Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta...

40
setembro 2018 nº 177 Aposta polas infraestruturas A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de goberno investimentos en vías clave nos distintos concellos da Terra Chá O Concello de Vilalba reperá a experiencia de Cultura e leva- rá no outono diferentes obra- doiros ás disntas parroquias. Estes talleres están orientados á formación sanitaria e consis- rán por unha banda no coi- dado das persoas maiores na casa e por outra formarán aos veciños en primeiros auxilios, especialmente na prevención de accidentes doméscos e nos primeiros auxilios no fogar. Pax.3 Obradoiros sanitarios para as parroquias de Vilalba A Deputación apostou polo invesmento en vías e así du- rante todo o mes de agosto foron aprobados numerosos invesmentos en concellos da Terra Chá. Os máis destados foron sete quilómetros en vías da Pastoriza e Riotorto, os 5 en Vilalba, a vía de Xermade que vai cara as praias da Mariña ou invesmentos variados en Mu- ras, Guiriz e Pol. Neste úlmo concello a Deputación presen- tou tamén o parque móbil. Destacan tamén as tres expla- nadas en Xermade e o depósi- to de auga xa inaugurados así como traballos en estradas lo- cais en núcleos de importancia de Outeiro de Rei e Begonte. Responsables da Deputación, visitando as obras rematadas en Guiriz Diferentes colecvos culturais do Concello de Cospeito e li- mítrofes puxeron en marcha unha campaña con varias ac- vidades co obxecvo de reivin- dicar a situación de abandono da Torre de Caldaloba. Polo de pronto, convocouse un certa- me literario ao amparo desta medida mentres o colecvo guiricense Lareira de Soños, xunto a outros grupos e aso- ciacións, organizaron unha cita cultural para o día 16 de setembro que levará o nome Toma Cultural de Caldaloba. A través da música e da literatu- ra queren poñer en valor este ben patrimonial para evitar a súa destrución. Pax. 10 Colecvos culturais móvense en defensa da Torre de Caldaloba deportes. O circuíto da Pas - toriza acolle a VIII edición do Volante Deputación. Pax. 31 abadín. Celebrarán as súas festas patronais a fin de semana do 15 e 16. Pax. 17 begonte. Rematan as obras nos accesos á praia flu- vial de Baamonde. Pax. 13 outeiro de rei. O BNG pide ao Concello que se faga co pazo dos Gaioso. Pax. 13 riotorto. O Concello recuperará o centro social de Vilar de Sanago. Pax. 24 castro de rei. Arranxa- rán o mercado gandeiro en Ribeiras de Lea. Pax. 12 rábade. O Conce- llo quere facer fronte á igrexia un parque. Pax. 17 Festa do Indiano en Santaballa Será o 15 de setembro nes- ta parrquia vilalbesa. Pax. 5 XVIII Encontro de Torneiros Todo listo para a Feira do Poldro Terá lugar do 21 ao 23 de se- tembro en Xermade. Pax. 7 O 23 en Muras, con xornadas gastronómicas . Pax. 16 ESPECIAL POL Pax. 14-15

Transcript of Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta...

Page 1: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 nº 177

Aposta polas infraestruturasA Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de goberno investimentos en vías clave nos distintos concellos da Terra Chá

O Concello de Vilalba repetirá a experiencia de Cultura e leva-rá no outono diferentes obra-doiros ás distintas parroquias. Estes talleres están orientados á formación sanitaria e consis-tirán por unha banda no coi-

dado das persoas maiores na casa e por outra formarán aos veciños en primeiros auxilios, especialmente na prevención de accidentes domésticos e nos primeiros auxilios no fogar.Pax.3

Obradoiros sanitarios para as parroquias de Vilalba

A Deputación apostou polo investimento en vías e así du-rante todo o mes de agosto foron aprobados numerosos investimentos en concellos da Terra Chá. Os máis destados foron sete quilómetros en vías da Pastoriza e Riotorto, os 5 en Vilalba, a vía de Xermade que vai cara as praias da Mariña ou investimentos variados en Mu-ras, Guitiriz e Pol. Neste último concello a Deputación presen-tou tamén o parque móbil. Destacan tamén as tres expla-nadas en Xermade e o depósi-to de auga xa inaugurados así como traballos en estradas lo-cais en núcleos de importancia de Outeiro de Rei e Begonte.

Responsables da Deputación, visitando as obras rematadas en Guitiriz

Diferentes colectivos culturais do Concello de Cospeito e li-mítrofes puxeron en marcha unha campaña con varias acti-vidades co obxectivo de reivin-dicar a situación de abandono da Torre de Caldaloba. Polo de pronto, convocouse un certa-me literario ao amparo desta medida mentres o colectivo guitiricense Lareira de Soños, xunto a outros grupos e aso-ciacións, organizaron unha cita cultural para o día 16 de setembro que levará o nome Toma Cultural de Caldaloba. A través da música e da literatu-ra queren poñer en valor este ben patrimonial para evitar a súa destrución. Pax. 10

Colectivos culturais móvense en defensa da Torre de Caldaloba

deportes. O circuíto da Pas-toriza acolle a VIII edición do Volante Deputación. Pax. 31

abadín. Celebrarán as súas festas patronais a fin de semana do 15 e 16. Pax. 17

begonte. Rematan as obras nos accesos á praia flu-vial de Baamonde. Pax. 13

outeiro de rei. O BNG pide ao Concello que se faga co pazo dos Gaioso. Pax. 13

riotorto. O Concello recuperará o centro social de Vilar de Santiago. Pax. 24

castro de rei. Arranxa-rán o mercado gandeiro en Ribeiras de Lea. Pax. 12

rábade. O Conce-llo quere facer fronte á igrexia un parque. Pax. 17

Festa do Indiano en Santaballa

Será o 15 de setembro nes-ta parrquia vilalbesa. Pax. 5

XVIII Encontro de Torneiros

Todo listo para a Feira do Poldro

Terá lugar do 21 ao 23 de se-tembro en Xermade. Pax. 7

O 23 en Muras, con xornadas gastronómicas . Pax. 16

ESPECIAL POLPax. 14-15

Page 2: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade2 setembro 2018

NOVAS DA CHAIRA vilalba

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, informou da apro-bación en Xunta de Goberno dos plans de seguridade e saúde no traballo, un documento imprescindible para poder iniciar as obras, para melloras en 37,5 quilómetros de 17 estradas provinciais en 8 concellos da provincia, que contan cun investimento da Deputación de 1,1 millóns de euros. Logo da aprobación deste documento na sesión celebrada este venres, os traballos comezarán nas vindeiras semanas.Vilalba será un deses oito concellos e o único da Terra Chá con rehabilitación en 6,5 quilómetros de 3 estradas, con 191.934 euros. Trátanse da LU-P-6502 “Vilalba (LU-118)-A Balsa-Chavín (LU-161)”, entre os puntos quilométricos 0,606 e 2,126; a LU-P-6506 “Ponte de Saa (N-634)-Ladra-A Parrocha (LU-103)”, do quilómetro 2,730 ao 6,195 e na estrada LU-P-6508 (Vilate (LU P-6502)- Ribadeo (LU-P-6503), entre os quilómetros 0,137 e 1,750.

A Deputación rehabilita 6,5 kms de estradas rurais

O Concello de Vilalba reforza a presta-ción de servizos municipais aos veciños do municipio, coa contratación de 9 tra-balladores a través do DepuEmprego, o programa que o Goberno da Deputación dotou de 3,5 millóns de euros para finan-ciar custos laborais de novos emprega-dos nos municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, ex-plicou que “dende o Goberno da Depu-tación decidimos pór en marcha esta programación pois somos conscientes das limitacións que teñen os munici-pios para contratar a máis persoas co que mellorar a prestación de servizos, debido á taxa de reposición”. Neste senso, A Deputada lembrou que no 2007 a taxa de reposición era do 100% mentres que nos últimos anos, salvo excepcións de grupos especiais, a re-posición foi o 0%. “É dicir, por cada 10 traballadores públicos que se marcha-

ron, só entrou 1 a traballar na adminis-tración, ocasionando unha merma na calidade dos servizos que se ofrece aos veciños”, apuntou.O Goberno da Deputación, dentro da súa aposta polo fomento e a xeración de em-prego nos distintos concellos da provin-cia de Lugo, financiou a contratación de

9 empregados no Concello de Vilalba, a través do programa DepuEmprego. Este programa, xunto co BenEmpregado, fan un investimento de case 20 millóns de euros cos que se xeraron 1.500 postos de traballo na provincia, e son considerados pilares das políticas que se desenvolven dende a Deputación.

O Concello contrata 9 traballadores a través do programa DepuEmprego

Os nove traballadores contratados co DepuEmprego

Os antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba veñen de facer pública a web na que están a traballar para recoller anacos da historia desta academia, que tivo un especial papel na formación se-cundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcio-nou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século, concretamente desde os anos 40 aos 70.Por décimo ano consecutivo, exacadé-micos xuntáronse no Restaurante Mon-tero na súa comida anual para presentar esta web, www.academiadevilalba.org. A web, que estará en permanente cre-cemento segundo vaian conseguíndose informacións ou fotografías, pretende ir conformando – con numerosas peque-nas aportacións de lembranzas particu-lares- unha historia daquel centro que marcou a centos de vilalbeses aos que lles proporcionou a oportunidade do ensino medio ou cursar Maxisterio, in-asequible para moitos deles doutro xeito.Nestes momento, entre outras informa-cións, na web pode consultarse a historia dos cursos 1957-58 e 1958-1959, facili-tada polo profesor Xosé Antón Pombo Mosquera, así como a reprodución dun número da publicación AULA, publicada pola Academia en 1955 (facilitada por Loli Soto), e varios exemplares de AULA2, publicada polos alumnos de 6º do curso de 1968-69, baixo a dirección de Manuel Hermida Paz. As aportacións ou suxes-tión poden facerse chegar ao correo elec-trónico [email protected].

Unha web recolle as vivencias da Academia Santa María de Vilalba

O Concello de Vilalba iniciará o 17 de setembro o prazo de pagamento vo-luntario do Imposto de Actividades Económicas, que se abonará entre esta data e o 20 de novembro do ano ac-tual, a cargo da Axencia Estatal de Ad-ministración Tributaria.Os contribuíntes recibirán os seus reci-bos na casa para que, no prazo indicado, efectúen o ingreso do importe ou impor-tes fixados. No caso dos recibos domici-liados, estes serán cargados directamen-te na conta indicada polo responsable.

Abre en setembro o prazo de pagamento do IAE Responsables da libraría Pergamino na capital chairega

As escolas deportivas de Vilalba teñen listo xa o seu calendario para o próximo ano aínda que os prazo para incribirse abrirá o luns 17 de setembro e pernacerá así durante dúas semanas.Novamente, este ano haberá doce escolas deportivas. Así, judo e loita olímpica estará aberta para rapaces a partir de tres anos men-tres que baloncesto, fútbol, fútbol sala, tenis e tenis de mesa para os maiores de cinco. Pola súa banda, a ximnasia rítmica abrirase para os maiores de catro e o triatlón para os que teñan máis de seis.Ademais, haberá zumba e ioga para aqueles que teñen cumpridos os dez anos e pilates para os maio-res de 12.As escolas deportivas, que con-tan cunha gran matrícula todos os

anos, comezarán a funcionar des-pois do verán unha vez rematado o prazo de matriculación.As actividades desenvolveranse de luns a venres entre as 16.30 e as 22.15 horas e o lugar escollido para cada actividade será dife-rente. Así, no Auditorio Municipal impartirase, ioga, loita olímpica e pilates. O fútbol será no campo da Madalena con algo de actividade no pavillón do Insua Bermúdez, onde tamén se xogará ao tenis.O xudo irá para o ximnasio muni-cipal e a ximnasia rítmica practi-carase no pavillón municipal dos Deportes. O baloncesto estará centralizado no pavillón do CEIP Mato Vizoso, como o tenis de mesa e a zumba no do IES Basan-ta Silva. O tríatlon desenvolverase entre a piscina municipal e a pista de atletismo.

Xa está listo o calendario das escolas deportivas

A sorte non quere deixar Vilalba. De feito, a localidade volveu dar un novo premio. Nesta ocasión a libra-ría Pergamino, situada en Campo da Ponte e rexentada por José Per-nas Yáñez, selou o pasado luns un boleto de bonoloto que levaba os cinco números e o complementario no sorteo dese mesmo día.Segundo informan os responables

do lugar o boleto foi selado de for-ma automática cunha aposta de dous euros. O posuidor deste bo-leto premiado recibirá 60.336,37 euros.E de cara xa a este Nadal, Vilalba se-gue a vender unha gran cantidade de lotería para este decembro tras ser un dos lugares nos que caeu o Gordo o ano pasado.

A sorte segue en Vilalba

Page 3: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018actualidade 3

Momento da presentación do gañador do Certame Literario

O culleredés Aleixandre Lago Bar-cala foi nomeado gañador do XLIV Certame Literario do Concello de Vilalba ao ser elexido polo seu tra-ballo Cartafol de miraxes de entre as 60 obras presentadas que par-ticiparon nesta edición. O gañador recibía un premio de 7.000 euros en metálico.O xurado, formado por Cheri Gran-dío, Darío Villanueva, Ramón Villa-res, Fidel Fernán e Xulio Xiz, reu-niuse para fallar a favor de Cartafol

de miraxes, e no acto previo ao certame presentouse tamén o libro de Emma Pedreira, Antídoto, que foi a gañadora da anterior edición.O gañador mostrou o seu agrade-cemento e recibiu o galardón o día 30 de agosto, no acto institucional que abriu de forma oficial as festas patronais vilalbesas coa lectura do pregón.Durante o certame tamén déronse a coñecerer as raíñas e as damas de honra do San Ramón.

Aleixandre Lago gaña o Certame Literario do Concello de Vilalba

Rematou o traballo do obradoiro de em-prego Terra Chá III, financiado pola Xunta en colaboración cos concellos de Vilalba e Abadín, que permitiu o desenvolve-mento de obras de mellora en distintos espazos públicos de ambos municipios.Os 20 alumnos que participaron na ini-ciativa recibiron xa os seus diplomas de mans dos alcaldes de Vilalba, Agustín Ba-amonde, e de Abadín, José María López Rancaño, ademais do delegado.Un total de oito alumnos recibiron

formación na especialidade de Imper-meabilización mediante membranas formadas con láminas, seis na de Reves-timentos con pezas ríxidas por adheren-cia en construción, e outros tantos na de Traballos de carpintaría e moble.En Vilalba, o obradoiro centrouse na re-habilitación dos soportais da Praza da Constitución, para adicalos a mercado ecolóxico e en Abadín acometeron a terceira fase do acondicionamento da Casa do Concello.

Remata a rehabilitación dos soportais da praza da Constitución

Os alcaldes e os concelleiros, posando cos alumnos do obradoiro

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Vilalba levará a cabo unha campaña de sensibilización no medio rural sobre o coidado á terceira idade que se desenvolverá nun total de nove parroquias os sábados de outubro e no-vembro.A campaña consistirá na realización de obradoiros nos que se tratarán temas de importancia na mellora da calidade de vida dos maiores como o deterioro cognitivo e demencias, a alimentación e a hixiene das persoas dependentes, a prevención e tratamento de úlceras de cambios posturais, a Lei de Dependencia e o trato e comunicación coas persoas en situación de dependencia, entre outras cuestións.Estes obradoiros están dirixidos a maio-res, coidadores, familiares e público en xeral e se celebrarán entre o 6 de outu-bro e o 24 de novembro patrocinados pola Xunta de Galicia.A primeira das charlas serán na Casa da escola de Insua, o 6 de outubro para as parroquias de Insua, Torre, Boizán e Soexo. O 13 Sancobade e Vilalba reu-

niranse na propia Vilalba para seguir o 19 en Belesar tamén para os veciños de Mourence e Gondaisque.Ao día seguinte estarán en Goiriz para atender aos veciños tamén de Carba-llido e Román. En Santaballa atende-rán o 27 aos veciños da propia locali-dade, Codesido, Distriz e Tardade. En novembro comezarán o 3 con Nete, Ladra, Noche e Xoibán na escola de Nete. Ao seguinte sábado visitarán Árbol, tamén cos veciños de Rioaveso e Oleiros. O día 17 estarán en Corbe-lle para que participen tamén os de Samarugo e finalizarán en San Simón para estes e os residentes en Vilape-dre e Lanzós.Todas as charlas terán lugar ás 17.00 ho-ras agás a de Belesar e Santaballa, que será ás 18.00, a de Nete que será ás 16.00 horas e a de Sancobade ás 10.30 horas.

PRIMEIROS AUXILIOS. Ademais, desen-volverán tamén unha serie de obradoi-ros de primeiros auxilios nas parroquias que darán comezo o 21 de setembro e se alongarán ata o 14 de decembro e

que serán impartidos por persoal de Cruz Vermella. O primeiro deles será un de primeiros auxilios básico que se desen-volverá o venres 21, entre as 16.00 e as 20.00 horas na Asociación de Viuvas Car-miña Prieto Rouco de Vilalba. Este mes-mo taller desenvolverase tamén o 14 de decembro no Centro Sociocomunitario de Vilalba co mesmo horario.

O segundo dos obradoiros será sobre pri-meiros auxilios no fogar. O primeiro será tamén na Asociación de Viuvas o 28 de setembro e repetirase o 17 de novembro na Asociación de Veciños de Rioaveso.Finalmente, o taller de prevención de accidentes domésticos desenvolverase o 23 de setembro na Asociación de Veciños de Lanzós e o 27 de outubro en Corbelle.

O Concello organiza obradoiros de primeiros auxilios e de coidado dos maiores nas parroquias

Presentación dos dous programas de obradoiros

O Concello de Vilalba resolveu xa subvencións municipais para entida-des públicas ou privadas de fomento da actividade ou interese municipal que se destinaron a 44 grupos dife-rentes.As axudas están dirixidas a entidades, sen ánimo de lucro que convocaran actividades durante o ano en curso. Con elas preténdese dar apoio ás en-tidades e contribuír a que acaden os obxectivos que lle son propios para fomentar a participación da cidada-nía en cada ámbito de actuación. O orzamento total para esta acción é de 34.000 euros.Así, un total de dez entidades cul-turais, recibirán axuda, así como 3 anpas, 18 deportivas, 6 de mulleres e 14 veciñais. Tamén recibirán subven-ción ASFADIVI, así como a Asociación de Apicultura Serra da Carba e a Aso-ciación de Empresarios Sete Pontes.O custe máximo das subvencións é de 600.000 euros, que recibiron 29 aso-ciacións, o mínimo foi de 340.000 eu-ros. As asociacións terán ata o 14 de decembro para xustificar as axudas.

Resoltas as axudas municipais a entidades sen ánimo de lucro

A Escola de Música de Vilalba (Es-muvi) pechará nos próximos días o prazo de inscrición para o curso 2018-2019 para todos os grupos, todas as idades e todos os instru-mentos.A Esmuvi imparte clases de instru-mento e linguaxe musicl desde os 7 anos e tamén ofrece formación para adultos en diferentes instru-mentos: trompeta, trompa, trom-bón, tuba, frauta traveseira, cla-rinete, saxofón, percusión, piano, guitarra (todos os tipos), canto, acordeón e batucada.Para aqueles que non dispoñan del, a Esmuvi ofrece a posibilidade de prestar os instrumentos musicais. Os interesados en ter máis infor-mación ou formalizar os trámites poden facelo a través de mail no [email protected] ou no teléfono 722611471.Os horarios a disposición dos inte-resados serán martes de 17.30 a 18.30 horas e os xoves de 16.30 a 19.30 en dúas quendas dunha hora de duración cada unha.

Últimos días para inscribirse na Escola de Música

Page 4: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

4 setembro 2018

O Grupo Socialista no consistorio vilal-bés fixo unha crítica ao goberno muni-cipal “froito da multitude de queixas veciñais recibidas” pola redución do espazo na parte baixa da praza da Constitución durante as festas patro-nais. Os diferentes postos de venda ambulante situados nesta zona “elimi-naron por completo moitas zonas de sombra e asentos que se veñen em-pregando de xeito habitual, especial-mente polas persoas máis maiores”, subliñan desde o PSOE. Ademais, os socialistas fan fincapé nunha cuestión que consideran “de moita gravidade, pois existiu nestas datas unha falta de sanitarios portátiles nas inmediacións da praza”, perigo que vinculan “á esca-sa previsión do goberno local”.O grupo socialista sinalou tamén que todos estes elementos de negocio impedían o paso da xente, para quen debera estar dispoñible en primeiro termo, e “restaban espazo ao lugar da verbena, xa de por sí escaso nos tempos de hoxe, pois as dimensións dos palcos das orquestras reducen considerablemente o espazo útil para as persoas”.

POLÍGONO. Dende o grupo municipal do PSOE denunciaron que o alcalde non ten constancia dos traballos que se estiveron a realizar na zona verde do polígono, con excavadoras e ca-mións para reencher a zona verde con zahorra.Esta zona segue a estar no punto de mira dos socialistas de Vilalba que despois de varios reclamos por par-te do PSOE, “o alcalde asegura non ter coñecemento das tarefas na zona verde do polígono, esta zona tiña que estar pechada dende hai moito tem-po”, afirmando que “foron varias as comisións de urbanismo nas que se lle preguntou ao alcalde pola zona verde situada no polígono, en concreto para ter coñecemento de que empresa está a realizar alí obras e o porqué de non o ter pechado”, comenta o edil socialista Luis Fernández.Segundo sinalan desde o PSOE, “Baa-monde dixo non ter coñecemento de absolutamente nada, nin dos traba-

llos, nin da empresa, nin de calquera outra cousa”, pois o parecer da banca-da socialista apunta a “unha relación caciquil, de favores, cómplices e mi-radas cara outro lado mentras Vilalba semella o cortixo de catro amigos que fan e desfan como desexan”, criticou Fernández.

VERTIDOS RÍO. O Grupo Municipal Socialista urxe ao alcalde que tome me-didas para rematar cos verquidos conta-minantes da depuradora municipal ao río Madalena. Os socialistas presentaron en multitude de ocasións iniciativas coa in-tención de poñer fin á situación que “se repite cada vez que caen catro gotas”, mais o equipo de goberno popular rexei-tou cada unha das propostas “cun des-prezo absoluto á conservación ambiental e á sostibilidade dos ecosistemas”.Ademais, desde o PSOE inciden en que os verquidos estanse a producir nun cauce enmarcado na ZEC (zona de espe-cial conservación) da Rede Natura 2000 (Parga-Ladra-Támoga), dentro da reserva da biosfera Terras do Miño. Por mor desta irresponsabilidade, o Gru-po Socialista advirte que se seguen a pro-ducirse estes danos “consideraremos o feito de poñer en coñecemento das auto-ridades competentes esta situación, non aceptamos a excusa das choivas, pois os filtros para grosos, o desbaste e a tamiza-

ción da EDAR teñen a función de impe-dir a chegada de sólidos aos tanques e, polo tanto, nunca deberían ter chegado ao río”.

MALA XESTIÓN. A voceira municipal do PSOE en Vilalba, Elba Veleiro, de-nunciou que “o camión de recollida de lixo estivo máis de 15 días sen pasar polo punto de recollida da parroquia de Oleiros, acumulando desperdicios e ocasionando malos cheiros, sobre todo nesta época de verán, por este motivo, e tras as queixas veciñais, solicitamos de forma urxente a reti-rada do lixo. Ademais, este problema agrávase porque a vindeira fin de se-mana son as festas patronais deste nú-cleo rural e contará cun maior número de afluencia”.Elba Veleiro informou que “os socialis-tas levamos denunciando moito tem-po este tipo de situacións ao equipo de goberno do PP, que por desgraza acontecen habitualmente, e non hai ningún tipo de cambio ou medida por parte do alcalde para reverter este problema nun servizo tan importante e fundamental para o noso Concello, que pagan os nosos veciños e que non se está a cumprir. O alcalde debe responsabilizarse e preocuparse polas necesidades dos veciños de Vilalba e non botarlle a culpa a empresa que xestiona a recollida de lixo”.

actualidade

A asemblea de Vilalba Aberta vén de anunciar o lanzamento dun proce-so de participación veciñal de cara a redacción do seu programa electoral para as municipais do vindeiro ano. Baixo o nome de Vilalba Decide e a través dunha ferramenta de partici-pación online, primeiro, e en forma-to de votación tradicional, despois, a formación asemblearia porá a dispo-sición dos veciños da vila e das parro-quias a posibilidade decidir punto por punto o programa que Vilalba Aberta defenderá nas vindeiras Eleccións Municipais de 2019 coma o Programa Electoral.“Vilalba Decide nace co obxectivo de implicar á veciñanza, involucrando tanto aos barrios da vila, coma ás pa-rroquias, aos profesionais e aos traba-lladores e autónomos do conxunto do Concello”, explican.

PROGRAMA PARTICIPATIVO. A construción colectiva do Programa comezou co remate das Festas de San Ramón e Santa María pola vía da presentación en redes da plata-forma de participación online. Na mesma, todas as persoas empadro-nadas no Concello poderán enviar as súas propostas ata o venres 15 de febreiro, ás que se lles sumarán aquelas que a formación poida reci-bir logo da convocatoria de ao me-nos dúas asembleas programáticas presenciais. Un engadido, pensado para favorecer tamén a participa-ción de todos aqueles veciños que non dispoñan de conexión ou acce-so a internet e desexen igualmente participar da elaboración colabora-tiva. Neste senso, e unha vex expira-do o prazo, activarase un procede-mento de evaluación de dous días a fin de analizar a viabilidade xurídica e económica das achegas, para de seguido establecer unha síntese fi-nal previa á elaboración dun primei-ro “Plan de Choque” para os primei-ros meses de mandato e integrado polas 15 medidas máis votadas,

ademais dun sub programa para as parroquias que se entregará á veci-ñanza coma un anexo ao Programa Electoral. Unha medida que suporá, por primeira vez na historia do Con-cello de Vilalba, que as parroquias teñan un programa electoral pro-pio, ademais do establecido para as mesmas no Programa Electoral Xeral, a presentar este último o vin-deiro 22 de abril.

PELUDIÑOS. O Concelleiro anunciou tamén a súa renuncia á totalidade do diñeiro que lle correspondería deriva-do da súa condición edil e membro da corporación, tal e como prometera ao inicio da lexislatura, que lle será doado a Asociación Peludiños.A decisión, cuxa finalidade sempre foi para o representante asembleario que o diñeiro quedara en Vilalba, situaba como única alternativa á mesma a da doazón das devanditas cantidades a unha ou varias asociacións, ben foran veciñais, culturais ou deportivas do Concello. Dende entón, máis de 2000 euros co-rrespondentes ás indemnizacións pola asistencia do edil a comisións e Plenos pasaron a engrosar as arcas municipais que se donarán agora.

Vilalba Aberta busca a participación veciñal para elaborar o seu programa

O PSOE denuncia a falta de previsión na xestión da feira durante as festas

Modesto Renda

Verquidos ao río Magdalena e un momento da feira polo San Ramón

Page 5: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 5actualidade

Un ano máis, a parroquia vilalbesa de San-taballa celebrará a Feira do Indiano, que chega xa á súa VIII edición e que levará o título Xornadas sobre Migacións Indianas, unha festa que ten o obxectivo de lembrar a través dunha serie de actos aos emigrantes do século pasado.A programación prevista para esta xor-nada terá o seu inicio sobre as 12.30 horas coa presentacicón dos actos e a inauguración das exposicións etnográ-ficas e fotográficas, como vestimentas eclesiásticas, antes do partido de fútbol da categoría veteranos que enfrontará ao Santaballa de Arriba co Santaballa de Abaixo.O dúo D’Ases será o encargado de poñer a primeira pinga de música á xornada coa in-terpretación dunha serie de pezas en sesión vemú e antes do xantar popular.Este será servido por Rochela e contará cun menú en base a xamón cocido, polbo, carne asada, postre, bebidas, café e chu-pito, todo por un prezo de 22 euros. Os nenos de entre 7 e 12 anos pagarán a me-tade e será gratuíta para os máis peque-nos. Antes do remate do xantar, sobre as 16.00 horas, están previstos os pasarrúas a cargo das charangas Santa Compaña e Entre lusco e fusco e do espetáculo Cé Or-questra Pantasma.A tarde, tras o apartado musical, estará adicada aos xogos infantís, que estarán a cargo de Puzzle Animación, que realizará diferentes talleres. Para os adultos ha-berá postos de venda, demostracións de artesáns, xogos tradicionais, cabezudos,

obradoiros de traballos antigos, música tradicional, visitas guiadas, gravacións audiovisuais e exposicións vinculadas cos comezos do séculos XX.O espectáculo nocturno dará comezo cun-ha queimada popular, un “espectáculo te-rrorífico”, tal e como afirma a organización do festexo, e que está programada para as 20.30 horas. A continuación, haberá foliada a cargo do dúo D’Ases.O prazo para participar como exposi-tor aínda está aberto para todos os ar-tesáns, postos de venda e persoas que desexen asistir. Para anotarse ao xantar hai que facer reserva no teléfonos 637 029 775 ou no 652 790 220.

