Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH

2
quen de avistar Irlanda e dirixirse a ela para explorala. De aí a lenda de que os irlandeses son descendentes de Ith, fillo de Breogán, pai da nación galega, segundo recolle E. Pondal no poema Os pinos, texto musicado por Pascual Veiga para convertilo en himno galego. A segunda é o mito de Hércules, recollido polo rei Afonso X, o Sabio, na súa General Estoria, no séc. XIII. Nela cóntase como o héroe Hércules construiu unha enorme torre para festexar a súa vitoria sobre o xigante Xerión. Á beira da torre, levantou a cidade de Crunia, en lembranza da primeira muller que habitou este lugar e da que Hércules ficou namorado. Cando Hércules marcha, deixa ao seu sobriño, Hispán, como señor do lugar. El transforma a torre en faro ao colocar no alto un grande espello máxico co que a poboación podía vixiar a chegada de naves amigas ou inimigas. Dado que a curiosidade é a man que alcanza as cousas do futuro. INVESTIGA E SATISFAINA 1. Averigua que outros bens foron considerados Patrimonio da Humanidade. 2. Onde situarías o golfo Ártabro? 3. Cales dos seguintes produtos intercambiarían os galaicos cos pobos mediterráneos que os visitaban camiño do Mar do Norte? Arados, arpas, perfumes, viño, seda, liño, carne salgada, aceite de oliva. 4. A que se corresponde na actualida o Porto de Brigantium fundado polos romanos? 5. Quen foi Gaio Sevio Lupo? 6. Consigue a letra do himno galego. 7. Cal debería ser o nome da Torre de Hércules? FUNDACIÓN LUÍS SEOANE A Fundación Luis Seoane está situada nun antigo cuartel rehabilitado. O edificio foi concibido como un grande hórreo de granito e cristal, coa finalidade de divulgar a obra e o legado deste intelectual galeguista. Luís Seoane naceu en Bos Aires, onde emigraran seus pais. Formouse en Galicia, pero tras o golpe de estado do 36 volveu, exiliado, a Bos Aires. Foi avogado, promotor cultural (Laboratorio de Formas de Galicia), editor (ed. Botella ao mar), director e fundador de revistas (Galicia emigrante), poeta (Fardel deisilado, 1952; Na brétema, Sant- Iago, 1956), narrador, autor teatral, ensaísta (Castelao artista, 1969), pero sobre todo foi un dos máis grandes artistas gráficos galegos de todos os tempos. A súa obra plástica enmárcase no expresionismo e aproxímase á arte abstracta. En 1945 os seus gravados e debuxos Homenaxe á Torre de Hércules recibiron en Nova York un importante premio, xunto coa obra de Picasso, Historia Natural de Bufón. SAÍDA DIDÁCTICA Á CORUÑA DEPARTAMENTOS de FÍSICA E QUÍMICA e LINGUA GALEGA E LITERATURA ITINERARIO 8:30h. SAÍDA DE RIANXO 10:00h. AQUARIUM FINISTERRAE 13:00h. TORRE DE HÉRCULES 14:30h. CC OS ROSAIS 16:30h. FUNDACIÓN LUÍS SEOANE 20:00h. REGRESO A RIANXO TEL. IMPREVISTOS: 639975156

Transcript of Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH

quen de avistar Irlanda e dirixirse a ela para explorala. De aí a lenda de que os irlandeses son descendentes de Ith, fillo de Breogán, pai da nación galega, segundo recolle E. Pondal no poema Os pinos, texto musicado por Pascual Veiga para convertilo en himno galego.

A segunda é o mito de Hércules, recollido polo rei Afonso X, o Sabio, na súa General Estoria, no séc. XIII. Nela cóntase como o héroe Hércules construiu unha enorme torre para festexar a súa vitoria sobre o xigante Xerión. Á beira da torre, levantou a cidade de Crunia, en lembranza da primeira muller que habitou este lugar e da que Hércules ficou namorado. Cando Hércules marcha, deixa ao seu sobriño, Hispán, como señor do lugar. El transforma a torre en faro ao colocar no alto un grande espello máxico co que a poboación podía vixiar a chegada de naves amigas ou inimigas.

Dado que a curiosidade é a man que alcanza

as cousas do futuro. INVESTIGA E SATISFAINA

1. Averigua que outros bens foron considerados Patrimonio da Humanidade. 2. Onde situarías o golfo Ártabro? 3. Cales dos seguintes produtos intercambiarían os galaicos cos pobos mediterráneos que os visitaban camiño do Mar do Norte? Arados, arpas, perfumes, viño, seda, liño, carne salgada, aceite de oliva. 4. A que se corresponde na actualida o Porto de Brigantium fundado polos romanos? 5. Quen foi Gaio Sevio Lupo? 6. Consigue a letra do himno galego. 7. Cal debería ser o nome da Torre de Hércules?

FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

A Fundación Luis Seoane está situada nun antigo cuartel rehabilitado. O edificio foi concibido como un grande hórreo de granito e cristal, coa finalidade de divulgar a obra e o legado deste intelectual galeguista. Luís Seoane naceu en Bos Aires, onde emigraran seus pais. Formouse en Galicia, pero tras o golpe de estado do 36 volveu, exiliado, a Bos Aires. Foi avogado, promotor cultural (Laboratorio de Formas de Galicia), editor (ed. Botella ao mar), director e fundador de revistas (Galicia emigrante), poeta (Fardel d’eisilado, 1952; Na brétema, Sant-Iago, 1956), narrador, autor teatral, ensaísta (Castelao artista, 1969), pero sobre todo foi un dos máis grandes artistas gráficos galegos de todos os tempos. A súa obra plástica enmárcase no expresionismo e aproxímase á arte abstracta. En 1945 os seus gravados e debuxos Homenaxe á Torre de Hércules recibiron en Nova York un importante premio, xunto coa obra de Picasso, Historia Natural de Bufón.

SAÍDA DIDÁCTICA Á CORUÑA

DEPARTAMENTOS de FÍSICA E QUÍMICA e

LINGUA GALEGA E LITERATURA

ITINERARIO 8:30h. SAÍDA DE RIANXO 10:00h. AQUARIUM FINISTERRAE 13:00h. TORRE DE HÉRCULES 14:30h. CC OS ROSAIS 16:30h. FUNDACIÓN LUÍS SEOANE 20:00h. REGRESO A RIANXO

TEL. IMPREVISTOS: 639975156

O AQUARIUM FINISTERRAE

O Aquarium

Finisterrae

atópase na

beira do

oceáno

Atlántico, a

carón do

histórico faro

da Torre de

Hércules.

Atópase nun

espectacular

entorno natural. A Casa dos Peixes acolle toda

a costa galega.

Dado que a curiosidade é a man que alcanza

as cousas do futuro. INVESTIGA E SATISFAI A

TÚA CORIOSIDADE…

1. En Galicia hai moita cultura mariñeira , algo terán

que ver os moitos Km. de litoral. Cántos?

2.Cantos corresponden ás fermosas praias galegas?

3. A densidade da auga do mar é maior cá da auga

doce, se ben non todos os mares ou océanos teñen

a mesma densidade. Cal é o seu valor medio no

caso do océano Atlántico? E o Mar Vermello é mais

denso? Por qué? Canto máis ou menos?

4. Pode ser que algunha vez de pequeno lle

preguntaras a alguén onde se mete a auga do mar

ao baixar a marea. Agora sabes a resposta?

5. As femias das nécoras son máis saborosas cós

machos. Como se diferencian?

6. Cal é o animal mariño existente máis grande?

Cánto mide e cal é o seu peso en Kg? A cantas

persoas alimentaríamos cos seus filetes?

7. Miles de anos despois chamámoslle “lanterna de

Aristóteles” a unha parte dun animal mariño

descrita así por ese sabio grego. A que parte?

8. Cal era a temperatura da auga dos océanos

cando estes se formaron?

9. Cada ano alonxámonos máis de América. Canto

exactamente?

10. Ordena estes peixes de menor a maior segundo

os anos que viven: bacallau tiburón

balea esturión cabaliño de mar solla

11. Cal é o peixe máis veloz? Que velocidade acada?

12. Se unha xarda sae detrás dun atún, ao cabo de

unha hora, que distancia lle levaría o atún?

13. Que peixe pon máis ovos? Cantos?

14. Quen pobou antes a Terra: os dinosauros ou os

tiburóns?

15. Teñen espiñas os tiburóns? Teñen escamas?

16. Cantos penes ten un tiburón? Son ovíparos?

17. Os tiburóns detectan as súas presas incluso a

kilómetros de distancia debido ao gran desenrolo

dos seus sentidos, para iso é determinante a

chamada “liña lateral “ e a ampola de Lorenzine.

Que detectan cada unha delas?

A TORRE DE HÉRCULES A Torre de Hércules é un faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro no mundo, de orixe romana, en funcionamento. O 27 de xuño de 2009 foi

proclamada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.

Durante a Idade Media proliferaron relatos fantáticos en torno á Torre de Hércules. Até que no séc. XVIII, servíndose do método científico, o Padre Cornide dera á luz os primeiros estudos históricos sobre a orixe romana da Torre, até entón proliferaran especialmente dúas lendas.

A primeira é una lenda irlandesa do séc. XI recollida

no Libro das invasións. Nela nárrase a viaxe dos

celtas gaélicos desde Oriente Próximo, tras a caída

da Torre de Babel, até Galicia, onde un dos seus

reis, Breogán, ordenou a construcción dunha torre

en Brigantia. Desde esa torre, o seu fillo Ith, foi