Tema I-O Papel da mitoloxía e da relixión

6
Tema I : DA ANTIGÜIDADE Á IDADE MEDIA 1. O papel da mitoloxía e da relixión nas orixes da literatura LITERATURAS ORIENTAIS As primeiras civilizacións desenvolvéronse hai 5.000 anos. Coñécense como “civilizacións fluviais” porque naceron á beira de grandes ríos: Mesopotamia (Tigris e Éufrates); Exipto (Nilo); India (Indo e Ganxes) e China (Amarelo). Nas primeiras civilizacións eleboráronse un conxunto de relatos que trataban de explicar de maneira exemplar os grandes temas que terían acollida na literatura (a orixe das cousas, a creación da vida e o seu sentido, o alén, o ben e o mal…). Proporcionaban unha primeira interpretación dio mundo e da vida humana, do seu comezo e causas. Expresan a ideoloxía dunha sociedade e manteñen os seus valores e ideais, as regras e as prácticas tradicionais sen as que todo se fragmentaría. As imaxes e os símbolos que aparecen na literatura son considerados imaxes do inconsciente colectivo ou mitos. Jung afirma que as analoxías entre os mitos antigos e os relatos que aparecen na literatura moderna non son triviais ou accidentais. Existen porque a mente inconsciente do home moderno conserva a capacidade de crear símbolos que noutro tempo encontrou expresión nas crenzas, ritos e mitos do home primitivo. 1

description

Influencias da mitoloxía e da relixión na historia da literatura universal

Transcript of Tema I-O Papel da mitoloxía e da relixión

Page 1: Tema I-O Papel da mitoloxía e da relixión

Tema I : DA ANTIGÜIDADE Á IDADE MEDIA

1. O papel da mitoloxía e da relixión nas orixes da literatura

LITERATURAS ORIENTAIS

As primeiras civilizacións desenvolvéronse hai 5.000 anos. Coñécense como

“civilizacións fluviais” porque naceron á beira de grandes ríos: Mesopotamia (Tigris e

Éufrates); Exipto (Nilo); India (Indo e Ganxes) e China (Amarelo).

Nas primeiras civilizacións eleboráronse un conxunto de relatos que trataban de

explicar de maneira exemplar os grandes temas que terían acollida na literatura (a orixe

das cousas, a creación da vida e o seu sentido, o alén, o ben e o mal…). Proporcionaban

unha primeira interpretación dio mundo e da vida humana, do seu comezo e causas.

Expresan a ideoloxía dunha sociedade e manteñen os seus valores e ideais, as regras e

as prácticas tradicionais sen as que todo se fragmentaría.

As imaxes e os símbolos que aparecen na literatura son considerados imaxes do

inconsciente colectivo ou mitos. Jung afirma que as analoxías entre os mitos antigos e

os relatos que aparecen na literatura moderna non son triviais ou accidentais. Existen

porque a mente inconsciente do home moderno conserva a capacidade de crear

símbolos que noutro tempo encontrou expresión nas crenzas, ritos e mitos do home

primitivo.

A literatura da antigüidade mostra o mesmo modelo. Estas narracións

serán diferentes en relación cos pobos que as crean, mais hai paralelismo entre elas. En

xeral hai referencias a un pasado metahistórico, imaxinario, pertencente ao ámbito do

marabilloso. É o que acontece cos mitos da creación (as figuras do creador: Iavé, Path,

Anu, Brahma, Odín…), cosmogonías e teogonías transmitidos ao longo de xeracións de

xeito oral que polo seu simbolismo e prestixio poético ( e pola utilización do propio

poder) constituíron a gran materia prima das artes e obras literarias. Pensemos co

motivo recorrente do diluvio universal (recreación do mundo coa formación dunha nova

humanidade), ou nas similitudes do mundo de ultratumba, infernos e paraísos, o poder

do destino, das guerras divinas polo reparto do poder, etc.

1

Page 2: Tema I-O Papel da mitoloxía e da relixión

A literatura mesopotámica

A Xénese sitúa a Mesopotamia como berce da humanidade. Os primeiros

poboadores eran sumerios. Sumer caracterizouse por ser unha civilización moi

avanzada (economía, organización social) e nela xurdiron as primeiras cidades-estado

(Uruk, Ur…) e a cultura urbana. Aquí nace, ademais do mito, a escritura cuneiforme, o

primeiro código e a produción literaria despois do terceiro milenio antes da nosa era.

Sen dúbida, a obra máis importante da cultura sumeria, polo valor literario e a súa

repercusión, é o Poema de Gilgamesh (provén dunha longa tradición oral que recollía as

fazañas deste rei de Uruk -2650 a. de C.- e tras un proceso de elaboración de case 2.000

anos foise fixando co reinado de Asurbanipal –século VII a. de C.-).

As relacións comerciais propiciaron a circulación da materia literaria, o

intecambio de historias e relatos. Isto explica que todo este material fose coñecido

polos autores do Antigo Testamento ou polo gregos da época micénica e deixase a súa

pegada na Biblia e en Homero.

Os personaxes de Gilgamesh presentan un repertorio bastante completo (tres

niveis: divino, heroico e humano) nunha sociedade nimiamente piramidal, cunha

autoridade civil e relixiosa que detentan un poder absoluto.

