TEMA 5.TRANSPORTE CELULAR · 2015-09-08 · TEMA 5: TRANSPORTE CELULAR As células necesitan...

4
TEMA 5: TRANSPORTE CELULAR As células necesitan substancias para o seu metabolismo. Como consecuencia do metabolismo, prodúcense substancias de refugallo que se teñen que eliminar. Polo tanto, a través da mb plasmática vaise producir un continuo transporte de substancias en ambos sentidos. TIPOS DE TRANSPORTE A TRAVÉS DA MEMBRANA:

Transcript of TEMA 5.TRANSPORTE CELULAR · 2015-09-08 · TEMA 5: TRANSPORTE CELULAR As células necesitan...

Page 1: TEMA 5.TRANSPORTE CELULAR · 2015-09-08 · TEMA 5: TRANSPORTE CELULAR As células necesitan substancias para o seu metabolismo. Como consecuencia do metabolismo, prodúcense substancias

TEMA 5: TRANSPORTE CELULAR

As células necesitan substancias para o seu metabolismo. Como consecuencia do metabolismo, prodúcense substancias de refugallo que se teñen que eliminar. Polo tanto, a través da mb plasmática vaise producir un continuo transporte de substancias en ambos sentidos.

TIPOS DE TRANSPORTE A TRAVÉS DA MEMBRANA:

 

Page 2: TEMA 5.TRANSPORTE CELULAR · 2015-09-08 · TEMA 5: TRANSPORTE CELULAR As células necesitan substancias para o seu metabolismo. Como consecuencia do metabolismo, prodúcense substancias

Transporte de moléculas pequenas:

Transporte pasivo: efectúase a favor de gradiente e, polo tanto, sen consumo de enerxía. Existen 2 mecanismos:

• Difusión simple: mecanismo polo que atravesan a mb substancias solubles nela (O2, CO2, etanol, urea, etc). Trátase de moléculas sen carga ou con carga neta 0. Este transporte prodúcese grazas a proteínas de mb chamadas prot canle, que forman “canais acuosos” a través da bicapa lipídica.

• Difusión facilitada: mecanismo que transporta moléculas polares (glícidos, nucleótidos, aa, etc). Sempre se produce a favor de gradiente (no caso dos ións é un gradiente electroquímico). Este transporte lévase a cabo por medio de prot transportadoras ou “carriers”, que se unen á molécula que se vai transportar e sofren cambios conformacionais que permiten a transferencia da molécula dun lado ao outro da mb.

Transporte activo: efectúase en contra de gradiente (xa sexa de concentración, de presión osmótica ou ben eléctrico)e implica un consumo de enerxía. Só poden realizalo algunhas prot especializadas denominadas bombas.

Exemplo de transporte activo: a bomba de Na+/K+

A bomba de Na+/K+ é un dos mecanismos máis importantes deste tipo de transporte. A maior parte das células animais teñen no interior unha elevada concentración de ións K+, mentres que a de Na+ é superior no medio extracelular.

As diferenzas de concentración débense á actividade da bomba de Na/K, que bombea de forma simultánea 3 ións Na+ cara ao exterior da célula e 2 ións K+ cara ao interior (en contra de gradiente de concentración). Para iso necesítase ATP. (video:http://www.youtube.com/watch?v=IzuKhespz20&NR=1)

Esta bomba é a responsable do mantemento do potencial de mb, que é a diferenza de carga eléctrica entre os 2 lados da mb:

o exterior é +, fronte ao interior, que é -.

Resumo dos tipos de transporte de moléculas pequenas:

Page 3: TEMA 5.TRANSPORTE CELULAR · 2015-09-08 · TEMA 5: TRANSPORTE CELULAR As células necesitan substancias para o seu metabolismo. Como consecuencia do metabolismo, prodúcense substancias

Transporte de moléculas grandes:

Para o transporte deste tipo de moléculas existen 2 mecanismos principais: endocitose e exocitose. En calquera deles é fundamental o papel das chamadas vesículas revestidas (vesículas).

Endocitose: proceso polo que a célula capta partículas do medio externo mediante unha invaxinación da mb, na que se engloba a partícula a inxerir e se produce unha vesícula que engloba o material inxerido.

Os lisosomas únense ás vesículas para que o material inxerido sexa degradado e utilizado posteriormente pola célula.

Segundo a natureza e o tamaño das partículas englobadas, diferéncianse distintos tipos de endocitose:

• Pinocitose: implica a inxestión de líquidos e partículas en disolución por pequenas vesículas.

• Fagocitose: fórmanse grandes vesículas ou fagosomas que inxiren microorganismos e restos celulares.

• Endocitose mediada por receptor: mecanismo en que só se endocita a substancia para a cal existe o correspondente receptor na mb. Unha vez formado o complexo ligando-receptor, fórmase a correspondente vesícula, que sufrirá diversos procesos no interior celular.

Este é o procedemento característico para a incorporación de macromoléculas como a insulina, o colesterol ou o ferro.

Esta modalidade de endocitose é típica de células como os macrófagos (células que poden fagocitar partículas e substancias extrañas) ou os neutrófilos (tipo de glóbulos brancos a función é defender ao organismo dos xermes e das substancias extrañas, fagocitándoas).

Page 4: TEMA 5.TRANSPORTE CELULAR · 2015-09-08 · TEMA 5: TRANSPORTE CELULAR As células necesitan substancias para o seu metabolismo. Como consecuencia do metabolismo, prodúcense substancias

Exocitose:

É o mecanismo polo que as macromoléculas contidas en vesículas citoplasmáticas son transportadas desde o interior celular ata a mb plasmática, para ser vertidas ao medio extracelular. Para poder vertelas é necesario que a mb da vesícula e a mb plasmática se fusionen, producíndose a liberación do contido ao exterior.

Neste proceso é necesaria a intervención do Ca e de prot.

Esquema-Diferencia entre endocitose e exocitose:

En toda célula existe un equilibrio entre a exocitose e a endocitose para manter a mb plasmática e que quede asegurado o mantemento do volume celular, xa que a endocitose supón unha “perda” de mb, mentres que a exocitose supón unha “ganancia”.

Existe un mecanismo, chamado transocitose, que é o conxunto de fenómenos que lle permite a unha substancia atravesar todo o citoplasma desde un polo ao outro da célula. Implica un dobre proceso de endocitose-exocitose. É típico das células endoteliais (revestimento dos capilares) que constitúen os capilares sanguíneos, transportándose así as substancias desde o medio sanguíneo ata os tecidos que rodean os capilares.