Teléfonos - Turismo de Ourense - Ayuntamiento de Ourense€¦ · 8 Ourense cidade da auga | 9...

19

Transcript of Teléfonos - Turismo de Ourense - Ayuntamiento de Ourense€¦ · 8 Ourense cidade da auga | 9...

1Información útil |

Teléfonos de intereseConcello de Ourense 988 38 81 00

Emerxencias 112

Oficina Municipal de Turismo 988 36 60 64

Autobuses urbanos 988 51 06 72

Teletaxi 988 21 00 11

Albergue de peregrinos San Francisco902 332 010

Camping Municipal de Untes988 104 901637 182 147

Hotel Eurostars Auriense (4*)988 234 900

Gran Hotel San Martín (4*)988 371 811

Hotel Francisco II (4*)988 242 095

Hotel NH (4*)988 601 111

Carrís Cardenal Quevedo (4*)988 375 523

Hotel Princess (4*)988 269 538

2 3Información útil |

Horario Instalacións Termais de pagoOs horarios experimentan pequenas oscilacións de verán a inverno

PISCINA DAS BURGAS988 38 81 08termalismo.ourense.esMañás:De martes a domingo: 10:00 - 13:00 Tardes:De martes a domingo:17:00 a 20:00Luns: Pechado por mantemento e limpeza

Horario do Tren das TermasTEMPORADAALTA

Saídas Praza Maior Saídas Outariz

10:00 16:00 11:00 17:00

11:00 17:00 12:00 18:00

12:00 18:00 13:00 19:00

13:00 19:00 14:00 20:00

20:00 21:00

TEMPORADA BAIXA

Saídas Praza Maior Saídas Outariz

10:00 16:00 11:00 17:00

12:00 18:00 13:00 19:00

20:00* 21:00*

*Horario discontinuo (consultar información: 988 510 672)

ESTACIÓN TERMAL DE OUTARIZ988 36 46 50www.termasoutariz.comLuns: 10:00 - 00:00Martes: Pechado por mantemento e limpeza Mércores e Xoves: 10:00 - 00:00Venres e sábado: 10:00 - 02:00Domingo: 10:00 - 00:00Media hora antes do peche da instalación abandoaranse as termas.

ESTACIÓN TERMAL DA CHAVASQUEIRA988 21 48 21www.termaschavasqueira.comMartes a xoves: 9:30 - 23:30Venres: 9:30 – 1:30Sábados e vésperas de festivos: 9:00 – 3:00Domingos e festivos: 9:00 – 23:30Luns: Pechado por mantemento e limpezaMedia hora antes do peche da instalación abandoaranse as termas. termalismo.ourense.es

www.turismodeourense.com

Ourense cidade da auga |4 5

Termalismo de naturezaSeguindo o curso do río Miño, polo paseo peonil da marxe dereita, atopamos os principais mananciais nun treito de 4 quilómetros que se pode realizar a pé, en bicicleta ou no Tren das Termas. O principal atractivo destas instalacións termais é que están na ribeira do río, ao aire libre e rodeadas de vexetación, o que nos permite gozar do contorno mentres nos somerxemos nas piscinas termais.

Ademais do paseo peonil, pódese acceder ás instalacións termais en autobús urbano ou en coche, ata as zonas de aparcamento.

Ourense, cidade da auga Bañada polo caudaloso río Miño e regada por innumerables mananciais de auga termal, a cidade de Ourense ofrece a posibilidade única de tomar un baño de auga quente ao aire libre, rodeados de natureza e historia. As súas augas termais manan á superficie desde as profundidades da terra, onde adquiren as súas propiedades minerais por contacto co substrato granítico do subsolo.

O MUIÑO DA VEIGA

Ourense cidade da auga |6 7

FONTE dO TINTEIrO E FONTE dE rEzA

Fontes de uso gratuíto con augas de mineralización débil que manan a máis de 40º de temperatura. A fonte do Tinteiro está situada a uns 500 metros da Chavasqueira, na marxe dereita do río Miño. A de Reza está na beira esquerda, no denominado Paseo das Ninfas.