A oficina de turismo de Vilalba, ubica-da na céntrica Casa da Cultura, púxose en funcionamento a finais do mes de marzo, coincidindo coa Semana Santa. Dende a súa apertura xa superou as 1.900 consultas e agárdase que a ci-fra sega incrementando nos vindeiros meses.A maior afluencia turística produciuse principalmente na época estival, coin-cidindo co período vacacional escolar. Concretamente, foi no mes de agosto cando se rexistrou a maior cifra de visitantes, producíndose o maior nú-mero de desprazamentos e pernoctas durante as festas patronais da vila.Cabe sinalar que a oficina leva poucos meses en funcionamento, polo que aínda se está dando a coñecer o ser-vizo entre os usuarios e prevese que as consultas segan en aumento. Por outra banda, as persoas que se ache-gan ata a oficina tan só reflicten unha pequena porcentaxe do turismo que se achega ata o municipio, pois moitos repiten destino e xa coñecen a zona, polo que non necesitan do servizo de información turística.

PROCEDENCIA. En canto á orixe dos visitantes, na súa maioría trátase de turismo nacional (77% do total dos visitantes) dos cales, desglosando por comunidades autónomas, un elevado porcentaxe proveñen de diferentes

puntos de Galicia (25%) seguidos de Madrid con un 24%, Asturias (11%) e País Vasco (9%). Segundo constan nos datos da oficina xa se rexistraron visitantes procedentes de todas as co-munidades autónomas. En canto ao turismo internacional, chegaronse a contabilizar demandas de información por parte de viaxeiros de 33 países.O 21% do total de visitantes parte de países europeos, posicionandose á cabeza países como Alemania, Fran-cia, Italia e Portugal aínda que a pro-cendencia é moi variada (Bielorrusia, Letonia, Bulgaria, Finlandia, Polonia, Eslovaquia, etc.) O 2% restante co-rresponde ao turismo internacional dos demais continentes atopando vi-sitantes de múltiples nacionalidades

(australianos, xaponeses, canadienses, rusos, coreanos, chilenos, estadouni-denses, etc.). Segundo os datos estadísticos obtidos na oficina de turismo, case a metade dos visitantes son peregrinos (46%) polo que, sen dúbida o Camiño Norte constitúe un dos principais reclamos.Por outra banda, en relación ás per-noctas, o 65% dos usuarios que pasa-ron pola oficina de turismo aloxáronse no municipio. Ademáis do Camiño, moitas pernoctas son motivadas pola excelente ubicación do municipio, moi próximo á costa e ás principais cidades do Norte de Galicia, así como polos re-cursos, eventos e servizos da vila.

TEMÁTICA. O que máis demandan os visitantes na oficina de turismo é o plano da vila así como información completa sobre o Camiño Norte. Entre as consultas máis habituais sobre os recursos turísticos do municipio des-tacan as relacionadas coa Torre dos Andrade, o Museo de Prehistoria e Ar-queoloxía de Vilalba e a Ruta Arqueo-lóxica que o mesmo museo promove en colaboración co concello. O turismo tamén amosa grande interese na gas-tronomía, as festas e feiras, o parque acuático, os distintos servizos (aloxa-mentos, restaurantes, transporte pú-blico), rutas en coche polo municipio, a comarca e destinos próximos, etc.

A nova oficina de Turismo rexistrou un total de 1.900 consultas

A Feira do Indiano mantén a súa cita anual en Santaballa o día 15

Page 6: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade6 setembro 2018

a pastoriza

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado de técni-cos da Deputación, e do alcalde da Pas-toriza, Primitivo Iglesias, supervisaron o estado da estrada provincial LU-P-1106 que transcorre por este municipio chai-rego. Os servizos técnicos provinciais constataron o elevado volume de tráfico que presenta este vial debido aos traba-llos que realiza unha canteira situada no núcleo de Xemil, xustamente por onde transcorre esta vía.O presidente e o alcalde realizaron esta visita tralas demandas veciñais, que rexistraron un escrito no orga-nismo provincial queixándose do la-mentable estado deste estrada que utilizan a cotío moitos veciños desta zona e do Concello, que cualificaron como “intransitable”. Esta vía de co-municación, que vai dende o cruce de Bretoña ata o Campo do Oso, é moi utilizada como saída a Mondoñedo.O Servizo de Vías e Obras da Depu-tación constatou as numerosas defi-

ciencias tanto no firme, nas cunetas, así como todo o que conleva a segu-ridade desta vía comunicación. Así as cousas, dende o servizo técnico pro-vincial trasladaranlle a esta empresa os pasos a seguir para devolver ao seu estado a LU-P-1106 ao seu paso

por Xemil, e poder garantir a todos os seus usuarios a seguridade desta estrada, co fin de que se poidan circu-lar con todas as garantías. Ademais, dende organismo provincial compro-métense a redactar o proxecto técni-co para acondicionar este vial.

Veciños de Xemil na Pastoriza solicitan a mellora da estrada LU-P-1106

Serendipia, de Ariana Núñez, do IES Basanta Silva de Vilalba, resultou ser o traballo vencedor do segundo ciclo de Secundaria e o mellor valo-rado polos membros do xurado no IV Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira.Na categoría de segundo e terceiro ciclo de Primaria gañaron, respec-tivamente, Iker Fernández co texto Axuda entre os veciños e Pablo Ledo coa redacción Sempre en Galicia: así é a miña aldea, ambos do CEIP O Sal-vador da Pastoriza. Amais de Ariana, en Secundaria, Paula Comendeiro, do IES Enrique Muruais da Pontenova impúxose no primeiro ciclo coa súa re-dacción Sempre en Galicia.Formaron parte do xurado avaliador do concurso profesionais recoñecidos do sector da comunicación e da do-

cencia, todos eles amigos de Mariña Folgueira, veciña de Reigosa home-naxeada neste acto. Os xornalistas Manuel Gago, Alberto Barciela e Xur-xo Salgado xunto co linguista Paulino Novo e o profesor, cantautor e político galego Mini Rivas foron os encargados de seleccionar os catro nomes de entre o cento de traballos presentados.Todos os nenos premiados levaron como recoñecemento un diploma, un lote de libros e unha tablet. O centro da alumna máis votada, neste caso o IES Basanta Silva de Vilalba, tamén recibiu unha a escultura Peiteando o porvir do lucense Luís Loureira, unha peza de madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado.A asociación veciñal de Reigosa agra-deceu a alta participación agasallando os non premiados cun libro.

Unha alumna de Vilalba gaña o Premio Mariña Folgueira

O alcalde, Primitivo Iglesias, falando con veciños da zona

A tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, asinou coa empresa José San-jurjo Construcciones SL o contrato para o arranxo de vías na parroquia de Úbe-da, unha das obras máis demandadas polos veciños polo mal estado no que se atopan debido ao tránsito continuado de maquinaria pesada.As obras xa comezaron e teñen un pra-zo de execución ata finais do mes de setembro e consistirán no acondiciona-mento con rego asfáltico dun total de 3,7 quilómetros correspondentes aos accesos de Úbeda, de Couto a Rúa, a Tourido e ao Carballal. Estas obras teñen un orzamento de 84.261,9 euros.

OBRAS. O Concello destinará tamén 200.000 euros ao acondicionamento de varias vías de titularidade municipal nas parroquias de San Martiño de Cor-belle e de Bretoña. O obxectivo é cubrir

unha extensión total de máis de oito quilómetros que afectan a oito estradas diferentes. Así, na parroquia de Corbelle executaranse as melloras nos accesos a Paraxúas, de Pidre a Aldoar, a Ramelle, a Castro dos Freires e na estrada de unión

deste último con A Rebolada. En Breto-ña repararanse os accesos a O Arandaral e o de Xemil a Cabeira. A tenente de al-calde foi a encargada de por en marcha estas obras que tentan solucionar os problemas nas zonas de máis uso.

Arranxarán os accesos a núcleos de Úbeda, Corbelle e Bretoña

A tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, asinando con Sanjurjo

O Concello da Pastoriza rematou as obras de construcción da nova pista de pádel, ubicada ao lado do colexio, do pavillón e das pistas cubertas exte-riores na capitalidade do municipio. Esta obra englóbase dentro dunha se-rie de actuacións vincualdas á práctica deportiva, sendo tamén a que máis orzamento ten. As pistas comezan a funcionar estes días.Esta nova infraestrutura, realizada dentro das pistas multideporte, é unha instalación deportiva moi de-mandada que complementa a oferta existente no concello e que amplía o abano de deportes a poder practicar no concello sen ter que desprazarse, tal e como indica a tenente de alcal-de do , Elba Carrera, que di que “o Concello da Pastoriza é un referente en práctica deportiva polo número de instalacións actuais, ás que se suman unha pista de kártíig e unha piscina climatizada que se porá en marcha este ano”.A pista de pádel conta con 235 metros cadrados, vai cuberta con panel sand-wich en chapa de aceiro combinada con paneis traslúcidos, pechada en vidro templado e maia galvanizada. Contará tamén con control dixital de acceso e pavimento poroso. O orza-mento é de 54.309 euros.

Ademais, tamén se fixeron actuacións deportivas noutras zonas con base ao mesmo orzamento, como correxir as perdas de auga dos canalóns que provocaban filtracións de auga no po-lideportivo da Pastoriza e refacer de novo os baños no de Bretoña. A maio-res fixéronse melloras na pasarela de unión do pavilón co colexio, na que se aplicou unha imprimación antidesli-zante, xa que os pequenos esvaraban polo desgaste do formigón.

Remata a construción da pista de pádel municipal

Momento da entrega dos premios no mes mes de agosto

A nova pista de pádel

Page 7: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 7actualidade

A Deputación de Lugo doutou ao mu-nicipio de Xermade do único depósito de auga para loitar contra os incendios, que servirá para ter un punto de reco-llida de auga preto da localidade. Tráta-se dunha infraestrutura moi necesaria para o Concello, na que o Executivo Provincial investiu 10.500 euros. O or-ganismo provincial contribúe deste xei-to, malia non ter as competencias en materia de incendios, a dotar deste de-pósito ao municipio, o que lle permitirá incrementar a seguridade, ao dispor dunha fonte de subministro de auga ao seu alcance que permite actuar con maior rapidez.O Concello de Xermade non dispoñía de puntos de auga desta natureza nin conta con ríos caudalosos na súas proximida-des aos que recorren no caso de produ-círense emerxencias, sobre todo porque xa se teñen rexistrado incendios de certa importancia, preto da estrada que vai a Viveiro. A través da instalación deste de-pósito increméntase a seguridade tanto

para a localidade, como para os veciños e veciñas. No municipio, tampouco con-tan cun camión de bombeiros forestais, un vehículo que se lle leva reclamado á Xunta de Galicia durante anos.O depósito de reserva está situado na zona de Roupar de Arriba, xunto ao ce-miterio municipal e conectado a unha traída de auga municipal. Conta cunha

capacidade de 30.000 litros aproxima-damente, que están listos para sub-ministrar aos equipos de bombeiros o caudal necesario para extinguir lumes, se fora preciso. Tamén se utilizará para o abastecemento de auga ao gando cando este líquido escasee, xa que ten habido cortes de subministro en tempo de sequía.

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o alcalde de Xermade, Ro-berto Castro, o torneiro Alfonso Fran-co, e a directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez Areal, presentaron na Bi-blioteca Municipal do Concello a XVIII Edición do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia, que se celebra dende o 21 ata o 23 de se-tembro nesta vila da Terra Chá. O Exe-cutivo Provincial colabora con esta cita cun investimento de 3.000 euros.Vidal Baamonde sinalou que “tras ce-lebrarse 17 edicións, esta cita interna-cional atópase máis consolidada que nunca na programación da provincia. Durante a mesma, poderase contem-plar o oficio dos torneiros, ademais dunha ampla axenda de actividades, como charlas, conferencias ou exhibi-cións. Este ano ademais haberá catro invitados e expertos de luxo como son a francesa Elisabeth Mezières, o inglés Rod Page, o madrileño Toni Porto e o coruñés Lolo Castro.O alcalde agradeceu o compromiso do Goberno da Deputación nesta nova edición. “O encontro de torneiros é un referente grazas ao compromiso de administracións como a Deputación de Lugo, que continúan apostando por este evento, vital para o desen-volvemento do noso Concello”. Por último convidou a todos os visitantes a achegarse a Xermade para gozar deste evento, e ao mesmo, descubrir este municipio chairego.

ORIXES. O Encontro naceu en 2001 na aldea artesán da Fraga de Xerma-de, coa intención de recuperar do es-quecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramen-tas, maquinaría, materias e técnicas de traballo para logo dalas a coñecer o maior número de persoas posíbeis.Este evento celébrase en Xermade na segunda quincena do mes de setem-bro coa asistencia de profesionais e afeccionados de todo o Estado e do resto de Europa e incluso de EEUU,

Australia e Nova Zelanda. Unha das fi-nalidades didácticas que persegue este encontro é divulgar os valores do ofi-cio, co fin de que o público teña máis argumentos para diferenciar artesanía e industria.As pezas que se exhiben son unha re-presentación dos traballos realizados polos participantes nos encontros de torneiros que se celebran en Xermade, desde fai 17 anos. Os poñentes inter-nacionais que participan nos encontros encárganse de facer a selección entre as pezas expostas polos participantes, tanto sobre as técnicas empregadas como as materias primas, así como os acabados que son moi variados, polo que os resultados son sempre distintos e sorprendentes.A Fundación TIC ten editados varios vídeos coas demostracións dos mes-tres que participaron en edicións pasadas. Trátase de Margarett Ga-rrard, Jérôme Blanc, Adrián Pena e Manuel Castro. O vídeo está dispo-ñible na canle de Youtube da Funda-ción TIC e nas redes sociais. Nestes medios pódese tamén visualizar as reportaxes e resto de traballos au-diovisuais realizados nos últimos anos por bolseiros e profesionais da TIC sobre este Encontro. Con esta colaboración, a Fundación TIC contribúe a transmitir o labor dos mestres torneiros e manter vivo un oficio tradicional con raizame na provincia de Lugo.

Presentada a XVIII edición do Encontro de TorneirosO Goberno da Deputación investiu

30.000 euros na pavimentación das ex-planadas de acceso frontal da Escola de Candamil, a Escola de Miraz e os arre-dores do campo de fútbol de Momán, en Xermade. As tres explanadas son utilizadas habitualmente como punto de reunión dos veciños e como lugar de celebración das festas do municipio. Es-tas actuacións, que consistiron na reno-vación do firme, leváronse a cabo para facer fronte ao mal estado no que se ato-paba o pavimento con algunhas fochan-cas. Deste xeito, rehabilitáronse espazos públicos para uso e disfrute dos veciños de Xermade.Os arranxos do pavimento fronte ás es-colas de Candamil e Miraz, que se utili-zan durante o inverno como centros so-ciais nos que se fan reunións e comidas, facilitará os diferentes usos que se lles dá ás explanadas, como o de aparcamento

ou para a instalación de carpas durante as celebración das festas patronais. A explanada fronte ao campo de fútbol de Momán conta, ademais, nas proximida-

des cun parque infantil e unha área re-creativa, polo que se converte nun punto de encontro e reunión dos veciños, así como lugar de celebración de festas.

A Deputación arranxa tres explanadas

Visita do alcalde e representantes autonómicos ao novo depósito

Novo depósito de auga contra o lume

xermade

Explanada de Candamil, unha vez rematadas as obras

Page 8: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade8 setembro 2018

Pargarock.- A Carballeira de Parga acollerá o 22 de setembro a segunda edición do seu festival rock que con-gregará a seis bandas de música que ofrecerán os seus respectivos concertos de balde. O Pargarock iniciarase cunha sesión vermú a cargo de O puto coro do exército froilanista para, a continuación, facer un pasatabernas cos Veraneantes. Os concertos estarán a cargo de 3 Tre-bóns, The Brosas, Raiba, Golpe Radikal e Display of Power.

Romería de San Mateo.- A localidade guitiricense de Labrada ce-lebrará o 22 de setembro a undécima edición da Romaría de San Mateo, que dará comoezo ás 10.15 horas coa recep-ción dos cabaleiros no campo da Capela

de San Mateo, onde haberá un almorzo gratuíto antes de que, ás 11.00, come-ce a Ruta Cabalar. Esta celebración, que conta cun gran número de seguidores, terá ás 13.30 horas a celebración da misa campestre seguida da sesión ver-mú, a cargo do dúo La Hora Bruja. Ás 15.00 terá lugar unha comida campes-tre con polbo, churrasco, postre, pan, viño e gotas, comida que terá un prezo de 20 horas e durante a que se celebrará un sorteo de agasallos. Pola tarde habe-rá xogos populares no campo da Festa ata as 20.00 horas co inicio da actuación do dúo Escobar.Tralos pinchos, o fin de festa estará a cargo dos dúos La Hora bruja e Escobar.Os interesados en anotarse a esta cele-bración teñen que facelo antes do día 18 no teléfono 648 204 184.

Festa do Ecce Homo.- O día 14, o Curro Vello celebrará a tradicional Festa do Ecce Homo, que dará comezo ás 11.30 horas co pasarrúas a cargo da charanga BB+ para deixar paso á misa solemne e procesión na capela do Ecce Homo, que terá lugar ás 13.00 horas.A sesión vermú contará co trío Mar de Arousa para deixar unha tarde chea de actividades e xogos a partir das 17.00 horas, con carreira de carretillas e festa da escuma. Ás 20.30 horas, como man-da a tradición, haberá liscos, pan e viño gratuítos amenizado pola charanga BB+ e con inchables e xogos para os máis pequenos. Pechará a celebración cunha verbena a cargo do trío Mar de Arousa e a orquestra Finisterre. Durante o des-canso musical farase o sorteo dunha te-levisión de 43 pulgadas.

Citas para setembro

O Concello de Guitiriz vén de abrir unha convocatoria de traballo temporal para catro persoas ao amparo do programa Fomento do Emprego do Plan Único de Cooperación cos concellos da Deputa-ción Provincial.O Concello solicitará por unha banda dous peóns por un período de dez meses a xornada completa para o mantemento de estradas urbanas en Guitiriz e Parga. Entre os labores que desenvolverá figu-ra traballar como operario do servizo de auga potable, recollida de lixo e limpeza viaria; operario de Brigada Verde para a

limpeza e mantemento de espazos públi-cos, vías, camiños e rutas de sendeirismo ademais de zonas verdes e instalacións deportivas. Finalmente será requerido tamén como operario de obras ou ser-vizos de reparación e mantemento mu-nicipal.Asimesmo, solicita un conserxe-condutor por un período de 11 meses a xornada completa para atención nos servizos mu-nicipais de Centro de Día, actividades no pavillón municipal, peregrinos e activi-dades culturais. Tamén deberá traballar como condutor de vehículos municipais.

A última praza é un administrativo por un período tamén de 11 meses a xor-nada completa para apoio á Secretaría e Rexistro.Nos dous primeiros casos o soldo men-sual será de 930 euros mentres que para a última praza o salario será de 1.230 eu-ros, todo elo en cantidades brutas.Para poder acceder a esta selección os interesados teñen que presentar o título de BAC ou similar para o posto de admi-nistrativo e os de conserxe-condutor de-berán ter o carné de conducir tipo C. O resto non requiren outra titulación.

O Concello oferta catro empregos acolléndose ao Plan Único

Travesía de San Juan, VilalbaLocal | 70m² 21.000€

Lanzos s/n, VilalbaCasa rústica / Casa rural | 4 Dorm | 3 Baños | 200m² 195.000€

Mourence, VilalbaCasa / Chalet adosado | 4 Dorm | 2 Baños | 220m² 175.000€Se vende chalet adosado a 1,5 km del centro de Vilalba, con una finca de 1.400 metros, de la que se puede segregar una parcela para hacer otra vivienda, al estar dentro de núcleo rural.

Calle das Pedreiras 22, VilalbaPiso | 2 Dorm | 2 Baños | 72m² 68.000€En la C/ Pedreiras de Vilalba (Lugo), se vende piso de 2 dormitorios y sala, cocina amueblada, garaje, trastero y ascensor. Dispone de piscina comunitaria.

Calvario 51, VilalbaTerreno / Urbano (solar) | 216m² 50.000€En la localidad de Vilalba (Lugo), se vende solar de 216 metros cuadrados, edificable bajo, 3 plantas y atico, fachada de 8 metros.

Avenida Tierra Llana, VilalbaDúplex | 4 Dorm | 3 Baños | 160m² 150.000€Se vende dúplex de 4 dormitorios y sala, 3 baños, uno de ellos con jacuzzi, cocina amueblada, garaje, trastero y ascensor.

Galicia 26, VilalbaPiso| 3 Dorm | 2 Baños | 150m² 109.995€El piso dispone de salón y 3 habitaciones muy amplias y amuebladas, 2 baños, cocina sin amueblar, trastero, garaje y ascensor.

Calle Cidade de Viveiro 4, VilalbaCasa / Chalet adosado | 3 Dorm | 2 Baños | 276m² 120.000€

Calvario, VilalbaPiso | 3 Dorm | 2 Baños | 115m² 110.000€Se vende piso de 3 dormitorios, sala, 2 baños, cocina, terraza, garaje, trastero y ascensor. Muy soleado.

Plaza Coronel Pena, VilalbaCasa/Chalet independiente | 10 Dorm | 2 Baños | 369m² 297.000€Casa antigua blasonada, de piedra, con balconada, en el casco histórico de Vilalba (al lado de la plaza de Santa María y del Parador de Turismo), de 369,10 metros construidos, con fachada a la C/ Concepción Arenal y jardín contiguo a la misma de 74 metros (cerrado con verja), que da a la Plaza del Coronel Pena. Consta de dos salones, uno de ellos con chimenea, ocho habitaciones, 2 cuartos de baño, cocina, desván y amplio sótano.

Lugar Billetes, AbadínCasa rústica / Casa rural| 3 Dorm | 1 Baño| 200m² 60.000€La casa está habitable, tiene calefacción y los propietarios tienen más fincas en la zona si le interesase al comprador.

LU-P-6502, VilalbaTerreno /Urbano (solar) | 500m² 90.000€Se vende solar en esquina de la calle Ciudad de Vivero con calle Castelao. Se venden 500 metros cuadrados con 21 metros de fachada a la calle Ciudad de Viveiro y 27 metros de fachada a la calle Castelao. El precio total son 90.000 €. También se vende fraccionadamente en un solar de 203 metros y otro de 296 metros. En cuyo caso el precio es 45.000 euros por cada uno.

Mourence s/n, VilalbaCasa rústica / Casa rural | 4 Dorm | 2 Baños | 275m² 180.000€Se vende casa rural en la parroquia de Mourence, municipio de Vilalba (Lugo), la casa esta en parte reformada y tiene un total de 275 metros cuadrados construidos. A mayores, en la finca que tiene 10.000 metros, existen varios alpendres y una capilla. La casa se sitúa a unos 3 km del centro de Vilalba.

Calle das Pedreiras 5, VilalbaTerreno /Urbano (solar) | 340m² 45.000€Se vende solar de 340 metros, al lado del auditorio de la localidad de Vilalba (Lugo). Edificable bajo, 2 plantas y ático.

Avenida de Galicia 75, VilalbaCasa / Chalet adosado| 3 Dorm | 1 Baño | 282m² 90.000€Se vende en la localidad de Vilalba (Lugo), casa integrada por un bajo para montar un negocio o bien para reconvertirlo en garaje, tiene cocina, 3 dormitorios y sala y un jardín en la parte trasera de unos 50 metros. A mayores tiene una segunda planta únicamente tabicada, de unos 80 metros y un bajo cubierta de otros 50 metros en bruto. La casa tiene placa en todas las plantas.

Inmobiliaria JRoca C/de los Pepes 1 - 27800 Vilalba, Lugo Tel.: 600 828 720

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde, o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, supervisaron as actuacións financiadas polo Executivo da Deputación, cun investimento de 256.000 euros, para a renovación de 7 estradas, beneficiando aos veciños dun-ha vintena de núcleos rurais. Estes son: A Revolta, Porucelo, Casas Novas, Lourei-ros, Pazo, A Castiñeira e Casa Muniño na parroquia de Pígara; O Pereiro, Lavan-deira, Ximarás e Vieiro, na parroquia de Pedrafita; e O Merendero, Carballeira do Cancelo, Nandulce, Coto, Fagundo e Lea, na parroquia dos Vilares.Campos Conde subliñou que “hoxe ve-mos os resultados da colaboración entre o Goberno da Deputación e do Concello de Guitiriz. Froito da aposta conxunta que mantemos pola mellora de dota-cións públicas no rural, acometemos obras de renovación en accesos a tres parroquias do municipio, beneficiando aos máis de 800 veciños que fan uso destas vías a diario para acceder ás súas vivendas e mellorando, polo tanto, a súa calidade de vida”.

As actuacións levadas a cabo consis-tiron na rexeneración do firme con aglomerado en quente, nun total de 15 quilómetros de 7 vías municipais. Concretamente, na parroquia de Pí-gara, arranxáronse tres estradas: a vía que vai dende A Revolta ata Porucelo, pasando por Casas Novas, Loureiros, e O Pazo. Tamén se mellorou outro ramal que pasa por A Castiñeira e Casa Muni-

ño; e a vía que vai dende A Castiñeira ata Carretera. En Pedrafita, acometé-ronse obras dende o enlace da estrada provincial LU-P-2303, pasando por O Pereiro, Lavandeira, Ximarás e Vieiro. Mentres que nos Vilares, as melloras leváronse a cabo dende a estrada pro-vincial LU-P-2301, dende O Merendero ata a Carballeira do Cancelo, pasando por Nandulce, Coto, Fagundo e Lea.

Rematan as obras en sete estradas cun investimento de 250.000 euros

Visita dos representantes provinciais ás obras en Fagundo, Os Vilares

Page 9: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018actualidade 9

guitiriz

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para o Servizo de Madrugado-res, o servizo municipal que se ocupa da atención dos nenos e nenas de Primaria antes da súa entrada ao colexio.Este servizo, que busca a conciliación da vida familiar e laboral, abre ás 8.00 horas e ten lugar no Ceip Lagostelle de Guitiriz ata as 9.30 horas, momento no que dá comezo a xornada escolar.O prazo de matrícula estará aberto ata o 24 de setembro mentres que o inicio do servizo será o día 17. A inscrición deberá facerse nas oficinas municipais do Concello.

