TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha...

14
Páxina 1 de 14 Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836. Solicitude de suspensión de pagamento de débeda (Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida) Que referencia ten o meu contrato? O meu contrato é o núm. O meu contrato é o núm. O meu contrato é o núm. O meu contrato é o núm. Consulta o número do teu préstamo persoal na túa Área privada cliente > Contratos Sr./Sra. co NIF Sr./Sra. co NIF Sr./Sra. co NIF Sr./Sra. co NIF DATOS PERSOAIS Que situación reúno para solicitar a suspensión do pagamento da débeda? Estou en (escolle unha opción): Son traballador por conta allea e pasei á situación de desemprego ou véxome afectado por un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE). Son traballador por conta allea e sufro unha perda substancial de ingresos de máis do 10% (este suposto non está recollido nos Reais decreto-lei 8/2020 e 11/2020, polo que unicamente poderás solicitar a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTOS SECTORIAL). Son empresario ou profesional e sufro unha perda substancial de ingresos ou facturación de máis do 40%. Son empresario ou profesional e sufro unha perda substancial de ingresos ou facturación comprendida entre o 20% e o 40% (este suposto non está recollido nos Reais decreto-lei 8/2020 e 11/2020, polo que unicamente poderás solicitar a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTOS SECTORIAL). Son empresario ou profesional e declarei un cesamento na miña acvidade. Outras circunstancias que non me permiten facer fronte á débeda. Para os efectos do cumprimento da normava sobre solvencia que afecta ao grupo supervisado integrado por CaixaBank e as súas endades dependentes para os efectos de consolidación prudencial en materia de xesón de riscos, para tramitar a túa solicitude trataremos os datos que nos facilites e os que consten nas seguintes endades do Grupo CaixaBank: Caixabank, SA; CaixaBank Payments & Consumer, EFC, EP, SAU; Nuevo MicroBank, SAU; CaixaBank Equipment Finance, SAU; Telefónica Consumer Finance, EFC, SA; Banco BPI, SA; Corporación Hipotecaria Mutual, EFC, SA; HipoteCaixa 2, SA e CrediFimo, EFC, SAU.

Transcript of TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha...

Page 1: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 1 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Que referencia ten o meu contrato?

O meu contrato é o núm.

O meu contrato é o núm.

O meu contrato é o núm.

O meu contrato é o núm.

Consulta o número do teu préstamo persoal na túa Área privada cliente > Contratos

Sr./Sra. co NIF

Sr./Sra. co NIF

Sr./Sra. co NIF

Sr./Sra. co NIF

DATOS PERSOAIS

Que situación reúno para solicitar a suspensión do pagamento da débeda?

Estou en (escolle unha opción):

Son traballador por conta allea e pasei á situación de desemprego ou véxome afectado por un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE).

Son traballador por conta allea e sufro unha perda substancial de ingresos de máis do 10% (este suposto non está recollido nos Reais decreto-lei 8/2020 e 11/2020, polo que unicamente poderás solicitar a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTOS SECTORIAL).

Son empresario ou profesional e sufro unha perda substancial de ingresos ou facturación de máis do 40%.

Son empresario ou profesional e sufro unha perda substancial de ingresos ou facturación comprendida entre o 20% e o 40% (este suposto non está recollido nos Reais decreto-lei 8/2020 e 11/2020, polo que unicamente poderás solicitar a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTOS SECTORIAL).

Son empresario ou profesional e declarei un cesamento na miña actividade.

Outras circunstancias que non me permiten facer fronte á débeda.

Para os efectos do cumprimento da normativa sobre solvencia que afecta ao grupo supervisado integrado por CaixaBank e as súas entidades dependentes para os efectos de consolidación prudencial en materia de xestión de riscos, para tramitar a túa solicitude trataremos os datos que nos facilites e os que consten nas seguintes entidades do Grupo CaixaBank: Caixabank, SA; CaixaBank Payments & Consumer, EFC, EP, SAU; Nuevo MicroBank, SAU; CaixaBank Equipment Finance, SAU; Telefónica Consumer Finance, EFC, SA; Banco BPI, SA; Corporación Hipotecaria Mutual, EFC, SA; HipoteCaixa 2, SA e CrediFimo, EFC, SAU.

Page 2: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Quen compón a miña unidade familiar?

Nome co NIF

Nome co NIF

Nome co NIF

Nome co NIF

Páxina 2 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

Na miña unidade familiar somos 1 Indica cantas persoas compoñen a túa unidade familiar.

Persoas de máis de 65 anos na unidade familiar:

Indica cantas persoas hai na unidade familiar cunha discapacidade superior ao 33%, en situación de dependencia ou enfermidade, que lles impida realizar unha actividade laboral:

O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% ou ten discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%?

Ten algunha enfermidade grave que o/a incapacite acreditadamente, de forma persoal ou como coidador, para realizar unha actividade laboral?

Ingresos netos mensuais da unidade familiar percibidos no mes actual:Indica o importe dos ingresos percibidos no último mes

Ingresos netos mensuais da unidade familiar percibidos con anterioridade á alteración das túas circunstancias económicas debido á COVID-19:

Gastos mensuais e subministracións básicos da túa vivenda habitual:Custo de electricidade, gas, gasóleo para calefacción, auga corrente, telefonía fixa e móbil e contribucións á comunidade de propietarios

Cota mensual de préstamos non hipotecarios:Calquera financiamento de calquera entidade financeira sen garantía hipotecaria

Cotas mensuais de préstamos hipotecarios:Só en caso de ser titular dalgún préstamo/crédito hipotecario cuxa finalidade fose a adquisición da túa vivenda habitual, ou dun inmoble afecto á súa actividade económica ou en réxime de alugamento, e como arrendador deixaches de percibir o alugamento a causa da COVID-19

Cota de alugamento da túa vivenda habitual:

Fillos a cargo da unidade familiar:Tanto se son maiores ou menores de idade

A túa familia é monoparental?

