Texto Rosalía

102
1 Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 150 anos Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013

description

Adaptación texto teatral Rosalía

Transcript of Texto Rosalía

Page 1: Texto Rosalía

1

Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 150 anos

Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013

Page 2: Texto Rosalía

2

Rosalía de Castro Otero Pedrayo Vidal Bolaño

ÍNDICE: 1.- Teatro: literatura e espectáculo, páx. 3. 2.- Rosalía, pp. 4-86.

Lectura dramatizada, incluíndo o recitado de poemas da autora. Texto orixinal de Ramón Otero Pedrayo (1959). Adaptación do texto de Otero: Roberto Vidal Bolaño (2001). Nova versión: 1º ESO AB, IES Sofía Casanova (2013). Adaptación1.

3.- Selección de poemas de Rosalía de Castro (para recitar na obra), p. 87-102.

1Lectura dramatizada texto teatral + Recitado poemas seleccionados + Música (a cargo dos alumnos).

1ª fase.- Adaptación do texto. Partimos do mesmo, coñecémolo e elaboramos outra versión. 2ª fase.- Dramaturxia, coa finalidade de ver esta obra representada –dalgún xeito, se é posible–- no IES Sofía Casanova. Con todo, neste caso o importante é o proceso, non tanto o resultado.

Page 3: Texto Rosalía

3

TEATRO

TEATRO = LITERATURA + ESPECTÁCULO Adaptación, dramaturxia LITERATURA Texto literario: Rosalía

→ → → → →

ESPECTÁCULO Representación

2

13 sistemas de signos

TEXTO LITERARIO

Medianeiros

REPRESENTACIÓN

INTERPRETACIÓN A.- NOMINACIÓN Actor 1.- Palabra Texto PERSONAXES 2.- Ton pronunciado 3.- Mímica Expresión B.- DIÁLOGOS 4.- Xesto corporal 5.- Movemento C.- INDICADORES 6.- Maquillaxe Aspecto DE ACCIÓN 7.- Peiteado externo do 8.- Vestiario actor POSTA EN ESCENA D.- ACOUTACIÓNS Fóra do actor: 11.- Accesorios Aspecto do ESCENOGRÁFICAS director, 10.- Decorados escenario escenógrafo,. 11.- Iluminación tramoístas... 12.- Música Efectos 13.- Ruído Sonoros 13 SISTEMAS DE SIGNOS

que poden intervir en teatro Proxección de fondo de imaxes dos cadros.

2 Representación do CDG, diferente da que están a elaborar os alumnos do IES Sofía Casanova. REPRESENTACIÓN: Centro Dramático Galego.

Rosalía, de Ramón Otero Pedrayo, en versión de Roberto Vidal Bolaño, foi estreada no

SALONTEATRO de Santiago de Compostela o día 20 de outubro de 2001.

Dirección e deseño de iluminación: Roberto Vidal Bolaño.

Montaxe de Roberto Vidal Bolaño.

Texto da representación.- Versión de Roberto Vidal Bolaño.

Director artístico: Roberto Vidal Bolaño.

Podedes consultar o libro e o vídeo da representación na biblioteca do IES Sofía Casanova.

Page 4: Texto Rosalía

4

Non convén chorar máis.

Ela chorou por todos e para sempre.

Calemos...

Eu véxote así:

crespós nas estrelas (...) 3

Pimentel: Sombra do aire na herba.

3 http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Sodoaina1&id_edicion=Sodoaina1002&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DSodoaina1%26alias%3DLu%25EDs%2BPimentel%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3ESombra+do+aire+na+herba%3C%2Fa%3E&alias=Lu%EDs+Pimentel&formato=texto

Page 5: Texto Rosalía

5

PARTES: Páxinas

Primavera: 1837-1854

I II III IV

Un recén na inclusa (1837). Rosalía na casa grande de Arretén, antes de 1850.

Rosalía ás portas de Compostela (1850).

Un día calquera en Compostela (1850-1854).

7 13 23 27

Verán: 1854-1858

V VI VII

Compostela, Rosmunda (1854).

Rosalía en Madrid (1857).

Madrid, un ano despois (1858).

1863: Cantares Gallegos.

35

41

52

Outono: 1868-1871

VIII IX

10 anos despois: Rosalía polos camiños de Castela.

Definitivamente en Galicia (1871).

1880: Follas Novas.

57

61

Inverno: 1885

X Pano (1885). 76

Page 6: Texto Rosalía

6

PRIMAVERA

1837-1854

Ovidio Murguía de Castro: Primavera.

Page 7: Texto Rosalía

7

I

1837

Un recén na inclusa.

Santiago de Compostela, Hospital Real

PERSONAXES:

Enferma 1 Enferma 2 Doutor Varela de Montes Un crego Sra. María

Ovidio Murguía de Castro de Castro: Retrato de bebé.

Page 8: Texto Rosalía

8

PATIO DO HOSPITAL REAL, PRAZA DO OBRADOIRO, SANTIAGO

24 de febreiro, 1837

Mentres ergue o pano ou medra a luz, chega o ecoar dun cantar soidoso.

Nasín cando as prantas nasen,

no mes das froles nasín,

nunha alborada mainiña,

nunha alborada de abril.

Por eso me chaman Rosa,

mais a do triste sorrir,

con espiñas para todos,

sin ningunha para ti.

Compostela. Un momento de dor nos patios do Hospital Real. O chover resoa nas

pedras. Toda Galicia no devalar daquel chover. Unha vella adiantándose. Ven unha

interna con ela.

Page 9: Texto Rosalía

9

O chamadoiro da grande porta ecoa longamente na noite. Ninguén se move.

Os que chaman son dúas persoas: un home embrullado nun capelo, co farol de óleo na

man, e un cabaleiro feble, envolveito nun tabardo, levando acariñado contra o peito o

mellor tesouro que polo amor e a desventuranza se puidese confiar ao corazón dun

home… O cabaleiro é o doutor Varela de Montes.

ENFERMA 1

Quen vai?

DR. VARELA DE MONTES4

O doutor Varela de Montes! Traio un recén

para a inclusa.

ENFERMA 2

Déixema coller, doutor!

ENFERMA 1

Amodo! Non a despertes.

4Dr. Varela de Montes.- http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/medicos-rosalia/idEdicion-2012-06-10/idNoticia-750411/

Page 10: Texto Rosalía

10

ENFERMA 2

Miña pobre…

ENFERMA 1

Ben máis pobre do que moitas das nacidas aquí…

DR. VARELA DE MONTES

Mal que vos pese. Queda naquela casa unha grande dor5.

ENFERMA 1

Non ha rir a aldea, non señor.

ENFERMA 2

Nin ha ser para as xentes de Padrón pouca risa o saberen aldraxadas así as paredes de

semellante pazo… [do pazo de Arretén].

ENFERMA 1

O medo pode moito.

ENFERMA 2

E o latricar teimudo das beatas, moito máis.

ENFERMA 1

Pobriña nai a chorar…

ENFERMA 2

Está aquí o crego… Ímola bautizar.

CREGO

Quen son os padriños?

TODOS

Nós!

5 Nace nunha casa do Camiño Novo (Hoxe Rosalía de Castro), en Santiago de Compostela.

Page 11: Texto Rosalía

11

CREGO

E cal é o nome que queredes darlle?

TODOS

Rosalía!

Cúmprese o rito e o Sacramento do Bautismo. O peito dunha muller do pobo acolle o

salouco da nova cistiá.

Ovidio Murguía de Castro

A SEÑORA MARÍA

Miña pobre! Pero ti sabes a onde vés?

ENFERMA 1

E que ha saber?

A SEÑORA MARÍA

Nin queiras, miña nena, nin queiras.

Bota un cantar.

Retrato de muller.

Has de cantar

que che hei de dar zonchos

has de cantar

que che hei de dar moitos.

Estouran as badaladas da alba. O doutor Varela de Montes volve coller a recén no

colo.

DR. VARELA DE MONTES

Oíches esas campás? Anuncian a alba. A súa voz vén de moi lonxe e de moi fondo.

Por que será que este mencer de febreiro trae unha alegría mesturada de dor?

Page 12: Texto Rosalía

12

Canta a Sra. María.

Así mo pediron

na beira do mar

ao pé das ondiñas

que veñen e van.

Page 13: Texto Rosalía

13

II

1850

Rosalía na Casa Grande de Arretén

Rosalía de Castro, por Alexandra Murguía de Castro.

PERSONAXES:

Rosalía (12 anos). Sombras. Álvaro Anido. Sra. María. A moza burleira. A moza brava. A moza loira. Dna. Teresa Castro e Abadía (nai de Rosalía). O arcipreste. Un crego noviño. Peregrino. Tolo.

Page 14: Texto Rosalía

14

XARDÍN DA CASA GRANDE DE ARRETÉN

Antes de 1850 (Rosalía terá 12 anos)

Rosalía sae de entre as sombras lendo nun libro.

UNHA SOMBRA

Velaí ben. Aínda é unha nena e xa esa fonda sombra reflectida nos ollos.

OUTRA

É polo da súa nai! Pobre muller!

UNHA SOMBRA

E pobre filla!

UNHA SOMBRA

Que les, Rosalía?

ROSALÍA

Son uns versos italianos (lendo en voz alta):

Melanconia,

ninfa gentile.

La vita mia

consegno a te…

Page 15: Texto Rosalía

15

Senta e segue a ler para si.

Entra polo xardín un home: é Álvaro Anido. Vai vestido como señorito cazador.

Decátase de ser admirado: está afeito. Quizais quere dicir unhas palabras finas, pero

só fai renxer os seus grosos zapatóns de fidalgo6.

ÁLVARO ANIDO

Señorita, sinto chegar tan a deshora… pero fun vixiar uns nosos lugares, abaixo,

no val… e pillei unhas nenas esfarrapadas roubando a frouma dun piñeiral. A

xente xa non ten respecto… (Ri facendo restalar a fusta no ar) Pero levaron o

seu as condenadas!

Ovidio Murguía de Castro: Estudo sobre un cabaleiro.