Abre a inscrición para o servizo de madrugadores

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde, e a alcaldesa de Guitiriz, Regi-na Polín Rodríguez, asinaron o convenio de colaboración para a construción na Casa da Botica dunha residencia con capacidade para 52 maiores. O proxecto inclúe 26 habitacións con posibilidade de seren dobres.O convenio contempla unha achega da Deputación de un millón de euros para a construción do centro de atención a persoas maiores no municipio de Guitiriz mediante a rehabilitación do edificio mu-nicipal da Casa do Botica. O Concello ten a obriga de pór á disposición os terreos, feito que xa fixo; así como facer unha achega económica de 200.000 euros. A alcaldesa explicou que reduciu os gastos políticos da Corporación Municipal, afo-rrando esta mesma cantidade que desti-nou a este proxecto.A Deputación elaborou un novo proxec-to, pois onde antes se ía a construír unha residencia e centro de día, agora exclusi-vamente se fai a residencia, pois a alcal-desa habilitou e mellorou a Antiga Casa dos Peóns Camiñeiros, que é de titulari-dade municipal, dándolle un uso social, pois nela estase a construír o Centro de Día. Isto permitiu ampliar o número de prazas de residencia na Casa da Botica.O Concello xa acondicionou o exterior a Antiga Casa dos Peóns Camiñeiros. Es-tas instalación terán capacidade para 12

prazas en centro de día, logo de que a Xunta de Galicia reducise en 6 as prazas, pois buscábase ofrecer nesta infraestru-tura 18. Deste xeito grazas ao esforzo de Deputación e Concello, Guitiriz disporá dunha residencia na Casa da Botica, con capacidade para 52 maiores e un centro de día para outros 12 veciños, sumando no seu conxunto 64 prazas. O conxunto final da edificación da Casa da Botica constará de tres plantas e dis-porá de 26 habitacións individuais para uso normal, que poden converterse en habitacións dobres, e 1 habitación, a maiores, para uso de enfermería por residentes que precisen unha atención sanitaria importante.

A planta baixa do edificio existente reformarase para albergar a cociña e zonas de servizo anexas, o comedor, o despacho de dirección, os aseos adaptados e unha sala de reunións, así como un distribuidor e unhas escalei-ras que comunicarán esta planta coas superiores. Na zona de nova constru-ción situarase o acceso principal da residencia, a recepción, o monta-pa-diolas (que servirá tamén de ascensor), un pequeno almacén de roupa, 5 dor-mitorios para residentes, con cuarto de baño adaptado cada un deles, así como os vestiarios e aseos do persoal. Nesta parte do edificio situarase outra esca-leira que unirá esta planta coas altas.

A residencia estará na Casa da Botica e o Centro de Día na dos Peóns Camiñeiros

O Grupo Municipal Popular de Guiti-riz solicitou por escrito ao Concello a documentación en relación ao peche ao tráfico da rúa do Mercado ata o 10 de setembro ante o “prexuízo oca-sionado aos veciños, comerciantes e visitantes do noso concello”.Os populares piden os informes xurí-dicos e da Policía Local, ademais da proposta de Alcaldía e o decreto de orde deste peche que, segundo as vallas informativas, estivo en activo durante un mes con motivo da insta-lación dunha exposición que repasa os 20 anos do Fondo Galego de Coo-peración ao que está adherido o Con-cello de Guitiriz.O voceiro do PP de Guitiriz, Xosé Ma-ría Teixido, fíxose eco do malestar dos veciños polos posibles “prexuízos que poida ocasionar a necesidade de que os vehículos circulen por direc-ción prohibida para poder entrar nos seus propios garaxes”.Esta situación de risco aumentou a inseguridade viaria nesta zona de saída dende a localidade de Guitiriz á autovía A-6 pola estrada dos Vilares. É por iso polo que o voceiro popular interesouse polos informes relacio-nados con este peche de cara a coñe-cer as garantías de seguridade desta actuación.

Os populares piden responsabilidades polo peche dun mes da rúa Mercado

O presidente e a alcaldesa supervisaron os dous edificios

A Asociación veciñal dos Vilares está a or-ganizar unha aula de música tradicional na que se impartirán clases de gaita, per-cusión e acordeón para todas as idades.O obxectivo da asociación é comezar as clases en outubro e deixar todo o mes de setembro para inscribirse cunha reunión a finais de mes para establecer horarios.O acordeonista Manuel Varela, do grupo Leirabuxo, será o encargado de impartir as clases. Os interesados en apuntarse poden facelo no número 608 585 046.

Os Vilares organiza un aula de música

Page 10: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade10 setembro 2018

pol

A conselleira do Medio Rural, Ánge-les Vázquez, reuniuse co alcalde de Cospeito, Armando Castosa, para im-pulsar diferentes procesos de reestru-turación parcelaria neste municipio lugués. A solicitude do rexedor, a titu-lar de Medio Rural comprometeuse a estudar as súas demandas en relación, especialmente, coas parcelarias de Ar-cillá, Sisoi, Bestar, Vilar, Lamas e Roas.A intención da consellería e do con-cello é programar diferentes xuntan-zas cos veciños para informarlles da situación na que se atopan estas zo-nas, solicitadas polos propios titula-res das parcelas, e dos trámites rea-lizados ata o de agora e pendentes. Actualmente en relación con estes procesos estanse elaborando os pre-ceptivos documentos ambientais.Polo de agora, no concello lucen-se de Cospeito está rematada unha

reestruturación parcelaria, na zona de Goá, cunha superficie de 829 hectáreas, pertencentes a 734 pro-

pietarios. Neste caso pasouse das 4.716 parcelas iniciais a un total de-finitivo de 1.180 predios.

O Concello aposta por impulsar as reestruturacións parcelarias

O alcalde de Cospeito durante a súa entrevista coa concelleira

cospeito

O Concello de Cospeito está a realizar xestións para que a Torre de Caldaloba pase a mans públicas. O alcalde, Arman-do Castosa, explicou que non estaba decidido si pecharía unha compra ou unha cesión pola que o edificio, de ori-xe medieval e situado na parroquia de Pino, pasaría a estar baixo control muni-cipal. O que si recalcou é que as xestións ían por bo camiño e que a actitude da parte propietaria, cuxo comportamento eloxiou, parecía favorable. “Creo que vai chegar”, dixo sobre o acordo, aínda que tamén engadiu un punto de prudencia: “Outra cousa é o tempo que nos leve”.O que se espera conseguir logo de lograr ese acordo é a realización dalgún tra-ballo nese espazo. Castosa recoñeceu que para iso faría falta a colaboración dalgunha administración; pero tamén avanzou que a intención do Concello

non era a de intentar grandes obras de restauración senón a de deixar o que aínda se mantén en pé do edificio en condicións de poder ser contemplado. Tamén agradeceu que a contorna da to-rre fose rozado recentemente.

CERTAME LITERARIO. Pola súa banda, o Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ convocaron o I Certame de Poesía Torre de Caldaloba, co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a súa conservación e, asemade, fomentar a creatividade e estimular a creación poética en galego.A organización deste certame estable-ceu dúas categorías, para menores de 18 e para maiores desta idade con dous gañadores en cada un dos grupos. O ga-

ñador maior de 18 anos recibirá 1.500 euros de premio e a publicación da obra mentres que o segundo non terá cuantía económica pero si poderá ver publicada a súa obra. Por outra banda, o gañador infantil recibirá un lote de li-bros e una tablet e o subcampión terá de premio un libro electrónico e outro lote de libros.Para todos os interesados en participar, o prazo de presentación de traballos finaliza o 4 de outubro e pode facerse por correo ordinario, no Concello de Cospeito sito en Avda. Terra Chá n°29, Feira do Monte, 27377, Cospeito, Lugo; ou por sede electrónica. O fallo do xu-rado farase público o día 26 de outubro e o premio entregarase o día 3 de no-vembro de 2018 na sede do local social municipal de Pino.Coa mesmo propósito, o colectivo gui-

tiricense Lareira de Soños sumouse a esta iniciativa. Poetas, artistas, activistas culturais e sociais reuniranse o 16 de setembro nunha xuntanza organizada pola Asociación Sociocultural Lareira de soños, a Asociación Cultural e Recreati-va de Pino, a NPG Nova Poesía Guitirica e o portal CulturaliaGZ coa colaboración do concello de Cospeito, co nome de I Toma Cultural de Caldaloba, un encon-tro para a defensa do patrimonio, a his-toria e a cultura deste lugar.Esta xornada, aberta á participación de quen desexe, comenzará ás 12:00 no local social de Pino, desde o que se rea-lizará unha marcha a pé até a fortaleza de Caldaloba na que terán lugar unha serie de actividades lúdicas e didácti-cas arredor da torre, onde se explicará a historia do lugar e intervirán diversos artistas e poetas.

Actividade en defensa da Torre de Caldaloba

O vindeiro sábado 29 de setembro, a comisión responsable da Moexmu 2019 organizará no Recinto Feiral Ma-nuel Vila López de Muimenta unha nova edición do curso de filloeiras, destinados a todas aquelas persoas, tanto da comarca en particular como da provincia en xeral, que desexen asistir.Non é este o primeiro curso que se celebra, xa que a primeira edición tivo lugar no ano 2005 a cargo da comisión da Moexmu dese ano. Ademais, entre os anos 2009 e 2013, a organización foi conxunta coa Asociación Cultural e Veciñal Aquilino Iglesia Alvariño. Este ano, decidiuse retomar esta activida-de e separala das xornadas previas á Festa de Interese Turístico de Galicia, para, deste maneira, os participantes teñan tempo para ir practicando e mellorando ao longo destes meses, e chegados o caso, repetila.Igualmente, non serán só os nenos a quen se dirixe a edición deste ano, senón tamén, para rapaces e a toda a xente que desexe aprender ou per-feccionar a elaboración das filloas. A comisión da MOEXMU espera a que algún se incorpore a participar na ela-boración deste típico producto da gas-tronomía galega o vindeiro 1 de maio, día da celebración da XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia.O único requesito para participar é apuntarse en Desexos (Muimenta), ou chamando ao teléfono da MOEXMU 982 504 002 e inclusive a través do seu correo electrónico ([email protected]) e das súas redes sociais.O curso será a partir das 15.30 horas nos stands do Recinto Feiral Manuel Vila. As profesoras serán filloeiras que acuden ano tras ano a elaborar as fi-lloas nesta Festa de Interese Turístico de Galicia, e a partir das 17.00 horas e ata as 19 horas, habrá tamén degus-tación desas filloas para toda a xente que se queira achegar.

Organizan unha nova edición do curso de filloeiro en Muimenta

A Comisión organizadora da XXXV edición da Moexmu de Muimenta comezou a traballar na preparación da seguinte edición, que terá lugar a fin de semana do 5, 6 e 7 de abril de 2019.A intención dos organizadores será celebrar un ano máis o concurso de gando frisón, que celeberará a XXXIII edición; unha mostra de Raza Rubia Galega, tamén na XXXIII edi-ción; unha poxa de gando selecto, por XXIII ocasión, e a Festa da Filloa, Festa de Interese Turístico Galego, que terá lugar o día 1 de maio e que acadará tamén a XXVII edición.A intención da organización é man-ter a programación habitual e traer tamén algunha sorpresa para a próxima edición, tal e como veñen facendo os últimos anos.

A nova edición do Moexmu será do 5 ao 7 de abril

A Consellería de Política Social xa resol-veu favorablemente o permiso de inicio de actividade para as residencias de Pol, Trabada e Castroverde.Balseiro aclara que a Xunta autorizou o pasado mes de xaneiro o inicio de acti-vidade en Castroverde, en marzo o de Trabada, e en abril a de Pol. Polo que respecta á de Fonsagrada, os promo-tores iniciaron unha solicitude no ano 2015, se ben con posterioridade introdu-ciron unha modificación substancial no proxecto da que desistiron o pasado mes de xuño, polo que deberán remitir unha nova documentación actualizada.A Deputación Provincial e Suplusa obti-veron da Consellería de Política Social a

autorización para a creación doutras resi-dencias, en Ribas de Sil, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Meira, se ben non consta que teñan presentado a so-licitude de inicio de actividade.Neste sentido, Balseiro lembrou que “en repetidas ocasións a Deputación pediu celeridade á Xunta, intentando esqui-var a súa responsabilidade no atraso da apertura dos centros, pero o certo é que neste momento non hai ningún expe-diente sobre este asunto que tramitar na Consellería”. Na mesma liña, instou ao Goberno provincial a “presentar canto antes as solicitudes e a documentación relativa ás residencias que faltan, se de verdade teñen votade real de abrilas”.

A residencia de maiores xa ten permiso de inicio de actividade

Page 11: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 11publicidade

Page 12: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade12 setembro 2018

castro de rei

Correos continúa explorando as posibi-lidades que ofrecen os drones para me-llorar a prestación do servizo postal e de paquetería. O último fito foron as probas realizadas cun dron de tecnoloxía híbrida avión/multirrotor nas instalacións que posúe o INTA (Instituto Nacional de Téc-nica Aeroespacial) en Rozas.Desde o inicio das primeiras probas con drones na localidade asturiana de Sotres, Correos seguiu traballando xunto aos principais actores españois e europeos do sector no deseño dunha solución ope-rativa segura e eficiente para o uso de drones no transporte de mercancías e,

máis concretamente, no reparto de pe-quena paquetería. A intención é aplicar esta tecnoloxía para mellorar as capaci-dades de distribución de Correos e como unha ferramenta complementaria a dis-posición dos carteiros que lles facilite rea-lizar as súas tarefas de reparto en zonas rurais de difícil acceso ou que se quedan illadas polas inclemencias meteorolóxi-cas, sen expoñer a súa seguridade.Deste xeito, Correos sitúase na vangarda das empresas que están investigando posibles aplicacións do uso de drones no sector civil, sendo o primeiro operador loxístico de España que xa está facendo

probas en contornas reais. Nas probas recentemente realizadas, Correos ten a oportunidade de evaluar as vantaxes que aportan os drones con tecnoloxía híbrida avión/multirrotor, desenvolvido en co-laboración coa startup española Fuvex, fronte aos que só utilizan unha dos dous sistemas de propulsión, e en que medida son capaces de responder aos requeri-mientos operativos do reparto.Esta tecnoloxía permite satisfacer dúas necesidades fundamentais: grazas ao despegue e aterrizaxe en vertical, os dro-nes poden despregarse e deixar a carga en calquera superficie plana; e, polas súas

características estruturais, ofrecen unha gran autonomía que lles permite voar ata 5 veces máis distancia que os drones con-vencionais, polo que poden cubrir longos percorridos nunha soa viaxe.Estes drones poden alcanzar unha ve-locidade de 100 Km/h e son capaces de soportar ventos de ata 40 Km/h. En canto

á navegación, tralo cambio de eixe dos rotores, o dron opera en modo avión de forma autónoma de acordo cun plan de voo dinámico: a aeronave vai definindo o seu seguinte movemento en función dese plan preestablecido, das circunstancias que detecte a través dos seus sensores e das instrucións recibidas desde a base.

Correos proba en Rozas drones para o reparto en zonas illadas

O Concello de Castro de Rei deu ini-cio estes días ás obras de rexenerado do pavimento no úlitmo tramo da vía da parroquia de Prevesos, obras que se acometen con cargo aos fondos do Plan de Camiños da Xunta de Galicia.As obras, que teñen un orzamento de 75.000 euros, teñen por obxecto rematar cunha capa de aglomerado en quente neste estrada, unha das

máis longas do concello, que ten unha extensión de sete quilómetros e que se fixo en varias anualidades.Dentro desta obra tamén figura o adecementameento da vía muni-cipal que une a parroquia de Pre-vesos coa parroquia de Pousada no Concello veciño da Pastoriza. As obras está previsto que estes días.

O Concello empeza xa coas obras no último tramo da estrada de Prevesos

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, para ana-lizar as cuestións relacionadas co medio rural neste concello lugués.O rexedor trasladoulle á conselleira a situación actual do mercado nacional de gando, ubicado en Catro Ribeiras de Lea, e a necesidade de substituír a súa cuberta. A titular de Medio Rural tomou nota da solicitude e adiantou-lle que a obra podería ter cabida a través dun proxecto senlleiro, que xes-

tiona a Axencia Galega de Desenvolve-mento Rural, para a convocatoria do ano que vén. Noutra orde de cousas, analizaron a situación actual das reestruturacións parcelarias, en concreto a de Triabá. Así, Ángeles Vázquez adiantoulle ao alcalde que en vindeiras semanas se trasladarán técnicos do seu departamento á zona para informar aos veciños dos avances e pasos a seguir na reorganización deste territorio, que afecta a 1.163 hectáreas propiedade de 555 veciños.

Castro arranxará o mercado gandeiro en Ribeiras de Lea

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde e a deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, supervisaron, xunto ao Presidente e Secretario da Fundación de Dano Cerebral (Fudace), Luís Abelleira Mayor e Alberto Tenorio García, respectivamente, a execución das obras para dotar a provincia de Lugo do primeiro centro de patoloxía dual de Galicia, que está a construír Fudace en te-rreos cedidos pola Deputación en Castro Ribeiras de Lea. O Presidente lembrou que este Goberno cedeu de xeito gratuí-to durante 50 anos, unha finca de 80.000 metros cadrados, que teñen un valor ca-tastral de 500.000 euros.A unidade de patoloxía dual atenderá a persoas de toda a Galicia e novo centro disporá de 16 habitacións para dar cober-tura ás necesidades especiais das persoas que sofren este tipo de patoloxías, xa que nalgúns momentos poden ter crises que conlevan situacións de agresividade.Os terreos cedidos pola Deputación a Fudace para a construción das novas do-tacións atópanse a carón das instalacións do San Rafael e da Granxa Gayoso Castro. Son 2 fincas. Unha de 10.274 metros cadrados, onde na actualidade FUDACE ten o seu centro referencia en Castro de Rei, no que atende unhas 50 persoas con dano cerebral tanto en réxime de residencia como de centro de día e nas

que traballan 48 profesionais para a súa atención.Na segunda finca, de 71.791 metros cadrados, Fudace constrúe o novo edi-ficio con dita unidade de patoloxía dual. Terá capacidade para un mínimo de 16 persoas con posibilidade de aumentar prazas. Nestas instalacións prestarase servizo a persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento, que requiren dunha atención moi espe-cializada.O acordo con Fudace enmárcase na po-lítica do Goberno provincial de dar uso público e social ao patrimonio provincial, que é de todo os cidadáns. Así, a Depu-

tación tamén cedeu gratuitamente o San José a ASPNAIS ou a gardería do Campus a Raiolas, onde estes colectivos sociais ta-mén van a ampliar os seus servizos para persoas con capacidade diferentes, que necesitan dunha atención especializada.Cómpre lembrar que FUDACE pediu ao organismo provincial ás instalacións do San Rafael para incrementar neste inmo-ble provincial o seu catálogo de servizos, pois ten lista de espera de usuarios. A ins-titución luguesa puxo a súa disposición este patrimonio provincial. A Xunta de Galicia e o anterior Goberno Central frus-traron este proxecto, negando a Fudace a súa colaboración económica.

Avanzan a bo ritmo as obras da unidade de patoloxía de Fudace

Visita ás instalacións de Fudace

Page 13: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018actualidade 13

outeiro de rei

O edil do BNG en Outeiro de Rei, Xa-bier Molinos, presentou unha inicia-tiva na que se propón que o Concello de Outeiro de Rei se dirixa aos actuais propietarios da Casa Forte coa finali-dade de adquirir para o patrimonio municipal dito ben. O inmoble, si-tuado no centro da vila, atópase nun grave estado de abandono dende hai moitos anos. A iniciativa do BNG insta ao goberno municipal a xestionar, pe-rante os organismos corresponden-tes o financiamento necesario para levar a cabo a súa rehabilitación.“Consideramos que o noso Concello debe ser quen de restaurar a Casa Forte dos O´Kelly, xa que así podería facer de Outeiro de Rei referencia obrigada, atraendo visitantes de to-das as zonas, ao mesmo tempo que sería unha actuación exemplar desde o punto de vista de respecto ao noso pasado e ao noso patrimonio” afir-mou Xabier Molinos.Dende hai bastantes anos figura aprobado un proxecto de rehabili-tación para uso hoteleiro do edificio “pero que non se dá materializado e o deterioro é progresivo malia estar protexido polo planeamento urba-nístico de Outeiro de Rei e figurar no Inventario Xeral do Patrimonio de Ga-licia do 2012 (código RI000020055),

polo cal ten a consideración de ben que merece ser conservado” expli-cou Molinos. O edil do BNG aseverou que “o BNG traballará dende o grupo municipal e dende a representación que ten nas diferentes institucións para lograr que este ben singular de Outeiro de Rei se manteña e poña en valor como merece”.O BNG xa fixo esta mesma proposta hai bastantes anos, cando o prezo era moito menor, pero o concello non quixo.”Logo, despois das quebras e demais avatares do contratista que a mercou, tamén o concello tivo oca-sión de intentar facerse con ela nas distintas subastas, pero o Alcalde se-guiu sen mostrar ningún interese e tampouco deu os pasos precisos para facerse con este prezado ben”, din.“Agora segue a ser unha obriga incor-porar este ben ao patrimonio munici-pal e aínda que as finanzas permiten facer este esforzo, o prezo que se terá que pagar a maiores para contentar aos especuladores que a compraron e venderon todos estes anos vai ser importante, sendo esta gasto maior debido exclusivamente ao desinte-rese demostrado polo Alcalde todos estes anos”, conclúen os represen-tantes nacionalistas.

O BNG propón ao Concello que se faga co Pazo dos Gaioso

begonte

O Concello de Begonte finalizou xa as obras de reforma do pavimento e de construcción das beirarrúas no tramo da estrada entre o núcleo de Baamon-de e a praia fluvial. Trátase dunha obra valorada en 50.000 euros na que a Xun-ta, a través da Dirección Xeral de Turis-mo, aportou 39.000 euros e o Concello 11.000.Esta era unha obra de gran importancia ao ser unha ruta alternativa do Camiño de Santiago polo que pasan por aí moi-tos peregrinos ademais da xente que se achega á praia fluvial, en especial durante o verán. O motivo desta obra foi aumentar a seguiridade dos peóns.

Tamén se arranxou o sistema de reco-llida de augas pluviais para evitar inun-dacións.O Concello tamén rematou a obra de ampliación do saneamento na parro-quia de Carral, no barrio do Marco, por un importe de 39.000 euros, sub-vencionados pola Xunta de Galicia con cargo ao Fondo Ambiental. “Esta foi unha axuda importante para o Conce-llo polo seu elevado custe”, indicou o alcalde de Begonte, José Ulla. “O noso compromiso é seguir ampliando a rede de saneamento na zona rural, malia o problema que supón ter as vivendas tan alonxadas”, explicou.

Tramo da estrada onde se realizaron os traballos de construción da beirarrúa

Rematan as obras dos accesos á praia fluvial de Baamonde

O Concello de Begonte presumiu estes días do traballo desenvolvido nas insta-lacións da empresa Surexport Compañía Agraria S.L., que se dedica ao cultivo de froitos silvestres, un exemplo do auxe que están a ter este tipo de producións alternativas, como unha aposta segura para dinamizar o medio rural.Esta plantación recibiu estes días a vi-sita de representantes do Concello, en-cabezados polo seu alcalde, José Ulla, acompañados de membros doutras administracións, para interesarse polas producións que cultivan nunha parcela arrendada dun monte veciñal en man común, onde teñen 22 hectáreas dedi-cada a arandos, 17 a amorodos, seis a frambuesas e unha hectárea ao cultivo de moras.A compañía agraria Surexport ten unha parcela de 72 hectáreas no con-cello de Begonte e está a preparar ou-tra que rolda as 30 hectáreas no con-cello de Cospeito, todo para o cultivo de froitos silvestres. Ademais, dispo-ñen dun almacén de manipulación de produto e preparación de pedidos no concello de Castro de Rei. En total, son preto de 280 as persoas que traballan para esta empresa en Galicia, pois a factoría conta tamén con outras plan-tacións situadas en Huelva, Marrocos, Portugal e Kenia.

Destacan o cultivo de froitos silvestresdo concello

Page 14: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

14 setembro 2018 publirreportaxe

pol

Sobre estas liñas, un momento da visita á maior parte do parque móbil do Concello e, abaixo, o alcalde presentado o vehículo de maior investimento do conxunto

O presidente da Deputación Provin-cial de Lugo, Darío Campos Conde, e o alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, mantiveron un encontro a pasada semana acompañados de veciños, no que supervisaron o parque móbil de dito municipio, que vén de reforzar cunha axuda da Deputación de 186.000 euros. Campos Conde remarcou que “este investimento permitiu que hoxe o parque móbil deste Concello conte cun total de 10 vehículos destina-dos a mellorar as estradas munici-pais de 800 quilómetros que dis-corren polo núcleo urbano de Pol, así como as 19 parroquias da vila, mellorando a calidade de vida dos máis de 1.600 veciños”.Ademais do alcalde e do presiden-te da Deputación, estiveron neste acto tamén os resto de concelleiros de Pol así como o vicepresidente e o deputado de Deportes, entre ou-tras autoridades.O alcalde fixo fincapé no impor-tante que foi para o Concello esta axuda, xa que doutros xeitos non poderían contar cun parque móbil tan modernizado.Lino Rodríguez mostrou aos pre-sentes algunhas das pezas máis destacadas e presentou tamén aos operarios que traballan día a día con estas máquinas.

O presidente remarcou que “este investimento permitiu que hoxe o parque móbil conte cun total de 10 vehículos, destinados a mellorar as estradas municipais de 800 quilómetros, que discorren polo núcleo urbano de Pol, así como as 19 parroquias”

Pol reforza o seu actual parque móbil con axuda da Deputación

Lino Rodríguez mostrou algunhas das pezas máis destacadas e presentou aos operarios que traballan día a día con estas máquinas

O obxectivo é mellorar os 800 quilómetros de viais municipais

Page 15: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 15publirreportaxe

pol

>> O parque móbil do Concello de Pol conta cun total de 10 ve-hículos, son concretamente; un camión basculante, unha pala mixta, un vehículo motobom-ba, unha miniexacavadora, un camión de rego asfáltico, unha motonilevadora, unha PICK-UP, así como tres Todoterreos.

>> Con estes vehículos os veciños poden desfrutar de melloras na súa rede viaria, xa que non hai que esquecer que o Concello de Pol conta con 19 parroquias e unha ampla cabana gandeira, da que hoxe en día viven moitas fa-milias.

>> Concretamente hai máis de 12.000 cabezas de gando, 200 explotacións e exporta máis de 100.000 toneladas de madeira ao ano.

DEZ VEHÍCULOS

Campos Conde e Rodríguez Ónega,

mantiveron un encontro no que

supervisaron o parque móbil, que

vén de reforzar cunha axuda da

Deputación de 186.000 euros

Page 16: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade16 setembro 2018

muras

Muras prepárase estes días para vivir unha nova edición dunha das celebra-cións máis populares do Concello, a Feira do Poldro e do Gando do Monte, que terá lugar o 23 de setembro como día grande na Gañidoira.Esta será a edición número XXXI dunha celebración que todos os anos involucra a centos de veciños e visitantes nunha mostra na que a natureza en estado puro ten o seu máximo esplendor.A festa manterá a estrutura de anos an-teriores coa celebración a fin de semana previa dunhas xornadas gastronómicas nas que participarán os mesmos tres bares doutros anos A Volta, Santi e Pica-pán Casa Vituco. Os tres ofrecerán entre os días 14 e 16 degustacións de tapas co poldro como base da súa elaboración. Todos aqueles que queiran degustar as tres tapas recibirán un selo en cada esta-blecemento e cos tres poderán acceder ao sorteo dunha estancia no Hotel Spa Ática 21 de Vilalba o día da feira.Aínda que o día propio da feira será o domingo 23, o sábado anterior haberá tamén actividade, que dará comezo ás

19.30 horas. Estas están dirixidas aos gandeiros que baixan os animais aos curros esa mesma tarde. Así, todos eles poderán participar nunha sorte de olimpiadas rurais e haberá unha degus-tación de produtos elaborados con car-ne de poldro, ademais de empanadas e porco celta. Todo isto estará ameniza-do por un Dj.

