Tecnoloxía santiago

3
2011 APETEGA 10 DE XUÑO MÁQUINA DE BAILAR MAN DE LÁTEX INVERNADOIRO VI MOSTRA DE PROXECTOS El correo gallego (venres) El correo gallego (sábado) La voz de Galicia (sábado)

Transcript of Tecnoloxía santiago

Page 2: Tecnoloxía santiago

Mostra de proxectos

A Directiva de Apetega quere

agradecer a tódolos participantes da VI

Mostra de proxectos a súa

colaboración e traballo.

TODO SAÍU BEN, ACOMPAÑOU O TEMPO E O BO AMBIENTE QUE HABÍA NAS RÚAS DE SANTIAGO

Temos que agradecer primeiro de

todo o IES Rosalía de Castro, que

baixo a batuta de Tino fixo que

tivesemos as mesas, TV, ordenadores e

alumnos e alumnas que traballaron

duro para colocar e recoller toda a

montaxe. Tamén ó IES Francisco

Asorey de Cambados e os seus 40

alumnos que fixeron os obradoiros de

látex e Gimp, ó IES de Brión, que

desmontaron, trasladaron e montaron

o seu invernadoiro xeodésico, as

profesoras do IES Valadares cos seus

50 alumnos e as do IES A Cachada de

Boiro pola sua exposición de xoguetes

tradicionais. O IES de Arzúa e o seu

montaxe electronemático, o IES Lamas

de Abade de Santiago e o resto de

compañeiros que se deprazaron ata

Santiago. En xeral a todos os que o

venres so tiveron tempo de comer un

bocadillo.

PROXECTOS

MOITOS PROXECTOS PERMITIRON QUE A XENTE PROBASE O SEU FUNCIONAMENTO E OS SEUS AUTORES TIVERON A OPORTUNIDADE DE EXPLICAR COMO ESTABA FEITO

LÁTEX

COMANDADOS POR RICARDO E ISABEL O OBRADOIRO DE LÁTEX FOI UN ÉXITO, E POUCOS FORON OS QUE MARCHARON SEN A SÚA MAN OU O SEU DEDO FEITO CON LÁTEX, ALGODÓN, MAQUILLAXE E SANGUE ARTIFICIAL.

ARDUINO E LEGO

PROXECTOS CON ARDUINO: BRAZO ROBOTIZADO, ANEMÓMETRO E VELETA, XIRASOL E UN PARKING.

TAMÉN POIDEMOS VER VARIOS LEGOS: BRAZO CON PINZA, SEGUELIÑAS, QUITALATAS E CONTROL DO LEGO A TRAVÉS DO MÓBIL.

Page 3: Tecnoloxía santiago

FOTOS DA MOSTRA