TROITA XXXI

50
Este foi o ano de D. Valentín Paz Andrade TROITA XXXI Curso 2011-12

description

Revista escolar

Transcript of TROITA XXXI

Page 1: TROITA XXXI

Este foi o ano de D. Valentín Paz

Andrade

TROITA XXXI

Curso 2011-12

Page 2: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 3: TROITA XXXI
Page 4: TROITA XXXI
Page 5: TROITA XXXI
Page 6: TROITA XXXI
Page 7: TROITA XXXI

Os alumnos e alumnas de educación infantil fixemos un obradoiro de galletas. Primeriro

mezclamos os ingredientes para facer a masa, que despois estiramos e coa axuda de

moldes de distintas formas confeccionamos as galletas.

alumnos de catro anos elaboramos uns debuxos.

QUE RICAS AS GALLETAS!!

alumnos e alumnas de educación infantil fixemos un obradoiro de galletas. Primeriro

mezclamos os ingredientes para facer a masa, que despois estiramos e coa axuda de

moldes de distintas formas confeccionamos as galletas. Como recordo de ese día os

de catro anos elaboramos uns debuxos.

QUE RICAS AS GALLETAS!!

alumnos e alumnas de educación infantil fixemos un obradoiro de galletas. Primeriro

mezclamos os ingredientes para facer a masa, que despois estiramos e coa axuda de

Como recordo de ese día os

QUE RICAS AS GALLETAS!!

Page 8: TROITA XXXI
Page 9: TROITA XXXI
Page 10: TROITA XXXI

QUE RICA ESTABA A NOSA

MACEDONIA! NENOS E NENAS

DE 3 ANOS

Todo ben cortadiño e mesturado

QUE RICA ESTABA A NOSA

MACEDONIA! NENOS E NENAS

DE 3 ANOS

DE ED.

INFANTIL

Todo ben cortadiño e mesturado

QUE RICA ESTABA A NOSA

MACEDONIA! NENOS E NENAS

Todo ben cortadiño e mesturado

Page 11: TROITA XXXI

Co

mo

moita fro

ita!

Page 12: TROITA XXXI

Gústame moito compartir a madedonia cos meus amigos!

Gústame moito

madedonia cos

Page 13: TROITA XXXI

Plátanos, peras, piña, melocotón, mazáns… Unha festa de vitaminas

Plátanos, peras, piña, melocotón, mazáns… Unha festa de vitaminas

Page 14: TROITA XXXI

Obradoiro de contos Os nenos e as nenas de 1º estamos aprendendo a escribir contos e non se nos da nada mal. Esperamos que os gocedes.

O TOURO VALENTE Érase unha vez un touro un touro moi forte e moi guapo.Chamábase Valente porque non lle tiña medo a case nada. Tíñalle medo a auga. Un día tocou a auga e non lle pasou nada. Dende entón xa non lle tivo medo nunca máis.

Javi, Mateo, Joanna e Cristian 1ºB

O DRAGÓN DISTINTO

Érase unha vez un dragón chamado Ramón que era moi pero que moi raro. Era marrón e diferente aos demais dragóns. Ningún quería xogar con el. Un día caeu nunha charca de barro. Os demais tamén se ensuciaron co barro da charca e eran marróns como Ramón. Ao final xogaron con el porque non importaba a cor da pel.

Alejandro, Silvia, Diana e Estrella 1ºB

O PAXARIÑO E A FAMILIA

Érase unha vez una familia que vivía nunha casa. Tiñan un paxariño. Era amarelo, verde, vermello e tamén azul. Chamábase Arcoiris e gustáballe moito pasear coa súa familia. Un día paseando pola praia mirou ao lonxe unha montaña na area. Voou e non era unha montaña, atopou unha balea e rescataronna porque conseguiron sacala da area ao mar.

Antía, Jesús, Sara e Ainhoa 1ºB

A FADA MARGARIDA

Había unha vez unha fada chamada Margarida. Tiña tres fillas e eran moi boas. Un día foi xogar con elas ao bosque e perdeunas. Púxose a buscalas e atopou só a máis pequena. Por sorte as outras encontraron a súa casa soas por arte de maxia.

Desirée, Zoe, Lúa, e Helena 1ºB

Page 15: TROITA XXXI

A FADIÑA CHALADIÑA Era unha vez unha fada chamada Chaladiña que vivía no ceo, nun cogomelo. Era moi guapa. Tiña unha coroa e un vestido lila e voaba, voaba, voaba sen parar. Un día voou tanto, tanto, tanto que chegou a un colexio de fadas onde coñeceu moitas fadas que foron as súas amigas para sempre. O día do seu aniversario invitou ás súas mellores amigas a cear a un restaurante que había no ceo. Regaláronlle un variña máxica, unha flor, unha regadeira e un vestido de moda. Despois foron todas á súa casa e Chaladiña invitounas a durmir. Mostroulles o seu tesouro que eran moitos diamantes e ouro e as súas amigas quedaron alucinadas. Foi un día xenial. Colorín, colorada esta historia está rematada.

