Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

28
Liberalismo e Nacionalismo

Transcript of Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

Page 1: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

Liberalismo e Nacionalismo

Page 2: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

2.- A Revolución Francesa

A Revolución Francesa foi un proceso social e político que se desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas principais consecuencias foron a abolición da Monarquía Absoluta e o nacemento da República, eliminando as bases económicas e sociais do Antigo Réxime.

Foi unha das revolucións máis importantes da Historia pois cambiou en gran parte o curso desta: ábrese unha etapa de transformacións políticas e sociais, e con ela dáse inicio ao ciclo revolucionario burgués (1820, 1830, 1848), sendo a orixe das democracias actuais.

Page 3: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

2.1 As causas da Revolución1. Difusión das ideas da Ilustración (Voltaire, Rousseau,

Montesquieu):1. Soberanía nacional

2. Separación de poderes

3. A igualdade ante a lei, rexeitando a sociedade estamental

2. Grandes desigualdades da sociedade estamental:1. A emerxente burguesía reclamaba a súa participación no poder político

2. Enorme abismo en canto á situación económica: A pobreza extrema das clases populares fronte ao luxo excesivo da Corte rexia.

3. Anos de malas colleitas, que encareceron o prezo dos alimentos, provocando un fondo malestar social.

4. Crise financeira do Estado, que levou a propoñer unha reforma fiscal na que tamén os estamentos privilexiados pagasen impostos.

Page 4: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

2.2 O estalido da Revolución Francesa• O Rei Luís XVI convocou os Estados Xerais (a reunión dos representantes

dos tres estamentos), pois só nos Estados Xerais se poderían aprobar novos impostos.

• Nos Estados Xerais cada estamento tiña un voto, polo que os privilexiados estaban seguros de que a reforma fiscal non sairía adiante. O Terceiro Estado reclama o voto por persoa, para evitar o veto dos privilexiados, en base ao poder da maioría.

Cando llo negan, os representantes do Terceiro Estado reúnense na Sala do Xogo da Pelota, constituíndose como Asemblea Nacional e xurando non disolverse ata aprobar unha Constitución para toda a nación.

Page 5: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

A Asemblea Nacional recibe o apoio do pobo de París, que toma ao asalto a Bastilla, símbolo do Absolutismo (14 xullo 1789) e polo resto de Francia propágase unha revolta antiseñorial (Le grand peur, O gran medo), incendiando castelos e os arquivos señoriais, reclamando o reparto da terra.

Page 6: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

A Asemblea Nacional Constituínte abolición o sistema do Antigo Réxime mediante:

• A aprobación da Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán.

Todos os homes son cidadáns libres e iguais ante a lei.

Establece o principio da soberanía nacional.

• A Constitución Civil do Clero. Implicou a separación da Igrexa e

do Estado.• Aprobación da Constitución (1791).

Page 7: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

2.3 A Asemblea Lexislativa (1791-1792)A Constitución de 1791 tiña un carácter bastante moderado:• Define Francia como unha monarquía constitucional, rexida polo principio de soberanía

nacional.• Baseada na división de poderes:

O executivo seguía en mans do rei. O lexislativo, en mans da Asemblea Nacional. O xudicial, nos tribunais de xustiza.

• Establece o sufraxio censatario.

Logo de aprobarse a Constitución, elixiuse unha Asemblea Nacional Lexislativa, composta por diversos grupos ideolóxicos:

• Moderados monárquicos constitucionalistas.

• Xirondinos (burgueses moderados), aínda que republicanos, foron moderando a súa postura e aceptan unha monarquía constitucional. Reclaman o sufraxio censatario.

• Xacobinos (burguesía radical republicana), partidarios da República, reclaman o sufraxio universal masculino.

• Contrarrevolucionarios, que querían a restauración da Monarquía Absoluta.

Page 8: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

• Problemas internos: Malestar entre os sectores máis humildes da poboación polo alto prezo dos alimentos, e oposición dos contrarrevolucionarios, que alentaban unha intervención estranxeira, para restaurar a Monarquía Absoluta.

• Problemas externos: A Asemblea declara a guerra a Austria por considerala o foco da contrarrevolución.

• A Fuxida: a familia real tentou fuxir de Francia para buscar axuda nos exércitos austríacos e restaurar a situación, aínda que foron capturados. Isto supuxo a caída en desprestixio da Coroa e a radicalización da Revolución, xa que se proclamou a República.

Page 9: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

3.- A I República Francesa (1792-1799)

Page 10: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

• Aboliuse a monarquía, proclamouse a I República Francesa e elíxese unha nova Asemblea: a Convención.