6 “O fidalgo”, de Otero Pedrayo, recrea a vida nos pazos e en Compostela entre os anos 1835 e 1900: o protagonista sería contemporáneo de Rosalía (1837-1885). Máis datos sobre este tema poden encontrarse en Os camiños da vida (Otero Pedrayo) e Os pazos de Ulloa (Emilia Pardo Bazán). Unha versión máis “amable” aparece ao final de La casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín. Achegamos esta última pola súa proximidade con Rosalía: a nai de Alejandro, Carmen Lugín de Castro, prima da nai de Rosalía, acolleu a autora na súa casa cando residiu en Madrid; morta xa Rosalía, foi continuo o contacto entre Alejandro Pérez Lugín, Murguía, Ovidio Murguía e as fillas de Rosalía.

Page 16: Texto Rosalía

16

ROSALÍA

Pobriñas… Roubar as agullas dos piñeiros… Estarían famentas… Hai fame no

val…

ÁLVARO ANIDO

Teño présa… E quixera falar coa súa señora nai…

ROSALÍA

Miña nai está na sala… (El vai. Cando se perde ao lonxe)

Álvaro, Álvaro… Nunca has cambiar?... Que noxo! Pegar dacabalo a unhas

nenas famentas…7

Naceu lonxe un cantar que non sabe onde pousar.

Adiós ríos, adiós fontes,

adiós regatos pequenos

adiós vista dos meus ollos8

ROSALÍA

Ese cantar é tan desgraciado coma min… Vai nela toda a tristura do mundo.

Quen a canta é a Sra. María, que chega espallando aire de prudencia e desconfianza.

Pensa que o cabaleiro vén de estar con Rosalía.

SRA. MARÍA

As rapazas de hoxe! Sempre facendo por estar na boca da xente! Non estarías mellor

labrando uns encaixes ou aprendendo un pouco de cociña? Mais… ben te vexo,

ben… Coidas que vai voltar o “cabaleiro”? É moi guapiño o señorito, non?

ROSALÍA

Pero, Sra. María, por que me fala así…? 7 “Apresa, Álvaro de Anido”, Follas Novas. 8 “Adiós ríos, adiós fontes…”, Cantares Gallegos. Amancio Prada: https://www.youtube.com/watch?v=htcjImv3zCA ou https://www.youtube.com/watch?v=X1Ov9Jryiw0

Page 17: Texto Rosalía

17

SRA. MARÍA

Porque non quero que te fagas ilusións, miña xoia! Don Álvaro non é bocado para

ti…

ROSALÍA

Nin eu quero que o sexa.

SRA. MARÍA

Nin el… nin outro… Xa vai sendo tempo de saber… se non o sabes…

Chegan xentes. Un grupo de mozas cargan herba verde.

A MOZA BURLEIRA

Aí queda a enmeigada.

A MOZA BRAVA

A vergoña da boa xente.

A MOZA LOIRA

Non vos metades con ela.

SRA. MARÍA

Ei, veña! Seguide o voso camiño.

O mocerío foxe. Só a moza dos cabelos froumentos, cheirando a resina e a fame, vai

dar unha aperta enteira, case desesperada, a Rosalía.

A MOZA LOIRA

Vas ir a Iria? Hai festa…

Page 18: Texto Rosalía

18

Resoa a voz da nai en todo o xardín, rexa, cun latexar de cordas dolorosas.

A NAI

Non vai a ningures! Rosalía, filla… ven logo… que preciso de ti…

Rosalía voa cabo da súa nai.

ROSALÍA

Por que non son como as outras? Por que, ao pasar, todos rin de min? Son fea, ou

rara?

A NAI

É mellor que non preguntes…

ROSALÍA

Todos están contra min, e contra ti… Debiamos fuxir, as dúas… Hai barcos para

as Américas…

A NAI

Entra na casa, ameaza chuvia.

ROSALÍA

Non, irei dar un paseo.

A NAI

Rosalía!

Rosalía bota a andar polo xardín, e pérdese entre as sombras.

Page 19: Texto Rosalía

19

ARREDORES DA CASA GRANDE DE ARRETÉN

Chegan dous cregos en mula: un arcipreste e máis un crego novo. O arcipreste fita a

rapaza, que se fai a un lado.

O ARCIPRESTE

Onde irá esta? Soa polos camiños.

O CREGO

Buscando o pecado, de seguro.

O ARCIPRESTE

É… a nova fidalguiña do Pazo de Arretén… Non caio no nome!

O CREGO

E aínda fachendea altaneiro o pazo. Habería que botalo ao chan…

O ARCIPRESTE

Nena ou… señorita, bos días.

ROSALÍA

Bos días, padre.

O ARCIPRESTE

Que milagre soa a estas horas? Xa que nos atopamos, imos falar un anaquiño.

Hai cousas proveitosas que só sabemos os vellos impostos en autoridade por

permisión divina.

Page 20: Texto Rosalía

20

Procura unha boa pedra para sentar e fai co dedo o sinal a Rosalía de que sente de par

del. O creguiño novo, máis de lonxe, non perde chisco da latricada.

O ARCIPRESTE

Xa non es unha nena e debes agradecerlle a Deus, á santiña do teu nome, e aos

teus bos parentes, o non andar á esmola polas portas… Pero teño que pararche o

xenio, ao atoparte nesta hora e soa… Tiñas que te envergoñar. Abondo lixastes

xa túa nai e ti a limpa historia dunha casa das máis fidalgas…

ROSALÍA

Non siga, padre… Atrás dunhas palabras veñen outras… e mesmo poida que

saian nomes…

O CREGO

Gandaina! Mala pécora! Ben se coñece de onde vés e polos tortos camiños polos

que andas… Só es merecente dunha boa malla de paos e de andar ao pan e á

auga dos pobres!

Séntese unha risada. O tolo, aínda case un neno, espaventa os cregos a berros. Leva

coroa e colar feitos de flores e ao rir pecha os ollos.

ROSALÍA

Téñenche medo! Meu inocente, meu anxo!

Page 21: Texto Rosalía

21

Dálle un abrazo e bícao na fronte. Os ollos de tolo deixan traslucir ensoares de paz e

alegría…

ROSALÍA

Ti es o único que non me desprezas…

UNHA VOZ

O único, non!

Xorde un vello alto, de altas barbas, envolveito en vella capa ou manto: é un peregrino

de Santiago.

ROSALÍA

Meu señor, vai vostede facendo o camiño… Cando o miro, penso nos invernos

longos, nas noites de neve, nas encostas… e non podo deixar de preguntarme…

Os que tanto camiño andan, ou moito deixan atrás ou moito procuran lonxe…

O PEREGRINO

Unha cousa e máis a outra.

ROSALÍA

De onde queira que sexa, bo home, saiba que non atopará unha terra máis

fermosa…

O PEREGRINO

Nin unha mociña máis triste…

ROSALÍA

Nin unha que leve máis présa… Teño medo por miña nai… A pobriña hame

andar procurando polo xardín…

Page 22: Texto Rosalía

22

O PEREGRINO

Viñades aquí? A este pazo? Á Casa Grande de Arretén? A este cárcere con aires

de señorío? Eu non entraría… Non quixera sufrir as friaxes das súas escaleiras,

nin as miradas dos retratos do salón ou o cheiro a morto do arquivo… Fuxiría.

ROSALÍA

Nesa cadea está prisioneira miña nai.

O PEREGRINO

Ben sei… E no xardín a auga e as rosas están prisioneiras tamén. Vai e libéraas.

ROSALÍA

E serei quen?

O tolo achégase a ela e, con grande esforzo, co esforzo que tería que facer quen non

falara nunca, dille aos ollos…

O TOLO

Tes que selo!

Rosalía peta coa aldraba espertando ecos e rabias de cans, criadas e familiares, chega

xunta á nai, aprétase a ela saloucando e berra.

ROSALÍA

Ímonos de aquí, miña nai! A noite non se pechará sobre nós nestes muros…

A NAI

Sobre min, si!

Sae soa de alí. Co solpor, no pasmo e aldraxado sono das xentes e os espíritos da casa

todos, ergue baril a voz da fonte e medra o recender das rosas.

Page 23: Texto Rosalía

23

III

1850

Rosalía ás portas de Compostela

PERSONAXES:

Rosalía (13 anos).

Sra. María.

Page 24: Texto Rosalía

24

SANTIAGO DE COMPOSTELA

1850, Rosalía ten 13 anos

Compostela, serán de outono. Entre o devalar da chuvia, un lampo de luz que non sabe

onde acougar. Rosalía, elegante, triste, acompañada da Sra. María, chega ás portas de

Compostela9.

ROSALÍA

Eu procurei esta hora, e miña é, pero ás veces, no espello, teño medo do lume

destes ollos.

SEÑORA MARÍA

E fas ben téndoo. Xa non son os daquela pobre nena. Nin teñen diante as

gándaras polas que galopa aínda o rudo Álvaro Anido. Isto é Compostela.

ROSALÍA

E Compostela son Aguirre, Pondal, Murguía e esoutros amigos de lonxe, os

achegados a través doutras linguas, Heine, Zorrilla, Byron… Quen son eu en

comparanza?

Rosalía pensa neles. Vainos mirando decorrer no horizonte do seu ensoñar. Aurelio,

miúdo e desdeñoso. Pondal, estraño, forte e rústico, quizais un fachendoso fidalgo.

Murguía, miúdo e rexo.

Manuel Murguía10

9 Rosalía vive coa nai en Santiago (Bautizados, 6) entre 1851 e 1855.

Page 25: Texto Rosalía

25

Aurelio Aguirre Eduardo Pondal

ROSALÍA

Son tan boa xente… Aurelio deixa tras si un murmurio de admiracións e de

silencios. É unha admiración tinxida de mágoa, coma se ventasen que o poeta

non é de hoxe… De Murguía dáme medo a súa forza, que se esconde en cativo

corpo. Pondal bota ás veces unhas gargalladas… Sospeito que para el non hai

mulleres: hai ninfas ou deusas.

Unha néboa encobre toda Compostela.

A SRA. MARÍA

Aconséllolle recollerse, señorita.