Alicia 1ºB

O GRILO E O SALTÓN Érase unha vez un grilo que quería chegar ata o alto dunha montaña. Intentouno moitas veces pero nunca o conseguía. Un día viu un saltón saltando unha montaña e o grilo díxolle: “Pódesme ensinar a facer iso? E o outro contestoulle: Non te preocupes, ti non sabes saltar, pero ti sabes cantar moi ben.

Lorena 1ºA

BANI, A RA Bani era unha ra velenosa que non tiña veleno para envelenar aos demais animais. Como os demais compañeiros da charca non o sabían tiñan medo e non se acercaban a ela para xogar. Un día, xuntou a todos os seus compañeiros e demostroulles que non era velenosa picando ao Rei Sapo. Como viron que non pasaba nada xa todos foron amigos. Iago 1ºA

O RAPOSO QUE NON SABÍA CAZAR Había unha vez un raposo que non sabía cazar. Un día chegou a unha casa onde lle daban de comer e gustáballe moito. Pero un día foise pasear e uns cazadores collérono e metérono nunha gaiola e levárono ao zoo. Alí todos o miraban e el estaba asustado. Despois vendérono nunha feira a un home malo que o maltrataba e lle daba carne podre. Escapou e agachouse outra vez no zoo ata que os primeiros donos o atoparon de novo. Roubárono e dende entón sempre foi feliz

Lois 1ºA

Page 16: TROITA XXXI

O GRILO CRICRÍ Era unha vez un grilo que se chamaba Cricricrí. Vivía no xardín dunha nena que se chamaba Lili. Polas noites abría a ventá do seu cuarto para escoitar cantar a Cricrí. Pero un día levou un disgusto, non escoitaba cantar a Cricrí. Lili contóullelo ás súas amigas e decidiron comezar a buscalo con lanterna e unha palliña. Miraron en todos os buratos pero non o atoparon. Unha amiga de Lili que se chamaba Laura puxo a orella pegada á herba e escoitou música e descubriu que Cricrí fora á festa de Caldas de Grilos. Lili quedou moi leda e invitou á súa amiga Laura a durmir con ela e pola noite escoitaron cantar aos grilo, sobre todo a Cricrí. Dende entón Cricrí e Lili foron os mellores amigos.

Lucía 1ºA

ANTÍA

Había unha vez unha nena chamada Antía. Un día a súa nai levouna ao oculista para poñerlle lentes porque non vía ben. Aínda que os lentes eran moi bonitos ela estaba triste porque pensaba que as súas amigas íanse rir dela.

O primeiro día de cole Antía estaba moi nerviosa. Cando entrou en clase todos os seus amigos quedáronse mirando para ela. Antía púxose moi leda cando se decatou de que aos seus amigos lles gustaban moito os seus lentes e todos lle dixeron que estaba moi guapa.

Marta 1ºA

Page 17: TROITA XXXI

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

Os nenos e nenas do 1º ciclo visitamos a biblioteca pública de Pontevedra. Marchamos en bus e ao chegar o primeiro que fixemos foi atender que normas tiñamos que cumprir para que todo saíra ben.

Mentres un grupo estaba disfrutando dos libros e dos contos na sala infantil o outro grupo estivo na sala de cine vendo unha película e observando os carteis da entrada.

Todos estivemos moi atentos a todo o que nos ían dicindo as animadoras: escoitamos atentamente, elaboramos o marcapáxinas da cebra Camila, limos e intercambiamos libros de todo tipo... TODO SAÍU XENIAL!!

Page 18: TROITA XXXI
Page 19: TROITA XXXI
Page 20: TROITA XXXI
Page 21: TROITA XXXI
Page 22: TROITA XXXI
Page 23: TROITA XXXI
Page 24: TROITA XXXI
Page 25: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

TROITA XXXI 2012

Page 26: TROITA XXXI
Page 27: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 28: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 29: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 30: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 31: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 32: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 33: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 34: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Page 35: TROITA XXXI

OS ALUMNOS DE 5º E A HORTA O curso pasado empezamos no colexio unha nova actividade. Os alumnos e alumnas dirixidos polos mestres/ as fixemos unha horta onde cada un tiña a súa plantación. A todos nos gustou moito, incluso á xente de fóra, e pareceunos moi positivo continuar este ano tamén. O venres dezaseis de febreiro, á última hora, quinto A e quinto B fomos preparar o terreo para despois plantar. As mestras explicáronnos que dende que o home descubriu a agricultura xa non ten que recolectar e andar dun lugar para outro. O que fixemos primeiro foi traballar a terra cun sacho e quitarlle as herbas malas. Tamén podamos unha árbore que está no medio, para que non dea moita sombra. A continuación fixemos os buracos e plantamos os repolos, deixámoslles unha coviña para que quede alí a auga e se absorba mellor. Como nos sobraba algún sitio plantamos unhas patacas polo medio. Finalmente regamos, xa que a terra estaba moi seca. Todos participamos: uns regaron, outros cavaron, podaron … Agora temos que seguir cos coidados necesarios como: sacar herbas, sachar, regar …ata que se recollan os froitos. Pasámolo moi ben ademais de aprender, incluso algún dixo que o ía facer na súa casa. Fainos moita ilusión velos medrar e despois levar algún repolo para a casa.

