Tema 3-Voluntariado e Saúde

19
Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde. PRESENTACIÓN Neste tema poñeranse especial interese en coñecer a evolución do concepto de saúde e os determinantes que a condicionan nos individuos, grupos e comunidades. Por outra banda tamén repasaremos os principais factores de risco segundo a OMS para rematar centrándonos especificamente en aspectos relacionados coa alimentación e os trastornos do comportamento alimentario. 1. O concepto de saúde: a súa evolución histórica e cultural. 2. Determinantes de saúde. 3. Riscos para a saúde. 4. Alimentación e nutrición 5. Hábitos alimentarios 6. Trastornos do comportamento alimentario 1. CONCEPTO DE SAÚDE: A SÚA EVOLUCIÓN HISTÓRICA E CULTURAL. O termo saúde provén do latín salus-utis, e significa ‘o estado en que o ser orgánico exerce normalmente todas as súas funcións. A loita do home pola súa saúde foi unha constante en todos os tempos e en todas as culturas. Durante un longo período de tempo, o concepto de saúde estivo ligado á historia da medicina e a saúde pública, e a visión da saúde e a enfermidade foi considera de forma diferente segundo as diversas sociedades (Foster e Anderson, 1978) segundo a causa asignada á enfermidade, sinalándose varias teorías: 1

description

Voluntariado

Transcript of Tema 3-Voluntariado e Saúde

Page 1: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

PRESENTACIÓN

Neste tema poñeranse especial interese en coñecer a evolución do concepto

de saúde e os determinantes que a condicionan nos individuos, grupos e

comunidades. Por outra banda tamén repasaremos os principais factores de

risco segundo a OMS para rematar centrándonos especificamente en aspectos

relacionados coa alimentación e os trastornos do comportamento alimentario.

1. O concepto de saúde: a súa evolución histórica e cultural.

2. Determinantes de saúde.

3. Riscos para a saúde.

4. Alimentación e nutrición

5. Hábitos alimentarios

6. Trastornos do comportamento alimentario

1. CONCEPTO DE SAÚDE: A SÚA EVOLUCIÓN HISTÓRICA E CULTURAL.

O termo saúde provén do latín salus-utis, e significa ‘o estado en que o ser

orgánico exerce normalmente todas as súas funcións.

A loita do home pola súa saúde foi unha constante en todos os tempos e en

todas as culturas. Durante un longo período de tempo, o concepto de saúde

estivo ligado á historia da medicina e a saúde pública, e a visión da saúde e a

enfermidade foi considera de forma diferente segundo as diversas sociedades

(Foster e Anderson, 1978) segundo a causa asignada á enfermidade,

sinalándose varias teorías:

1

Page 2: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

as teorías persoais, que atribúen a enfermidade a factores

extracorporais: meigas, feiticeiros, espíritos, etcétera

as teorías naturais, que se centran nun equilibrio entre os fluídos

corporais (comidas e bebidas, condicións pouco axeitadas, etcétera).

e as teorías emocionais, que consideran as emocións na orixe da

enfermidade.

O sentido da saúde foi evolucionando en función do momento histórico, das

culturas, do sistema social e do nivel de coñecementos.

Nos primeiros anos da historia mantívose durante un longo período de tempo o

pensamento primitivo (máxico -relixioso), centrado na crenza de que a

enfermidade era un castigo divino. Esta actitude aínda se mantén hoxe en día

nalgúns pobos de África, Asia, Australia e América.

Foron as civilizacións exipcia e mesopotámica as que iniciaron o primeiro

cambio conceptual, pasando do sentido máxico relixioso a un

desenvolvemento da hixiene persoal e pública.

Na antiga civilización hebrea, a Lei Mosaica contén un dos primeiros códigos

sanitarios da humanidade: prescribe ordenamentos estritos sobre hixiene

persoal, alimentación, comportamento sexual e profilaxe das enfermidades

transmisibles, algunhas delas aínda vixentes.