10 http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Murgu%C3%ADa http://gl.wikipedia.org/wiki/Aurelio_Aguirre http://gl.wikipedia.org/wiki/Eduardo_Pondal

Page 26: Texto Rosalía

26

ROSALÍA

E así o farei, miña amiga. Entro polas túas portas, Compostela, por primeira vez

nos meus días, e non me gustas.

A SRA. MARÍA

Xa estiveches antes. Cando nena, na inclusa. Naciches aquí, ou xa o

esqueciches?

ROSALÍA

Non é o mesmo.

E sorrindo, coas bágoas quentes, aprétanse a unha á outra e pérdense na cidade e na

noite.

Page 27: Texto Rosalía

27

IV

Un día calquera en Compostela (1850-1854).

PERSONAXES:

Rosalía (16 anos).

Sra. María.

A señora da casa.

Leonor.

Adela.

Sofía.

Álvaro Anido.

Page 28: Texto Rosalía

28

Un día entre 1850 e 1854

Mañá de doce chover. Ledo ambiente aldeán e fidalgo nas rúas de Compostela.

Rosalía, moi composta, vai coa señora María a unha visita. Rosalía cre descubrir a

figura de Álvaro Anido, entre a xente.

11

ROSALÍA

Mira! Non é aquel don Álvaro Anido?

SEÑORA MARÍA

Que ha de ser! Ese brután, de estar en Compostela, desta hora estaría aínda

durmindo.

11 Ilustración de Cristina Figueroa para La casa de la Troya (1915). Edición ilustrada en Camiño do Faro:

http://www.lacasadelatroya.com/

Page 29: Texto Rosalía

29

Chegan a casa de moito señorío. Hai outras mociñas de fina crianza: Leonor, Adela,

Sofía. Xa as coñece Rosalía.

A SEÑORA DA CASA

Ven, chega cabo de min. Santiago figúraseche triste, verdade? Xa irás caendo no

seu engado. A min tamén me gusta o campo. Se vises que xardín teño na Ulla!

Has vir comigo… no bo tempo… no maio…

ROSALÍA

Con infindo pracer, miña señora. Mais, non podería ser no outono? No outono,

os bosques fondos…

LEONOR

Tiñas que ser outoniza… Con eses mozos “románticos” por amigos… Capas

tristes, guedellas…

ADELA

Non profanes! “Si son la flor melancólica de la juventud!”

SOFÍA

Pois pobre mocidade.

Séntense pasos rexos e entra Álvaro Anido espallando admiracións.

12

12 Imaxe de Los pazos de Ulloa (serie RTVE).

Page 30: Texto Rosalía

30

A SEÑORA DA CASA

Débese atopar ben a gusto nestas horas de cidade, o noso mozo amigo, despois

de tanto cabalgar polos camiños…

ÁLVARO ANIDO

Non pense, señora. Estou afeito a outro sol nos balcóns. E logo, este falar… este

presumir de… de ter unhas letras… Tárdame volver ás parroquias da miña

casa… (Mira para Rosalía). Por certo, falando daqueles vales, Rosalía… Hai

ben poucos días, cruzando eu dacabalo, vin de lonxe á súa pobre nai…

As mozas comezan a rir. Rosalía levántase e sae de alí seguida pola Sra. María. A

señora, as mociñas de fina crianza e don Álvaro Anido, vaporan e confúndense coas

demais sombras, que rin xuntas.

A SRA. MARÍA

Ai, miña señoriña! Véxolle coma se fora cristal o fondo do peito. Quere entrar

na igrexa, en Salomé?

Page 31: Texto Rosalía

31

ROSALÍA

Non.

SEÑORA MARÍA

Mellor! Veña, fuxamos destas lousas! Hoxe é feira! E alí hai unha ledicia que

estes nin cheiran!

Déixase levar, collida do brazo. Un mundo de aldeáns latexa e descansa ao pé dos

carballos. Hai capas de palla, e boas xugadas levadas con calma fachenda…

Ovidio Murguía de Castro: Feira de Santa Susana.

ROSALÍA

Escoita a nosa fala… É coma se abrollase das furnas do peito da nosa xente. Hai

linguas que son vento aproveitado e disciplinado: a nosa non, a nosa é un chover

con sol. As palabras cínguense unhas noutras, como as voces dun río…

Ao lonxe, ben envolveitos nas capas, miúdos, cos altos sombreiros, enloitados, cruzan

preto da feira dous amigos. Rosalía coñéceos. Eles non a poden descubrir. Son Aguirre

e Pondal e talvez Murguía. Van calados.

Page 32: Texto Rosalía

32

ROSALÍA

Alá van… Velos?

SEÑORA MARÍA

Vexo. Nin miran para a xente… e non sei que lles poden dicir ás pedras…

ROSALÍA

Sei dos seus falares, case dos seus pensamentos. Aurelio ensoña no mar, e

quizais nos roteiros e o acedume do morrer…

SEÑORA MARÍA

Non é de estrañar. Só a el se lle ocorre, procurar o amor no lixo.

ROSALÍA

El só quixo redimir a unha muller coa súa alma de artista…

SEÑORA MARÍA

Era unha perdida. Non se pode botar o cheiro do pecado só coa poesía. E vostede

anda a cismar no mesmo, pero con todo un pobo. Está tola!

ROSALÍA

E por que non? Pensas que non serei digna?

SEÑORA MARÍA

Eu non penso nada, digo o primeiro que se me vén á cabeza. Veña! Lisquemos!

Acabo de ver entrar na carballeira ao besta de don Álvaro Anido!

Determinadas, gurrando coa xente, furan por entre as vacas

pousonas, as pulpeiras gobernantas,as bestas de pronto

xenio, os tendeiros, os cegos e as súas voces de longos e

despaciosos ecoares e, co semblante aínda transposto,

chegan ao adral verdecente de Santa Susana, recanto e illa de paz no balbordar en

tempos de feira.

Page 33: Texto Rosalía

33

IGREXA DE SANTA MARÍA SALOMÉ

RÚA NOVA, SANTIAGO DE COMPOSTELA

O mesmo día, entre 1850 e 1854

Despois dunha mañá na feira, un airiño de covas derrubou a súa fortaleza. Rosalía

axeonlla ao pé da Virxe da Soidade.

ROSALÍA13

Santísima Virxe da Soidade, ¿e non terá a noite para min un amparo? Veño onda

ti porque sei que endexamais hei ser amada. Que medra algo entre os mozos do

meu tempo e eu, e non sei o que… Terán eles unha clareza que eu non teño?

Non o creo. Hai outra cousa. Non me atrevo a pensar cal é, pero está aquí… Por

tras e arredor. Por todas partes. Soamente nos teus pés me axeonllo, e soamente

a ti che pido pola miña nai… e por min mesma. Son ruín, e avarenta, e mala…

Ás veces mesmo teño desprezo da miña propia carne e penso… ¡Ai, canto

mellor… ter morto de neniña…! Nestora, trocaría toda a gloria do mundo por un

mangado de terra riba do meu corpo canso! Pero levo unha luz en min, que ben

sabe Deus que non foi por min acesa. Todo está aquí, no arquivo de ecoares e

lembranzas da pedra. Eles veñen a min, traendo as estrofas, o verso… O pobo,

orfo e pobre, agarda unha canción. E a súa letra ha ser nada de muller, orfa e

pobre tamén.

O seu salouco mestúrase co petar dos pés dun mozo baixo e levián que apenas amolece

o ritmo vivo do seu andar no misterio do tempo.

13 Soa “Negra sombra”, Follas Novas https://www.youtube.com/watch?v=UGPq0YQeTRM

Page 34: Texto Rosalía

34

VERÁN

1854-1858

Ovidio Murguía de Castro: Verán.

Page 35: Texto Rosalía

35

V

1854

Compostela: Rosmunda no Liceo da Xuventude.

PERSONAXES:

Aurelio Aguirre

Murguía

Neira de Mosquera

Pondal

Ál varo Anido

Rapazas

Page 36: Texto Rosalía

36

COMPOSTELA, UN CLAUSTRO

1854, Rosalía ten 17 anos

Nas mesmas horas uns cantos mociños e homes novos xuntábanse no claustro.

AURELIO AGUIRRE

Estamos deixando perder a nosa xuventude entre estes muros de pedra! Son

unha cadea.

MURGUÍA

A beleza pode florecer mellor nas fendas duha parede que nun xardín de Italia, e

o xenio exercítase derrubando muros.

AURELIO AGUIRRE

Aquí só florecen a teoloxía e o medo. Renacen como as hedras. Estamos riba

dun inmenso sepulcro.

MANUEL MURGUÍA

Con todo, é un privilexio vivir aquí.

AURELIO AGUIRRE

Será!

Page 37: Texto Rosalía

37

NEIRA DE MOSQUERA14

Non mentres a nosa confraría

poética non teña musa.

Direivos que para compracer a

unhas amigas caín nun

compromiso. É para a

representación de

“Rosmunda”.

AURELIO AGUIRRE

Recorda que a protagonista ten que ser bonita e presumida.

NEIRA DE MOSQUERA

Non ha acender loitosas paixóns, nin sanguiñentos desafíos, pero ten no ollar un

lume encuberto… É de Padrón.

MANUEL MURGUÍA

Bo xardín de poetas. Corre présa convidala. Pide tinteiro e escribe, Neira…

Unha cousa bonita, que non sexa romántica de máis, para non asustala.

Muda a luz.

14 http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Neira_de_Mosquera

Page 38: Texto Rosalía

38

COMPOSTELA, TEATRO DO LICEO DA XUVENTUDE

1854, Rosalía ten 17 anos

O liceo de San Agostiño. A sala do teatro do Liceo loce brillante. Hai moita xente: a

dona de raso e veludo dos pazos da Ulla, a feituquiña compostelá, os estudantes, os

mestres, os escritores queimando as súas mocidades, os críticos de queixo

desprezativo, os mociños novos chegados dos pazos fondos como fragas… Entre os

estudantes, Eduardo Pondal. Ponse nas táboas “Rosmunda” de Gil y Zárate. No

teatro só se ergue, trema, ri, salouca, afúndese en silencios a voz de Rosalía. Fai o

papel de Rosmunda; é a muller fermosa e desditada. A obra remata. Mulleres,

homes, diante todo o grupo de escritores, estudantes, abouran de entusiasmo na

tormenta do pechado aplaudir.

