Tui, historia e naturaleza

12
PROYECTO COMÚN 1. Título: “TUI, HISTORIA E NATUREZA” Este proxecto está dirixido ás etapas de Educación Infantil e Primaria, participarán todos os cursos so centro e veránse implicadas áreas como Lengua, Lingua, Coñecemento do medio, Matemáticas, Plástica e Música. Para levar a cabo este proxecto, dividimos as temáticas a traballar nos diferentes ciclos: Infantil: O Río Miño 1º Ciclo: Os deportes e a pesca no Río Miño.

Transcript of Tui, historia e naturaleza

Page 1: Tui, historia e naturaleza

PROYECTO COMÚN

1. Título:

“TUI,

HISTORIA E NATUREZA”

Este proxecto está dirixido ás etapas de Educación Infantil e Primaria, participarán todos os cursos so centro e veránse implicadas áreas como Lengua, Lingua, Coñecemento do medio, Matemáticas, Plástica e Música.

Para levar a cabo este proxecto, dividimos as temáticas a traballar nos diferentes ciclos:

Infantil: O Río Miño

1º Ciclo: Os deportes e a pesca no Río Miño.

2º ciclo: O Monte Aloia.

3º ciclo: Tui, cidade histórica e a música en Tui a través da historia.

Page 2: Tui, historia e naturaleza

2- Producto final desexado:

Libros-dossier elaborados polo alumno sobre as diferentes temáticas a

traballar e que será un material de consulta para a biblioteca do centro.

Creación dun Power Point con toda a información escrita, fotos,

debuxos, vídeos e incluso audios e partituras.

Exposición oral dos traballos realizados á Comunidade Educativa.

Participar en Monumenta presentando o proxecto

(http://galiciamonumenta.wordpress.com/)

Audioconto sobre o Río Miño.

3- Calendario de realización:

Este é o primerio Proxecto Documental Integrado que se propón dende

Biblioteca, xa que temos moitas dúbidas de cómo levalo a cabo decidimos

comenzar no 2º trimestre para ter rematado a finais do terceiro trimestre. Cada

titor/a decidirá en qué momento traballará sobre o Proxecto.

4- Contexto e xustificación do proxecto en relación coas

competencias básicas, currículo e necesidades e intereses do

alumnado.

O CEIP Plurilingüe de Guillarei é un centro situado nunha zona rural que pertence á localidade de Tui, pobo fronteirizo con Portugal, separado únicamente polo Río Miño.

A pesar de ser un lugar moi coñecido en Galicia, dámonos conta de que o noso alumnado descoñece moitas das riquezas tanto históricas, culturais e naturais que Tui posúa, motivo polo cal nos animamos a desenvolver este Proxecto.

4.1-Relación entre a secuencia de traballo e as competencias básicas:

Os obxectivos específicos que se pretenden conseguir a través das competencias básicas son:

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

Page 3: Tui, historia e naturaleza

Identificar o patrimonio natural, cultural, histórico e artístico galego diferenciándoo doutras comunidades, identidades e Estados e participando na súa defensa e conservación.

Identificar, analizar e valorar críticamente a intervención humana no medio e o seu impacto a corto e longo prazo.

Saber describir un espazo natural e comprender a importancia de protexer os ecosistemas e comprender que todos os seres vivos, incluídos os seres humanos, somos parte dun ecosistema.

Recoñecer os diferentes tipos de peixes que hai no Río Miño, así como o percorrido que fai dende o seu nacemento ata a súa desembocadura.

Situar os edificios máis significativos de Tui nun plano.

Competencia cultural e artística

Valorar e compartir manifestacións artísticas do patrimonio cultural galego apreciando a súa riqueza e diversidade.

Seleccionar as técnicas e materiais  de debuxo que levaremos a cabo, acuarela, témpera, ceras…

Buscar diferentes músicas  que falen dos ríos ou estean relacionados cos mesmos.

Coñecer a través da música cómo era a forma de vida de cada época. Aprender as diferencias entre a música culta e a música tradicional e,

moi importante, aprender a respetar tanto unha como a outra. Aprender tamén as diferencias entre ser compositor e ser intérprete. Debuxar o Camiño de Santiago co nome das rúas marcando os edificios

más representativos que nel se atopan.

Competencia na comunicación lingüística.

Utilizar a lingua eficazmente na actividade escolar tanto para buscar, recoller, seleccionar, contrastar, transformar e procesar a información, como para escribir textos propios de ámbito académico.

Escribir, resumir e comprender a información dada de maneira oral. Elaborar o conto, utilizando para elo a expresión escrita e oral. Tamén é

importante a comprensión lectora que faremos da información que os alumnos vaian recopilando.

