Terra tsxg galego_branco

6

Click here to load reader

Transcript of Terra tsxg galego_branco

Page 1: Terra tsxg galego_branco

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIASALA DO SOCIAL - SECRETARIA Dona M. SOCORRO BAZARRA VAREIATIPO E Nº DE RECURSO: RECURSO SUPLICACION 160/2009 MGLMateria: INCOMPETENCIARecorrente/a: XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIORecorrido/a: TELEFONICA DE ESPANA, S.A.U.Xulgado de Orixe/Autos: XDO. DO SOCIAL nº 2 de OURENSEDEMANDA Z89/2006

TESTEMUÑAL

M. SOCORRO BAZARRA VARELA a Secretaria Xudicial da Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, DOU FE de que nas actuacións de recurso de suplicación cuxo detalle consta no encabezamento deste testemuñal, ditouse resolución, cuxo tenor literal é o seguinte:

ILMOS/AS. SRES/AS. MAGISTRADOS D./Dna.ANTONIO GARCIA AMORMANUEL CARLOS GARCIA CARBALLORICARDO PEDRO RON LATAS

A CORUNA, vinteseis de febreiro de dous mil dez.

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, composta polos Sres. Maxistrados citados ao marxe e

EN NOME DO REI

ditouse a seguinte

SENTENZA

No recurso de Suplicación número 160/2009 interposto por DON XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO contra a sentencia do XDO. DO SOCIAL nº 2 de OURENSE, sendo Ponente o Ilmo. Sr. D. ANTONIO GARCIA AMOR.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO.- Que segundo consta en autos presentouse demanda por DON XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO en reclamación de INCOMPETENCIA sendo demandado TELEFONICA DE ESPANA, S.A.U..

Page 2: Terra tsxg galego_branco

No seu día celebrouse acto de vista, ditándose en autos núm. 289/2008 sentenza con data vintenove de Outubro de dous mil oito polo Xulgado de referencia que estimou a demanda.

SEGUNDO.- Que na citada sentenza declaran como feitos probados os seguintes:

PRIMEIRO.- Pola entidade TERRA NETWORRK ESPAÑA SAU (na actualidade absorbida pola demandada TELEFONICA DE ESPAÑA S.A.U organizouse en xuño de 2006 un campionato de blogs", como consecuencia do campionato mundial de fútbol celebrado en Alemaña nese año. / O premio indicando que o blog máis visitado, seria o gañador do premio "blogueiro oficial de Terra" que consistía en firmar un contrato con Terra para formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra. / SEGUNDO.-O actor D. XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO, participou en dito campionato, creando o seu propio blog: "World Cup blog 06". O 9 de Xullo finalizou o campionato resultando o blog do actor o máis visitado. / Trala finalización do concurso, a empresa remite correo ao actor do seguinte tenor literal: / "Estimado Xosé Antón. / Grazas por porte en contacto con nós. Efectivamente, es o gañador do concurso que organizamos cos blogs do Mundial. Como aparecía nas páxinas do concurso [http:///...], o premio final é o titulo de "Blogueiro oficial de Terra". Vamos a explicarche en que consiste. / No portal existen internamente dúas categorías de blogs: os que creades a audiencia do portal, e os que crean os nosos colaboradores. Estes ten presencia destacada tanto na portada como nas respectivas canles. O premio dáche dereito a converterte en blogueiro colaborador, é dicir, integrante na "plantilla" de blogueiros do portal. Isto supón ademais ter acceso a unha contraprestación mensual en concepto de colaborador, que se activa sempre que a audiencia de blog acade os 15.000 visitantes únicos ao mes. A contraprestación neste caso seria de 400.00 € + IVE. / Por suposto a liña editorial do blog, o estilo, etc. Debe estar consensuada previamente co equipo editorial da canle de Deportes. / TERCEIRO.- Tívose por intentada sen efecto a conciliación ante a UPMAC.

TERCEIRO.- Que a parte dispositiva da indicada resolución é do tenor literal seguinte:

FALLO: Que estimando a excepción de incompetencia de xurisdicción por razón da materia alegada e, sen entrar a coñecer do fondo do asunto, debo absolver e absolvo, na instancia á demandada das pretensións na súa contra esgrimidas.

CUARTO.- Contra dita sentenza interpúxose recurso de Suplicación pola parte demandante sendo impugnado de contrario. Elevados os autos a este Tribunal, dispúxose o paso dos mesmos ao Ponente.