Page 39: Texto Rosalía

39

EDUARDO PONDAL

Irá onde queira esta mociña!

AURELIO AGUIRRE

Se ata se tornou fermosa.

MURGUÍA

E coma se o papel nacese con ela.

PONDAL

Ás veces a súa voz dá medo.

AURELIO AGUIRRE

Como dicides que se chama esa señoritiña de Padrón?

NEIRA DE MOSQUERA

Rosalía…

Chega Rosalía e volven aplaudir todos. É por min?, semellan preguntar os seus ollos.

Hai vellos que propoñen levala en trunfo. Ela vai, sinxela dorna, levada na foula

rumorosa da xente. A través das rúas alongadas da noite vai a xubilosa procesión da

gloria; Rosalía, no medio, como roubada polas mouras capas da mocidade, cheas de

vento.

MURGUÍA

Xa teñen musa!

Sae da noite o ollar xeado de Álvaro Anido: está cunhas donas, morea escura de

acibeches e brondas inimigas.

Page 40: Texto Rosalía

40

ÁLVARO ANIDO

Cedo esqueciches os doces cantares das veigas e das colleitas… miña amiga. Xa

non es aquela tristeira rapariga á que lle tremaban as pernas ao pasar diante

dunhas verdadeiras señoritas…

Dirixíndose a eles.

Por máis que a enxalcedes seguirá a levar ás súas costas o cartel da infamia,

como un chepudo leva a súa chepa. Nunca deixará de ser filla de quen é.

Vanse el e as mozas.

PONDAL

Esa lingua é como unha folla de puñal.

MURGUÍA

Eles son o inimigo, o verme rillador da rosa.

AURELIO AGUIRRE

O coitelo na esquina do camiño da dita. Quixera non ter sabido del.

ROSALÍA

E eu non ter saído da aldea. Afastade as flores e esquecédevos de min. Fun unha

ilusión apenas. Voume.

Page 41: Texto Rosalía

41

VI

1857, Madrid

PERSONAXES:

Rosalía, 20 anos.

Sra. María

Parente de Rosalía

Un mozo

Un exclaustrado

O mozo dos anteollos

Bécquer

Murguía

O home calado

Page 42: Texto Rosalía

42

MADRID

Rúa Ballesta, 13

1857 (Rosalía ten 20 anos)

Madrid, 1857. Rosalía, ben compostiña, case fermosa, deixa translucir nos ollos a crise

da primeira longa viaxe. Está nun pequeño cuarto da rúa Ballesta, na casa dunhas

parentes. Soben da rúa, laiantes, irónicos, como de paxaros nocturnos, os berros dos

trapeiros.

ROSALÍA

Madrid… Cantos días levo xa aquí? Tres? Cinco?

SRA. MARÍA

Levas algún máis, miña nena. Chegamos en abril, o ano pasado.

UNHA PARENTE

Rosalía, ven, preguntan por ti. Xa te podes dar pisto! Unha señoritiña da aldea

recibindo visitas en Madrid…

ROSALÍA

Vou.

A Sra. María vai onda a a mesa na que Rosalía escribía e colle un mangado de papeis.

SEÑORA MARÍA

Unha señoritiña da aldea! E a moita honra! A quen se lle conte! Quen pensarán

ser estas…? Criarse na aldea non lle impediu escribir versos que elas nin

saberían ler.

Volve Rosalía. A Sra. María ordena os papeis dunha mesiña. Colle un feixe de papeis

que hai riba da mesa:

Page 43: Texto Rosalía

43

SEÑORA MARÍA

Remataches isto?

ROSALÍA

Rematei. (Mete aqueles papeis nun sobre). Alá vai La Flor á imprenta! A miña

tarxeta de presentación literaria en Madrid.

SEÑORA MARÍA

Acabouse o medo!

ROSALÍA

Non. Empeza agora. Pobre de min… hei ser unha “literata”, a remolque de

Zorrilla, de Heine… Casarei cun funcionario de manguitos, e vivirei tremendo

por medo á pantasma da cesantía15.

SEÑORA MARÍA

Algúns din que serás actriz.

15 Galdós: Miau (1888).

Page 44: Texto Rosalía

44

ROSALÍA

O que quere dicir que, con sorte, non me han faltar nin un ramallo de flores nin

farrapos doutros que poñer.

SEÑORA MARÍA

E non hai queixa! Menos tivemos outras!

Escurece sobre as dúas.

Page 45: Texto Rosalía

45

MADRID, UN CAFÉ, 185716

No recanto dun pequeño café, Murguía, cativo de corpo pero faiscante de espírito,

quere escribir e non pode. O café vaise poboando pouco a pouco; acéndense os

quinqués de petróleo, e todo se vai afundindo na intimidade da noite. As xentes das

mesas –o amigo dos anteollos clásicos, o amigo mozo e o exclaustrado sabio, o home

calado- latrican sen concerto.

UN MOZO

Algúns non lle perdoamos a Espronceda non facer estoupar de medo o vello

golpe da Ilustración, acendendo unha fosfórica luz…

O EXCLAUSTRADO

Mociño, vin lucir moitas luces fosfóricas, e todas se esvaecían diante da chama

dun cirio, ou…

O MOZO DOS ANTEOLLOS

Mirade! Aí vén unha desas luces! Don Gustavo Adolfo Bécquer17!

16 Imaxe do Café de Levante (Prado, 10) , tirada de http://antiguoscafesdemadrid.blogspot.com.es/2012/03/de-alojerias-botillerias-y-cafes-en-la.html Para unha visión realista do Madrid do século XIX, véxanse as obras de Galdós (escritas despois de 1875). Os cafés madrileños aparecen representados tamén na obra Sangre en la calle del Turco (Calvo Poyato), ambientada en Madrid tras os sucesos de 1868. 17 https://gl.wikipedia.org/wiki/Gustavo_Adolfo_B%C3%A9cquer

Page 46: Texto Rosalía

46

Entra un “pollo”, lucindo unha engaiolante mestura de inocencia e desengano e senta

fatigado na mesa de Murguía. El acólleo con recoñecemento e tenrura.

BÉCQUER

Escribiades algo, amigo Manuel?

18

MURGUÍA

Ben quixera.

BÉCQUER

O que?

MURGUÍA

Unha novela. Pero este áspero Madrid só me permite pensar no diñeiro.

BÉCQUER

E en Compostela.

18 http://museoromanticismo.mcu.es/

Page 47: Texto Rosalía

47

MURGUÍA

E en Compostela. Agora mesmo pensaba en que sombras graves e tensas

estarían a caer sobre ela. E en como estarán a soar as ondas nas praias da

Lanzada. Ou en que hoxe houbo mercado na carballeira de Santa Susana: non

podo esquecer aqueles perfís de petrucio, aquel foulear de panos de mulleres…

Son os meus irmáns, Gustavo… Os que souberon gardar o ouro da lingua.

BÉCQUER

Que diferentes somos! Eu son do sur… e déixome atraer polo engado do norte.

MURGUÍA

E iso que os escritores de Madrid e do sur apenas nos coñecedes…

BÉCQUER

As sonadas néboas norteñas… Esa teima pide rematar en poema, e non en

novela.

O MOZO DOS ANTEOLLOS

… Falabamos, querido Gustavo Adolfo, de se serías amigo da boa tradición ou

revolucionario… O espírito do século…

O HOME CALADO

Que espírito nin que centellas! Fallan as Musas… Van madurecendo de máis as

poucas consagradas, e no val da poesía son precisas novas e puras criaturas…

MURGUÍA

Unha hai! Leva no peito un ramo de sinxelas flores. Oíde…

Con man turbia manexa un folleto. Todos calan. Os quinqués arden máis serenos.

Bécquer, namentras, debuxa nas mesas un voar de bruxas mancándose nos finos

pináculos dunha igrexa gótica ou pensa no reflexo dalgunha estrela no Douro soriano.

Page 48: Texto Rosalía

48

MURGUÍA

Son os versos dunha mociña do meu país. Unha estrela nova na noite: non terá

nin vinte anos.

Vai lendo, aos poucos…

Cuando miré de soledad vestida

La senda que el destino me trazó…

¡Ay, la risa sardónica encontraba

Y aquel eco sin voz era un aliento,

Un respiro vital de aquellas flores

Que extendían su aroma por el viento

...

Page 49: Texto Rosalía

49

O MOZO DOS ANTEOLLOS

Si, hai sentimento.

O EXCLAUSTRADO

Non, se como estar non poden estar mellor os versos, mais… o vento da capa de

Espronceda ao pasar rebuliu moitas cousas…

O MOZO DOS ANTEOLLOS

Desde entón todos somos clásicos…

O HOME CALADO

É linda…? Non! Ha ser fea, e inaturable, coma todas as poetas…

BÉCQUER

Tamén Safo…? (Calan todos. A Murguía) Cando a podo coñecer?

MURGUÍA

Cando queiras.

Escurece.

Page 50: Texto Rosalía

50

MADRID, PASEO DO PRADO, 1857

Uns días despois

Rosalía, cansa, vai polo Prado; vai coa Sra. María. As rúas van mestas de xente e de

berros. Rosalía non se decata de que Murguía, o amigo apenas coñecido, apenas

lembrado entre as sombras lonxanas e amadas de Compostela, chega á par dela. Vén

con el Gustavo Adolfo Bécquer.

MURGUÍA

Ese enxergar as nubes semella reflectir unha arelanza de gloria. Ama vostede as

nubes?

ROSALÍA

Son as mesmas aquí ca en Compostela ou na Coruña…

BÉCQUER

Séntese desterrada? Tamén nós…

MURGUÍA

Permítame que lle presente ao meu querido e admirado amigo, don Gustavo

Adolfo Bécquer.

ROSALÍA

É unha honra…

BÉCQUER

Por Deus, señora, a honra é miña… Ardía en desexos de a coñecer…

Page 51: Texto Rosalía

51

ROSALÍA

Ben cravuñado en min ha estar o sentimento do desterro, cando sen falas…

MURGUÍA

Falan as mans cansas, e ese sufrir nos ollos…

BÉCQUER

E nin as mans nin os ollos enganan. É coma se unha corda se crebase na lira da

súa alma.