O TINTEIROTErMAS dO MUIÑO dA VEIGA

Zona de baño termal situada en plena bacía do río Miño, ao pé dun antigo muíño. Consta de varias piscinas gratuítas adaptadas para o baño e rodeadas dunha ampla área recreativa integrada na natureza. As augas manan a temperaturas de 61ºa 69º. Hai aseos, vestiario, zona wifi e aparcamento.

TERMAS DO MUÍÑO DA VEIGA

ESTACIÓN TERMAL DA CHAVASQUEIRA

TErMAS dA CHAVASQUEIrA

Son as máis próximas ao centro da cidade. Augas de mineralización débil que manan a temperaturas superiores aos 60º e distribuídas en dous espazos:

Estación Termal da Chavasqueira: instalación de pago de estilo xaponés a prezos moi asumibles. Conta con sauna e masaxes, ademais de servizo de restaurante e cafetería. Pecha os luns.Termas gratuítas da Chavasqueira: piscinas naturais adaptadas para o baño. Contan con vestiarios, aseo, aparcamento, aluguer de bicicletas e wifi.

TERMAS GRATUÍTAS DA CHAVASQUEIRA

Ourense cidade da auga |8 9

PASEO TErMAl E TrEN dAS TErMAS

Todas as instalacións termais da marxe dereita do río Miño están conectadas mediante un agradable camiño habilitado para o uso peonil e de bicicletas, rodeado de árbores e con accesos directos ás zonas de baño. O paseo peonil bordea tamén a marxe esquerda do Miño nun percorrido de preto de 20 quilómetros idóneo para a práctica de footing, sendeirismo... Á zona termal tamén se pode acceder no Tren das Termas, que realiza varias viaxes ao día entre a Praza Maior de Ourense e Outariz, con paradas en cada unha das instalacións termais.

PASEO TERMAL

ESTACIÓN TERMAL DE OUTARIZ

TErMAS dE OUTArIz E BUrGAS dE CANEdO

É a zona termal máis extensa, con numerosas pozas adaptadas para o baño nas inmediacións do río Miño. As augas manan a 60º. Consta de varios espazos:

Estación Termal de Outariz: instalación de pago, a prezos moi asumibles, de inspiración xaponesa con piscinas interiores e exteriores, piscinas de chorros, tratamentos de beleza e relaxación… e servizo de restaurante e cafetería. Pecha os martes.Termas gratuítas de Outariz e Burgas de Canedo: piscinas naturais adaptadas para o baño e situadas a escasos metros unha da outra, á beira do río Miño. Hai aseos, vestiarios, bar e punto de información.Todas estas termas, tanto as gratuítas como as de pago, están localizadas nun atractivo espazo natural e teñen zona de aparcamento á que se accede a través dunha pasarela peonil sobre o río Miño. Cámping municipal de Untes: A só 3.700 metros de Outariz atópase o Camping municipal de Untes, cunha completa oferta de acampada e bungalows, e totalmente adaptado para persoas con mobilidade reducida.

BURGAS DE CANEDO

Ourense cidade da auga |10 11

PISCINA DAS BURGAS

PISCINA dAS BUrGAS

Piscina termal situada nas inmediacións da Fonte das Burgas, a escasos metros do lugar popularmente coñecido como O Fervedoiro dado que auga brota a cachón. Está en plena zona vella, o que nos permite dar un relaxante baño mentres contemplamos o Ourense histórico. Esta instalación pecha os luns para labores de mantemento. Na zona hai un punto de información turística.

Centro de Interpretación das BurgasEspazo adicado á divulgación do patrimonio arqueolóxico termal de Ourense. No seu xardín pódense visitar os restos dunha piscina-santuario do século I d.C adicada ao deus indíxena Revve Anabaraego e as antigas termas romanas. Pecha os luns.