Presentar de maneira oral un traballo realizado por eles.

Competencia matemática

Emplear o coñecemento matemático para comprender, valorar e producir informacións e mensaxes sobre feitos e situacións da vida cotidiana e recoñecer o seu carácter instrumental para outros campos.

Traballar as distancias, así como tamén cantidades, gráficos....

Page 4: Tui, historia e naturaleza

Realizar e interpretar un rueiro. Pasar a Km os cm que mide o Camiño de Santiago que cruza Tui,

utilizando a escala que teña o rueiro.

Competencia de aprender a aprender

Aprender a facer un traballo en grupo basado na colaboración. Aprender a buscar e organizar a información conseguida. Aprender a preparar e facer unha entrevista.

Tratamiento da información e competencia dixital.

Utilizar de maneira correcta as tecnoloxías da información e de comunicación, a biblioteca e calquera outro recurso pertinente do que se dispoña, tanto no cálculo como na búsqueda, tratamiento e representación de información varias.

5-Secuencia detallada de traballo:

Tal e como explicamos ao inicio, repartiránse as temáticas a traballar por ciclos, polo que establecemos as actividades que se van a realizar da seguinte maneira:

O RÍO MIÑO

Será traballado polo alumnado de Infantil e 1º ciclo.

Infaltil farase cargo de tratar a fauna máis destacada do Río, para elo realizarase un traballo de investigación a través de Internet e de libros.

1º ciclo tratará un pouco o percorrido do río e os tipos de pesca e de deportes que no Río se practican.

O primeiro que se levará a cabo será a recollida de infomación. Posteriormente

e en grupos de catro, aplicarán a estructura do folio xiratorio para inventar un

conto sobre o río e os peixes que podemos atopar nas súas augas. Unha vez

rematado o conto, toca gravar as voces dos nenos. Aquí, os nenos de maneira

colectiva decidirán quén será o que faga de cada personaxe.

Na saída que se realizará, os alumnos irán ata a Comandancia da

Marina en Tui e unha vez alí collerán o barco que fará un percorrido polo río.

Ademáis, nos xardíns da comandancia hai diferentes tipos de redes que se

utilizan na pesca no río, un marine explicaranos como se utilizan.

Page 5: Tui, historia e naturaleza

MONTE ALOIA

Será traballado polos alumnos de 2º ciclo.

Ideas previas e recollida de información:

Presentando dúas imáxenes, onde aparece unha foto antiga e actual do Monte, saber qué coñecen del e recoller datos.

Será a primera actividade e farase en gran grupo para obter a información do que xa sabemos e do que queremos saber.

Relato persoal:

Preguntar á xente maior cercana a nós qué información nos poden aportar sobre o Monte, cambios uq tivo, se houbo algún incendio importante, animais que nel habitan…. A información recollida exporase na clase de maneira individual.

A partir de ahí desenvolveránse o resto de actividades.

Actividades de Motivación

Saída ao Monte con visita guiada, aproveitarase esta saída para recoller a información que precisamos do guía e tomar fotos.

Visitaremos o Centro e Interpretación do Parque onde recolleremos moita información sobre o Parque.

A visita realizarase en gran grupo, coas preguntas que precisamos responder preparadas.

Actividades de Desenrolo.

Estas actividades faranse en grupos de 4, haberá un coordinador, que velará para que todo o equipo funcione correctamente, todas as actividades realizaránse entre todos cambiando os roles segundo sexa a actividade.

A actividade a realizar será a creación do noso dossier: fauna, flora e sendas.

TUI E A SÚA HISTORIA

Para os alumnos de 3º ciclo.

Page 6: Tui, historia e naturaleza

Recoller información

A nivel de todo o grupo, buscamos información sobre Tui, con folletos, libros sobre a súa historia, en internet…, buscamos un rueiro e traballaremos sobre el.

Por grupos (de 4 o 5 alumnos/as) centraránse nun edificio representativo de Tui. Explicando o seu nome, onde se localiza no rueiro (terán un por grupo), nome da rúa, todos os datos que poidan aportar. Cada membro do grupo terá unha función que elexirán entre eles (portavoz, secretario, moderador, coordinador)

Gran grupo: No rueiro (google maps) que veremos na PDI, marcaremos o camiño de Santiago que pasa por Tui. Segundo vaiamos marcando, os grupos estarán atentos para localizar no seu paso, si é que está, o edificio estudiado. Si é así, explicarán a información que teñen preparada.