A palabra hixiene, así como o actual xuramento hipocrático, atopan a súa

orixe na cultura grega, inspirada na mitoloxía: Higea “deusa da saúde” e

Hipócrates “pai da medicina”, que foi o que deu base científica á hixiene,

segundo se estudou no seu famoso Tratado dos aires, das augas, e dos

lugares.

Na civilización romana, o saneamento do medio ambiente e o coidado do corpo

eran a principal preocupación sanitaria, reflectíndose na aplicación dos

2

Page 3: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

coñecementos de carácter urbanístico á saúde pública, e construíndo grande

acuedutos para a dotación de augas, como tamén para o aloxamento das

sustancias de desfeito. Unha gran obra foi a “Cloaca Máxima”, obra admirada

na actualidade.

O período medieval é considerado como o das grandes pandemias,

relacionadas co incremento das comunicacións e conflitos bélicos. Foron tales

as calamidades nesta época que os esforzos centráronse fundamentalmente

nas medidas preventivas, como instaurar barreiras sanitarias nas fronteiras, o

illamento, e o concepto de corentena, sen manifestar maior preocupación pola

etioloxía da enfermidade.

Entre as afeccións epidémicas destacaron o lume de San Antonio, a suor

inglesa, e a peste bubónica, enfermidade esta que afectou a millóns de vítimas

en Mongolia e China, pasando á India, Constantinopla e Grecia, e

posteriormente estendeuse por Italia e España.

O período científico abarca dende o último terzo do século XVIII ata comezos

do século XX. Xunto co desenvolvemento da Revolución Industrial aparece a

primeira Escola de Hixiene Ambiental e Experimental (Petternköferm,

Alemaña).

No século XIX, cos avances en bacterioloxía, e na primeira metade do século

XX, co descubrimento de Fleming da penicilina, a comercialización dos

antibióticos, a creación dos centros da Seguridade Social, e as campañas de

vacinación, abríronse novas perspectivas de optimismo en canto ao risco de

enfermidades transmisibles.

Non obstante, pronto se puido comprobar o carácter multifactorial da

enfermidade, xa que, entre outras, as condicións sanitarias deficientes e as

carencias nutricionais tiñan grande influencia na aparición e gravidade dos

padecementos, así como tamén unha serie de factores psicosociais.

Estes feitos motivaron, en grande medida, o cambio conceptual máis

importante, pasando dunha formulación da saúde en termos negativos, como

se viña entendendo ata o momento, a unha consideración positiva.

3

Page 4: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

A Organización Mundial da Saúde, na súa Carta Magna (1946), define a

saúde como “Completo estado de benestar físico, psíquico e social”. Aínda que

esta definición supuxo unha evolución no sistema sanitario, xa que incluía

xunto coa dimensión física tamén a psíquica e a social, non obstante sufriu

numerosas críticas. Algúns autores, como Terris, chegaron a propoñer a

eliminación do termo completo, formulando unha definición de saúde como “un

estado de benestar físico, mental e social con capacidade de funcionamento, e

non unicamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”.

Son numerosas as definicións que a partir deste momento se formularon sobre

o concepto de saúde, atopando un elemento común en todas elas: a

formulación da saúde en termos positivos. A saúde na actualidade non se

entende xa como ausencia de enfermidade.

Matarazzo (1980) utiliza o concepto de saúde no termo conduta, definindo a

saúde condutual como “un campo interdisciplinar cuxo fin é a promoción

daquela filosofía da saúde que estimula a responsabilidade individual cara a

aplicación dos coñecementos e técnicas derivadas das ciencias biomédicas e

condutuais para a prevención das enfermidades e disfuncións, e para o

mantemento da saúde a través da iniciativa individual e as iniciativas sociais”.

