Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

33
Tema 7. O período de entreguerras e a Segunda Guerra Mundial (1921-1945)

Transcript of Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Page 1: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Tema 7. O período de entreguerras e a Segunda Guerra Mundial

(1921-1945)

Page 2: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Lección 1. Os anos vinte

Page 3: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

O Avance da Democracia

Ó finalizar a Primeira Guerra Mundial, os grandes imperios disolvéronse, creando no seu lugar, un gran número de Estados, na súa maioría repúblicas democráticas.

A pesares de que o número de votantes nestas repúblicas dobrouse, debido ao voto feminino,o avance da democracia non obtivo o éxito esperado posto que, coa creación dos novos Estados, os grupos minoritarios nacionalistas se mantiveron e incluso aumentaron, ata o punto de impoñerse réximes autoritarios en moitos países do leste e do sur de Europa.

A República democrática de Weimar, xurdida en Alemaña tras a Gran Guerra, tiña como principal problema os levantamentos dos nostálxicos do antigo Imperio alemán, un grupo da dereita que nunca aceptou a creación da propia República, á que acusaba de ser a causante da derrota na guerra. Neste grupo de insurrectos destacaría Adolf Hitler, que en 1923 trataría de levar a cabo un Golpe de Estado en Múnic.

Page 4: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

De Versalles a Locarno Os Acordos de Locarno se

levaron a cabo no ano 1925. Tras a Gran Guerra os vencidos seguían considerando inxustos e esaxerados os acordos do Tratado de Versalles, mentres que os vencedores negábanse a ser transixentes co pagamento das compensacións pola guerra, aínda que este estivera por enriba das posibilidades dos vencidos.

Para evitar unha nova guerra entre potencias, no que respectaba a Alemaña ,Francia e Bélxica, se tratou de levar a cabo unha política de entendemento, na que cada unha recoñecía as súas fronteiras e comprometíanse a respetalas.

Page 5: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Os Estados Unidos nos anos vintePolítica Exterior:

Forte sentimento isolacionista (aislacionista) fronte os asuntos europeos.

Reafirmou o seu dominio sobre América Latina e o Pacífico, o que lle custou máis dun inimigo interesado (Xapón).

Política Interior:Conservadorismo.Auxe do Ku Klux Klan, organización xenófoba e racista

nacida no sur dos Estados Unidos, caracterizada por a violencia extrema exercida contra os afroamericanos.

Represión do movemento obreiro.Limitación da inmigración.Promulgación da Lei Seca (prohibición da venda e consumo

de bebidas alcohólicas), que favoreceu o auxe da mafia.Boom económico (Os Felices Anos Vinte) ata o Crack do 29.

Page 6: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

O nacemento dunha Nación. David W.Griffith. 1915

Page 7: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Caixas de licor requisadas tras a lei seca. 1928

Page 8: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

¿Felices Anos Vinte?

Page 9: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Lección 2. A Crise de 1929 e a Gran Depresión

Page 10: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Unha prosperidade precaria O crack da Bolsa de Nova York tivo lugar o 24 de

outubro de 1929, dando comenzo a maior crise económica da historia do capitalismo.

Algunhas das causas desta crise foron as seguintes: Segundo os economistas, o sistema capitalista adoita

sufrir crises cíclicas, como acontecera durante o último terzo do século XIX, sen embargo, no 29 superáronse as expectativas.

A guerra arruinara a Europa e a recesión económica xa empezara en Europa (Reino Unido) na inmediata posguerra. Practicamente todos os países estaban endebedados, polo que o consumo era mínimo.

O boom económico dos anos vinte foi tal que a oferta superou amplamente á demanda, e consecuentemente produciuse unha crise de superprodución. No caso da agricultura, os prezos tan sumamente baixos dos produtos, remataron por arruinar a moitos agricultores.