Page 3: Terra tsxg galego_branco

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO.- A sentenza de instancia declarou a incompetencia obxectiva ou por razón da materia da xurisdición social para resolver a demanda do traballador e, sen coñecer a cuestión litixiosa de fondo, absolveu á empresa demandada, atribuíndo a competencia á xurisdición civil.

O actor recorre dito pronunciamento. A tal fin, solicita a súa nulidade por entender que infrinxe os artigos 1 e 2.a) da Lei de procedemento Laboral (LPL), pois as circunstancias do caso determinan a existencia dun precontrato ou dunha promesa de traballo laboral cuxo coñecemento e decisión corresponde ao orden xurisdicional social.

SEGUNDO.- A xurisprudencia (TS s. 11-12-2000) afirma que a natureza de orden público (art. 9.1 e 6 Lei Orgánica do Poder Xudicial -LOPX-) que é propia da excepción de incompetencia de xurisdición, faculta á Sala para valorar na súa integridade o material probatorio incorporado aos autos, sen vinculación ás declaracións da resolución impugnada.

De acordo co anterior, tras valorar a proba documental incorporada ás actuacións, declaramos como feitos probados:

lº.- En xuño de 2006 e con motivo do Campionato Mundial de Fútbol a celebrar en Alemaña en tal data, Terra Networks España organizou vía internet un campionato de 'blogs'.

2º.- O 6-6-2006 e a instancia de numerosos interesados, a citada empresa manifestou vía internet o seguinte: "O gañador do premio ao 'blogueiro oficial de Terra' será o blog que teña maior número de visitas (número 1 no ranking 'dos máis visitados'). O premio 'blogueiro oficial de Terra' consiste en firmar un contrato con Terra para formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra redactando un blog sobre esta temática...".

3º.- O demandante participou no concurso referido co seu blog 'World Cup blog 06".

4º.- O 16-6-2006, Terra Networks España e Telefónica de España SAU acordaron a súa integración.

5º.- Terra Networks España remitiu ao actor os seguintes correos electrónicos:

I/ O 19-9-2006: '... Efectivamente, es o gañador do concurso que organizamos cos Blogs do Mundial. Como aparecía nas páxinas do

Page 4: Terra tsxg galego_branco

concurso ..., o premio final é o título de 'Blogueiro oficial de Terra'. Vamos a explicarche en que consiste. No portal existen internamente dúas categorías de blogs: os que creades a audiencia do portal, e os que crean os nosos colaboradores. Estes ten presencia tanto na portada como nas respectivas canles. O premio dáche dereito a converterte en blogueiro colaborador, é dicir, integrarte na “plantilla” de blogueiros do portal. Isto supón ademais ter acceso a unha contraprestación mensual en concepto de colaborador, que se activa sempre que a audiencia do blog acade os 15.000 visitantes únicos ao mes. A contraprestación neste caso sería de 400.00 € +IVE.

Por suposto, a liña editorial do blog, o estilo, etc. debe estar consensuada previamente co equipo editorial da canle de Deportes...".

II/ O 29-9-2096: "... Esperamos que as características asociadas ao título 'Blogueiro oficial' sexan do teu interese, e como comentas se plasmarán nun contrato que reflectirá basicamente a información que che transmitimos e que che faremos chegar nos próximos días por este medio...".

III/ O 23-10-2006: "Unha vez recibido desde a nosa área xurídica o borrador do contrato referente á colaboración como 'Blogueiro oficial de Terra', título asignado como gañador do concurso Blogs do Mundial, procedemos a remitir copia do mesmo. Trátase dun contrato estándar para este tipo de colaboracións. Quedamos á espera da túa resposta sobre o borrador...".

6º.- Non consta en autos copia do contrato nin resposta do demandante.

7º.- O 28-8-2006, o actor presentara solicitude de arbitraxe: O Colexio Arbitral, por decisión de 17-4-2007, acordou que "...Telefónica de España SAU incorporará ao reclamante a súa “plantilla” de traballadores en calquera das modalidades anteriores, coas mesmas condicións de traballo que os demais traballadores que desempeñen funcións análogas ...". A sentenza da Audiencia Provincial de Ourense, de 16-10-2007 en autos no 431/2007, decidiu: "Estímase o recurso de anulación formulado pola representación procesual de Telefónica de España SAU contra o laudo ditado polo Colexio Arbitral de Consumo de Ourense en 17 de abril de 2007, en expediente nº 31.608, cuxa resolución se anula e se deixa sen efecto...".

