Tema 9 Lecciones 3 7

24
TEMA 9. LECCIÓN 3 As forzas políticas marxinadas do sistema

Transcript of Tema 9 Lecciones 3 7

Page 1: Tema 9  Lecciones 3 7

TEMA 9. LECCIÓN 3

As forzas políticas marxinadas do sistema

Page 2: Tema 9  Lecciones 3 7

Durante a Restauración, os republicanos, carlistas, socialistas e nacionalistas quedaron relegados á oposición e nunca conseguiron obter un número abondo de deputados para formaren goberno ou constituiren unha minoría parlamentaria influente.

Page 3: Tema 9  Lecciones 3 7

Na práctica, o sistema da Restauración marxinou da vida política a amplos sectores da sociedade. Para iso, formulouse unha dobre estratexia:

Dunha banda, integrar no xogo político ás faccións máis acomodaticias da oposición, outorgándolles un reducido espazo no Parlamento.

Doutra, marxinar do sistemas aos elementos máis radicais.

Page 4: Tema 9  Lecciones 3 7

Carlistas: Este é un dos sectores que se decidiron polo enfrontamento

coa Restauración, a dirección dos cales, tras o seu fracaso bélico, optou polo exilio en Francia e polas constantes conspiracións; deste xeito, formáronse partidas de combatentes e introducíronse armas clandestinamente, pero os carlistas carecían de capacidade e de apoios para organizar levantamentos con forza; sen embargo, nalgunhas ocasións, chegaron a colaborar coas insurreccións republicanas para derrocar á monarquía.

Vencido militarmente, o carlismo pretendeu presentarse ante a opinión pública como a única forza política auténticamente católica. Pero o apoio explícito dunha boa parte da xerarquía eclesiástica e do Vaticano á dinastía afonsina dificultou o éxito desta operación e conduciu ao movemento carlista a unha escisión. No ano 1888, un sector carlista de carácter integrista, encabezado por Ramón Nocedal, creou o Partido Tradicionalista, definido polo antiliberalismo e pola defensa a ultranza da tradición e da relixión católica.

Page 5: Tema 9  Lecciones 3 7

O Republicanismo: O gran vencido polo golpe militar do ano 1874,

debeuse enfrontar: Ó desencanto dunha boa parte dos seus seguidores.

A unha forte represión por parte das autoridades.

Ás diverxencias e divisións do seu seo: Unha pequena parte do republicanismo, dirixida por Emilio

Castelar, fundou o chamado Partido Posibilista, e optou por entrar no xogo político da Restauración, aceptando un papel sinxelamente testemuñal.

Os núcleos máis radicais formaron o Partido Republicano Progresista encabezado por Ruíz Zorrilla, que dende o exilio foi protagonista de varios pronunciamientos a finais da década dos oitenta.

O resto do republicanismo unitario organizouse arredor de Salmerón.

Os federais, que era o grupo máis numeroso, seguiu baixo a influencia de Pi i Margall, o seu líder histórico.

Page 6: Tema 9  Lecciones 3 7

Outras forzas políticas

Unión Católica:

Xurde grazas ao novo espírito do papa León XIII, favorable á participación dos católicos na política liberal, o que supuxo a fin do apoio que unha parte da xerarquía católica española lle dera ao carlismo.

Fúndase no ano 1881, e é liderada por Alejandro Pidal. O seu espírito é conservador e católico, moi crítico cos conservadores.

Partido Democrático-Monárquico:

1881, Segismundo Moret.

Trátase dunha escisión esquerdista dos fusionistas (liberais) de Sagasta unida aos partidarios demócratas da Revolución Gloriosa que reivindicaban os principios democráticos da Constitución de 1869 (Montero Ríos)

Izquierda Dinástica:

1882, Serrano.

Page 7: Tema 9  Lecciones 3 7

TEMA 9. LECCIÓNS 4 E 5

O nacemento de nacionalismos e rexionalismos

Page 8: Tema 9  Lecciones 3 7

Un dos fenómenos máis salientables da Restauración foi a emerxencia de movementos de carácter nacionalista e rexionalista en diversas zonas de España, como Cataluña, País Vasco ou Galicia. A xestación destes nacionalismos débese comprender como unha reacción fronte ás pretensións uniformadoras do sistema político e administrativo adoptado polo liberalismo e a súa pretensión de impoñer uunha cultura oficial castelanizada, que ignoraba a existencia doutras linguas e culturas.