Page 36: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Ó longo do tempo os agricultores foron aprendendo a cultivar e nós ( 5º A e 5º B ) recollemos uns refráns, ditos e adiviñas relacionados con este traballo:

REFRÁNS _ Da semente de xaneiro ninguén enche o caldeiro. _ Quen en marzo non poda a viña, perde a vendima. _ Entre grama e terrón seméntase o melón. _ Sol, auga e terra é o que precisa a pera. _ Maio con chuvias, boas alubias. _ Por Venres Santo, xudias planto. _ A quen non ten labrado, agosto se lle fai maio. _ Abril mollado, malo na horta e bo no agro. _ Horta de outono mantén ao seu dono. _ Ceo augado, herba no prado. _ Ano de noces, ano de voces. _ En San Martiño, sementa o teu alliño. _ En Nadal, sementa o herbillal. _ Berzas de marzo, cesta no brazo. _ Cando a ruliña rular, colle o foliño e vai sementar. _ Cando canta a bubela, faba na terra. _ A choiva no mes de San Xoán, tolle o millo e non dá pan. _ O centeo polo San Xoán, colle o fouciño na man.

Page 37: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

_ O millo sementado mesto vai no cesto, o raro vai no carro. _ As patacas de xaneiro van no sombreiro, as de abril enchen o carro e o cubil. _ Cebolas, verdura e patacas, regalas e quitárlle-las herbas malas. _ Por Santa Lucía, os allos teñen que ver o día.

DITOS

_ Bótame na lama e faime ben a cama. ( Sementar o trigo ) _ Seméntame na lama e de min non verás nada. ( O centeo ) _ Seméntame tarde, seméntame cedo, ata o mes de abril non me verás o pelo. ( As patacas ) _ Se queres verme con alegría, sáchame tódolos días. ( Plantas ) _ Cando hai froita na horta, hai amigos na porta. _ De todos é a horta que non ten cerca nin porta. _ Horta sen auga e muller sen amor, non sei que será peor. _ Muller, horta e muíño piden uso de cotío.

ADIVIÑAS Cando chega o bo tempo Entre col e col, leituga; encho todos os campos entre leitugas, a flor; coa miña cara amarela entre as flores, Pepita; e o meu babeiro branco. e entre as Pepitas, sol. Uns somos verdes, Se estamos asadas outros negros; somos moi pesadas; pero de dozura, se nos poñen fritas todos imos cheos! estamos moi ricas.

Page 38: TROITA XXXI

CONCURSO DE CONTOS POLA IGUALDADE. 1º PREMIO

“A D I G N I D A D E D E E V E” Había unha vez unha muller chamada Eve que tiña vinte e oito anos, e traballaba de oficinista; gustáballe moito o seu traballo e facía de todo, pero ás veces complicábanselle as cousas, aínda que sabía arranxalo. Era unha muller moi digna e honrada, pero un día empezáronlle a rebaixar o salario, do que gañaba habitualmente, e ela traballaba igual de ben e as mesmas horas. Seguía tendo a moral ben alta, ao principio non lle deu moita importancia; despois empezáronlle a quitar máis e máis; ela empezou a preocuparse. Non era a única muller á que lle rebaixaban o soldo, tamén lles pasaba a moitas máis. Como tiña o seu primo Zack que traballaba as mesmas horas e igual de ben ca ela, preguntoulle se seguía gañando o mesmo e Zack díxolle que si. Daquela, Eve, xa máis preocupada, foi falar co xefe pero non ía soa, acompañábana as outras mulleres ás que tamén lles descontaban o salario e o xefe díxolles que non era o seu problema; había moitos gastos e non empezaba a ir ben a cousa. O xefe tamén lles dixo que como se queixasen, íaas despedir, e Eve e máis as outras mulleres calaron durante un tempo. Pasou o tempo…Eve empezou a desquiciarse e xa estaba farta de que aos homes lles pagara máis e ás mulleres menos, e de que aínda por riba llo recortasen cada vez máis. Eve xa non sabía que facer e falou seriamente co xefe; este comezou a pagarlle máis e deuse conta de que as mulleres teñen a súa dignidade e loitan pola igualdade. Esperamos que siga sendo así. Miguel Ángel Monge Oliveira. 6ºA