A vinculación do termo saúde co comportamento é practicamente aceptado

na súa totalidade. “A saúde, ou é saúde comportamental ou non é nada; do

mesmo xeito que, noutro tempo a enfermidade era lesión orgánica ou non era

nada. Se antes de defendeu a enfermidade en función da patoloxía, agora

deféndese a saúde en función da conduta. En certo modo, aínda que a conduta

non sexa a razón última capaz de explicar a saúde, tal vez sexa a penúltima”.

(Polaino -Lorente, 1987).

Na década dos setenta lévase a cabo unha serie de estudos que poñen de

manifesto os factores, non só internos do individuo senón tamén externos

4

Page 5: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

(ambientais e sociais), observándose a necesidade de dirixir a acción educativa

non só ao individuo senón tamén cara a interacción coa contorna. De tal

maneira, algúns autores como Hernán San Martín e outros, definen a saúde

como “o grao de interacción do home co seu medio”.

Ivan Illich argumenta que a saúde é “a capacidade de adaptación ao entorno

cambiante; a capacidade de medrar, de envellecer, curarse; a capacidade de

sufrir e esperar a morte en paz”. Podemos destacar nesta definición a

referencia á capacidade da persoa, valorando a autonomía, así como o

autocoidado. Considera, de igual forma, que o sufrimento e a morte son parte

integrante da vida, e manifesta que se pode vivir en saúde aínda que se sufra,

sempre e cando o sufrimento non quebrante á persoa.

A Oficina Rexional para Europa (1986), entende a saúde como “a capacidade

de realización persoal, e de respostar positivamente aos retos do ambiente”. A

interacción do home co medio considérase como elemento fundamental para

permanecer en saúde.

“A saúde como a enfermidade, proveñen non só do patrimonio xenético que

nos trae a vida, senón que, concretamente, dependen das reaccións do noso

equipo biolóxico fronte aos estímulos múltiples e diversos do ambiente

ecolóxico e social, que simultaneamente é físico, biolóxico, psicolóxico, social e

cultural”. (Hernán San Martín, 1988).

Estas últimas definicións, entre outras, aproxímannos ao concepto actual de

saúde, situándonos nun plano integrador da sociedade e o home, e

configurando o sentido actual da saúde no mundo occidental.

De tal forma, que poderíamos tamén definir a saúde como:

“Conxunto de condicións psíquicas e sociais que permitan á persoa

desenvolver e exercer todas as súas facultades en harmonía e relación coa súa

contorna”. (Perea, 1985).

5

Page 6: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

2. DETERMINANTES DA SAÚDE: Sobre a saúde actúan diversos determinantes ou factores que é preciso ter en

conta cando falamos de saúde, xa que condicionan a saúde e a enfermidade

en individuos, grupos e comunidades.

Os determinantes fan referencia a aspectos moi variados. A case totalidade

destes factores poden modificarse, incluídos algúns factores de tipo biolóxico

(hoxe en día os avances científicos poden eliminar ou mitigar enfermidades

procedentes da herdanza xenética), e a incidencia duns sobre outros é tal que

non poden disociarse:

Factores biolóxicos e hereditarios: refírense á herdanza xenética

recibida dos nosos pais, e á constitución persoal.

Factores persoais: fan referencia ao estilo de vida que configura

cada persoa, tendo en conta as condicións de vida e o contexto

económico, social, laboral, cultural e familiar.

Factores ambientais: a contaminación, por exemplo.

Factores alimenticios: manifestados nos costumes e hábitos

alimentarios, a cultura gastronómica, a “moda” do adelgazamento

nos medios de comunicación e na publicidade, a anorexia, a fame,…

Factores económicos: reflectidos na capacidade adquisitiva de

bens materiais e inmobles que satisfagan as necesidades da persoa,

tanto primarias (alimentación, vestido,…), como secundarias.

Sistema sanitario: é outro dos factores que determinan a saúde, xa

que pode previr a enfermidade e curala, promover a saúde,

proporcionar asistencia sanitaria axeitada a enfermidades,

accidentes e catástrofes, e posibilitar o acceso gratuíto ou pagado

aos servizos sanitarios, os medicamentos e as infraestruturas.