O domingo a actividade dará comezo pola mañá cedo coa chegada do resto dos animais aos curros e co comezo de concurso de gando que organiza o Con-cello e que contará cun xurado formado por tres veterinarios da clínica Rof Codi-na. Este tradicional concurso está aber-to a todo o mundo e poden consultarse as bases do mesmo na web do Concello. Haberá premios para os tres mellores nas categorías de semental cabalar, egua, lote cabalar, semental bovino, vaca, lote bovino e cría bovina do ano. No apartado de maior número de cabe-zas de gando repartiranse cinco premios e tamén haberá distinción para a mellor cría cabalar do ano. Así mesmo, todos os que leven máis de dous animais reci-birán 50 euros.Ademais deste concurso, Puraga orga-niza tamén outro morfolóxico que terá lugar tamén pola mañá e que será unha das novidades desta edición.Non faltarán tampouco as actividades para os máis pequenos con paseos a cabalo de balde durante todo o día e a popular degustación da Hamburguesa

Gañidoira na Carpa do Concello a partir das 14.00 horas, que terá un prezo de dous euros.Entre as novidades deste ano está ta-mén unha exhibición de poda en altura e tamén destacan os roteiros polo Xis-tral para visitar os cabalos no seu hábitat natural, unha actividade que se realizará en pequenos grupos durante todo o día e que estará a cargo de Puraga.Pola tarde será o tempo das carrei-ras. Este ano, ademais da tradicional carreira de afeccionados haberá outra para profesionais que organiza o Joc-key Club Galicia para federados con premios de entre 600 e 50 euros para os catro primeiros clasificados de cada manga. As carreiras darán comezo ás 16.20 horas e as de afeccionados te-rán lugar a continuación. Nesta última haberá dúas categorías (con alzada superior e inferior a 1,50) e con pre-mios que oscilarán entre 0s 125 e os 75 euros.Ademais de todo isto, haberá diferentes exposicións, de maquinaria, razas au-tóctonas e fotográficas.

Tras o éxito rexistrado o ano pasado, o Concello de Muras acollerá o 4 de no-vembro a segunda edición do Trail das Besta, una iniciativa subvencionada polo Concello coa que se pretende po-ñer en valor o Concello de Muras e a Serra do Xistral.O II Trail das Bestas de Muras arrincará o vindeiro 4 de novembro ás oito e media da mañá. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de plástico nos cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable nalgúns puntos.O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa da Veiga des-pois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localida-de de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano.Haberá catro distancias diferentes para percorrer. A máis dura, de 43 quilóme-tros con 2.100 metros de desnivel, será o maratón, que será o que sairá ás 8.30 horas. Unha hora máis tarde será a vez da media maratón (24,5 km con 1.050 metros de desnivel), a curta e a andaina (con 15 km e 600 metros de desnivel).O ano pasado participaron nesta dura proba máis de 150 persoas polo que

este ano espérase reunir o mesmo nú-mero de persoas.As categorías serán: sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana -a partir dos 46 anos tendo en conta a idade que terá o corredor ou corredora ao final do ano-. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías que serán entregados despois das dúas do mediodía.A inscrición xa está aberta e pode facer-se a través da web https://tracktherace.com/. O prezo oscilará entre os 9 euros da andaina ata os 22 da maratón, sem-pre que a inscrición se faga antes do 26 de outubro. Se a inscrición se fai entre esa data e o 1 de novembro o prezo será de entre 13 e 26 euros. Esta inclúe segu-ro de asistencia sanitaria e R.C., avitua-llamentos -dous sólidos e un líquido no percorrido longo e un de cada no curto-, camisola oficial da proba, comida final, reportaxe fotográfico en aberto, segue-mento gps Track The Race e duchas.Tamén haberá servizo de conciliación coa instalación dun punto de atención aos máis pequenos e pequenas que du-rante a proba poderán realizar diversas actividades tal e como sucedeu o ano pasado.

A organización disporá de abastece-mentos, tanto líquidos coma solidos, fruta, barritas de cereais, xeles ener-xéticos, auga e isotónicos. É obrigato-rio por parte dos corredores traer un vaso ou sistema de hidratación para poder abastecerse nos puntos habili-tados. A organización non terá vasos como unha medida de protección do medio ambiente.

A vila prepárase para o II Trail das Bestas o 4 de novembro

A Xunta de Galicia achega 517.000 euros ao concello de Muras cos que financiará integramente diversos proxectos que inclúen a dotación de abastecemento a varios núcleos de poboación ou a insta-lación de caldeiras de biomasa en locais municipais, entre outras iniciativas orien-tadas á conservación, reposición e res-tauración do medio ambiente e a avanzar no reequilibrio territorial.O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, detallou estas achegas da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminis-tracións Públicas e Xustiza, que inci-den na mellora das infraestruturas e servizos municipais. En concreto, ex-plicou, a Xunta achega 283.000 euros para dotar dunha nova rede de abas-tecemento aos núcleos de Abelaira, Ucheiras e Cabanela, Musdradas e Abidueira, e mellorar o servizo no nú-cleo de Coruxos.Igualmente, destina 112.800 euros á ad-quisición de diverso material, orientado tanto ao coidado dos espazos naturais do municipio como á posta en marcha dunha aula itinerante de interpretación da natureza. Así, financia a compra dun-ha carpa e dos elementos precisos para organizar nela xornadas de formación

ambiental, como un proxector, ordena-dor portátil, equipo de megafonía, mesas e cadeiras.As achegas reforzarán o servizo munici-pal de medio ambiente con novo equi-pamento e coa contratación de persoal. Así, o concello adquirirá unha folla quita-neves, un cortacéspede e 10 novos con-tedores para a recollida de lixo, e tamén poderá contratar a dez traballadores: un técnico, un auxiliar administrativo para a coordinación documental e oito peóns forestais. O custo total dos contratos as-cende a case 61.400 euros.Por último, a Consellería de Presidencia achega 60.000 euros para o proxecto de substitución das caldeiras de gasóleo por outras de biomasa na Casa Consistorial e no local social do concello, o que suporá un importante aforro enerxético para o concello e tamén un importante benefi-cio social ao reducir a emisión de gases contaminantes á atmósfera.Balseiro sinalou que este conxunto de medidas “crean postos de traballo, im-pulsan a protección ambiental e paisaxís-tica e, en definitiva, melloran a calidade de vida dos veciños e veciñas, na liña do esforzo que está a realizar o Goberno ga-lego para crear as condicións que permi-tan fixar poboación nova no rural”.

Medio millón de euros para proxectos de abastecemento das parroquias

Tras un período de matrícula, comeza a funcionar en Muras o PAI (Punto de Atención a Infancia).Este centro de atención á infancia oferta un total de 20 prazas, e po-den acudir menores de entre tres meses e tres anos, de luns a venres, de 8.00 a 16.00 horas. O horario máximo de entrada será ás 10.00 horas e as saídas serán de 12.30 a 13.00 horas e a partir dás 14.00 ho-ras para os que fagan uso do servizo de comedor.A información sobre o centro está a disposición dos veciños nas Oficinas Xerais do Concello, ou nos Servizos Sociais a través do teléfono de aten-ción cidadá 982 500 001.

Comeza a funcionar o Punto de Atención á Infancia

Tradición e festaO Concello celebrará o 23 a Feira do Poldro e do Gando do Monte con xornadas gastronómicas previas

Page 17: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 17actualidade

A fin de semana do 15 e 16 de se-tembro, o Concello de Abadín ce-lebrará as súas festas patronais na honra a Santa María. Estas festas poñen fin ao verán e contan no-vamente coa organización a cargo dunha comisión.Os festexos darán comezo o sábado coa celebración da tradicional misa, ás 13.30 horas seguida da proce-sión e da sesión vemú, que estará a cargo da orquestra Salsarena.Pola noite haberá tamén música co mesmo grupo xunto co Montreal. No descanso das orquestras haberá tamén fogos de artificio.O domingo, a charanga local Batifoula abrirá a celebración con pasarrúas, an-tes da misa e procesión, ás 13.30 horas, e da sesión vermú co grupo Fénix.

Abadín vivirá as súas festas patronais a fin de semana do 15 e 16 de setembro

abadín

O Concello de Abadín contará cun trac-tor para roza subvencionado ao igual que outros 18 concellos galegos. A finalidade do vehículo é usalo na pre-vención de incendios forestais.Entre todos os asinantes, só un dos concellos pertence á Terra Chá, Aba-dín, que se sumará tamén aos lugue-ses de Baralla, Mondoñedo, Navia de Suarna e O Valadouro.En virtude destes acordos, Medio Rural financiará a compra da maquinaria por parte dos municipios beneficiados por un importe máximo de 85.000 euros en cada caso. A axuda destinarase á adquisición dun tractor e dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de bra-zo). A Consellería continuará con esta iniciativa e en breve proseguirá ache-gando financiamento, por un importe

total de 3,2 millóns de euros este ano, para a adquisición de novos tractores, ata chegar a 35 neste exercicio. Estes sumaranse aos 35 subvencionados en 2017, co que xa serán 70 os apeiros fi-nanciados, que prestarán servizo a un total de 81 entidades locais. O propósi-to de Medio Rural é seguir con esta ini-ciativa o vindeiro ano, para facilitar aos concellos a execución destes traballos de limpeza nas infraestruturas rurais, predios e redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.En total son tres as vías de colabora-ción cos municipios. Dunha banda, es-tes 19 convenios que se asinaron hoxe e aos que os concellos poden optar, por orde de prioridade, de acordo cun-ha serie de criterios obxectivos, entre os que figuran o seu número de enti-

dades singulares de poboación, a súa superficie ou que teñan subscrito con Medio Rural o convenio para a partici-pación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018.Doutra parte, e dado que non todos os concellos podían optar a estas axudas por non cumprir coas refe-ridas condicións, incorpórase unha segunda modalidade, a través das xefaturas territoriais. Serán elas as que cheguen a acordos de colabora-ción coas entidades locais para o uso desta maquinaria, que seguirá sendo propiedade da Consellería. En con-creto, as xefaturas da provincia da Coruña e Lugo recibirán tres tracto-res cada unha, cinco a de Ourense e catro a de Pontevedra.

O Concello contará cun tractor de roza para a prevención de incendios forestais

O Concello ten prevista a construción dun parque fronte á igrexa de Rábade para o que está a negociar estes días a adquisi-ción dos terreos, que son propiedade pri-vada. O obxectivo é construír no mesmo un parque infantil, unha zona verde e un parque biosaudable, que se convertiría no pulmón da zona norte. Segundo explica o alcalde, Francisco Fernández Montes, a idea é unir este espazo con unha finca que de por unha banda á rúa Gabriela Nieto Chaín e por outra á rúa san Vicenzo.

A idea de facer unha zona verde no lugar xa ven de tempo atrás. De feito o Concello iniciou os trámites de compra dun terreo anexo á igrexa pero finalmente as nego-ciacións non frutificaron polo que agora están traballando na compra deste outro terreo “que se adapta moito mellor, xa que ten máis espazo e cumple mellor para facerse o parque e a zona verde”. “Unha vez resolto o tema da compra habería que orzamentar e buscar financiamento”, ex-plica Fernández Montes.

Negocian a compra dun terreo para construír un parque

rábade

O Concello de Rábade saca a licita-ción estes días dous proxectos, por unha banda a instalación de cámaras de seguridade vial no polígono que ten un orzamento de 30.000 euros.A Consellería de Economía, Emprego e Industria financia con 29.000 euros a implantación deste sistema de videovixilancia para mellorar a se-guridade do parque empresarial de Rábade. aportando o 80 por cento do custo total do proxecto.No caso concreto de Rábade, o in-vestimento servirá para instalar un moderno sistema de vixilancia, baseado en tecnoloxía intelixente que proporciona percepción da si-tuación de risco en tempo real para responder con maior axilidade ante unha incidencia. Entre outras ferra-mentas, sérvese de cámaras que procesan por si mesmas as imaxes e envían á central sinais de aviso.

As obras consisten na instalación do armario principal, incluíndo equi-pamento de fibra, videogravador, discos duros e instalación en altura de 13 cámaras e de todo o cableado eléctrico e de datos necesario.A outra obra que sairá licitada a fi-nais de mes é o arranxo da rúa que vai do Concello ata a estrada de Vi-lalba, a rúa Lópe de Vega.Nesta obra, que ten un orzamento de 80.000 euros, realizarase a pa-vimentación e ampliación de beira-rrúas e pasará a ser unidireccional. Esta reparación realizarase con car-go aos plans de estradas da Deputa-ción Provincial.Finalmente, o Concello acometerá proximamente as obras de finaliza-ción da rúa Buenos Aires e parte de Camiño Real, que xa está adxudica-da e que consistirá en botar aglome-rado e zarra.

O Concello licita a obra de Lope de Vega e a instalación de cámaras no PolígonoO Concello de Rábade abriu o prazo

de inscrición para as escolas deporti-vas, que contan cunha media de cen nenos e nenas menores de idade.Desde atletismo a rugbi, pasando polo fútbol, fútbol sala e balon-cesto, tenis, voleibol, zumba, pa-tinaxe, ximnasia rítmica, xadrez, taekwondo, loita, atletismo, balon-mán ou tenis de mesa, o Concello conta con continuar un ano máis con este proxecto que promocio-na o deporte entre os pequenos e que dará comezo o 1 de outubro. Aínda que en ocasións anteriores estas remataron o 31 de maio este ano tentarán prolongalas ata o fin do ano escolar.Os interesados en anotarse ás esco-las poden facelo no departamento de Cultura e Deportes do Concello lembrando que o prezo por activida-de é de 10 euros por persoa ao mes con descontos do 50% por segunda actividade ou irmán. O prazo de ins-crición remata o 21 de setembro.

Abre o prazo para inscribirse nas escolas deportivas

Finca que o Concello está en trámite de mercar

Page 18: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade18 setembro 2018

DEPUTACIÓN

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde, e o alcalde de Riotorto, Cle-mente Iglesias González, supervisaron este mércores os traballos de mellora da LU-P-4402, que vai da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo, na que se están a executar obras de re-novación do firme nun treito de 5,6 kms, dende o punto 3,4 ata o 7,3 en Riotorto, e do punto 1,7 ao 3,4 na Pastoriza.Campos Conde, e o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, supervisaron as obras de mellora no treito da estrada que transcorre por este Concello. Ademais, aproveitaron para coñecer de primeira man o estado da estrada LU-P-1106, ao seu por Xemil, onde o elevado volume de tráfico, debido aos traballos dunha can-teira situada neste núcleo, provocaron o deterioro do firme.Nesta mesma estrada, que vai de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Breto-ña a Lindín, o Executivo Provincial vai a executar traballos nun treito de 1,7 quiló-metros, dende o punto 13 ata o 16,9. En total, o Goberno da Deputación destina preto de 265.000 euros, para o arranxo da LU-P-4402 e a LU-P-1106.

Campos Conde avanzou que “tras fina-lizar a limpeza de cunetas, esta mesma semana comezarán os traballos de re-habilitación do firme, empregando aglo-merado en quente e dotando as estradas dun novo pavimento. Unha vez renovada a capa de rodaxe, procederase ao pinta-do da vía e, polo tanto, á renovación da sinalización horizontal e vertical, mello-rando ao mesmo tempo a seguridade vial”.O presidente engadiu que “son dúas estradas fundamentais para os veciños

desta Comarca, non en vano a LU-P-4402 une os concellos da Pastoriza e Riotorto, mentres que a LU-P-1106 conecta algun-ha das parroquias máis importantes da Pastoriza como son as de Bretoña, Reigo-sa, Úbeda, Vián e o Lugar de Xemil. Con estas obras buscamos mellorar as comu-nicacións e a calidade de vida dos máis de 4.000 veciños e veciñas destes con-cellos que empregan a diario as estradas para os seus desprazamentos, dentro da nosa aposta por unha Deputación social, rural e coas persoas”.

Mellorados sete quilómetros de vías na Pastoriza e Riotorto

O presidente da Deputación visitando as obras na Pastoriza

O Goberno da Deputación mellorou con 80.000 euros unha estrada na parroquia de Lousada, en Xermade, que vai cara as praias da Mariña. Trátase tamén dunha vía que une a parte alta do Concello co municipio veciño de Muras e que em-pregan a cotío os veciños da zona por tratarse dun atallo para ir ás praias da Mariña, concretamente ás de Viveiro, que son as que están máis preto do mu-nicipio xermadés.Fernández Queipo destacou que “son traballos que executamos nun treito dun quilómetro que beneficia aos veci-ños do Concello de Xermade, Muras e tamén Vilalba. Son pequenas obras que teñen un grande impacto no día a día dos lucenses”. Neste senso, o vicepresi-

dente lembrou que o Executivo provin-cial investiu 40.000 euros na reparación de firme nas parroquias de Cabreiros, Fraixo e Xermade, todas elas de aproxi-madamente un quilómetro. Eran vías secundarias que tiñan fochancas e que dificultaba o acceso dunha vintena de veciños ás súas casas.García Pernas agradeceu a “constante colaboración” do Goberno da Deputa-ción co Concello de Xermade” e lem-brou que “seguimos á espera de que a Xunta de Galicia arranxe a estrada autonómica LU-170, que é unha antiga reivindicación dos veciños de Xermade, que o Goberno de Feijóo prometeu en moitas ocasións pero nunca executou”.

Arranxada a vía de Xermade que vai cara as praias da Mariña

Unha imaxe da vía tras as obras de remodelación

A vicevoceira da Deputación, Pilar García Porto, informou sobre aprobación de traballos de mellora de máis de 9 qui-lómetros en 4 estradas provinciais nos concellos de Outeiro de Rei e Begonte cun investimento de 422.000 euros. “Es-tes traballos consistirán na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, renovación da sina-lización e, polo tanto un incremento da seguridade vial nestas estradas”, sinalou García Porto.En Outeiro de Rei, que conta cunha ache-ga dos fondos provincias de 303.000 eu-ros, son 1,9 quilómetros da LU-P-1109, que vai de Dumpon, por Cornide a Arcos, entre os puntos quilométricos 1,7 e 3,7, trátase dunha vial moi frecuentado. Na LU-P-3907, que vai de Arcos a Ceao por Vilar, arranxaranse dende o punto 3,1 ata o 4,07; e na LU-P-3908, dende o punto 3,4 de Ramil, por Martul ata o punto da LU-P-2905, entre os puntos quilométri-cos 3,1 e 4,07.En Begonte, con 118.600 euros, mello-raranse 2,8 quilómetros da estrada LU-P-0801, que vai dende a N-IV en Begonte, a Veigas de Baltar, do punto quilométrico 0 ao 2,8. Con estas obras de mellora bene-fícianse ata preto de 1.000 veciños da vila que empregan a cotío estas vía de comu-nicación, xa que transcorre polos núcleos de Amil e Altive ata chegar ao núcleo de Begonte.Logo da aprobación na Xunta do inicio dos traballos, nas vindeiras semanas, abrirase o prazo para que as empresas interesadas poidan participar no proceso de contratación.

Traballos en estradas de Outeiro de Rei e Begonte

O vicepresidente e deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, avanzou que o Executivo aprobou en Xunta de Goberno novos investimen-tos por valor de 200.000 euros para a mellora de dotacións públicas do rural de 5 concellos: Navia de Suarna, Muras, Ribas de Sil, Guitiriz e Pol. Son obras coas que o Goberno da Deputa-ción busca mellorar servizos, “porque o futuro da provincia pasa polo impul-so do noso rural e sobre todo, polos servizos dos que dispoñen os nosos veciños”, apuntou.A primeira das actuacións aprobadas son 50.000 euros da Deputación para reparar e consolidar a ponte Bermú-dez en Muras. O Concello achegará outros case 20.000 euros o que fai un orzamento total de 70.000 euros. O Executivo colabora con este proxecto pois arestora a ponte está moi dete-riorada, caendo incluso algunha pedra. Trátase dunha ponte que cruza o río Eume, nunha zona rural entre Muras e Vilalba. Son traballos moi necesario pois a ponte é un paso habitual de gan-do e maquinaria agrícola, así como de vehículos pequenos.Ademais, aprobou 8.500 euros de re-

manentes do Plan Único, proceden-tes das baixas de contratación, para executar máis obras no Concello de Guitiriz. Son para a dotar de alumea-do público aos veciños de Toxeira, un pequeno núcleo rural de Labrada, no que viven unhas 10 persoas e que non dispuñan deste servizo; así como para a reparación dun acceso rural en Casa Muíno, en Pígara, que se mello-rará pois da acceso a fincas agrícolas.En Pol, investiará 118.000 euros para mellorar 3 quilómetros de 2 vías. Son por unha banda os derradeiros traba-llos na LU-P-1611, no coñecido como cinto comarcal, no que se mellorará 1,4 quilómetros, vía tamén na que este ano invisten 230.000 euros máis; e na LU-P-4601, que vai de Fonfría a por Rioxán. É unha vía que vai dende Mosteiro, en Pol, ata a estrada auto-nómica que vai cara Ribeira de Piquín e A Fonsagrada. As actuacións especí-ficas que se realizarán nestas vía son a rexeneración do firme con aglome-rado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade coa ins-talación de sinalización horizontal e vertical.

Aprobados investimentos nos concellos de Muras, Guitiriz e Pol

O Executivo aprobou na Xunta de Go-berno destinar destinar 3 millóns de euros na mellora de 57 quilómetros de 28 estradas provinciais, que dis-corren por 11 concellos da provincia. Así o avanzou o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, quen subliñou que se trata “dun novo investimento, que se enmarca dentro da aposta des-te Goberno provincial pola necesaria mellora das infraestruturas no rural lu-gués para potenciar a calidade de vida dos nosos veciños dende unha Depu-tación rural e sempre coas persoas”.Santos Ramos apuntou que “destes 3 millóns de euros, achegamos 2,6 mi-llóns ao inicio da contratación de me-lloras en 46 quilómetros de 23 estra-das polo concellos de Abadín, Folgoso do Courel, Baleira, Muras, Sober, Por-tomarín, Xermade e Samos. Trátase da licitación destas obras cuxa inves-timento final dependerá das ofertas que se presenten e das adxudicacións resultantes”.O voceiro do Goberno engadiu que “outros 400.000 euros son os que achegamos ás melloras xa contratadas en case 11 quilómetros doutras 5 es-tradas provinciais que discorren polos municipios de Paradela, Castro de Rei e Cospeito”.En Castro de Rei realizarán a reha-bilitación do firme nun treito de 1,7 quilómetros da estrada LU-P-1109: de Dumpin por Cornide a Arcos, entre os puntos 0 e o 1,7; e a mellora de 3,9 quilómetros da LU-P-1107 que vai de

Castro a Rábade, con 180.742 euros.En Cospeito, a mellora de 1,9 quilóme-tros da estrada LU-P-6501, de Vilalba a Feira do Monte, en distintos treitos da vía comprendidos entre o punto 4,3 e o 5,5, entre o 7,5 e o 8, e entre o 8,1 e o 8,3, con 97.713 euros.Tamén licitaron obras en Abadín: 202.500 euros para a rehabilitación de 3 quilómetros de 2 estradas (LU-P-0107, de Abadín a Fanoi, entre os puntos 0 e 2,2; e LU-P-0110, de Foxas á Ponte de Aldixe, entre os puntos 0 e 0,8). En Muras foron 758.300 eu-ros para a rehabilitación de 12,8 qui-lómetros de 4 estradas (LU-P-3401, de Aguias a Muras e Ramais á Igrexa do Burgo, do punto 0 ao 1; LU-P-3404, de Casateita a Escola de Paio, do punto 0 ao 1,9; LU-P-3406, de Picheira, por Irixoa, a Balsa, do pun-to 0 ao 2,6, e LU-P-6502, de Vilalba, por a Balsa, a Chavin, do punto 24,3 ao 26,7 e do 27,1 ao 32. En Xerma-de destinaron 342.500 euros para a rehabilitación de 7,4 quilómetros de 3 estradas (LU-P-2201, de Candamil a Xermade, do punto 0 ao 2,2; LU-P-2202, de Pedreira a Casanova, do punto 0 ao 1,9, e LU-P-2206, de Roupar por Lousada a Vilapedre, do punto 1,9 ao 5,2.Santos Ramos explicou que “en Muras destinamos 6.000 euros para melloras de eficiencia enerxética co cambio de farois por leds nos núcleos de O Pe-reiro, Rebordelos, O Curro, Santar de Abaixo, A Cabana e O Coto.”.

Outros 3 millóns para 57 kms en Abadín, Muras e Xermade

Page 19: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 19publicidade

Page 20: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

20 setembro 2018 publirreportaxe

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Go-berno o DesenvolvendORural, o 1º Plan de desenvolvemento integral da provincia. Trátase do primeiro paso para a posta en marcha deste pioneiro plan, dotado de 2,2 mi-llóns de euros, co que o Executivo da Deputación muda a súa política de emprego, dirixíndoa a promoción económica e social para impulsar e poñer en valor o rural lucense. Busca cumprir 2 obxectivos a longo prazo: xerar emprego e fixar poboación na provincia. Farao a través de 4 liñas

básicas de acción: promoción do 3º sector, plan de 1ª oportunidade, fo-mento do emprendemento rural e capacitación profesional.Santo Ramos destacou que 2 “o Des-envolvendORural é un programa in-tegral de promoción económica e so-cial da provincia, co que o Goberno da Deputación busca xerar emprego de calidade, aumentar os servizos públicos aos veciños e captar talen-to, co fin de buscar novas oportuni-dades no rural e fixar poboación”.Neste senso, explicou que “facémolo porque Lugo é unha provincia emi-nentemente rural e na que temos

que buscar novos camiños de futu-ro que nos permitan garantir vivir no rural e do rural, aumentando os servizos que ofrecemos aos nosos veciños e igualando, polo tanto, as condicións de vida entre as zonas ur-banas e rurais”.“Dende este Goberno traballamos por ser unha Deputación rural, su-mamente social e coas persoas, pois sabemos que cremos que dende as administración públicas que somos debemos dar resposta ás necesida-des do nosos veciños, así como as do propio territorio, dun xeito eficaz e áxil”, destacou.

4 LIÑAS BÁSICAS DE ACTUACIÓNO voceiro do Goberno explicou que na sesión de hoxe aprobouse esta programación de promoción social e económica na provincia e que, nas vindeiras semanas, se informará máis polo miúdo de cada unha das liñas que contempla, así como dos prazos e requisitos para que os veci-ños da provincia poidan concorrer a dita programación. Estas son:

1.- PROMOCIÓN DO 3º SECTOR: A través desta liña o Goberno da Deputación busca promover e au-mentar a prestación de servizos

especialmente no rural e fixar po-boación. Para elo, estableceranse colaboracións co tecido asociativo lucense, que é o denominado 3º sector, para impulsar a prestación dos servizos públicos que se ofre-cen aos veciños.“É un ámbito que habitualmente non se aborda dende as adminis-tracións públicas, a pesares de que, na maioría dos casos, este 3º sector presta un servizo esencial para a cidadanía, especialmente no rural. Trátase dun eido moi im-portante pois na provincia de Lugo, especialmente nas zonas non urba-nas, estímase que hai ao redor de 50.000 persoas en risco de exclu-sión social ou en situación de vul-nerabilidade”.

2.- PLAN DE 1ª OPORTUNIDADE: A recuperación económica está a cas-tigar aos mozos e mozas do país. De feito, a súa presenza no mercado laboral leva camiño de reducirse á metade nos últimos 10 anos. En Es-paña, a pesares de ter unha mocida-de con formación superior maior á media europea, é un dos países con menor taxa de inserción laboral. Isto o que produciu foi a emigración de centos de mozos e mozas con ta-lento fóra do pais, situando a Gali-cia na 3ª rexión española con maior emigración de mozos, só por detrás de Madrid e Cataluña.

