Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura...

11
DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA GALEGA OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA Web consellodacultura.org Twitter: @consellocultura Facebook: facebook.com/consellocultura Correo: [email protected] Telf: +34 981 95 72 02 16/09/2014 Televisión e radio en Galicia Introdución Nos últimos anos os xeitos de consumo dos medios de comunicación están a experimentar unha muda significativa, sobre todo polo aumento do uso de internet de forma cotiá. O impacto da rede é diferente no tipo de medio do que se trate. Ademais, as diferenzas demográficas ou socioeconómicas da estrutura poboacional galega tamén inflúen no uso da radio ou a televisión ao igual que variables como a idade, por exemplo. A televisión experimentou unha evolución considerable nos últimos anos debido aos avances tecnolóxicos coa introdución da TDT, as canles temáticas, a introdución de 3D ou a televisión por internet, por poñer algún exemplo, que fai que o consumo televisivo se manteña ou mesmo se incremente. O cesamento da televisión analóxica en 2010 produciu un xiro importante na oferta televisiva. En Galicia o proceso de transición da televisión analóxica á televisión dixital levouse a cabo en 2010. Ao igual que sucede coa televisión, a oferta de radio tamén se ven incrementando nos últimos vinte anos, sobre todo a partir do ano 2000 no que aumentaron considerablemente o número de estacións de radio por internet. Na actualidade a porcentaxe de oíntes de radio en Galicia acada un 61,38%. A televisión A TDT supuxo unha oferta moito máis ampla de programación televisiva, o que fixo que mudaran os hábitos da poboación galega con respecto a este medio. En 2014, en execución dunha sentenza do Tribunal Supremo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo procedeu ao corte do sinal de 9 canais. O ano anterior deixara de emitir en Galicia Popular Televisión No tocante ao hábito de ver televisión, en 2010-2011 o 96,6% da poboación galega ve televisión e o 92,3% di que a ve todos os días. A porcentaxe dos que adoitan ver televisión diminuiu lixeiramente con respecto a 2006-2007 (97,6%). En canto ao tempo que se dedica a ver a televisión, temos estes datos.

Transcript of Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura...

Page 1: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

Web

consellodacultura.org

Twitter: @consellocultura

Facebook:

facebook.com/consellocultura

Correo: [email protected]

Telf:

+34 981 95 72 02

16/09/2014

Televisión e radio en Galicia

Introdución

Nos últimos anos os xeitos de consumo dos medios de comunicación están a experimentar unha muda significativa, sobre todo polo aumento do uso de internet de forma cotiá. O impacto da rede é diferente no tipo de medio do que se trate. Ademais, as diferenzas demográficas ou socioeconómicas da estrutura poboacional galega tamén inflúen no uso da radio ou a televisión ao igual que variables como a idade, por exemplo.

A televisión experimentou unha evolución considerable nos últimos anos debido aos avances tecnolóxicos coa introdución da TDT, as canles temáticas, a introdución de 3D ou a televisión por internet, por poñer algún exemplo, que fai que o consumo televisivo se manteña ou mesmo se incremente.

O cesamento da televisión analóxica en 2010 produciu un xiro importante na oferta televisiva. En Galicia o proceso de transición da televisión analóxica á televisión dixital levouse a cabo en 2010.

Ao igual que sucede coa televisión, a oferta de radio tamén se ven incrementando nos últimos vinte anos, sobre todo a partir do ano 2000 no que aumentaron considerablemente o número de estacións de radio por internet.Na actualidade a porcentaxe de oíntes de radio en Galicia acada un 61,38%.

A televisión

A TDT supuxo unha oferta moito máis ampla de programación televisiva, o que fixo que mudaran os hábitos da poboación galega con respecto a este medio. En 2014, en execución dunha sentenza do Tribunal Supremo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo procedeu ao corte do sinal de 9 canais. O ano anterior deixara de emitir en Galicia Popular Televisión

No tocante ao hábito de ver televisión, en 2010-2011 o 96,6% da poboación galega ve televisión e o 92,3% di que a ve todos os días. A porcentaxe dos que adoitan ver televisión diminuiu lixeiramente con respecto a 2006-2007(97,6%). En canto ao tempo que se dedica a ver a televisión, temos estes datos.

Page 2: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

2

Nº de minutos dedicados a ver a televisión en Galicia

Unidade: Media de minutos diarios por persoas

2009 2010 2011 2012 2013/2014

193 202 207 212 197

Fonte: Elaboración propia a partir de SGAE: Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales 2013 e Estudio General de Medios (outubro de 2013 a maio de 2014)

Aquí observamos que mentres no ano 2008 o tempo medio dedicado a ver a TV por persoa mantense algo por enriba das 3 horas diarias, en 2012 o tempo diario aumenta 20 minutos diarios para volver baixar no último período de referencia.