€€

1 Os membros da túa familia que residen contigo na vivenda (inclúe: (i) o teu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita; (ii) os teus fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar; e (iii) os cónxuxes ou a parella de feito inscritos dos teus fillos non separados legalmente, que tamén residan na vivenda).

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 3: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 3 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

Que documentos me solicitará Telefónica Consumer Finance e eu me comprometo a achegar?

DECLARACIÓN RESPONSABLE

No Anexo núm. 1 desta solicitude indícase a documentación persoal que deberás achegar, se che resulta de aplicación, no prazo máximo de 15 días naturais. Só excepcionalmente, poderás achegar aquela documentación que che resulte de imposible obtención debido ás circunstancias excepcionais da COVID-19 no prazo máximo dun mes tras a finalización do estado de alarma ou as súas prórrogas. De non achegala, entenderase que desistes da túa solicitude.

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE que os datos e as circunstancias económicas e familiares expresadas neste documento son totalmente certas e actualizadas, referidas ao mes cerrado inmediatamente anterior ao da miña solicitude.

Declaro que coñezo que PARA BENEFICIARME DA SUSPENSIÓN DE PAGAMENTO LEGAL debo de estar en situación de desemprego (ERE ou ERTE) ou, en caso de ser empresario ou profesional, debo sufrir un descenso dos meus ingresos, como mínimo, do 40% ou un cesamento da miña actividade. Declaro, así mesmo, que neste caso (Suspensión de Pagamento Legal) debo cumprir tamén cos requisitos persoais e financeiros establecidos no Real decreto-lei 8/2020 e/ou no 11/2020 para poder beneficiarme da devandita medida excepcional e que son:

O conxunto dos ingresos dos membros da miña unidade familiar non supera, no mes anterior a esta solicitude, os previstos no Real decreto-lei 11/2020, e que son:

1.

Familia sen fillos nin outras persoas a cargo: 3 veces o IPREM (1.613,52 € mensuais).

Esta cantidade incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada fillo a cargo na unidade familiar. O incremento aplicable por fillo a cargo será de 0,15 veces o IPREM por cada fillo no caso de unidade familiar monoparental. Por exemplo, se non son unha familia monoparental e teñen dous fillos menores a cargo, o límite de ingresos mensuais é de 1.721,09 €.

Do mesmo xeito, incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada persoa maior de 65 anos membro da unidade familiar.

No caso de que algún dos membros da unidade familiar teña declarada discapacidade superior ao 33%, situación de dependencia ou enfermidade que o/a incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral, o límite previsto será de catro veces o IPREM (2.151,36 € mensuais), sen prexuízo dos incrementos acumulados por fillo a cargo.

No caso de que o debedor sexa unha persoa con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, ou persoa con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 %,

a.

b.

c.

d.

e.

Declaro que coñezo que PARA BENEFICIARME DA SUSPENSIÓN DE PAGAMENTO SECTORIAL debo sufrir unha alteración das miñas circunstancias económicas como consecuencia directa da crise da COVID-19, ben porque:

Como traballador por conta allea, quedei no paro ou vinme afectado por un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), ou algunha situación equivalente ás anteriores que supuxo unha redución dos meus ingresos de, polo menos, o 10 % dos que viña percibindo con anterioridade.

Como empresario ou profesional, sufrín un cesamento na miña actividade ou unha caída do meu volume de vendas/-facturación, ou unha situación equivalente ás anteriores, que supuxo unha redución dos meus ingresos de, polo menos, o 20 % dos que viña percibindo con anterioridade.

Este apartado ten relevancia legal para a tramitación da túa solicitude. Coa DECLARACIÓN RESPONSABLE confírmasnos, baixo a túa responsabilidade, que os datos que nos facilitas son correctos.

A solicitude da SUSPENSIÓN DE PAGAMENTOS LEGAL esixe encher e cumprir todos os apartados da DECLARACIÓN RESPONSABLE.

A solicitude da SUSPENSIÓN DE PAGAMENTOS SECTORIAL só esixe cumprir o primeiro apartado da DECLARACIÓN RESPONSABLE e, ademais, non ter máis de dous impagos no produto cuxa suspensión de pagamentos nos solicites.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 4: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 4 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

SOLICITUDE

Que información me proporcionou Telefónica Consumer Finance?

Telefónica Consumer Finance proporcionoume a seguinte información:

Información legal. Proporcionoume unha copia dos artigos 7 a 16 do Real decreto-lei 8/2020 e 16 a 26 do Real decreto-lei 11/2020, que están no Anexo 2, sinalando a importancia da atenta lectura dos devanditos artigos. Tamén me proporcionou unha transcrición dos artigos Segundo e Terceiro do Acordo Sectorial (ASNEF) sobre adiamento de operacións con financiamento de clientes afectados pola crise do coronavirus, do 16 de abril de 2020 (Anexo 3).

1.

2 No caso de que, por resolución do Consello de Ministros, se acordase prorrogar a moratoria legal, descontaranse do período da moratoria sectorial os mesmos meses polos que se alongar a moratoria legal.

A consecuencia da urxencia sanitaria, a miña unidade familiar sufriu unha alteración significativa das circunstancias económicas en termos de esforzo de acceso á vivenda, conforme o previsto no Real decreto-lei 8/2020 e/ou no 11/2020. Enténdese por alteración significativa: (i) que o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a renda familiar se multiplicase por polo menos 1,3, ou (ii) que o esforzo que represente a carga dos custos periódicos (como a renda polo alugamento) e/ou calquera tipo de financiamento sen garantía hipotecaria fronte a unha entidade financeira se multiplicase por polo menos 1,3.

3.