Con este plan, o Goberno Provincial promove a captación do talento de lucenses con titulación universita-ria ou con Formación Profesional

Crea DesenvolvendORural, o primeiro plan de desenvolvemento integral, ao que destina 2,2 millóns

“Facémolo porque Lugo é unha provincia eminentemente rural e na que temos que buscar no-vos camiños de futuro que nos permitan garantir vivir no rural e do rural, aumentando os ser-vizos que ofrecemos aos nosos veciños e igualando, polo tanto, as condicións de vida entre as zonas urbanas e rurais”

Álvaro Santos, voceiro do grupo de Goberno da Deputación Provincial, durante a presentación do plan

A Deputación vólcase co rural

Page 21: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 21

Darío Campos, presidente da Deputación, presentando a liña de axudas

O presidente da Deputación, Da-río Campos Conde, informou que o Goberno Provincial puxo en marcha unha liña de axudas para a recupe-ración de terras abandonadas cun valor total de 300.000 euros, “coas que dende este Goberno Provincial reafirmamos o noso compromiso cos gandeiros e agricultores da provin-cia”, destacou.“Trátase dunha liña que volvemos dende este Goberno volvemos ofre-cer porque así mo trasladaron per-soalmente os produtores da provin-cia e coa que continuamos a poñer en valor o rural da nosa provincia. Como vedes, o compromiso deste goberno co rural non é un slogan, se-nón unha realidade que se demostra con feitos coma este”.Son un total de 300.000 euros di-rixidos a gandeiros e agricultores

a título individual; agrupacións de produtores; ou persoas xurídicas coa titularidade de explotacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectá-rea de superficie, ben en réxime de propiedade, aluguer, ou froito dunha cesión ou doazón.

Recuperarán as terras baldías con ac-tividades agrícolas ou gandeiras. As plantacións forestais non están sub-vencionadas. A axuda por hectárea é

de 500 euros, podendo recibir cada beneficiario ata 9.000 euros.Logo da aprobación das bases des-tas axudas, terán que ser publicadas na Base Nacional de Subvencións e logo no Boletín Oficial da Provincia. A previsión é abrir o prazo de pre-sentación de solicitude nos vindeiros 15 días. Campos Conde lembrou que esta é unha liña de axudas totalmente pio-neira nunha administración pública galega, que o Goberno da Deputa-ción puxo en marcha durante os anos 2014 e 2015. Deste xeito, e tan só durante estes dous anos, o Executivo Provincial ofreceu axudas por valor de case 560.000 euros coas que un total de 178 agricultores e gandeiros lucenses puxeron en produción case 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia de Lugo.

publirreportaxe

para que teñan o seu primeiro con-tacto laboral na provincia, facendo prácticas na Deputación de Lugo. Isto permitirá, ademais de formar a estes mozos, aumentar e moder-nizar o catalogo de servizos que dende esta administración se aos veciños, especialmente no rural, e impulsar as súas carreiras pro-fesionais en Lugo, fixando tamén poboación.

3.- FOMENTO DO EMPRENDEMEN-TO: O emprendemento quizais sexa unha das vías máis importantes para o crecemento económico na provincia. É por iso polo que a tra-vés desta liña, se ofrecerán premios ás mellores ideas empresariais des-envolvidas no rural de ata 20.000 euros. Deste xeito, foméntase a fixación da poboación coa creación de empresas no rural lucense.

4.- CAPACITACIÓN PROFESIONAL: A formación para os veciños e a trans-formación de sectores moi castiga-dos pola crise son outro dos puntos que este pioneiro plan do Goberno da Deputación abordará. Para iso formarase a veciños e veciñas lu-censes, parados de longa duración, para capacitalos profesionalmente en sectores relacionados coa pres-tación de servizos así como co sec-

tor primario, e reconvertes os seus perfís laborais.Deste xeito, recalaranse perfiles la-borais tradicionais castigados pola crise a outros en sectores estra-téxicos da nosa provincia, cos que ofrecer máis servizos aos veciños e impulsar as actividades agrogandei-ras e forestais.

>> Son un total de 300.000 euros dirixidos a gandeiros e agricultores a título individual; agrupacións de produ-tores; ou persoas xurídicas coa titularidade de explo-tacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie, ben en réxime de propiedade, aluguer, ou froito dunha cesión ou doazón.

>> A axuda por hectárea é de 500 euros, podendo reci-bir cada beneficiario ata 9.000 euros.

>> Todos os interesados teñen de prazo ata o 17 de setembro.

>> Na web da Deputación Provincial hai un banner con toda a información.

OS DATOS

O Executivo Provincial pon en marcha unha liña de axudas para o rural da provincia

“É un programa integral de promoción económica e so-cial da provincia, dotado de 2,2 millóns, co que buscamos xerar emprego de calidade, aumentar os servizos públicos aos veciños e xerar emprego co fin de buscar novas opor-tunidades no rural e fixar po-boación”

A idea é que se recuperen as terras baldías con actividades agrícolas ou gandeiras

Page 22: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade22 setembro 2018

AO NOSO CARÓN

Debido á gran extensión do municipio e á numerosa cantidade de quilómetros de pistas e estradas que comunican o muni-cipio, desde o Concello de Friol apostan por seguir investindo na mellora das mesmas, xa que debido ás condicións meteorolóxicas adversas que se dan con frecuencia, o tránsito diario e o paso do tempo fan mella no estado das vías.Tamén en Friol, parte do Plan Único de colaboración cos concellos foi destina-do á pavimentación das diferentes vías das parroquias do municipio como é o camiño da Gándara, o acceso a Ferrei-ra, o camiño de Mundín a Bustelo e o que comunica o cruzamento de Castro Cancela a Ximondriz, Carballo a Laxe, accesos á Igrexa de Silvela, accesos en Currás, viais na Laxe accesos desde Fonte de Ou Can a Rodo do Muíño, pis-ta en Tralacorda e accesos no núcleo de Burgo do Negral.Trátase da execución de tres proxectos de melloras no pavimento dun total de 31 km, todas estas vías situadas en di-ferentes núcleos do rural de Friol. Para a realización destas obras leváronse a cabo movementos de terras para ensanchar e sanear os puntos de actuación, tamén sem realizaron drenaxes, fixéronse traba-llos de limpeza e reapertura de cunetas,

reparación de tramos con gravillón de colmatación estendido e compactado, aplicación de rego asfáltico, etc.Outro dos proxectos finalizados é o de rehabilitación de tres centros sociais das parroquias de Roimil, Carlín e do núcleo da Laxe. Estas tres edificacións necesita-ban unha importante mellora, sobre todo nos exteriores. Ditos traballos consistiron en renovar cubertas e impermeabilizar interiores así como no acondicionamen-to das partes exteriores.“Son tres centros moi utilizados polos veciños de ditos lugares xa que logo eran unhas obras moi demandadas moi necesarias, así o entendemos des-de o Equipo de Goberno, fixemos un esforzo para incorporar este proxecto a este plan para que os veciños poidan dispoñer dos locais nas mellores con-dicións posibles para que leven a cabo diferentes actividades con fins sociais”, comenta o alcalde José A. Santos. “Des-de o concello tamén se está traballando nos últimos detalles do renovado do centro social da parroquia de Lea, esta-mos xestionando o poder equipalo de electricidade e de abastecemento de auga, para que nun prazo breve os ve-ciños poidan dispoñer destas renovadas instalacións”, engade o alcalde.

O Concello mellora varias vías municipais e centros veciñais

O alcalde, supervisando unha das obras

friol

A Xunta de Galicia impulsa ao longo deste ano no concello de Friol actua-cións encamiñadas a mellorar servizos e infraestruturas e a financiar iniciati-vas de emprendemento. Estas accións, que se levaron a cabo neste 2018 e que están previsto executarse ata finais do 2018, suman un importe global que su-pera os 7 millóns de euros.Así o deu a coñecer, a modo de ba-lance, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen visitou a localidade acompañado polo alcalde, José Ángel Santos, e de técni-cos da Axencia Galega de Infraestru-turas (AXI).

TRAVESÍA. A presenza destes últimos tiña por obxecto avanzar os detalles das obras de mellora que executará a Consellería de Infraestruturas e Viven-da na travesía de Friol e cuxo inicio está previsto para mediados do vindeiro mes de setembro. O proxecto afectará a este tramo de 1.550 metros da estra-da autonómica LU-934 (Friol-límite coa provincia da Coruña) e suporá un inves-timento próximo aos 100.000 euros.A intervención consistirá no fresado das partes deterioradas da calzada nas que xa se produciu un esgotamento estru-

tural do firme, repoñendo os espesores fresados con novas mesturas bitumino-sas en quente. A continuación, esten-derase unha nova capa de rodadura na estrada, para finalizar co repintado da sinalización horizontal. As obras serán financiadas con cargo ao contrato de conservación ordinaria da zona Norte da provincia de Lugo que ten en mar-cha a AXI.

EMPRENDEMENTO. Con todo, os compromisos da Xunta coa veciñanza deste municipio son aínda maiores, xa que logo a administración autonómica contribúe ao financiamento doutras moitas accións, como por exemplo, os máis de 321.000 euros que cada ano achega con cargo ao Fondo de Coope-ración Local.Outras achegas relevantes son as des-tinadas ao sostemento do servizo mu-nicipal de axuda no fogar para persoas dependentes, que reciben unha ache-ga anual de case 200.000 euros, ou os 400.000 que reserva para o convenio de remodelación do centro sociocul-tural.A zona rural e os profesionais do agro son destinatarios prioritarios dos in-vestimentos da Xunta, tanto a través

da execución de obras de mellora de camiños, valoradas en 70.500 euros, como da concesión de axudas direc-tas a profesionais da actividade agro-gandeira que suman 5,2 miilóns de euros (PAC), plans de mellora, e novas incorporacións). A Xunta tamén apoia diversas accións de emprendemento no municipio de Friol. A través do Grupo de Desenvolvemento Rural da comarca de Lugo están en marcha ac-tualmente cinco iniciativas empren-dedoras subvencionadas con 477.000 euros.Outro dos investimentos relevantes son os 200.000 euros que se destinarán á mellora do abastecemento de auga en Prado, idéntica cifra á que permitiu a posta en marcha do novo albergue do Camiño ao seu paso pola localidade.Finalmente, a Xunta tamén achegou 52.400 euros para a mellora da ilumi-nación pública de Muraza, San Martín, Bra e Carlín; 30.000 euros ao plan in-tegrado de emprego que comparte cos concellos de Begonte, Rábade e Outeiro de Rei, ou máis de 31.000 eu-ros destinados á contratación de tra-balladores a través o programa Aprol do Rural e de apoio á contratación de perceptores da Risga.

Desenvolven obras no concello por valor de 7 millóns de euros

Coa colaboración do Club de Atle-tismo Friol, ponse tamén en mar-cha a Andaina Popular Concello de Friol o sábado 22 de setembro con saída ás 11.00 horas dende a Casa do Concello ata chegar á Torre de San Paio, o que supón uns seis qui-lómetros de ruta.Ao remate do percorrido dous auto-buses transportarán ás persoas inte-resadas de volta a Friol.A inscrición pode formalizarse de xeito gratuíto ata o 20 de setembro e inclúe unha camiseta de agasallo aportada polo Concello.Ademais, a organización porá a dis-posición dos participantes botellas de auga, aínda que recomenda que cada un leve a súa botella.As previsións son volver congregar a centos de persoas como o ano pasa-do, en especial á xente maior que é moi habitual destes eventos.

Celebrará a súa tradicional andaina o día 22

Festas na Purreira.- A parroquia da Purreira en Friol celebrará as súas festas na honra da Virxe das Dolores os días 22 e 23 de setembro. Nas festas haberá unha gran verbena a cargo do Grupo Fusión e Karmín. Ademais contarán cun concurso de baile con numerosos premios para os primeiros clasificados. O día 23 será a vez da tradicio-nal misa, ás 13:30, horas seguida da sesión vermú co Trío Chic.

Asoporcel.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, felicitou os comu-neiros do monte de Carballo e a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) polo seu proxecto de aproveitamento de recursos naturais a través da explotación extensiva deste tipo de gando. O proxecto baséase nunhas instalacións modulares, facilmente transportables e de funcionamento autónomo, que aprovei-tan o uso de enerxías renovables e das tecnoloxías da información e a comunicación para a correcta xestión de recursos naturais.

Page 23: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 23actualidade

O Concello e Friol vén de adxudicar unha serie de obras no rural por un importe de 230.000 euros. O primeiro destes proxectos, cun impor-te de 36.450 euros, financiado pola Xun-ta de Galicia é o afirmado e pavimenta-ción do Camiño Real, desde Lugo a Friol. Trátase da execución dun proxecto moi demandado e necesario, ante o inte-rese mostrado por diferentes veciños e asociacións de carácter turístico na rehabilitación e acondicionamiento do Camiño Real.Segundo o alcalde, José A. Santos, des-de o Equipo de Goberno entenden que pode ser unha importante e positiva ac-tuación, debido ao auxe do sendeirismo para dar a coñecer as paraxes, e que á vez suporá unha fonte de riqueza para os negocios asentados no municipio.O Camiño Real ten orixe romana, actual-mente o seu percorrido atópase indicado con flechas verdes que supoñen unha orientación sen perda para o camiñante. Devandito camiño é o nexo entre o Cami-ño Primitivo de Lugo e o Camiño Norte de Sobrado dos Monxes, pasa por dife-rentes parroquias do Concello de Friol, que é o lugar onde se realizarán as actua-cións, as cales comprenden 11 quilóme-tros. Devandito proxecto ten un prazo de execución de seis meses.Outros dos proxectos adxudicados é a mellora da xestión de residuos no par-que empresarial de Friol, financiado

pola Consellería de Industria e adxu-dicado por un importe de 25.125,65 euros. “Dado o auxe que está tendo o parque empresarial de Friol, desde o Concello considerouse a necesida-de de colocar todo tipo de colectores nas súas rúas cos seus respectivos an-claxes”, explica o alcalde.O terceiro proxecto adxudicado é o de mellora de eficiencia energética na rede de iluminación pública do rural de Friol, nesta ocasión consta dun importe de 36.156 euros que ten un prazo de execu-ción de 6 meses.O Concello de Friol continúa así con proxectos de eficiencia energética, nesta ocasión financiado desde a Xunta de Ga-licia dentro do Fondo de Compensación Ambiental, no que o Concello de Friol sufraga os gastos de honorarios técnicos, é dicir, proxecto e dirección de obra, o que supón un total de aproximadamente cinco mil euros de fondos propios para a renovación de iluminación pública en diferentes parroquias como A Muraza, parroquia de Trasmonte, San Martiño de Brá e Carlín.Entre as obras que se levarán a cabo nes-tas parroquias están o correcto illamento e saneamiento de cableado, sustitución de cadros de mando, instalación de to-mas de terra en devanditos cadros e protección das luminarias, conexión das caixas fusibles e calquera outra actuación que poida ser necesaria para mellorar

o servizo. Todo iso supón a redución de contaminación lumínica á vez que unha importante redución de gastos enerxé-ticos, ademais de mellorar a calidade do propio servizo.O alcalde comprométese a que nos próximos anos queden renovados e mellorados todos os puntos de luz do municipio, dado que considera priori-tario mellorar devandito servizo para que os veciños de Friol poidan gozalo e á vez aforrar dun xeito importante o gasto na facturación de consumo de enerxía.O último proxecto é o mantemento de camiños municipais. Trátase dun proxec-to de mellora e acondicionamento en di-ferentes pistas de titularidade municipal en diversas parroquias e ten un importe de 87.961,17 euros.Trátase dunhas obras de mantemento moi necesarias e demandas nas pistas chamadas; Camiño O Pereiro, Camiño en Guldriz de Abaixo, Camiño Vila Gran-de, Camiño en Roimil, Camiño en Asca-riz, Camiño na Casanova, Camiño en O Freixido, Camiño en Abeledo, Camiño en O Vilar e Camiño en Fontiña.Este proxecto, que está financiado pola Consellería de Medio Rural a través de Agader repercutirá en melloras duns 19,5 km da rede viaria que posúe o Con-cello, unhas obras moi importantes para os veciños das parroquias que se verán beneficiadas.

Friol adxudica catro proxectos de obras na zona rural

Curso de informática.- O Concello de Friol acollerá a partir de setembro cursos de informática para maiores que darán comezo o 18 de setembro e que terán unha duración de 60 horas.

A Asociación cultural Carballo Vivo de Friol celebrará o 15 de setembro o Día do Socio cunha serie de actividades que se alongarán durante toda a xor-nada e que poñer fin ao verán.A celebración terá lugar na área re-creativa do Carballo e contará cun almorzo con chocolate, xogos popu-lares, música, xantar e cea. Ademais, para todos aqueles que aínda lles que-den forzas haberá ruta nocturna.Todas estas actividades serán gratuítas para os socios e os que queiran asistir sen selo deberán abonar 12 euros.

A asociación Carballo Vivo festexa o Día do Socio

Page 24: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade24 setembro 2018

O Concello de Meira acometerá as obras da traída de OrpínA conselleira do Medio Rural, Án-

geles Vázquez, recibiu en San Cae-tano á nova directiva responsable da planta leiteira de Meira. Esta instalación foi adquirida re-centemente por Naturleite, filial galega da Cooperativa Ganadera del Valle de los Pedroches (Co-vap), con sede en Córdoba.O presidente desta entidade, Ri-cardo Delgado, acompañado por outros responsables da coopera-tiva, así como por representantes de Naturleite e de Mercadona, presentou á conselleira os seus plans para impulsar esta industria, que pasan por poñela ao cen por cento do seu rendemento, para seguir fornecendo de materia pri-ma á devandita distribuidora de ámbito nacional. A titular de Medio Rural agrade-ceulles aos directivos o seu com-promiso con Galicia e amosou a súa plena disposición a seguir colaborando para impulsar esta

iniciativa, pola súa importancia para o sector lácteo da nosa Co-munidade.O encontro deixou un bo sabor de

boca a todas as partes xa que dá continuidade a un proxecto que ten unha forte base económica no Concello de Meira.

A nova directiva da leiteira de Meira preséntase ante a conselleira

A Concelleira Ángeles Vázquez, reunida coa directiva da leiteira

O Concello de Riotorto inicia estes días as obras de recuperación do centro so-cial de Vilar de Santiago, ubicado na an-tiga escola unitaria da parroquia.As obras consistirán na substitución da cuberta, a instalación dun piso de ma-deira, o pintado de todas as instalacións e o revestimento da fachada. Estas obras acométense con cargo ao GDR2 de Vilalba e teñen un orzamento de 34.000 euros.Estas obras realízanse polo estado de deterioro do edificio, moi utilizado polos veciños para a celebración de actividades socioculturais. De feito na planta baixa impártese ximnasia de mantemento, taller de manualidades e cursos de informática.

SANEAMENTO EN CACHÁ. Por outra banda, o Concello de Riotorto acome-terá tamén as obras de saneamento na parroquia de Cachá, obras que teñen un orzamento de 20.000 euros con cargo á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. Esta obra contempla a crea-ción dunha rede de saneamento para estas casas que ata o de agora estaban

vertendo ao río directamente a través dunha fosa séptica e que agora irán á depuradora.As obras consistirán na creación de ca-nalizacións desde as vivendas a un co-lector xeral que se unirá despois á rede xeral do Concello.

Ademais, nestes días comezan tamén as obras de asfaltado dos viais de Al-durfe, Chacín e Órrea, con cargo ao Plan Único. Ao mesmo tempo concluí-ron tamén as obras en Soutelo e Lori-gados, estas con cargo ao Plan Marco da Xunta de Galicia.

O Concello recuperará o centro social de Vilar de Santiago

O Concello de Meira realizará as obras de construcción da rede de abastecemento de augas no lugar de Orpín, pertencende á parroquia de Seixosmil.Estas obras, que teñen un orza-mento de 48.500 euros, faranse con cargo ao Fondo de Compen-sación Ambiental, una das obras máis demandadas dos veciños, segundo explicou o rexedor muni-cipal Antonio de Dios.Malia que a primeira intención do concello foi facer esta obra con fondos propios estiveron neste tempo pendentes dos permisos

polo que finalmente atoparon ou-tro sistema de financiamento. As obras consistirán na realización da captación do manantial, para o que se abrirá un camiño para maquinaria, e a construción dun depósito de 10.000 litros de capa-cidade. A esto hai que engadir as conducións necesarias para o seu empate coa rede pública.Ata o de agora, os veciños de Or-pín abastecíanse mediante pozos e traídas que durante o verán re-sultaban insuficientes, razón pola que urxía esta obra, que tamén se fará en Corota.

O BNG de Riotorto esixe ao goberno do Partido Popular que aclare cal é o seu proxecto para a área recreativa do Mazo de Ferreiravella. Os nacio-nalistas critican a xestión que o exe-cutivo local está a facer do conxunto etnográfico despois de que a empresa adxudicataria da explotación do es-tablecemento hostaleiro ubicado na zona presentase a súa renuncia. “Gas-táronse 62.000 euros de axudas públi-cas en mobiliario novo, cando aínda estaba sen usar o adquirido, tamén con achegas públicas na anterior eta-pa do Partido Popular no goberno, o que, co peche do local en pleno verán, se confirma como un absoluto despil-farro de recursos”, denuncia a forma-ción frontista.“Desde o BNG defendemos que este investimento debería destinarse a habilitar plazas de aloxamento e a realizar diversos arranxos no mazo e no seu mecanismo que se foron de-teriorando co paso do tempo”, enga-den. Apuntan ademais que o conce-llo recibiu este mesmo ano uns 7.500 euros para visitas guiadas ao mazo

“das que nada se soubo”. “Parécenos evidente que o goberno non ten ca-pacidade nin interese en xestionar o gran potencial da tradición ferreira de Riotorto”, conclúen.O BNG apunta que “agardaban pedir explicacións ao alcalde, Clemente Igle-sias, no pleno ordinario que debía cele-brarse a pasada semana e que non se convocou”. Os nacionalistas denuncian que o executivo popular se esconde tras a Festa Celta para eludir tamén outras cuestións como “as ordes ar-bitrarias que reciben empregados do concello “.O pasado 23 de xuño, o BNG pediu a dimisión do alcalde ao “constatar que un empregado no seu horario laboral, nunha cafetería de As Rodrigas rexen-tada por un candidato do PP nas elec-cións locais”.Con respecto á celebración, o grupo municipal do BNG asegura “o PP deci-diu celebrar a festa no último ano da lexislatura con fins electoralistas, que nada teñen que ver coa festa reivindi-cativa que organizou durante anos a Asociación Cultural Arrincadeira”.

O BNG de Riotorto acusa ao PP de despilfarro na xestión do Mazo de Ferreiravella

meira

riotorto

Obras no lugar de Franco e Aldurfe

O concello lugués de Meira firmou o irmandamento coa parroquia ho-mónima de Moaña. A idea xurdiu do veciños pontevedreses que se puxeron en contacto co alcalde de Meira e visitaron a localidade. Os representantes da zona ponte-vedresa foron recibidos e atendi-dos en Meira polo que o irmana-

mento quedou selado por ambas partes. Ademais, os lugueses foron convidados á celebración das fes-tas patronais da parroquia ponte-vedresa.O obxectivo deste irmanamento é dar a coñercer as dúas localidades de cara ao exterior e axudarse na promoción dos mesmos.

O municipio irmándase coa parroquia homónima de Moaña

Page 25: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 25publicidade

As Pontes deGarcía Rodríguez

Concello de

Page 26: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade26 setembro 2018

O Concello das Pontes aprobou a adxudicación de tres novas actua-cións para a mellora da rede de sa-neamento e abastecemento do mu-nicipio. Os traballos incluídos nesta proposta desenvolveranse na rúa Antonio Machado, na rúa Méndez Núñez e na Rúa Monte Caxado e te-ñen un orzamento global de 105.297 euros.O alcalde, Valentín González Formo-so, subliñou que “con estas actua-cións, financiadas co cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, o con-cello das Pontes segue apostando pola renovación e modernización das redes de abastecemento e sa-neamento da vila co fin de mellorar a calidade do servizo na súa totalidade, feito que repercute na calidade de vida da veciñanza”.Das tres obras adjudicadas, unha afectará á rede de saneamento e dúas se desenvolverán na rede de abastecemento. En canto aos traba-llos previstos na rede de saneamento, o proxecto da rúa Antonio Machado suporá unha actuación na canaliza-ción das augas que se conectará coas acometidas existentes, os sumidoiros e as baixantes dos edificios, execu-tándose asemade pozos de rexistro.A nova canalización terá conexión co ramal que circula pola beirarrúa

de enfronte, á altura da intersección coa a rúa Rego do Campo e Antonio Machado e nas cunetas procederase á renovación das arquetas e á insta-lación de reixas para evitar a entrada de sólidos na rede de saneamento.No caso da rúa Méndez Núñez, os traballos proxectados contemplan a instalación dunha nova tubaría, a renovación das acometidas e a súa conexión a canalización principal co

obxectivo de garantir un servizo de calidade ós veciños e instalarase, ta-mén, unha boca de rego.Por outra banda, na rúa Monte Caxa-do vaise executar a renovación da canalización principal, que se com-pletará coa reposición das acometi-das existentes e a instalación de dúas bocas de rego co obxectivo de mello-rar o subministro aos dous centros educativos situados nesta rúa.

O Concello adxudica tres melloras da rede de abastecemento e saneamento

O Concello das Pontes pon en marcha un plan de limpeza, con carácter xeral, de cunetas e gabias en 61 quilómetros de estradas e camiños rurais de titulari-dade municipal. Este proxecto, que ten un prazo de execución dun mes, realiza-rase co dobre obxectivo de mellorar a drenaxe dos viarios e evitar a deteriora-ción ambiental.Estas actuacións permitirán previr os desbordamentos, a erosión da capa de rodadura e a aparición de fochancas, mellorando a seguridade viaria e a accesibilidade en todo o municipio. Os traballos de limpeza tamén están dirixidos a protexer a cuberta vexetal autóctona para evitar a proliferación de especies vexetais invasoras e a conseguinte degradación ambiental.O alcalde, Valentín González Formo-so, explicou que estes traballos, que inclúen tamén a limpeza de tubos atrancados, a suciedade das marxes

e a roza da vexetación existente para devolver as cunetas e gabias ao seu estado orixinal, suporán unha inver-sión de 126.873 euros, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA) 2018.Serán varios equipos os que traballen na limpeza de cunetas e gabias median-te o emprego de medios mecánicos e, as tarefas de acondicionamento realiza-rase en todo o ancho da cuneta.González Formoso incide en que es-tas actuacións acometeranse en zo-nas moi transitadas, nas que os riscos de deterioro son altos e levaranse a cabo, entre outras, nas parroquias de Ribadeume, Bermui, San Pedro de Eume, Aparral, Pontoibo, Freixo, Deveso, Espiñaredo e a Vilabella, su-mándose aos traballos de limpeza, mantemento e preservación da se-guridade viaria que, desde fai anos, o Concello das Pontes leva a cabo en viarios municipais.

O Concello de As Pontes súmase, un ano máis, á campaña de doazón estival pro-movida pola Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) para garan-tir as reservas de sangue nos hospitais galegos durante a época de verán.Baixo o lema #súmatedoasangue, quere contribuír ás 500 doazóns que, cada día, precisan os centros hospitalarios para atender os seus doentes e espera repetir o número de doazóns rexistradas duran-te o ano 2017 e superar a taxa de 69 doa-zóns por cada 1.000 habitantes.“As nosa taxa de doazón é unha das máis altas de Galicia, sitúase por enriba da media galega (40 doazóns por cada 1.000 habitantes) e superamos tamén a reco-mendación da OMS que establece como media a seguir as 40-60 doazóns por cada 1.000 habitantes. Estás cifras poden mellorarse; facemos un chamamento a todos os veciños para que se unan a esta campaña e participen con este xesto so-lidario que tanto pode axudar na época estival, cando as reservas de sangue es-tán especialmente baixas” subliñan.

O Concello súmase á campaña de doazón de sangue

as pontes

Rúa Monte Caxado, unha das zonas nas que se realizarán as obras

O Concello das Pontes fixo entrega dos diplomas aos 21 alumnos do Programa Integrado de Emprego Pontes de Empre-go, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado polo Concello das Pontes, que participaron no curso de manexo de carretilla elevadora e pá cargadora.En 5 días, os alumnos recibiron un total de 22 horas formación, repartidas entre as clases teóricas, a cargo dun técnico su-perior e docente en prevención de riscos laborais, e a formación práctica levada a cabo nunha empresa do polígono de Pe-napurreira.Membros do goberno local durante o acto de clausura deste curso remarcaron que “o Programa Integrado de Emprego Pontes de Emprego está encamiñado a que os participantes adquiran as com-petencias profesionais demandadas polo tecido industrial da contorna e este curso axústase plenamente ás demandas do mercado” e animaron a todos os alum-nos a sacarlle o máximo partido á forma-ción obtida para a súa inserción laboral.