A audiencia da televisión en Galicia, ao igual que no conxunto do estado, escolle Tele 5 comocadea máis vista, seguidas da TVG, Antena 3 e La1. As televisións locais e V televisión suman un escaso 1%.

Share da televisión en Galicia (outubro de 2013 a maio de 2014)

Total nacionais 60,3

La1 11,2La2 1,7Antena 3 13,5Tele 5 19,2Cuatro 6,0La Sexta 8,6Total autonómicas 15,2Autonómicas 14,7TVG 13,9TVG2 0,8Autonómicas 0,5V Televisión 0,5Temáticas 23,9Temáticas pago 3,4Resto temáticas 20,5Total locais 0,5Resto cadeas 0,1

Fonte: Estudio General de Medios

A evolución da audiencia da principal cadea autonómica amosa un descenso nos últimos anos e unha tendencia a que os peores resultados se obteñan na primeira onda do EGM. No pico da serie e durante gran parte do 2008, a TVG era líder de audiencia en Galicia. Tamén foi a cadea máis vista na segunda onda de 2010. O resto do tempo, as cadeas máis vistas foron La 1 e Tele 5.

Page 3: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

3

Evolución do share das principais cadenas de televisión que emiten en Galicia

Fonte: Estudio General de Medios

A partir do anuario da SGAE de 2013, podemos tamén observar o perfil de audiencia da TVG por sexo, idade, clase social e hábitat. Segundo estes datos vemos unha evolución do perfil da audiencia da TVG moi interesante. Observamos que en 2012 aumenta a porcentaxe de mulleres que ve a TVG, que supera o 58%. Outro dato interesante é que aumenta en audiencia o grupo de idade de máis de 65 anos, que supero o 46% do total. A porcentaxe a audiencia infantil e xuvenil é moi reducida. No tocante ao hábitat, o máis significativo é que onde máis audiencia ten a TVG é nas vilas pequenas de menos de 10.000 habitantes.

Outro aspecto que cómpre salientar está relacionado cos contidos televisivos que ofrecen as televisións. Se observamos os datos dunha cadea de televisión pública de ámbito nacional, de tipo xeralista, como pode ser a TVE1 e a comparamos coa cadea de televisión pública galega, obtemos o seguinte reparto das achegas de cada xénero televisivo á audiencia destas cadeas.

Contribución dos xéneros televisivos á audiencia das cadeas en % do seu tempo de programación

2010 2012

TVE1 TVG TVE1 TVG

Información 38,6% 39,6% 35,4% 42,0%

Ficción 35,4% 26,9% 29,6% 16,6%

Cultural 9,6% 7,2% 9,1% 7,8%

Miscelánea 9,7% 9,9% 13,6% 17,9%

0

5

10

15

20

25

30

2006

2007

2008

2009

2010

2011

2012

2013

2014

TVG LA1 ANTENA 3 TELE 5

Page 4: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

4

Deporte 5,6% 3,1% 10,5% 2,5%

Concurso 0,2% 2,9% 0,2% 3,8%

Musical 0,6% 9,4% 1,1% 8,9%

Infoshow 0,3% 0,5% 0,2% 0,1%

Relixioso 0,0% 0,3% 0,0% 0,4%

Touros 0,1% 0,0% 0,2% 0,0%

Programa venda 0,0% 0,0% 0,0% 0,0%

Outros 0,0% 0,0% 0,1% 0,0%

Fonte: SGAE: Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales 2013

Os programas informativos son os que máis tempo ocupan na programación da TVG, seguidos dos de ficción, aínda que estes últimos experimentan un descenso importante en 2012 con respecto ao ano 2010, o contrario que acontece cos programas informativos, que superan aos programas deste xénero na TVE1.

Radio

Un 61,38% dos galegos escoita a radio. Aínda que o número de oíntes se sitúa 2 puntos porcentuais por debaixo da media, Galicia con case millón e medio (un 5,9% do total) ocupa a quinta posición respecto ao conxunto de ouvintes das comunidades autónomas que suman máis25 millóns de oíntes. Á cabeza Andalucía, Cataluña, Madrid e a comunidade valenciana; e pola cola Cantabria, Navarra e A Rioxa. A seguinte táboa amosa os datos descritos.

