Tema 6.- As cidades da Europa medieval. - edu.xunta.gal ESO 17-18... · no campo ⇒ Emigración...

31
Tema 6.- As cidades da Europa medieval.

Transcript of Tema 6.- As cidades da Europa medieval. - edu.xunta.gal ESO 17-18... · no campo ⇒ Emigración...

Tema 6.- As cidades da Europa medieval.

perfeccionamento

dos muíños

+

O renacemento

urbano

A expansión

agraria

O crecemento

demográfico

aumento do espazo cultivado:

os campesiños…

progreso das técnicas agrarias

mellora dos utensilios agrícolas

repoboaron terras abandonadas

talaron bosques

desecaron zonas pantanosas

gañaron terras ao mar

roturaron as novas terras

difusión da rotación trienal

uso do esterco animal como fertilizante

xeneralización do

uso do ferro

arado normando con

folla e rodas de ferro

ferraduras dos cabalos

muíños de auga

muíños de vento

aumento da produción:

máis produtos

aumento da produtividade:

maior rendemento

mellor alimentación

máis resistencia ás enfermidades

incremento constante da poboación

1.- A recuperación da vida urbana.

Os novos instrumentos agrícolas

arado normando

muíño de vento muíño de auga

As Cruzadas.

Por que medraron as cidades?

Cese das

grandes

invasións

+

Diminución das

guerras

señoriais

+

Avances das

técnicas

agrícolas

Aumento da

produción

agraria

Crecemento da

poboación

A agricultura

xerou

excedentes

Busca de

mercados

para vendelos

⇒ cidades

centro de

intercambio de

produtos

agrarios e

artesanais

Exceso de

poboación

no campo

Emigración

dunha parte

dos

campesiños

espazos de

maior liberdade

persoal

2.-As cidades medievais.

.

As cidades medievais

localización

• próxima ás principais vías de comunicación, como as antigas calzadas romanas

• xunto a un castelo, ou unha abadía...

• nun territorio con abundantes recursos naturais: terras fértiles, augas, bosques, canteiras, minas...

elementos

de defensa

• murallas que rodeaban a cidade e se ían ampliando conforme crecía a cidade

• estas murallas tiñan torres e fosos para poder defender a cidade

• presentaban varias portas de acceso que proviñan de diferentes camiños.

plano • moi irregular, froito dun crecemento desordenado e sen planificar

espazo central • a gran praza, centro económico e social da cidade: era moi ampla, e nela realizábanse os mercados e

representábanse as obras dos comediantes

edificios máis

importantes

• a catedral, centro relixioso e símbolo por excelencia da cidade medieval

• a casa do concello, onde residía o goberno da cidade

• o mercado e a lonxa [edificio onde se almacenaban mercancías e negociaban os comerciantes]

• os pazos da nobreza, dos grandes mercadores, dos mestres artesáns... e mesmo dos monarcas

• os talleres dos artesáns, que eran ao mesmo tempo vivenda, obradoiro e tenda

outros edificios

característicos

• diseminados por distintas zonas: pazos señoriais, conventos, hospedarías, hospitais, igrexas...

• nas aforas da cidade, extramuros, había diversas vivendas campesiñas, o muíño, un mosteiro...

• a meirande parte do espazo ocupábano as vivendas con patios e hortas

barrios

• as casas agrupábanse por barrios, que reunían a poboación en función de:

➢ a súa procedencia: barrio dos francos, dos xenoveses, dos...

➢ a súa relixión: xudaría, mouraría

➢ a súa actividade artesanal (gremios)

rúas

• estreitas, sucias, escasamente empedradas, sen beirarrúas

• a maioría non tiña rede de sumidoiros, polo que a hixiene era moi escasa ou nula

• a proliferación das pulgas e das ratas favorecía a difusión de enfermidades (cólera, tifo, peste...)

• as casas estaban moi próximas e eran maioritariamente de madeira ⟹ os incendios eran frecuentes e

propagábanse rapidamente

3.- A sociedade urbana.

Os habitantes das cidades: a burguesía

alta burguesía ou

patriciado urbano

• grandes comerciantes, banqueiros e dirixentes dos gremios

• monopolizaban o goberno da cidade

pequena burguesía • mestres artesáns e pequenos comerciantes

señores laicos

ou eclesiásticos • estableceron a súa residencia na cidade e construíron palacios, conventos e igrexas

xente humilde: clases populares

urbanas (a plebe, o común)

• oficiais e aprendices dos gremios

• criados, xentes sen oficio e marxinados (mendigos)

minorías relixiosas:

os xudeus

• vivían en barrios separados: as alxamas ou xudarías

• moitos eran artesáns, comerciantes, prestamistas ou médicos

Evolución do goberno das cidades:

• comuna ou asemblea de todos os veciños

• concello formado por maxistrados (concelleiros) dirixidos por un alcalde ou burgomestre. Eran elixidos polos cidadáns

• goberno monopolizado polas familias máis ricas da cidade (patriciado urbano)

4.- As actividades urbanas: artesanía e comercio.

Artesáns e gremios

os gremios: algúns dos oficios das cidades medievais

A praza do mercado

5.- A expansión comercial.

trata de • comercio europeo entre os séculos XIII e XV

que espazo

representa?

• practicamente toda Europa, norte de África, oeste de Asia, e os mares Mediterráneo, Negro, do Norte,

Báltico e o Océano Atlántico

que elementos

utiliza?

