Ud correlingua secundaria 2012

37

description

Unidade didáctica sobre o Correlingua 2012

Transcript of Ud correlingua secundaria 2012

Page 1: Ud correlingua secundaria 2012
Page 2: Ud correlingua secundaria 2012

Falamos galego O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo.

Por que, ao falar do noso idioma, Manuel María empregou esta metáfora?

Page 3: Ud correlingua secundaria 2012

Os mozos e as mozas falan o galego?

Artigo publicado en Vieiros o 31 de xullo de 2002 e que recolle as principais conclusións do proxecto Galbreus, financiado pola Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, que estuda o nivel de uso de galego, bretón e vasco entre os escolares.

O lingüista Xosé Ramón Freixeiro Mato, responsable para Galicia do proxecto, concluíu que o galego podería desaparecer como lingua viva ao redor de 2030 porque os datos recollidos no informe dan lugar á conclusión de que os mozos e as mozas non falan galego.

Nos últimos dez anos un 6,6 por cento dos mozos deixaron de falar o galego Na actualidade só o 19,2 % dos rapaces e rapazas do ESO empregan habitualmente o galego (fronte ao 72% do castelán). Só un 10,1 % son monolingües en galego Só un 8,8 % de rapaces desenvolven por igual nos dous idiomas

Page 4: Ud correlingua secundaria 2012

O proxecto Galbreus tamén revela as máis preocupantes porcentaxes de emprego do galego no sistema escolar recollidas até agora: un 19 % só recibe en galego a clase de galego; o 49 % menos de 6 horas de clase e o 65 % menos de 12 horas.

O estudo tamén examina o ámbito familiar, onde se comproba que:hai un evidente maior uso do galego cos avós e o menor con pais ou irmáns,determinados espacios de relación social están totalmente castelanizados: cibers, discotecas, tendas...

Page 5: Ud correlingua secundaria 2012

Por que nos preocupa a situación do idioma?

Estes son os datos:

Segundo estes datos o número de persoas que nunca falan en galego duplicouse en 10 anos, entre o 1991 e 2001, persoas que hoxe teñen entre 46 e 22 anos e que son, maioritariamente, persoas que tiveron unha parte do seu ensino en galego.

Page 6: Ud correlingua secundaria 2012

Os mesmos datos, analizados doutro xeito, sen facer distinción de idade dinos que:

Que conclusións tirades deste cadro?

Page 7: Ud correlingua secundaria 2012

E vós que pensades?

En que lingua falades habitualmente na casa?En que lingua falades no instituto?En que lingua falades cos amigos?E coas amigas?

Por que facedes diferencias?

Con quen falades en galego?

Por que con esas persoas si e con outras non?

Page 8: Ud correlingua secundaria 2012

Miremos ao redor

Cantos rapaces e rapazas da aula falan galego? Calculade a porcentaxe e completade o cadro:

Falan sempre en galego

Falan máis galego ca castelán

Falan máis castelán ca galego

Nunca falan en galego

Rapaces

Rapazas

Atopades diferencias? Como as analizades?

Page 9: Ud correlingua secundaria 2012

E vós que pensades?

Á vista dos datos anteriores, cal é a vosa opinión?Na vosa aula fálase máis en galego ca noutras aulas do centro?En que aulas se fala máis en galego, entre o alumnado de menor idade ou entre o de maior idade? Por que?Pensas que cando saiades do insitituto seguiredes falando na mesma lingua que agora? Por que?

Credes que isto lle afecta ao futuro da lingua?

Cantos anos tedes en 2030?

Pensades que como se dicía nese artigo de 2002, nese ano o galego pode desaparecer como lingua viva?

E se sucedese...?

Page 10: Ud correlingua secundaria 2012

Imaxinade por un momento que ...Que un accidente xeográfico tan importante como as rías desaparecese.