Son consciente de que, en caso de beneficiarme da falsidade dos datos ou a documentación que achegue (fraude de lei), deixarei de beneficiarme de calquera suspensión de pagamento e, ademais, deberei facer fronte a unha responsabilidade polos danos e perdas causados.

así como nos casos de enfermidade grave que incapacite acreditadamente a persoa ou o seu coidador para realizar unha actividade laboral, o límite previsto é de cinco veces o IPREM (2.689,20 € mensuais).

A miña cota hipotecaria (ou os pagamentos periódicos aos que teño que facer fronte polo alugamento da miña vivenda habitual), máis os gastos e subministracións básicos e/ou, se é o caso, os pagamentos periódicos relativos a calquera tipo de financiamento sen garantía hipotecaria fronte a unha entidade financeira resultan superiores ou iguais ao 35% dos ingresos netos que percibe o conxunto dos membros da miña unidade familiar.

2.

Ante a imposibilidade de facer fronte ás obrigas de pagamento derivadas do meu financiamento, SOLICITO:

De forma prioritaria, a aplicación da suspensión das obrigas de pagamento (carencia total de capital e xuros por un prazo de 3 meses) prevista no Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19 e/ou no Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 (a «Suspensión de Pagamento Legal»).

Adicionalmente, solicito tamén a aplicación da suspensión das obrigas de pagamento (carencia só de capital durante 3 meses adicionais en contratos non hipotecarios, tras finalizar a Suspensión de Pagamento Legal)2 prevista no Acordo Sectorial (ASNEF) - «Suspensión de Pagamento Sectorial».

Se non desexas este beneficio adicional, cando che comuniquemos a aceptación da Suspensión de Pagamento Legal, poderás indicárnolo facilmente.

De xeito alternativo, por entender que non cumpro os requisitos da Suspensión de Pagamento Legal, solicito a aplicación da suspensión das obrigas de pagamento (carencia só de capital durante 6 meses en contratos de préstamo e tarxetas) prevista no Acordo Sectorial (ASNEF) sobre adiamento de operacións con financiamento de clientes afectados pola crise do coronavirus, do 16 de abril de 2020.

Se, tras a análise correspondente, non cumpro os requisitos para acollerme á Suspensión de Pagamento Legal nin á Sectorial, solicito que Telefónica Consumer Finance estude unha solución á medida para a miña situación.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 5: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

Tratamento de datos persoais. Informoume do que, a continuación, se expón:

Os datos son tratados por Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 883.

Datos de contacto do delegado de protección de datos: www.caixabank.com/delegadoprotecciondedatos.

Finalidades do tratamento: os datos e información solicitados (os «datos») son necesarios (i) para xestionar a solicitude e trataranse coa finalidade de tramitala e proceder á avaliación legal desta, así como (ii) para cumprir aquelas obrigas normativas esixibles a Telefónica Consumer Finance.

Base lexitimadora do tratamento: (i) execución contractual e (ii) cumprimento das obrigas legais aplicables a Telefónica Consumer Finance.

Comunicación dos datos: os datos poderán ser comunicados a autoridades e organismos públicos para o cumprimento dunha obriga legal requirida, así como a provedores de servizos e terceiros necesarios para a xestión e execución desta solicitude. Así mesmo, no caso de que existan cotitulares do préstamo/crédito obxecto desta solicitude, os datos desta solicitude e da súa resolución seranlles comunicados a estes cotitulares.

Período de conservación dos datos: para os efectos da presente solicitude, os datos serán tratados mentres permanezan vixentes as relacións derivadas desta.

No suposto de ter a miña autorización para o tratamento dos datos con finalidades comerciais, os datos serán tratados ata a revogación da devandita autorización ou ben transcorridos 12 (doce) meses, unha vez finalizadas as relacións contractuais ou de negocio establecidas con Telefónica Consumer Finance.

Os datos serán conservados (durante o prazo de prescrición das accións derivadas das devanditas relacións) unicamente para cumprir coas obrigas legais requiridas, e para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións.

3.

Consecuencias contractuais. Informáronme de que, ao finalizar o prazo da Suspensión de Pagamento Legal solicitada, volveranme cargar as cotas mensuais que se xeren (se me beneficio da Suspensión de Pagamento Sectorial, as cotas serán reducidas). Por iso, amplíase o prazo de devolución da débeda, como consecuencia das suspensións de pagamento, polo tempo de duración destas.

Tamén me informaron das características da suspensión de pagamentos sectoriais, que é outra facilidade adicional e distinta da suspensión de pagamentos legais, que Telefónica Consumer Finance me ofrece para aliviar a carga financeira do meu contrato. A suspensión de pagamentos sectorial diferénciase da suspensión de pagamentos legal 1) nos efectos (na suspensión de pagamentos sectorial reduciremos temporalmente o importe dos recibos, pero seguiranse emitindo mensualmente) e 2) no tempo de duración.

Efectos: durante a suspensión de pagamentos sectorial (para préstamos persoais) só pagarei unha parte do recibo, a relativa aos xuros do meu préstamo. A outra cantidade que forma parte habitual dun recibo mensual, que é a parte de capital, non a terei que pagar de xeito transitorio durante o período que dure a suspensión de pagamentos sectorial. O tipo de xuro que se aplicará será o mesmo que se estableza no contrato orixinal.

Durante a suspensión de pagamentos sectoriais (para tarxetas de crédito de pagamento adiado) pagarei unha parte do recibo, a relativa aos xuros do meu crédito máis a cota do seguro contratado e o tipo de xuro nominal da tarxeta reducirase ao 12 %. O resto da cota non a terei que pagar de xeito transitorio durante o período que dure a suspensión de pagamentos sectorial.

Duración: indicámosche o prazo concreto da suspensión de pagamentos sectorial máis arriba. Do mesmo xeito que na suspensión de pagamentos legal, alongarase o prazo en que podes devolver a débeda para que poidas pagar as cantidades que quedan adiadas nun número de recibos mensuais equivalentes á duración da suspensión de pagamentos sectorial.

