Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

39
Lección 1. A prehistoria peninsular

Transcript of Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Page 1: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Lección 1. A prehistoria peninsular

Page 2: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

A Península Ibérica comezou a ser poboada pola especie humana hai aproximadamente un millón de anos. Estes primeiros poboadores víronse condicionados por unhas circunstancias ecolóxicas sensiblemente diferentes ás actuais, pois, en xeral, o clima era moito máis frío pola influencia de catro glaciacións sucesivas.

Contra o décimo milenio a. C. (1 000 000/800 000 a. C.) producíronse cambios notables nas condicións climáticas propias dun período interglacial (holoceno: segunda e última época xeolóxica do período cuaternario que se mantén na actualidade). A subida das temperaturas provocou a ampliación dos bosques mediterráneos e dos atlánticos e o desprazamento da fauna fría (bisonte, reno, cabalo...) dende África cara a Europa central e setentrional.

Page 3: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

GEORGIA

Page 4: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Coma noutras partes do planeta, durante centenares de milenios, os homes primitivos da Península Ibérica mantiveron unhas formas de vida baseadas na existencia dunha organización social colectiva de pequenos grupos nómades que seguían a evolución estacional dos animais que cazaban e das especies vexetais que recollían. No marco destas comunidades depredadoras, non obstante, experimentouse unha lenta pero continua evolución, tanto das súas características biolóxicas (proceso de hominización) coma das técnicas e culturais, o que nos permite distinguir varios períodos:

Paleolítico Inferior (hai 1 000 000-100 000 anos/800 000-90 000 anos). Os restos humanos máis antigos foron localizados en Atapuerca (Burgos), cuns 800 000 anos de antigüidade. A súa análise permitiu lanzar a hipótese de que pertencen a unha nova especie, o Homo antecessor, primeiro poboador de Europa. Fabricaba unha industria lítica baseada en utensilios de grandes dimensións sobre pedras de sílex ou cuarcita talladas dun xeito basto, principalmente cantos traballados unifaciais ou bifaciais. Máis moderno, hai uns 500 000 anos, o Homo heidelbergensis ou preneandertal fabricou as machadas de man (bifaces). A maioría destes restos arqueolóxicos localizouse na Sima dos Ósos (Atapuerca), nas praias elevadas da costa atlántica (Cádiz e Pontevedra) e nos socalcos dos ríos da Meseta (Texo, Manzanares...).

Page 5: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Monofaz

Bifaz

Bifaz Parcial

Page 6: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Paleolítico Medio (hai 100 000-40 000 anos/90 000-35 000). O seu protagonista foi o Homo neanderthalensis (chamado «de Neanderthal»), do que se atoparon numerosos restos fósiles en Bañolas/Banyoles (Xirona), Cova Negra (Alacante) e Cova do Piñar (Granada). A súa maior capacidade intelectual permitiulle elaborar útiles máis diversificados (raspadeiras, denticulados, puntas...), fabricados en ocasións con técnicas complexas de talla que se completaban con pequenos retoques sobre os bordos da peza. Este home xa manifestou un interese cara aos rituais funerarios ao enterrar os seus mortos.

Mandíbula de Bañolas/Banyoles

Page 7: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Paleolítico superior (hai 40 000-10 000 anos/35 000-5 000 anos).

Neste período xurdiu unha nova especie, o Homo sapiens (chamado «de Cromagnon »), de características moi semellantes ás nosas, xa que é a especie á que pertencemos. Desenvolveu unha industria lítica moi diversificada, cunha clara tendencia á redución do tamaño das pezas e á aplicación de diversos retoques que permitiron obter pezas moi elaboradas. Ademais da pedra, traballaron a hasta e o óso, cos que se realizaron agullas, azagaias e arpóns. Aparece nesta época o arte rupestre e mobiliar. Destacan os xacementos de Altamira (Cantabria),Tito Bustillo (Asturias) ou Santimamiñe (Vizcaya/Bizcaia).

Covas de Tito Bustillo

Page 8: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

A Península Ibérica conta con numerosas covas e abrigos naturais con pintura e grabados paleolíticos. Sen embargo podemos diferenciar dous tipos diferentes segundo falemos da zona cantábrica ou na zona levantina: Zona Cantábrica:

Arte figurativo levado a cabo maioritariamente en covas onde destacan os animais pintados cunha técnica naturalista.