As nosas rías están sometidas a constantes agresións, sendo unha das máis importantes os recheos que modifican a súa extensión, pois reducen espazo ao mar e modifican as súas correntes, o que acaba repercutindo no desprazamento dos fondos areosos e na desaparición de determinadas especies mariñas. Por outro lado, a colmatación das áreas interiores das rías, debido ao exceso de lama e terra arrastradas polos ríos, ou ao efecto da vexetación, vai reducindo a súa profundidade e é outro elemento de destrución deste hábitat. A suma destes feitos e outras cuestións podería, ao longo de milleiros de anos, facer desaparecer este elemento xeográfico tan característico e xerador de riqueza.

Pensas que Galicia sería o mesmo se desaparecesen as súas rías? Farías algo para deter esta transformación?

Pois coa nosa lingua sería algo semellante, non?

Page 11: Ud correlingua secundaria 2012

Porque é a nosa lingua, a que di quen somos, a que nos sitúa no mundo.

Page 12: Ud correlingua secundaria 2012

Daquela... Será bo que pensemos en facer algo ... Para que cada día o galego estea máis vivo entre todos e todas.

Desde o Correlingua propoñémosche reflexionar sobre a situación do idioma e expresar a túa opinión, non só na escola e entre os teus amigos e amigas, tamén na rúa, aos teus veciños e veciñas, a través dun acto lúdico e festivo, para reclamar o teu dereito a vivir e medrar en galego

Page 13: Ud correlingua secundaria 2012

Comezamos cada edición convocando o concurso de manifesto e banda deseñada. Os traballos gañadores serán publicados na páxina web do Correlingua:

Gañadores do manifesto na edición de 2008

Gañadores da Banda deseñada na edición de 2008

Page 14: Ud correlingua secundaria 2012
Page 15: Ud correlingua secundaria 2012

Elaboración do manifesto.

A partir do Lema que atoparedes na páxina web, tedes que elaborar un manifesto, podedes usar como orientación os manifestos doutros anos. Descargádeos, lédeos e respondede ás seguintes preguntas:Que teñen en común os manifestos?Estamos de acordo co que din? Por que?Que pretenden facer os manifesto?Que fariamos para convencer aos demais de que falen a súa lingua?Como llelo podemos transmitir a través do manifesto?

Podemos debater entre nós o resultado destas preguntas, tirarmos conclusións e, a partir de aí, organizármonos para elaborar o manifesto.

Como participar? Lede con atención as bases, e escollede un representante que vos inscriba no concurso.

Page 16: Ud correlingua secundaria 2012
Page 17: Ud correlingua secundaria 2012

O alumnado gañador dos concursos recibe como premio unha estancia na Eira da Xoana, unha finca xestionada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para o alumando de Primaria, e a participación no Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galiza para o alumnado de Secundaria, estancias nas que estarán acompañados/as de monitores/as cos que realizarán diversas actividades.

Os traballos premiados publícanse na web do correlingua, onde estamos desexando recoller as aportacións que queirades enviarnos sobre o noso idioma, ou mesmo as vosas creacións literarias... A web é vosa, usádea!

Ah! E na web tedes disponíbel a oca do correlingua

Page 18: Ud correlingua secundaria 2012

Logo, coa axuda dos vosos profes, preparamos un itinerario para saírmos á rúa para reivindicar o nosos dereito a vivir en galego. Non ten que ser un itinerario moi longo, nin hai que competir... Trátase de facer visíbel o noso idioma.

Page 19: Ud correlingua secundaria 2012

Organizaremos un acto final, unha festa, para sermos exactos...

E nela lerase o manifesto gañador

Page 20: Ud correlingua secundaria 2012

E esta carreira e esta festa celébranse en todo o país, durante dez días imos pasando o testemuño dun lugar a outro, ás veces estamos de festa en dous lugares ao mesmo tempo.

Vigo

Pontevedra

Santiago de Compostela

Ourense

Ribeira Sacra

Lugo

A MariñaFerrolterra

Baixo Miño e o Condado

A Coruña

Page 21: Ud correlingua secundaria 2012

O Corelingua é máis divertido se imos todos e todas de festa. Que podemos facer para que a festa sexa máis grande?