Page 39: TROITA XXXI

REDACCIÓN PREMIADA NO CONCURSO “FESTA DA TROITA 201 2” Ola, eu son a troita Margariña. En Ponte Caldelas esta Festa da Troita é a máis ecolóxica grazas aos rapaces dos coles dos arredores que concienciaron a todo o mundo do importante que é o medio ambiente. Eu non podo sair da auga pero a miña amiga Maruxa cóntame todo e, ás veces, quedo pampa mirando para ela. Hoxe díxome que nun bar uns rapaces lle berraron a outro porque tirou o lixo ao chan e os pais non lle fixeron nin caso; a reacción dos rapaces, para min, foi a correcta… e agora a vosa pregunta: O rapaz recolleu o lixo? Que remedio! Hoxe tamén os postos da festa cambiaron tódalas bombillas por outras de baixo consumo; iso é un gran avance. Ó día seguinte foi o concurso de pesca e alí estaban os rapaces dos coles vixiando a ver o que pescaban. Un home, díxome Maru, que pescara unha troita moi pequeniña e Marquiños, o irmán de Maru obrigouno a devolvela ao río. Eu se estivese alí enteraríame, pero escapei río abaixo grazas ao chivatazo de Maru e non me colleron. Hoxe tamén ocorreu que o Concello non podía permitirse tantos gastos e algúns rapaces foron onda o alcalde a propoñerlle algunhas ideas: En vez de traer animadores, eles ofrecéronse a facer unha obra de teatro que xa tiñan preparada e, o resto da tarde, uns xogos. O alcalde aceptou iso e tódolos rapaces o fan sen nada a cambio. O alcalde está encantado cos rapaces e rapazas que quedaron moi contentos porque toda a tarde o pasaron moi ben e os espectadores e espectadoras tamén. Hoxe había moitos rapaces e rapazas e todos se portaron moi ben, non tiraron o lixo no chan. Os rapaces tamén estiveron atentos á xente da terceira idade que vive cerca da alameda porque de noite non poden descansar e iso non é xusto; entón os rapaces puxéronse a cavilar e pensaron en que sería estupendo que a xente fixese menos barullo e a música acabase unha hora antes; a xente maior pode descansar máis pero iso non implica que os adolescentes e adultos non sigan a súa festa. Cando chegaron ao cole e lles contaron aos profes o que fixeran, todos pensaron que era mentira pero cando foron mirar o xornal, saían eles e elas en tódalas edicións españolas e dicían o que fixeran. Os rapaces e rapazas tiveron outra idea xenial para axudar a pagar a festa: fixeron un partido benéfico para recadar cartos; a ese partido foi moita xente e non só de Ponte Caldelas senón tamén de moitos lugares de Galicia. O alcalde está moi contento coa colaboración dos rapaces e rapazas por axudar tanto nesta Festa da Troita. Eu voume río abaixo. Ata logo! Gabriela Amoedo Avión. 6ºA

Page 40: TROITA XXXI

COPLAS PARA O NOSOCOPLAS PARA O NOSOCOPLAS PARA O NOSOCOPLAS PARA O NOSO MAIOMAIOMAIOMAIO

A nosa profe María Mirade como estamos dános cousas para comer, que xa nos rescataron, e nós sempre pensamos e nós como non estudamos, que nos coida moi ben. a solución non atopamos. Que ben está a nosa vila, Na miña vila ten un cine cheo de xente, puxeron unha gran pantalla lástima que en tempos de crise, pero agora o Concello ningunha peli se proxecte. non pode pagala. Ai maio, maíño, O Barça perdeu a Liga, contigo veu o calorciño; e non deixou de chorar; fomos de excursión a Cantabria non chores máis meu Barçiña, e mollámonos na praia. que para outra vez será. A nosa mestra María O campo de fútbol da miña vila é moi boa profesora; terían que melloralo, con algúns xa non pode máis debería ser de herbiña porque non paran de falar. e segue sendo de asfalto. España vai gañar a Eurocopa, Na miña vila hai un equipo xa o conseguiu no 2008; que subiu a segunda; e tamén as olimpiadas deixando atrás os rivais, pois somos os mellores de Europa. e iso agora non abunda. O meu equipo de baloncesto No noso cole queren no seu escudo ten flores; poñernos un comedor, ninguén dubida na comarca, pero eles saberán de que somos os mellores. cando nolo poñerán. Alumnos e alumnas de 6º A

Page 41: TROITA XXXI

AS NOSAS COPLASAS NOSAS COPLASAS NOSAS COPLASAS NOSAS COPLAS

Cristiano perdeu o penalti Sempre hai unhas xoias e chorou coma un bebé, que din que estudaron; non chores portuguesiño cando cheguen ó instituto que non sempre vai gañar. as cousas vanlles cambiar o mellor de Portugal. e xa nos dirán se aprobaron. Rajoy di que é “apoio”, Nan osa clase e Rubalcaba “rescate”, hai uns cantos; Soraya cociña “cartos”, que en lugar de traballar e Chacón deixou o “barco”. deixan o tempo pasar. Nós sorrimos ó marchar de aquí, O noso goberno ai, o que nos espera! é unha trangallada; non mo quero imaginar, todos os políticos non sei se rir ou chorar. trincan o que lles dá a gana. Xa se acerca a fin do curso, O noso señor alcalde témonos que despedir pórtase fenomenal, pois imos para o instituto vennos entregar os premios... ainda que nos faga sufrir. non hai outro igual. O antigo balneario Se ninguén lle pon remedio segue sendo unha piscina, a nosa crise non mellora, chea de auga todo o ano menos mal que está Rajoy como ninguén se imaxina. para botar balóns fóra. Alumnos e alumnas de 6 A

