T. 4. mov. obreiro

27
O MOVEMENTO OBREIRO

description

Presentación para 4º ESO. En Galego.Segue o temario e o contido da Editorial Santillana.

Transcript of T. 4. mov. obreiro

Page 1: T. 4. mov. obreiro

O MOVEMENTO OBREIRO

Page 2: T. 4. mov. obreiro

1. As clases sociais. A antiga aristocracia. Foron perdendo parte da súa influencia ó longo do século XIX. Eliminados os seus privilexios legáis coas revolucións burguesas, conservaron gran parte do seu poder económico, baseado sobre todo na propiedade da terra. Progresivamente foron integrándose no mundo dos negocios bancarios e comerciais, entroncándose vía matrimonial coa burguesía. O seu prestixio social seguíu intacto e, continuaron xogando un relevante papel na administración, a diplomacia, o exército e a política.

Page 3: T. 4. mov. obreiro

Duques de Osuna.F. De Goya.

Page 4: T. 4. mov. obreiro
Page 5: T. 4. mov. obreiro

Casa aristocráctica italiana

Page 6: T. 4. mov. obreiro

No século XIX, a industrialización e as revolucións liberais proporcionáronlle o poder económico e político. Os revolucionarios socialistas e anarquistas consideraban á burguesía a clase que, fronte ó proletariado (os obreiros) posuía a propiedade dos medios de producción (o capital dinerario, as máquinas, as materias primas, as fábricas, os inmobles urbans, terras, etc)

A Alta burguesíaOcupaba a cúspide da sociedade capitalista. Controlaba as industrias, a banca, o comercio e os altos cargos da administración do Estado.Converteuse en propietaria de moitas das tierras procedentes da Igrexa e nobles arruinados, transformándose en terratenente. Familias significadas polo seu poder durante o século XIX foron os Rothschild (banqueiros e comerciantes), os Krupp (magnates da siderurxia), os Thyssen ou os Péreire.

BURGUESÍA

A burguesía media.Tamén coñecida por "clases medias". Estaba composta por profesionais de alta cualificación (avogados, enxeñeiros, intelectuais, profesores universitarios, membros de profesións liberais, etc.), comerciantes, agricultores acomodados, etc.

A pequena burguesia.Constituída por pequenos comerciantes, artesáns, funcionarios de nivel medio-baixo, empleados diversos, que trataban de imitar as formas de vida da alta e media burguesía. En realidade estaban a un paso de caer na proletarización. Bona parte dos problemas de este colectivo coincidían cos dos traballadores, xunto ós que – algunhas veces- interviron en protestas, demandas e reivindicacións comúns.

Page 7: T. 4. mov. obreiro
Page 8: T. 4. mov. obreiro

Mulleres da burguesía catalana

Page 9: T. 4. mov. obreiro

Burguesía urbana. R. Cortéz. 1855.

Page 10: T. 4. mov. obreiro

Salón de te en Chicago.

Page 11: T. 4. mov. obreiro

O PROLETARIADOO termo proletariado fai mención á clase social constituída por proletarios. Na antiga Roma taba composta polos cidadáns pobres que só cos seus fillos (a prole) podían servir ó Estado. Máis tarde, chamouse así ós que non tíñan bens e contábanse nas listas veciñais soamente pola súa persoa e prole (fillos ou descendencia).O termo proletario identifícase, pois, coa clase obreira.

Page 12: T. 4. mov. obreiro

Características comúns:Padecían duras condicións de traballo (longa xornada laboral, falta de hixiene) e inseguridade (paro, carencia de seguros médicos, de desemprego ou xubilación). Isto levounos a adquirir conciencia da súa situación e, máis tarde, á protesta e á reivindicación organizadas, pero también á alienación e á desesperanza: algúns deles víronse sumidos no alcoholismo, o xogo ou mesmo a delincuencia.Ó non ter propiedades, víanse obrigadosca ender a súa forza de traballo a cambio dun salario.

Diferencias:Uns pertencían á industria fabril (en alza fronte á artesanal). A súa escasa cualificación fíxoos fácilmente intercambiables nas diversas faenas da producción.

Outros traballaban no sector servizos (doméstico, vendedores ambulantes, etc.). Abundaban os nenos e as mulleres, peor considerados e remunerados cos adultos varóns. Persistíron os vellos oficios artesáns, en retroceso con respecto á industria moderna: zapateiros, xastres, ferreiros, etc. A miudo eran os trabajadores cun maior grao de especialización e formación, das súas filas xurdiron as primeiras protestas e reivindicacións obreiras.

Na escala inferior do proletariado, xunto con nenos e mulleres, hai que facer mención ós inmigrantes, alienados por partida dobre pola súa condición de traballadores e forasteiros ou extranxeiros (ej., irlandeses que se trasladaron a Inglaterra o USA)

Page 13: T. 4. mov. obreiro

Industria fabril

Page 14: T. 4. mov. obreiro

O Vagón de Terceira. Daumier. 1808-79.

Page 15: T. 4. mov. obreiro
Page 16: T. 4. mov. obreiro

Os comedores de patacas. V. Van Gogh.

Page 17: T. 4. mov. obreiro

Primeiros

conflictos

Page 18: T. 4. mov. obreiro

O termo luddismo engloba un conxunto de accións violentas e escasamente organizadas dos traballadores contra as propiedades (casas, materias primas e, sobre todo, fábricas e máquinas) e as persoas dos empresarios que tiveron lugar en diversos lugares do continente europeo a finais do s. XVIII e a 1ª metade do s. XIX, coincidindo especialmente con períodos de grave crise económica. Etimoloxicamente, luddismo deriva de N. Ludd, un semilexendario tecedor inglés ó que se lle atribuíron as primeiras destruccións de máquinas e o envío de cartas ameazantes ós empresarios.