A existencia de unha burbulla (burbuja) financeira; isto é, debido á boa economía norteamericana críase que as accións da bolsa ían ter moito máis valor, é dicir, comprábanse masivamente porque os especuladores consideraban que se ían revalorizar, e polo tanto, poderían revendelas por moito máis dos cartos que lles custaron. Deste modo moitos investidores se endebedaban a longo prazo para comprar accións que acabaron por perder o seu valor.

Page 11: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras
Page 12: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

A Gran DepresiónA crise estendeuse de forma rápida debido ás crebas

(quiebras) bancarias en cadea, que arruinaron tanto a empresas como a particulares e provocaron o pánico.

Frente a crise, o Estado optou por continuar as ideas dos economistas liberais de esperar a que o propio mercado restablecese o seu equilibrio de xeito gradual, sen intervir en absoluto. A súa decisión agravou todavía máis a crise, ata facela irremediable.

En Europa, a crise deixouse ver en primeiro lugar en Alemaña e Austria, aínda que en todos os países europeos adoptáronse medidas proteccionistas.

A depresión manifestouse en dous fenómenos:A deflación (baixa de prezos e salarios), debido á baixa

demanda. Paralelamente, a produción industrial caeu en picado.

O paro alcanzou cifras espectaculares en todo o mundo; Este fenómeno tivo graves repercusións sociais e políticas.

Page 13: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Persoas tratando de conseguir alimento

Os parados (cesantes)

Page 14: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Políticas contra a crise

Nos Estados Unidos, o único modo que se vía factible para facer frente á crise foi a regulación do mercado, fronte a idea de liberalismo clásico. Deste modo, o presidente F.D. Roosevelt levou a cabo o New Deal, sistema que buscaba acabar coa crise e, sobre todo, coa pobreza, a través da intervención estatal. As medidas serviron para mellorar a situación, pero moi lentamente.

Page 15: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Na URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) o éxito do comunismo freou a crise, ata o punto de producirse o caso contrario, durante os anos trinta experimentou un abraiante crecemento económico.

En Alemaña ocurriu algo semellante, o éxito do fascismo enriqueceu Alemaña, ata tal punto que entre os anos 1933 e 1939, Hitler diminuiu enormemente a cifra de parados, ofrecendo postos de traballo nas fábricas de armamento. A guerra estaba en marcha.

Page 16: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

As ideas de KeynesKeynes foi o economista británico máis influinte

do século XX e, grazas ás súas ideas -expostas no seu libro As consecuencias económicas da paz,- levadas a cabo de maneira xeralizada tras a Segunda Guerra Mundial, se puideron atopar solucións globais á crise:Consideraba que todas as economías estaban

interrelacionadas, por tanto, o empobrecemento dos vencidos, influiría aos vencedores; polo tanto a aplicación desta idea despois da Segunda Guerra Mundial, evitaría o mesmo erro cometido na primeira.

Page 17: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Era necesaria a intervención do Estado para corrixir desequilibrios e aumentar a actividade económica. Un exemplo sería mediante a intervención en obras públicas, xa que, ademais de dar traballo ás empresas, tamén empregarían obreiros, aumentaría o gasto público e limitaría o número de parados.

Mentres que no liberalismo, críase que a beneficencia causaba inflación e o obreiro tiña o salario máis baixo, Keynes propoñía axudar a os parados ou xente de salarios baixos con subsidios. Consideraba que esta idea estimularía aos traballadores, que ao mesmo tempo son consumidores.

Page 18: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Lección 4. Os Fascismos

Page 19: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

O Fascismo, unha ideoloxía nova

A raíz da Primeira Guerra Mundial, esténdense os pensamentos reaccionarios ás consecuencias da mesma. Deste xeito, ademais de diversas doutrinas conservadoras, desenvólvense os primeiros FASCISMOS, movementos políticos caracterizados por: O seu nacionalismo extremo

e xenófobo (odio, repugnancia cara os estranxeiros).

Á súa ideoloxía totalitaria, é dicir, se lle nega ao individuo os seus dereitos, será o Estado o que domine e impoña. Ao mesmo tempo, exáltase o uso da violencia e a forza.