Page 9: Tema 9  Lecciones 3 7

O catalanismo Cara ó ano 1830, dentro do contexto cultural do Romanticismo e no marco dun

Estado liberal español con dificultades para vertebrar un desenvolvemento económico harmónico, xurdiu en Cataluña un amplo movemento cultural e literario, coñecido como a Renaixença.

Nos seus comezos, tiña como fin a recuperación da cultura catalá e carecía de aspiracións e proxectos políticos. Sen embargo, as primeiras formulacións catalanistas de contido político viñeron da man de Valentí Almirall, un republicano federal decepcionado, que fundou a Centre Catalá (1882): Pretendía sensibilizar á opinión pública catalana co fin de conseguir a autonomía, polo

que no ano 1885 impulsou a redacción dun “Memorial de Agravios”, que lle foi presentado a Alfonso XII. O memorial denunciaba a opresión de Cataluña e reclamaba a harmonía entre os intereses e as aspiracións das diferentes rexións españolas.

Un grupo de intelectuais, vinculados ao xornal La Renaixença e contrarios ao progresismo de Almirall, fundaron a Unió Catalanista (1891), unha federación de entidades de carácter catalanista de tendencia conservadora. O seu programa quedou fixado nas Bases de Manresa, que defendían unha organización confederal de España e a sobreanía de Cataluña en polñitica interior.

O impacto da crise do ano 1898 foi decisivo para a maduración e expansión social do catalanismo. A converxencia de intereses entre os sectores catalanistas favorables á intervención electoral e a burguesía industrial e comercial, cada vez máis afastada dos partidos dinásticos e máis próxima ao rexionalismo, callou na creación en 1901 dun novo partido, a Lliga Regionalista (Francesc Cambó): A Lliga presentaba un programa político conservador, centrado na loita contra o

corrupto e ineficaz sistema de Restauración e a favor dun reformismo político que lle outorgase autonomía a Cataluña.

Page 10: Tema 9  Lecciones 3 7

O nacionalismo vasco No País Vasco, o fortalecemento dunha correcnte de defensores

da lingua e a cultura vascas (euskeros) xurde como reacción a: A abolición dos foros tras a última guerra carlista deu orixe ao

nacemento dunha corrente que reivindicaba a reintegración foral. Doutra banda, o proceso industrializador favoreceu unha forte

inmigración, que supuxo unha ruptura da sociedade tradicional vasca.

Sabino Arana, recollendo a tradición foralista e éuscara, formulou os principios orixinarios do nacionalismo vasco e fundou o Partido Nacionalista Vasco (PNV. 1894). A súa ideoloxía artículábase en torno aos principios: Da raza vasca. Dos foros. Da relixión.

O seu lema era “Deus e as Antigas Leis” e defendía a vella sociedade patriarcal desde unha perspectiva antiliberal e tradicionalista, ao memo tempo que avogaba pola total reintegración dos foros.

Nos últimos anos da súa vida, o discurso aranista foise moderando, para impulsar a creación dun partido autonomista.

Page 11: Tema 9  Lecciones 3 7

Galeguismo

A sociedade galega, diferenzándose da catalana ou da vasca, seguía a ser eminentemente rural. Presentaba unha feble burguesía fronte a unhas clases dominantes, compostas básicamente por unha vella fidalguía e pola Igrexa.

O rexionalismo foi máis feble e tardío en Galicia, malia contar cunha sociedade moito máis homoxénea e cunha poboación maioritariamente campesiña na que a lingua e as tradicións culturais estaban moi arraigadas.

A mediados do século XIX, iniciouse unha corrente que deu lugar ao Rexurdimento que significou o redescubrimento literario da lingua e mais da cultura galegas. Soamente unhas minorías cultas, insatisfeitas ante a situación do país, comezaron a responsabilizar á subordinación política de Galicia do seu atraso económico, que forzaba a moitos galegos cara á emigración.

Page 12: Tema 9  Lecciones 3 7

Este grupo, introduce no pensamento galego o historicismo, isto é, a convicción do carácter singular de cada pono, que se manifesta nunha traxectoria histórica propia e irrepetibles carácterés étnicos. Todo isto implicaba que Galicia era un organismo colectivo que, por existir obxectivamente, tiña uns dereitos culturais, económicos e políticos que cumpría atender descentralizando parcialmente o poder político.