Porcentaxe de oíntes de radio en Galicia respecto ao total España, por comunidadesautónomas. De luns a domingo. Período outubro 2013-maio 2014

Poboación

Número total de oíntes

Porcentaxe respecto á poboación

Porcentaxerespecto ao total de oíntes

Total España 39.680.000 25.277.000 63,70 100Andalucía 7.098.000 4.118.000 58,02 16,29Cataluña 6.269.000 3.849.000 61,40 15,23Madrid (Comunidade de) 5.421.000 3.394.000 62,61 13,43Comunidade Valenciana 4.236.000 2.442.000 57,65 9,66Galicia 2.442.000 1.499.000 61,38 5,93Castela e León 2.213.000 1.442.000 65,16 5,7País Vasco 1.874.000 1.222.000 65,21 4,83Canarias (Comunidade de) 1.809.000 1.083.000 59,87 4,28Castela-A Mancha 1.779.000 1.045.000 58,74 4,13Murcia (Rexión de) 1.212.000 733.000 60,48 2,9

Page 5: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

5

Aragón 1.153.000 706.000 61,23 2,79Asturias (Principado de) 951.000 619.000 65,09 2,45Estremadura 952.000 593.000 62,29 2,35Baleares (Illas) 944.000 587.000 62,18 2,32Cantabria 512.000 349.000 68,16 1,38Navarra (Comunidade Foral de) 542.000 345.000 63,65 1,36Rioxa (A) 272.000 168.000 61,76 0,66

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

A variable idade inflúe de xeito notable no índice da audiencia radiofónica; os galegos máis xoves son os menos interesados por este medio. A continuación pódese comprobar que afranxa de idade que menos escoita a radio é a comprendida entre os 14 e os 24 anos. A maior audiencia ven da man dos oíntes de entre 35 e 44 anos.

Porcentaxe de oíntes de radio en Galicia segundo idade

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Case o 93% dos oíntes galegos optan pola FM, mentres OM e Radio por Internet están practicamente igualadas; No conxunto estatal a radio ‘on line’ sitúase 1,3 puntos porcentuaispor riba da OM.

Audiencia xeral de radio en Galicia, segundo canle.(último período/ola: outubro 2013-maio 2014)

España Porcentaxe Galicia PorcentaxeTotal poboación1 39.680.000 - 2.442.000 -Total radio 25.277.000 - 1.499.000 -

Radio OM 1.178.000 4,7 65.000 4,3Radio FM 23.289.000 92,1 1.392.000 92,9

1 O universo do EGM está constituído pola poboación de 14 ou más anos residentes en fogares unifamiliares

14 a 19 anos6%

20 a 24 anos6%

25 a 34 anos16%

35 a 44 anos22%45 a 54 anos

17%

55 a 64 anos14%

65 e máis anos19%

Page 6: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

6

Radio Internet 1.520.000 6,0 61.000 4,1Radio TDT 343.000 1,4 21.000 1,4

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Un 95,3% dos galegos que elixen emisoras temáticas fano para escoitar música. Aspreferencias dos oíntes entre as radios xeneralistas e as temáticas son moi similares na comunidade galega, mentres que no total de España sintonízanse máis as cadeas de carácter temático (case cinco puntos porcentuais por riba de Galicia)

Audiencia xeral de radio en Galicia e España, segundo contido(último período/ola: outubro 2013-maio 2014)*

España Porcentaxe Galicia PorcentaxeTotal oíntes de radio 25.277.000 - 1.499.000 -Total Xeneralista 11.980.000 47,1 771.000 51,4Total Temática 15.611.000 61,5 856.000 57,1

Temática musical 14.563.000 57,3 816.000 54,4Temática informativa 1.295.000 5,0 54.000 3,6

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Coruñeses e pontevedreses suman o 76% da audiencia de radio en Galicia, mentres que entre os ourensáns e os lugueses só acadan o 24% desta. Esta fonda distancia entre as catro provincias galegas, fai entrever que non só se debe ao gusto por escoitar a radio, senón tamén a posibles carencias técnicas ou de infraestruturas nas canles, tanto en Lugo como en Ourense.

Porcentaxe de oíntes de radio en Galicia segundo provincia

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Nas dúas táboas seguintes expóñense os datos da audiencia galega por provincias, segundo ou ben polo tipo de frecuencia ou canle que escoitan ou polo contido das emisoras. Así, vese como, por exemplo, os oíntes da Coruña e de Lugo, prefiren escoitar a radio a través de Internet, ou como os pontevedreses son os que menos radio de temática informativa escoitan.