2.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 6: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Como asinar o documento?

Páxina 6 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

Sinatura do titular

Exercicio de dereitos:

O titular dos datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade, de acordo coa normativa, no apartado de correos 209 de (46080) Valencia ou en https://www.telefonicaconsumerfinance.net/ejerciciodederechos

Tamén se poderá dirixir calquera reclamación derivada do tratamento dos datos á Axencia Española de Protec-ción de Datos (www.agpd.es).

• Asina sen necesidade de imprimilo. Facelo sen imprimir, axudaranos a axilizar o proceso.

Abre o documento cun programa de edición PDF. Recomendamos Acrobat Reader porque é gratuíto e ten a versión app para asinar desde o móbil.

Busca a ferramenta de «Encher e asinar». Adoita estar en «Ver» > «Ferramentas».

Crea a túa sinatura e colócaa na caixa de «Sinatura do titular».

1.

2.

3.

• Se non, podes imprimilo, asinalo e envialo a [email protected].

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 7: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 7 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

Anexo 1 | Documentación que debes achegar

En caso de situación legal de desemprego. (Lembra que, se non a podes achegar agora, a túa solicitude será igualmente válida, de forma provisional, pero deberás emendalo no prazo máximo dun mes tras a finalización do Estado de Alarma).

A)

Certificado expedido pola entidade xestora das prestacións, en que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.

En caso de cesamento de actividade dos traballadores por conta propia. Unicamente se marcaches o recadro «Son empresario ou profesional e declarei un cesamento na miña actividade». (Lembra que, se non a podes achegar agora, a túa solicitude será igualmente válida, de forma provisional, pero deberás emendalo no prazo máximo dun mes tras a finalización do Estado de Alarma).

B)

Certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da comunidade autónoma, se é o caso, sobre a base da declaración de cesamento de actividade declarada polo interesado.

Composición da unidade familiar. Só cha solicitaremos se manifestas que cumpres os requisitos para a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTO Legal (para a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTO Sectorial non é necesario que nola achegues). (Lembra que, se non a podes achegar agora, a túa solicitude será igualmente válida, pero deberás emendalo no prazo máximo dun mes tras a finalización do Estado de Alarma).

C)

Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.

Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.

Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar unha actividade laboral (no caso de que se aplique).

Titularidade dos bens. Só cha solicitaremos se manifestas que cumpres os requisitos para a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTO Legal (para a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTO Sectorial non é necesario que nola achegues). (Lembra tamén que, se non a podes achegar agora, a túa solicitude será igualmente válida, pero deberás emendalo no prazo máximo dun mes tras a finalización do Estado de Alarma).

D)

Escrituras de compravenda do inmoble e de concesión do préstamo con garantía hipotecaria

Copia do contrato de arrendamento vixente.

Nota simple do servizo de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.

Outros financiamentos. Só cha solicitaremos se manifestas que cumpres os requisitos para a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTO Legal (para a SUSPENSIÓN DE PAGAMENTO Sectorial non é necesario que nola achegues). (Lembra tamén que, se non a podes achegar agora, a túa solicitude será igualmente válida, pero deberás emendalo no prazo máximo dun mes tras a finalización do Estado de Alarma).

E)

Contratos/escrituras de préstamos ou créditos vixentes.

Sinatura do titular

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 8: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Abre o documento cun programa de edición PDF. Recomendamos Acrobat Reader porque é gratuíto e ten a versión app para asinar desde o móbil.

Busca a ferramenta de «Encher e asinar». Adoita estar en «Ver» > «Ferramentas».

Crea a túa sinatura e colócaa na caixa de «Sinatura do titular».

1.

2.

3.

Como asinar o documento?

• Asina sen necesidade de imprimilo. Facelo sen imprimir, axudaranos a axilizar o proceso.

• Se non, podes imprimilo e asinalo. Remíteo escaneado, ou fai unha foto en alta calidade, a [email protected]

Páxina 8 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 9: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 9 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

Anexo 2 | RDL 8/2020 (transcrición artigos 7 a 16) e RDL 11/2020 (transcrición artigos 16 a 26)

RDL 8/2020 Artigo 7. Moratoria de débeda hipotecaria.1. Establécense medidas conducentes a procurar a moratoria da débeda hipotecaria para a adquisición da vivenda habitual, de inmobles afectos á actividade económica que desenvolvan empresarios e profesionais e de vivendas distintas á habitual en situación de alugamento, conforme o artigo 19 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, por quen padece extraordinarias dificultades para atender o seu pagamento como consecuencia da crise da COVID-19 desde este artigo e ata o artigo 16ter deste real decreto-lei, ambos incluídos.2. Para os efectos da moratoria da débeda hipotecaria á que se refire o apartado anterior terán a consideración de empresarios e profesionais as persoas físicas que cumpran as condicións previstas no artigo 5 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

Artigo 8. Ámbito de aplicación da moratoria de débeda hipotecaria.1. As medidas previstas neste real decreto-lei para a suspensión das obrigas derivadas dos contratos de préstamo con garantía hipotecaria vixentes na data de entrada en vigor deste real decreto-lei, cuxa finalidade fose a adquisición de vivenda habitual ou de inmobles afectos á actividade económica, que desenvolvan empresarios e profesionais aplicaranse aos devanditos contratos cando concorran no debedor todos os requisitos establecidos no artigo 16 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, para entender que está dentro dos supostos de vulnerabilidade económica.2. Estas mesmas medidas aplicaranse igualmente aos fiadores e avalistas do debedor principal, respecto da súa vivenda habitual e coas mesmas condicións que as establecidas para o debedor hipotecario.