Traballo individual

Matemáticas: Pasarán a Km os cm que mide o Camiño de Santiago que cruza Tui, utilizando a escala que teñan do rueiro.

Plástica: Debuxarán o Camiño de Santiago co nome das rúas marcando os edificios máis representativos que nel se atopan.

Durante a salida

Realizarán fotografías, comprobarán se o seu plano corresponde á realidade. Levarán unha libreta de notas onde apuntarán aspectos que lle chamen a atención.

Después da visita

Realización dun Power Point. En grupos clasificarán as fotografías ás que acompañarán cun pequeno texto. Elixirán a música que se porá de fondo.

A MÚSICA EN TUI A TRAVÉS DA SÚA HISTORIA

Os estudantes repartiránse en tres grupos:

- os que investigarán sobre o gaiteiro de Guillarei (música tradicional)- os que lo farán sobre os músicos de banda (música popular)- os que traballarán sobre o archivo da Catedral (música culta)

Page 7: Tui, historia e naturaleza

O reto inicial é descrubrir a importancia dos músicos históricos da nosa parroquia, Guillarei, e coñecer o arquivo musical da Catedral de Tui.

RECURSOS

Emplearemos TIC: ordenadores, búsqueda en google, actividades no blogue de aula (Abalar), procesador de textos e utilizaremos o mapa mental (freemind).

Uso da biblioteca do centro para a búsqueda en material bibliográfico. Utilizaremos o Slideshare para unificar todos os traballos e poder

compartilos con toda a Comunidad Educativa, así o poderemos colgar no blogue e que poida chegar ás familias.

A PDI. Cámara de fotos dixital.

5-Indicadores de éxito do proxecto:

O alumno adquiriu novas habilidades cognitivas en torno ao tema do proxecto como fonte de aprendizaxe a través da súa propia interacción.

Os alumnos melloraron na búsqueda de información que precisaban e na su competencia dixital.

O grado de dificultade para levar a cabo o proxecto foi o adecuado para os alumnos de cada ciclo.

Empregáronse técnicas e recursos válidos para poder guiar aos nosos alumnos a levar a cabo a tarefa de enseñanza-aprendizaxe.

Os alumnos a través da súa propia práctica e participación nas actividades propostas neste proxecto educativo coñecen máis sobre Tui e a súa historia.

6- Estratexia de evaluación e mecanismos de recollida de datos:

Criterios a evaluar Instrumentos de avaluación Cándo?

FASEINICIAL

Cómo recollen información directa: familiares, veciños,

amigos

Cuestionarios Ao principio

Elaboración cuestionario para a entrevista

Rúbrica Ao principio

Uso de material de Diario de aprendizaxe Ao principio

Page 8: Tui, historia e naturaleza

consulta da biblioteca

Búsqueda de propuestas e actividades para integrar

no proxecto

Diario de aprendizaxe Ao principio

FASEDEDESARO-LLO

Comportamiento e actitude nas salidas externas ao

centro

Observación directa Durante a salida

Traballo en equipo. Diario de aprendizaxe e observación directa

Durante a elaboración do proxecto

Uso de material TIC para o proxecto.

Rúbrica Durante a elaboración do proxecto

Cómo realizan as entrevistas ás persoas externas que visitan o

centro.

Rúbrica Ao principio

Contacto coas organizacións

colaboradoras para os movimientos de entrada e

salida.

Diario de aprendizaxe Ao principio

Participación das organizacións colaboradoras

Cuestionarios Durante todo o proceso

PRODUCTOFINAL

Exposición de murais e dossiers

Rúbrica Ao final

Creación de materiais. Rúbrica Ao final

Creación de traballos a través de TIC(Power Point)

Rúbrica Durante o proceso e ao final

7- Función e participación da biblioteca escolar en todo o proceso:

A biblioteca propuxo este proxecto ao principio de curso, é a primeira

vez que realizamos un proxecto documental integrado polo que nos

xurdiron moitas dúbidas, pero eran moitas as ganas que tiñamos de

levalo a cabo e contabamos con todo o apoio do Claustro.

Recopilamos toda a documentación existente no centro, así como

os materiais e recursos didácticos relevantes, independentemente do

soporte.

Organizamos os recursos de tal xeito que foran fácilmente

accesibles e utilizables e facer posible o seu uso cando se

Page 9: Tui, historia e naturaleza

precisaban. Para iso a biblioteca estaba aberta todo o horario

escolar.

Axudamos na búsqueda, análise e tratamento da información e a

documentación, utilizamos os nosos portátiles e en todos os recreos

había unha integrante do equipo de biblioteca para asesorar.