Pancartas. Escollede un lema e un deseño entre todas as propostas que vaian saíndo. Só precisades dunha tea, pintura e uns paus. Tedes que ter moi claro que queredes facer antes de traballar directamente sobre a tea.

Disfraces. Como son moi poucos os que poden coller a pancarta, podédesvos disfrazar. Escollede un tema co que poidades convencer ao resto dos vosos compañeiros de que utilicen o galego, facede o deseño dos disfraces e ao Correlingua!

Cancións e berros: Ademais do anterior podedes inventar cancións e berros que animen o percurso do correlingua, se non se vos ocorre nada podedes acudirá páxina web.

Page 22: Ud correlingua secundaria 2012

E temos unha páxina web: www.correlingua.org

Nela atoparás:

Calendario: onde atoparás as datas de celebración do Correlingua en cada comarca, ademais do programa de actividades.

Manifesto: aquí están os manifestos gañadoresde todas as edicións.

Banda deseñada: e aquí as bandas deseñadas gañadoras.

Himno: unha canción Bravú dos Diplomáticos de Montealto que é o himno oficial do Correlingua. Descarga a música e a letra.

Taboleiro: nel podes deixar a túa pegada. Escríbenos e colgaremos a túa mensaxe.

Ferramentas: xogos e actividades para pasar o tempo e aprender.

Bases: as dos concursos está toda a información para participares nos concursos.

Cantalingua: ao Correlingua imos de

festa e ti podes escoller o grupo que

máis che guste... Anímate e vota.

Page 23: Ud correlingua secundaria 2012

ComprobamosImos comprobar a vitalidade da nosa lingua. Podemos formar grupos. O grupo A pode pescudar a presenza do noso idioma nos medios de comunicación:

En galego Máis en galego ca castelán

Máis en castelán ca galego

En castelán

Xornais impresos

Xornais dixitais

Radios con sede en Galicia

Televisións con sede en Galicia

Page 24: Ud correlingua secundaria 2012

ComprobamosO grupo B pescuda a presenza do noso idioma no comercio:

En galego En castelán

Nome do establecemento

Publicidade

Atenden en

Se lles falas en galego atenden en

Page 25: Ud correlingua secundaria 2012

ComprobamosO grupo C pescuda a presenza do noso idioma nos ámbitos de ocio:

En galego En castelán

Cine: cantas películas podemos ver

Xogos de ordenador, de play... cantos temos en

Fotolog, blog... cantos están en

Actividades de ocio programadas polo concello

Page 26: Ud correlingua secundaria 2012

ConcluímosUnha vez que recollimos todos os datos, que conclusións podemos tirar deles?

Cal é a presenza da nosa lingua ao noso redor?

moito algo pouco nada

Nos medios de comunicación

No comercio

No ocio

Page 27: Ud correlingua secundaria 2012

En clave de humor

O bilingüismo harmónico visto por Tokio

O galego na xustiza, segundo o Carrabouxo

Page 28: Ud correlingua secundaria 2012

PropoñemosÁ vista dos datos que manexastes, a nosa lingua está presente ao noso redor?

Si. Pensas que é así en todas partes?

Non. Que podemos facer para mellorar a súa presenza?:

Page 29: Ud correlingua secundaria 2012

Datos efectivos:

Vitalidade da nosa lingua nas distintas comarcas

Page 30: Ud correlingua secundaria 2012

Lemos e comentamos:

¡Mamá, un gallego!

“Cando o meu amigo Euxenio me contou o que lle pasara había uns meses, a verdade é que me deu a risa. Entrou el nunha tenda de electrodomésticos das Travesas e estaba a falar cun dependente cando un neno que ía coa nai sinalouno co dedo e exclamou: "¡mira mamá, un gallego!"