ROSALÍA

O amor é doloroso.

BÉCQUER

Haino que non.

ROSALÍA

Se o hai non está para min gardado.

MURGUÍA

Nunca se sabe. Dános licenza para lle dicir de ti?

ROSALÍA

Como os rapaces ou os namorados?

BÉCQUER

Como os rapaces ou os namorados.

ROSALÍA

Dou.

Volven xuntos polas rúas. Por riba vai aniñando en invisible ponla de luz a ave dunha

escura nube.

Page 52: Texto Rosalía

52

VII

1858

Madrid, un ano despois.

19

PERSONAXES:

Rosalía, 21 anos.

Murguía

De novo, os que están no café.

19 Fonte: http://antiguoscafesdemadrid.blogspot.com.es/2012/03/de-alojerias-botillerias-y-cafes-en-la.html

Page 53: Texto Rosalía

53

MADRID, outubro de 1858 (Rosalía, 21 anos)

UN CAFÉ, NAS RÚAS VECIÑAS Á PORTA DO SOL

Murguía e Rosalía pasan diante do café. Teñen algo que anunciar.

MURGUÍA

Casamos o día 10 na Igrexa de San Ildefonso.

ALGUÉN

Vivan os noivos!

TODOS

Vivan!

Saen Rosalía e Murguía. No recanto do mesmo café de antes están os de sempre.

Gustavo Adolfo Bécquer obsérvaos ao lonxe.

O EXCLAUSTRADO

Non teñen un can.

O MOZO

E dificilmente as súas ambicións han de cumprirse aquí en Madrid. Pouco han

demorar na capital…

Murguía e Rosalía van paseando polas rúas.

MURGUÍA (falando con Rosalía)

Neste barrio asombraba rúas e prazas o bulto disforme do meirande mosteiro de

monxes bieitos en Madrid. Nunha das celas estudou o Padre Sarmiento. Se eu

chegase a coller ben o seu camiño!

Page 54: Texto Rosalía

54

ROSALÍA (a Murguía)

Sendo un nena, un crego moi sabido falaba en Arretén do Padre Sarmiento.

Dicía que el soubera escoitar e coller coma ninguén os ritmos das cantigas dos

labregos e dos mariñeiros.

MURGUÍA

E así foi.

ROSALÍA

Manuel, di, ¿cando podemos saír para a Terra? Teño frío…

MURGUÍA

Non chores. Non es unha muller coma as outras. (Bicándoa)

Page 55: Texto Rosalía

55

ELIPSE TEMPORAL (10 anos, entre 1858 e 186820).

Neste tempo, en 1863 publica:

En 1863, Rosalía vive en Santiago, Mercado Vello 7, 2º ( Hoxe Praza da Universidade 4).

20 1859: Santiago (Conga, 1). Nace Alexandra, a primeira filla.

1861: Madrid (reside algún tempo).

1863: Santiago (Mercado Vello 7, 2º, Hoxe Praza da Universidade 4).

1868: Santiago (Callobre, 40).

Carta de Rosalía a Murguía (datada en 1861):

http://bib.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01372742033571729088024/p0000001.htm

Page 56: Texto Rosalía

56

OUTONO

1868-1871

Ovidio Murguía de Castro de Castro: Outono.

Page 57: Texto Rosalía

57

VIII

10 anos despois

Polos camiños de Castela (un día calquera entre 1868 e 1870).

PERSONAXES:

Rosalía, 31 anos.

Murguía.

Un home.

Page 58: Texto Rosalía

58

10 ANOS DESPOIS… 1868

Rosalía ten maís de 30 anos. Xa hai cinco que publicou os seus Cantares Gallegos

(1863). Cun destino no corpo de Arquivos, entre 1868 e 1870 andaron Rosalía e

Murguía aos tumbos polos camiños: en Castela, Madrid, Simancas21… Ela case

aqueloutrada, escribindo os versos que serían anos despois as súas Follas NovasA.

Rosalía vai con Murguía estrada adiante. Polo camiño adianta un home. Rexo, canso,

cargado. Dá as boas noites. No acento cantigan regueiros das verdes montañas

galegas.

O HOME

Boas noites.

MURGUÍA

Boas noites, meu amigo. Vai para a terra? Somos paisanos.

O HOME

Eu xa non teño paisanos, nin máis terra que a dun buraco no cemiterio.

ROSALÍA

Quere descansar un pouco e cear connosco na pousada?

O HOME

Non estou afeito a eses mimos. Teño que obedecer a lei do camiño; o camiño

manda…

Vou ao meu fogar por este camiño, pero deixo atrás a cova do meu fillo…

Namentras ando, o meu corazón está a un lado e máis ao outro…

ROSALÍA

Era novo?

21 1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas (valladolid), cargo que exercerá

ata 1870; en 1868 nace Aura en Santiago (Callobre, 40).

1869-70: Simancas, onde escribe grande parte de Follas Novas.

Fins 1870 - principios 1871: Madrid (Claudio Coello, 13, 3º).

Page 59: Texto Rosalía

59

O HOME

Dezaoito anos polo San Xoán.

ROSALÍA

Como foi?

O HOME

Veu cos segadores. Para xuntar para casar. Pero non era para estes soles.

Comeuno a febre e alí quedou, nun cemiterio. Pero hei voltar por el, heino levar

en presadas de terra, xunto do meu corazón, por este camiño que vai e vén. E ha

voltar á casa, á terra que o viu nacer.

Panorama antigo de Simancas

Sen outras falas, o home alanca co seu paso longo. A noite péchase sobre el. Murguía e

Rosalía senten ao seu redor medrar a soidade como unha podente e triste marea.

Teñen frío. Un frío de desterro22.

22 “Castellanos de Castilla”, Cantares Gallegos (1863).

Page 60: Texto Rosalía

60

ROSALÍA

Pondal sobe nas augas do tempo; Aguirre bebeu a morte dun grolo… E Antolín

Faraldo… meu pobre. Prométeme que non morreremos aquí, Manuel. Que

morreremos na casa.

MURGUÍA

Prométocho!23

Escurece. Na alma de Rosalía chove mainamente.

23 Fin de 1870-71: Madrid (Claudio Coello, 13, 3º).

Page 61: Texto Rosalía

61

IX

1871

Definitivamente en Galicia.

Acuarela representando a Rosalía, por Alexandra Murguía de Castro

Personaxes:

Varias damas: dama vella, dama moza, dama fraca, dama grosa

Rosalía, 34 anos

Murguía

Sra. María

Sombra

Tendeiro

Prestamista

Caseiro

Costureira

Solteira serodia

Os ollos dos mortos

Unha viúva

Unha muller

Voces

Page 62: Texto Rosalía

62

A CORUÑA

Contra 1871 (Rosalía cumpriu 34 anos)24

De entre as sombras, xorden un grupo de damas.

A DAMA VELLA

Que vento trouxo aquí a esta tola?

A DAMA MOZA

Pobre! Desacredítanos a todas.

A DAMA FRACA

É como a man afeita ao rabo do sacho:

engurrada, ferinte…

A DAMA GROSA

Ou queixumosa como as cantigas do pobo.

A DAMA VELLA

Queixarse de ser pobre… A quen se lle conte!

Ovidio Murguía de Castro: Retrato de dama.

A DAMA MOZA

Non lle abondaba con ser filla de crego, non, que vai, e casa con ese monifate…

A DAMA FRACA

E agora ademais facendo coplas para cegos…

A DAMA GROSA

Por que non había de morrer no berce?25

24 1871-1874: Rosalía e Murguía residen na Coruña. En 1871 nacen en Lestrobe Gala e Ovidio. 25 ¿Qué pasa ó redor de min? /¿Qué me pasa que eu non sei? /Teño medo dunha cousa / que vive e que non se ve. / Teño medo á desgracia traidora / que ven, e que nunca se sabe ónde ven. Amancio Prada.- http://www.los40.com/musica/cancion/que-pasa-ao-redor-de-min/musica-cancion/1312583.aspx

Page 63: Texto Rosalía

63

A CORUÑA, NA CASA, 187326

Rosalía agarda polo seu home. Mentres o fai conta os poucos reais que lles quedan.

Son tantas as necesidades: o xantar, as medicinas, o aluguer, o vestido… Achégase a

Sra. María27.

Príncipe 3, 2º (A Coruña)

SEÑORA MARÍA

Outra noite soa, non?

ROSALÍA

Si. Manuel non poderá vir ata tarde…

SEÑORA MARÍA (Con sorna)

Hallo impedir o seu taballo…

26 Casa de Rosalía e Murguía na Coruña: Príncipe, 3, 2º (Hoxe Padilla), A Coruña (1873). Este ano nace Amara, a quinta filla. 27 Ovidio Murguía de Castro: Retrato de Gala Murguía.

Page 64: Texto Rosalía

64

ROSALÍA

Os nosos mundos non se inxiren, Sra. María, van por camiños afastados… O

meu é un mundo inocente, rexido por regras arbitrarias. O del é o mundo das

loitas da historia…

SEÑORA MARÍA

Non se consola quen non quere, miña xoia. Durma, ande, durma, que a noite

anúnciase longa.

Rosalía queda durmida arroupada pola criada. A luz da vela, bailando ao mandado

dalgunha leviá corrente de aire, imaxina sombras na parede.

SOMBRA

Durme, Rosalía, durme. A noite de Compostela poboouse de sombras nesta noite

de incerteza. É mellor que non as vexas…

Achéganse a ela un tendeiro, un prestamista e un caseiro.

O TENDEIRO

Apunteino todo. E, segundo fala este papel, debédesme o azucre dun mes, catro

libras de chocolate e outros tantos litros de aceite. É moito deber…

O PRESTAMISTA

Eu en realidade veño facerlle un favor; veño a lle recordar, pois o seu home anda

sempre nos biosbardos, que mañá ás doce vence o préstamo…

O CASEIRO

Son xa catro meses de renda, señora… Para min sería moi doloroso, pero…

Rosalía esperta por uns momentos e as sombras esvaecen.