O LUDDISMO

Page 19: T. 4. mov. obreiro

Entre 1838 e 1848, coincidindo coa crise do sindicalismo británico, desenvolveríase en Gran Bretaña un amplo movemento político-social chamado CARTISMO. Este ten a súa orixe na CARTA DO POBO (1838)..

O CARTISMO

O SINDICALISMO DE OFICIOO primeiro tipo de organización obreira foron as SOCIEDADES DE SOCORROS MUTUOS. Asociacións de resistencia, formadas por antigos artesáns. Axudaban ós traballadores no caso de enfermidade ou paro e organizaron as primeiras folgas grazas ó cobro de cotas, que permitían crear caixas de resistencia. Inicialmente estes sindicatos de oficio (trade unions) organizábanse a nivel local e a penas existían vinculos con sindicatos doutros oficios ou doutras localidades a parte de certas prácticas de solidariedade como o apoio a membros desprazados de sindicatos do mesmo oficio.

Os obreiros tiñan prohibido formar asociacións para defender os seus intereses. O dereito de asociación recoñécese por primeira vez en Gran Bretaña en 1824 e logo noutros países europeos ao longo do XIX.

Page 20: T. 4. mov. obreiro

A FOLGA: - Era o principal instrumento de presión dos traballadores.- Pedían a mellora das condicións de traballo: Redución da xornada laboral. Supresión do traballo infantil. Aumento de salario. Mellora das condicións sanitarias nas fábricas.

Creación de seguros de paro, enfermidade e vellez.

Sufraxio universal, xa que os obreiros daquela non tiñan dereito a voto.

Page 21: T. 4. mov. obreiro

As ideoloxías

Page 22: T. 4. mov. obreiro

A máis importante das teorías socialistas.Debe o seu nome a Karl Marx. Con el traballou Friedrich Engels.

O marxismo

Page 23: T. 4. mov. obreiro

Os principios básicos do Marxismo quedaron esbozados en 1848 no Manifesto Comunista: As condicións materiais e económicas determinan a estrutura social e política dunha comunidade. A industrialización provoca o triunfo e dominio da burguesía, pero tamén o desenvolvemento do proletariado, numeroso e sometido. A historia da humanidade é unha loita de clases, de oprimidos contra opresores. Esta loita é a que debe transformar o sistema vixente. Na sociedade actual as clases enfrontadas son a burguesía e o proletariado. Para modificar a súa situación, o proletariado debe organizarse e conquistar o poder mediante a revolución.

Page 24: T. 4. mov. obreiro

Unha vez controlado o poder, establécese a ditadura do proletariado, expropiando a propiedade privada e os medios financeiros de produción, que pasarán ao Estado. Unha vez eliminadas as condicións que permiten o dominio da burguesía e que toda a produción este concentrada en mans do Estado, desaparecerán as diferenzas de clase e a opresión, quedando establecida a nova sociedade comunista, o obxectivo final dos cambios que propón o marxismo. As ideas de Marx foronse estendéndo por Europa. Defendeu a intervención das organizacións e dos partidos obreiros na loita política, o que deu orixe aos partidos socialistas que se desenvolven a partir de 1875.

Page 25: T. 4. mov. obreiro

MIKHAÍL BAKUNINPIOTR KROPOTKIN

O ANARQUISMO

Page 26: T. 4. mov. obreiro

• A abolición do Estado e o rexeitamento de toda autoridade, sexa esta, política (O Estado, a lei), ideolóxica (relixións, doutrinas políticas), económica (propiedade privada) ou social (pertenza a unha clase). • Eliminación da propiedade privada.• Supresión de todo tipo de diferenza social e económica para establecer unha nova sociedade de clases baseada na A defensa a ultranza da liberdade e a soberanía individuais.• Instrucción e educación baseada en principios científicos e laicos.• Formación da familia sobre a base do amor, libre de todo vínculo legal e de todo prexuízo relixioso.• Abolición das fronteiras e das nacións, substituídas pola federación libre de comunas solidarias. • Unha concepción da revolución diferente á do marxismo. Esta enténdese como o froito dun levantamento espontáneo das masas destinado a abolir o Estado e non a transformalo. Non participan nas eleccións. Defenden a loita revolucionaria ou os atentados contra os representantes do poder.

Page 27: T. 4. mov. obreiro

As internacionais obreiras 1864: créase a primeira Asociación Internacional de Traballadores (AIT) . Desaparecerá anos despois polas loitas internas entre socialistas e anarquistas. 1889: fúndase a Internacional Socialista (II Internacional) para coordinar programas e actuacións das organizacións obreiras con ideoloxía marxista. Créase a festa do primeiro de Maio e o himno da internacional. O movemento obreiro conseguiu logros importantes:

limitación a 12 horas da xornada laboral dos nenos. 1802. Prohibición do traballo dos menores de 9 anos nas fábricas de algodón. 1819. Recoñécese o dereito de asociación obreira. 1824. Limítase o traballo dos nenos entre 10 e 13 anos a 48 horas semanais; entre

13 e 18 a 69 horas semanais. Estipúlase que os nenos deberán acudir dúas horas á escola durante o tempo de traballo. 1833.

Prohíbese o traballo nas minas a nenos e mulleres. 1842. Limítase o traballo das mulleres nas fábricas a 56 horas e media semanais.

Leis para controlar a seguridade, ventilación, comidas, etc, no traballo. 1878.Primeiros sistemas de Seguridade Social. 1908. Recoñecemento da xornada diaria de oito horas. 1919.