Artigo 10. Fiadores, avalistas e hipotecantes non debedores.Os fiadores, avalistas e hipotecantes non debedores que se encontren nos supostos de vulnerabilidade económica poderán esixir que a entidade esgote o patrimonio do debedor principal, sen prexuízo da aplicación a este, se é o caso, das medidas previstas no Código de Boas Prácticas, antes de reclamarlles a débeda garantida, aínda cando no contrato renunciasen expresamente ao beneficio de excusión.

Artigo 12. Solicitude de moratoria sobre as débedas hipotecarias inmobiliarias.Os debedores comprendidos no ámbito de aplicación deste real decreto-lei poderán solicitar do acredor, ata quince días despois da fin da vixencia do presente real decreto-lei, unha moratoria no pagamento do préstamo con garantía hipotecaria para a adquisición da súa vivenda habitual ou de inmobles afectos á actividade económica que desenvolvan empresarios e profesionais. Os debedores acompañarán, canda a solicitude de moratoria, a documentación prevista no artigo 17 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo.

Artigo 13. Concesión da suspensión de pagamento.1. Unha vez realizada a solicitude da moratoria á que se refire o artigo 12 deste real decreto-lei, a entidade acredora procederá á súa implantación nun prazo máximo de 15 días.2. Unha vez concedida a suspensión de pagamento, a entidade acredora comunicará ao Banco de España a súa existencia e duración. Os importes que serían esixibles ao debedor de non aplicarse a moratoria non se considerarán vencidos. Durante o período de suspensión non se devindicará ningún xuro.3. A aplicación da suspensión non requirirá acordo entre as partes, nin ningunha novación contractual, para que produza efectos, pero deberá formalizarse en escritura pública e inscribirse no Rexistro da Propiedade. A inscrición da ampliación do prazo inicial terá plenos efectos, se é o caso, fronte aos acredores intermedios inscritos aínda que non conte co consentimento destes.4. Cando prestamista e prestameiro beneficiario da moratoria acorden unha novación como consecuencia da modificación do clausulado do contrato en termos ou condicións contractuais que vaian máis alá da simple suspensión á que se refire o artigo 13, incorporarán, ademais daqueloutros aspectos que as partes pacten, a suspensión das obrigas contractuais impostas por este real decreto-lei e solicitada polo debedor, así como a non devindicación de xuros durante a vixencia da suspensión.

Artigo 14. Efectos da suspensión de pagamento.1. A solicitude da moratoria á que se refire o artigo 12 comportará a suspensión da débeda hipotecaria durante o prazo de tres meses e a conseguinte inaplicación durante o período de vixencia da moratoria da cláusula de vencemento anticipado que, se é o caso, constará no contrato de préstamo con garantía hipotecaria. A duración da suspensión poderá ser ampliada por Acordo do Consello de Ministros.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 10: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 10 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

2. Durante o período de vixencia da moratoria á que se refire o presente capítulo a entidade acredora non poderá esixir o pagamento da cota hipotecaria, nin de ningún dos conceptos que a integran (amortización do capital ou pagamento de xuros), nin integramente, nin nunha porcentaxe. Tampouco se devindicarán xuros.

Artigo 15. Inaplicación de xuros moratorios.1. En todos os contratos de crédito ou préstamo garantidos con hipoteca inmobiliaria en que o debedor se encontre nos supostos de vulnerabilidade económica prácticas e acredite ante a entidade que se encontra na devandita circunstancia, non se permitirá a aplicación de xuro moratorio polo período de vixencia da moratoria.2. Esta inaplicabilidade dos xuros non será aplicable a debedores ou contratos distintos dos regulados no presente real decreto-lei.

Artigo 16. Consecuencias da aplicación indebida polo debedor das medidas para a reestruturación da débeda hipotecaria inmobiliaria.1. O debedor dun crédito ou préstamo garantido con hipoteca que se beneficiase das medidas de moratoria neste real decreto-lei sen reunir os requisitos previstos no artigo 9, será responsable dos danos e perdas que se puidesen producir, así como de todos os gastos xerados pola aplicación destas medidas de flexibilización, sen prexuízo das responsabilidades doutra orde a que a conduta do debedor puidese dar lugar.2. O importe dos danos, perdas e gastos non pode resultar inferior ao beneficio indebidamente obtido polo debedor pola aplicación da norma.3. Tamén incorrerá en responsabilidade o debedor que, voluntaria e deliberadamente, busque situarse ou manterse nos supostos de vulnerabilidade económica coa finalidade de obter a aplicación destas medidas, correspondendo a acreditación desta circunstancia á entidade coa que tiver concertado o préstamo ou crédito.

RDL 11/2020

Artigo 16. Definición de vulnerabilidade económica para os efectos da moratoria hipotecaria e do crédito de financiamento non hipotecario.1. Os supostos de vulnerabilidade económica a consecuencia da urxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 para os efectos deste real decreto-lei e do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, quedan definidos polo cumprimento conxunto das seguintes condicións:a) Que o potencial beneficiario pase a estar en situación de desemprego ou, en caso de ser empresario ou profesional, sufra unha perda substancial dos seus ingresos ou unha caída substancial na súa facturación de polo menos un 40%. Para os efectos deste artigo terán a consideración de empresarios e profesionais as persoas físicas que cumpran as condicións previstas no artigo 5 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.b) Que o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar non supere, no mes anterior á solicitude da moratoria:i. Con carácter xeral, o límite de tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples mensual (de agora en diante IPREM).ii. Este límite incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada fillo a cargo na unidade familiar. O incremento aplicable por fillo a cargo será de 0,15 veces o IPREM por cada fillo no caso de unidade familiar monoparental.iii. Este límite incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada persoa maior de 65 anos membro da unidade familiar.iv. No caso de que algún dos membros da unidade familiar teña declarada discapacidade superior ao 33 por cento, situación de dependencia ou enfermidade que o/a incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral, o límite previsto no subapartado i) será de catro veces o IPREM, sen prexuízo dos incrementos acumulados por fillo a cargo.v. No caso de que o debedor hipotecario sexa unha persoa con parálise cerebral, con enfermidade mental, ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por cento, ou unha persoa con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 por cento, así como nos casos de enfermidade grave que incapacite acreditadamente, a persoa ou o seu coidador, para realizar unha actividade laboral, o límite previsto no subapartado i) será de cinco veces o IPREM.c) Que o total das cotas hipotecarias dos bens inmobles aos que se refire o artigo 19, máis os gastos e subministracións básicos resulte superior ou igual ao 35 por cen dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar. Con esta finalidade, entenderase por «gastos e subministracións básicos» o importe do custo das subministracións de electricidade, gas, gasóleo para calefacción, auga corrente, dos servizos de telecomunicación fixa e móbil e as contribucións á comunidade de propietarios. Só terán a consideración de «gastos e subministracións básicos» os fornecidos na vivenda habitual da unidade familiar.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 11: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 11 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