ROSALÍA

Que foi iso?

Page 65: Texto Rosalía

65

SEÑORA MARÍA

Que foi o que?

ROSALÍA

Non sei. Era coma se viñesen levarnos o pouco que temos.

SEÑORA MARÍA

Non era ninguén, miña xoia, durma, ande, durma.

Volven durmir, unha e outra.

SOMBRA 1

Ten unha miga de paciencia, miña nena. Quizais sexan precisos o teu sufrir e

todas esas aldraxes coma coitelos para que Galicia se vaia facendo.

SOMBRA 2

Non cales. Nunca. Se ti calas é coma se quedásemos sen voz.

SOMBRA 1

Escoita.

Escóitase coma un susurro o cantar dunhas mozas.

Has de cantar

Qiue che he de dar zonchos

Has de cantar

Que che he de dar moitos…

SOMBRA 2

Oíches? É o canto do pobo, que agasalla a illa do teu soño.

SOMBRA 1

Durme, Rosalía, durme… Aínda non se oen as pisadas lonxanas da mañá…

Page 66: Texto Rosalía

66

Pasa unha mociña. É xentil, quizais unha miga presumida de máis para a gravidade

antiga da aldea.

A COSTUREIRA BAILADORA

Non quero mancar as mans no rabo do sacho, nin lixalas na cociña, quero ser

costureiriña:

Mans de señora, mans fidalgueiras teñen todiñas as costureiras; boca de reina corpo de dama, cómprelle a seda, foxen da lama28.

E baila, e vese a sombra danzante na area. E agora unha solteira serodia, toda lavada

na fonte…

A SOLTEIRA SERODIA

San Antonio bendito,

dádeme un home,

anque me mate,

anque me esfole29.

E de seguida, saíndo das mouras corredoiras da noite, chega un home. Vai para as

Américas. Vai camiñando con outros, tamén calados, para o porto.

Adiós, ríos; adiós, fontes

adiós, regatos pequenos;

adiós, vista dos meus ollos:

non sei cando nos veremos30.

28 “Miña santiña, miña santasa…”, Cantares Gallegos (1863). 29 “San Antonio bendito”, Cantares Gallegos.

Page 67: Texto Rosalía

67

SOMBRA 1

Oíches? É a vella e sinxela sabedoría do pobo.

SOMBRA 2

Canta, Rosalía, canta aos que, malia todo, cantan. Dentro de ti canta un pobo

enteiro.

ROSALÍA (Acordando sobresaltada).

Que hora é?

SEÑORA MARÍA

Tarde.

O cantar vai esvaendo…

ROSALÍA

De onde nacerá a muiñeira? Será do mar?

SEÑORA MARÍA

Será. Sempre foi un vello gaiteiro.

Volve Murguía.

MURGUÍA

Aínda non te deitaches? Vai durmir, Rosa. O durmir dos poetas é santo coma o

dos nenos. E Galicia precisa de historia, pero máis da revelación poética.

SEÑORA MARÍA (rosmando polo baixo)

E a casa sen lume…

Escurece sobre Murguía.

30 “Adiós ríos, adiós fontes…,” Cantares Gallegos.

Page 68: Texto Rosalía

68

A CORUÑA, ENSEADA DE SAN AMARO

Un día despois

Ovidio Murguía de Castro: Tormenta no mar.

1873, na Coruña. Cabo do mar e no medio dunha treboada. Rosalía, enloitada, camiña

polas murallas da cidade. Vai con ela a señora María.

SEÑORA MARÍA (Chamando por ela)

Dona Rosalía! Dona Rosalía! Mire, é aquí. Esta é a enseada traidora onde afogou

don Aurelio. Cantos anos hai? Déixeme facer contas… Quince, hai quince anos,

foi no ano 1858. Meu pobre, tirarse ao mar con 25 anos… Foi en xullo, recorda?

Tres meses antes de casar vostede…

(Rosalía comeza a tremer31).

Dona Rosalía, ten frío?

ROSALÍA

Teño. 31 “Mar, coas túas augas sin fondo…”, Follas Novas.

Page 69: Texto Rosalía

69

SEÑORA MARÍA

Consólese mirando como se acenden os faros na soleira da noite. Outro día, se

quere, iremos mirar os cabos. Ao pé de Torre de Hércules, no mar, ás veces,

locen ollos de afogados.

ROSALÍA

E non lles tes medo?

SEÑORA MARÍA

Pobriños! E que mal habían facerme?

ROSALÍA

Viches algunha vez os del? Os de Aurelio?

SEÑORA MARÍA

Vin.

ROSALÍA

E como eran? Tristes, feros?

SEÑORA MARÍA

Peor, burleiros…

Levadas polo vento, vanse. Escurece.

Page 70: Texto Rosalía

70

Page 71: Texto Rosalía

71

CEMITERIO DE ADINA, PADRÓN

Un día despois

Medra a sombra dun cento de campás e de cruces. É o cemiterio de Adina. A Sra.

María e Rosalía.

SEÑORA MARÍA

Onte no areal onde afogou don Aurelio Aguirre e hoxe no cemiterio de Adina.

Tanto lle chama a morte, miña señora?

ROSALÍA

Meu amor vai sempre cinguido á miña dor32.

SEÑORA MARÍA

Xa! Pero que demo vimos facer aquí destas horas?

ROSALÍA

Procurar a amizade deste sufrido xardín. El ha ser quen coide do meu soño.

32 “Unha vez tiven un cravo…”, Follas Novas.

Page 72: Texto Rosalía

72

SEÑORA MARÍA

Pero non ha ser hoxe, digo eu. Ou tanto lle tarda? E este cemiterio e vostede

quérense desde nenos. Lisquemos, ande, que se bota a noite enriba.

ROSALÍA

Estase ben aquí.

OS OLLOS DOS MORTOS.

Estamos ben os mortos e os que coma vostede non veñen chorar a ninguén. Pero

mire aquela viúva… non atopa consolo.

Unha viúva chora a carón dunha tumba.

A VIÚVA

Era tan bo… Non paraba na taberna. Se acaso, daba unhas falas, porque era moi

faladeiro, e demoraba un pouco, un pouquiño nada máis. Viña onda min de

contado…

UNHA MULLER

O meu pasamento tivo lugar unha noite coma esta. Figurei morrer con alegría,

pero non foi así. Non o é nunca.

ROSALÍA

Por que vindes a min? Quixera estar soa. Nin dona vou ser da miña propia

soidade?

VOCES

Ai, toliña! Es tan dona que levas soa toda a vida. E soa segues.

ROSALÍA

Quen sodes?

OS OLLOS DOS MORTOS

Os ollos dos mortos. Un e moitos, tantos como nesta bendita terra repousan.

Page 73: Texto Rosalía

73

Rosalía

Teño estado aquí outras veces e nunca vos vin.

OS OLLOS DOS MORTOS

Que a trae por aquí? Busca o amparo dos mortos quen en ninguén máis atopa

acougo?

ROSALÍA

Non. Sei que logo hei morrer, e quixera que cando tal aconteza, este cemiterio

teña para os que aínda me aman un laio amigo na voz dos seus paxaros, unha

lembranza no brillar das súas oliveiras.

OS OLLOS DOS MORTOS

Non teña medo. Os cemiterios somos escola da eternidade. E nesta Galicia,

cangada de foros e serventías, se alguén garda da liberdade somos nós. O porto

derradeiro dos corpos cansos. Os cemiterios non pagamos nin pagaremos

endexamais foro ao señor, mosteiro, rei… e menos este de Adina. Así que, aínda

que poida amolar aos que tantos maldicires levan botado por riba do seu lombo,

Rosalía, non hei ser eu quen lle negue o agarimo do que sei é merecente. Sente, é

hora33.

Ofrécelle cariñoso a campá na que senta. Escurece.

33 “Padrón!... Padrón!”, Follas Novas. O cemiterio de Adina. “Campanas de Bastabales”, Cantares Gallegos https://www.youtube.com/watch?v=E9vn8nEdI3g

Page 74: Texto Rosalía

74

ELIPSE TEMPORAL (11 anos, entre 1874 e 1885).

Neste tempo, en 1880, publica:

Vive entre Santiago e Padrón34.

34 1875: Santiago (Senra, 17, Principal). Nace Adriano. Morre aos 19 meses.

1877: en Santiago nace, morta, Valentina.

1878-79: Santiago (Altamira, 2; Hórreo 9).

1880-81: Alterna estadías en Santiago e en Lestrobe.

1883: Instálase na Casa da Matanza, Padrón.

Page 75: Texto Rosalía

75

INVERNO

1885

Ovidio Murguía de Castro de Castro: Inverno.

Page 76: Texto Rosalía

76

X

1885

Anos despois…

Pano

Rosalía de Castro, pintada por Brocos (1880/82)

PERSONAXES:

Rosalía, 48 anos.

Sombras.

Murguía.

Álvaro Anido.

Enfermas do Hospital Real.

Page 77: Texto Rosalía

77

CASA DA MATANZA, PADRÓN, 188535

1885, anos despois: Rosalía ten 48 anos.

Na casa de Rosalía, Murguía, ao pé da cama, cóllelle as mans, e unha friaxe percórreo

de arriba a abaixo.

UNHA SOMBRA

Como está?

OUTRA

Mal.

ROSALÍA

Sabes, Manuel? Moitas veces teño acariñado o soño de ser salvada de morrer por

don Álvaro Anido. Pero tarda en chegar o seu cabalo.

MURGUÍA

Don Álvaro Anido morreu hai anos, ben o sabes.

35Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro http://rosaliadecastro.org/

Page 78: Texto Rosalía

78

Ovidio Murguía de Castro: Retrato de Manuel Murguía.

ROSALÍA

E pensas que, de o querer, había ser ese impedimento para el salvarme?

MURGUÍA

Non. Xa sei que non. Agora descansa, anda.

ROSALÍA

Hei descansar en canto todo isto remate. Como che vai co traballo?

