Traballo Celso Emilio Ferreiro

2
A POESÍA É VERDADE Un procura a verdade por tódolos camiños, baixo as pedras, nas raigames escuras das olladas, máis alá das escumes e os solpores. Busco a verdade en tí, rexa poesía dos homes que laboran, tacto real das cousas que están e son, anque ninguén as vexa. Home total, que vas e ves sen sombra polas rúas e tes a túa verdade nos curutos do mundo, no profundo da historia, na experiencia dun día calisquera, e non ves os paxaros nin Neste poema, podemos ver una clara definición do que é a poesía social. Nela podemos ver a realidade. A verdade. Porque a poesía social destapa as mentiras. Como di o poema, un procura a verdade por tódolos camiños; mais o problema vén, cando nos fan crer cousas irreais. Cando nos fan crer que o mundo é xusto, que non existen cousas tan malas coma a fame, ou a suma pobreza. Entón chega a poesía social, que significa unha crítica á situación que se está vivindo, una crítica ás inxustizas, una loita pola igualdade, una loita polo equilibrio. E como non, Celso Emilio facía esta crítica a través desta manifestación literaria. Vivindo o franquismo, vivindo a guerra do Vietnam; e tamén, ainda que non pareza un gran conflito, toda a fame e a pobreza que trouxo consigo a Guerra Civil, durante e despois desta. Este tipo de poesía cobra unha gran relevancia, xa que expresa, dende a voz da xente, o descontento coa realidade. Porque cando un pobo non está contento coa situación que vive, tense que saber. O silencio non fai máis que prolongar ese mal, ou incluso empeoralo. Por que? Porque se non farán contigo o que queren. A protesta é necesaria. É necesaria para lograr o cambio a mellor. Un pobo non debe resignarse a aceptar vivir nun lugar creado por alguén que non se preocupa por esa xente, ou que simplemente busca o seu propio beneficio. Nese momento en que os habitantes dalgún lugar se senten sometidos, ou nunha situación inxusta, deben protestar. Protestar polos

Transcript of Traballo Celso Emilio Ferreiro

A POESÍA É VERDADEUn procura a verdade

por tódolos camiños, baixo as pedras,

nas raigames escuras das olladas,

máis alá das escumes e os solpores.

Busco a verdade en tí, rexa poesía

dos homes que laboran,

tacto real das cousas

que están e son, anque ninguén as vexa.

Home total,

que vas e ves sen sombra polas rúas

e tes a túa verdade nos curutos

do mundo, no profundo da historia,

na experiencia dun día calisquera,

e non ves os paxaros nin as nubes

nin as lonxícoas maus do vento dondo

que acariñan o mundo dende sempre.

Investiga a verdade do teu tempo

i alcontrarás a túa poesía.

Neste poema, podemos ver una clara definición do que é a poesía social. Nela podemos ver a realidade. A verdade. Porque a poesía social destapa as mentiras. Como di o poema, un procura a verdade por tódolos camiños; mais o problema vén, cando nos fan crer cousas irreais. Cando nos fan crer que o mundo é xusto, que non existen cousas tan malas coma a fame, ou a suma pobreza. Entón chega a poesía social, que significa unha crítica á situación que se está vivindo, una crítica ás inxustizas, una loita pola igualdade, una loita polo equilibrio. E como non, Celso Emilio facía esta crítica a través desta manifestación literaria. Vivindo o franquismo, vivindo a guerra do Vietnam; e tamén, ainda que non pareza un gran conflito, toda a fame e a pobreza que trouxo consigo a Guerra Civil, durante e despois desta. Este tipo de poesía cobra unha gran relevancia, xa que expresa, dende a voz da xente, o descontento coa realidade. Porque cando un pobo non está contento coa situación que vive, tense que saber. O silencio non fai máis que prolongar ese mal, ou incluso empeoralo. Por que? Porque se non farán contigo o que queren. A protesta é necesaria. É necesaria para lograr o cambio a mellor. Un pobo non debe resignarse a aceptar vivir nun lugar creado por alguén que non se preocupa por esa xente, ou que simplemente busca o seu propio beneficio. Nese momento en que os habitantes dalgún lugar se senten sometidos, ou nunha situación inxusta, deben protestar. Protestar polos seus dereitos e a situación que realmente merece. Aí é onde nace a poesía social.

A CRÍTICA SOCIAL ACTUAL

A día de hoxe a poesía social segue existindo, xa que aínda non vivimos nun mundo no que todavía non sexa necesaria. O que si que é certo foi que houbo una evolución da crítica social.Por dicilo así, tomou múltiples formas e cores. Hoxe existe a crítica social en forma de música, poesía , periodismo, fotografía… Por exemplo, as recentes e polémicas filtracións de Wikilieaks. Esta asociación sacou á luz documentos que probaban en altos cargos ou grandes entidades feitos realmente vergonzosos, como podían ser imaxes de cárceres inhumanas en Afganistán en plena guerra, por exemplo. Estas filtracións, realmente, o único que fixeron foron sacar á luz trapos sucios de gobernos, entidades coma a ONU, etc. En fin, que desvelaron a verdade, e á vez, ofrecían una crítica a eses feitos e a esa situación. É dicir, crítica social pura e dura.

Como falabamos antes, tamén están presentes na crítica social, a fotografía e máis os

debuxos e caricaturas. Moitas veces satíricas imaxes e cheas de ironía, aínda que

outras, tamén imaxes duras, que calan na nosa mente e nos fan reflexionar. Pero á fin

e ao cabo, ambas manifestacións artísticas teñen a mesma intención: a crítica á

sociedade.