunicación deAlonso López coa rúa Real, entre outros, conside-rándoos como os principais percorridos de comuni-cación entre barrios.

Apertura da rúa Máximo Ramos para permeabilizaro barrio de Canido cara a Ferrol Vello.Trátase de mellorar a comunicación directa entre obarrio de Canido e a parte norte do Parque RaíñaSofía, mellorando a conexión peonil de Canido conFerrol Vello e consecuentemente co porto e o mar.

Sinaléctica de Mobilidade.Deseño, creación e colocación de paneis informati-vos e sinais dentro da zona URBAN.

FERROL URBAN 11

TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS II EIXO 4

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 11

Page 12: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

OBXECTIVOS

• Abordar a difusión xeralizada na zona da culturada sostibilidade, a promoción de fontes de enerxíarenovables e a sensibilización na mellora da eficien-cia enerxética e o control da xeración de residuosnos sectores comercial e doméstico.

•Mellorar as infraestruturas de abastecemento e sa-neamento vencelladas ás actuacións de mellora doespazo urbano e das comunicacións entre barrios.

ORZAMENTO: 2.404.285 €

ACTUACIÓNS

Mellora e rexeneración de zonas verdes e parquespúblicos.Mellora xeral do espazo público urbano, con actua-cións de rehabilitación e acondicionamento no Par-que Raíña Sofía, Xardíns do Porto, Xardíns de Herrerae Campo de San Roque, o Paseo do Túnel, o Cantón,as Angustias e outros.

Programa de formación e intervención en zonas ver-des para mellora do medio ambiente urbano.Traballarase na formación de equipos de interven-ción compostos por persoas paradas ou desocupa-das residentes na zona que actúen desenvolvendoprácticas en espazos verdes de titularidade públicada zona URBAN para unha mellora substancial docontorno no que viven.

Programa de dinamización de espazos públicos.Crearase un programa de animación socioculturalnas prazas e parques públicos, con grupos que des-envolvan actividades na zona.

Apertura de espazos á cidadanía: accesibilidadeao Parque Raíña Sofía.Trátase de facilitar o uso deste espazo público e dosseus contidos: o Parque temático da auga, Aqua-ciencia e a Aula de Ecoloxía Urbana.

Mellora do servizo de limpeza.Esta actuación consiste na implantación de illas so-terradas de residuos diferenciados e outro mobiliariourbano de xestión de residuos na área de interven-ción Urban para mellorar e facer máis eficiente axestión deste servizo.

Mellora da eficiencia enerxética no sistema de alu-meado público: aforro enerxético e redución dacontaminación lumínica.Realizarase un estudo da contaminación lumínica dazona para a súa redución e a implantación no alu-meado público de luminarias de baixo consumo.

Programa de dinamización de culturas emerxentes.Esta actuación ten por obxecto a posta en marchanos locais de ensaio de titularidade municipal e usopúblico da zona do Paseo do Carbón, na zona doMercado municipal da Magdalena, dunhas instala-cións e recursos de apoio de iniciativas culturais re-lacionadas co teatro, a imaxe e o son.

Programa de grupos de actuación en fachadas deinterese patrimonial.Formaranse equipos de intervención compostos porpersoas paradas ou desocupadas residentes no ba-rrio, que actúen en zonas degradadas da zonaURBAN para mellorar a imaxe dos barrios históricos.

12

EIXO 5 II MEDIO AMBIENTE URBANO

FERROL URBAN

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 12

Page 13: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

OBXECTIVOS

• Conceder unha especial relevancia ás medidasde educación, formación, difusión e sensibilizaciónno ámbito das novas tecnoloxías en contornos so-ciais con dificultades de acceso

• Impulsar novas ideas e empregos vencellados ásociedade da información.

ORZAMENTO: 323.000 €

ACTUACIÓNS

Viveiro virtual de empresas.Crearase un servizo de promoción empresarial cun vi-veiro virtual de empresas para apoiar a iniciativa em-

prendedora, proporcionando información, formación,titorización, acompañamento e seguimento.

Internet para todos. Instalación wifi en espazos pú-blicos.Trátase de promover o uso das novas tecnoloxías dainformación e comunicación en todos os sectoresde poboación, a través da equipación de cíberaulas para uso libre dos equipos informáticos e a or-ganización de cursos de formación.

Mediateca empresarial.Con esta actuación disporase dun espazo físicoaberto equipado con todo tipo de recursos forma-tivos e informáticos (Bases de datos, bibliotecas,guías e manuais, etc.).

13

TECNOLOXÍAS II EIXO 6

FERROL URBAN

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 13

Page 14: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

OBXECTIVOS

•Crear unha estrutura de xestión, seguimento e con-trol que garanta en todo momento a axeitada mar-cha e difusión do proxecto, así como o ensaio denovas formas de participación e cooperación.

• Desenvolver accións de avaliación e de difusión ecomunicación do proxecto.

ORZAMENTO: 628.847 €

ACTUACIÓNS

Plan de comunicación e difusión.Consistirá na divulgación do Programa e as súas ac-tuacións, así coma da cofinanciación con fondoseuropeos, a través da creación dunha páxina Webdo “Plan Urban Ferrol” ou dun espazo dentro da pá-xina do Concello perfectamente identificado, daelaboración de folletos de divulgación xeral, reali-zación de Xornadas de Presentación do programa,xunto con outros eventos de inicio, seguimento e re-mate das actuacións. Organizaranse tamén encon-tros con outras cidades que desenvolvan iniciativassemellantes.

Proceso de participación cidadá.Está prevista a posta en marcha dun Plan de partici-pación cidadá, que permita a máxima implicaciónda cidadanía potencial beneficiaria no deseño finaldas accións comprendidas no Programa URBAN.

Oficina Urban, xestión e asistencia técnica ao Pro-xecto.Na Oficina Urban do Concello de Ferrol xestiónase ecoordínase o proxecto co equipo técnico, formadopor tres persoas: unha directora, unha economista eunha coordinadora de actividades, así como oequipo material e a asistencia técnica necesarias.

Intercambio de experiencias, participación en reu-nións de seguimento e encontros sobre desenvolve-mento urbano.Desenvolverase o intercambio de experiencias entrecidades participantes na INICIATIVA URBANA, dexeito que se garanta a asistencia a reunións de se-guimento de proxectos e a encontros nacionais einternacionais sobre desenvolvemento urbano.

14

EIXO 7 II XESTIÓN, CONTROL E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

FERROL URBAN

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 14

Page 15: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

Edita

Concello de Ferrol. Área de Facenda e Patrimonio, Promo-

ción Económica, Emprego e Turismo

Fotografías

Ovidio Aldegunde

Deseño e maquetación

Item-Aga

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 15

Page 16: UF FOLLETO21x31 2:Maquetación 1 25/6/09 10:21 Página 1 ... · novos emprendedores e a iniciativas innovadoras. Establecemento dun réxime de axudas económicas directas dirixidas

+info en www.ferrol.es/urban

Real, 194 · 15402 Ferrol

UF_FOLLETO21x31_2:Maquetación 1 25/6/09 10:22 Página 16