Factores culturais: o nivel cultural da persoa e da sociedade

favorece, en principio, a capacidade de adquirir hábitos saudables,

distinguir o saudable do nocivo, e educarse para consumir dende a

moderación e o criterio razoable. Os valores serven para orientar a

vida da persoa, e adquiren importancia ao converterse en normas e

6

Page 7: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

estilos de vida (saudables ou nocivos), na aceptación da

enfermidade e da dor, e en considerar a saúde como parte do código

de valores da persoa.

Factores educativos: a Educación para a Saúde é un dos temas

transversais que debe estar integrado no sistema educativo.

Coa Educación para a Saúde, o que se pretende é espertar na poboación o

interese pola saúde e posibilitar a toma de conciencia e asunción da

responsabilidade individual e colectiva neste tema, co fin de contribuír a:

- que a poboación sexa cada vez máis autónoma no coidado da súa

saúde.

- que poida adoptar estilos de vida o máis saudables posible.

- e que participe individual e colectivamente na transformación da

contorna natural e social en pro da saúde.

3. RISCOS PARA A SAÚDE (GLOBAL HEALTH RISKS):

Recentemente (en outubro de 2009) a Organización Mundial da Saúde (OMS) publicou o informe Globlal Health Risks, sobre os principais factores de

risco para a saúde, que analiza ata vintecatro variables que ameazan a saúde

da poboación mundial.

Entre os principais resultados deste estudo, atopamos que son cinco os

factores de risco que explicarían o 25% dos falecementos (60 millóns) que se

producen en todo o mundo cada ano:

a insuficiencia ponderal da infancia. as prácticas sexuais de risco. o consumo de alcol. a falla de auga salubre, de saneamento e de hixiene. a hipertensión arterial.

7

Page 8: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

A OMS sinala que a esperanza de vida podería aumentar en todo o mundo

case cinco anos se se afrontaran estes factores de risco.

Ademais, outros oito factores de risco son os responsables por sí sós de maís

do 75% dos casos de cardiopatía coronaria, a principal causa de morte a

escala mundial:

o consumo de alcol. a hiperglucemia. o consumo de tabaco. a hipertensión arterial. un índice de masa corporal elevado. a hipercolesterolemia. unha baixa inxesta de froitas e verduras.

e a falta de actividade física.

Outras conclusións do informe da OMS:

- Nove riscos medioambientais e comportamentais son responsables do

45% da mortaldade por cancro no mundo.

- A escala mundial, o sobrepeso e a obesidade causan máis mortos que

a insuficiencia ponderal.

- Os contornos insalubres e perigosos causan o 25% da mortaldade na

infancia.

- O 71% da mortaldade por cancro de pulmón está causada polo

tabaquismo. - Nos países de ingresos baixos, unha serie de carencias nutritivas

facilmente remediables son causa de que 1 de cada 38 recen nacidos

fine antes de cumprir os cinco anos.

- Os 10 principais riscos previsibles diminúen a esperanza de vida en

case sete anos a escala mundial, e en máis de dez anos na rexión de

África.

Nota: Podedes ver o documento completoen inglés na seguinte ligazón http://www.who.int/healthinfo/global_burden_disease/GlobalHealthRisks_report_full.pdf (3,79MB, pdf )

8

Page 9: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

4. ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN:

Alimentación é o conxunto de actividades e procesos polos cales tomamos

alimentos do exterior, portadores de enerxía e substancias nutritivas necesarias

para o mantemento da vida.

A nutrición é o conxunto de procesos mediante os cales o ser vivo utiliza,

transforma e incorpora nas súas propias estruturas as substancias que recibe

do mundo exterior, co obxectivo de obter enerxía, construír e reparar as

estruturas orgánicas, e regular os procesos metabólicos.

