Tema 7 a auga

9
A AUGA A auga é unha substancia imprescindible para a vida. A auga é a única substancia que na natureza se presenta nos tres estados: Sólido : é o xeo dos polos e nos cumes dos montes altos. Líquido: é a auga dos ríos, mares, lagos, océanos e augas subterráneas. Gasoso: é o vapor de auga que

description

Coñecemento do medio 3º primaria

Transcript of Tema 7 a auga

Page 1: Tema 7 a auga

A AUGAA auga é unha substancia imprescindible para a

vida. A auga é a única substancia que na natureza se presenta nos tres estados:

Sólido : é o xeo dos polos e nos cumes dos montes altos. Líquido: é a auga dos ríos, mares, lagos,

océanos e augas subterráneas. Gasoso: é o vapor de auga que forma as

nubes.

Page 2: Tema 7 a auga

USOS DA AUGA As persoas usamos a auga para beber, lavarnos, para divertirnos e facer deporte. As plantas para alimentárense toman as substancias disoltas en auga polas raíces. Algúns animais viven dentro da auga e outros coma nós necesítana para vivir.

Page 3: Tema 7 a auga

A AUGA

CAMBIOS DE ESTADOA auga pode cambiar dun estado a outro. Os cambios de estado son: fusión, solidificación, evaporación , ebulición e condensación.

Page 4: Tema 7 a auga

CAMBIOS DE ESTADO Fusión: é cambio estado de xeo a auga líquida; é dicir, cambio de estado sólido a líquido. (Tª = 0º C) Solidificación: é o cambio de auga líquida a xeo; é dicir, o cambio de líquido a sólido. Ebulición: é o cambio de auga líquida a vapor de auga; é dicir, o cambio de estado líquido a gasoso. Este cambio prodúcese o ferver a auga a 100 ºC. Evaporación: tamén é o cambio de auga líquida a gas, pero a temperatura ambiente sen chegar a ferver a auga. Por exemplo cando desaparece a auga dun charco. Condensación: é cambio de gas a líquido; é dicir, cambio de estado gasoso a estado líquido.

Page 5: Tema 7 a auga

A AUGA NA NATUREZAA auga na natureza atópase nos tres estados:

sólido ( o xeo dos polos e do cume dos montes). Líquido (augas dos ríos, lagos, mares,augas

subterráneas...) Gasoso ( O vapor de auga que forma as nubes).

Page 6: Tema 7 a auga

A auga do mar é salgada, para consumila hai que eliminalo sal en plantas desalgadoras; pois senón non vale para beber nin regar.A auga dos continentes é doce, é dicir, case non ten sal. Pero para poder consumila debe estar limpa; é dicir ser potable.As augas subterráneas acumúlanse en acuíferos, que son depósitos de auga que empapan as capas profundas da terra.

A AUGA NA NATUREZA

Page 8: Tema 7 a auga

1.- A auga dos ríos, mares, lagos … evapórase.2.- A auga evaporada condénsase.3.- As nubes móvense empuxadas polo vento.

4.- Ao chegaren a unha zona máis fría a auga cae en forma de chuvia, sarabia ou neve.5.- A auga caída forma os ríos, regatos e levan a auga ata os lagos ou ata o mar. Parte dela fíltrase na terra e forma as augas subterráneas, que sairá orixinando fontes e mananciais. E o CICLO volve a comezar.

Page 9: Tema 7 a auga

A auga potable