d) Que, a consecuencia da urxencia sanitaria, a unidade familiar sufrise unha alteración significativa das súas circunstancias económicas en termos de esforzo de acceso á vivenda. Para tal fin, entenderase que se produciu unha alteración significativa das circunstancias económicas cando o esforzo que represente o total da carga hipotecaria, entendida como a suma das cotas hipotecarias dos bens inmobles aos que se refire o artigo 19 sobre a renda familiar se multiplicase por polo menos 1,3.Para os efectos do presente real decreto-lei, enténdese por unidade familiar a composta polo debedor, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita e os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita, que residan na vivenda.Para os efectos do presente real decreto-lei enténdese por potencial beneficiario quen estea facendo fronte a unha débeda hipotecaria conforme o artigo 19.2. En ningún caso resultará de aplicación esta definición para os consumidores vulnerables no ámbito da auga, o gas natural e a electricidade nos termos do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, e deste real decreto-lei, nin para a moratoria de débeda arrendaticia á que se refire o artigo 3.

Artigo 17. Acreditación das condicións subxectivas.1. A concorrencia das circunstancias a que se refire o artigo 16 acreditarase polo potencial beneficiario mediante a presentación dos seguintes documentos:a) En caso de situación legal de desemprego, mediante certificado expedido pola entidade xestora das prestacións, en que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.b) En caso de cesamento de actividade dos traballadores por conta propia, mediante certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da comunidade autónoma, se é o caso, sobre a base da declaración de cesamento de actividade declarada polo interesado.c) Número de persoas que habitan a vivenda:i. Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.ii. Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.iii. Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar unha actividade laboral.d) Titularidade dos bens:i. Nota simple do servizo de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.ii. Escrituras de compravenda da vivenda habitual, da vivenda en alugamento, ou do inmoble afecto á actividade económica e de concesión do préstamo ou préstamos con garantía hipotecaria no caso de que se solicite unha moratoria da débeda hipotecaria.e) No caso de que se solicite a moratoria da débeda hipotecaria polo préstamo hipotecario por unha vivenda en alugamento conforme á letra c) do artigo 19, deberá achegarse o correspondente contrato de arrendamento.f) Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo este real decreto-lei.2. Se o solicitante da moratoria non puidese achegar algún dos documentos requiridos nas letras a) a e) do apartado anterior, poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias da crise da COVID-19, que lle impiden tal achega. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo dun mes para a achega dos documentos que non facilitase.

Artigo 18. Definición da situación de vulnerabilidade económica e acreditación derivadas dos contratos de crédito sen garantía hipotecaria.1. Os supostos de vulnerabilidade económica a consecuencia da urxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 derivadas dos contratos de crédito sen garantía hipotecaria son os establecidos no artigo 16 do presente real decreto-lei, coas seguintes especialidades:a) Se a persoa física fose beneficiaria pola súa parte da moratoria establecida no artigo 7 do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, non se terá en conta a súa aplicación para os efectos do cálculo previsto no artigo 16.1.c) e d) deste real decreto-lei, para a suspensión das obrigas derivadas dos créditos ou préstamos sen garantía hipotecaria establecida neste real decreto-lei.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 12: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 12 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

b) Se o potencial beneficiario non tivese contratado un préstamo hipotecario e porén, tivese que facer fronte ao pagamento periódico, ou ben dunha renda por alugamento da súa vivenda habitual, ou ben de calquera tipo de financiamento sen garantía hipotecaria fronte a unha entidade financeira, ou a ambas simultaneamente, substituirase o importe da cota hipotecaria pola suma total dos devanditos importes, incluíndo a renda por alugamento aínda que sexa obxecto de moratoria conforme ao artigo 3, para os efectos dos cálculos referidos no artigo 16.1 letras c) e d). Así mesmo, para os efectos do cálculo da carga hipotecaria conforme ao artigo 16, utilizarase a suma total dos devanditos importes. Se o potencial benefi-ciario tivese que facer fronte a un único préstamo sen garantía hipotecaria e non tivese que facer fronte ao pagamento periódico dunha renda por alugamento da súa vivenda habitual, terase en conta só o dito préstamo sen garantía hipotecaria para os efectos anteriores.2. A concorrencia das circunstancias a que se refire o parágrafo anterior serán acreditadas polo debedor ante o acredor mediante a presentación da documentación establecida no artigo 17 do presente real decreto-lei. O importe dos pagamentos periódicos para a devolución do financiamento sen garantía hipotecaria acreditarase mediante a achega do correspondente contrato subscrito coa entidade financeira.