Page 42: TROITA XXXI

HOMENAXEAMOS ÁS NOSAS NAIS E ÓS NOSOS PAISHOMENAXEAMOS ÁS NOSAS NAIS E ÓS NOSOS PAISHOMENAXEAMOS ÁS NOSAS NAIS E ÓS NOSOS PAISHOMENAXEAMOS ÁS NOSAS NAIS E ÓS NOSOS PAIS Este día tan especial Os pais teñen moita importancia é para unha persoa única, na nosa vida, sempre nos coida e nos quere ademais de darnos caprichos, e diso non temos dúbida. coma ninguén nos miman. Carolina. 6ºA Carolina. 6ºA No mundo hai moitas nais, Meu pai é o mellor pero a miña é xenial;, porque me quere e me coida; quéreme e cóidame xoga sempre comigo dun xeito especial. edáme moito amor. Juan Carou. 6ºA Juan Carou. 6ºA Miña nai quéreme Meu pai sempre está comigo e dáme agasallos; e para min o mellor pero os agasallos que eu lle dou, será sempre son os aprobados. oseu agarimo. Miguel. 6ºA Miguel. 6ºA Xa que é o teu día, Polo teu día, papá, douche este regalo, entrégoche este escrito miña nai querida, para demostrarche polos teus coidados. que grande é o meu cariño. María. 6ºA María. 6ºA Ai mamaíña, canto me queres! Papá, papá, papá… fasme espabilar, ti queres un bo coche; eu son boíña…, pois pídello ó teu xefe e non me libras de estudar. que non é ningún derroche. Gabriela. 6ºA Gabriela. 6ºA A miña nai é moi boa O meu pai no seu traballo e a min quéreme moito; empeza a ter problemas, ensíname moitas cousas por culpa de “Zapateiro” e cóidame coma a un froito.. quedou sen o seu diñeiro. Claudia. 6ºA Claudia.6ºA

Page 43: TROITA XXXI

COPLAS PARA O ENTROIDOCOPLAS PARA O ENTROIDOCOPLAS PARA O ENTROIDOCOPLAS PARA O ENTROIDO Aquí está o entroido, Aquí está o entroido, xa comenza a festa, na cociña xa comenza a troula ; está preparada a tixola debes ter coidado, porque miña nai ándate con ollo! vai facer filloas. Paulo. 6ºA Paulo. 6ºA Na festa do entroido No entroido imos bailar moito imos xogar cos amigos ata cansar; cos nosos amigos chega a hora de marchar; ata pola mañá. imos todos descansar. Álex. 6ºA Claudia. 6ºA Xa chega o entroido, Se polo Samaín hai que disfrazarse as cabazas se volven bruxas, e non vale copiarse polo entroido, cos disfraces, pois cómpre innovarse. os nenos serán curuxas. María. 6ºA Miguel. 6ºA Neste pasado entroido No mes de febreiro, os disfraces non foron bos, celébrase o entroido; pois grazas a Zapateiro, a xente disfrázase a crise chegou a nós. e divírtese moito. Carolina. 6ºA Juan Carou. 6ºA

Page 44: TROITA XXXI

DO COLEXIO Ó INSTITUTODO COLEXIO Ó INSTITUTODO COLEXIO Ó INSTITUTODO COLEXIO Ó INSTITUTO

Penso que vou dar un gran paso, un paso importante, como di a profe de Inglés: “No cole, cabeza de león , no insti, cola de ratón”, supoño que será porque aquí somos os maiores e alí seremos os pequenos, os recén chegados. Este ano para min foi moi bo, coñecín novos compañeiros e gustoume moito ; espero que no instituto me toque con algúns do cole, encontrarme con vellos coñecidos e tamén coñecer novos amigos. (Paulo. 6º A) Durante os meus anos neste cole, paseino moi ben, algúns pasaron voando coma estes dous últimos. As miñas profes favoritas foron “Mari Carmen” en 1º e 2º e “María Pichel” en 5º e 6º. Espero que o instituto non sexa tan difícil como din e que non me separen dos meus amigos. (Dani. 6º A) O meu paso polo colexio tivo moitos momentos felices e outros non tanto. Un dos peores foi cando marchou o profe Cristóbal porque o queriamos moito. Os outros mestres que tiven foron a profe Lucía, o profe Toño, a profe Isabel, os profes Ana, Juan e Paula e por último a profe María que é a que teño agora. O cambio para o instituto vai ser grande pero espero acostumbrarme coma todos. (Carolina. 6ºA) Nestes anos de colexio non dei todo o que tiña que dar, puiden facer moito máis. Os apoios e consellos que me deron creo que me van servir para intentar cambiar a miña forma de ser e aplicarme máis, poñendo en práctica iso que me ensinaron os diferentes mestres que tiven. Teño ganas de pasar ó instituto pero, por outra parte, tamén de quedarme aquí. Grazas á profe María e ós demais. (Abenu. 6ºA) Ó longo destes anos no colexio aprendín moitas cousas (a ler, escribir, etc.) pero o máis importante foi a valorar as amizades e a conservalas. Aprendín a perdoar, a non gardar rencor…e tamén que os profes que sempre están enriba de nós é só porque queren que aprobemos, que saibamos facer as cousas ben, que sexamos boas persoas…Agora , no instituto, non vai ser igual pero espero aprender cousas boas e, se me equivoco, poder rectificar. (Ángela. 6ºA) Cando cheguei a este cole, empezou para min unha nova experiencia. Ó principio xogabamos moito e pasabámolo moi ben. Despois, pouco a pouco, a cousa íase complicando algo, había que ler, escribir, estudar a táboa…máis tarde xa faciamos exames etc. O ano pasado, cando chegamos en setembro estabamos bastante ner- viosos porque non sabiamos que mestre ou mestra nos ía tocar; pero cando coñe- cemos á profe María, pareceunos a mellor ; explica coma ninguén, non manda