8º.- O 11-3-2008 o demandante presentou papeleta de conciliación fronte a Telefónica de España SAU. O 2-4-2008 celebrouse o acto conciliatorio co resultado 'sen efecto' por incomparecencia da empresa conciliada.

9º.- O 17-4-2008 presentou a actual demanda contra Telefónica de España SAU, co fin: '... 1. Declárese a obriga da demandada de incorporar ao meu mandante ao conxunto de traballadores en calidade de 'blogueiro oficial' ou similar categoría, nas mesmas condicións de

Page 5: Terra tsxg galego_branco

traballo e dereitos que os demais traballadores que desempeñen funcións análogas. 2. Condénese á demandada a que indemnice ao meu mandante por danos e prexuízos na cantidade de setenta e catro mil cento cincuenta e tres euros con noventa e oito céntimos de euros (74.153,98 euros) en concepto de incumprimento no seu día da promesa de contrato de traballo. 3. Imposición de costas".

TERCEIRO.- Os datos expostos no fundamento xurídico anterior levan a estimar o recurso, previas as seguintes consideracións:

lª.- O artigo 9.5 LOPX atribúe ao orden xurisdicional social, con carácter privativo, a competencia para coñecer das pretensións que se promovan dentro da rama social do dereito, principio que reitera o artigo 1 LPL e desenvolve o artigo 2.a) deste código, ao asignar aos órganos xurisdicionais de tal orden as cuestións litixiosas que se promovan entre empresarios e traballadores como consecuencia do contrato de traballo.

Pola súa parte, o Tribunal Supremo (s. 15-1-2009) afirma que "para resolver si o asunto sometido á consideración da Sala é competencia do orden xurisdicional social ou do contencioso-administrativo (agora, civil) estarase ao obxecto do proceso sendo determinante a efectos da atribución competencia1 a reclamación contida na demanda reitora do mesmo. Elo é así sen prexuízo de que a solución do caso poida necesitar a decisión dunha cuestión correspondente en principio a un sector do ordenamento distinto da rama social do dereito, que sexa abordada como efecto indirecto da pretensión exercitada".

2ª.- Aplicar ao caso, a normativa e a xurisprudencia sinaladas fan que a cuestión prantexada en demanda evidencie que é a xurisdición social a competente para resolvela, pois de forma inequívoca o pretendido en demanda ten natureza laboral, como é, con carácter principal, a integración do demandante na “plantilla” da empresa (terminoloxía de Terra Networks España sucedida pola demandada Telefónica de España SAU) con categoría determinada e en igualdade de dereitos con quen xa realizan funcións propias da mesma, así como subsidiariamente, a indemnización por danos e prexuízos derivada do incumprimento empresarial.

É certo que ao momento de demandar non existía contrato entre os litigantes pero si, previamente, diversas manifestacións de vontade libremente emitidas pola empresa ao actor que, con carácter vinculante para aquela e con independencia de súa cualificación xurídica (precontrato, oferta ou promesa de contrato), crearon no destinatario, ao menos en principio, unha expectativa de traballo que, precisamente, a demanda trata de facer realidade efectiva mediante a subscrición do oportuno contrato laboral, elemento esencial para afirmar calquera relación de traballo, e conseguinte adquisición polo demandante da calidade de traballador; deste modo, a controversia presenta, subxectiva e obxectivamente, os elementos ou presupostos necesarios para afirmar a competencia decisoria do orden

Page 6: Terra tsxg galego_branco

social da xurisdición, en todo caso con independencia do signo con que se resolva a cuestión litixiosa de fondo que, polo dito, non afecta á competencia xurisdicional.

Por todo elo,

FALLAMOS

Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación legal de D. Xosé Antón Vázquez Dorrío contra a sentenza do Xulgado do Social nº 2 de Ourense, de 29 de outubro de 2008 en autos nº 289/2008, que anulamos, con devolución das actuacións ao órgano xurisdicional do que provén para, seguindo o proceso a súa tramitación e con plena liberdade de criterio, adopte a resolución que proceda sobre a demanda formulada polo recorrente contra Telefónica de España SAU.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra a mesma, só cabe Recurso de Casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos DEZ DIAS seguintes á notificación desta Sentencia e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de Procedemento Laboral. Unha vez firme, expídase certificación para constancia no Rollo que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente Libro de Sentencias, previa devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

O anteriormente inserido concorda e correspóndese fielmente co seu orixinal, ao que me remito: na súa virtude, para que así conste ante quen corresponda, expido e asino o presente testemuñal en A CORUÑA a 26 de febreiro de 2010.