O concepto de nación baséase para eles en motivos étnicos ou raciais. Os grupos sociais que non cumpren os requisitos impostos, son excluídos e, incluso, exterminados.

Page 20: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

O Estado identifícase co partido, e este co seu líder. Os partidos fascistas tratan de mover as masas, convencéndoas de que representan a súa vontade mellor que a democracia. Seguindo este liña, todos os partidos non fascistas quedan prohibidos.

Economicamente: Aceptan o capitalismo, pero con reservas. Buscan o proteccionismo da nación que

representan, ata o punto de chegar mesmo á autarquía, é dicir, pretenden ser autosuficientes, reducindo ao mínimo as relacións comerciais exteriores.

Defenden a teoría do espazo vital, é dicir, obter recursos mediante a expansión da súa área de dominio cara outros pobos máis débiles, aos que podían exterminar ou utilizar de escravos, unicamente para acadar recursos naturais e materias primas.

Socialmente defende o corporativismo, xa que considera que débese levar a cabo unha división xerárquica da sociedade, sen conflitos de clase, organizada en corporacións, baixo o mando do partido único.

Page 21: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

O Fascismo ItalianoCircunstancias previas ao

desenvolvemento do fascismo italiano:Miseria e paro na sociedade italiana tras a

Primeira Guerra Mundial.Os campesiños ocuparon parcelas de terras

pertencentes aos grandes propietarios.Os obreiros comezaron folgas nas fábricas.Temíase a consecución dunha Revolución

Comunista debido á inestabilidade da situación.

Page 22: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Ante esta situación, Benito Mussolini crea os Fasci de combatimento (fascios italianos de combate) o camisas negras, que se converteron no Partido Fascista en 1921.

O Goberno parlamentario italiano non era capaz de controlar a violencia que se desataba nas rúas, de tal modo que Mussolini aproveitou para acadar o apoio das clases medias e grandes propietarios, presentándose como o máximo defensor da lei e a orde.

¿Cáles foron as primeiras medidas desenvolvidas por Mussolini? En 1922 levou a cabo una marcha sobre Roma na que participaron miles de camisas negras, a partir de ese momento o Goberno dimitiu e o rei recorreu a Mussolini, que pasou a converterse no primeiro ministro, abandonando os ideais democráticos, a través dunha ditadura totalitaria.

Page 23: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Marcha sobre Roma. 1922

Fasci di Combattimento

Page 24: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Características do Fascismo de Mussolini:Considera o parlamentarismo como decadente (é

antiliberal) e apela ao orgullo nacional e á sumisión total ao líder, máximo representante dos intereses da nación.

Nesta línea Mussolini autoproclámase Duce o guía do seu pobo e establece unha ditadura, baseada en:A supresión dos partidos políticos e os sindicatos.Censura.Eliminación violenta de toda oposición.

Obxectivos:Creación dun novo Estado nacionalista e autoritario.Organización dunha estrutura económica nacional regulada polo

goberno cuxo máximo obxectivo era acadar a autarquía, ¿Cómo?Organizáronse sindicatos corporativos (corporacións) dirixidas polo

goberno.Anunciáronse grandes programas de obras públicas para

modernizar o país e acabar co paro.Expansión imperialista. Deste modo, levouse a cabo unha política

exterior agresiva, destinada a construir un imperio en África e conseguir a hexemonía no Mediterráneo.

Se levaron a cabo os Pactos de Letrán (1929), como política de entendemento coa Igrexa.

Page 25: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Política Exterior

Territorio do Estado da Cidadedo Vaticano, establecido polos

Pactos de Letrán

Page 26: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

TODO EN EL ESTADO, TODO EN EL ESTADO, NADA FUERA DEL ESTADO, NADA FUERA DEL ESTADO, NADA CONTRA EL ESTADONADA CONTRA EL ESTADO

(Mussolini)(Mussolini)

Page 27: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

O nacionalsocialismo alemánCircunstancias nas que

xurde:Foi creado por Adolf Hitler a raíz

do rexeitamento do tratado de Versalles e conforme á “teoría da puñalada polas costas”, é dicir, os alemáns nacionalsocialistas xustificaron a derrota de 1918, acusando aos socialistas e os xudeus de ser os verdaderos causantes.