A Coruña40%

Lugo12%

Ourense12%

Pontevedra36%

Page 7: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

7

Audiencia xeral de radio en Galicia por provincias, segundo canle. Promedio diario de luns a domingo. (último período/ola: outubro 2013-maio 2014)

Radio OM Radio FM Radio Internet Radio TDT

A Coruña 37,8 39,9 46,5 46,2Lugo 9,6 11,8 16,3 6,7Ourense 14,2 11,9 8,3 11,7Pontevedra 38,4 36,4 28,8 35,3

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Audiencia xeral de radio en Galicia por provincias, segundo contido. Promedio diario de luns a domingo. (último período/ola: outubro 2013-maio 2014)

Xeneralista Temática Temática musical

Temática informativa

A Coruña 39,6 41,2 41,3 51,2Lugo 13,0 10,7 10,3 13,0Ourense 12,0 11,7 11,7 14,1Pontevedra 35,3 36,4 36,8 21,7

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Cadena Ser é a emisora líder das cadeas xeneralistas nas ondas galegas. Un 44,4% dos galegos que escoitan de luns a domingo este tipo de emisoras elixen a Ser; séguena Cope, Radio Galega e Onda Cero. Respecto ás emisoras de temática musical, aínda que en primeiro lugar se sitúa Cadena 40, acompáñaa moi de cerca Cadena 100; entre as dúas acadan o 49,4% dos oíntes de música en Galicia, de luns a domingo. Na seguinte táboas amósanse estes datos.

Ránking de cadeas por tipo de emisión en Galicia. (último período: outubro 2013-maio 2014) (unidades: milleiros)

Luns a venres Luns a domingoTotal Porcentaxe Total Porcentaxe

Total ouvintes 1.553 63,6 1.499 61,4Total xeneralista 786 32,2 771 31,6

Ser 349 14,3 342 14,0Radio Galega 158 6,5 146 6,0Cope 145 5,9 151 6,2Onda Cero 124 5,1 110 4,5RNE 64 2,6 65 2,7Radio Voz 55 2,3 46 1,9

Total temática 897 36,7 856 35,1Temática musical 854 35,0 816 33,4

C40 217 8,9 217 8,9C100 197 8,1 186 7,6EuropaFM 125 5,1 117 4,8Rock FM 108 4,4 100 4,1

Page 8: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

8

Dial 102 4,2 98 4,0M80 36 1,5 34 1,4Kiss FM 35 1,4 31 1,3Rne R3 33 1,4 34 1,4Radio Galega Música 19 0,8 15 0,6Máxima FM 16 0,6 15 0,6

Temática informativa 66 2,7 54 2,2R5tn 30 1,2 25 1,0Radio Marca 25 1,0 20 0,8

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Nesta mesma liña, ao enumerar as emisoras máis escoitadas en Galicia aparece en primeiro lugar a Radio Galega seguida de Radio Vigo FM da Cadea SER. Isto débese a que neste índicea Cadea Ser non está incluída como un ‘todo’ senón que vanse incorporando cada unha das frecuencias que esta emisora ten emprazadas polo territorio galego; de aí que a Radio Galega encabece o listado, tal e como se pode observar na seguinte táboa na que se recollen as vinte e unha primeiras emisoras segundo o número de oíntes.

Ránking de emisoras máis escoitadas en Galicia

Emisoras Número de ouvintes Porcentaxe1 R. Galega Fm Rgal 144.000 5,92 R. Vigo Fm Ser 71.000 2,93 Vigo Fm C40 56.000 2,34 R. Coruña Fm Ser 56.000 2,35 R1/RNE Fm Rne1 55.000 2,36 R. Pontevedra Fm Ser 49.000 2,07 Rias Altas Fm C100 48.000 2,08 Generico Rock FM Fm RockFm 48.000 1,99 Orense Fm C100 46.000 1,9

10 La Coruña Fm C40 43.000 1,811 La Coruña/Ferrol Fm EuropaFM 39.000 1,612 Vigo Fm EuropaFM 36.000 1,513 Vigo Fm Cdial 36.000 1,514 Santiago Fm C100 (O) 33.000 1,415 R. Galicia Fm Ser 95.2 31.000 1,316 R3/RNE Fm Rne3 30.000 1,217 Vigo Fm Kiss FM 30.000 1,218 Pontevedra Fm C40 29.000 1,219 Pontevedra Fm Ocr (OO) 27.000 1,120 Lugo Fm C100 26.000 1,121 40 Principales Santiago Fm C40 25.000 1,0

Fonte: EGM. Estudio General de Medios

Page 9: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

9

Magnitudes transversais

En Galicia un 99,7% da poboación dispón no fogar de equipamentos nos que pode ver televisión, a mesma porcentaxe ca no conxunto de España. Os equipamentos de son para escoitar radio están presentes en case todos os fogares. Concretamente no período 2010-2011un 91,3% da poboación española dispón deste equipamento no seu fogar. No caso de Galicia, esta porcentaxe é algo superior á do conxunto de España (93,3%). Porén este tipo de dispositivos ten una presenza cada vez menor, xa que tanto no conxunto de España como en Galicia a porcentaxe de fogares que dispoñen deste equipamento diminuiu con respecto ao período 2006-2007.