Artigo 19. Moratoria de débeda hipotecaria.A débeda hipotecaria ou os préstamos hipotecarios aos que se refiren os artigos 7 a 16 ter do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, serán a débeda hipotecaria contraída ou os préstamos hipotecarios contratados para a adquisición de:a) A vivenda habitual.b) Inmobles afectos á actividade económica que desenvolvan os empresarios e profesionais aos que se refire a letraa) do artigo 16.1.c) Vivendas distintas á habitual en situación de alugamento e para as que o debedor hipotecario persoa física, propietario e arrendador das devanditas vivendas, deixase de percibir a renda arrendaticia desde a entrada en vigor do Estado de alarma decretado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, ou deixe de percibila ata un mes despois da finalización deste.

Artigo 21. Suspensión das obrigas derivadas dos contratos de crédito sen garantía hipotecaria.1. Establécense medidas conducentes para procurar a suspensión temporal das obrigas contractuais derivadas de todo préstamo ou crédito sen garantía hipotecaria que estivese vixente na data de entrada en vigor deste real decreto-lei, cando estea contratado por unha persoa física que se encontre en situación de vulnerabilidade económica, na forma definida no artigo 16, como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19.2. Estas mesmas medidas aplicaranse igualmente aos fiadores e avalistas do debedor principal nos que concorran as circunstancias sinaladas no artigo 16.

Artigo 22. Fiadores ou avalistas.Os fiadores ou avalistas aos que lles resulte de aplicación a suspensión das obrigas derivadas dos contratos de crédito sen garantía hipotecaria poderán esixir que o acredor esgote o patrimonio do debedor principal antes de reclamarlles a débeda garantida, aínda cando no contrato renunciasen expresamente ao beneficio de excusión.

Artigo 23. Solicitude da suspensión.Os debedores comprendidos no ámbito de aplicación da suspensión das obrigas derivadas dos contratos de crédito sen garantía hipotecaria poderán solicitar do acredor, ata un mes despois da fin da vixencia do estado de alarma, a suspensión das súas obrigas. Os debedores acompañarán, canda a solicitude de suspensión, a documentación prevista no artigo 17.

Artigo 24. Concesión da suspensión.1. Unha vez realizada a solicitude da suspensión á que se refire o artigo 23 deste real decreto-lei e acreditada a situación de vulnerabilidade económica, o acredor procederá á suspensión automática das obrigas derivadas do crédito sen garantía hipotecaria.2. Do mesmo xeito que na moratoria dos préstamos hipotecarios regulada nos artigos 7 a 16 do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, a aplicación da suspensión non requirirá acordo entre as partes para que produza efectos, nin ningunha novación contractual. A suspensión das obrigas contractuais producirá efectos desde a solicitude do debedor ao acredor, acompañada da documentación requirida, a través de calquera medio. Non obstante, se o crédito ou préstamo estivese garantido mediante algún dereito inscribible distinto da hipoteca ou accedese ao Rexistro de Venda a Prazos de Bens Mobles para os efectos previstos no apartado 1 do artigo 15 da Lei 28/1998, do 13 de xullo, de venda a prazos de bens mobles, será necesaria a inscrición da ampliación do prazo que supoña a suspensión, de acordo coas normas xerais aplicables.3. Unha vez aplicada a suspensión o acredor comunicará ao Banco de España a súa existencia e duración. Os importes que serían esixibles ao debedor de non aplicarse a moratoria non se considerarán vencidos.4. A suspensión terá unha duración de tres meses ampliables mediante un Acordo de Consello de Ministros.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 13: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 13 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

5. Cando prestamista e prestameiro beneficiario da moratoria acorden unha novación, como consecuencia da modificación do clausulado do contrato en aspectos distintos á suspensión á que se refire o artigo 13 do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, incorporarán, ademais daqueloutros aspectos que as partes pacten, a suspensión das obrigas contractuais impostas por este real decreto-lei e solicitadas polo debedor, así como a non devindicación de xuros durante a vixencia da suspensión.6. Durante a vixencia do estado de alarma e ata que se volva restablecer plenamente a liberdade deambulatoria, non se poderán formalizar as escrituras públicas a que se refire o apartado 2. Non obstante, iso non suspenderá a aplicación da moratoria, que deberá aplicarse automaticamente, tanto se xa se formalizou ou non a dita suspensión en escritura.

Artigo 25. Efectos da suspensión.1. Durante o período de vixencia da suspensión:a) O acredor non poderá esixir o pagamento da cota, nin de ningún dos conceptos que a integran (amortización do capital ou pagamento de xuros), nin integramente, nin parcialmente.b) Non se devindicará ningún tipo de xuros, nin ordinarios, nin de mora.2. A data do vencemento acordada no contrato ampliarase, como consecuencia da suspensión, polo tempo de duración desta, sen ningunha modificación do resto das condicións pactadas. Tratándose de bens ou dereitos inscribibles axustaranse á súa propia normativa, de acordo coas regras xerais, e o que se dispón no apartado segundo do artigo anterior.3. A suspensión no pagamento de xuros non será aplicable a debedores ou contratos distintos dos regulados no presente real decreto-lei.

Artigo 26. Consecuencias da actuación fraudulenta do debedor en relación coa suspensión das obrigas derivadas dos contratos de crédito sen garantía hipotecaria.Aplicarase ao debedor que se beneficiase en fraude de lei das medidas de suspensión das obrigas derivadas dos contratos de crédito sen garantía hipotecaria o que se establece no artigo 16 do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo.

Anexo 3 | Acordo Sectorial (ASNEF) sobre adiamento de operacións con financiamento de clientes afectados pola crise do coronavirus, do 26 de abril de 2020 (transcrición art. 2º e 3º)

SEGUNDO. Relación coa moratoria prevista polo RDL 11/2020 e coas directrices da EBA.

