Terra ap galego_branco

2
APELACIÓN CIVIL A Audiencia Provincial de Ourense constituída polos Señores, Don Fernando Alañón Olmedo, Presidente, Dona Ángela Irene Domínguez Viguera Fernández e Dona Josefa Otero Seivane, Magistrados, pronunciou, en nome do Rei, a seguinte SENTENZA NÚM Na cidade de Ourense a dezaseis de outubro de dous mil sete. VISTOS, por esta Audiencia Provincial, actuando como Tribunal Civil, os autos de Anulación de Laudo Arbitral, seguidos co rollo de sala núm. 43 1/07, entre partes, como demandante Telefónica de España SAU, representada pola Procuradora Dona María Jesús Santana Penín, baixo a dirección do Letrado Don Alejandro Pérez Garrido e, como demandado Don Xosé Antón Vázquez Dorrío, representado pola procuradora Dona Eva Álvarez Coscolín, baixo a dirección do Avogado Don José Carlos González Fernández. É poñente a Ilma. Sra. Dña. Ángela-lrene Domínguez-Viguera Fernández. 1 - ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Por Telefónica de España SAU, presentouse demanda de anulación de laudo arbitral contra laudo de data 17 de abril de 2007. SEGUNDO.- Notificado o laudo, interpúxose por Telefónica de España SAU recurso de anulación. TERCEIRO.- Na tramitación deste recurso cumpríronse as correspondentes prescricións legais. II. FUNDAMENTOS DE DEREITO PRIMEIRO.- Procede estimar a pretensión de nulidade de laudo ditado polo Colexio de Consumo de Ourense en data 17 de Abril de 2007, en primeiro término, porque na data en que se prantexou o campionato de “Blogs” ao que resulta vinculado o premio cuxo cumprimento se reclama polo socilicitante de Arbitraxe, a entidade ofertante "TERRA NETWORKS ESPAÑA SAU" non formaba parte da entidade apelante "Telefónica de España SAU", o que tivo lugar con posterioridade, no 15 de xullo de 2003, ao producirse a fusión pola absorción de ambas sociedades. E si, en virtude da mesma, "Telefónica de España" asumiu as obrigas e responsabilidades que naquela data correspondían á sociedade absorbida, éo, mantendo as

Transcript of Terra ap galego_branco

Page 1: Terra ap galego_branco

APELACIÓN CIVILA Audiencia Provincial de Ourense constituída polos Señores,

Don Fernando Alañón Olmedo, Presidente, Dona Ángela Irene Domínguez Viguera Fernández e Dona Josefa Otero Seivane, Magistrados, pronunciou, en nome do Rei, a seguinte

SENTENZA NÚMNa cidade de Ourense a dezaseis de outubro de dous mil sete.

VISTOS, por esta Audiencia Provincial, actuando como TribunalCivil, os autos de Anulación de Laudo Arbitral, seguidos co rollo de sala núm. 43 1/07, entre partes, como demandante Telefónica de España SAU, representada pola Procuradora Dona María Jesús Santana Penín, baixo a dirección do Letrado Don Alejandro Pérez Garrido e, como demandado Don Xosé Antón Vázquez Dorrío, representado pola procuradora Dona Eva Álvarez Coscolín, baixo a dirección do Avogado Don José Carlos González Fernández. É poñente a Ilma. Sra. Dña. Ángela-lrene Domínguez-Viguera Fernández.

1 - ANTECEDENTES DE FEITOPRIMEIRO.- Por Telefónica de España SAU, presentouse demanda

de anulación de laudo arbitral contra laudo de data 17 de abril de 2007.

SEGUNDO.- Notificado o laudo, interpúxose por Telefónica de España SAU recurso de anulación.

TERCEIRO.- Na tramitación deste recurso cumpríronse as correspondentes prescricións legais.

II. FUNDAMENTOS DE DEREITOPRIMEIRO.- Procede estimar a pretensión de nulidade de laudo

ditado polo Colexio de Consumo de Ourense en data 17 de Abril de 2007, en primeiro término, porque na data en que se prantexou o campionato de “Blogs” ao que resulta vinculado o premio cuxo cumprimento se reclama polo socilicitante de Arbitraxe, a entidade ofertante "TERRA NETWORKS ESPAÑA SAU" non formaba parte da entidade apelante "Telefónica de España SAU", o que tivo lugar conposterioridade, no 15 de xullo de 2003, ao producirse a fusión pola absorción de ambas sociedades. E si, en virtude da mesma, "Telefónica de España" asumiu as obrigas e responsabilidades que naquela data correspondían á sociedade absorbida, éo, mantendo as

Page 2: Terra ap galego_branco

mesmas condicións xurídicas asumidas por "Terra" ao tempo daoferta, determinantes do ámbito do pacto. E entre elas, non seencontraba a submisión ao sistema arbitral, ao que non se atopaba adherida "Terra", polo que todas as vicisitudes xurídicas derivadas de tal oferta e o seu coñecemento, quedaba substraído ao Arbitraxe.

En segundo término, a oferta de participación nun campionato de "blogs" a través de internet, como a participación en calquera outro "foro", non se enmarca nun contrato de prestación de servizos, nin resulta vinculado ao mesmo, como non o era no caso, posto que, o accionante no mantiña con Terra ningún Contrato de arrendamento de servizos, polo que, a resulta desnaturalizada con arrego ao artigo 1°, apartado 2º da Lei para a defensa dos consumidores e usuarios.

Por outra parte, a ampla interpretación que o término “plantilla” realiza o Laudo impugnado, supón determinar, a existencia dun vínculo de natureza laboral entre as partes, e resolver sobre una cuestión de orden laboral, que está excluída do ámbito de aplicación da Lei de arbitraxe. Consideracións que conducen a deixar sen efecto o laudo recorrido, sen prexuízo dos dereitos que asistan ao reclamante para exercelos en legal forma.

SEGUNDO.- De conformidade co disposto nos artigos 394 e 397 LEC ao participar da natureza revisora dos recursos devolutivos, non se efectúa unha expresa imposición de costas.

FALLO: Estímase o recurso de anulación formulado polarepresentación procesual de Telefónica de España SAU contra o "Laudo" ditado polo Colexio Arbitral de Consumo de Ourense en 17 de abril de 2007, en expediente nº 31.608 cuxa resolución se anula e deixase sen efecto. Sen efectuar unha expresa imposición de costas.

Ao notificarse esta resolución ás partes, fágase asindicacións a que se refire o art. 248-4 da Lei Orgánica do PoderXudicial.

Así por esta nosa sentenza, da que en unión aos autosorixinais remitirase certificación ao Xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.