Page 45: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

moitos deberes, dános de comer moi ben… en fin, que estamos todos encantados

con ela. Tamén nos aconsella se temos problemas. Coa profe de Inglés eu tamén estou moi contenta, algúns quéixanse pero é porque non estudan ou non traen os deberes feitos. Dentro de nada rematamos a Primaria e pasamos para o Instituto. Cando chegue- mos alí imos ser os pequenos e segurísimo que nos van chinchar. Tamén nos tere- mos que habituar a ter clase pola tarde un día á semana. Como nos irá? (Gabriela. 6ºA) O colexio gústame moito desde que era pequena; pasábao moi ben xogando coas amigas, Carolina e María, que eramos inseparables. Co paso do tempo iamos me- drando, chegamos a 1º e a cousa xa se ía poñendo máis seria, ese ano tivemos ó profe Toño que era un gran mestre ( coma todos os que tiven) ,era inxenioso e di- vertido. En 2º tocounos a profe Isabelita que tamén é moi boa. Ó ano seguinte chegaron ó cole o profe Juan e a profe Ana, dous mestres marabillosos. En 4º se- guimos con eles pero ademais tivemos á profe Paula coa que tamén estivemos moi contentos. Xa en 5º e 6º tocounos a profe María que, ademais de unha estupenda mestra é coma unha segunda nai para nós; tráenos cousas de comer, regálanos lápices, gomas, estuches…cóntanos cousas moi interesantes e podemos contar con ela se queremos consello ou axuda para calquera cousa. Agora que só queda unha semana para acabar o curso, síntome algo triste porque despois de 9 anos no colexio collinlle cariño ós mestres e mestras e ademais aquí somos os maiores e iso está moi ben. Agora que se acaba, teño algo de medo de que no instituto, como seremos os pequenos, os maiores se metan connosco. Pero bueno, por moito medo que se teña, hai que medrar, non se pode pasar toda a vida no colexio aínda que dea pena marcharse. (María. 6ºA) Nos últimos anos do colexio había que estudar moito pero supoño que no instituto aínda haberá que estudar máis; eu téñolle algo de medo ós exames e tamén ó de ximnasia pero espero que me vaia ben xa que son unha persoa traballadora. Espero seguir tendo contacto con algúns profesores e profesoras e tamén desexo que non quede atrás ningún dos meus compañeiros xa que o pasamos moi ben todos xuntos aínda que supoño que no insti nos separarán e iso é unha mágoa xa que se estamos todos seguro que sería máis fácil o cambio. Tamén creo que os que xa están alí se van meter connosco pois seremos os máis pequenos pero bueno, sei que pouco a pouco nos iremos adaptando e aprendendo a dicir “non” se nos propo- ñen cousas que non debemos facer ou que non nos gustan. Por outra parte, alí non faremos moitas actividades das que se fan no colexio e botareinas en falta. ( Claudia. 6ºA)

Page 46: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE PRIMARIA Por fin chegou o día, 23 de maio, e a tan ansiada excursión íase facer realidade. Manolo, o noso querido condutor xa tiña o autobús quentando motores. Este ano ademais dos nosos mestres e mestras (Juan Ramón, Ana Patricia e María) acompañábannos os alumnos e alumnas do colexio da Reigosa e a súa mestra, Rosa (Mari); pero tamén levamos unha sorpresa pois con eles viña unha auxiliar de conversa de Iowa coa que había que falar en inglés e iso prometía ser interesante; polo de pronto ía resultar unha experiencia nova para nós como así foi e resultou altamente positiva. Chamábase Audrey. Espertamos moi cedo pois era necesario para poder chegar a tempo ó noso primeiro destino, a praia das Catedrais, preto de Ribadeo. Tivemos moita sorte pois a marea estaba baixa e puidémola percorrer enteira, adentrarnos nos seus “claustros” e “covas”… aínda que para iso foi preciso descalzarnos e arremangar os pantalóns; algúns de nós esvaramos e mollámonos máis da conta pero foi moi divertido e como a temperatura era boa non houbo problema. As rochas estaban cheíñas de percebes e mexillóns pero non se podían coller e arredor delas había charcos con areas “movedizas” que enganaban moito pois ó pisar nelas afundiámonos.