Foi durante a última etapa da Restauración cando o galeguismo foi adquirindo un carácter máis político, pero este movemento mantívose mou minoritario, malia o prestixio dalgunhas das súas figuras (Manuel Murguía, Alfredo Brañas ou Rosalía de Castro). Estes mozos recollían a herdanza ideolóxica dos seus precursores e recuperan o discurso galeguista, tratando de promover o rexurdimento literario do galego. Este provincialismo non será mais que unha corrente de opinión na prensa (El Clamor de Galicia, Galicia: Revista Universal de este Reino, La Ilustración Gallega y Asturiana, etc.)e na intelectualidade galega até a aparición do rexionalismo (anos oitenta do século XIXI).

Page 13: Tema 9  Lecciones 3 7

Rexionalismo: Co rexionalismo, o galeguismo deixa de estar

políticamente subordinado opcións de ámbito español para adquirir un programa e organización propia, inclusive no ámbito político.

Nestes anos pasa a ter tres correntes distintas: A liberal: herdeira do provincialismo e encabezada por

Manuel Murguía, fundador das primeiras organizacións do galeguismo. O seu programa reclamaba:

A autonomía política de Galicia. A erradicación do caciquismo. A cooficialidade do galego. A regaleguización do funcionariado e da cultura do país. Políticas superadoras do atraso económico e da emigración.

A tradicionalista, dirixida por Alfredo Brañas. A federalista, representada por Aureliano Xosé

Pereira.

Page 14: Tema 9  Lecciones 3 7

Valencianismo e andalucismo Máis febles resultaron os movementos

rexionalistas valenciano e andaluz: O valencianismo adquiriu certa importancia a

partir da creación de Valencia Nova (1904) e da Juventut Valenciana (1908), primeiros pasos cara á creación dun movemento político.

En Andalucía empezouse a forxar un rexionalismo andalucista arredor do Ateneo de Sevilla, ao que Blas Infante lle deu un forte pulo a partir de 1910, pero non conseguiu ter unha influencia política importante antes da Guerra Civil.

Page 15: Tema 9  Lecciones 3 7

TEMA 9. LECCIÓN 6

As Guerras Coloniais

Page 16: Tema 9  Lecciones 3 7

O comezo da insurrección cubana e o éxito experimentado pola mesma ao longo de 1895, tivo como consecuencia inmediata a substitución de Sagasta por Cánovas del Castillo. A tarefa gobernamental quedou concentrada de forma automática na guerra de Cuba.

Cánovas enviou á illa ao xeneral Martínez Campos, esperando que puidese repetir a pacificación dos anos setenta ( Paz de Zanjón 1878), pero este deuse conta de que a situación era diferente. Martínez Campos chegou a recomendar unha política de maior dureza que el non se sentía capaz de levar a cabo. Así en 1896 foi substituído por Valeriano Weyler quen chegou cun maior continxente de tropas españolas (superaba os 2000 soldados). A súa chegada supuxo a transición dun xénero de guerra convencional á dureza da loita antiguerrillera. Lonxe de acabar coa insurrección cubana, o sistema empregado por Weyler provocou unha elevada mortaldade entre a poboación civil e militar, ademais de afectar seriamente á economía cubana.

Page 17: Tema 9  Lecciones 3 7

Tras o asasinato de Cánovas, o novo goberno liberal cambiou de estratexia decantándose pola conciliación, é dicir, en 1897 concedéuselle a Cuba a Autonomía (sufraxio universal, igualdade de dereitos, autonomía arancelaria), con todo, estas medidas chegaron tarde e a rama independentista cubana, apoiada por Estados Unidos, negouse a aceptar o fin da guerra. Deste xeito, en 1898 España e Estados Unidos comezaron unha guerra polo control de Cuba. O pretexto da entrada de Estados Unidos na Guerra foi o afundimento (por parte de España) dun dos seus buques de guerra, o Maine, acoirazado no porto da Habana.

Paralelamente á guerra cubana, tamén se produciu a insurrección de Filipinas. A presenza e intereses españois neste arquipélago eran menores que nas Antillas, quedando limitado á explotación de recursos naturais e á súa utilización como punto comercial estratéxico con China. O principal dirixente do levantamento sería José Rizal.

Page 18: Tema 9  Lecciones 3 7

En abril de 1898 los americanos intervinieron en Cuba y Filipinas, y llevaron a cabo una rápida guerra que acabó con la derrota de la escuadra española en Cavite (Filipinas) y Santiago de Cuba. En diciembre de 1897 se firmó la Paz de París, por la que España renunciaría a sus últimas colonias en Cuba, Filipinas y Puerto Rico, que quedaban, a partir de entonces, bajo la influencia estadounidense.