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO.O Programa Integrado de Emprego Pon-tes de emprego, no que participan 85 ponteses e que se prolongará ata finais do mes de novembro, está dirixido a me-llorar a empregabilidade de colectivos con especiais dificultades de inserción laboral; persoas con discapacidade, en

risco de exclusión social ou con baixa cua-lificación.Desde a súa posta en marcha xa se rea-lizaron boa parte das actividades pre-vistas relacionadas coa información, orientación laboral, formación e ase-soramento, tanto a través de sesións individuais como grupais, adaptadas ás necesidades das persoas beneficiarias, e dunha titorización para reforzar os coñe-cementos e habilidades adquiridas.Actividades ás que hai que engadir a formación en técnicas de coaching, in-telixencia emocional, técnicas de moti-vación para a procura de emprego, ha-bilidades sociolaborais para aumentar as posibilidades de inserción laboral, obra-doiros de videocurrículo así como tarefas de prospección empresarial e formación para o emprego cun obradoiro de cociña ou un curso de xestión de almacén, de 210 horas de duración, que arrincará no mes de setembro.Na actualidade os beneficiarios de Plan Integrado de Emprego están participan-do nun curso de novas tecnoloxías e ofimática e nos próximos meses recibi-rán formación en prevención de riscos laborais e emprendedurismo; formación transversal dirixida a aumentar as súas posibilidades de inserción laboral.O orzamento do Programa Integrado é de 140.320 euros, dos cales 112.256 euros son aportados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e 28.064 euros polo Concello.

Remata o curso de carretilla do Programa de Emprego

Arrinca a fase de reparación de viarios cun orzamento de case 70.000 eurosO Concello das Pontes puxo en marcha as obras de mellora dos viarios de Veiga da Nata e Pena de Francia para dotalos de maior calidade estrutural e superficial e garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico e os viandantes.Estas actuacións, cun orzamento de 68.559 euros e un prazo de exe-cución de un mes, adxudicadas á empresa Canarga Construcciones, permitirán a reparación integral de ambos viarios coa substitución da actual capa de rodadura por aglomerado.As obras inclúen traballos de me-llora da drenaxe da estrada e, co obxectivo de lograr o correcto en-troncamento con outros viarios, procederase ao fresado dos cami-ños. Ademais, efectuarase o varri-do da superficie dos viarios e a lim-peza das marxes e as cunetas. Tras todas estas actuacións, realizarase a marcaxe dos viarios, o pintado e a reposición da sinalización vertical nas interseccións afectadas.Desde o goberno local fan fincapé na importancia destes traballos xa que “estes viarios teñen moita importancia para a comunicación

entre os núcleos rurais da vila e aínda que durante os últimos anos estivéronse realizando traballos de mantemento, os camiños de Veiga de Nata e Pena de Francia estaban a sufrir importantes dete-rioras. Con estas obras seguimos coa nosa folla de ruta para me-llorar as infraestruturas no ámbi-to rural e favorecer a calidade de vida dos nosos veciños”.

MACIÑEIRA. Asemade, arrincaron as obras de mellora dos camiños municipais en Maciñeira, adxudi-cadas á empresa Francisco Gómez y Cía, cun orzamento de 68.559 euros e un prazo de execución de dous meses.O proxecto permitirá a substi-tución da capa de rodadura por aglomerado, a limpeza das marxes dos viarios, a reposicións da sina-lización vertical e horizontal, así como o pintado do camiño que vai de Maciñeira a Fraga dos Cregos e do viario que parte deste punto en dirección a Porto do Liño para dotalos dunha maior calidade e fa-cendo que sexan máis accesibles, cómodos e seguros.

Iniciada a limpeza de cunetas e gabias en 61 km

Page 27: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018actualidade 27

O alcalde das Pontes anunciou, duran-te unha visita ás obras da Caseta do Pulpo, a creación dunha área recrea-tiva no Parque da Fraga, á beira do río Eume, co obxectivo de poñer en valor e dotar de maior dinamismo a unha zona emblemática do municipio.Esta área, que incluirá ó Muíño de Prieto, ó edificio sociocultural do Hexágono e á Caseta do Pulpo, reu-nirá, en palabras de Valentín Gonzá-lez Formoso, “as condicións idóneas para a realización de actividades de lecer e tempo libre nun entorno pri-vilexiado, nunhas instalacións mo-dernizadas e acondicionadas ós usos e necesidades actuais, permitíndo-nos impulsar unha zona de recreo, pasatempo e convivencia para todos os veciños”.

Durante a visita ás obras, o alcalde, acompañado do concelleiro de Servi-zos, Medio Rural e Seguridade Cidadá, Antonio Castro, quixo remarcar a im-portancia dos traballos que se están levando a cabo na Caseta do Pulpo xa que “permiten a reforma integral da instalación e, unha vez rematados, os veciños disporán dun espazo de calidade, completamente equipado e cunha nova distribución e dotación dos espazos, óptima para o desenvol-vemento de actividades sociais e cele-bracións”.Entre as actuación levadas a cabo na instalación municipal destacan a substitución da cuberta, a mellora do revestimento e illamento do local, a reforma dos aseos, a mellora da acce-sibilidade e o incremento das medidas

de seguridade contra o risco de incen-dio. Entre as traballos que están pre-vistos acometer, o goberno local con-templa a creación dun parque infantil aberto, á carón da Caseta do Pulpo, para completar a reforma integral e a oferta de servizos na zona.González Formoso tamén recordou que , co propósito de mellorar a xes-tión das instalacións e o sistema de reservas, “o Concello está elaboran-do unha ordenanza municipal de re-gulación do uso da Caseta do Pulpo e o Muíño de Prieto para propiciar e garantir a utilización compartida, fa-cilitar a posta en marcha, por parte de toda a veciñanza, de actividades cul-turais, de lecer e sociais, e velar pola correcta conservación e mantemento dos espazos públicos”.

ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL. O alcalde tamén visitou as obras de renovación e mellora do edificio da Escola Municipal Infantil A Barosa, iniciadas a semana pasada. Os tra-ballos permitirán mellorar o acceso principal á escola infantil e ampliar a carpintería na rampla de entrada para crear unha protección contra o vento e a choiva así como a substi-tución dos pavimentos no acceso do centro, no corredor interior e da súa zona anexa e o acondicionamento do patio exterior co obxectivo de po-tenciar o seu uso.O alcalde remarcou que o obxectivo das actuacións e manter, conservar, mellorar e potenciar o uso dunha ins-talación educativa que leva vinte anos axudando ás familias do municipio a conciliar a vida laboral e familiar.

O alcalde anuncia a creación dunha área recreativa na Fraga

O alcalde, Valentín Formoso, visitando a zona

O Concello das Pontes continúa coas actuacións para mellorar a eficiencia e o aforro enerxético coa instalación de caldeiras de biomasa nas asociacións de veciños de Saa, Goente e Marraxón.O goberno local procedeu á substitución dos equipos de produción de calor exis-tentes nos tres locais sociais, de baixa eficiencia e cun elevado custe enerxéti-co, por sistemas de alta eficiencia ener-xética, de última xeración, baseados no consumo de enerxía renovable, seguindo

os parámetros establecidos no RITE e as normas UNE.Estas actuacións supuxeron unha inver-sión de 18.000 euros, con cargo ó Fon-do de Compensación Ambiental 2018, e forman parte do proxecto do goberno local para promover e dinamizar o desen-volvemento urbano sostible, contribuír á redución das emisións de dióxido de car-bono e ó aumento de consumo de ener-xías renovables no municipio, a través da mellora enerxética nos edificios públicos.

Seguindo con esta líña de actuación, o Concello instalará, proximamente, un sis-tema de calefacción similar na Asociación de Veciños de Espiñaredo.Por outra banda, na súa aposta por re-ducir o consumo enerxético nos edificios municipais, no ano 2017, o goberno lo-cal das Pontes destinou máis de 130.000 euros a traballos para evitar a perda de calor, a través dos cerramentos en condi-cións climáticas adversas, nos colexios de A Fraga e Monte Caxado.

O concello instala tres caldeiras de biomasa en locais veciñais

As obras de creación do campo depor-tivo de herba artificial do Poboado nas Pontes avanzan a bo ritmo e superaron xa na súa fase de recheo con capa de zahorra artificial e compactación da plataforma para, a continuación, pro-ceder á execución do pavimento as-fáltico e á colocación do céspede arti-ficial. Traballos que comezaron e que se suman aos xa rematados de demo-lición, desbroce, excavación, saneado e limpeza do terreo, cimentación das torres de iluminación, conexión do sa-neamento á rede xeral e a canalización eléctrica.O novo campo, que se enmarca den-tro do proxecto do goberno municipal para a posta en valor das instalacións deportivas do Poboado, cun orzamen-to que supera os 649.000 euros, con cargo o POS+ da Deputación da Coru-ña, será polivalente e estará homologa-do tanto para fútbol como rugby.O alcalde, Valentín González Formo-so, fai fincapé en que o proxecto está deseñado para que o campo de cés-pede artificial albergue a maior canti-dade de deportes posible e, á súa vez, permita practicalos en mellores condi-cións, reducindo no terreo os envites das condicións climatolóxicas.“Este proxecto fainos avanzar cara un pobo máis sustentable, tanto desde o punto de vista social como ambiental, económico e deportivo. Nel aposta-mos polo uso eficiente dos recursos, seguimos a máxima das tres erres da reciclaxe empregando produtos e ma-teriais sostibles e reciclados e promo-vemos o aforro ao tempo que referen-damos o noso compromiso co deporte local e de base” remarca Formoso.As dimensións exteriores do céspede

serán de 111 por 71 metros, cunha su-perficie total de 7.881 metros cadrados o que permitirá obter un campo de fút-bol 11 (100×65 metros), un de rugby (95×65) ou dous de fútbol 7 (65×44). Esta instalación estará dotada de todo o equipamento necesario para a práctica deportiva, que inclúe por-terías, banderines, redes de protec-ción e bancos. As actuacións tamén inclúen a construción dunha beir-arrúa de formigón e unha varanda perimetral ao campo.

CAMPEIRAS. A construción do parque biosaudable das Campeiras, posto en marcha polo Concello das Pontes, ató-pase xa na súa recta final.Trátase dun proxecto que da resposta a unha vella demanda dos veciños e co que o Concello de As Pontes referenda o seu compromiso coa mellora da cali-dade de vida dos veciños e a optimiza-ción e ampliación dos espazos e áreas de lecer que existen no municipio.Montserrat García, tenente de alcalde, sinala que con este circuíto biosau-dable “melloramos e aumentamos a oferta deportiva e de lecer municipal. Trátase dun ximnasio público ao aire libre que permitirá á veciñanza fortale-cer e exercitar o corpo. Confiamos en que contribúa a promover unha vida máis saudable, a práctica do exercicio físico e, ao mesmo tempo, fomentar un espazo de encontro e diversión”.Un módulo de esquí de fondo, un vo-lante, un módulo de paseo dobre e unha bicicleta completan os cinco cos que os veciños poderán desenvolver e mellorar as capacidades motrices bási-cas mediante diferentes exercicios de forza, coordinación e resistencia.

Avanzan as obras no Poboado e no parque das Campeiras

Una imaxe do estado dos traballos no parque das Campeiras

Page 28: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade28 setembro 2018

É esta unha empresa da construción con moita experiencia. Como foi oi o seu des-envolvemento?Realmente teríamos que falar do Grupo Canosa formado por Construcciones Ca-nosa e por T y C Canosa, ambas proveñen do xermen sembrado nos anos 50 por Antonio Martínez Canosa, persoa con ampla experiencia no sector da constru-ción e creada a si mesma a base de tesón, constancia e bo facer, que comezou a desenvolver a actividade de construcción como autónomo naqueles anos. Ambas foron creadas no ano 1987 por Antonio e os seus fillos como continuidade do labor realizada por él con anterioridade no sec-tor da construción. Nos seus inicios, a acti-vidade desenvolvíase no Concello no que as empresas teñen a súa sede, o Concello das Pontes, e nos concellos limítrofes, ta-les como Muras, Xermade, Vilalba, empre-gando como man de obra a traballadores destes concellos, para fundamentalmente levar a cabo traballos de construción de vivendas. Coa evolución no tempo e a creación das sociedades existentes actual-mente amplíase no mapa o territorio xeo-gráfico no que se desenvolve a actividade pasando a realizar traballos en toda a Co-munidade de Galicia, aínda que con maior intensidade na provincia da Coruña, e ta-mén se amplían os traballos a desenvolver xa que comeza a execución de traballos na Central Térmica das Pontes, manten-do durante todo o tempo o fomento do emprego local, principalmente da comar-ca de Ferrolterra, Eume e da Chaira. Coa incorporación de man de obra cada vez

máis especializada, unha gran inversión na ampliación do parque de maquinaria e vehículos, conseguiuse chegar á actualida-de, na que a segunda xeración da familia continúa co legado de Antonio, mantendo os seus principios de tesón, constancia e bo facer, que esperamos leven á empresa á unha terceira xeración.

Que factores influiron para chegar a ter unha empresa destas características?Podemos destacar varios factores, pero sempre partindo do máis importante que é que o noso pai nos deixou unas empre-sas con sólidos cimentos e ben estrutura-das, ás que nós lle engadimos o amor que o noso pai nos transmitiu polo traballo, a implicación no desenvolvemento da nosa actividade do xeito máis sostible posible, o tesón, a constancia e a aposta por manter a nosa identidade.

Cal é a súa actividade principal?A actividade principal de Construcciones Canosa, S.L. é o desenvolvemento de cal-quer tipo de proxecto que se relacione ou se englobe no sector da construción, tanto no ámbito da obra civil, como no ámbito da edificación, intentando sempre dar resposta do xeito máis preciso ás necesi-dades que nos transmiten os nosos clien-tes. Neste sentido colaboramos tanto con clientes privados coma públicos, polo que se levan a cabo proxectos para as Adminis-tracións Públicas, así como para grandes empresas do sector privado, e pequenos clientes particulares que depositan na nosa empresa a confianza para facer reali-

dade as súas necesidades e os seus soños. No caso de T y C Canosa desenvolve a súa actividade fundamentalmente no sector do transporte, tanto na rexión coma no resto da península e en Portugal.

Que proxectos ten más inmediatos?Estanse a desenrrolar varios proxectos nos Concellos da contorna, que consideramos bastante especiais xa que suponen a recu-peración de varias edificacións senlleiras e espazos públicos para uso e disfrute de toda a veciñanza, tal como a rehabilitación dunha edificación no casco histórico das Pontes co fin de destinala á Fundación para o Museo Etnográfico Monte Caxado, e poder pór en valor o patrimonio cultural popular do Concello das Pontes. Comeza-mos tamén a rehabilitación dunha edifi-cación tradicional mariñeira no Porto de Redes, O Alboio de Quinin, para destinalo á interpretación das tradicións mariñeiras. Estamos a piques de comezar a demoli-ción dunhas vellas edificacións situada ao carón do novo mercado, co fin de crear un novo espazo de lecer e esparcemento que se pode sumar ao Parque Municipal. E por suposto mantemos una actividade continua ao longo de todo o ano, na Cen-tral Térmica das Pontes, realizado labores de mantemento, e tamén desenvolvendo novas actuacións.

Como progresa unha empresa da cons-trucción durante a crise?O progreso durante calquer etapa baséase en varios factores: no tesón e na confianza no traballo que se está a realizar, no estu-

do de forma minuciosa das inversións, en reinvertir todos os beneficios na propia empresa para favorecer o seu crecemen-to, en ofrecer ao teu cliente un traballo de boa calidade mantendo os prezos o máis axustados posibles, e en ter moita capa-cidade de sufrimento e de impulso para cada vez que un se cae volverse levantar.

Que diferencia a Canosa do resto de em-presas de construcción? A diferenza fundamental e o que fai des-tacar a Canosa fronte a outras empresas do sector é fundamentalmente a profe-sionalidade coa que se desenvolven os traballos, sen perder a esencia especial que posúen as empresas familiares; a execución das obras coa máxima calida-de e un cumprimento escrupuloso dos tempos de execución pactados con no-sos clientes.

Pode desenvolverse unha empresa das características de Canosa nunha localida-de do tamaño das Pontes?A ubicación da sede da empresa no Con-cello das Pontes, non supón ninguna traba para o desenvolvemento de empresa, de feito sempre se apostou por mantela no

Concello de orixe e non dar traslado da mesma a outro lugar, a empresa é Pontesa e así seguirá sendo.

Cal é o segredo do seu éxito?Perseverar nos principios inculcados por Antonio Canosa, contar sempre co apoio dos nosos irmáns en todas as decisións e en todos os momentos por máis difíci-les que poidan ser, así como rodearse de traballadores que senten e apostan pola empresa sen os cales este proxecto non podería continuar. A esto únicamente habería que engadir a perseverancia e o orgullo de sendo segunda xeración, po-der continuar co proxecto que comezou o noso pai. Supoño que un persoal formado é impor-tante para o progreso.O persoal xunto co apoio fa familia son os dous piares fundamentais para levar a diante día a día este proxecto. A for-mación do persoal en tódolos ámbitos é fundamental para o progreso, tanto para a aplicación das técnicas construtivas de sempre como as novas, así como para o desenvolvemento do traballo sempre res-pectando a normas de seguridade.

“Estamos a recuperar edificios senlleiros en varios concellos”Canosa, nas Pontes, é unha das empresas punteiras en construción

As instalacións de Canosa, no polígono industrial das Pontes

A tenente de alcalde do Concello das Pontes, Montserrat García, asinou os convenios de colaboración co presidente de Cohempo, José Rodriguez, e o presi-dente de Seara, José Castro Romero.A través destes convenios o goberno lo-cal quere amosar o seu compromiso co tecido empresarial do municipio, promo-vendo e apoiando as actividades levadas a cabo polas das dúas entidades a prol da economía local e a dinamización e unión empresarial, tanto a través do fo-

mento da cultura emprendedora como impulsando o comercio de proximida-de, a hostalaría e sector servizos no seu conxunto.A asociación de Comerciantes, Hostalei-ros e Empresarios Ponteses (Cohempo), ao abeiro deste acordo, recibirá unha achega de 20.000 euros destinada a financiar campañas publicitarias e de márketing para fomentar a compra no pequeno comercio local, desenvolver ac-cións formativas así como para sufragar

outros gastos derivados da súa propia actividade.No caso da Asociación de Empresarios Seara, o Concello das Pontes, achegará 25.000 euros para cubrir os gastos deri-vados das actividades de asesoramento e consolidación de emprendedores así como os relacionados coa redacción da segunda parte do plan de emerxencias dos Airíos e a elaboración dun novo plan de desenvolvemento dos polígonos in-dustriais das Pontes.

O Concello asina os convenios de colaboración con Seara e Cohempo

A firma da alcaldesa en funcións con representantes de Cohempo

Page 29: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018actualidade 29

TERRA CHÁ

Se imos facer o Camiño do Norte a Santiago de Compostela, máis an-tigo que o Camiño Francés, temos que visitar lugares moi fermosos na Terra Chá. Contan que as primeiras peregrinacións chegaron de Astu-rias e do País Vasco e percorrían terras verdes.

ETAPA MODOÑEDO ABADÍNEntre Mondoñedo e Abadín, o Ca-miño de 15 quilometros está consti-tuído por un tramo de gran dureza e dificultade. Hai que superar o difícil Alto da Xesta, clara división entre a costa e o interior. Especúlase que o nome desta poboación poida vir dos descendentes de Abul Kasin ou Abad I, creador da dinastía dos Abaditas, aínda que non é moi probable.Abadín é para os camiñantes a porta de entrada da gran comarca natural da Terra Chá, que ten a Vilalba por capi-tal, e pola que o camiño se percorre con gran facilidade grazas ao terreo chan. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros.Pásase por San Martiño de Galgao, onde se celebra a tradicional Romaría

de San Cosme e onde xunto á Igrexa de San Martiño consérvase un mag-nífico cruceiro que está coroado por unha decoración floreada, coa imaxe de Cristo, Piedad e símbolos celtas.Entre castiñeiros e praderas, hai al-gunhas casas illadas e, logo de máis de dúas horas, chegamos á aldea de Lousada, á dereita do Camiño, é

unha pequena poboación agrícola e gandeira, cos seus tellados de piza-rra e os típicos hórreos, aínda que non hai servizos para os peregrinos.Despois atoparemos Gontán, que conta cun albergue para peregrinos con 26 prazas. Abadín xa está preto, pódese cruzar o río Gontán e chegar á capital do municipio, que ten para

visitar a igrexa parroquial de Santa María de Abadín. Esta igrexa pa-rroquial do século XII, inicialmente de estilo románico pero camuflado como gótico tardío, isabelino, isto é, gótico do tempo de Isabel a Católi-ca, transición coa arte renacentista. Iso débese ás reformas e amplacións aquí realizadas no século XVI, desta-

cando a súa capela maior. Obra aín-da posterior é a da sancristía, na par-te de atrás. Tamén é característico o cruceiro, sito no campo da igrexa. A súa pedra de cantaría é granítica, esencia da forza e robustez da arqui-tectura galega.A partir de Abadín, os 21 quilometros de Camiño ata Vilalba discorren pola Terra Chá entre infinitos prados ver-des repletos de gando pero sempre próximos á estrada nacional, cuxa presenza facilita a existencia de nu-merosos establecementos ao longo da etapa. Cruzando o río Abadín, chégase a Castromaior coa súa ponte medieval sobre o río Arnela en Ponte-rroxal. E sobre o río Batán, marcando o límite con Vilalba, en Martiñán, ato-pase a Pontevella do s. XVII.

O Camiño Norte ata AbadínAbadín é para os camiñantes a porta de entrada da gran comarca natural da Terra Chá

A igrexa de Santa María de Abadín e o seu característico cruceiro, e a ponte vella medieval de Martiñán

1 km 8km 10 km

A igrexa parroquial de San Martiño de Galgao e, á esquerda, unha vista da ponte de paso polo rego de Abadín

percorrendo o Camiño

Page 30: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

actualidade30 setembro 2018

AGRO

Hoxe imos a falar da ce-nurose , é unha enfer-midade parasitaria dos ruminantes causada por Coenurus cerebralis, que

é a forma inmatura de Taenia multiceps, un céstodo ( ou sexa unha tenia ou verme plano )cuxa forma adulta parasita ao can e a outros carnívoros salvaxes.Esta enfermidade pode afectar tamén o home, aínda que nos nosos días non se considera un problema sanitario porque a súa incidencia é moi baixa ( grazas as extensas campañas de desparasitación levadas a acabo dende fai anos ). Para unha maior comprensión , imos a falar do ciclo vital do parásito entender como funciona.Taenia multiceps é o nome do parasito adulto que se atopa no intestino delga-do dos cánidos, onde pode chegar a al-canzar máis de 1 m. de lonxitude. Como todas as tenias, Taenia multiceps está composta por segmentos que van ma-durando cara á parte final do parasito. Estes segmentos denomínanse proglo-te vanse desprendendo conforme van madurando os ovos que conteñen, e saen ao exterior coas feces do can. O tempo desde que o parasito chega ao can ata que este expulsa os primeiros proglotis é de arredor un mes aínda que pode permanecer entre 6 e 24 me-ses durante os cales só haberá 1 ou 2 exemplares de Taenia multiceps. Se a temperatura e a humidade son axeita-

das os ovos no exterior poden resistir ata un ano. Unha vez que os ovos están no chan son diseminados pola auga e contaminan pastos, campos, cortes e demáis...Esta é a forma en como as ovellas inxiren os óvos e así as ovellas que pasan a actúar como hospedadores intermediarios. Ou-tros hospedadores intermedios son o gando vacún, equino e o humanos. Despois de tres ou catro horas tras a inxestión, as membranas dos ovos son di-xeridas e o embrión que conteñenqueda liverado e coa axuda dos seus ganchos bucais engánchanse á parede intestinal, atravesándoa posteriormente e emi-grando a distintas zonas do organismo, aínda que só o tecido nervioso é o seu tecido predilecto para desenrrolarse.Tras oito días chegan ao cerebro por vía sanguínea, a través dos vasos das me-ninxes, e de todos os parásitos , libres no torrente sanguíneo só un logrará desen-rrolarse. O organismo responde fronte a este ataque con mecanismos inflamatorios tentando o illamento do parasito, ro-deándoo cunha cápsula ( do mesmo xei-to que os abcesos). O embrión produce dúas membranas máis das cales a máis interna orixinará os escolex, que son os futuros adultos da especie. Todo isto forma unha vesícula chamada Coenurus cerebralis.A vesícula faise fértil sesenta días despois de que a ovella inxeriu os ovos de Taenia multiceps. Vai crecendo dentro da cabeza do hospedador producindo a compresión do cerebro e orixinando con isto os sín-tomas clínicos ( do mesmo xeito que un tumor canceroso ocasiona ). O ciclo péchase cando un cánido inxere

o cerebro da ovella que contén a vesí-cula fértil.Os síntomas da presenza do cenuro nas ovellas son:A primeira fase ven caracterizada por unha meningoencefalite difusa no que se observan momentos de hiperexcitación alternados con depresión, illamento do rabaño, posicións corporais anormais, problemas oculares e alteracións do ter-zo posterior que se traducen en caídas. Outros signos de carácter xeral que se poden presentar son a fatiga, diminución do apetito e trastornos respiratorios.Na segunda fase : soe durar de tres a seis meses. Correspóndese co crecemento do cenuro dentro do cerebro. É unha fase asintomática.Terceira fase:Todos os animais que sobre-viviron á primeira fase, desenvolven ago-ra signos deinflamación cerebral, causa-da polo crecemento excesivo do cenuro, que produce unha compresión focal. Os signos clínicos que se observan son: hi-peractividade alternada con depresión, xiros do animal sobre si mesmo tamén denominado “ torneo” ou “ modorra”, tal e como se coñece polo mundo gandei-ro, parálise unilateral do terzo posterior, o que provoca caídas do animal ao chan e remata coa morte de tódolos animais infectados.Para evitar esta enfermidade, devemos desparasitar tanto as nosas ovellas como , e isto é moi importante os nosos cans , sobretodo se están en contacto cos noso gando , deberíamolos desparasitar como mínimo cada 6 meses ( como dicta a lei ) pero debéramolos desparasitar 4 veces o ano e facéndooas coincidir cos cambios de estación.

Breixo Gónzalez

APUNTAMENTOS VETERINARIOS

Cenurose

A Sociedade Galega de Pastos e Fo-rraxes afirma que a falta de apoio ás medidas preventivas provoca que os gandeiros soliciten batidas que non teñen efecto sobre os ataques do lobo.“No último ano a situación do lobo en Galicia estase tornando insosti-ble. Por unha banda os propios datos da Consellería de Medio Ambiente confirman un ascenso brutal dos danos á gandería. Do 2015 ao 2017 duplicáronse o número de animais mortos polo lobo. Este aumento non se ten traducido en medidas por par-te da Xunta de Galicia: “a Conselle-ría do Medio Rural ponse de perfil e esquiva toda responsabilidade e a Consellería do Medio Ambiente se-

gue sen afrontar o problema e por solucións”, explican.“Neste contexto hai que volver reler o Plan de Xestión do Lobo que é a ferra-menta que dispoñemos para traballar. De todas as medidas que alí se descri-ben na actualidade estanse a realizar unicamente os pagos por danos, aín-da lonxe de estar ao día xa que co au-mento dos ataques o orzamento pre-visto quédase curto, e nos anos 16 e 17 as axudas ás medidas preventivas. Nesta liña de axudas participamos dende o principio intentando transmi-tir á Consellería cales eran as mellores opcións para proporcionar ferramen-tas eficaces para a prevención dos ataques sen resultados”, indican.

