textos expositivos

10

description

traballar os textos expositivos na aula

Transcript of textos expositivos

Page 1: textos expositivos
Page 2: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Unha vez decidido que imos a escribir un texto expositivo e seleccionado o

tema, podemos pasar a traballar os coñecementos previos, pero tamén

podemos comezar por establecer a finalidade, é dicir, para que imos escribir o

texto, nos termos que se indica máis abaixo.

O traballo iníciase con todo o grupo, paso a paso e modelando como facemos

os adultos ó escribir un texto. Posteriormente, pasaríase á elaboración do texto

de forma individual, por parellas ...

A modo de exemplo, se a proposta é escribir sobre un animal, poderiamos

seguir una pauta como a que se explica deseguido.

1. Traballa-los coñecementos previos de que dispoñen sobre o contido en

concreto: que saben, achegarlles información... e ir completando un cadro

como o que se mostra a continuación coa información.

Anatomía Reprodución Alimentación Hábitat Costumes

2. Establecer unha finalidade que, se é posible, inclúa un destinatario que

implique comunicación real porque isto axudará á motivación.

Produción dun texto expositivo

Que sei do tema?

Page 3: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Está en relación co tipo de texto. Neste caso sería explica-lo que sabemos para

comunicarlle coñecementos a outras persoas: expoñelo en clase, darlle

información a alumnado máis pequeno, elaborar un libro de aula ...

No caso de que xa tiveramos fixada a finalidade ó inicio como primeiro paso do

proceso, aquí trataríase de pasar directamente a ir vendo que información nos

pode faltar para poder escribir o texto, tendo en conta a finalidade

(probablemente non será o mesmo que vaiamos a lerlle o texto a alumnado de

EI que ó alumnado de 6º). Nesta fase é obvio que o alumnado precisará moita

axuda por parte do adulto e, por suposto, máis aínda no caso do alumnado

máis pequeno, o menos experto …

Anatomía Reprodución Alimentación Hábitat Costumes

3. Ver como organiza-lo contido, a partir dun esquema

Para elabora-lo texto podemos empregar un cadro, un esquema ou un mapa

conceptual incompleto que nos sirva para selecciona-los contidos que decidimos

incluír, xerarquizalos e organizalos ...

Un exemplo sería o cadro que se mostra a continuación no que se iría

colocando nas casillas a información recollida de libros, vídeos, etc.

Que necesito aprender?

Page 4: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Anatomía Reprodución Alimentación Hábitat Costumes

A partir da información que se inclúa, iríamos elaborando o texto.

Outra posible forma que podería adoptar este esquema-base do contido que

queremos incluír no texto sería o que sigue:

Se se trata de explicar como se prepara un plato de comida, o esquema

podería ser:

A vaca

Como é (anatomía)

Como se reproduce

Alimentación

Onde vive (hábitat)

Costumes

Os ingredientes... Preparación dos

ingredientes

Como facemos para

cociñalos

Que aprendín?

Page 5: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

4. Revisa-lo escrito

Reler centrándose en determinados aspectos que parezan de interese

prioritaria (coherencia, ortografía...), utilizando o esquema de partida.

Trátase de seleccionar que corrixir, non intentar corrixilo todo, senón de

darlle prioridade a algún aspecto: sei falta algún elemento, a conexión

entre elementos, ortografía...

Pasa-lo traballo a limpo (“editar”), lelo en EI ...

Ofrecemos unha clasificación de textos expositivos, en calidade de material

informativo para o profesorado, por se nalgún momento pensamos que pode

ser de interese ter en conta esta distinción, tanto de cara á planificación da

ensinanza da produción deste tipo de textos coma de cara a proporcionarlle a

nenos e nenas explicacións ó respecto, se as consideraramos precisas.

De tódolos xeitos, é de ter en conta que difícilmente se encontrarán textos

puros. Máis ben, dentro dun mesmo texto seguramente encontraremos

diferentes tipos en función da intención e do contido.

Parten dunha descrición de tipo xeral (adoita ser a idea principal) e a

continuación vaise aclarando esta idea e exemplificando.

Unha clasificación de textos expositivos

Xeneralización

Page 6: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Como indicadores aparecen palabras ou expresións como é /por exemplo/.

Consiste nunha exposición que pretende convencer dunha crenza ou opinión,

ofrecendo razóns a favor dunha conclusión. Tamén soen aparecer exemplos

para apoia-las razóns que se dan.

A idea principal é a frase que resume a conclusión do autor e da que pretende

convencer. Soe aparecer de forma explícita ó principio ou ó final do texto.

Descrición xeral

Aclaración

Exemplo

Aclaración

Exemplo

Aclaración

Exemplo

Conclusión

Razón

Exemplos Exemplos

Razón Razón

Exemplos

Argumentación

Page 7: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Hai indicadores de que sigue unha conclusión como son: polo tanto,

consecuentemente, así que, entón, implica que, proba de que, dedúcese que, por elo,

razóns polas que.

Outros indican que sigue unha razón como son: porque, as razóns polas que, por, en vista de

que.

Plantéase un problema ó que se lle trata de dar solucións.

A idea principal soe estar organizada en dúas partes: o problema (ou pregunta)

e a solución (ou resposta).

Hai palabras que se utilizan indícanos o planteamento dun problema, como: o

problema é, a pregunta é, a necesidade de prevenir, a investigación.

Outras indican que se formulan solucións: a solución, a resposta, a réplica, a

explicación, para resolve-lo problema.

Preséntanse semellanzas e diferencias entre feitos, ideas ..., co fin de afondar

na información que se quere exponer.

Problema Solución

Problema Solución

Problema-solución

Comparativo

Page 8: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

A idea principal inclúe a información relativa ás semellanzas ou diferencias.

Os indicadores deste tipo de textos son: a diferenza de, polo contrario,

distínguese de, en contraste con, o mesmo que, parécese a, do mesmo xeito

que.

Plantéase algo e explícanse as súas causas, si ben temporalmente as causas

son sempre anteriores ós efectos.

A idea principal é a frase que inclúe tanto as causas como os efectos.

Os indicadores adoitan ser expresións do tipo de: a causa de, ten como

resultado, o desencadeante, o factor responsable, son orixinadas por.

Describe unha serie de pasos ou feitos conectados no tempo, de forma que non

se pode suprimir un sin que perda sentido todo o proceso.

A idea principal ten que inclui-la secuencia temporal entre os feitos.

Relación

Semellanzas Diferenzas

Causas Efectos

Causal

Secuencia

Page 9: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Como indicadores soe haber palabras do tipo de: os paos para, as etapas, os

estadios, o primeiro paso ... despois.

Sepáranse grupos de obxectos ou fanse clases en función de determinadas

características. Soen aparecer exemplos representativos dos grupos

establecidos.

A idea principal debe recolle-los grupos que se establecen e as súas

propiedades ou características.

Os indicadores son do tipo de: podemos agrupar, podemos clasificar, pódense

distinguir os grupos, pódense dividir.

Tema xeral

Fase

Resultado

Fase Fase

Grupos ou clases

Trazos da clase

Exemplos Exemplos

Trazos da clase Trazos da clase

Exemplos

Clasificación

Page 10: textos expositivos

TEXTOS EXPOSITIVOS

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Referencias bibliográficas

-Sánchez, E. ( 1998) Comprensión y redacción de textos. Barcelona. Edebé.

-Wray, D. e Lewis, M. (2000) Aprender a leer y escribir textos de información. Madrid.

Morata.