TT/9211

10
TT/9211 Na procura da verdade das nosas orixes

description

TT/9211. Na procura da verdade das nosas orixes. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of TT/9211

Page 1: TT/9211

TT/9211

Na procura da verdade das nosas orixes

Page 2: TT/9211

 Fai xa milenios que se ven discutindo sobre a controversia que os exemplares do Mecanoscrito da Segunda Orixe levantaron ao saír á luz. Daquela nin Raures ou Dalmasas tiñan datos abondo para afirmar ou negar sobre a súa veracidade e todo o que podían facer eran conxecturas. Mais en TT/7137 os galaxonautas deron cun planeta, Vòlvia, que confirmaba moitos dos datos do Mecanoscrito.

Page 3: TT/9211

…Aínda así non foi suficiente. Hai un ano que os nosos galaxonautas atoparon Galivia e que sabemos que os habitantes de Vòlvia non chegaron a extinguirse daquela. Algúns deles conseguiron instalarse neste planeta e nos seus arquivos gardan a información que nos faltaba.

Page 4: TT/9211

Efectivamente estiveron a piques de desaparecer e para asegurar a súa supervivencia, os que se sobrepuxeron á epidemia, dividíronse: algúns poboaron Galivia

Page 5: TT/9211

…e outros foron á Terra. Por algún motivo estes últimos morreron ao pouco de se instalar ou mesmo pode que nunca o chegaran a facer…

Page 6: TT/9211
Page 7: TT/9211
Page 8: TT/9211

Os galivianos tiñan hipóteses ao respecto pero non sabían nada de certo  da  desaparición  dos  seus  conxéneres  na  Terra.  O  que  si atopamos  rexistrado  son  as  discusións  que  tiveron  lugar  entre  os seus máximos dirixentes nas datas en que precisaban establecerse. Unha  facción  importante,  encabezada  por  un  dos  máis  célebres científicos do seu planeta, mantiña que a mellor opción era Galivia, no canto da Terra, e demostrábao con cálculos e explicacións… As présas non foron boas e só os incondicionais do científico lle fixeron caso. Os seus descendentes case chegaron aos nosos días… mágoa que  a  segunda  grande  epidemia  rematase  cos  derradeiros  da  súa especie.

Page 9: TT/9211

A importancia de todo o que agora sabemos fainos remontar a Alba e

mais Dídac, os rapaces que, ao cabo, resultan ser os nosos “pais”.

Que extraordinario testemuño e que privilexiados nos podemos

considerar ao gardar tan especial documento…

Page 10: TT/9211

Penso que a atopamos

Raquel Fontán Míguez