Aproveitou o empobrecemento das clases medias e a crise moral na sociedade para abrise camiño.

A República de Weimar (goberno alemán tras a Primeira Guerra Mundial) está atacada por:Grupos comunistas revolucionarios.Grupos conservadores autoritarios e

monárquicos.

Page 28: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Características:Contou con grupos armados paramilitares:

As SA: as Sturmabteilung o SA (que pódese traducir por «tropas de asalto») funcionou como unha organización paramilitar do partido nazi alemán. Aos homes das SA se lles coñecía como «camisas pardas», pola cor do seu uniforme e para distinguilos das SS, que levaban uniformes negros, como os “camisas negras italianos”.

As SS: as Schutzstaffel (en galego “Escuadróns de Proteción” foron unha organización militar e de seguridade do Partido Nacionalsocialista dos Traballadores en Alemania, responsable do exterminio de xudeos durante o Holocausto.

SELO DAS SA

SÍMBOLO RÚNICO DAS

SS

Page 29: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Ambos grupos xunto a su líder obtiveron certo apoio nas eleccións, de aí que o presidente conservador alemán Hindenburg ofrecería –en 1933- o cargo de Chanceler (Canciller) ou Primeiro Ministro a Hitler.

En canto Hitler aterrizou no poder proclamou en Alemaña o Tercer Reich o Tercer Imperio Alemán.

Él autodenominaríase Führer ou guía, como Mussolini en Italia (Duce) e instauraría unha ditadura de carácter fascista.

O nazismo tivo un carácter totalitario (controlou cada aspecto da vida); por exemplo, prohibiríanse todos os sindicatos e partidos, salvo o nazi.

Crearíase a Xestapo (Gestapo) ou policía política secreta.

Page 30: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Gestapo y SS

Antisemitismo

Page 31: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Lanzáronse planes económicos de obras públicas, reforestación e rearmamento, poñendo fin ao paro.

O racismo vai ser unha das liñas da ideoloxía nazi. Hitler defendía mediante leis a euxenesia, unha pseudociencia que pretende mellorar a especie humana mediante a eliminación ou esterilización de enfermos psíquicos e conxénitos, e a prohibición do mestizaxe. Hitler consideraba que o pobo alemán pertencía a unha “raza especial”, a raza aria, superior ás demais e destinada a dominar aos demais pobos, ademais de tratar de manter a súa pureza. Dentro desta liña destaca o antisemitismo do mundo nazi, xa que se culpaba aos

xudeus da decadencia alamana, acusándolles de todo tipo de conspiracións. Isto desembocou no exterminio de seis millóns de xudeus durante a Segunda Guerra Mundial.

Cada persoa encadrábase nunha das moitas organizacións nazis (traballadores, xoves ou militantes), que trataba de estender a doutrina nazi e o culto a Hitler a través de: Actos públicos. Campamentos de vacacións. Conferencias e publicacións. Unha estrita censura.

Page 32: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Todo isto xerou unha represión tan agresiva que non se deu pé a ningún tipo de resistencia.

A finalis dos anos trinta, o nazismo é xa unha xigantesca máquina de guerra en Alemaña, de aí que Hitler se lance a unha política de expansión, prometiendo un futuro eterno e brillante para o Reich. Como Mussolini, Hitler buscaba a expansión imperialista e consideraba que en pouco tempo dominaría Europa Oriental coa supremacía da raza aria, as súas armas e a súa civilización superior.

A poboación alemá, entusiasmada, parecía disposta a seguir ao seu Führer…

Page 33: Tema 7. Lecciones 1, 2, 4. PeríOdo De Entreguerras

Para votar unha olladahttp://www.elmundo.es/elmundo/

2009/01/15/cultura/1232038088.html