• Convención Xirondina (1792 – 1793)• Posturas moderadas.• Xuízo e execución de Luís XVI, acusado de traizón.• A execución da familia real provocou unha Coalición europea contra a

Francia revolucionaria. Os primeiros compases da guerra foron desastrosos.

• Ademais, a fame e a falta de abastecementos e o perigo de invasión estranxeira propiciou insurreccións dos campesiños.

• Debido á debilidade da Convención e ás numerosas ameazas que axexaban a Francia, creouse o Comité de Salvación Pública como principal órgano de goberno, pronto controlado polos xacobinos, que radicalizaron a Revolución.

3.1 A Convención (1792-1794)

Page 11: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

• Convención Xacobina (1793 – 1794)

Os radicais xacobinos co apoio dos sans-culottes (membros das clases sociais máis baixas), e liderados por Robespeirre, arrestan, xulgan e executan a líderes xirondinos, acusados de contrarrevolucionarios: iníciase o Terror, para acabar cos inimigos da Revolución.

• Promulgación dunha nova Constitución de 1793, que establece:• A Soberanía popular

• O Sufraxio universal masculino.• Outras medidas:Reorganización do exército e novas levas(recrutamento obrigatorio da poboación para

servir no exército), logrando cambiar as tornas da guerra contra as potencias europeas

• Redistribución da propiedade agraria

• Obrigatoriedade e gratuidade da educación primaria

• Xullo (Termidor) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización dos xacobinos, da un golpe de Estado, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da Revolución.

Page 12: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

• Termidor (Xullo) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización dos xacobinos, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da Revolución.

• Aprobación dunha nova Constitución de 1795, de carácter moderado, que establece:

• O Sufraxio censatario.

• O poder executivo, no Directorio, órgano colexiado composto por cinco “directores”.

• O poder lexislativo, dividido en dúas cámaras: o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos.

• Problemas: revoltas radicais (lideradas polos xacobinos, como a “Conspiración dos iguais”) e dos contrarrevolucionarios, que foron reprimidas: é o Terror Branco.

• Éxitos militares fronte a Coalición europea co consecuente aumento do prestixio do Exército.

• Ante as tensións sociais e os problemas económicos, e aínda en guerra contra a Coalición europea, a burguesía conservadora ve con bos ollos un goberno dos militares, que aporte estabilidade:

• 18 de Brumario (9 de novembro) de 1799.- Golpe de Estado de Napoleón, derrocando o Directorio e establecendo o Consulado, sendo el mesmo cónsul xunto con Sièyes e Ducos.

3.2 O Directorio (1795-1799)

Page 13: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Page 14: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

Napoleón Bonaparte• 1799 Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 de novembro)

Derrocou ao Directorio Xunto con Sièyes e Ducos formou o Consulado

• 1802 Primeiro Cónsul e Cónsul Vitalicio• 1804 Emperador

Page 15: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

4.1 O Goberno de NapoleónO Consulado (1799-1804)

• Napoleón buscou restaurar a orde e crear un novo réxime político. Reformas:

• Políticas, co fin de reconciliar aos franceses despois de anos de loita interna:

• Autorizou aos exiliados a regresar a súa patria.

• Fixo as paces coa Igrexa católica (Concordato coa Igrexa – 1801), recoñecendo ao Catolicismo como relixión oficial.

• Promulgou o CÓDIGO CIVIL (1804), sancionando a igualdade dos cidadáns ante a lei.

• Centralización administrativa de Francia, divida en departamentos provinciais gobernados por un prefecto.

• Reorganizou e unificou o sistema educativo (rede de liceos)

Page 16: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

O Imperio: 1804-1814-1815

• Desenrolou unha política expansionista: Quería converterse en Emperador de toda Europa, invadindo países e colocando como gobernantes aos seus familiares.

• O resto de nacións formaron sucesivas Alianzas para enfrontarse a Francia.

• En 1804 Napoleón Bonaparte fíxose coroar Emperador de Francia polo papa Pío VII nunha cerimonia na catedral de Notre-Dame en París.

Page 17: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Page 18: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

4.2 As Guerras Napoleónicas• 1805 Vitoria en Austerlitz (vs. rusos e austríacos). Disolución do Imperio Alemán.• 1806 Bloqueo continental a Gran Bretaña, tentando cerrarlle os portos

comerciais europeos mediante o illamento económico.• 1808 Inicio da Guerra da Independencia española.• 1812 Inicio da catastrófica campaña contra Rusia. Fracaso vs. a política de “terra

queimada” dos rusos e ante o “Xeneral Inverno”.• 1813 Derrota en Leipzig fronte á coalición europea.• 1814 Abdicación de Napoleón e desterro á illa de Elba.• 1815 Regreso de Napoleón: o Imperio dos Cen Días.

