Tríptico Catálogo da Busc

2
Poderá seleccionar os rexistros que lle interesen facendo un clic en “Gardar” para, a continuación, mediante a opción de “Ver Gardados”, poder imprimilos ou enviarlos a unha dirección de correo-e. Os membros da USC tamén teñen a posiblilidade de crear e gardar as súas propias listaxes. Así como solicitar unha obra que estea noutra biblioteca distinta á sua e reservar un libro que estea prestado (no momento en que o devolvan terá un aviso para que pase a recollelo pola sua biblioteca en 48 h.) Para ver a información completa dos rexistros, deberá facer un clic en “Ver rexistro completo” ou premer sobre o título e accederá aos seus datos bibliográficos completos. BIBLIOTECA UNIVERSITARIA CONCEPCIÓN ARENAL Na pantalla de “Busca avanzada” existe unha sección de “Consellos prácticos” con máís opcións para acotar as buscas. QUÉ FACER COS RESULTADOS DA BUSCA? Ao facer calquera tipo de consulta o sistema ofrece unha listaxe no caso de que se recuperen varios rexistros coa información máis básica. Os rexistros que son artigos ou capítulos de libros non contan con información de localización. Para ver onde consultalos debemos premer en “consultar fondos” para ver o rexistro da revista ou libro onde se atopa. Os documentos que se poidan consultar on line xa levan unha indicación no rexistro desa posibilidade, ou teremos unha icona SFX que, premendo nela nos indicará que fondos desa publicación se poden consultar on line ou en qué outras bibliotecas podemos localizalo. INFORMACIÓN XERAL 8818 15214 // 8818 15210 [email protected] CATÁLOGO DA BUSC GUÍA DE CONSULTA CATÁLOGO DA BUSC GUÍA DE CONSULTA Síguenos en Facebook Síguenos en Pinterest Síguenos en Issu Síguenos no Blog Fonte Limpa

description

Documento elaborado pola Biblioteca Concepción Arenal da USC

Transcript of Tríptico Catálogo da Busc

Page 1: Tríptico Catálogo da Busc

Poderá seleccionar os rexistros que lle interesen facendo un clic en “Gardar” para, a continuación, mediante a opción de “Ver Gardados”, poder imprimilos ou enviarlos a unha dirección de correo-e.

Os membros da USC tamén teñen a posiblilidade de crear e gardar as súas propias listaxes.Así como solicitar unha obra que estea noutra biblioteca distinta á sua e reservar un libro que estea prestado (no momento en que o devolvan terá un aviso para que pase a recollelo pola sua biblioteca en 48 h.)

Para ver a información completa dos rexistros, deberá facer un clic en “Ver rexistro completo” ou premer sobre o título e accederá aos seus datos bibliográficos completos.

BIBLIOTECAUNIVERSITARIA

CONCEPCIÓN ARENAL

Na pantalla de “Busca avanzada” existe unha sección de “Consellos prácticos” con máís opcións para acotar as buscas.

QUÉ FACER COS RESULTADOS DA BUSCA?

Ao facer calquera tipo de consulta o sistema ofrece unha listaxe no caso de que se recuperen varios rexistros coa información máis básica.

Os rexistros que son artigos ou capítulos de libros non contan con información de localización. Para ver onde consultalos debemos premer en “consultar fondos” para ver o rexistro da revista ou libro onde se atopa.

Os documentos que se poidan consultar on line xa levan unha indicación no rexistro desa posibilidade, ou teremos unha icona SFX que, premendo nela nos indicará que fondos desa publicación se poden consultar on line ou en qué outras bibliotecas podemos localizalo.

INFORMACIÓN XERAL

8818 15214 // 8818 [email protected]

CATÁLOGODA BUSC

GUÍA DE CONSULTA

CATÁLOGODA BUSC

GUÍA DE CONSULTA

Síguenos en Facebook

Síguenos en Pinterest

Síguenos en Issu

Síguenos no Blog Fonte Limpa

Síguenos en Facebook

Síguenos en Pinterest

Síguenos en Issu

Síguenos no Blog Fonte Limpa

Page 2: Tríptico Catálogo da Busc

C O N S U L T A D O C A T Á L O G OSe poño “Guiddens sociología” recuperarei todos os rexistros que conteñan a palabra “Guiddens” e “sociología” en calquera parte do rexistro, é dicir, como autor, como materia, como parte dun título, etc.

Se quero buscar por campos concretos, deberei premer sobre Catálogo Iacobus e abrirase unha nova páxina con lapelas extensibles para escoller o tipo de documentos que quero buscar (todo o catálogo, revistas, fondo galego,…) e o campo polo que quero buscar

Por exemplo, tecleando “Guiddens” o sistema recuperará todos os rexistros que conteñan a palabra “Guiddens” en calquera parte do rexistro, é dicir, como autor, como materia, como parte dun título, etc.

• Palabra clave: recupera todos os rexistros que conteñan a palabra ou palabras introducidas como termo de busca. Esta é a opción por defecto.

• PorTítulo,Autor,Temaencastelán,Temaengalego,ISBN/ISSN,Títulodarevista,Títulodacolección,Signatura, Procedencia da colección: lévame á posición no índice alfabético de títulos, autores… do texto a buscar. É importante, neste caso, introducir o termo exacto do que estou a buscar. Hai que lembrar que os artigos iniciáis non alfabetizan.

Busca avanzada:A busca avanzada dame a posibilidade de afinar máis a consulta:

Combinar campos:• Permitecombinartermosespecificandooscampos.

CÓMO COMEZO A BUSCAR OS DOCUMENTOS QUE QUERO CONSULTAR?

O acceso ao catálogo da BUSC, pode facerse desde calquera ordenador con conexión a Internet, desde a páxina web da BUSC ou no seguinte enlace: http://iacobus.usc.es/

O catálogo automatizado da BUSC permite o acceso aos rexistros dos fondos localizados en todos os puntos de servizo da BUSC: libros, revistas e periódicos, teses de doutoramento, audiovisuais, fotografías, mapas, debuxos, gravados, rexistros sonoros e partituras.

CÓMO BUSCO UN DOCUMENTO NO CATÁLOGO?

Buscar:Na opción catálogo iacobus podo facer unha consulta coas palabras claves que coñeza: o autor, algunha palabra do título, a editorial... Cantas máis poña máis exacta será a busca.

Precisar biblioteca:• Podolimitarabuscaaoslibrosquehainunha

determinada biblioteca (a Concepción Arenal, por exemplo)

Ano de publicación:• Permiterestrinxirabuscaaunanoconcreto(ex.:1950)

ouaunperiodo(ex.:1950-2000).• Igualmente,pódensesolicitarosrexistrosposteriores

aunhadata(ex.:>1950)ouanteriores(ex.:<1950).Lembrar que esta posibilidade limítase ás monografías. Non é posible no caso dos artigos e das publicacións periódicas.

Lingua: Restrinxe a consulta a rexistros de obras nunha determinada lingua.

Tipo de documento: Limita os rexistros recuperados a un tipo de material (libros, artigos, CDs, mapas, ….)

Ordenar documentos:Os rexistros pódense ordenar por autor, materia, título, relevancia, máis antigo ou máis recente.

ALGÚNS TRUCOS

Para buscar obras dunha materia concreta, pode intentar algunha das opcións seguintes:• Localizarunhaobraquecoñezapreviamenteequetrate

da materia que está a buscar, ou a través de palabras clave localizar obras que lle interesen. Unha vez localizada a obra, visualice a ficha completa e prema sobre a Materia que teña asignada. Isto levaráo a todas as obras do catálogo que teñan asignada esa mesma materia.

• Naopciónbuscaporpalabraclave,paranonterqueescribir singulares e plurais ou palabras en todas as linguas que empecen igual, podemos truncar as palabras cun *. Ex: sociolo* recuperará todos os documentos que teñan a palabra sociología, socioloxía, sociology, sociólogos,…