Xa me tiña esquecido da anécdota, se non fose porque o outro día estaba eu coa miña filla no parque infantil da Miñoca e un neno de cinco anos, co que acababa de intercambiar algunhas palabras, me fitou dende o alto do tobogán. Cando me tivo ben observado preguntou: "oye, ¿tu eres gallego?", eu, algo sorprendido, resposteille: "eu si, e ti?", el, moi seguro de si e seguindo a miña mirada perplexa, foi remarcando: "pues yo soy español... español... de España, ¿sabes?".

Artigo de Xoán Comesaña Pedreira

Page 31: Ud correlingua secundaria 2012

Noticia publicada en Atlántico Diario o 3 de setembro de 2008.

“El Club Financiero de Vigo advierte del riesgo empresarial de imponer el idioma gallegoLos empresarios dicen tener dificultades para retener o contratar técnicos de otras regiones y países...El estudio elaborado por el Club Financiero hace hincapié en los riesgos empresariales del endurecimiento en la exigencia del gallego en la enseñanza, ’sin prácticamente posibilidad de opción de aprender en español’. Así, el informe asegura que ’muchas empresas se están enfrentando a la dificultad de retener o contratar personal cualificado procedente de otras regiones españolas o de otros países, cuya edad se sitúe en la franja de 30 a 50 años y que tengan hijos en edad escolar. De igual forma, se recoge que se están dando casos de profesionales que abandonan Galicia ante la tesitura de tener que formar a sus hijos en una lengua que no es la suya y debido a la imposibilidad de hacerlo en español ...

Page 32: Ud correlingua secundaria 2012

E vós que pensades?

Pensades que é certo que non hai practicametne posibilidade de estudar en español?

Dáse ese caso de persoas que abandonan o noso país porque non poden educar aos seus fillos en español?

Ou o caso de persoas que abandonan Galicia porque os seus fillos teñen que aprender galego?

Que pensades destas afirmacións recollidas nese informe?

Page 33: Ud correlingua secundaria 2012

Datos tirados do último censo elaborado en 2001:

Un 72,15 % dos nenos e nenas aos que os seus pais lles falan en galego, ou máis en galego ca castelán, cambiaron a súa lingua para o castelán.

Do alumnado entre 5 e 16 anos só un 38,60% falan galego ou máis galego ca castelán cos seus compañeiros de clase. Do alumnado de máis de 17 anos faino o 29,93 %.

Entre os 5 e os 16 anos falan galego ou máis galego ca castelán co seu profesorado o 40,84% e ao pasar de 17 anos soamente o fai o 26,92%.

As persoas de entre 5 e 29 anos só falan galego coas súas amizades o 28,98%, e fala máis galego ca castelán o 13,54%.

Page 34: Ud correlingua secundaria 2012

O informe do Comité de Expertos de Europa sobre o cumprimento da Carta europea das Linguas, recolle os seguintes puntos:

A situación na Educación Infantil é insatisfactoria, “O número de nenos de educación preescolar cubertos por este sistema educativo segue sendo moi baixo (31%)”

Que se modifique o marco xurídico e que se tomen medidas para incrementar o uso do noso idioma no ámbito da xustiza. Neste caso sinalan que unha deficiente formación universitaria na nosa lingua entre os estudantes de dereito é negativa para que haxa un maior uso do noso idioma no ámbito da xustiza.

O Comité de Expertos entende tamén que segue sen cumprirse a carta europea das linguas na administración e empraza a que se incremente o número de formularios e textos administrativos na nosa lingua.

Page 35: Ud correlingua secundaria 2012

Manter vivo o noso idioma, especialmente entre as xeracións máis novas, debe ser un dos traballos que, todas e todos, asumamos de cara ao futuro, seguindo a tradición do traballo colectivo.

O correlingua quere ser unha ferramenta para ese traballo.

Page 36: Ud correlingua secundaria 2012

Para escoitar e ... Bailar!

Page 37: Ud correlingua secundaria 2012

CORRELINGUA 2012

www.correlingua.org