Pastos e Forraxes acusa á Xunta de non apoiar aos gandeiros fronte ao lobo

A Mancomunidade Terra Chá pechou o programa integrado de emprego Avanza na Terra Chá coa entrega de diplomas dun plan que se prolongou durante ao redor dun ano e que permitiu a formación labora dunhas 60 persoas dos concellos adscritos en tres especialidades.O alcalde de Cospeito e presidente da man-comunidad, Armando Castosa, presidiu a clausura deste evento que tivo lugar no Concello de Cospeito con representantes dos concellos de Castro de Rei, Outeiro de Rei, A Pastoriza e Abadín. No acto indicou que se logrou o obxectivo de incorporar ao mercado laboral durante un mínimo de

tres meses a estes traballadores. Do total de alumnos, 18 recibiron formación espe-cífica en silvicultura e agroganadería, dez fixérono no módulo de operacións básicas de restaurante e bar e 19 en atención so-ciosanitaria. Todas as especialidades con-taron cunha duración total de 140 horas, que incluíron clases teóricas e prácticas. Ademais, recibiron tamén formación sobre igualdade, informática, técnicas de procura de emprego, coaching ou inglés básico.Os participantes, veciños dos cinco muni-cipios, tiveron a oportunidade de realizar prácticas relacionadas coa formación im-partida en diferentes empresas.

A Mancomunidade Terra Chá pecha o programa de emprego Avanza

O Grupo Provincial Popular pídelle á De-putación de Lugo “axilidade” para facer efectivas as axudas comprometidas aos concellos afectados polos lumes do pa-sado mes de outubro. De feito, os popu-lares anuncian que levarán a Pleno unha iniciativa coa que reclamarán o pago destas axudas comprometidas polo Go-berno provincial.Os populares destacaron que a Xunta de Galicia dese cumprimento ao compro-miso cos concellos afectados a través da sinatura dos convenios de colaboración para sufragar o 50% dos custos das súas actuacións na extinción dos lumes e dos danos que estes puideron causar en in-fraestruturas e servizos municipais.Concretamente, o delegado da Xunta en Lugo asinaba este luns o convenio cos

concellos de Castro de Rei, Cervantes, Negueira de Muñiz, As Nogais e Pantón, os cinco que solicitaron estas axudas con-forme ao establecido na convocatoria para a que o Goberno galego achegaba un orzamento de 13,2 millóns de euros.Agora, dende o Grupo Provincial esíxen-lle ao Goberno da Deputación de Lugo dar resposta ao compromiso adquirido, xunto ao Goberno central, coa Federa-ción Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para financiar o outro 50%.Os deputados populares úrxenlle ao ente provincial para “dar cumprimen-to a estes compromisos adquiridos co obxectivo de desafogar as arcas munici-pais daqueles municipios afectados”; xa que “a Deputación debe estar ao servizo dos Concellos da provincia”.

O PP pide axilidade para pagar as axudas a afectados polo lume

O Diario Oficial de Galicia (DOG) pu-blicou as bases reguladoras das axu-das para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural (GDR). Estas subvencións intégranse na medida Leader e están cofinan-ciadas cos fondos Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2010. En breve sairá publicada no DOG a con-vocatoria deste ano 2018.As achegas están xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemen-to Rural (Agader), dependente da Consellería do Medio Rural, que destinará a esta finalidade 400.000 euros. O seu obxectivo é fomentar a colaboración entre os GDR galegos e os do resto de España, da Unión

Europea e mesmo de terceiros paí-ses, para impulsar proxectos e es-tratexias en común.Desta forma, entidades de diferen-tes territorios poderán agrupar-se para desenvolver iniciativas de promoción turística conxunta, de posta en valor dos seus recursos patrimoniais ou artesanais ou para fixar poboación en áreas con carac-terísticas de demográficas comúns, entre outros fins.Con estas axudas apoiaranse proxectos de cooperación entre os grupos de desenvolvemento rural que impliquen a posta en común de ideas, coñecementos, recursos humanos e materiais, pero tamén a execución dalgunha acción concre-ta, de xeito conxunto.

Axudas para a cooperación en grupos de desenvolvemento

Page 31: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018actualidade 31

O Concello das Pontes ofreceu, unha recepción oficial á deportis-ta local Malena Mieres García tras proclamarse campiona de Europa coa selección española feminina de fútbol sub 19.Durante o acto institucional, a al-caldesa en funcións, Montserrat García, felicitou á xogadora, can-teirá do CD As Pontes, ex xogadora do Friol e, actualmente, gardameta no Real Club Deportivo da Coruña e subliñou a importancia que a súa figura ten para o deporte local pero sobre todo para o deporte feminino, “axudando á súa visibi-lización, rompendo cos estereo-tipos e demostrando que non hai

deportes para nenos e disciplinas para nenas. Malena amósanos que o deporte é para todos e que o éxi-to e os recoñecementos acádanse con traballo e determinación”.A xogadora, durante a súa quenda de palabra, quixo darlle as grazas a

todas aquelas persoas que a anima-ron a perseguir os seus soños, es-pecialmente a súa familia, amigos e membros do CD As Pontes que fixeron posible sumar un ouro eu-ropeo máis ao palmarés deportivo do municipio.

Recepción a Malena Mieres

DEPORTES

Carlos Yobani participou no Euro-peo Júnior en Roma, no que tivo unha actuación marcada polos altibaixos. O vialbés comezou ga-ñando ante o duro loitador de Es-tonia Mark Kuett o que deu moitas esperanzas de medallas pois este loitador xa pelexou polas medallas nos europeos e mundiais do ano pasado.Xa en cuartos poco puido facer ante o ruso Tavaev, que gañou con supe-rioridade todos os enfrontamentos do campionato, sen embargo esta derrota ante o posterior campión abriulle a porta a loitar polas meda-llas na repesca.

Aquí tiña que gañar dous combates para acadar o que sería a primeira medalla júnior masculina da loi-ta española. As perspectivas eran boas xa que o primeiro combate era contra ao bieloruso Mikita Strakh, un loitador a priori inferior ao es-tonio e por tanto asequible para o vilalbés. Pero o cansazo e a falla de experiencia de Carlos, aínda é júnior de primeiro ano, pasoulle factura e non soubo impoñerse nin buscar o seu lugar no tapiz para fa-cer valer a súa superioridade ante o bielorruso perdendo unha grande oportunidade de loitar polo bronce ante o búlgaro Angelov.

Yobani realiza un gran papel no Europeo

O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, a tenente de Alcalde, Elba Carrera, e o director da Escola PTC, Antonio Solórzano, presentaron no cir-cuíto deste municipio a sétima edición do Volante Deputación, que terá lugar os días 15 e 16 de setembro. Trátase dunha actividade promovida polo Executivo Provincial, cunha achega de preto de 17.000 euros, que pretende achegar e formar aos lucenses no mundo do motor.Esta iniciativa, que a Deputación puxo en marcha no ano 2012 conxuntamente co Concello da Pastoriza e a Escola PTC (Escola de Perfeccionamento e Técni-cas de Condución), brindou xa a opor-tunidade a 6 lucenses de correr o seu primeiro rallie e ao longo de 6 edicións reuniu a máis de 1.000 afeccionados do

mundo do motor que recibiron forma-ción en condución segura.Rivera Capón destacou que “esta acti-vidade, máis aló de ofertar un premio atractivo para calquera amante do mo-tor, como é a posibilidade de debutar nun rallie de forma gratuíta, permite a todos os participantes formarse para ser uns condutores máis hábiles e seguros”. Tamén quixo recordar “o compromiso da Deputación cun deporte con tanto arraigo e importancia na nosa provincia, o que leva a que sexamos a primeira ad-ministración que pon á disposición dos nosos pilotos axudas e formación”.A inscrición no VII Volante Deputación está aberta e como nos últimos anos será de balde e limitada a 185 persoas. Os requisitos para participar son ter entre 18 e 35 anos, estar empadroado

en calquera concello da provincia e non ter ningún resultado nunha proba de rallie durante os últimos 5 anos.As inscricións pódense facer a través da páxina web www.ptcescuela.com, no Fa-cebook www.facebook.com/ptc.escuela, ou envialo á dirección de correo electró-nico [email protected].

A VII EDICIÓN. A selección, que terá lugar os días 15 e 16 se setembro no circuíto da Pastoriza, contará coma en anos anterio-res, con dúas fases diferentes. A primeira será de formación, nela todos os parti-cipantes recibirán un curso de técnicas de condución seguras e de competición. Tras esta fase, levarase a cabo unha pri-meira selección de 14 pilotos semifinalis-tas a través dunha proba cronometrada. Os semifinalistas continuarán coa forma-

ción e disputarán unha cronometrada fi-nal da que sairán os tres pilotos máis ve-loces. O primeiro deles poderá participar no 40 Rallie San Froilán, que se celebrará entre os días 27 e 28 de outubro, pilotan-do un Suzuki Swift Copa. Antes da proba

recibirá, xunto cos outros dous finalistas, unha formación específica de compe-tición para poder afrontar a proba con todas as garantías. Rematado o proceso integrarase ó piloto titular no equipo PTC para participar no Rallie.

A Pastoriza acollerá unha nova edición do Volante Deputación

Un momento da presentación deste evento

A alcaldesa en funcións, Montserrat García, con Malena Mieres

O deportista, o día da competición en Roma

Page 32: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

32 setembro 2018

O pasado 6 de agosto morreu o actor ou-rensán Ernesto Chao (Ribadavia, 1943-San-tiago de Compostela,

2018), o famoso Miro Pereira de “Pratos combinados”. Que en paz descanse. Cunha traxectoria pro-fesional de case 50 anos —que inclúe teatro, cine e televisión—, a súa morte supón unha perda irre-parable para o mundo audiovisual galego e español. Fai uns anos, concretamente no ano 2013, fale-cía outro dos nosos actores estre-la, o coruñés Xosé Manuel Olveira “Pico”, quen tamén participou xun-to a Chao en “Pratos combinados”.Un dos últimos papeis de Ernesto Chao foi na serie “Fariña” (2018), de Antena 3, onde interpretaba ao ex presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor. Traballou así mesmo en “El Comisario”, “Aquí no hay quien viva” e “Cuéntame cómo pasó”, emisións de gran re-nome no panorama nacional. Po-rén, o seu papel máis importante —e polo que sempre será recorda-do— foi o de Miro Pereira na ex-traordinaria serie da TVG “Pratos combinados”. Esta xenial comedia de situación, protagonizada polo propio Chao, Antonio Durán “Mo-rris” e Mabel Rivera, viu a luz o 1 de decembro de 1995, alcanzando un éxito sen precedentes. A serie, unha das máis lonxevas da televi-sión, estivo en antena ata o 24 de maio do 2006 e conta cun total de 14 tempadas (261 capítulos). Ac-tualmente todos os episodios de “Pratos combinados” pódense ver en liña de xeito gratuíto na páxina web da CRTVG.Para os que, coma min, nacemos na década de 1990, “Pratos com-binados” foi unha das series máis queridas da nosa infancia. Recor-do con nostalxia como, desde ben pequeniña, cada mércores á noite

desfrutaba e ría cos enredos e arga-lladas de (Ra)Miro Pereira e Antón Santos, o seu inseparable cuñado —ao que Miro chamaba normalmente “miñoca”—. Estes dous personaxes sempre estaban pensando como en-ganar a Balbina, a muller de Perei-ra, para que esta lles deixase ir de caza, a campionatos de pesca, de vacacións, etc. As trapalladas em-pezaban coa inesquecible frase de Antón: “Cuñado, teño un plan”. Non obstante, o seu “plan” remataba, na maioría das ocasións, con eles dous castigados traballando. “Pra-tos combinados” non era só unha emisión para nenos; tamén moitos maiores adoitaban estar pegados á tele seguindo os lances do Bar Suízo.Ante a noticia do pasamento de Er-nesto Chao, numerosas personalida-des, entre elas o actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, manifestaron na Internet o seu pesar polo falecemento do ar-tista. A presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Nieves Rodríguez, lamentaba que se fora unha figura fundamental para a pro-gresión das artes escénicas galegas, ao tempo que describía a Chao como un home bo e xeneroso.Hoxe toca, pois, despedir a este gran actor, que tanta diversión e gozo nos provocou grazas á excelencia da súa interpretación. Adeus, Miro! Adeus, Ernesto! A morte non é máis que unha nova vida. Despídese de ti a nena e despídese de ti a muller. Esta é a miña particular homenaxe. Transmito desde aquí o meu sincero pésame aos familiares.

Lucía Otero Gato

Adeus ao actor Ernesto ChaoUNHA OLLADA POLA VIDA

opinión

COLABORACIÓNS

Comezo a escribir este ar-tigo a fin de semana na que se celebra a trixé-sima novena edición do Festival de Pardiñas,

considerada festa de interese tu-rístico galego e cun éxito de convo-catoria que segue intacto ano tras ano, mantendo a fidelidade daque-les primeiros asistentes, que xa son veteranos na actualiade en tódolos aspectos, e a doutros moitos mozas e mozos que se foron incorporando, producíndose un relevo xeracional que augura un futuro do máis op-timista para o citado evento, todo un clásico dos festivais do País e un referente da Terra Chá.Coinciden estes días primeiros de agosto cunha nova que produce unha grande alegría, a decisión do Concello de Guitiriz de nomear como fillo adoptivo do municipio a Alfonso Blanco Torrado, preci-samente o impulsor do Festival de Pardiñas. Un acordo este tomado de forma unánime, como non po-dería ser doutra maneira, e que fai xustiza ó recoñecer a traxectoria

deste crego chegado de Ponteceso, a terra de Eduardo Pondal, e que leva máis de corenta anos exercen-do o seu labor pastoral en Guitiriz, sendo responsable a día de hoxe de seis parroquias. Mais como é público e notorio, os catro décadas que Alfonso leva na Chaira non se cinguen á súa función sacerdotal, senón que trascende de tal maneira que non nos equivoca-mos aqueles que o consideramos como un dos imprescindibles. Un adxectivo que se fundamenta no innegable mérito deste home que con apenas trinta anos, en plena transición democrática, aparece na Galicia rural cun estilo e unhas for-mas totalmente innovadores, que chocaban coas da maioría dos seus compañeiros de profesión. Un home de Deus, pero tamén do pobo e das persoas, que sentía, sente e senti-rá como propios os problemas dos seus fregreses. Os méritos son de todos coñecidos, xa que estamos diante dun perso-naxe polifacético; mestre, escritor e dinamizador cultural son algun-has das súas actividades. Todo o realizado entorno a Xermolos, unha asociación creada naqueles tempos difíciles e cheos de interrogantes, cando as aldeas e vilas galegas

estaban aínda ateigadas de xente nova, onde o caciquismo impreg-naba tódolos ámbitos da vida e as liberdades individuais e colectivas eran moi febles. E aí estaba Xer-molos con Alfonso Blanco á cabeza. Nesa etapa tan complexa rompeu moldes ó fomentar o uso da lingua galega nas propias misas, feito ex-cepcional hai tres décadas e tamén, desgraciadamente, na actualidade. A realización de accións de forma-ción ocupacional para xente des-empregada sería outro aspecto a sinalar no seu haber, sen esquecer a creación dunha biblioteca. Dous exemplos do seu carácter decidido e emprendedor. Máis recentemen-te, a creación dunha editorial, para a edición e publicación de libros de escritores chairegos. E continúa con proxectos de futuro, como conver-ter a casa do poeta Díaz Castro na Casa da Xente e que sexa un lugar de encontro para a veciñanza. Precisaríamos moito máis espazo para falarmos do seu grao de impli-cación e compromiso. A súa presen-za en presentación de libros, home-naxes e outro tipo de actos culturais é do máis habitual. A Terra Chá tivo unha gran fortuna de acoller a este crego. Sen ningun-ha dúbida.

Pablo Veiga

Imprescindible recoñecementoCOA NOSA VOZ

V acacións... moitos de nós levamos xa un tem-po pensando nos días que faltan para que cheguen, ideando plans, anotando

libros que ler, lugares que visitar, cousas que facer... Curiosamente, fronte a esta actitude de felicidade ao descontar días hai xente que sufre de “ociofobia”. Esta palabra foi ideada polo psicólogo espa-

ñol Rafael Santandreu, que indicou que pretendía definir o medo a non ter algo que facer. A ociofobia está moi relacio-nada coa síndrome do executivo ou a adicción ao traballo, que se caracteriza principalmente pola incapacidade de desconectar do rol laboral e que inclu-so pode levar ao esquecemento da vida persoal xa que esta vese absorbida polas preocupacións e quefaceres do traballo. Aínda que en realidade a “ociofobia” é un deses problemas contemporáneos que comezaron a gañar terreo sen que nos désemos conta, ao parecer, actualmente hai moitas persoas no mundo que come-zan a sentir pánico cando ven en fronte dun tempo baleiro. Ou dun tempo que non está planificado. Ou dun no que xa terminaron todo o que tiñan que facer e só poden ver unha longa liña de minu-tos que non conducen, segundo quen a padece, a ningunha parte. Pero ¿como é posible que chegásemos a terlle medo ao tempo libre? ¿Algún de nós recorda por exemplo, aos seus avós angustiados por ter un tempo de descanso? Todo pa-rece indicar que este medo a ter tempo libre comezou dende que o aburrimento adquiriu un estado próximo ao de peca-do capital. Así quen ten ociofobia tamén sente terror ante a posibilidade de abu-rrirse. Este sentimento resulta intolerable e xera, literalmente, pánico. “Perder” o tempo, facendo nada, é o peor que pode pasar. As persoas que senten deste xeito

desespéranse cando non están a facer algo. “Ven o tempo libre como unha poderosa ameaza. Se puidésemos debu-xar o que senten, diríase que é coma se tivesen en fronte seu un enorme burato negro que ameaza con absorbelos cara a un abismo” sinala Santandreu.Cabe destacar que en moitos casos, es-tas persoas tamén están fortemente in-fluenciadas polas ideoloxías de eficacia e produtividade. Poñen por encima de todo os logros e as realizacións laborais, incluso antes que a súa felicidade. E qui-zais o peor é que miden os seus éxitos en termos cuantitativos, non cualitativos. Óeselles falar de cantas tarefas fixeron ou cantos obxectivos cumpriron pero non mencionan nin a calidade real deses logros nin o custe persoal que conlevou acadalos. En realidade todo resúmese en que non debemos permitir sentir que non estamos vivindo cando o traballo cesa, porque en realidade é ao contrario. O que a sabedoría popular recolle na frase de que “hai que traballar para vivir e non vivir para traballar”.E xa para rematar e por se quedaba al-gunha dúbida, ¿sabiades que Cervantes escribiu “El Quijote” nos seus intres de descanso por Castela? Nada quedou do seu traballo como recadador de impos-tos e en cambio o resultado do seu lecer produciu unha obra clave da literatura universal (aínda que non guste a todos).

Ociofobia?

Lara Real LemaPsies Psicoloxía

MARABILLOSA-MENTE

Page 33: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 33opinión

Desde sempre se dixo popularmente que co-mer e rascar todo era, é e será empezar. Unha anécdota en forma de po-

ñerse no camiño para camiñar... Axei-tadamente xorden tempos anovados, e bioloxicamente cultivadores de semen-tes, sinxelamente estimativas e distin-guidas sensiblemente con sentimentos axeitados, ambientemente filosóficos que en tódolos tempos xurdiron, xorden e xurdirán psicoloxicamente dunha rele-vancia particular, referente ao que xa no siglo XIV unha cantidade de doutrinas criticaron con dureza aos grandes siste-

mas escolásticos do siglo anterior.De tódalas experiencias desenvolvi-das continúan e continuarán existindo motivacións dignas de mención filo-soficamente, teóricas e prácticas, a fin de que as mentalidades sexan unha miguiña positivas, para que necesaria-mente aos novos tempos poder atopar liñas de rexeneración importantes para preventivamente evitar contaxios ma-lignos socialmente, creadores de usos e costumes provocadores costumistas de substancias prexudiciais, especificamen-te negativas.Facultativamente pensar axeitadamen-te, recoñecer e ordenar sentimentos precisos para rexeitar os clásicos siste-mas inútiles que a sociedade ofrece. Efi-cientemente gozar con plenitude de con-ciencia en pro e para que a vida de cada quen desfrute en formas impecable-

mente distinguidas correcta e conxunta-mente en corpo e alma, con entusiasmo beneficioso e satisfactorio, sempre con afecto de autosuperación meticulosa-mente orientativa, profesionalmente con criterios propiamente derivados da endocrinoloxía, que cientificamente es-tuda as glándulas endócrinas desde un punto de vista anatómico, bioquímico, fisiolóxico e patolóxico.O autor do Libro do Xosé como educador sostiña permanentemente ao alumna-do que se coidase, porque relativamen-te a saúde era, é e será sempre a base da propia existencia de todo ser viven-te, onde a vista o primordial dos cinco sentidos, dado que permite a visión na-tural das radiacións da luz a través do aparato ocular, que consideradamente é a forma dominante de apreciación externa dos seres humanos, para psi-

coloxicamente poder desfrutar dun es-tímulo sensacionalmente distinguido, denominado campo visual, que ofrece especialmente obxectivos percibidos que permiten a propia incidencia da luz.Dise vulgarmente que o importante de toda experimentación comeza obxec-tivamente polas vivencias xurdidas ao longo dun tempo de formas diversas, por iso aquel educador autor do Libro do Xosé ao alumnado esixía e cuestionaba temas e preguntas destinadas ás análi-ses das correspondentes características persoais; cumplidamente as clásicas respostas eran axeitadamente a base dos cualificativos para facer as valora-cións de actitudes e formas de pensar sobre as materias e a personalidade de cada quen, para comprobar a tenden-cia neurolóxica sobre a sociabilidade de introversión-extraversión, de autosufi-

ciencia e a confianza en cada quen.Sentimentalmente adoitan xurdir mo-tivacións de experiencias de erros di-versificados para percibir causas unha miguiña negativas, non aceptables so-cialmente nin psicoloxicamente, censu-radas moralmente en formas individuais e colectivas de inconsciencias deprimi-das derivadamente de situacións de ansiedade non desexada; pero xorden culpabilidades non fáciles de rexeitar, e sistematicamente sofren e padecen as correspondentes neuroses perniciosas non fáciles de curar.Destacar automaticamente culturas especificamente eficientes, hábitos e costumes de crenzas e coñecementos determinantes, onde o sentido común ha de permanecer unido permanente-mente á percepción global psicolóxica e fundamental.

Ramón Paz GuntínA Casa dos Marios

Tempo de corpo e almaO LIBRO DE XOSÉ. MEMORIAS POPULARES

Cando unha persoa so-fre un feito delituoso adóitase sentir despro-texida, insegura, con temor, pero co tempo e

nalgunha ocasión con axuda exterior, vai ir superando.O problema xorde cando esa mesma persoa, vítima dun determinado crime, é de novo victimizada, ben polas propias institucións ou polos profesionais que deberían axudarla, isto é o que se coñece como dobre victimización ou victimiza-ción secundaria.É un sentimento negativo que adoita estar ligado á repetición dos sucesos, á

falta de empatía do persoal que a está atendendo, a escaseza ou nula informa-ción que recibe e mesmo as expectativas que tiña e o que realmente recibe.Pero non é soamente estes grupos os que poden provocar que a vítima senta nova-mente vulnerada, senón que tamén, en determinados feitos, sobre todo con moi-ta repercusión social, cando por exemplo, os medios de comunicación buscan infor-mación e indagan na vida privada destas vítimas. Nesta era da información, as redes sociais, foros, etc., provocan mes-mo máis dor, debido a que se expón e en ocasións invéntase, aspectos privados da persoa, un caso moi claro e reciente foi coa moza agredida nas festas dos Sanfer-mines, cuxa vida, imaxe e privacidade foi exposta sen pudor por certos grupos de foros. Este dano engandido ao propio de-lito que sufriu (victimización primaria) fai

que a vítima sufra un severo impacto psi-colóxico, revivindo o feito continuamente, ademáis de sentir impotencia ante o que está a suceder, o que a pode levar a sentir temor, ansiedade, angustia, etc.Hai mesmo xente que buscará compren-der o por qué a está sucedendo isto, e pó-delle levar mesmo a crerse responsable do que lle sucedeu, sentíndose culpable do que lle pasou. A sociedade a estigma-tiza, fai que perda outra vez, unha vez ao ser vítima do delito e a outra por esta ou-tra victimización que está a sufrir e que moitos están provocando nesta persoa.A vulnerabilidade destas vítimas é dema-siado evidente para non tela en conta, e tanto as institucións polas que esa persoa ten que ir pasando, desde que se denun-cian os feitos, ata que finaliza o proceso xudicial (si este prodúcese), deben de ser responsables e empáticos con calquera

que sufrise un delito, independentemente da súa gravidade.É importante non poñer en dúbida a ver-sión da vítima, xa haberá unha investiga-ción, algo que adoita suceder a miúdo en temas de agresións sexuais, onde mesmo se considerou que a persoa mereciao ou buscara esa violencia. É necesario propi-ciar a súa confianza, non provocar medo, de aí a importancia de criminólogos ou psicólogos que estean presentes nas en-trevistas. Pero os medios de comunica-ción tamén teñen a súa propia responsa-bilidade, evitando difundir a identidade da vítima, respetando a súa intimidade así como a dos seus familiares, evitando estender bulos ou informacións non con-trastadas. En canto ao sistema xudicial, un proceso moi estresante para calquera alleo a este ámbito, e aínda máis para a vítima, debería de buscar a fórmula de

reducir os tempos, xa que coñecemos moitos casos nos que pasan anos ata que finalmente chega. E o que é máis impor-tante, e algo que xa hai tempo sí que se fai na maioría dos xulgados, evitar que vítima e agresor comparezan na mesma sala e ao mesmo tempo, hai moitos me-canismos para facer que non se vexan.Por último e tamén moi importante, sería ideal que a vítima non tivese que repetir en múltiples ocasións e ante diferentes persoas contar o que a sucedeu, xa que leva a que esta persoa reviva ou reexperi-mente a dor sufrida.Cada día os profesionais que tratan con vítimas están máis formados e prepara-dos, e os medios de comunicación adoi-tan ser máis sensibles, polo que moitos destes puntos descritos van pouco a pou-co diluíndose, pero aínda queda moito por facer.

Pablo FigueirasAranzazu Rodilla

A dobre victimizaciónO RECUNCHO DO CRIMINÓLOGO

No día a día existen prioridades por diante da alimentación, posto que o ritmo de vida é moi apresurado e xa

abondan preocupacións suficientes; o traballo, a familia, a casa... Ditas acti-vidades rouban a meirande parte das horas do día, facendo complicado de-dicar tempo a alimentarse de maneira adecuada e ocasionando unha maior inxestión de alimentos precociñados, comidas fora da casa ou picoteos pou-co saudables.Así pois, aínda que o obxectivo dun sexa mellorar a súa alimentación, chegar máis activo ó final do día, non continuar coa subida de peso, durmir mellor ou evitar as longas e pesadas dixestións, a opción rápida e sinxela

adoita ser a menos saudable. Pero realmente e preciso inverter un tem-po prolongado na cociña para poder mellorar a alimentación diaria? Os se-guintes trucos poden ser de utilidade para reducir os minutos dedicados a esta tarefa.

Un día para cociñar: Se pola semana non hai marxe de prender a cociña, débese aproveitar o sábado ou do-mingo para cociñar grandes cantida-des de alimentos co fin de conxelar ou gardar no frigorífico diferentes alter-nativas e dispoñer delas nos momen-tos de máis apuro. Cocer arroz, pasta ou legumes en branco, asar verduras ou carne ó forno, facer un pisto ou deixar preparado un puré, permiten ter opcións saudables a man de luns a venres.Planificar o menú semanal: Escribir un menú de comidas e ceas tendo en conta os tempos de cociñado, pode ser a mellor das opcións para evitar

consumir alimentos insáns ó chegar a casa, posto que por todos é sabi-do que cando a sensación de fame é elevada, óptase polos alimentos máis calóricos e xa preparados, sen pensar sequera nunha opción saudable. Esta planificación do menú, pode mellorar a elección nese momento do día, así coma facilitar e reducir os tempos do momento da compra.