Tomamos un “tentempé” antes de subir de novo ó autobús e continuamos camiño. Cruzamos a ponte sobre o río Eo que separa a comunidade galega da asturiana e seguimos ata a área de descanso dunha gasolineira na que xantamos. Os profes déronnos empanada de polo e de bonito, preparáronnos uns bos bocadillos de friame variado e por riba, unhas cereixas riquísimas que eran das primeiras da tempada. Despois dun par de horas chegamos a Cantabria e dirixímonos ás covas do Soplao. Alí unha guía explicounos que foran unhas antigas minas de carbón que xa hai anos que non se explotan e agora están dedicadas a visitas turísticas e a investigacións dos espeleólogos. Entramos nelas a través dun túnel, montados nunha especie de tren turístico que en realidade eran as vagonetas nas que sacaban o mineral ó exterior. Unha vez no interior, oh! marabilla, o que vimos non parecía real senón unha paisaxe de conto, os ollos non daban abasto para ver tanta beleza: as estalactitas, estalagmitas, excéntricas, orellas de burro, bandeiras, columnas, pantasmas…Explicáronnos que estaban formadas de carbonato cálcico pero a verdade é que parecían de cera ou de mármore. Dentro da cova a temperatura era moi baixa e o grado de humidade dun 90%. Cando rematou a visita pasamos pola tenda de recordos e algúns mercaron agasallos.

Page 47: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

A continuación marchamos cara ó albergue, en Ruiloba, preto de Comillas, e instalámonos nos dormitorios. As camas eran liteiras e tamén había un salón para facer actividades. Diante do albergue había un pequeno parque con columpios e ó lado, un colexio de primaria. A vila era pequena pero moi acolledora, coas típicas pousadas cántabras, rústicas e con balcóns cheos de xeranios e flores: Era moi tranquilo e tiña unha colexiata do século XII moi bonita. Para cear, desprazámonos ata Comillas. Alí, no restaurante “Filipinas” puidemos tomar o que quixemos aínda que case todos pediamos o mesmo. Mentres nos preparaban a cea os mestres leváronnos a un campo para poder ver o “Capricho de Gaudí” ,o “Palacio do Marqués de Sobrellano” e a “Universidade Pontificia”. Todo iso vímolo só por fóra xa que agora os accesos están pechados pero non nos cabe dúbida de que son edificios moi interesantes e de gran beleza arquitectónica. Despois xogamos un pouco nese campo para descargar enerxías que nesta idade, sóbrannos.

Page 48: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

O 2º día espertamos moi cedo para ducharnos e ir almorzar. O almorzo fixémolo no restaurante “Paraíso” en Cabezón de la Sal, unha localidade a uns 6 km. do albergue. Nel puidemos tomar un montón de cousas ricas: zume de laranxa natural, croissants, sobaos, torradas con manteiga e marmelada, colacao, café con leite…, en fin que ata a hora de xantar íamos ben servidos. Despois os mestres mercaron o pan fresquiño nunha panadería e seguimos o camiño cara ó Parque da Natureza de Cabárceno, a uns 15 km. Cando chegamos, unha guía subiu connosco ó autobús para dirixir a visita do parque e irnos explicando todo. Contounos que ten unha extensión semellante á de 75 campos de fútbol e que antes foi unha mina de extracción de ferro, incluso se conserva a rampa de lanzamento do mineral e algunha maquinaria que agora forma parte da ambientación do parque. Como é tan grande resulta imposible percorrelo a pé polo que o autobús nos ía levando e paraba nos lugares que ela lle indicaba. Baixabamos para ver os animais que están en semi-liberdade xa que os seus hábitats son moi amplos pero están protexidos por vallas ou redes para que non resulten perigosos nin poidan fuxir. Vimos moitísimas especies: osos, rinocerontes, hipopótamos, xirafas, cebras, avestruces…e tamén estivemos no lugar dos elefantes onde nos contaron todo sobre a súa vida e puidemos ver a cantidade de froita que comen diariamente e como se reproducen etc. iso pareceunos moi interesante. Antes de xantar, presenciamos a actuación dos leóns mariños, na que nos divertimos moito pois un era cego e facía cousas incribles. Tamén nos explicaron o importante que é conservar limpas as augas nas que viven etc.

A continuación visitamos o reptilario no que había unhas tartarugas, iguanas, boas e serpes impresionantes. Despois xantamos na área recreativa do parque, os bocadillos que unha vez máis nos prepararon os mestres, e a froita que levaban. Cando rematamos, mercáronnos uns xeados na cafetería e tivemos un bo pouco para comprar agasallos na tenda de recordos e tolear un chisco por alí antes de acudir ó espectáculo das aves rapaces. Este gustounos moitísimo a pesar de que ía unha calor insoportable pois era a pleno sol e, xa se sabe… as viseiras que tanto nos insistían, quedaban descansando no autobús. As aves: aguias, falcóns, milanos etc. sobrevoaban as nosas cabezas e mesmo nos pasaban rozando o pelo. Tiñamos que estar moi quietiños porque os adestradores lanzábanlles comida ó aire para que a collesen voando e se caía algo entre nós tamén a viñan coller a unha velocidade incrible. Algúns de nós puidemos facer fotos coas aves pousadas no brazo , iso si, protexidos cunha luva especial como a que levaban os adestradores para que non nos fixesen dano.