Para acadar o naturalismo, e polo tanto, efectos de volume e movemento as figuras encóntranse superpostas, pero sen formar escenas, de xeito anárquico.

Son figuras debuxadas en tons ocres e vermellos, delineadas en cor negra.

A máxima representación española e unha das mellores mostras mundiais destas pinturas a atopamos ma Cova de Altamira.

Zona levantina: Sobresaen as pinturas achadas nos abrigos das rocas, ao aire libre,

onde se representan escenas de carácter narrativo (cacerías, danzas rituais, recolección de mil, etc.)

Predominan as figuras humanas, que tenden á esquematización. A cronoloxía das pinturas desta zona é posterior á anterior (10 000-

5 000 a. C) Exemplos importantes: Cogul (Lleida), Albarración (Teruel) o A

Valltorta (Castellón).

Page 9: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Page 10: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Aparecen cara o 5 000 a. C. Con elas iniciouse a produción de alimentos e a elaboración de cerámica e tecidos. O dominio sobre a natureza –mediante a agricultura e o seu desenvovemento e a gandeiría- propiciou o sedentarismo e, polo tanto, o xurdimento das primeiras comunidades estables.

Fases: Neolítico Inicial:

Aparece maioritariamente no Mediterráneo (Costa Valenciana), que conta cos xacementos máis importantes.

Destacan os asentamentos en covas. Desenvólvese a chamada cerámica cardial, caracterizada por

unha decoración lavada a cabo con conchas de molusco (semellante a un berberecho).

Neolítico Pleno: 4 000-3 000 a. C. Os xacementos mais significativos aparecen nas terras fértiles e

ben regadas das zonas chas, onde comezan a construirse poblados.

O máis significativo desta época é a proliferación de sepulturas organizadas en necrópolis.

Page 11: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

NEOLÍTICO INICIAL

Page 12: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Cista con cerámica

NEOLÍTICO PLENO

Cista: monumento megalítico funerario formado por catro pedras planas o laxes, colocadas verticalmente formando un rectángulo. Sobre elas pode colocarse unha pedra horizontal a modo de tapa. No interior depositábanse os restos mortuorios.

Page 13: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

O traballo metalúrxico é a novidade máis significativa entre o 3 000 e o 2 000 a.C:, o que non significa que fose a única.

A metalurxia do cobre: Os primeiros traballos metalúrxicos en cobre

xurden parellos á aparición de megalitismo en zonas como Extremadura ou Andalucía, importantes tanto polo número de megalitos como polo seu tamaño (Menga ou El Romeral). O caso de Los Millares (Almería) é moi significativo, non só polos seus megalitos, senón por tratarse de poboados amurallados, onde atopáronse xunto cos punzóns, coitelos de cobre ou machadas, un novo tipo de cerámica en forma de campá invertida (o vaso campaniforme).

Page 14: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Tumba de Los MillaresAlmería

Page 15: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Vaso campaniforme

Extensión aproximada de la

cultura del vaso campaniforme

Page 16: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

A metalurxia do bronce: Coincide coa aparición da Cultura do Argar en

Almería y una gran parte del sudeste peninsular. Comézase a desenvolver unha estrutura

protourbana (calles estreitas, casas rectangulares, etc.).

Amplíase a xerarquización social entre os pobladores, que podemos apreciar nas tumbas dos xefes de comunidad, onde se encontraron urnas realizadas en materiais ricos e resistentes que nos falan dunha sociedade.

Paralela á Cultura del Argar, desenvólvese a Cultura Talaiótica (Talayótica), propia das Illas Baleares; esta cultura caracterízase, en xeral, por dous elementos: O tamaño das murallas (ciclópeas). A edificación de certas estruturas pétreas, como son:

Os Talaiots (Talayots) As Taulas. As Navetas. Os Trilitos.

Page 17: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

TALAIOT: Tipo de torre defensiva con forma de cono invertido. En ocasións, tiña

planta cuadrada e outras veces circular.

Estos talaiots situábanse de tramo en tramo nas murallas dos poboados.

Page 18: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

TAULA: Mesa de tamaño colosal, de función imprecisa.

Page 19: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

NAVETA: Monumento funerario de forma troncopiramidal, realizado cun aparello bastante regular. No seu interior hai unha cámara destinada ao enterramento colectivo. É habitual que o

interior da naveta conste de tres naves separadas por piares, que sosteñen unha especie de cúpula.