O presente Acordo Sectorial é de aplicación a persoas que, con motivo da COVID-19, poderían ter dificultades para atender as súas obrigas de pagamento, tal e como establece o apartado terceiro do presente Acordo e non cumpran os requisitos para acollerse á moratoria recollida no RDL 11/2020 (de agora en diante «Moratoria Legal»), ou podéndose acoller á devandita Moratoria Legal opten por acollerse á moratoria da entidade adherida a este Acordo Sectorial (de agora en diante «Moratoria Privada»).

Así mesmo, as persoas que cumpren os requisitos sinalados no RDL 11/2020 antes citado, unha vez venza o prazo máximo da Moratoria Legal, se así o solicitaron dentro do prazo de vixencia do presente Acordo Sectorial e cumprindo as condicións establecidas nel, poderán acollerse á Moratoria Sectorial, pasando a aplicarlles as condicións recollidas neste acordo a partir do devandito momento e ata un prazo máximo que, sumado á Moratoria Legal, non supere os prazos previstos no apartado terceiro seguinte.

TERCEIRO. Condicións que deben cumprir e efectos nas operacións.

As operacións subscritas ao abeiro do presente Acordo Sectorial deberán cumprir e terán, respectivamente, as condicións e os efectos seguintes:

3.1. Beneficiarios do Acordo Sectorial.

Os clientes persoas físicas e pemes titulares de préstamos ou créditos concedidos con anterioridade ao 14 de marzo de 2020, data da declaración do Estado de Alarma en España, que non teñan operacións con máis de dous incumprimentos (débeda vencida e non pagada) no sentido da Circular 1/2013 do Banco de España, e que por mor da crise xerada pola COVID-19 poidan ter dificultades para atender as súas obrigas de pagamento.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)

Page 14: TCF Solicitud de suspensión de pago de deuda GAL...O titular ten parálise cerebral, algunha enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido

Páxina 14 de 14

Telefónica Consumer Finance, con domicilio na c/ Caleruega, 102, pt. 9, de (28033) Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.

3.2. Produtos financeiros afectados polo Acordo Sectorial.

As operacións financeiras afectadas polo presente Acordo Sectorial son (i) os préstamos ou créditos ao consumo e (ii) as liñas de crédito instrumentalizadas ou non en tarxeta de crédito.

3.3. Prazo das moratorias.

3.3.1. As moratorias terán un prazo de ata un máximo de seis (6) meses, segundo se acorde entre a entidade financeira e o cliente beneficiario do Acordo Sectorial dentro dos tramos establecidos de xeito xeral por cada entidade para tal fin.

3.4. Efectos das moratorias.

3.4.1. En función do acordo ao que se chegue entre a entidade financeira e o cliente, as moratorias reguladas no presente Acordo Sectorial producen o adiamento ben da amortización de capital ou ben do importe íntegro de cotas (capital e xuros) do préstamo ou crédito, ou ben unha redución relevante da cota de amortización de capital e unha redución de xuros de xeito que se obteña un resultado financeiro análogo ás opcións anteriores durante o prazo da moratoria.

3.4.2. A entidade financeira poderá convir co debedor a forma e o prazo de devolución das cantidades adiadas, de xeito que:

3.4.2.1. o importe adiado se aboe, ben distribuído durante un prazo igual ao que restase da operación afectada, ou ben se distribúa proporcionalmente entre as cotas restantes ata o vencemento da operación; ou

3.4.2.2. o importe adiado se satisfaga tras a data de vencemento da operación afectada nun número de meses equivalentes á duración da moratoria, non sendo que cliente e entidade conviñesen satisfacelo noutro prazo distinto; ou

3.4.2.3. se conceda un préstamo, nas mesmas condicións da operación afectada pola moratoria, cuxas cotas estarán de acordo cos prazos previstos nos subapartados anteriores.

3.4.2.4. Especialidades préstamo balloon automóbil. Mesmos criterios contidos nos apartados anteriores 3.4.2.1, 3.4.2.2 e 3.4.2.3. Non obstante, na modalidade prevista no apartado 3.4.2.2, a concesión da moratoria estará condicionada pola natureza orixinal da operación ao acordo do concesionario ou da entidade que asuma a recompra.

3.5. Instrumentación das moratorias.

3.5.1. A entidade adherida ao Acordo é a responsable de preparar os documentos concretos que, se é o caso, se formalizarán cos clientes beneficiarios do Acordo Sectorial para documentar a moratoria.

3.5.2. En función do criterio de cada entidade adherida ao Acordo, o adiamento formalizarase mediante un novo préstamo, unha modificación do préstamo ou crédito existente, ou outra fórmula equivalente e que, en todo caso, permita manter a criterio da entidade todas, ou unha parte substancial, as garantías existentes na operación afectada.

3.5.3. Calquera que sexa a forma en que se formaliza o adiamento, o tipo de xuro ou comisión que hai que aplicar polo período de adiamento será o mesmo que na operación afectada polo referido adiamento.

3.6. Prazo de solicitude das moratorias. Retroactividade.

Será aplicable esta moratoria para solicitudes acreditadas a partir da declaración do estado de alarma o 14 de marzo de 2020, que se realizasen a través das canles de comunicación dispostas por cada entidade.

3.7. Prazo de contestación das solicitudes.

As entidades adheridas ao Acordo, cando as circunstancias o permitan, obríganse a dar resposta aos solicitantes das moratorias reguladas no presente Acordo, nun prazo máximo de 30 días desde a data de presentación da solicitude canda a documentación completa que cada entidade requira como documentación necesaria para acreditar a condición prevista no apartado 3.1 anterior. Para tales efectos, a entidade adherida poderá considerar suficiente unha declaración responsable do solicitante ou esixir aqueles documentos acreditativos que considere pertinentes. A falta de achega de calquera documento requirido interromperá o cómputo do prazo de resposta antes mencionado.

Solicitude de suspensión de pagamento de débeda(Documento de solicitude común para suspensión legal e sectorial, ou solucións á medida)