Derrota definitiva en Waterloo vs. ingleses e prusianos Desterro en Santa Helena

Consecuencias das Guerras Napoleónicas:• Modificación do mapa europeo, creándose novos estados e substituído noutros

os monarcas tradicionais por familiares de Napoleón.• Difusión dos ideais da Revolución Francesa.• Desenvolvemento de sentimentos nacionais contra o dominio francés nos

territorios conquistados.

Page 19: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Page 20: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

4.3 A Restauración (1815-1830)O Congreso de Viena (1815) foi un encontro internacional das potencias vencedoras de Napoleón (Austria, Rusia, Prusia e Reino Unido) impulsado polo chanceler austríaco Metternich, co obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón e voltar á situación política anterior á Revolución Francesa.

A reunión tivo como base 5 grandes principios:

• Restauración do Absolutismo monárquico.

• Lexitimismo monárquico, é dicir, devolveuse o trono ás monarquías tradicionais. Así, en Francia restaurouse a dinastía dos Borbóns, con Luís XVIII.

• Equilibrio internacional: pretendíase que non houbese unha potencia hexemónica (dominante)

• Intervencionismo. As potencias constitúen a Santa Alianza, co dereito de intervir militarmente nos territorios en que houbese revoltas contrarias á Restauración.

• Sistema de Congresos. As potencias celebrarán congresos para tratar e resolver as cuestións problemática en Política Internacional.Exemplo da aplicación destes principios foron os congresos que decidiron a intervención militar das potencias da Alianza para derrotar os levantamentos liberais de 1820 en Nápoles e España.

Malia as medidas que se concertaron para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.

Page 21: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

A Europa da Restauración

Page 22: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

5.3 As vagas revolucionariasMalia as medidas que se concertaron no Congreso de Viena para manter a raia os inimigos

do Antigo Réxime e as intervencións militares contra as revoltas liberais de 1820, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.

• Revolucións de 1820: Revolución liberal en Nápoles (sufocada polas potencias do Congreso de Viena) Trienio liberal en España (1820-1823) (sufocado polos “Cen mil fillos de San

Luís” enviados pola Santa Alianza) Inicio da insurrección de carácter nacionalista dos gregos contra o dominio

turco otomán (conseguen a independencia en 1830 axudados polas potencias europeas)

• Revolucións de 1830: Revolución de Xullo en Francia. Deposición do rei absoluto Carlos X e

proclamación da monarquía parlamentaria de Luís Filipe de Orleáns. Levantamento de Bélxica contra o dominio holandés.

• Revolucións de 1848 (A Primavera dos Pobos): Revolución en Francia. Deposición de Luís Filipe de Orleáns e proclamación da

Segunda República. As medidas democráticas que se tomaron impulsaron unha reacción conservadora e o presidente da República, sobriño de Napoleón, proclamará o Segundo Imperio Francés, nomeándose Napoleón III en 1852.

Na Confederación Xermánica os revolucionarios constitúen un Parlamento en Frankfurt, elixido por sufraxio universal.

No Imperio Austríaco houbo revoltas liberais cun carácter nacionalista, con alzamentos en Hungría, Bohemia, Lombardía (Milán) e o Véneto (Venecia).

Page 23: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Page 24: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

6.- A Europa das Nacións6.2 A Unificación de Italia

Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de Piemonte e Sardeña, os Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e algúns territorios (Lombardía, Véneto) incorporados polo Imperio Austríaco.

Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia.

Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro ministro Cavour e o líder militar Garibaldi

Etapas:

1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria. Anexión de Lombardía.

1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios.

Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu conquistar o sur, o Reino das Dúas Sicilias.

1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia

1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia.

1870 Ocupación dos Estados Pontificios e Roma, capital do reino (1871).

Page 25: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Page 26: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

6.- A Europa das Nacións

6.3 A Unificación de AlemañaSituación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade entre os dos máis potentes: Austria e Prusia.Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e nacionalista da revolta de 1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt.

Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von Bismarck, que levará a cabo unha política militarista.

Etapas: 1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca.1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre

Austria os prusianos lideran o proceso unificador e forman a Confederación de Alemaña do Norte.

1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón III na batalla de Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou Imperio alemán. Anexión de Alsacia e Lorena.

Page 27: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Page 28: Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo