Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque...

28
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Tecnoloxías da Información e da Comunicación 4º ESO CURSO 2020-2021 Profesor: Pablo Argüeso Alejandro Ferrol, setembro de 2020

Transcript of Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque...

Page 1: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

4º ESO

CURSO 2020-2021

Profesor: Pablo Argüeso Alejandro

Ferrol, setembro de 2020

Page 2: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

CURSO 2020-21 EDUCACIÓN SECUNDARIA

CURSO: 4 º E.S.O. MATERIA: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓNE DA COMUNICACIÓN

Índice 1. INTRODUCIÓN...........................................................................................................................2

2. OBXECTIVOS CURRICULARES DA EDUCACIÓN SECUNDARIA..........................................3

3. PROPOSTA CURRICULAR........................................................................................................6

4. CONTIDOS TEMPORALIZADOS.............................................................................................14

5. DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE..........................................................15

6. COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICOS PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA....18

7. METODOLOXÍA DIDÁCTICA....................................................................................................19

8. ELEMENTOS TRANSVERSAIS................................................................................................21

9. MATERIAIS E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS...............................................................21

10. MEDIDAS PARA A INCORPORACIÓN DAS TIC AO TRABALLO NA AULA........................21

12. PROGRAMA DE ACTIVIDADES E RECUPERACIÓN DE PENDENTES..............................24

13. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN.........................................24

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.............................................25

15. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN...................................25

16. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO.............................................................27

1

Page 3: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

1. INTRODUCIÓN

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desenvolven un papel

fundamental na sociedade actual porque proporcionan un conxunto de

coñecementos e de técnicas que permiten satisfacer as necesidades individuais e

colectivas. Neste sentido, as TIC achéganlle ao currículo a capacidade de analizar e

redeseñar a relación entre dispositivos tecnolóxicos e necesidades sociais, ámbito

no que a innovación e a condición de inmediata que lle son propias dotan esta

materia dunha grande relevancia educativa. Na resolución de problemas coas TIC

conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo ou o

carácter emprendedor, que son imprescindibles para formar unha cidadanía

autónoma e competente. Ademais, o coñecemento das novas tecnoloxías

proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a

necesidade de construír unha sociedade formada por unha cidadanía crítica con

respecto ao que acontece ao redor dela.

A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación trata de achegarlle ao

alumnado as habilidades necesarias para adaptarse aos cambios propios deste

ámbito tecnolóxico. Deste xeito, na parte da materia correspondente a cuarto curso

de educación secundaria obrigatoria, os bloques de "Ética e estética da interacción

en rede", de "Seguridade informática", e de "Internet, redes sociais e hiperconexión"

tratan aspectos das redes moi relacionados entre si, que é necesario que o

alumnado domine para que poida desenvolverse con soltura e seguridade nos

ámbitos profesional e persoal. O bloque de "Computadores, sistemas operativos e

redes" abonda en aspectos de configuración dos computadores e de instalación de

aplicación cos que as persoas usuarias deben familiarizarse para utilizar

computadores e aplicacións xunto con outros dispositivos hoxe imprescindibles,

como teléfonos intelixentes e táboas, ou para utilizar as posibilidades de

conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de

información dixital" e o de "Publicación e difusión de contidos" tratan os aspectos

que poden necesitarse para producir documentos e difundilos, ademais dalgúns

temas relacionados co soporte das publicacións, como son o tratamento de datos, a

2

Page 4: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

xeración de informes e a incorporación de elementos gráficos e audiovisuais nos

documentos.

1.2. Marco legal

Á hora de realizar esta Programación Didáctica, tívose en conta a Lexislación

vixente para a Etapa de Educación Secundaria Obrigatoria:

Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación

secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

1.3. Grupos

Curso GrupoTamaño do

grupoSesións ásemana

4º ESOA 10

3B 12

2. OBXECTIVOS CURRICULARES DA EDUCACIÓN SECUNDARIA

Os obxectivos da Educación Secundaria veñen definidos no Artigo 10 do Decreto

86/2105 de 25 de xuño e son os seguintes:

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos

no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a

solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os

dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes,

como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da

cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en

equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da

aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e

oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo

ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os

3

Page 5: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera

manifestación de violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e

nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos

de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os

conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para

adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica

no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en

materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en

diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o

sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,

planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega

e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na

lectura e no estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira

apropiada.

l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e

das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e

homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a

outras culturas do mundo.

m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas,

respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e

incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o

desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da

sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais

4

Page 6: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente,

contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións

artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico

e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a

diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas,

desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento

fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación

interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a

comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade

lusófona.

A estes obxectivos faise referencia na táboa do seguinte apartado.

5

Page 7: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

3. PROPOSTA CURRICULAR

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxeCompetencias

clave

Bloque 1. Ética e estética na interacción en rede

a

b

f

g

h

i

o

B1.1. Políticas de seguridade para a protección do individuo na interacción coa rede. Contrasinais. Condutas e hábitos seguros.

B1.2. Intercambio e publicación de información dixital na rede. Seguridade e responsabilidade no uso dos servizos de publicación.

B1.1. Adoptar condutas e hábitos que permitan a protección do individuo na súa interacción na rede.

TIC B1.1.1. Interactúa con hábitos adecuados en contornos virtuais.

CD

CSC

TIC B1.1.2. Aplica políticas seguras de utilización de contrasinais para a protección de la información persoal.

CMCCT

CD

a

b

f

g

h

i

m

ñ

o

B1.3. Dereitos de propiedade intelectuale de explotación dos materiais aloxados na web. Tipos de licencias de distribución.

B1.2. Acceder a servizos de intercambioe publicación de información dixital con criterios de seguridade e uso responsable.

TIC B1.2.1. Realiza actividades con responsabilidade sobre conceptos como a propiedade e o intercambio de información.

CD

CAA

CSC

CCEC

a

g

h

i

m

ñ

B1.4. Propiedade e distribución do software e da información. Tipos de licencias de uso e distribución.

B1.5. Identidade dixital, privacidade e seguridade. Desenvolvemento de actitudes de protección activa ante os intentos de fraude.

B1.3. Recoñecer e comprender los dereitos dos materiais aloxados na web.

TICB 1.3.1. Consulta distintas fontes e navega coñecendo a importancia da identidade dixital e os tipos de fraude da web.

CD

CAA

CSC

TICB 1.3.2. Diferencia o concepto de materiais suxeitos a dereitos de autor e materiais de libre distribución.

CD

CSC

CEC

6

Page 8: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Bloque 2. Computadores, sistemas operativos e redes

f B2.1. Funcións de configuración dos equipos informáticos.

B2.1. Utilizar e configurar equipos informáticos identificando os elementos cos configuran e a súa función no conxunto.

TICB 2.1.1. Realiza operacións básicas de organización e almacenamento da información.

CD

CMCCT

CAA

TICB2.1.2. Configura elementos básicosdo sistema operativo e accesibilidade de equipo informático.

CD

CMCCT

f B2.2. Instalación e eliminación de software de propósito xeral.

B2.2. Xestionar a instalación e eliminación de software de propósito xeral.

TIC B2.2.1. Resolve problemas vinculados aos sistemas operativos e os programas e aplicacións vinculados aos mesmos.

CD

CMCCT

CAA

a

f

B2.3. Utilización de software de comunicación entre equipos e sistemas.

B2.3. Utilizar software de comunicación entre equipos e sistemas.

TIC B2.3.1. Administra o equipo con responsabilidade e coñece aplicacións de comunicación entre dispositivos.

CD

CMCCT

f B2.4. Arquitectura dun ordenador: compoñentes básicos e características.

B2.4. Coñecer a arquitectura dun ordenador, identificando as seus compoñentes básicos e describindo as súas características.

TICB 2.4.1. Analiza e coñece diversos compoñentes físicos dun ordenador, as súas características técnicas a a súa conexión.

CD

CMCCT

f B2.5. Elementos e sistemas para a comunicación con con fíos e sen eles.

B2.5. Analizar os elementos e sistemas que configuran a comunicación con fíos e sen eles.

TIC B2.5.1. Describe as diferentes formas de conexión na comunicación entredispositivos dixitais.

CD

CMCCT

CCL

Bloque 3. Organización, deseño e produción de información dixital

f

g

h

i

m

ñ

a

B3.1. Procesos de produción de documentos con aplicacións ofimáticas e de deseño gráfico. Maquetado. Importación de imaxes e gráficos.

B3.2. Formatos abertos e estándares deformato na produción de documentación.

B3.3. Operacións básicas en follas de cálculo. Creación de gráficos. Elaboración

B3.1. Utilizar aplicacións informáticas deescritorio para a produción de documentos.

TIC B3.1.1. Elabora e maqueta documentos de texto con aplicacións informáticas que facilitan a inclusión de táboas, imaxes, fórmulas, gráficos, así como outras posibilidades de deseño e interactúa con outras características do programa.

CD

CMCCT

CCL

CAA

CSIEE

CCEC

TIC B3.1.2. Produce informes que CD

7

Page 9: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

o de informes sinxelos.

B3.4. Organización da información en bases de datos. Realización de consultas básicas e xeración de documentos.

requiren o emprego de follas de cálculo, que inclúan resultados textuais, numéricose gráficos.

CMCCT

CCL

CSIEE

TIC B3.1.3. Elabora bases de datos sinxelas e utiliza a súa funcionalidade paraconsultar datos, organizar a información e xerar documentos.

CD

CMCCT

CAA

CSIEE

c

f

g

h

i

m

ñ

o

B3.5. Tipos de presentacións e estrutura do contido. Deseño da estrutura e de elementos gráficos adecuados para opúblico obxectivo. Importación de elementos multimedia, de imaxes e de gráficos.

B3.6. Edición e montaxe de materiais audiovisuais a partir de fontes diversas. Captura de imaxe, de audio e de vídeo, e conversión a outros formatos.

B3.7. Tratamento básico da imaxe dixital. Exposición, saturación, luminosidade e contraste. Resolución e formatos.

B3.2. Elaborar contidos de imaxe, audioe vídeo e desenvolver capacidades para integralos en diversas producións.

TICB3.2.1. Integra elementos multimedia, imaxe e texto na elaboración de presentacións adecuando o deseño, maquetación ao mensaxe e ao público obxectivo ao que va dirixido.

CD

CMCCT

CCL

CAA

CSIEE

CCEC

CSC

TIC B3.2.2. Emprega dispositivos de captura de imaxe, audio e vídeo e mediante software específico edita a información e crea novos materiais en diversos formatos.

CD

CMCCT

CCL

CAA

CSIEE

Bloque 4. Seguridade informática

a

f

B4.1. Procedementos de intercambio deinformación entre dispositivos físicos de características técnicas diversas.

B4.2. Riscos de seguridade para sistemas, aplicacións e datos. Hábitos de protección.

B4.3. Medidas de seguridade activa e

B4.1. Adopta condutas de seguridade activa e pasiva na protección de datos e no intercambio de información.

TIC B4.1.1. Analiza e coñece diversos dispositivos físicos e as características técnicas, de conexión e intercambio de información entre eles.

CD

CMCCT

TIC B4.1.2. Coñece os riscos de seguridade e emprega hábitos de protección adecuados.

CD

CMCCT

8

Page 10: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

pasiva. Actualización do software. Antivirus e devasas.

TIC B4.1.3. Describe a importancia da actualización do software, o emprego de antivirus e de devasas para garantir a seguridade.

CD

CMCCT

CCL

Bloque 5. Publicación e difusión de contidos

b

f

B5.1. Compartición de recursos en redes locais e en internet.

B5.1. Utilizar diversos dispositivos de intercambio de información coñecendo as características a comunicación ou conexión entre eles.

TICB 5.1.1. Realiza actividades que requiren compartir recursos en redes locais e virtuais.

CD

CMCCT

CAA

CSC

a

f

g

h

i

m

ñ

o

B5.3. Deseño de páxinas web sinxelas. B5.2. Elaborar e publicar contidos na web que integren información textual, numérica, sonora e gráfica.

TICB 5.2.1. Integra e organiza elementos textuais e gráficos en estruturashipertextuais.

CD

CMCCT

CCL

CAA

TICB 5.2.2. Deseña páxinas web e coñece os protocolos de publicación, baixoestándares adecuados e con respecto aosdereitos de propiedade.

CD

CMCCT

CCL

CSC

CSIEE

CCEC

a

b

c

g

h

i

m

ñ

o

B5.4. Creación e publicación na web. Estándares de publicación.

B5.5. Traballo colaborativo con servizosna nube e coas ferramentas das TIC de carácter social.

B5.3. Coñecer os estándares de publicación e empregalos na produción de páxinas web e ferramentas TIC de carácter social.

TICB 5.3.1. Participa colaborativamente en diversas ferramentas TIC de carácter social e xestiona os propios.

CD

CMCCT

CCL

CAA

CSIEE

CSC

9

Page 11: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Bloque 6. Internet, redes sociais e hiperconexión

a

b

f

g

h

i

m

ñ

o

B6.1. Creación e publicación na web de materiais multiplataforma accesibles.

B6.2. Recursos e plataformas de formación a distancia, emprego e saúde.

B6.3. Administración electrónica e comercio electrónico: intercambios económicos e seguridade.

B6.4. Sincronización entre dispositivos móbiles e ordenadores.

B6.1. Desenvolver hábitos no uso de ferramentas que permitan a accesibilidadeás producións dende diversos dispositivos móbiles.

TIC B6.1.1. Elabora materiais para a web que permiten a accesibilidade á información multiplataforma.

CD

CMCCT

CSIEE

TIC B6.1.2. Realiza intercambio de información en distintas plataformas nas que está rexistrado e que ofrecen servizosde formación, ocio, etc.

CD

CMCCT

CCL

CAA

CSC

TIC B6.1.3. Sincroniza a información entre un dispositivo móbil e outro dispositivo.

CD

CMCT

a

b

f

g

h

i

m

ñ

o

B6.5. Redes sociais. Privacidade e seguridade persoal na interacción en redes sociais.

B6.2. Empregar o sentido crítico e desenrolar hábitos adecuados no uso e intercambio de la información a través de

redes sociais e plataformas.

TIC B6.2.1. Participa activamente en redes sociais con criterios de seguridade.

CD

CMCT

CCL

CAA

CSC

SIEE

f

m

ñ

B6.6. Utilización de canles de distribución de contidos multimedia para distribución de materiais propios.

B6.3. Publicar e relacionar mediante hiperligazóns información en canles de contidos multimedia, presentacións, imaxe, audio e vídeo.

TIC B6.3.1. Emprega canles de distribución de contidos multimedia para aloxar materiais propios e enlazalos en outras producións.

CD

CMCT

CCL

CSC

10

Page 12: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

As competencias clave veñen enumeradas no Artigo 3 do mesmo decreto e son:

Comunicación lingüística (CCL).

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).

Competencia dixital (CD).

Aprender a aprender (CAA).

Competencias sociais e cívicas (CSC).

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).

Conciencia e expresións culturais (CCEC)

11

Page 13: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

Obxectivos didácticos

Para esta materia, fixaranse ademais os seguintes obxectivos didácticos:

1.1. Identificar a arquitectura básica dun ordenador, incluídos os dispositivos de

almacenamento.

1.2. Distinguir os dispositivos periféricos básicos.

1.3. Identificar os problemas de hardware máis habituais e saber que facer para

solucionar cada un de eles.

1.4. Coñecer as linguaxes da comunicación entre ordenadores e sistemas

informáticos.

2.1. Xestionar a instalación e eliminación de software.

2.2. Utilizar software de comunicación entre equipos e sistemas.

2.3. Coñecer a arquitectura básica dun ordenador.

3.1. Utilizar e configurar equipos informáticos.

3.2. Analizar os elementos e sistemas que configuran a comunicación por cable e

sen fíos.

4.1. Definir o concepto de rede e os distintos tipos de redes.

4.2. Coñecer os compoñentes de interconexión e a creación de redes locais,

ademais dos conceptos elementais de administración de rede, e as tarefas básicas

dun administrador.

4.3. Enumerar e describir os elementos e sistemas que configuran a comunicación

con fíos e sen fíos.

5.1. Coñecer as aplicacións ofimáticas que forman un paquete ofimático.

5.2. Utilizar follas de cálculo.

5.3. Manexar as ferramentas do procesador de textos para xerar documentos.

6.1. Coñecer os tipos de imaxes, as súas características e formatos.

6.2. Recoñecer os dispositivos para transferir unha imaxe dixital dende un dispositivo

de captura ou de almacenamento.

12

Page 14: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

6.3. Tratamento e edición de imaxes de mapa de bits.

6.4. Tratamento e edición de imaxes vectoriais.

7.1. Coñecer os pasos para capturar un vídeo o un audio e saber como importalo.

7.2. Recoñecer as etapas fundamentais do proceso de edición de vídeo.

7.3. Coñecer os diferentes tipos de obras e os dereitos que a lei recoñece aos seus

autores.

8.1. Crear e deseñar presentacións.

8.2. Integrar elementos multimedia nunha presentación.

9.1. Recoñecer os obxectivos da seguridade informática.

9.2. Identificar as ameazas que poden afectar á seguridade dos sistemas

informáticos.

9.3. Coñecer e aplicar medidas de seguridade para protexer os equipos informáticos.

10.1. Adquirir nocións básicas de linguaxe HTML e utilizar etiquetas básicas dese

linguaxe.

10.2. Crear e deseñar sitios web.

10.3. Integrar elementos multimedia e interactivos nunha páxina web.

10.4. Adquirir nocións básicas para xestionar un sitio web.

10.5. Avaliar a accesibilidade web.

11.1. Coñecer a historia de internet, así como o seu funcionamento e estrutura.

11.2. Identificar os servizos máis habituais e importantes de internet.

11.3. Coñecer como se identifican os ordenadores en internet e a limitación destes

números de identificación.

11.4. Recoñecer os operadores de telecomunicacións que ofrecen o servizo de

acceso a internet.

11.5. Coñecer as características da Web 2.0 e identificar as características principais

dos seus servizos.

13

Page 15: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

11.6. Coñecer, utilizar correctamente as redes sociais e ser consciente dos riscos

asociados ao seu uso.

12.1. Coñecer os servizos e o funcionamento da administración electrónica e o

comercio electrónico.

12.2. Recoñecer e utilizar algúns dos servizos en liña máis coñecidos.

12.3. Coñecer os usos da criptografía e usar esta técnica para encriptar información.

12.4. Respectar a propiedade intelectual e coñecer os tipos de licencias.

12.5. Coñecer os usos e a importancia das redes P2P.

4. CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Proponse a seguinte secuenciación de unidades didácticas:

UD Título Contidos

1ª Avaliación

1 Ordenadores B2.4

2 Software B1.4, B2.2

3 Configuración de equipos informáticos B2.1, B2.2, B2.3, B2.5

4 Redes de ordenadores B2.3, B2.5

5 Ofimática avanzada B3.1, B3.2, B3.3, B3.4.

2º Avaliación

6 Tratamento de imaxes dixitais B3.6, B3.7

7 Edición de son B3.5, B3.6,

8 Edición de vídeo e audio B3.5, B3.6, B6.6

3º Avaliación

9 Seguridade informática B4.1, B4.2, B4.3

10 Deseño de páxinas web B5.2, B5.4

11 Intercambio de información na rede. Uso de ferramentas da web.

B1.1, B1.2, B1.3, B1.4,B1.5, B5.1, B5.5

12 Uso de servizos en liña B6.1, B6.2, B6.3, B6.4,B6.5, B6.6

14

Page 16: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

5. DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE

A materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación xoga un papel relevante

para que os alumnos alcancen os obxectivos da etapa e adquiran as competencias

clave porque incide directamente na adquisición de cada unha de elas, a saber:

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

(CMCCT):

As TIC contribúen á adquisición da competencia matemática na medida en que o

manexo das aplicacións ofimáticas, a utilización de internet e dalgúns dos seus

servizos contribúen a desenvolver nos alumnos a habilidade para interpretar e

expresar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións, así como

identificar as situacións cotiás que precisan de elementos e razonamentos

matemáticos para a súa resolución, presentación ou exposición. As TIC contribúen

de xeito importante ao desenvolvemento da lóxica, o pensamento e a memoria do

alumno, por ser un medio de traballo moi interactivo que de xeito constante

demanda solucións a situacións concretas e novidosas á vez que é

fundamentalmente un proceso visual que non sempre require grandes

coñecementos no seu manexo, pero si unhas pautas reiterativas. A habilidade para

utilizar e manipular aplicacións e dispositivos electrónicos son elementos propios da

competencia científica e tecnolóxica, así como a valoración dos avances, as

limitacións e a influencia da tecnoloxía na sociedade.

Por outra parte, esta materia contribúe á adquisición das competencias básicas en

ciencia e tecnoloxía, indisolublemente unidas ás TIC. Tamén é destacable a

importancia do uso das TIC como ferramentas de simulación de procesos

tecnolóxicos e científicos.

Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE):

A contribución á adquisición desta competencia céntrase no xeito particular que

proporciona esta materia para abordar problemas e será maior na medida en que se

fomenten métodos de enfrontarse a eles de xeito autónomo e creativo, incídese na

valoración reflexiva das diferentes alternativas e prepárese para o análise previo das

consecuencias das decisións que se toman no proceso. A través desta vía ofrécense

15

Page 17: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

moitas oportunidades para o desenrolo de calidades persoais como a iniciativa, o

espírito de superación, a perseveranza fronte ás dificultades, a autonomía e a

autocrítica, contribuíndo ao aumento da confianza nun mesmo e á mellora da súa

autoestima.

A informática, a través do desenrolo das TIC, entra de cheo nesta varéxeno de

cambio e evolución tecnolóxica constante, o que contribúe a desenvolver unha

actitude positiva caro o cambio e a innovación, pero sempre a través dunha

adaptación crítica e construtiva que permita ver os cambios como oportunidades. As

TIC son un mundo cheo de creatividade e imaxinación. Con un sinxelo clic é capaz

de converter un proxecto nunha realidade, polo que contribúe a coñecer as fases de

desenrolo dun proxecto, tomar decisións, actuar e avaliar o feito e autoavaliarse,

extraer conclusións e valorar as posibilidades de mellora. O sistema económico

actual está marcado polo uso das TIC e de internet facilitando o uso destas a

aparición de oportunidades e desafíos que afronta todo emprendedor, sen esquecer

posturas éticas que impulsen o comercio xusto e as empresas sociais.

Competencia dixital (CD):

Esta materia contribúe de maneira plena á adquisición da competencia dixital,

imprescindible para desenvolverse nun mundo que cambia e cámbianos, empurrado

polo constante fluxo de información xerado e transmitido mediante as tecnoloxías da

información e pola aparición constante de novos dispositivos tecnolóxicos de uso

cotiá. Isto require que a educación dote ao alumno duna competencia na que os

coñecementos de índole máis tecnolóxica se poñan ao servizo dunhas destrezas

que lle sirvan para acceder á información alí onde se atope, utilizando unha

multiplicidade de dispositivos e sendo capaz de seleccionar os datos relevantes para

poñelos en relación cos seus coñecementos previos e xerar bloques de

coñecemento máis complexos. Esa actitude aberta, favorecida pola adquisición de

condutas tendentes a manter contornos seguros, permitirá proxectar cara o futuro os

coñecementos adquiridos na fase escolar. Dita proxección fomentará a adopción

crítica dos avances tecnolóxicos e as modificacións sociais que estes produzan.

16

Page 18: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

Contribuirase ao desenrolo desta competencia na medida en que os aprendizaxes

asociados incidan na confianza no uso dos ordenadores, nas destrezas básicas

asociadas a un uso suficientemente autónomo destas tecnoloxías e, en definitiva,

contribúan a familiarizarse suficientemente con eles. En todo caso están asociados

ao seu desenrolo os contidos que permiten localizar, procesar, elaborar, almacenar

e presentar información co uso das tecnoloxías.

Competencias sociais e cívicas (CSC):

A contribución á adquisición das competencias sociais e cívicas, no que se refire ás

habilidades para as relacións humanas e ao coñecemento da organización e

funcionamento das sociedades, virá determinada polo modo en que se aborden os

contidos, especialmente os asociados ao proceso de resolución de problemas

tecnolóxicos. O alumno ten múltiples ocasións para expresar e discutir

adecuadamente ideas e razoamentos, escoitar aos demais, abordar dificultades,

xestionar conflitos e tomar decisións, practicando o diálogo e a negociación, e

adoptando actitudes de respecto e tolerancia cara aos seus compañeiros. Ao

coñecemento da organización e funcionamento das sociedades colabora a materia

de TIC dende a análise do desenvolvemento tecnolóxico das mesmas e a súa

influencia nos cambios económicos e de organización social que han ter lugar ao

longo da historia da humanidade.

Competencia en comunicación lingüística (CCL):

A contribución á competencia en comunicación lingüística realízase a través da

adquisición de vocabulario específico, que ha de ser utilizado nos procesos de

procura, análise, selección, resumo e comunicación de información. A lectura,

interpretación e redacción de informes e documentos técnicos contribúe ao

coñecemento e á capacidade de utilización de diferentes tipos de textos e as súas

estruturas formais.

Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC):

As diferentes tecnoloxías son en si mesmas manifestacións da cultura en tanto que

expresan o saber da humanidade en ámbitos moi diversos. O estudo da materia de

TIC contribúe entón ao desenvolvemento da competencia cultural e artística,

17

Page 19: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

enriquece ao estudante con novos coñecementos e desenvolve a capacidade de

apreciar a beleza das estruturas e os procesos construídos polo ser humano a partir

da aplicación dos seus coñecementos tecnolóxicos, e na realización dos proxectos

tecnolóxicos no aula-taller saber levalos a cabo cun mínimo de estética artística.

Competencia en aprender a aprender (CAA):

Á adquisición da competencia de aprender a aprender contribúese polo

desenvolvemento de estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos, en

particular mediante a obtención, análise e selección de información útil para abordar

un proxecto. Por outra banda, o estudo metódico de obxectos, sistemas ou

contornas proporciona habilidades e estratexias cognitivas e promove actitudes e

valores necesarios para a aprendizaxe.

6. COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICOS PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA

Dos obxectivos didácticos formulados no apartado 3, considérase requisito mínimo

para superar a materia acadar os seguintes:

1.1. Identificar a arquitectura básica dun ordenador, incluídos os dispositivos de

almacenamento.

1.2. Distinguir os dispositivos periféricos básicos.

1.3. Identificar os problemas de hardware máis habituais e saber que facer para

solucionar cada un de eles.

2.1. Xestionar a instalación e eliminación de software.

2.2. Utilizar software de comunicación entre equipos e sistemas.

3.1. Utilizar e configurar equipos informáticos.

4.1. Definir o concepto de rede e os distintos tipos de redes.

4.3. Enumerar e describir os elementos e sistemas que configuran a comunicación

con fíos e sen fíos.

5.1. Coñecer as aplicacións ofimáticas que forman un paquete ofimático.

18

Page 20: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

5.2. Utilizar follas de cálculo.

5.3. Manexar as ferramentas do procesador de textos para xerar documentos.

6.1. Coñecer os tipos de imaxes, as súas características e formatos.

6.2. Recoñecer os dispositivos para transferir unha imaxe dixital dende un dispositivo

de captura ou de almacenamento.

7.1. Coñecer os pasos para capturar un vídeo o un audio e saber como importalo.

7.3. Coñecer os diferentes tipos de obras e os dereitos que a lei recoñece aos seus

autores.

8.1. Crear e deseñar presentacións.

8.2. Integrar elementos multimedia nunha presentación.

9.1. Recoñecer os obxectivos da seguridade informática.

9.2. Identificar as ameazas que poden afectar á seguridade dos sistemas

informáticos.

9.3. Coñecer e aplicar medidas de seguridade para protexer os equipos informáticos.

11.1. Coñecer a historia de internet, así como o seu funcionamento e estrutura.

11.2. Identificar os servizos máis habituais e importantes de internet.

11.6. Coñecer, utilizar correctamente as redes sociais e ser consciente dos riscos

asociados ao seu uso.

12.1. Coñecer os servizos e o funcionamento da administración electrónica e o

comercio electrónico.

12.2. Recoñecer e utilizar algúns dos servizos en liña máis coñecidos.

7. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

No desenvolvemento da materia de TIC destacan os seguintes aspectos dende o

punto de vista didáctico:

19

Page 21: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

Facilitar a realización de aprendizaxes significativos en relación cos contidos da

materia e no contexto da aula de informática.

Favorecer a actividade mental dos alumnos na construción de novos

coñecementos relacionados cos contidos da materia.

A acción docente na aula de informática ofrece, de forma atractiva, unha utilidade

e finalidade clara aos aprendizaxes, así como oportunidades para aplicalos.

Ter en conta as diferencias nos ritmos de aprendizaxe e desenvolvemento dos

alumnos, o que se concreta nunha oferta educativa variada, capaz de axustarse

aos distintos ritmos de aprendizaxe na aula.

Potenciar o traballo cooperativo na clase entre os alumnos.

Favorecer e organizar a expresión e os intercambios de ideas na aula.

Partir das experiencias dos alumnos, favorecendo un aprendizaxe personalizado.

Facilitar o tratamento recorrente dos contidos.

Diversificar as fontes de información e comunicación.

Modalidades semipresencial e non presencial

Se a situación sanitaria ou calquera outra causa xustificada o require tomaranse

medidas para que se garanta o desenvolvemento do alumnado e as competencias

clave destes. Polo tanto, para seguir co temario utilizaranse principalmente os

seguintes recursos:

Plataforma Sallenet.

Vídeos titoriais realizados cunha tableta gráfica e o programa Xournal.

Clases virtuais realizadas coa aplicación Meet de Google.

O docente porá na sección da materia vídeos con explicacións teóricas xunto con

outros con exemplos prácticos para encauzar aos alumnos na resolución dos

exercicios. Ademais diso, poranse exercicios e fichas na planificación diaria da

materia. Todo o anterior complementarase con clases virtuais mediante

videoconferencia para explicar e aclarar dúbidas xurdidas.

20

Page 22: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

8. ELEMENTOS TRANSVERSAIS

Durante o transcurso do curso traballaranse os seguintes elementos transversais

mediante o propio desenvolvemento da materia a través das actividades propostas:

Comprensión lectora, expresión oral e escrita integrado as TIC; mediante a

realización de traballos ou actividades que requiran a busca de información, o

resumo e expresión escrita.

Educación Cívica e constitucional.

Inclusión de persoas con discapacidade, axudarlles a comprender que o diferente

e unha riqueza que fai medrar o grupo, deberán traballar en equipo con outro

alumnado con necesidades educativas especiais.

Igualdade entre homes e mulleres, para o cal os equipos de traballo serán mixtos.

Prevención de violencia de xénero.

Resolución de conflitos entre iguais para previr a violencia en todos os ámbitos.

Desenvolvemento sostible, medio ambiente; mediante o emprego de materiais de

refugallo ou reciclados. Concienciando en que o mellor aforro é aquel que non se

consume. Aproveitamento dos recursos do taller e coidado das máquinas e

ferramentas. Aforro enerxético

9. MATERIAIS E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

Plataforma Sallenet.

Informacións en prensa que teñan algún contido informático.

Ordenadores e software apropiado.

Libros de apoio do Departamento de Informática.

Traballar con distintas páxinas web.

10. MEDIDAS PARA A INCORPORACIÓN DAS TIC AO TRABALLO NA AULA

Esta materia traballa de maneira explícita o uso das TIC tanto dentro da aula coma

na vida cotiá, polo que o propio desenvolvemento da mesma implica unha

incorporación activa das novas tecnoloxías.

21

Page 23: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

11. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Descrición do grupo despois da avaliación inicial:

Á hora de establecer as medidas de atención á diversidade e inclusión

recompilarase, en primeiro lugar, diversa información sobre cada grupo de alumnos

e alumnas; como mínimo, debe coñecerse:

O número de alumnos e alumnas.

O funcionamento do grupo (clima da aula, nivel de disciplina, atención...).

As fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de

contidos curriculares.

As necesidades que se puidesen identificar; cómpre pensar nesta fase en como se

poden abordar (planificación de estratexias metodolóxicas, xestión da aula,

estratexias de seguimento da eficacia de medidas, etc.).

As fortalezas que se identifican no grupo en canto aos aspectos competenciais.

Os desempeños competenciais prioritarios que hai que practicar no grupo nesta

materia.

Os tipos de recursos que se necesitan adaptar a nivel xeral para obter un logro

óptimo do grupo.

Necesidades individuais

A avaliación inicial facilítanos non só coñecemento acerca do grupo como conxunto,

senón que tamén nos proporciona información acerca de diversos aspectos

individuais dos nosos estudantes. A partir dela poderemos:

Identificar os alumnos ou as alumnas que necesitan un maior seguimento ou

personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en

conta aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con

necesidades non diagnosticadas, pero que requiran atención específica por estar

en risco, pola súa historia familiar, etc.).

22

Page 24: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

Saber as medidas organizativas a adoptar. (Planificación de reforzos, situación de

espazos, xestión de tempos grupais para favorecer a intervención individual).

Establecer conclusións sobre as medidas curriculares a adoptar, así como sobre

os recursos que se van empregar.

Analizar o modelo de seguimento que se vai utilizar con cada un deles.

Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van avaliar os progresos destes

estudantes.

Fixar o modo en que se vai compartir a información sobre cada alumno ou alumna

co resto de docentes que interveñen no seu itinerario de aprendizaxe;

especialmente, co titor.

Modalidades semipresencial e non presencial

En caso de que a situación sanitaria ou calquera outra causa xustificada obrigue a

unha educación semipresencial ou non presencial, o profesor da materia, tendo en

conta as necesidades do alumnado destas características, porá a disposición deste:

Material estandarizado, documentos, libros, etc. cun resumo e esquemas das

ideas máis importantes do tema a tratar.

O material será enviado en formatos accesibles por medio da plataforma Sallenet

ou por correo electrónico.

Explicar a accesibilidade e o funcionamento de Sallenet por medio de

videotitoriais.

A información aportada en enlaces, vídeos, documentos, …, será o máis visual e

práctica posible, con pouca cantidade de texto.

Secuenciación en pasos as actividades máis complexas.

Apoio visual sempre que sexa posible.

Seguir as pautas recollidas nos protocolos do PAD.

Nos casos nos que as circunstancias o aconsellen, o docente porá a disposición do

alumnado con necesidades especiais clases mediante videoconferencia, nun horario

23

Page 25: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

acordado coas familias, para que os discentes teñan un contacto máis estreito e non

perda as rutinas gañadas durante a modalidade presencial da ensinanza.

12. PROGRAMA DE ACTIVIDADES E RECUPERACIÓN DE PENDENTES

A materia impártese por primeira vez en 4º de ESO, polo tanto, en ningún caso terá

a categoría de materia pendente de cursos anteriores.

13. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN

Para recoller datos podemos servirnos de diferentes procedementos de avaliación:

A observación de comportamentos.

Entrevistas.

Probas.

Cuestionarios orais e escritos.

Cuestionarios, tarefas de Sallenet.

Os datos recóllense en diversos instrumentos para a avaliación. Por unha banda

farase un seguimento do alumnos e anotaranse no caderno do profesor. Por outra

banda realizaranse 3 avaliacións ao longo do curso entregando unha notas oficiais

ao finalizar cada unha das avaliacións agás na última que se entregarán as notas

finais. Como resultados das mesmas realízanse os informes de avaliación

individualizados, o expediente académico do alumno, e as actas de avaliación.

Como procedemento estándar realizarase unha proba escrita de cada unha das

unidades que se puntuará sobre 10; no momento de realizar a proba o alumno

deberá ter entregados todos os traballos da unidade a través da plataforma Sallenet.

Ao finalizar a avaliación realizarase un exame final de avaliación para aqueles

alumnos que non tiveran superado os mínimos nos exames parciais de cada unha

das unidades; os alumnos que si os tivesen superados poderán optar a facer o

exame para subir a nota da avaliación.

24

Page 26: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

A nota final virá dada por:

60% probas de unidade.

30% actividades de aula (proxectos, cuestionarios, tarefas Sallenet...)

10% actitude (interese na materia, participación...)

Nas semanas posteriores á entrega das notas de cada unha das avaliacións (agás

na 3ª avaliación) faranse exames de recuperación da avaliación. Tamén se realizará

un exame final por avaliación na última semana do curso para aqueles alumnos que

non teñan superado os mínimos esixibles en cada unha das avaliacións.

Para superar a materia na convocatoria ordinaria haberá que ter superado os

mínimos esixibles en cada unha das avaliacións.

Para superar a materia na convocatoria extraordinaria haberá que ter superado os

mínimos esixibles do curso na proba extraordinaria de setembro.

Modalidades semipresencial e non presencial

En caso de que a situación sanitaria ou calquera outra causa xustificada obrigue a

unha educación semipresencial ou non presencial, o procedemento de avaliación

seguiría a ser o mesmo ca no caso presencial, xa que as actividades, tarefas e

probas obxectivas poden ser realizadas de maneira telemática a través da

plataforma Sallenet.

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

En cada un dos trimestres levarase a cabo unha semana de proxectos.

15. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

Instrumentos de recollida de datos

Ficha do alumno no caderno do profesor.

Axenda ou diario de aula.

Rúbricas de autoavaliación nos proxectos técnicos e prácticas propostas.

25

Page 27: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

Enquisas ao alumnado (en Sallenet activase unha enquisa ao final de curso, para

que o alumnado avalíe a práctica docente).

Medidas de mellora

O cumprimento das programacións revisarase trimestralmente, mediante esta ficha,

que se pode empregar para así poder recoller as melloras no seguinte:

Aspectos a avaliar Para destacar Para mellorarPropostas de

mellora

Temporalización das unidades didácticas

Desenvolvemento dos obxectivos didácticos

Manexo dos contidos da unidade

Descritores e desempeños competenciais

Realización de tarefas

Estratexias metodolóxicas

Recursos

Claridade nos criterios de avaliación

Uso de diversas ferramentas de avaliación

Portfolio de evidencias dos estándares de aprendizaxe

Atención á diversidade

Interdisciplinariedade

Ao finalizar cada unidade didáctica ou tema, tratarase de identificar os aspectos que

supuxeron unha especial dificultade ao alumnado, observarase a necesidade ou non

de implementar actividades de reforzo ou ampliación. A programación polo tanto

será flexible e adaptada a evolución das competencias do alumnado. Mediante a

26

Page 28: Tecnoloxías da Información e da Comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación

Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación

4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)

observación dos resultados académicos do alumnado, adaptaranse os obxectivos ao

nivel de consecución destes.

16. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO

Ao inicio do curso, presentarase unha visión xeral das unidades didácticas que se

van traballar e como se van distribuír en cada avaliación. Esta estrutura xeral do

curso será recordada do mesmo xeito ao comezar cada trimestre, para analizar os

contidos xa vistos e os que quedarían por ver. Ademais, no comezo de cada

unidade, farase unha explicación sobre os puntos a tratar, podendo dar pé esta

explicación a un debate sobre os coñecementos previos e intereses que o alumnado

teña do tema en cuestión.

27