Unha compra semanal libre de ali-mentos superfluos: Canto menos pro-dutos procesados haxa na casa, me-nor será o seu consumo semanal. Co menú xa planificado, débese elaborar unha listaxe da compra e evitar incluír durante a mesma ingredientes que non se atopen nela. Ir con fame non é recomendable, xa que pode influír en gran medida nos alimentos incluí-dos na cesta. Unha única compra por semana é mais que suficiente, permite aforrar tempo e aproveitar mellor os ingredientes e alimentos da casa.

Empregar conservas e alimentos cocidos: Na actualidade, aínda que non son maioritarios, tamén existen alimentos envasados saudables no mercado que poden empregarse no día a día e que resultan de gran utilidade a hora de preparar almor-zos en menos de 5 minutos. Un bo exemplo son todas as conservas de peixes ou mariscos ó natural como os mexillóns, ameixas, navallas, atún... Tamén as legumes cocidas baixas en sal, como as lentellas, ga-ravanzos e fabas en tarros de cristal ou as minestras, grelos, acelgas, co-les de Bruxelas e similares que non conteñan máis ingredientes que os propios vexetais. Pódese optar ta-mén por champiñóns, millo, cenoria raiada ou pementos asados, sempre que non apareza azucre entre os seus ingredientes.

Comer no traballo: É posible que no descanso do almorzo non exista

tempo de chegar a casa e prepa-rar a comida, nestes casos é máis recomendable comer no traballo que saír ó restaurante, posto que deste xeito mellorase a calidade da alimentación semanal ademais de aforrar tempo e diñeiro. A prepara-ción do tupper non ten por que ser moi laboriosa nin é preciso contar cun microondas na oficina; póde-se optar por alimentos fríos coma ensaladas completas, de arroz, de pasta ou de quinoa integrais, de garavanzos, de lentellas, de xudías, etc.; lendo ven as etiquetaxes póde-se incluso atopar opcións xa cocidas e saudables, polo que a única tarefa será mesturar diferentes alimen-tos. De poder quentar, as verduras (mesmo as de bote ou lata) con patacas e ovos cocidos ou con atún ó natural, peixes ou carnes da cea anterior, legumes vexetais e pastas e arroces con verduras continúan a ser boas alternativas.

Marta P.Fandiñowww.nutripasos.com

Comer sausable sen tempoNUTRICIÓN PASO A PASO

Page 34: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

34 setembro 2018 opinión

Poucas cousas hai que me causen mais tristura e desacougo que escoitar a unha vítima de violen-cia de xénero que non vai

rachar co seu maltratador porque sabe que, malia que está a maltra-tala, él a quere, o mesmo que ela, que asegura estar profundamente namorada del. Ante isto, sempre lles pregunto cal é a razón pola que, se non se plantexan rachar con esa relación, acuden a nos, e a resposta non pode ser mais des-corazonadora cando nos din que é porque precisan axuda para entender a súas parellas, para comportarse de xeito que non se alteren, e continuar así con esa persoa, repetindo unha e outra vez o namorados que están.O mesmo da a súa edade, a súa condi-ción social, a súa formación ou a súa capacidade económica. O denomina-dor común é esa atadura, esa depen-dencia enfermiza que identifican, erra-damente, co amor. Cando me responden así, algo, como

digo, moi frecuente, sempre lles fago a mesma pregunta: Se estás tan na-morada, se él che quere tanto, por qué che doe?, e a miña frustración ainda medra mais cando a súa resposta é que o amor é así. Que querer, doe, e mesmo xustifican as agresións, o con-trol enfermizo, os ciumes e, en resumo, un comportamento propio dunha re-lación de malos tratos, alegando que son feitos puntuais, que a súa parella está a pasar un mal momento, etc,etc, etc, chegando mesmo a culparse elas por provocar esas reaccións.A todas elas, e a todas cantas mu-lleres que estean a pasar por unha situación semellante, lles quero de-dicar estas liñas e dicirlles que non crean esa falacia, que o amor, cando é amor de verdade, non doe, e a miña propia historia é unha mostra do que estou a dicir.Tamén eu, nunha época da miña vida, sentín o mesmo que elas. Eu tamén asumín que sufrir, sentirme culpable, así como vivir con unha constante in-quietude, e co coidado de non baixar a garda e que o meu “mal comporta-mento” espertase a fera, era algo que ía implícito na relación de parella.Estaba convencida de que chegara a estar verdaderamente namorada, e, malia que, afortunadamente, rachei

a tempo con esa relación, non souben que o que crín amor non era tal, ata que chegou o de verdade e entendín o meu gran erro.Cando coñecín ao que, malia que por circunstancias da vida, está lonxe, teño a certeza de que é e será o verda-deiro e gran amor da miña vida, non sentín nin volvoretas no estómago (de feito esa soa idea resúltame un tanto grimosa), nin later o corazón alouca-damente, nin moito menos, co paso do tempo, temor, nin tampouco vivín nun estado de alerta constante por se algo do que eu facía ou dicía o alteraba ou o facía estalar en ira.Menos ainda a miña autoestima se viu diminuida en ningún momento por mor das súas descalificacións ou aber-to desprezo, como me sucedera na an-terior relación.Pola contra, o que sentín desde o pri-meiro momento foi, ademais dunha gran conexión, unha enorme paz. Pouco a pouco me foi devolvendo a confianza, a ilusión e as ganas de vivir que un malnacido fora quen de arre-batarme.Tampouco o meu comportamento estivo rexido pola cautela, medindo todo canto facía ou dicía, por se algo o alteraba. Todo o contrario. Sempre me sentín totalmente libre e as nosas

conversas, dos dous, e sobre calquera tema, chegaron a ser un dos maiores placeres da miña vida. Eu xa non era o suxeito pasivo que de-bía limitarme a escoitar e a acatar sen rechistar canto se me dicía, sen crite-rio e sen que se me permitise opinar. As miñas opinións eran non soamente escoitadas, senón valoradas e tidas en conta. Algo totalmente novo ou mais ben descoñecido para min.Como tamén me resultaba xa non sorprendente, senón insólito, que me pedira consello ou o meu parecer nal-gunha cuestión, sobre todo se era algo de considerable importancia....Non daba creto!. A min, a unha ignorante que non sabía nin onde tiña a man dereita!.Por primeira vez na miña vida, me sen-tín valorada, escoitada e, por riba de todo, querida, moi querida.Tamén sentía que por fin lle preocupa-ba a alguien, que era importante para alguien, pero con total liberdade, por-que eu era dueña do meu espazo, das miñas amizades, do meu tempo. Non era a posesión de ninguén.Nunca me vin na necesidade de se-leccionar coidadosamente o que lle ía dicir, temendo as consecuencias. Tampouco os meus sentementos, as miñas inquietudes foron xa nunca

mais consideradas parvadas, senón escoitados e comprendidos, e sem-pre que precisei apoio contei con él, de xeito incondicional, e sen a nece-sidade de pedilo.Había tamén algo moi diferente nesta relación. A mirada. Esa mirada de le-dicía cando eu chegaba, e ese sorriso que non enganaba. Realmente se ale-graba de verme, o mesmo que eu, que xa non sentía temor ante a perspecti-va dun encontro coa persoa que dicía quererme.Foi entón, despois dun tempo no que puiden aprender día a día que todo o anterior fora, ademais de case unha sentenza de morte, unha enorme e maquiavélica mentira, cando por fin comprendín a realidade e tomei con-ciencia de que, cando se quere de ver-dade, nin se fai dano, nin se sinte dor.Entendín que o amor verdadeiro é unha relación de igual a igual, sen do-minación, sen medo.Entendín, en definitiva, que esta vez era amor de verdade, porque non me estaba a doer, porque esa clase de amor, o de verdade, nunca doe.Por eso a tí, que estás a sufrir, que sin-tes cada día o medo, a incomprensión, a humillación e mesmo o perigo, che pregunto, se é amor de verdade, por qué che doe tanto?.

Se é amor, por qué che doe tanto?

Marta R. EngrobaAsc. Si, hai saída.

COUSAS DA VIDA MESMA

Na parroquia de Díaz Castro houbo moi-tos canteiros, como xa deixou constancia Antón de Guizán nas

páxinas deste mesmo periódico, o que facía necesaria a labor dos ferreiros para apuntar e fabricar as súas ferramentas. O ferreiro mais antigo do que temos no-ticia é Lourenzo Losada, que tiña a súa forxa na aldea de A Tiñaz, na casa que aínda se coñece como a Casa do Ferrei-ro. Pola súa forxa pasarían todos os veci-ños da parroquia, pois naqueles tempos todos os apeiros de labranza eran obra dos ferreiros; ferreiros que sabían dar o tempero necesario a cada ferramenta, observando como por maxia o roxo vivo do aceiro quente se ía convertendo nun azul violeta ao metelo na auga fría, de-pendendo das veces ou do tempo que eles crían necesario para conseguir a cor correspondente á dureza do aceiro. Es-taba casado con Mari Pepa, da casa de Ciprián de Liñarede, pero non tiñan fillos e a mediados dos anos 30 do século pa-sado púxose mal da cabeza, volvéndose moi violento. Din que nunha ocasión tivo que subir Salvador de Lagares, amodiño polas escaleiras e collelo por detrás para reducilo, cando estaba ameazando aos veciños con unha escopeta desde a fies-tra. Despois tiveron que recluílo no cuar-to da casa, amarrándoo con unha cadea que pasaba por un furado que fixeron nas táboas para poder atala a unha viga

de debaixo do piso. Rematou os seus días nun psiquiátrico de Salamanca e, ao mo-rrer, Mari Pepa vendeu o lugar aos veci-ños e a casa a Antonio de Carreira e foise para Bos Aires.A labor que desempeñaba Lourenzo tivo continuación en Serafín López, da casa de Sabugueiro de Malde, quen soia dicir con sorna: Nunca te metas cun ferreiro, que é capaz de facer calquera cousa! Empezou a traballar nun pequeno espa-zo que aínda se pode ollar entre o bonito e centenario pozo comunal da aldea e o hórreo, ademais, aproveitando o encoro do muíño que a súa casa de Sabuguei-ro tiña no río Xarondo, entre o Porto de Mende e o Porto de Malde, fixo un canal e instalou unha moa para afiar as ferra-mentas. Mais tarde foise para a vila de Parga, onde montou a Ferretería Serafín, que aínda goza de boa saúde.Na aldea da Reboira tiña fragua Ánxel Gómez, da casa do Larizo, que facía e reparaba as ferramentas de todos os lu-gares que bordean o Cordal de Montou-to, aldeas nas que non tiña competencia algunha, pois a forxa mais achegada era a de Xosé Lobeiras, mais coñecido como O Armeiro de Berulfe, un milmañas auto-didacta ao que o mesmo lle daba sacar moas con unha dentuza deseñada e fa-bricada por el mesmo, que reparar es-copetas ou facer fotografías na Feira de Parga coa súa máquina Leica, pero el so se dedicaba a forxar as pezas que nece-sitaba para os seus amaños e non para a veciñanza.Ignacio Rodríguez, da casa de Sabuguei-ro que está cabo do Cancelo, era outro artimañas que reparaba todo tipo de máquinas e ferramentas: Máquinas de

coser, motores, máquinas de mallar, ou pistolas. Contan que cando xa estaba encamado e moi maliño, oíu o ruído dun motor que estaba mallando e dixo: Ese motor vai parar. E así foi ao pouco tempo, polo que pediu que o levaran ata a aira nunha padiola e despois de dar as ordes oportunas do que tiñan que facer, o mo-tor volveu mallar. Na primeira metade do século pasado case todos os veciños tiñan pistola, pois había un forte enfron-tamento entre os dos Vilares e do Buriz, con constantes pelexas cando quedaban nun adro ou noutro á saída da misa, con gadañas, eixadas e outras ferramentas de labranza, chegando incluso a morrer un do Buriz dunha pedrada, e eran Igna-cio e O Armeiro os que poñían a punto as armas dos dous bandos, facendo incluso

na forxa as pezas necesarias. Os do Buríz levábanllas a Ignacio por estar mais cer-ca, e facíano de noite para que os dos Vi-lares non souberan que lles reparaba as armas ao inimigo. Ánxel Calvo, de Lindeiros, tivo a súa forxa en Vilasuso mentres estivo na casa de Pi-ñeiro, pasando despois ó Barreiro, cando fixo alí a súa casa, pero os que mais se de-dicaron a ese oficio foron Anxel Iglesias, da casa de Carreira da Tiñaz e Arturo An-sede, da casa de Meao das Reixas. Ánxel aprendeu o oficio na casa de Vilariño de Campoverde do Buriz, cos irmáns Xosé e Domingo, e rexentou durante moitos anos a antiga forxa da Casa do Ferreiro da Tiñaz, que mercou seu pai ao morrer Lourenzo Losada e deixou de traballar nese oficio cando en 1962 emigrou a Bil-

bao. Os dous traballaron durante bastan-te tempo apuntando as ferramentas na canteira que os Monteros de San Salva-dor tiñan no lugar da Locencia e os dous afiaban os gadaños, coitelos e fouciñas, na moa da que falamos anteriormente e que xa montara tempo atrás Serafín de Malde no río Xarondo. Arturo foi o último Vulcano da parroquia. El pechou a última fragua e con el des-apareceron as forxas onde tantas veces vin soldar por caldeo -a forma mais primi-tiva de soldar aceiro- para calzar o ferro dun arado ou o aceiro dun gadaño, utili-zando unhas pastillas de color chocolate, compostas por ácido bórico e sal de amo-nio entre outros ingredientes químicos.

Raul Río

Os ferreiros dos VilaresFAÍSCAS QUE ESPALLA O VENTO

Lugar no que tiña a forxa Serafín López Cordeiro

Page 35: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 35sociedade

No Concello de Riotorto houbo actividades para os máis cativos, nas que tiveron un campamento no lugar de celebración da Festa Celta na Croa e outras actividades na biblioteca municipal

O 1 de agosto deron comezo os campamentos de verán en Friol co fin de ofrecer á súa poboación máis pequena tardes divertidas e cheas de aprendizaxe. Conxugan actividades no campo, no club fluvial e a obra de teatro coa compañía Fran Rei que representou o espectáculo A historia de Brancaflor

O Campamento de Verán do Concello de Muras fixo unha Festa de

Inchables e da Escuma ademais de xogos e actividades variadas

Os rapaces participantes no campamento de verán organizado en Pol visitaron a Casa do Concello local

como unha das actividades programadas

A Asociación de Empresarios de Muimenta fixo entrega dos pre-mios aos gañadores do Concurso de tapas

A parroquia de Santa Leocadia en Castro de Rei celebrou novamente a Fes-ta do Emigrante o día 11 de agosto no campo da Barxa

Page 36: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

36 setembro 2018 sociedade

O subidón dos avós é a subida-carreira de Rábade polo Ramal á Estación na que avoas ou avós competiron levando ao seu neto menor de 6 anos en silla, carriño ou calquera elemento sen motor

A Festa do Emigrante de Pol congregou moita xente nunha xornada de música e bo xantar. Malia que baixaron as temperaturas, a carballeira de Mosteiro estaba abarro-tada de asistentes. Este ano o pregón estivo a cargo de Sandra Rodríguez

Os Escuteiros 752 Algueirao de Portugal acamparon durante 8 días no Cercud de Baamonde, realizaron actividades deportivas

O Concello de Guitiriz festexou a Torta de Millo con obradoiros, un xantar ao aire libre baixo os carballos da praza e actuacións do grupo de música Os Trastiños do Castelo, sen faltar unha degustación da torta de millo de Guitiriz

O campamento de verán de Muras acolleu a moitos pequenos de en-tre 3 e 16 anos onde desfrutaron do aire libre e da natureza

Abre Xoldra na rúa Basanta Silva. Os responsables xa teñen experien-cia no sector pois teñen outro negocio en Guitiriz de igual nome

Page 37: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 37sociedade

O Centro de Día de Abadín organizou a súa segunda convivencia de familiares de usuarios na área recreativa da Madalena de Vilalba, onde aproveitaron para facer unha pequena andaina

A Sega de Castro de Rei estivo organizada pola Asociación Amigos da Feira, na que se intenta recuperar unha tradición agraria da zona

A Asociación de Veciños de Vilapredre celebrou o centenario da súa casa escola. O acto central foi un xantar de confraternidade, ademais houbo misa, con ofrenda floral e posterior sesión vermú

O Concello de Muras acolleu o 4 de agosto a ruta cabalar. Nesta ocasión puideron participar a cabalo ou a pé. Na clausura da ruta houbo un xantar así como unha actuación musical e xogos para todos os públicos

Novas instalacions de A Fervenza nas Pontes, rexentado polos ir-máns Manuel e Guadalupe Campello

No campo de traballo internacional Casa da Neveira, en Xerma-de, participaron 19 rapaces -de entre 19 e 30 anos- de 5 países

Page 38: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

38 setembro 2018 cultura

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Centro de Saúde: 982 33 21 41

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Garda Civil: 982 52 00 17Centro de Saúde (cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Centros de Saúde (cita previa) 982 31 10 18Castro de Rei: 982 31 42 11Ribeiras de Lea: 982 31 11 14

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Centro de Saúde: 982 39 69 02

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 / 982 50 10 55

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Garda Civil: 982 39 00 05Centro de Saúde: 982 39 01 01

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Garda Civil: 982 37 00 01Centro de Saúde: 982 37 21 10Parga P.A.C: 982 37 05 00

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Centro de Saúde (cita previa): 982 51 03 11

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05 OUTEIRO DE REI

Concello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 35 69 27 Cita previa: 982 33 02 40

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 / 982 34 53 76

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

ABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Centro de Saúde: 982 50 81 22

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

Teléfonos: www.terrachaxa.com+

TELÉFONOS DE INTERESE

AXENDA DA TERRA CHÁ

EXCURSIÓN 3ª IDADE12 de setembro do 2018Santiago - Baiona - O Rosal - TuiCasa do Concello Friol

FESTA DO ECCE HOMO14 de setembro do 2018Curro Vello de Guitiriz

VII VOLANTE DEPUTACIÓN15 e 16 de setembro do 2018Circuíto da Pastoriza

FESTAS ABADÍN15 e 16 de setembro do 2018Abadín

FESTA INDIANA15 de setembro do 2018Santaballa, Vilalba

PRESENTACIÓN TESIS RALLY TEAM15 de setembro do 2018Pub Team RacerCastro Ribeiras de Lea

MERCADO DE VERÁN DE RIOTORTO15 de setembro do 2018Augaxosa

DÍA DO SOCIO DA ASOCIACIÓNCULTURAL CARBALLO VIVO15 de setembro do 2018Área recreativa do CarballoFriol

EVENTOSI TOMA CULTURAL DE CALDALOBA16 de setembro do 2018A partir das 12:00Local do Pino, Cospeito

TALLER DE VIDEOXOGOS21 de setembro do 2018Aula Cemit do Concello de Guitiriz

ENCONTRO DE TORNEIROS21, 22 e 23 de setembro do 2018Xermade

REPRESENTACIÓN DA OBRA SÉNIOR22 de setembro do 2018Casa Habanera, Guitiriz

XI ROMARÍA DE SAN MATEO22 de setembro do 2018Labrada, Guitiriz

II FESTIVAL ROCK DE PARGA22 de setembro do 2018Carballeira de Parga, Guitiriz

XXXI FEIRA DO POLDRO 22 e 23 de setembro do 2018Muras

FESTAS DA PURREIRA22 e 23 de setembro do 2018Friol

RUTA A CABALO E EN BICI29 de setembro do 2018Friol

CURSOSBAILE DE SALÓNTodos os xoves dos meses de xullo, agosto e setembroCasa da Cultura de Meira

CURSO DE CONDUCCIÓN15 e 16 de setembro do 2018Circuíto de kartsPastoriza

CURSO DE FILLOEIRO29 de setembro do 2018Recinto Ferial Manuel VilaMuimenta

TALLER DE MEMORIAPARA MAIORESTodos os luns e xoves a partir do 15 de outubro do 2018Casa Habanera de GuitirizEscola do Campo da Feira de PargaGuitiriz

CURSO DE INFORMÁTICA PARA MAIORESOs martes desde o 18 de setembroFriol

AULA DE MÚSICA TRADICIONALOrganizada polos VilaresA partir de outubro

OBRADOIROS DE PRIMEIROS AUXI-LIOS E COIDADO DOS MAIORES NAS PARROQUIAS DE VILALBAA cargo de Cruz VermellaDe setembro a decembroA partir de outubroCentros Parroquiais

I CERTAME DE POESÍATORRE DE CALDALOBAPrazo de presentación 4 de outubro do 2018Cospeito

CONCURSOS

II TRAIL DAS BESTAS4 de novembro do 2018Saída diante do ConcelloMuras

CONCERTO DE LOS SECRETOS14 de decembro do 2018Audtorio Carmen EstévezVilalba

PROXIMAMENTE

Page 39: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

setembro 2018 39cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...que ler?

que ver?

Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora se-melle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da súa privilexiada po-sición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha nova Sicilia: atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando e un clima de admiración e tolerancia cara a unha cultura delituo-sa herdada da época dos «inofensivos» e «benefactores» capos do tabaco. Os clans, poderosos e herméticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase política e das forzas de seguridade. A través de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuíces, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada.

FariñaNacho Carretero

que escoitar?

O disco gravouse en Boiro (A Coruña), ata onde se desprazou o productor coru-ñés afincado en Madrid, Juan de Deus Martín. Que nos atopamos en Jard Rock Con Fe? Rock contundente, costumbrismo, humor e desenfreo.Abre A Duquesa de Poi, un corte no que contan a historia real de Manuela, a avoa de Tonhito de Poi. Parece ser que durante un carnaval en plena postguerra enfrontouse ás autoridades locais mofándose dun político local cun porco polo medio. Un feito que quedou gravado na mente dos seus veciños, que pasaron a chamala A Duquesa de Poi. O tema é elixido como single de adianto do disco. Atopámonos con temas contundentes como Comechopos e Supernovedá, con medios tempos sobre amores internacionais ou baladas de desamor.

Heredeiros da CrusJard Rock con Fe, 2013

Pierre é un mozo duns trinta anos criador de gando. A súa vida vira en torno á súa granxa, a súa irmá veterinaria e os seus pais, antigos donos da lechería. Cando os primeiros casos dunha epidemia difúndense en Francia, Pierre descobre que un dos seus animais está infectado. Non pode lidiar coa perspectiva de perder as súas vacas, son todo o que ten e fará o imposible para salvalas.

Un héroe singularHubert Charuel, drama

Francisco RuízPresidente do Rácing Vilalbés

un libro un disco

Luna de Lobosde Julio Llamazares

Calquera de Rosendo

unha película unha personaxe histórica

La vida de Briandos Monty Python

Adolf Hitler

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Calquera coa miña familia A miña casa

unha comida unha bebida

Beefeater con cocacola Polbo con cachelos

Page 40: Terra Chá.Xaterrachaxa.com/wp-content/uploads/2018/09/TERRACH... · nº 177. setembro 2018. Aposta polas infraestruturas. A Deputación Provincial aprobou en sucesivas xuntas de

Santuarios e romaxes da Chaira:A Virxe dos Milagres de Saavedra

DESCUBRINDO O PATRIMONIO CHAIREGO

Por toda a xeografía galega é coñecida dende antigo a existencia de distintas xun-tanzas ou romaxes vincula-das a santuarios relixiosos,

os cales albergan imaxes ás que se lle atribúen poderes milagreiros e de protección, reunindo en distin-tas festividades a un bo número de crentes para cumprir ofertas e es-coitar misas, rogando pola saúde, a sorte e a axuda divina en momen-tos cruciais da vida. As romarías convertéronse así en importantes manifestacións relixiosas e cultu-ralis, feitos sociais que unen e re-lacionan á comunidade baixo un mesmo sentimento, reafirmando lazos identitarios por medio de dis-tintos símbolos e costumes propias de cada evento. As merendas a ca-rón das ermitas, as procesións, as velas con forma de distintas partes do corpo, “poñer o santo”, as fontes

e os panos, as rosquillas, a verbena, etc., son algún destes elementos comúns que as identifican, mantén-dose vixentes en maior ou menor medida segundo o proceso de cam-bio cultural. Podemos afirmar que estas roma-rías forman parte do legado cultu-ral e relixioso dos nosos devancei-ros, unhas prácticas que seguen a recrearse como parte da tradición rural e do sentimento relixioso de moita xente, elementos que nos permiten comprender a mentali-

dade e o desenvolvemento das re-lacións e comportamentos sociais baixo o matiz da relixión, gañando o seu “oco” dentro do que coñece-mos como patrimonio cultural in-material.Na Chaira seguen a celebrarse moi-tas destas xuntanzas relixiosas, máis, aínda así, moitas menos das que recordan os nosos maiores, pois os novos modelos e comportamentos sociais propiciaron que caerán en desuso ou perdesen a popularidade que noutrora gozaban. Non obstan-te, como xa indicamos, o “elemento social” segue a prevalecer en moitos casos, manténdoas vivas e permitin-do a súa transmisión.

Unha das romaxes máis coñecidas da Chaira é a romaxe da Virxe dos Mila-gres de Saavedra (Begonte), santuario ó que acoden gran cantidade de devo-tos para pedir axuda de distinta índole e que celebra o seu día grande o 24 de maio (precedido por unha novena á Virxe). Durante a xornada ofícianse varias misas para atender a multitude

que se congrega e os fieis levan a cabo distintos rituais para realizar as súas ofrendas ou darlle as gracias á Virxe, ente os que se atopan as procesións arredor da igrexa (de pé ou de xeon-llos) portando velas e exvotos de cera, “poñer a santa”, pasar os panos pola imaxe, e, noutros tempos, levar auga dunha fonte próxima. Moitos fieis que acoden á romaría fano a pé dende distintos puntos da Chaira, tal e como manda tradición. En canto ó templo atópase emprazado nunha pequena elevación, rodeada por unha de-pendencia porticada, o cemiterio e un cruceiro. Presenta unha es-trutura arquitectónica sinxela e de estilo popular, composta por unha

soa nave, presbiterio rectangular e unha capela lateral que alberga a representativa imaxe mariana. De cara ó exterior reflicte tamén esa sobriedade cos muros revestidos en branco, mentres que o zócalo, os esquinais, as ventás e outros ele-mentos decorativos están remarca-dos nun ton gris azulado. A fachada

principal consta dun primeiro corpo enmarcado por pilastras rematadas con pináculos, onde se atopa unha pequena fiestra e a porta de acce-so, esta última decorada cun fron-tón triangular sostido por pilastras que repiten o modelo anterior. So-bre este corpo érguese a espadana, estrutura mural na que se abriron dous ocos para colocar sendas campás que chaman ós fieis á ora-ción, cun remate superior sobre o que se sostén a cruz, acompa-ñada a ambos lados de dous pináculos pequenos de for-mas máis redondeadas.No interior continuamos co estilo sobrio que a ca-

racteriza, reflectido tamén no Altar Maior e nas dis-tintas imaxes, conservando ademais unha importante lápida funeraria do século XVI encaixada na parede esquerda do presbiterio, a cal presenta un escudo cuartelado no centro cun-

ha cruz flordelisada e armas da fa-milia dos Montenegro, os Parga e os Gaioso. Acompañando ó escudo podemos observar tamén un epí-grafe que identifica ás dúas persoas alí soterradas, Don Roi González de Ribadeneira Saavedra e a súa mu-ller Dona Violante de Losada. O santuario conta tamén con distintas lendas que tratan de amosar o po-der e a intercesión que a Virxe dos Milagres exerceu durante séculos.

Moitos fieis que acoden á romaría

fano a pé dende distintos puntos

da Chaira, tal e como manda a

tradición

Lápida

Exterior do Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra

Imaxe da virxe

Miriam Fernández