No tocante á evolución de gasto medio por fogar en Galicia no subgrupo de gasto “Outros bens e servizos: soporte a rexistro de son, imaxe e datos”, vemos que se reduciu aproximadamente nun terzo entre 2008 e 2012, ata chegar á cifra de 20,6 millóns de euros. Nesta gráfica obsérvase a evolución do gasto medio por fogar neste concepto en Galicia en comparación co conxunto de España, no que a caída é sensiblemente menor. Este descenso é proporcionalmente maior ao conxunto do gasto de consumo cultural, que no mesmo período supón un -21% en Galicia e un -16% en España.

Gasto medio por fogar (euros) en equipamentos de soporte de rexistro, imaxe e son

Fonte: INE. Encuesta de Presupuestos familiares. Base 2006

No mercado laboral da radio e a televisión entre outubro de 2008 e xuño de 2014 acontratación sube ata finais de 2011, momento a partir do cal descende de forma importante.En calquera caso, é unha rama de actividade que se comporta de modo diferente ao conxunto do emprego. Se entre xaneiro de 2008 e decembro de 2011 o total das afiliacións á seguridade social descenderon un 10,6% en Galicia, no sector da radio e a televisión o emprego creceu un

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

2008 2009 2010 2011 2012

España Galicia

Page 10: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

10

15%. En cambio, dende esa data ata xuño de 2014, o descenso das afiliacións neste sector é moi superior ao do conxunto do mercado laboral. Porén, en conxunto, o sector perde menos afiliacións (-7,6%) que o total de empregados (-14,1%) en todo o período estudado.

Evolución da afiliación mensual de traballadores á SS na rama 60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social

A maioría dos empregados no sector son traballadores por conta allea concentrados na provincia da Coruña (81%).

Ao fío da ocupación laboral, pasamos a analizar o marco empresarial deste ámbito. Entre 2009 e 2013 pecharon 7 empresas dedicadas á radiodifusión e unha a actividades de programación y emisión de televisión en Galicia. Esta tendencia é semellante en España no referido á radio e bastante mellor no que respecta á televisión.

Empresas de Actividades de programación y emisión de radio y televisión

2009 2010 2011 2012 2013

España

Actividades de radiodifusión 1.235 1.138 1.137 1.140 1.076

Actividades de programación y emisión de televisión 1.153 955 938 882 885

1300

1350

1400

1450

1500

1550

1600

1650

1700

1750

180020

09

2010

2011

2012

2013

2014

Page 11: Televisión e radio en Galicia - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2014... · TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA DATOS & INFORMES CONSELLO DA CULTURA

TELEVISIÓN E RADIO EN GALICIA

DATOS & INFORMES

CONSELLO DA CULTURA

GALEGA

11

Galicia

Actividades de radiodifusión 46 36 37 39 39

Actividades de programación y emisión de televisión 43 38 37 37 42

Fonte: INE. Directorio Central de Empresas

O 69% das empresas de radiodifusión son pequenas (0 a 5 asalariados). Algo semellante ao que sucede coas empresas de televisión, nas que 6 de cada 10 teñen este tamaño.

Conclusións

O 96,6% da poboación galega ve televisión. A media é de máis de tres horas diarias por persoa. A audiencia da televisión en Galicia, ao igual que no conxunto do estado, escolle Tele 5 como cadea máis vista, seguidas da TVG, Antena 3 e La1. As televisións locais e V televisión suman un escaso 1%.

A nosa comunidade autónoma, con case millón e medio de oíntes de radio, un 61,4% da súa poboación, ocupa a quinta posición (cun 5,9% do total nacional) respecto ao conxunto de ouvintes das comunidades autónomas. A maior audiencia ven da man dos oíntes de entre 35 e44 anos. Coruñeses e pontevedreses suman o 76% da audiencia de radio en Galicia.

Malia que hai unha televisión e unha radio en practicamente todos os fogares de Galicia, o gasto neste tipo de soportes tende á baixa, chegando aos 20,6 millóns de euros en 2012.

O mercado laboral do sector da radio e da televisión perde menos afiliacións que o total de empregados entre xaneiro de 2009 e xuño de 2014. Pola súa banda, o número de empresas dedicadas a estas actividades descendeu relativamente pouco nos últimos cinco anos.