Page 20: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

TRILITO: estructura meglítica formada por dous pedras verticais e unha horizontal sobre elas, moi semellante a un Dolmen.

Page 21: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Tipoloxía dos castros

Os castros xurden a partires do século VII a. C., coincidindo coa introdución paulatina da metalurxia do ferro. Trátase de asentamentos fortificados sobre un outeiro e contan cun difícil acceso.

Castros de interior: Constitúen o tipo máis frecuente e característico. Están situados en colinas ou elevacións prominentes, pero raras veces en cumes altas. Teñen planta circular ou ovalada e contan cunha ou varias murallas. Un exempolo é o Castro de Coaña (Principado de Asturias).

Castros de montaña: Situados en zonas montañosas altas, localízanse nas ladeiras e teñen forma oval, con fosos artificiales polo lado superior e murallas ou terraplenes cara o val. Datan de época romana e están vinculados a explotacións mineiras. Ejemplo: Castro de Vilar, en O Courel.

Castros costeros: Son de planta variada, ainda que adoitan ser redondos ou ovalados, adaptándose ao terreno. As defensas naturais do lado do mar vense complementadas con murallas e fosas cara o interior. Son moi abundantes e un exemplo son os Castros de Baroña.

Page 22: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Castro de Baroña

Castro de Coaña

Page 23: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Castro de Vilar

Castro de Elviña

Page 24: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Castro de Santa Tecla. A Guarda

Page 25: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

La cronología de los pueblos de esta lección abarca todo el primer milenio a. C.

Durante esta etapa, comienzan a aparecer vestigios de escritura, ya no partimos de hipótesis, si no de documentos escritos sobre los diferentes habitantes de la Península Ibérica. Todo ello fue posible gracias a historiadores griegos y romanos que siglos después hablarían sobre ellos. Uno de estos historiadores, Estrabón (I a. C.) fue recogiendo datos transmitidos de forma oral a través de los siglos y plasmándolos en su obra.

Page 26: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Grazas aos historiadores gregos e romanos, somos conscentes da aparición mediante invasións ou colonizacións de diversos pobos, (dende comezos do 1 000 a. C.): Os pobos indoeuropeos (que chegaron a

través dos Pirineos). Os pobos comerciantes mediterráneos.

Page 27: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Os pobos indoeuropeos: As pobos indoeuropeos non só asentaron en Galicia e

Asturias (e a zona cantábrica en xeral), senón tamén en boa parte da Meseta e en Cataluña.

Non trouxeron o ferro á Península, o ferro era moi coñecido antes da súa invasión, o que si ensinaron foi a traballaro, é dicir, a darlle forma a través de altas temperaturas.

Introduciron tamén a Cultura dos Campos de Urnas, que se trataba dunha serie de rituais funerarios consistentes na incineración do cadáver e posterior depósito das cinzas en urnas. A través dos Pirineos, este rito de incineración asentárase primeiro en Cataluña en forma de cerámicas atopadas en covas e, a continuación, expandiuse polo resto da península, considerandose unha verdadeira novidade no ritual funerario peninsular.

Page 28: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Os pobos comerciantes mediterráneos: Toda a zona meridional da Península Ibérica, é dicir, a costa

mediterránea, sempre contou cunha importante reserva de metais (ouro, prata e cobre), de aí que desde a antigüidade fose un enclave básico na competición comercial das vilas mediterráneos.

Os fenicios, procedentes da zona do Líbano, serían os primeiros pobos mediterráneos en chegar (finais 2 000 a. C.) e fundarían colonias no sur da Península, como Gadir (actual Cádiz).

Os gregos, a continuación (s. VIII a. C.), fundarían o enclave comercial de Emporion/Ampurias, en Girona.

Por último, chegarían os cartaxineses, oriúndos de Cartago (actual Túnez), unha colonia fenicia que, continuando o labor colonizadora dos fenicios, fundaron colonias tan célebres como Ebusus/Eivisa (actual Ibiza) ou Cartago Nova (actual Cartagena).

Page 29: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Os Tartessos: Tantos historiadores gregos como a propia Biblia, falan

dunha vila situada ao sur da península, coñecido por Tartessos; concretamente comprendería o triángulo formado polas actuais provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz (sudoeste).

Poderíase considerar “Tartessos” como a aculturación das xentes indíxenas por parte dos fenicios.