MURGUÍA

E como me ha ir? Matinei unha catedral, e apenas poderei alicerzar unha

ermidiña…

ROSALÍA

Eu non podo axudarte. Quéimanseme os ollos nas letras antigas.

Page 79: Texto Rosalía

79

MURGUÍA

O teu mundo é outro, está preto de ti… o meu precisa de enormes traballos para

ter forma, para terse de pé, como as torres dunha igrexa…

Soben persoas. Recoñece, entre as sombras, moitas lonxanas presenzas…

UNHA SOMBRA

Non nos deixes. Que imos ser se ti nos deixas?

OUTRA SOMBRA

Déixasnos na orfandade… E non podes… Hai entre nós sombras de mortos e

sombras de ilusións… Por ti non temos morto aínda por enteiro.

ROSALÍA

Veu con vós don Álvaro Anido? Sentino galopar ao lonxe…

ÁLVARO ANIDO

E non había de vir?

ROSALÍA

Vén salvarme de morrer? Estou cansa. Non o faga.

ÁLVARO ANIDO

Sería para min unha grande honra, pero non podería aínda que o quixera. A da

morte é unha finca sobre a que non teño máis señorío que o de a precipitar. Se é

iso o que queredes…

ROSALÍA

É. Abre esa ventá, que quero ver o mar.

Tira o capote e cóbrea con el. Rosalía morre.

.

Page 80: Texto Rosalía

80

Retrato de Rosalía morta, Ovidio Murguía de Castro.

Habitación da Casa da Matanza

Page 81: Texto Rosalía

81

HOSPITAL REAL, PRAZA DO OBRADOIRO, SANTIAGO

E alí, no grande hospital, no laborado pazo dos pobres, foi onde se tivo por infinito o

número de salaiantes no pranto por Rosalía.

ENFERMA 1

Ela non debía morrer.

ENFERMA 2

O que debeu foi ternos deixado antes. Non eramos merecentes dela.

ENFERMA 1

E nin sequera terá nesta hora repouso. Non han tardar en chegar os que máis a

aldraxaron e ofenderon a lle facer carantoñas piadosas. Que noxo!

ENFERMA 2

Quen falará por nós de hoxe en diante? Mentres ela durou, eramos xente. Hoxe,

calada a nosa voz, ficamos orfos…

Page 82: Texto Rosalía

82

ENFERMA 1

Era pobre… máis pobre que a maior parte de nós. Pero amparábanos a todos.

Tiña un poder que só os escollidos teñen. Sabía dicir o que, escuramente,

pensaba todo un pobo.

ENFERMA 2

A xente así non morre nunca. Non pode. Nace a cada pouco, como nace nos

homes e mulleres de ben a dor e esperanza de Galicia. Antonte escoitei na

Quintana un fato de estudantes noviños. Puñan caras serias mentres ían dicindo

uns versos moi tristes. Collín ben o principio:

Cruceiro de Ramires, que te ergues solitario

dos agros na expranada, entre as Rosas de Campos

o sol da tarde pousa en ti o postreiro raio36

ENFERMA 1

Son dela!

TODAS

Son.

ENFERMA 2

Hoxe, ao vir cara aquí, sentín cantar mulleres… e quedoume un anaco do seu

cantar…

Sen ela vivir non podo

non podo vivir contenta

que a donde queira que vaia

cóbreme unha sombra espesa37.

Coñecedes eses versos?

36 http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cruceiro-ramirez/idNoticia-262317/ 37 “Airiños, airiños, aires / airiños da miña terra…”, Cantares Gallegos.

Page 83: Texto Rosalía

83

TODAS

Coñecemos!

ENFERMA 1

Son dela!

TODOS

Son nosos!

ENFERMA 2

Non… Ela non morreu. Os seus versos camiñan sós: neles Rosalía vivirá

sempre.

Escurece e cae o pano.

Page 84: Texto Rosalía

84

Eu cantar, cantar, cantei,

a grasia non era moita,

que nunca, (delo me pesa)

fun eu meniña grasiosa…(…)

mas donde a grasia me falta

o sentimento me sobra.

Anque este tampouco abasta

para explicar certas cousas,

que ás veces por fora un canta

mentras que por dentro un chora.

Non me expliquei cal quixera

pois son de espricansa pouca;

se grasia en cantar non teño

o amor da patria me afoga.

Eu cantar, cantar, cantei,

A grasia non era moita,

¡Mais que faser desdichada

se non nacín máis grasiosa!

Cantares Gallegos, 17 de maio de 1863.

Caricatura de Rosalía (Maside) .

Page 85: Texto Rosalía

85

Page 86: Texto Rosalía

86

ILUSTRACIÓNS sen filtrar por licenza.

Moitas das imaxes foron tiradas da fotogalería do IES de Breamo:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesbreamo/galeria/displayimage.php?album=59&pos=0

Imaxes pintadas por Ovidio Murguía de Castro, fillo de Rosalía:

http://pintura.aut.org/SearchAutor?AutNum=13867 https://www.youtube.com/watch?v=6p-H82NIVl0 https://www.youtube.com/watch?v=ETNE2tPYUDs

Ovidio Murguía

Todo este material será usado exclusivamente para fins didácticos.

IES Sofía Casanova.

Page 87: Texto Rosalía

87

Poemas para ser recitados acompañando á lectura dramatizada de Rosalía.

Por orde alfabética:

“Adiós ríos, adiós fontes”, Cantares Gallegos.

“Airiños, airiños, aires”, CG.

“Alborada”, CG.

“Apresa, Álvaro de Anido”, Follas Novas.

“Campanas de Bastabales”, CG.

“Castellanos de Castilla”, CG.

“Cruceiro de Ramires”, FN.

“Eu cantar, cantar, cantei”, CG.

“Follas Novas, risa dáme”, FN.

“Has de cantar”, CG.

“Mar, coas túas augas sen fondo”, FN.

“Miña Santiña”, CG.

”Nasín cando as prantas nasen…”, CG.

“Negra sombra”, FN.

“Padrón!... Padrón!”, FN.

“Unha vez tiven un cravo”, FN.

“San Antonio Bendito”, CG.

Textos tirados de:

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RosCastr&alias=Rosal%EDa+de+Castro&solapa=obras http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cantares-gallegos--0/html/

Page 88: Texto Rosalía

88

“Adiós ríos, adiós fontes”, CG.

https://www.youtube.com/watch?v=htcjImv3zCA ou https://www.youtube.com/watch?v=X1Ov9Jryiw0

“Airiños, airiños, aires”, CG. Airiños, airiños aires, Airiños da miña terra, Airiños, airiños aires, Airiños, leváime á ela. Sin ela vivir non podo, Non podo vivir contenta, Qu' á donde queira que vaya, Cróbeme un-ha sombra espesa. Cróbeme un-ha espesa nube Tal preñada de tormentas, Tal de soidás preñada, Qu' á miña vida envenena. Leváime, leváime airiños, Com' un-ha folliña seca, Que seca tamen me puxo A callentura que queima. ¡Ay! si non me levás pronto Airiños da miña terra, Si non me levás airiños Quisais xa non me conesan. Qu' á frebe que de min come, Vaime consumindo lenta, E no meu corazonciño Tamen traidora se ceiba.

Page 89: Texto Rosalía

89

“Alborada”, CG38. I Vaite noi- te—Vai fuxin- do—Vente auro- ra—Vente abrin- do—Co teu ros- tro—Que sorrin- do—A sombra espanta!!! Canta!... Paxariño can- ta—De ponliña en pon- la—Que o sol se levan- ta—Polo monte ver- de—Polo verde mon- te—Alegrando as her- bas—Alegrando as fon- tes!... Canta, paxariño alegre, Canta! Canta porque o millo medre, Canta! Canta porque a luz te escoite Canta! Canta que fuxeu á noite. Noite escura Logo ven, E moito dura Co seu manto De tristura, Con meigallos E temores, Agoreira De dolores, Agarimo

De pesares. Cubridora En todo mal. Sal!!... Que auroriña O ceu colora Cuns albores Que namora Cun sembrante De ouro e prata Teñidiño De escalrata. Cuns vestidos De diamante Que lle borda O sol amante Entre as ondas De cristal. Sal!... Señora en todo mal, Que o sol Xa brila Nas cunchiñas do areal. Que a luz Do dia Vist'e a terra de alegría, Que o sol Derrete con amor a escarcha fría.

38 38“A máis grande dificultade que achei para escribir esta alborada, foi o meu desexo de que saíse nun todo arreglada á música. Conseguin isto, pero foy a custa da poesía, non podía ser doutro modo, cando se dá cun aire tan estraño e tan dificil de acomodarlle letra algunha”, Rosalía de Castro.

Page 90: Texto Rosalía

90

II. Branca auro- ra—Vén chegan- do—E ás porti- ñas—Vai chaman- do—Dos que dor- men—Esperan- do—O teu fulgor!... Cor... De alba hermosa Lles estende Nos vidriños Cariñosa, Donde o sol Tamén suspende, Cando aló No mar se tende De fogax Larada viva Despois leve Fuxitiva Triste vago Resplandor. Cantor Dos aires, Paxariño alegre Canta, Canta porque o millo medre Cantor Da aurora Alegre namorado Ás meniñas dille Que xa sal o sol dourado. Que o gaiteiro Ben lavado Ben vestido Ben peitado, Da gaitiña Acompañado Á porta está!... Xa!...

Se explicando Que te explica Repinica Repinica, na alborada Ben amada Das meniñas Cantadeiras, Bailadoras, Rebuldeiras, Das velliñas Alegriñas, Das que saben Ben ruar. Arriba! Todas, rapaciñas do lugar, Que o sol E a aurora xa vos vveñen despertar: Arriba! Arriba toleirona mocidá! Que aturu— xaremos—cantaremos o ala... lá!!!..

Page 91: Texto Rosalía

91

“Apresa, Álvaro de Anido”, Follas Novas.

Apresa Alvaro d'Anido, Vive moito en pouco tempo, Espolea ó teu cabalo, E espoleandoo revéntao. ¿Qu'importa un nobre cabalo? ¿Qu'importan dous nin trecentos? O qu'importa Alvaro Anido

E chegar cedo. Vai d'un polo á outro polo, Re istra os antros terreos, Monta n'a locomotora, Sube n'os grobos aereos, E c'o á centela recorre D'o vacío o espazo inmenso: És homme, e cansarás Alvaro

Correndo e correndo. “Campanas de Bastabales”, Cantares Gallegos https://www.youtube.com/watch?v=E9vn8nEdI3g “Castellanos de Castilla” , CG.

Castellanos de Castilla, Tratade ben ós gallegos; Cando van, van como rosas, Cando vên, vên como negros. —Cando foi, iba sorrindo; Cando veu, viña morrendo; A luciña d'os meus ollos, O amantiño do meu peito. Aquel máis que neve branco, Aquel de doçuras cheyo, Aquel por quen eu vivia E sin quen vivir non quero. (…)

Page 92: Texto Rosalía

92

“Cruceiro de Ramires”, FN (“En Corme”)39.

II Cruceiro de Ramirez que t'ergues solitario D'os Agros n'a espranada, antr'as rosas d'os campos, O sol d'a tarde pousa, en tí ó postreiro rayo Coma n'un alma triste, pousa un soño dourado. AIgun-ha vez n'o estio, en o teu pé sentada Escoito silenciosa, mentras á tarde acaba: Bai o d'as pedras mudas, que teu sacreto gardan Ma ino que resoa o brando son d'un arpa, ¡Musica incomprensible que d'outros mundos fala! ¡Tal de Memnon s'oian ô amañecer n'a estatua, Aqueles sons divinos que as almas encantaban!

“Eu cantar, cantar, cantei”, CG

Eu cantar, cantar, cantei, a grasia non era moita, que nunca, (delo me pesa) fun eu meniña grasiosa.. (…) mas donde a grasia me falta o sentimento me sobra. Anque este tampouco abasta para explicar certas cousas, que ás veces por fora un canta mentras que por dentro un chora. Non me expliquei cal quixera pois son de espricansa pouca; se grasia en cantar non teño o amor da patria me afoga. Eu cantar, cantar, cantei, A grasia non era moita, ¡Mais que faser desdichada se non nacín máis grasiosa!

39 http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cruceiro-ramirez/idNoticia-262317/

Page 93: Texto Rosalía

93

“Follas Novas, risa dáme”, FN.

¡Follas novas!, risa dáme ese nome que levás, cal si a unha moura ben moura, branca lle oíse chamar. Non Follas novas; ramallo de toxos e silvas sós: irtas, como as miñas penas; feras, como a miña dor. Sin olido nin frescura, bravas magoás e ferís... ¡Se na gándara brotades, como non serés así!

“Has de cantar”, Cantares Gallegos.

As de cantar Que ch' ei de dar zonchos; As de cantar Que ch' ei de dar moitos.

I. «As de cantar Meniña gaiteira, As de cantar Que me morro de pena (…) II. Asi mó pediron Na veira do mar, A ó pé das ondiñas Que veñen e van. (…)

Page 94: Texto Rosalía

94

IV. Cantart' ei, Galicia, Teus dulces cantares, Qu' asi mó pediron Na veira do mare. Cantar t' ei, Galicia, Na lengua gallega, Consolo dos males, Alivio das penas. (…) Qu' asi mó pediron, Qu' asi mó mandaron, Que cant' e que cante Na lengua qu' eu falo. Qu' asi mó mandaron, Qu' asi mó dixeron... Xa canto, meniñas, Coidá que comenzo. (…) Buscaime, rapazas, Velliñas, mociños, Buscaim' antr' os robres, Buscaim' antr' os millos. Nas portas dos ricos, Nas portas dos probes, Qu' aquestes cantares A todos responden. A todos, qu' á Virxen Axuda pedin, Por que vos console No voso sufrir. Nos vosos tormentos, Nos vosos pesares. Coidá que comenso... ¡Meniñas, Dios diante!

Page 95: Texto Rosalía

95

“Mar! Coas túas augas sen fondo”, FN.

Mar!, c'as tuas auguas sin fondo, ceo!, c'a tua inmensidá, o fantasma que m'aterra, axudádeme a enterrar. É máis grande que vós todos e que todos pode máis... C'un pé posto onde brillan os astros e outro onde a cova me fan. Impracable, burlón e sañudo, diante de min sempre vay, y amenaza perseguirme hastr'a mesma eternidá.

“Miña Santiña” , CG.

Miña Santiña,

miña Santasa,

miña cariña

de calabasa.

Hei de emprestarvos

os meus pendentes,

hei de emprestarvos

o meu collar;

hei de emprestarcho,

cara bonita,

si me deprendes

a puntear.

-Costureiriña

comprimenteira,

sacha no campo,

Page 96: Texto Rosalía

96

malla na eira,

lava no río,

vai apañar

toxinos secos

antre o pinar.

Así a meniña

traballadora

os punteados

deprende ora.

-Miña Santiña,

mal me quixere

quen me aconsella

que tal fixere.

Mans de señora,

mans fidalgueiras

teñen todiñas

as costureiras;

boca de reina,

corpo de dama,

cómprelle a seda,

foxen da lama.

(…)

Page 97: Texto Rosalía

97

”Nasín cando as prantas nasen…”, Cantares Gallegos. Nasin cand' as prantas nasen, No mes das froles nasin, Nunh' alborada mainíña, Nunh' alborada d' abril. Por eso me chaman Rosa Mais á dó triste sorrir Con espiñas para todos Sin ningunha para tí. Dés que te quixen, ingrato, Tod' acabou para min, Qu' eras tí para min todo Miña groria e meu vivir. De que pois te queixas, Mauro? De que pois te queixas, di, Cando sabes que morrera Por te contemplar felis? Duro crabo me encrabaches Con ese teu maldesir, Con ese teu pedir tolo Que non sei que quer de min, Pois dinche canto dar puden Avariciosa de ti, O meu corason che mando C' unha chave par' ó abrir, Nin eu teño mais que darche, Nin ti mais que me pedir.

“Negra sombra”, Follas Novas https://www.youtube.com/watch?v=UGPq0YQeTRM

Page 98: Texto Rosalía

98

“Padrón!... Padrón!”, FN40.

Padron! ... ¡Padron! Santa María... Lestrove...

¡Adios! ¡Adios! I Aquelas risas sin fin, Aquel brincar sin dolor, Aquela louca alegria,

¿Por que acabou? Aqueles doces cantares, Aquelas falas d'amor, Aquelas noites serenas,

¿Por que non son? Aquel vibrar sonoroso D'as cordas d'a arpa y-os sons D'a guitarra malencónica

¿Quen os levou? Todo è silensio mudo

Soidá, delor, Ond'outro tempo a dicha

Sola reinou... ¡Padron! ¡Padron!

Santa María, Lestrove... ¡Adios! ¡A dios!

II O simiterio d'a Adina N'hay duda qu'è encantador, C'os seus olivos escuros De vella recordazon; Co seu chán d'erbas e frores Lindas, cal n'outras dou Dios; C'os seus canónegos vellos Que n'el se sentan ô sol; C'os meniños qu'ali ogan Contentos e rebuldós; C'as lousas brancas qu'o cruben, E c'os humedos montons De terra; ond'algun-ha probe Ô amañecer s'enterrou. Mòito te qui en un tempo,

40 http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cruceiro-ramirez/idNoticia-262317/

Page 99: Texto Rosalía

99

Simiterio encantador, C'os teus olivos escuros, Mais vellos qu'os meus abós, C'os teus cregos venerables, Que s'iban sentar ô sol, Mentras cantaban os pá aros As matutinas cancións, E c'o teu osario humilde Que tanto respeto impon Cando d'a luz que n'el arde Vé un de noite ò resprandor. Moito te qui en e quérote, Eso ben o sabe Dios; Mas ho e, ô pensar en tí Núbrasem'o corazon, Qu'a terra está removida, Negra e sen frols…

¡Padron! ¡Padron!

Santa María, Lestrove... ¡Adios! ¡A dios!

“San Antonio Bendito”41

San Antonio bendito, Dádeme un home, Anque me mate, Anque m' esfole.

Meu santo San Antonio Dáime un homiño Anqu' ó tamaño teña D' un gran de millo. Dáimo, meu santo, Anqu' os pés teña coxos, Mancos os brazos. Un-ha muller sin home... Santo bendito! E corpiño sin alma,

41 http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cantares-gallegos--0/html/feeda210-82b1-11df-acc7-002185ce6064_2.htm#I_27_

Page 100: Texto Rosalía

100

Festa sin trigo. Pau viradoiro, Qu' onda queira que vaya Troncho que troncho. Mais en tend' un homiño ¡Virxe do Carme! Non hay mundo que chegue Para un folgarse. Que zamb' ou trenco, Sempr' é vó ter un home Para un remedio. Eu sey d' un que cobiça Causa miralo, Lanzaliño de corpo, Roxo e encarnado. Carniñas de manteiga, E palabras tan doces Cal mentireiras. Por él peno de dia, De noite peno, Pensando nós seus ollos Color de céo. Mais el xá doito, D' amoriños entende, De casar pouco. Facé, meu San Antonio, Qu' onda min veña, Para casar conmigo, Nena solteira. Que levo en dote Un-ha cullér de ferro, Cátro de boxe. Un hirmanciño novo Que xá ten dentes, Un-ha vaquiña vella Que non dá leite... Ay! meu santiño, Facé que tal suceda, Cal vó lo pido.

Page 101: Texto Rosalía

101

San Antonio bendito, Dádeme un home, Anque me mate, Anque m' esfole. Que zamb' ou trenco, Sempr' é bó ter un home Para un remedio.

“Silencio”, FN.

A man nerviosa e palpitante o seo, as nebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas, sentindo como loitan en sin igual batalla inmortales deseos que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangue a dura pruma rompendo a vena hinchada i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡volvede o máis fondo da ialma, tempestosas imaxes! ¡Ide a morar cas mortas relembranzas! Que a man tembrosa no papel só escriba palabras, e palabras, e palabras! Da idea a forma inmaculada e pura ¿dónde quedou velada?

Page 102: Texto Rosalía

102

“Unha vez tiven un cravo”, FN.

Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica..., seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor!…