FONTE DAS BURGAS

Termalismo históricoO Termalismo é unha tradición intimamente ligada á historia da cidade. Xa hai dous mil anos que os romanos chamaban a esta cidade Aquis Auriensis debido á abundancia de ouro e augas termais. Da afección dos romanos ao termalismo quedan testemuñas documentais no Museo Arqueolóxico e nas escavacións realizadas no contorno das Burgas, o núcleo histórico da cidade. Actualmente, tamén podemos gozar da experiencia termal en pleno centro histórico:

AS BUrGAS

Mananciais de augas termais situados no centro histórico da cidade. A fonte máis popular é a Burga de Abaixo, emblema da cidade construida polo mestre Trillo a mediados do século XIX. A auga, declarada mineiro-medicinal, mana a 65º.

Ourense antigo |12 13

Ourense antigoCatedral de San MartiñoXunto coa Ponte Vella e as Burgas, a catedral de San Martiño, patrón da cidade, é un das iconas de Ourense co seu Santo Cristo. Construída entre os séculos XII e XIII, é de estilo tardorrománico, con influencias cistercienses. Destacan o seu ciborio gótico e o Pórtico policromado do Paraíso, que reproduce a estrutura do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.

CATEDRAL

Centro históricoFroito dun intenso labor de rehabilitación, o centro antigo da cidade de Ourense loce con esplendor na actualidade. A mellor forma de gozalo é perderse polas súas rúas e prazas e contemplar as fachadas monumentais que as adornan, como a igrexa de Santa Eufemia, a Praza do Trigo -na fachada sur da catedral- ou a Praza Maior, unha singular praza inclinada presidida pola Casa Consistorial e rodeada de soportais onde podemos degustar un aperitivo mentres observamos a súa intensa actividade.

PONTE DO MILENIO

RÍO MIÑO. PONTE VELLA

Ríos e pontesMalia tratarse dunha cidade de interior, o principal atractivo de Ourense radica nas súas augas, non só nas termais senón tamén as dos ríos: o Loña e o Barbaña, acondicionados con paseos que nos permiten gozar serenamente da paisaxe, e o río Miño, que baña a cidade e lle achega un amplo espazo de ocio e lecer.

E sobre o río Miño locen orgullosas as súas pontes, desde a antiga Ponte Vella, de orixe romana e remodelada na Idade Media, ata a innovadora Ponte do Milenio.

Ourense antigo |14 15

PAZO DE OCA-VALLADARES. LICEO

PRAZA DE ABASTOS

Praza de AbastosInaugurada no ano 1935, a praza de Abastos de Ourense, situada nas inmediacións das Burgas, é un lugar digno de visitar non só pola maxestosidade do edificio, senón pola animación diaria deste mercado tradicional.

PRAZA MAIOR

PRAZA DE SANTA EUFEMIA

Berce de grandes escritores como Eduardo Blanco Amor, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco ou José Ángel Valente, a cidade de Ourense foi inspiradora para os grandes movementos literarios galegos, como a Xeración Nós, e conserva espazos moi ligados a esta tradición literaria coma a rúa da Paz ou o Liceo de Ourense, situado no Pazo de Oca-Valladares, un dos monumentos renacentistas máis importantes de Galicia.

Gastronomía e viticultura | 1716

Gastronomía e viticultura Na provincia de Ourense concéntranse catro das cinco denominacións de orixe de viños galegos: O Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e a Ribeira Sacra (compartida con Lugo). A excelencia dos viños ourensáns pode constatarse na cidade, onde a tradición vinícola lle outorga unha intensa animación á zona popularmente denominada Os viños, no centro histórico.

OS VIÑOS DE NOITE

Tanto á noitiña como ao mediodía, as rúas dos viños énchense de xente que aproveita para petiscar nos numerosos bares e restaurantes da zona, expoñentes da elevada calidade culinaria desta cidade galega. O polbo á feira, empanada, carne ao caldeiro, as anguías do río Miño ou o lacón con grelos son algúns dos símbolos desta riqueza gastronómica.

IGREXA DE SANTA MARÍA NAI

Igrexas e convento de San FranciscoA arquitectura eclesiástica invade a zona antiga da cidade con templos de referencia pola súa monumentalidade como a igrexa de Santa María Nai, a de Santa Eufemia ou a da Trindade.

Na parte alta da cidade érguese o convento de San Francisco cun claustro do século XIV que se pode visitar. Construído en estilo románico-gótico , é un dos máis representativos e mellor conservados de Gaicia. Nas inmediacións sitúase o albergue de peregrinos de San Francisco, no Camiño de Santiago.

CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO

De compras por Ourense | 1918

POLBO Á FEIRA

Outra apetecible opción son os restaurantes de alta cociña e de cociña de autor, distribuídos por toda a cidade e área metropolitana.

De compras por Ourense A tradición téxtil na provincia de Ourense, con deseñadores internacionalmente coñecidos como Kina Fernández, Adolfo Domínguez ou Roberto Verino, ten o seu máximo expoñente na cidade, onde podemos atopar as máis importantes firmas de roupa e calzado en rúas peonís como a rúa do Paseo, Lamas Carvajal ou Santo Domingo, nas que podemos gozar dun agradable paseo mentres contemplamos os escaparates cos modelos máis exclusivos.

RÚA DO PASEO

Pero Ourense, unha cidade que soubo combinar como poucas tradición e modernidade, tamén nos reserva espazos para a nostalxia e a produción artesá, con tendas especializadas en produtos tradicionais, gourmet e artesanía, como a rúa Colón, tamén coñecida como a rúa dos Artesáns.

RÚA COLÓN

Cultura, festas e espectáculos | 20 21

MUSEO MUNICIPAL

Cultura, festas e espectáculosMuseos e salas de exposicións Museos, salas de exposicións e galerías privadas de arte espállanse por toda a cidade, principalmente no centro antigo, con lugares emblemáticos da vocación artística dos ourensáns coma o Museo Municipal, Centro Cultural Márcos Valcárcel, o Centro Social Afundación, o Centro Municipal Ángel Valente ou o Museo Arqueolóxico, testemuña do rico pasado histórico da cidade.

CENTRO CULTURAL MÁRCOS VALCÁRCEL E XARDÍNS DE PADRE FEIJÓO

MUSEO ARQUEOLÓXICO

AUDITORIO MUNICIPAL

Cultura, festas e espectáculos | 22 23

TEATRO PRINCIPAL

Espectáculos A oferta cultural de Ourense complétase cunha variada axenda de concertos, teatro e espectáculos en dúas salas de referencia: o Teatro Principal e o Auditorio Municipal.

AUdITOrIO MUNICIPAl

Inaugurado en 2005, o Auditorio Municipal de Ourense é un moderno edificio situado nun emprazamento privilexiado, a escasos metros do núcleo histórico e do centro urbano e con vistas panorámicas á cidade. Acolle concertos, teatro, exposicións, congresos e proxeccións de cine.

TEATrO PrINCIPAl

É un pequeno e acolledor teatro construído no ano 1830 seguindo un modelo italiano, a cabalo entre o barroco e o romanticismo. A súa estratéxica situación, na zona vella da cidade, e a súa intensa actividade convérteno nun dos lugares máis representativos da oferta cultural da cidade.

CINES E CAFéS CONCErTO

Ademais da oferta pública, en Ourense atopamos numerosos cafés e pubs con axenda de concertos, contacontos e outras propostas culturais que abranguen desde o jazz ata música tradicional e grupos revelación do panorama actual.

Para os afeccionados ao cine, o Centro Comercial Ponte Vella ofrécenos a posibilidade de ver as últimas novidades da carteleira ao tempo que realizamos unhas compras ou nos detemos nos seus restaurantes e cafeterías.

Feiras Os días 7, 17 e 26 de cada mes, organízase na cidade a feira tradicional, cos máis variados e coloristas postos de venda. No Campo da Feira,

unha moderna instalación á beira do río Miño, no contorno da Chavasqueira, podemos degustar os clásicos polbo á feira, carne ao caldeiro ou churrasco.

Cultura, festas e espectáculos | 24 25

E no recinto feiral de Expourense podemos asistir a un completo calendario de feiras e mostras entre as que destacan a Feira Internacional do Turismo Termal, Termatalia, ou Xantar, unha feira especializada en gastronomía na que se dan cita restaurantes de toda a península.

FestasO ENTrOIdO

Coma en toda a provincia de Ourense, o Entroido é unha das festas máis arraigadas e de maior sona da cidade. A celebración esténdese desde o sábado ata o martes de Entroido, declarado festivo local. O mércores festéxase o Enterro da Sardiña, o acto de despedida do Entroido.