Asuntos e motivos recorrentes noutras composicións:

-O diluvio

-O motivo da viaxe como alegoría da vida (Ulises). Aparecen analoxías con

Hércules no tocante ás diferentes peripecias e probas que ten que superar na viaxe.

-A loita contra o mal

-A vida eterna arrebatada por unha serpe

-O tópico do carpe diem

Un dos acontecementos decisivos que tivo lugar na época mítica e que

determina a condición actual do home é o drama do paraíso. O paraíso é o espazo

primixenio onde o home era parte da totalidade e formaba parte con esa unidade e con

Deus. Simboliza un estado de inocencia, de ausencia de mal. A expulsión marca a

ruptura con esa unidade e o drama do desterro. Unha das metáforas das tradicións

relixiosas que atopan eco na literatura é considerar a vida humana como un exilio, como

2

Page 3: Tema I-O Papel da mitoloxía e da relixión

un ambiente extraño no que un se sente como un estranxeiro e desde o cal quere

volver ao seu fogar verdadeiro. O exilio está ligado co tema da busca, da

transformación, e co mito do heroe viaxeiro.

Para a literatura hebraica o drama do paraíso constitúe a súa historia

fundamental.

O riquísimo tesouro de crenzas e lendas relixiosas, a mitoloxía, serviu de fonte

principal de inspiración para os gregos, e séculos máis tarde serviron de inspiración,

pola súa beleza e profundo simbolismo, a toda a cultura occidental.

A literatura chinesa

É a literatura máis antiga de todas. Durante moito tempo foi descoñecida en

Europa. China permaneceu illada durante miles de anos, ata que as viaxes de Marco

Polo, o famoso comerciante italiano, descubrírona aos occidentais europeos. Ata hoxe

hai dificultades para traducila, por ser a lingua chinesa tan distinta das linguas que nos

son familiares.

Desgraciadamente gran parte desta literatura milenaria perdeuse. Como os

chineses escribían sobre táboas de bambú que non resistían o paso dos séculos, foi

necesario copiar os escritos unha e outra vez. Ademais, no ano 213 a. de C., o fundador

da dinastía Tsin mandou queimar todos os libros existentes, excepto algúns tratados de

carácter técnico e histórico. Dous séculos máis tarde, e baixo outra dinastía, intentouse

copiar e conservar os libros que quedaran.

Os grandes pensadores e filósofos da antiga Chinesa son Confucio e Lao-Tse, dos

séculos VI e V a. de C. O confucionismo e a doutrina de Lao-Tse son imprescindibles

para coñecer o pensamento tradicional chinés pois a cultura e a civilización chinesas

están fuertemente impregnadas de relixiosidade.

O confucionismo é sobre todo unha doutrina práctica. Non expresa grandes

ideas divinas ou relixiosas, senón que tende a regular os actos humanos, a guiar a

conduta dos homes. É máis un tratado de moral.

Lao-Tse é autor do Tao-te-king que reúne varios poemas de carácter elevado e

místico, base da filosofía taoísta.

Para o taoísmo existen tres grandes forzas chamadas Ying, Yang e Tao. As forzas

Ying e Yang opóñense, son a unha o contrario da outra. O Ying e o Yang non son dúas

3

Page 4: Tema I-O Papel da mitoloxía e da relixión

forzas inimigas, senón que ao enfrontarse se complementan. Por exemplo, a dureza e a

fraxilidade están en todas as cousas.

O Tao, a terceira forza, é o Principio Superior, porque é a forza conciliadora do

Ying e do Yang a que reúne a todos os contrarios posibles: día-noite, vida-morte,etc.. O

taoísta aspira ao Tao, é dicir, á non-loita, ao non-enfrontamento, á harmonía e

conciliación.

A literatura india

Libros Veda

Os himnos relixiosos que os sacerdotes da antiga India empregaban para invitar

aos deuses aos sacrificios, as fórmulas máxicas para afastar enfermidades, as crenzas do

pobo... consérvanse en catro libros chamados Veda. ( Veda significa “ciencia”.) Os libros

Veda están escritos en lingua sánscrita e son libros fundamentalmente relixiosos, pero

tamén hai descricións de paisaxes e relatos de heroes, cheos de fantasía e imaxinación.

Poemas épicos

Na India, cando os reis ían á guerra, adoitaban levar con eles un poeta-recitador,

chamado suta, que durante as batallas conducía o carro do mesmo rei. Os sutas

cantaban as fazañas dos reis e dos guerreiros heroicos. As peripecias dos heroes, as súas

loitas con monstros e as súas forzas sobrehumanas son o tema de dous extensos

poemas épicos indios: o Mahabharata e o Ramayana. Estes poemas gustaban moito ao

pobo e facíanse lecturas públicas, ata nas festas relixiosas, porque hai partes moi

amplas que falan de teoloxía, de coñecementos filosóficos e de moral.

O Ramayana é un poema épico (50.000 versos), escrito por Valmiki. Narra as

loitas do príncipe Rama para rescatar á súa fiel esposa Sita do poder do demos.

O Mahabharata ten unha extensión descomunal, máis de 200.000 versos. É o

resultado do traballo poético de moitas xeracións. É máis unha enciclopedia da

sabedoría sagrada e profana que a narración dunhas loitas.

4