Transicion Ofensiva por Cesar Iglesias

3
Transición ofensiva Por César Iglesias Molares No baloncesto actual coa regra de 24 segundos de posesión é moi importante trasladar o balón rápido de defensa a ataque. E tratar de chegar ao ataque tendo ambición ofensiva. As vantaxes que permite o ataque en transición son de superioridade en número de xogadores, espacios xa que a defensa non está colocada tacticamente para defender, cortes, balóns interiores ou situacións de bloqueos. O primeiro que traballamos é o bloqueo de rebote para intentar levarnos o rexeite do tiro fallado. Non só xogamos transición despois de rebote senón que tratamos de sacar rápido despois de encaixar unha canastra para devolver ao equipo contrario a recibida; isto fai moito dano ao equipo contrario. Outro aspecto que tratamos de traballar e danos bos resultados na nosa transición é aproveitar desaxustes nos emparellamentos. Se nós temos unha regra defensiva de troco en pick n' roll en últimos segundos de posesión tratamos de devolver esa situación de vantaxe (miss- match) na transición de ataque. As nosas premisas na transición ofensiva son rápidez, espazos e orde. Despois de rebote ou canastra queremos que nosos bases ou aleros reciban o balón na liña imaxinaria de prolongación de tiro libre. (Imaxe 1) Imaxe 1 Xa que polo centro baixan a defender todos os homes grandes e hai moito tráfico. Nunca queremos que o primeiro pase nun rebote longo sexa para atrás xa que perderiamos segundos na nosa chegada a campo de ataque. Por iso os escoltas e aleros poden recibir o primeiro pase buscando ao base posteriormente nun pase de remolque ou facendo un intercambio de rol co base. Normalmente os primeiros en chegar a campo de ataque son os xogadores exteriores; queremos que o noso xogador que recibe o primeiro pase poña o balón o antes posible nas súas mans nun segundo pase. Para iso debe ser como unha parede que axuda a que o balón rebote como moito un bote para mellorar ángulos de pase. Desta maneira poderémonos atopar con situacións de 1 contra 1, 2 contra 2 e incluso 2 contra 1 (Imaxe 2). No caso de non poder sacar vantaxe con aleros tratamos de anotar co pívot que non reboteou xa que ten que gañar en velocidade ao seu par e chegar cortando ao aro do mesmo lado que chegue o balón, aproveitando o espacio que permite só tres xogadores en campo de ataque (Imaxe 2).

Transcript of Transicion Ofensiva por Cesar Iglesias

Page 1: Transicion Ofensiva por Cesar Iglesias

Transición ofensivaPor César Iglesias Molares

No baloncesto actual coa regra de 24 segundos de posesión é moi importante trasladar o balón rápido de defensa a ataque. E tratar de chegar ao ataque tendo ambición ofensiva. As vantaxes que permite o ataque en transición son de superioridade en número de xogadores, espacios xa que a defensa non está colocada tacticamente para defender, cortes, balóns interiores ou situacións de bloqueos. O primeiro que traballamos é o bloqueo de rebote para intentar levarnos o rexeite do tiro fallado. Non só xogamos transición despois de rebote senón que tratamos de sacar rápido despois de encaixar unha canastra para devolver ao equipo contrario a recibida; isto fai moito dano ao equipo contrario. Outro aspecto que tratamos de traballar e danos bos resultados na nosa transición é aproveitar desaxustes nos emparellamentos. Se nós temos unha regra defensiva de troco en pick n' roll en últimos segundos de posesión tratamos de devolver esa situación de vantaxe (miss-match) na transición de ataque. As nosas premisas na transición ofensiva son rápidez, espazos e orde. Despois de rebote ou canastra queremos que nosos bases ou aleros reciban o balón na liña imaxinaria de prolongación de tiro libre. (Imaxe 1)

Imaxe 1

Xa que polo centro baixan a defender todos os homes grandes e hai moito tráfico. Nunca queremos que o primeiro pase nun rebote longo sexa para atrás xa que perderiamos segundos na nosa chegada a campo de ataque. Por iso os escoltas e aleros poden recibir o primeiro pase buscando ao base posteriormente nun pase de remolque ou facendo un intercambio de rol co base.Normalmente os primeiros en chegar a campo de ataque son os xogadores exteriores; queremos que o noso xogador que recibe o primeiro pase poña o balón o antes posible nas súas mans nun segundo pase. Para iso debe ser como unha parede que axuda a que o balón rebote como moito un bote para mellorar ángulos de pase. Desta maneira poderémonos atopar con situacións de 1 contra 1, 2 contra 2 e incluso 2 contra 1 (Imaxe 2).No caso de non poder sacar vantaxe con aleros tratamos de anotar co pívot que non reboteou xa que ten que gañar en velocidade ao seu par e chegar cortando ao aro do mesmo lado que chegue o balón, aproveitando o espacio que permite só tres xogadores en campo de ataque (Imaxe 2).

Page 2: Transicion Ofensiva por Cesar Iglesias

Imaxe 2No caso de non obter ningunha vantaxe esperamos a chegada de noso trailer, o noso pívot reboteador; podemos triangular con este pívot para xogar unha situación de 2 contra 2 entre pívots se temos vantaxe interior ou un miss-match antes mencionado por cambios defensivos. A outra opción que usamos é a chegada en pick n' roll ou pick n' pop dependendo das características individuais do pívot que faga o pick lateral. O noso receptor de primeiro pase e o noso primeiro pívot en chegar realizan un aclarado ao lado débil para triangular (Imaxes 3 e 4).

Imaxe 3

Imaxe 4

Page 3: Transicion Ofensiva por Cesar Iglesias

O pick o poñemos por liña de fondo para deixar en fóra de xogo ao defensor do pívot e intentar xogar unha situación de 2 contra 1 (Imaxe 5). Ás veces realizamos unha opción de slip, fintar o pick e arrincar ao aro en porta atrás é unha acción moi efectiva contra defensas de trap ou flash.

Imaxe 5

A partir desta situación tratamos de buscar vantaxes de anotación exterior, triangulación entre pívots xa que o roll acaba no lado contrario ou un extra-pass por unha defensa de axudas no lado débil. Se o noso base chega en bote porque non obtivo ningún pase colle un lado, o exterior desa beira aclara ao lado débil e xogamos a mesma situación co base. Ou pode marcar un ataque posición ao 5 contra 5. Esta maneira de chegada dálle frescura ao noso ataque e é a situación de liberdade que os xogadores necesitan grazas ao espacio para poñer os seus fundamentos ao servizo do equipo ,con certas pautas por suposto.