• as circunferencias vermellas presentan os principais centros industriais e comerciais

• as liñas vermellas indican as rutas terrestres

• as liñas verdes representan as rutas marítimas mediterráneas e atlánticas

• as liñas azuis reflicten as rutas marítimas da Hansa

• as frechas moradas indican as rutas de Oriente e as rutas africanas

• os puntos verdes indican as principais cidades con feira

• os puntos negros, outras cidades importantes

centros industriais

e comerciais

• o norte de Italia, con cidades importantes como Milán, Xénova, Pisa, Florencia e Venecia

• Flandes, con cidades como Amberes, Gante, Bruxes e Ipres

rutas terrestres

• poñían en contacto as rutas mediterráneas coas atlánticas e as de A Hansa; é dicir, o norte de Europa

(área do mar Báltico e o mar do Norte) co sur de Europa (área do mar Mediterráneo)

✓ unha ruta saía de Hamburgo, pasaba por Nuremberg e Augsburgo e chegaba ata Venecia

✓ outra ruta saía de Gante, pasaba por Lión e chegaba polo Leste ata Milán e polo Oeste ata Barcelona

✓ unha ruta que comunicaba as dúas anteriores, desde Gante a Nuremberg a través de Frankfurt

rutas m

arít

imas

ruta

mediterránea

• Venecia, Xénova, Marsella, Barcelona, Valencia... comerciaban co Imperio Bizantino (Constantinopla),

cos portos de Oriente Próximo (Antioquía, Alexandría) e co norte de África

✓ importaban: produtos de luxo (tapices, seda, especias, perfumes...), procedentes do leste de Asia

(Extremo Oriente / ouro e escravos, procedentes do Norte de África

✓ exportaban: tecidos, armas e ferramentas

ruta atlántica • prolongaba a rede mediterránea a través de portos como Sevilla, Lisboa, Santander, Bilbao e Bordeaux

• comerciaban con la, ferro e viño, ademais dos produtos mencionados anteriormente

a Hansa

• poderosa agrupación de comerciantes do mar do Norte e do mar Báltico que monopolizou o comercio

da Europa setentrional. Os centros principais eran as cidades de Bruxas, Hamburgo e Lübeck

• a Hansa comerciaba con madeira, trigo, ámbar, peles e liño

6.1.- O afianzamento das monarquías.

As Cortes ou Parlamentos.

Órgano de goberno de carácter consultivo formado por representantes dos tres estamentos sociais (nobreza, clero e

burguesía). Eran convocadas e presididas polo rei, para tratar diferentes asuntos sobre o goberno dos seus territorios (leis,

impostos, xustiza...). Xurdiron a partir de finais do século XII (1188 en León).

Os reinos de Europa occidental a mediados do século XIV

1.- Estados de Europa occidental 2.- Países actuais cos que se corresponden

reino de Portugal corresponde co actual Portugal

Coroa de Castela, Coroa de Aragón xunto co reino de Navarra e o reino de Granada forman a actual España

reino de Francia xunto con Bretaña, Aquitania, e Guyena forman a actual Francia

reino de Inglaterra corresponde ao actual Reino Unido

Irlanda

corresponde á República de Irlanda. A parte norte (Irlanda do Norte) forma parte

do RU

Sacro Imperio Romano Xermánico

na actualidade é Alemaña, Suíza, Austria, Liechtenstein, Países Baixos, Bélxica,

Luxemburgo, República Checa, e parte de Polonia e Eslovaquia (ao Leste) Francia

(ao Oeste) e Italia e Eslovenia (ao Sur)

reino de Dinamarca é a actual Dinamarca e Suecia

reino de Nápoles e Estados Pontificios corresponden á actual Italia

6.- A crise da Baixa Idade Media (séculos XIV e XV).

a

Causas da crise baixomedieval.

• Crise agraria:

✓ clima desfavorable + cultivo de terras de baixa calidade ⇒ sucesión de malas colleitas ⇒ escaseza de trigo ⇒ fame.

• Frecuentes guerras entre señores feudais ⇒ destrucións e saqueos + bandoleirismo [bandidos, salteadores de camiños].

• Impacto da Peste Negra sobre unha poboación subalimentada ⇒ elevada mortalidade.

Consecuencias da crise baixomedieval.

• Demográficas:

✓ Descenso da poboación europea: de 75 millóns (1300) a 45 millóns (1400).

• Económicas:

✓ Diminución da produción agraria.

✓ Descenso da demanda de produtos artesanais.

✓ Redución dos intercambios comerciais.

• Sociais:

✓ Conflitos no campo: as revoltas campesiñas.

✓ Conflitos na cidade: revoltas urbanas + asaltos a xudarías (pogroms).

• Relixiosas:

✓ Incremento do pesimismo vital.

✓ Radicalización da relixiosidade popular: fanatismo relixioso (os flaxelantes).

✓ Iniciouse un movemento de reforma da Igrexa.

Factores das revoltas campesiñas na Baixa Idade Media (séculos XIV e XV)

Consecuencias da crise da Baixa Idade Media nas cidades

As revoltas

campesiñas

Un pogrom [en castelán pogromo] é un tumulto popular consistente no asalto ás xuderías, o saqueo ou destrución dos seus

bens e a persecución e matanza dos seus habitantes por parte dunha multitude enfurecida. Os pogromos contra a

comunidade xudía foron frecuentes en toda Europa desde época medieval.