Page 19: Tema 9  Lecciones 3 7

TEMA 9. LECCIÓN 7

As consecuencias do ano 1898

Page 20: Tema 9  Lecciones 3 7

A crise colonial favoreceu a aparición de movementos que, desde unha óptica cultural ou política, criticaron o sistema da Restauración e propugnaron a necesidade dunha rexeneración e modernización da política española, destacando neste ámbito o pensamento de Joaquín Costa que falaba da necesidade de deixar atrás os mitos dun pasado glorioso, modernizar a economía e a sociedade e alfabetizar á poboación (“escuela y despensa y siete llaves al sepulcro del Cid”).

No contexto interno o “Desastre do 98” abriu un debate sobre as responsabilidades da guerra, o revisionismo político e o regeneracionismo nacional. Os escritores da “Xeración do 98” produciron unha “literatura do Desastre”, que era unha autocrítica nacional. O 98 pechou unha etapa e abriu outra nova para España.

Page 21: Tema 9  Lecciones 3 7

Entre as consecuencias podemos suliñar: As perdas humanas, uns 60.000 soldados españois

perderon a vida. Os perxuizos psicolóxicos tamén foron importantes, os soldados retornaron feridos e foron pésimamente atendidos, morrendo de fame, mutilados ou tarados pola guerra. A isto engádese a desmoralización dun país conscente da propia debilidade e do inútil do sacrificio.

O pobo español viviu a derrota como un trauma nacional, extendéndose o sentimento de inferioridad, desmoralización e impotencia. A incertidume alcanzou incluso á prensa da época, que chegou a temer un ataque e ocupación das Illas Canarias.

As perdas materiais. A derrota supuxo a perda dos ingresos procedentes das colonias, así como dos mercados privilexiados que éstas suponían e das mercadorías que, como o azucre, o cacao ou o café deberían comprarse en adiante a prezos internacionais.

Page 22: Tema 9  Lecciones 3 7

A crise política resultou inevitable. O desastre político afectou a ambos os partidos, pero sobre todo ao Liberal, a Sagasta a quen lle tocou asinar a derrota. Consecuencia inmediata foi a perda de prestixio e o final da primeira xeración de dirixentes da Restauración, que debe ceder o terreo aos novos líderes “rexeneracionistas”, como Francisco Silvela e Antonio Maura no Partido Conservador, e Segismundo Moret, Eugenio Montero Ríos, e José Canalejas no Partido Liberal. Tras o goberno liberal de Sagasta, iniciouse unha política reformista de mans de Silvela, baseada en: Diversos proxectos de descentralización administrativa. O impulso dunha política impositiva que aumentaba os tributos sobre

os produtos de primeira necesidade e creaba outros novos para facer fronte ás débedas contraídas na guerra.

O espírito rexeneracionista duraría pouco, xa que estas cargas fiscais acabarían provocando a folga dos contribuíntes, e, consecuentemente, a dimisión dos ministros máis renovadores, conscientes da dificultade de continuar a reforma. As promesas de rexeneración apenas terían incidencia na vida política do país, que continuaría levando a cabo o seu sistema de quendas.

Page 23: Tema 9  Lecciones 3 7

Foi tamén moi grave o desprestixio militar, derivado da dureza da derrota. Aínda que a responsabilidade era máis política que militar, o Exército sairá moi danado na súa imaxe. A mentalidade militar inclinarase cara a posturas máis autoritarias e á volta do seu intervencionismo na vida política española.

Fronte ao fracaso do nacionalismo español, crecerán con forza no século XX os nacionalismos catalán (Lliga Rexionalista desde 1901) e vasco (PNV) e, en menor medida, o galego, andaluz e valenciano (Valencia Nova).

No aspecto intelectual e literario, o desastre colonial influíu no desenvolvemento do “Rexeneracionismo”, así como nas amargas e pesimistas reflexiones dos autores da Xeración do 98.

Page 24: Tema 9  Lecciones 3 7

En conclusión, a crise do 98 expuso a necesidade de importantes cambios: Coñecer e mellorar as condicións de vida

do pobo (a “España real”). Modernizar a sociedade e a economía. Reformar o sistema político. Recuperar o prestixio perdido no 98.