Continuando o interese das vilas mediterráneas polo comercio do metal peninsular (dedicábanse á explotación das minas de ouro, prata e cobre), os Tartessos trataron de controlar a ruta atlántica do estaño, de aí que aínda agora podamos seguir descubrindo importantes tesouros realizados nese metal, como o de Aliseda, en Cáceres.

Cara o século VI a. C., Tartessos comezou a debilitarse ata desaparecer como consecuencia do dominio cartaxinés, que intentou adueñarse do comercio da zona e impediu os intercambios polo Estreito de Xibraltar, o principal punto de saída do metal das minas onubenses.

Page 30: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Page 31: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

RUTA DOS PETROGLIFOS DE CAMPO LAMEIRO. PONTEVEDRA

Page 32: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

OS PRIMEIROS POBOADORES DE GALICIA As primeiras evidencias da

presenza humana en Galicia remóntanse ao Paleolítico Inferior e, máis concretamente, dentro dunhas datas que abranguen desde hai 700 000 anos ata hai 120 000. En Galicia viviron pequenos grupos humanos dispersos por todo o territorio, pero fundamentalmente na zona costeira e nas ribeiras dos ríos. Os xacementos onde abondan máis achados arqueolóxicos son: do Paleolítico Inferior, o depósito das Gándaras de Budiño (O Porriño, Pontevedra); do Paleolítico Medio, o de Toén (Ourense); e do Paleolítico Inferior, o da Cova da Valiña, en Castroverde, e Pena Grande de Bordelle, en Villalba, ambos en Lugo

Page 33: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Homo Australophitecus

Homo HabilisHomo Ergaster

Page 34: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Homo Antecessor ou explorador: Chegou á Serra de Atapuerca (Burgos) hai

800.000 anos (Pleistoceno inferior) procedente de África.

Nos anos 90 do século XX descubríronse no Xacemento Gran Dolina os primeiros restos, formados por unhas 200 pezas de industria lítica e ata 86 fragmentos de fósiles humanos.

Tiña unha altura media de 1.70 m. Aún non coñecía o lume, polo que comía

carne crúa. Recentes investigacións demostraron que era caníbal.

Estos restos humanos de Atapuerca constitúen os máis antigos de Europa Occidental.

Page 35: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Serra de Atapuerca. Burgos

Imaxe de cráneo de Homo AntecessorAtopado na Gran Dolina

Page 36: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Co nome de Homo Anteccesor indícase que esta línea evolutiva foi a antecesora común de dous grupos humanos: Unha línea evolucionou cara ol Homo

Heidelbergensis (350.000 años), que máis tarde daría lugar al Homo Neanderthalensis.

A outra línea evolucionou cara o Homo Sapiens Sapiens, que constitúe a humanidade actual que nalgún momento conviviu cos Neanderthalensis.

Polo tanto, o Homo Antecessor é o último ancestro común entre os seres humanos e os neandertais.

Page 37: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Homo Heidelbergensis:

Na mesma Serra de Atapuerca, concretamente no xacemento arqueolóxico coñecido como como Sima dos Ósos identificaronse 32 restos humanos pertencentes a esta especie.

Tanto ésta como a sua especie sucesora (home de Neandertal) se caracterizaban por:

Aspecto robusto. Cellas prominentes. Frente fuxidía. Grandes mandíbulas.

Cráneo número 5 da Sima dos Ósos, tal como apareceu na campaña de 1992, en campañas posteriores exhumouse a mandíbula

Page 38: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Escavacións no depósito de Gran Dolinadurante a campaña de 2008.

A escavación en curso da parte superior correspóndese co nivel estratigráfico TD-10, no cal identificouse un acampamento de Homo Heidelbergensis.

Na parte inferior, debaixo dos taboleiros, obsérvase a unha arqueóloga con sudadera vermella que excava o nivel TD-6, onde apareceron os restos de Homo antecessor.

Page 39: Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores

Páxinas Web de Interese

- “Guía de monumentos megalíticos de España”: http://iris.cnice.mec.es/megaliticos/

- “O megalitismo”: http://www.antropos.galeon.com/html/MEGALITICO.htm

- “Pobos antigos de España”: http://www.wellesley.edu/Spanish/SPAN272/restricted/Pueblos.ant.html

- http://www.campolameiro.com/

- http://es.wikipedia.org/wiki/Castros_de_Galicia