Estas substancias, chamadas nutrintes, atópanse nos alimentos, e algunhas

das máis importantes son:

Hidratos de carbono: Son a maior fonte de enerxía, a máis económica e

de máis fácil asimilación. Atópanse nos cereais, legumes, patacas, froitas,

verduras, azucres refinados, bolos industriais,…

Graxas: Son a enerxía de reserva, vehículo de ácidos graxos esenciais e

vitaminas liposolubles. Están no touciño, manteca, leite, carne, peixe, xema

de ovo, aceites vexetais, froitos secos,…

Proteínas: Son o “material de construción” do corpo, fano medrar e

mantéñeno a punto. Fontes: peixes, carnes, ovos, leite e derivados,

legumes, cereais e hortalizas.

Vitaminas: Interveñen en procesos bioquímicos e preveñen enfermidades.

Atópanse en froitas, verduras, legumes, cereais completos, peixe, carnes,

ovos,…

Minerais: Manteñen e renovan a estrutura corporal e interveñen en

procesos biolóxicos vitais. Todos os alimentos conteñen minerais e, ao igual

que as vitaminas, unha alimentación variada cubre todas as necesidades.

Auga: É o compoñente máis importante do corpo humano, e precísaa para

vivir e funcionar.

Fibra: Regula o tránsito intestinal, rexenera a flora do intestino, prevén de

enfermidades,… Atópase nos cereais completos, verduras, legumes e

froitas.

9

Page 10: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

5. HÁBITOS ALIMENTARIOS:

Os hábitos alimentarios nas poboacións son a expresión das súas crenzas e

tradicións, e están ligados ao medio xeográfico e á dispoñibilidade alimentaria.

Os factores que condicionan os hábitos alimentarios son de tipo económico,

relixioso (coma as normas da Torah ou do Corán, que se relacionaban á súa

vez coa hixiene), psicolóxico, e pragmático.

Ditos factores evolucionan ao longo dos anos, e constitúen a resposta aos

novos estilos de vida, aos novos produtos a consumir, ás comidas rápidas

(fast-foods), etcétera Tamén se relacionan moi directamente co aumento dos

recursos e co contacto entre xentes de culturas alimentarias distintas (sirvan

como exemplo disto os hábitos anteriores e posteriores ao descubrimento de

América, tanto polo contacto con outras culturas non coñecidas entón, como

pola aparición de novos produtos na dieta: tomates, patacas,…).

Os hábitos alimentarios no mundo occidental caracterízanse:

cuantitativamente, por un consumo excesivo de alimentos, superior, en

termos xerais, ás inxestas recomendadas en canto a enerxía e nutrintes

para o conxunto da poboación;

e cualitativamente, por un tipo de dieta rica en proteínas e graxas de orixe

animal.

A dieta española responde a estas características, se ben ten como vantaxe

fronte a outros países europeos:

- a presenza dun maior consumo de vexetais (legumes, verduras, ensaladas

e froitas);

- un maior consumo de peixe (España é o segundo país do mundo

consumidor de peixe, despois de Xapón);

- e o uso de aceites de orixe vexetal para cociñar (con predominio do aceite

de oliva).

10

Page 11: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

Os hábitos alimentarios nacen na familia, poden reforzarse no medio escolar,

contrástanse na comunidade en contacto cos pares e co medio social, e sofren

as presión do marketing e da publicidade exercida polas empresas

agroalimentarias.

Na imaxe inferior podemos ver a nova rolda de alimentos, que foi promovida

dende a Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (SEDCA)

e desenvolvida por diversos profesionais da dietética e a nutrición para

considerar os novos hábitos alimenticios dos cidadáns españois.

AUTORES: Martínez Alvarez J.R., Arpe Muñoz C., Iglesias Rosado C., Pinto Fontanillo J.A., Villarino Marín A., Castro Alija M.J., Cao Torija M.J., Urrialde de Andrés R., Gómez Candela C., López Nomdedeu C.

Nela observamos 6 grupos de alimentos: I. Enerxético. (Composición predominante en hidratos de carbono:

produtos derivados dos cereais, patacas, azúcar).

II. Enerxético. (Composición predominante en lípidos: mantequilla, aceites

e graxas en xeral).

III. Plásticos. (Composición predominante en proteínas: produtos de orixe

lácteo).

11

Page 12: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

IV. Plásticos. (Composición predominante en proteínas: cárnivos, ovos e

peixes, legumes e froitos secos).

V. Reguladores. (Hortalizas e legumes).

VI. Reguladores. (Froitas).

Inclúe, ademais, mención explícita ao exercicio físico e á necesidade de inxerir

auga en cantidades suficientes.

Unha dieta saudable (e referíndonos a dieta como o conxunto de alimentos

consumidos nun día, e non o réxime de baixar peso ou tratar certas

enfermidades) debe ser:

- Variada.

- Suficiente.

- Equilibrada.

- Hixiénica.

- Satisfactoria.

6. TRASTORNOS DO COMPORTAMENTO ALIMENTARIO:

Na nosa sociedade prodúcese unha enorme tensión causada por tres tipos de

mensaxes contraditorias en relación coa estrutura persoal:

- mensaxe médica.

- mensaxes estéticas.

- mensaxes gastronómicas.

6.1. QUE É UN TRASTORNO ALIMENTARIO?

Un trastorno da alimentación é unha enfermidade caracterizada por unha

alteración grave da conduta alimentaria.

A comida convértese para a persoa que o padece no centro da súa atención e

sobre a que xira toda a súa vida. O éxito e o fracaso de moitas das súas

relacións sociais achácano ao seu aspecto físico, que relacionan coa cantidade

de comida que inxiren.

12

Page 13: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

Estes trastornos atribúense aos canons de beleza da nosa época (modelos de

pasarela, actores e actrices moi delgados), que forman un sinfin de patróns a

seguir por moitos mozos e mozas (sobre todo mozas) que pensan que estando

tan delgados/as serán mellor aceptados pola sociedade e terán máis éxito

social.

Algunhas das características das persoas con trastorno de alimentación son:

Persoas con predisposición a sofrir ansiedade, perfeccionismo e actitudes

compulsivas.

A pesar de ter éxito na vida, síntense ineptos, ineficaces para realizar

cousas.

A maior parte do tempo pensan no seu corpo e en como coidalo, utilizando

dietas “milagro” e acudindo ao ximnasio de maneira obsesionada, sobre

todo rapazas adolescentes.

Despois de cada comida síntense mal consigo mesmo por ter comido.

Soen pesar todos os alimentos que consumen.

Teñen condutas malhumoradas.

6.1.1.ANOREXIA:

A anorexia nerviosa é un trastorno que ofrece a quen a padece unha distorsión

da súa imaxe corporal.

É unha síndrome que se caracteriza por un adelgazamento voluntario, cuxa

orixe é unha diminución importante da inxesta de alimentos por un medo

obsesivo a engordar.

Afecta a un de cada 100 adolescentes de entre 12 e 18 anos,

fundamentalmente rapazas.

A persoa non come, pero non deixa de pensar en cales son os alimentos

idóneos que debe inxerir para non estar gorda.

13

Page 14: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

As características esenciais da anorexia nerviosa son:

O rexeitamento a manter o peso por riba do valor mínimo normal para a súa

idade e talla.

Un desexo de perder peso.

Terror ante a gordura, que se converte no centro de todas as súas

preocupacións, e que perturba gravemente o resto de facetas da súa vida.

Percepción deformada da imaxe propia.

Hai dous tipos de anorexia:

Tipo restritivo: Durante o episodio de anorexia nerviosa, o individuo non

presenta episodios recorrentes de sobreinxesta.

Tipo compulsivo / purgativo: Durante o episodio de anorexia nerviosa, o

individuo recorre regularmente a atracóns ou purgas (por exemplo,

provocación do vómito, ou uso excesivo de laxantes, diuréticos e enemas).

No seu desexo de estar delgados/as, márcanse unha marxe de seguridade, é

dicir, establecen o peso que deben -queren ter, pero adelgazan un pouco máis

para previr calquera aumento que non estivera nos seus cálculos.

Nas primeiras fases do trastorno, comezan a aparecer estados ansiosos e

irritables, e co tempo poden converterse en disforia, cambios repentinos e

bruscos do estado de ánimo.

A anorexia ten un curso crónico, e acompáñase dunha serie de complicacións

adicionais; coexiste en moitas ocasións con outras patoloxías, e ten un alto

índice de mortaldade.

A paciente segue un curso de progresiva desnutrición que pode desembocar

nun grave deterioro muscular e unha desmesurada perda de peso.

Factores precipitantes: Cambios corporais (puberdade, menstruación).

Separacións e perdas afectivas.

Rupturas conxugais dos proxenitores.

Conflitos coa sexualidade.

14

Page 15: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

Incremento rápido de peso.

Críticas sobre o corpo.

Enfermidade adelgazante.

Traumatismo desfigurador.

Incremento na actividade física.

Acontecementos vitais.

Factores predispoñentes: Factores xenéticos.

Idade entre 13 e 20 anos.

Sexo feminino.

Trastorno afectivo.

Introversión / inestabilidade.

Obesidade.

Nivel social medio -alto.

Familiares con trastorno afectivo.

Familiares con adiccións.

Familiares con trastorno de inxesta.

Obesidade materna.

Valores estéticos dominantes.

Factores perpetuantes: Consecuencias da iniciación.

Interacción familiar.

Illamento social.

Cognicións anoréxicas.

Actividade física excesiva.

Iatroxenia (alteración do estado do paciente producida polo médico). Un

tratamento axeitado á anorexia debería realizarse entre un médico, un

nutricionista e un psicólogo, cunha vixilancia permanente dos familiares, co

fin de que o paciente inxira alimentos.

15

Page 16: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

6.1.2. BULIMIA:

Etimoloxicamente, o vocablo ‘bulimia’ significa “fame desmesurada”, é dicir, son

episodios caracterizados por unha necesidade imperiosa, irrefreable, de inxerir

grandes cantidades de comida, xeralmente de elevado contido calórico.

Como consecuencia, a persoa vese invadida por fortes sentimentos de

autorrepulsa e culpa, e precisa mitigar eses sentimentos mediante o vómito

ou a inxesta de laxantes.

É un trastorno difícil de detectar pola imaxe corporal, xa que non ten unha

imaxe definida asociada.

A característica principal destas pacientes é a súa perda de control sobre o

seu comportamento alimentario. Senten impotencia ante o impulso irrefreable

de comer, e soen terminar o atracón por dor abdominal e/ou grandes

sentimentos de culpabilidade.

Os atracóns lévanse sempre a cabo co máximo segredo, tendo coidado en non

ser descubertas.

Hai dous subtipos de bulimia:

- As que se purgan: Inducen o vómito, usan laxantes ou diuréticos. Son

persoas obsesionadas polo seu peso, teñen un grao de distorsión da imaxe

corporal, un desexo de estar delgadas, patróns alimentarios anómalos e

psicopatoloxía (sobre todo depresión e obsesións).

- As que non se purgan: Non recorren tanto a laxantes e diuréticos, non se

inducen tan a miúdo o vómito, e están menos obsesionadas co corpo.

Na bulimia é frecuente a ansiedade, a depresión e a irritabilidade, así como a

ideación suicida, sobre todo agudizada polos episodios bulímicos.

16

Page 17: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

Estas persoas sofren unha ampla gama de complicacións físicas, tales como

diminución dos niveis de potasio, hipertrofia da glándula parótide, hipocalemia,

infeccións urinarias, arritmias cardíacas, crise tetánica (rixidez muscular),

parestesia periférica, e crises epilépticas, e a longo prazo dano renal e

irregularidades menstruais. Poden tamén presentar callosidade no dorso da

man (signo de Russell) producido polo roce continuo dos incisivos superiores

ao provocarse o vómito.

O tratamento precisa dun seguimento estrito e controlado por psicólogos,

médicos e nutricionistas, ao igual que na anorexia. Os familiares deben levar

un control rigoroso de que o suxeito con bulimia non entre ao baño a inducirse

o vómito.

6.1.3. OBESIDADE:

A obesidade en nenos e adolescentes está considerada como o trastorno

nutricional e metabólico de maior prevaleza nos países desenvolvidos.

A Organización Mundial da Saúde considera a obesidade unha enfermidade

crónica de carácter epidémico dende 1997.

Por obesidade enténdese a acumulación excesiva de tecido adiposo, que se

traduce nun aumento do peso corporal. É o resultado dunha dieta de valor

calórico superior ás necesidades da persoa.

O termo ‘sobrepeso’ aplícase cando o peso do corpo está entre o 10 e o 20%

do seu ideal.

Algúns autores clasifican a obesidade en función do sobrepeso, e distinguen

tres categorías:

- Leve: entre o 20 e o 30% máis do peso ideal.

- Moderada: entre o 30 e o 60% máis do peso ideal.

- Grave: superior ao 60% máis do peso ideal.

17

Page 18: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

Algunhas das condutas alimentarias que caracterizan a obesidade son as

seguintes:

Sensación de fame constante.

Avidez e voracidade na inxesta.

Dificultade para saciarse.

Tendencia a picar entre comidas.

Desorganización nos horarios.

Comidas a escondidas.

Atracción cara os alimentos prohibidos.

Incumprimentos frecuentes das dietas que se seguen.

Despois dun exceso, non comer na seguinte comida.

Dende o punto de vista psicolóxico, os problemas emocionais e condutuais

que presenta a persoa obesa son:

Dificultades psicosociais causadas por problemas de illamento, de relación

e rexeitamento por parte dos seus iguais.

Malestar psicolóxico pola discriminación da sociedade.

Sentimento de soidade.

Menos destreza e axilidade (dificultades para realizar actividades físicas,

xogos e deportes).

Malestar polo seu aspecto físico.

Síntomas depresivos.

Ansiedade elevada.

Baixa autoestima.

Alteracións na dinámica relacional familiar.

Baixo rendemento académico e profesional.

Sentimentos de inferioridade.

18

Page 19: Tema 3-Voluntariado e Saúde

Curso de formación básica en voluntariado Tema 3. Voluntariado e Saúde.

6.1.4. TRASTORNO DA CONDUTA ALIMENTARIA NON ESPECIFICADO:

Inclúense nesta categoría aqueles trastornos da conduta que non cumpren os

criterios para ningún dos trastornos específicos.

Este trastorno non o recollen as clasificacións oficiais, pero atópase en fase de

recoñecemento. Coñécese como “trastorno de sobreinxesta compulsiva” ou

“trastorno alimentario compulsivo”. Definiuse como un trastorno alimentario a cabalo entre a obesidade e a bulimia

nerviosa.

É unha sobreinxesta compulsiva, que se caracteriza por episodios repetitivos

de voracidade (atracóns) durante un período determinado de tempo, os cales

son recoñecidos polo suxeito como patróns alimentarios anormais e xeran no

individuo un sentimento de falta de control.

Estes pacientes presentan un sobrepeso de moderado a grave.

O trastorno de sobreinxesta compulsiva podería ir asociado a:

Episodios recorrentes de voracidade a escondidas.

Consumo de alimentos de alto contido calórico durante estes atracóns.

Reiteración no uso de dieta e frecuentes flutuacións de peso.

Recoñecemento de que os hábitos alimentarios son anormais e están fora

de control.

Falta de autoestima antes e/ou despois dun episodio de voracidade.

Falta de obsesión pola perda de peso.

A maioría destes pacientes presenta sobrepeso, pero non todos son

obesos.

19