O ENTROIDO

OS MAGOSTOS

O día de San Martiño (11 de novembro) tamén é festivo local en Ourense, por tratarse do patrón da cidade. Celébranse Os Magostos unha festa de altísima participación entre a cidadanía local que consiste en subir ao monte e asar castañas, chourizos, churrasco…

Unha festa de exaltación dos produtos de outono que tamén se celebra nas vivendas particulares e magostos urbanos organizados por asociacións de veciños e polo Concello de Ourense, con animación musical.

OS MAGOSTOS

Cultura, festas e espectáculos | 26 27

FESTAS GRANDES. MERCADO MEDIEVAL

OUTrAS FESTAS

No mes de xuño celébranse as Festas Grandes de Ourense. Máis dunha semana de celebracións con concertos, casetas gastronómicas, mercado medieval e atraccións para os máis cativos.

O acto máis peculiar é a Batalla das Flores, con desfile de carrozas. Tamén acolle importantes citas deportivas coma o Rallye de Ourense.

A maioría dos barrios e parroquias festexan ademais as súas propias festas locais como as Festas de Santiago, no barrio da Ponte, ou as de Fátima, no Couto, onde se realiza unha multitudinaria procesión nocturna na honra da virxe de Fátima.

OS MAIOS

OS MAIOS

Intimamente ligada á natureza, a cidade de Ourense non só celebra o outono, cos magostos, senón tamén a primavera, coa festividade dos Maios, declarada de Interese Turístico Nacional. Os veciños da cidade elaboran grupos escultóricos con vexetación autóctona (musgo, flores…) e recitan “coplas” compostas por eles mesmos.

Cultura, festas e espectáculos | 28 29

TEATrO

Cunha das compañías teatrais máis dinámicas do país, Sarabela Teatro, a cidade de Ourense tense convertido nun referente do mundo escénico. Os seus principais expoñentes son a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario), a MOTI (Mostra de Teatro Infantil) e FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense)

MúSICA

Trasladado a Ourense no ano 2011, o Derrame Rock e xa unha das citas estivais máis concorridas da cidade con grandes estrelas do rock nacional como Rosendo, Los Enemigos, Sepultura ou o grupo local máis emblemático: Los Suaves.

O jazz é outro dos grandes referentes de Ourense, que cada ano acolle o Festival de Jazz de Primavera. A música clásica e a música de cámara tamén teñen o seu espazo nos certames Enclave de Cámara e no Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, que se creou en 2008 para traer a Ourense a grandes grupos e solistas utilizando como salas de concertos lugares tan emblemáticos como a catedral, o Liceo ou as igrexas de Santa María Nai e Santa Eufemia.

Festivais CINE E FOTOGrAFíA

Unha das máis importantes citas culturais da cidade é o Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF, que presenta anualmente unha selección das producións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia, Europa, América Latina e o resto do mundo entre longametraxes, documentais, curtametraxes, filmes de animación...

Para os afeccionados á fotografía cada ano organízase o Outono Fotográfico, con exposicións en distintas salas e locais da cidade.

OUFF

DERRAME ROCK

Cultura, festas e espectáculos | 29

Parques e xardíns | 30 31

Fóra da cidade, pero a escasos quilómetros, atopamos o Parque Forestal de Montealegre e o conxunto arqueolóxico de Santomé, en Mende, onde podemos observar os restos dun castro e dun asentamento galaico-romano, todo rodeado de carballos, érbedos e outra vexetación autóctona que o converte nunha zona idónea para o sendeirismo.

Parques e xardínsAdemais das ribeiras dos ríos Miño, Loña e Barbaña, acondicionadas como zonas verdes, a cidade de Ourense conta con numerosos espazos axardinados e con zonas de ocio infantil coma O Posío, creado no ano 1846 como xardín botánico. O Parque Miño, o do Barbaña ou o céntrico Parque de San Lázaro son outros lugares idóneos para un descanso en pleno centro urbano.

XARDÍN DO POSÍO

32