Page 49: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

Pola tarde chegamos a Santillana del Mar, o profe Juan Ramón fíxonos unha “gracia” dicindo que o do seu nome é todo mentira xa que nin é santa, nin é llana, nin ten mar. Alí visitamos o zoo. Nun principio pensamos que ía ser aburrido xa que viñamos de Cabárceno e criamos que sería máis do mesmo pero estabamos equivocados; non teñen nada que ver. Aquí vimos moitísimos animais que non hai no parque: cegoñas, garzas, pavos reais brancos, flamencos, aves exóticas, un reptilario máis completo, unha ampla variedade de monos “monísimos” que nunca antes viramos… e un hábitat con moitísimas bolboretas que se nos pousaban nas mans, no pelo etc. Ademais, o entorno era completamente diferente, máis sombrío e cunha variedade de árbores impresionante. Gustounos moitísimo.

A continuación dirixímonos a Santander. Demos unha volta en autobús e a profe María foinos explicando a situación da cidade con respecto do mar e tamén nomeando os edificios máis emblemáticos coma o Banco Santander, o Casino, o estadio do Rácing, o pavillón de deportes que é metálico, de deseño moderno e con forma de balea, e tamén o porto deportivo e comercial, os xardíns de Piquío, Paseo de Pereda, praias do Sardinero etc. Baixamos do autobús e percorremos a península da Magdalena, subimos ata o Palacio no que hai moitos anos pasaba o verán a familia real e agora alberga a Universidade Menéndez Pelayo na que se levan a cabo cursos de verán e congresos moi importantes coma un de 3000 médicos de atención primaria que se estaba desenvolvendo nesas datas. Demos a volta ó palacio e descendemos cara á praia na que había un tobogán que desembocaba na area. Tirámonos por el e pasámolo de marabilla, tamén xogamos nunha tea de araña do parque que está a carón. Por certo, esa praia foi a primeira de España na que se usou “bikini”.

Page 50: TROITA XXXI

TROITA XXXI 2012

De novo fomos cear a Comillas e demos unha volta pola vila. Tamén visitamos a igrexa que era moi bonita. As casas son preciosas e as prazas, tamén. Voltamos ó albergue para durmir pero antes estivemos facendo xogos no comedor cos profes e sobre todo con Audrey. Eran en inglés e tamén xogamos ó bingo e tocáronnos agasallos. Paulo tiña uns naipes moi divertidos nos que había que cumprir as ordes que mandaban e pasamos moito tempo entreténdonos con eles. Despois fomos para a cama pois xa non podiamos máis e ó día seguinte, por ser o último, tiñamos que madrugar aínda máis para ducharnos e recoller todo. Almorzamos outra vez en Cabezón e antes de continuar viaxe tivemos que levar a Tito ó centro médico pois tiña unha erupción por todo o corpo; seica se trataba dunha alerxia. Unha vez no autobús, emprendemos camiño cara á Meseta. Subimos un porto de montaña, o de “Pajares” e na cima estaba a estación de esquí de san Isidro. A pendente era pronunciada e a paisaxe que íamos vendo, impresionante. Ó lonxe víanse os cumes nevados e no fondo, os precipicios. Cando rematamos a subida, era case todo llano e a poucos kms. chegamos ó restaurante “Ezequiel” no que xantamos. A comida era exquisita, unhas táboas de embutidos nas que había queixo, chourizo, salchichón, xamón, lomo e cecina; todo de fabricación propia xa que a carón está a fábrica. Despois había: salpicón, macarróns con carne, lomo e “chuletitas de cordero”. Para rematar, xeados. Estaba todo riquísimo e puxémonos morados. Despois de xantar chegamos a León que está a uns 25 kms. Alí o profe Juan explicounos algo sobre a catedral, que é de estilo gótico, os contrafortes etc. Xa dentro, déronnos unhas audio-guías a todos para que puidesemos entender o percorrido. O que máis nos impresionou foron as vidrieiras de cores (1.800m2 en total) que desde fóra non se aprecian, e tamén os rosetóns e as esculturas en pedra, o órgano, a sillería do coro…

A continuación emprendemos a viaxe de regreso. Só paramos en Quiroga para merendar. No autobús escoitamos o partido do Barça e aplaudimos os goles. Moitos ían durmindo porque xa non podían máis. Foron tres días moi intensos nos que o pasamos moi ben, aprendemos moitas cousas interesantes e convivimos cos compañeiros que habitualmente non o facemos; en fin, que non nos chegaron a nada e non nos importaría quedar algún tempo máis. A partir de agora a nosa vida vai cambiar, algúns xa non estaremos xuntos e iso é unha mágoa pero seguiremos véndonos no instituto. Queremos agradecer ós nosos mestres/as e condutor o trato exquisito que nos deron, o ben que nos coidaron e alimentaron, como se preocuparon por nós en todo momento, pero sobre todo, que nos permitiran levar a cabo esta experiencia inesquecible. Moitísimas grazas! Alumnos e alumnas de 6º